RecitandoCelsoemiliO

Page 1

BIBLIOTECA XOÁN FARIAS CEIP de Pazos- FERROL

POEMA EN SILENZO (O meu primeiro Celso Emilio. Edición de Xiana e Xosé Lastra. Ed. Xerais)

-Dorna feituca do berce a navigar polo ceo... -Chsss Silenzo, que vai espertar o neno.

12.12.12 ás 12


BIBLIOTECA XOÁN FARIAS CEIP de Pazos- FERROL

CANTIGA PARA DURMIR A UN NENO (Antoloxía. Edición de Antonio García Teixeiro. Ed. Xerais)

Celanova ten un vento, Celanova un vento ten, un vento peleriñante, un vento que vai e vén. Un vento que máis que vento é un timoso roncón fungando polos tellados con grave e tristeiro son. Iste vento vagamundo, vai coa lúa, vén co sol, vai cos mozos, vén cos vellos, vai coa neve, vén coa frol.

12.12.12 ás 12

Vai coas nubes viaxeiras por camiños de romaxe. Vén co pandeiro da chuvia repenicando a paisaxe.


BIBLIOTECA XOÁN FARIAS CEIP de Pazos- FERROL

CANCIÓN

(O meu primeiro Celso Emilio. Edición de Xiana e Xosé Lastra. Ed. Xerais)

O vello cantaba unha lembranza. O mozo cantaba unha esperanza. O neno cantaba unha louvanza.

12.12.12 ás 12

Pobo meu: pois que cantas, érguete i anda.


BIBLIOTECA XOÁN FARIAS CEIP de Pazos- FERROL

VIAXE AO PAÍS DOS ANANOS

(O meu primeiro Celso Emilio. Edición de Xiana e Xosé Lastra. Ed. Xerais)

Teño o corazón senlleiro e orfo na noite fría.

Non importa, agardarei polo albor do novo día. Teño lobos, teño sombras, teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardarei polo albor do novo día. Está mudo o reixiñol que outrora cantar solía.

Non importa, agardarei polo albor do novo día.

12.12.12 ás 12

Que está comigo a esperanza, fiando, fía que fía...

Ela fía e eu confío no albor do novo día


BIBLIOTECA XOÁN FARIAS CEIP de Pazos- FERROL

DEITADO FRENTE AO MAR Lingua proletaria do meu pobo, eu fáloa porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana; porque me sai de dentro, alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue ao ver tantos patufos desleigados, pequenos mequetrefes sen raíces que ao pór a garabata xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros, falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos, e ser, co rostro erguido, mariñeiros, labregos da linguaxe, remo i arado, proa e rella sempre. Eu fáloa porque si, porque me gosta e quero estar cos meus, coa xente miña, perto dos homes bos que sofren longo unha historia contada noutra lingua.

Non falo pra os soberbios, non falo pra os ruíns e poderosos, non falo pra os finchados, non falo pra os baleiros, non falo pra os estúpidos, que falo pra os que aguantan rexamente mentiras e inxustizas decotío; pra os que súan e choran un pranto cotidián de bolboretas, de lume e vento sobre os ollos núos. Eu non podo arredar as miñas verbas de tódolos que sofren neste mundo. E ti vives no mundo, terra miña, berce da miña estirpe, Galicia, doce mágoa das Españas, deitada rente ao mar, ise camiño...

12.12.12 ás 12


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.