DÍA DE ROSALÍA: VINTECATRO DE FEBREIRO DE DOUS MIL CATORCE
Escolma de
para RECITAR este ano
DÍA DE ROSALÍA, 2014 BIBLIOTECA Xoán Farias
Alborada Vaite, noite, vai fuxindo. Vente, aurora, vente abrindo, co teu rostro-que, sorrindo, ¡¡¡a sombra espanta!!! ¡Canta paxariño, canta de ponliña en ponla, que o sol se levanta polo monte verde,
polo verde monte, alegrando as herbas, alegrando as fontes...! ¡Canta, paxariño alegre, canta! ¡Canta porque o millo medre, canta! ¡Canta porque a luz de te escoite, canta! Canta que fuxéu a noite.
“Cantares gallegos” Rosalía de Castro
DÍA DE ROSALÍA, 2014 BIBLIOTECA Xoán Farias
Alborada Cantor dos aires, paxariño alegre, canta, canta porque o millo medre; cantor da aurora, alegre namorado, ás meniñas dille que xa sal o sol dourado; que o gaiteiro, ben lavado,
ben vestido, ben peitado, da gaitiña acompañado ¡á porta está...! ¡Xa...!
“Cantares gallegos” Rosalía de Castro
DÍA DE ROSALÍA, 2014 BIBLIOTECA Xoán Farias
Adiós, ríos; adiós, fontes Adiós, ríos; adiós, fontes; adiós, regatos pequenos; adiós, vista dos meus ollos: non sei cándo nos veremos. Miña terra, miña terra, terra donde me eu criéi, hortiña que quero tanto, figueiriñas que prantéi, prados, ríos, arboredas, pinares que move o vento, paxariños piadores,
casiña do meu contento, muíño dos castañares, noites craras de luar, campaniñas trimbadoras da igrexiña do lugar, amoriñas das silveiras que eu lle daba ó meu amor, caminiños antre o millo, ¡adiós, para sempre adiós! “Cantares Gallegos” Rosalía de Castro
DÍA DE ROSALÍA, 2014 BIBLIOTECA Xoán Farias
Lugar máis hermoso non houbo na terra que aquel que eu miraba, que aquel que me dera. Lugar máis hermoso no mundo non hachara que aquel de Galicia ¡Galicia encantada!
¡Galicia frolida! Cal ela ningunha, de froles cuberta, cuberta de espumas… “Cantares Gallegos” Rosalía de Castro
DÍA DE ROSALÍA, 2014 BIBLIOTECA Xoán Farias
Unha vez tiven un cravo Unha vez tiven un cravo cravado no corazón, i eu non me acordo xa si era aquel cravo de ouro, de ferro ou de amor. Sóio sei que me fixo un mal tan fondo, que tanto me atormentóu, que eu día e noite sin cesar choraba cal choróu Madalena na Pasión. "Señor, que todo o podedes -pedinlle unha vez a Dios-, daime valor para arrincar dun golpe cravo de tal condición." E doumo Dios, e arrinquéino;
mais... ¿quén pensara...? Despóis xa non sentín máis tormentos nin soupen qué era delor; soupen só que non sei qué me faltaba en donde o cravo faltóu, e seica, seica tiven soidades daquela pena... ¡Bon Dios! Este barro mortal que envolve o esprito ¡quén o entenderá, Señor...!
“Follas Novas” Rosalía de Castro
DÍA DE ROSALÍA, 2014 BIBLIOTECA Xoán Farias
Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares, que así mo pediron na beira do mare. Cantarte hei, Galicia, na lengua gallega, consolo dos males, alivio das penas.
Mimosa, soave, sentida, queixosa, encanta si ríe, conmove si chora. “Cantares Gallegos” Rosalía de Castro
DÍA DE ROSALÍA, 2014 BIBLIOTECA Xoán Farias
Pasan naquesta vida cousiñas tan estrañas, tan raros feitos vense neste mundo de trampa; tantos milagres vellos, tan novas insinanzas, e tan revoltos allos con nome de ensaladas, que non che digo nada... ¡Pero vaia!
“Cantares Gallegos” Rosalía de Castro