CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
Limiar..............................................................
3
Saída a Alcampo: Infantil e 1º ciclo...........................
4
Festival de Nadal.................................................
6
Día da Paz: Romero Britto e máis...............................
9
Entroido: disfraces, desfile e larpeiradas...................... 11 Testamentos: a queima do Meco................................
14
Saídas ao Teatro Jofre.......................................... 17 Entrevistas no primeiro ciclo..................................... 18 Saída á Casa dos Peixes: Infantil e 1º ciclo...................
22
Cinensino........................................................... 24 Éstes son os protagonistas....................................... 26 Novas de Chispa desde a Biblioteca............................. 28 Poesía e imaxe....................................................
35
Letras Galegas 2009: Ramón Piñeiro............................
36
Festival das Letras Galegas...................................... 38 Obradoiro de creación literaria: contos colectivos.............
40
Saída os museos científicos en A Coruña: Domus, Aquarium e Casa das Ciencias: 2º e 3º ciclo................................
45
Desde a ANPA do CEIP de Pazos...............................
46
Pasatempos........................................................ 48 Non sei se te deixaremos marchar.............................. 50 As fotos do curso 2008/2009...................................
51
Despedida dos de 6º de E.Primaria.............................
52
2
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
D
ezaseis números desde o primeiro ano en que se fixo a revista, aló polo 1994. Que lonxe queda para algúns, e que preto para outros. Moitos nenos e nenas, ANPAS, e mestres e mestras pasaron por ela, deixando as pegadas do que agora é pasado; como ocurrirá con este novo número. Nestas páxinas deixaremos constancia das moitas actividades que se fixeron ao longo deste curso, e nelas queremos tamén amosar o agarimo co que están feitas. Esperamos que sirva de canle entre o colexio e as familias, como unha ferramenta máis, enriquecéndonos coas súas verbas e contaxiando o espírito normalizador da lingua galega. Seguen a ser os nosos nenos e nenas os protagonistas; os que fan posible abrir esta fiestra e deixar entrar no a todos cantos queirades lernos.
UN ANO MÁIS, MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS! Os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e Biblioteca
3
A Peneira
CEIP de PAZOS
Xuño 2009
Dentro das moitas saídas realizadas ao longo do curso unha que nos gustou moito foi a que realizamos ao hipermercado Alcampo.
Educación Infantil
1º Ciclo de Primaria
4
A Peneira
CEIP de PAZOS
Alí ensináronnos os diferentes departamentos: a xoguetería, onde había moi poucos xoguetes xa que pasaran por alí había pouco tempo Papa Noel e os Reis Magos.
Xuño 2009
Rick e Rock A libraría chea de contos. A froitería cunhas froitas moi raras. A pescadería, mirade que cangarexos.
Unha das seccións que máis nos gustou foi a carnicería, puxéronnos unha gorros especiais e unhas mascarillas. Tamén gustounos moito a pastelería onde fixemos unha tarta e comimos gominolas e chocolate.
5
CEIP de PAZOS
A Peneira
6
Xu単o 2009
A Peneira
CEIP de PAZOS
7
Xu単o 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
8
Xu単o 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
No Día da Paz, fixemos un montón de actividades: • Como todos os anos, elaboramos un libro colectivo, onde recollemos os nosos desexos .
• A lectura dos poemas do noso alumnado estranxeiro. Uns preciosos poemas portugueses que máis preciosos soaron nas súas voces.
• A lectura do Manifesto da Paz que enviou o noso Concello, desde a Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado.
9
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
• Cantamos as cancións: "No dudaría" e a nosa tradicional "Canción da Paz”.
• E elaboramos un puzzle xigante cun debuxo de Romero Britto. Grande, grande, grande, e feito entre todos os nenos, as nenas e as profes, e o profe, tamén.
ORIXINAL DE ROMERO BRITTO
10
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
No mes de febreiro do 2009 celebramos a festa do entroido. Este curso disfrazámonos con distintos motivos: xardineiros, trasnos, mariñeiros e “chachas”. Fixemos moitas cousas: desfilamos no patio, prendimoslle lume ao meco, rompimos piñatas cheas de golosinas e xuntámonos toda a comunidade educativa nunha gran larpeirada. Que recordos, había chocolate é un montón de doces feitos polos/as pais/nais. Todo estaba riquísimo. Cóntovos un segredo: repetín chocolate unha, dúas, tres veces… Xa non me acordo. Os xardiñeiros e as xardineiras de Educación Infantil 3 anos
E os de 4 e 5 anos
11
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xu単o 2009
Os tranos de Primeiro.
E os de Segundo.
Os mari単eiros e mari単eiras do Segundo Ciclo.
12
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
Os de Terceiro Ciclo, ían disfrazados de “chachas”
¿Non vos dixen que había un chocolate riquísimo? Aí tedes a foto que o demostra.
Aínda hoxe non sabemos quen foi. Sorprendeunos a todos/as ca súa rapidez. Empezou a mollar o meco de alcohol e de seguido prendeulle lume!!!
13
A Peneira
CEIP de PAZOS
Nesta mañá de febreiro, e antes de morrer na fogueira, paso a ler o testamento ao son da pandeira. Queimadiño vou quedar e vanme fastidiar, pero neste momento, impórtame un pemento. Déixolles aos de Infantil un encerado e un xiz. Para os de primeiro un sombreiro. Aos de segundo un mapa do mundo. Para os de Terceiro un pexegueiro.
14
Xuño 2009
A cuarto enteiro un trasno xogueteiro e para quinto e sexto laranxas nun cesto. Agora atención! A David pelotín déixolle unha pelota de futbolín. Para Paula superlectora un conto nunha folla. Para Ismael un balón porque estase a portar ben. Déixolle a Alejandro un coche de cabalos. A Miriam, bailarina e cantante, un bailón elefante. E por último, para Andrea branquiña déixolle unha piña. E para todo os profes moita diversión porque están cansados de traballo a montón.
E este é o testamento dos alumnos e alumnas de terceiro.
3
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
TESTAMENTO DE 4º Este ano por cuarto, pasou o Meco troulando. A Leandra, a portuguesa, deulle unha sorpresa. E levou tal susto, que se quedou tesa! A Lucía, a loura, deixoulle unha vasoira, para ir de bruxa, polas corredoiras. A Paula, a do lazo, deixoulle un cazo, para ir polas portas, cantando e boreando. A Laura Sanjurjo deixoulle un currucho, para merendar cando vai pescar. A Alba Rama deixoulle unha cana para pescar os peixes do mar. A Xosé Ximénez regaloulle a peli do Ratiño Pérez. A Lucía, a profe, deixoulle un cofre, cheo de paciencia para usar cando sofre.
15
A Peneira
CEIP de PAZOS
E
ste meco peliqueiro, canso xa de tanto inverno, antes de quedar asado, cédenos o testamento: Uralitas con lunares para o noso pavillón, que despois do temporal quedou coma un coador. O mellor curso, o de quinto, moito teñen que aguantar, que os de sexto nunca paran un minuto de falar.
Xuño 2009
E dos profes xa nin falo, que moito me fan sufrir, vestíronme de peliqueiro e parezo un pirulí. Déixolles, sen ningún remorso, un fermoso maniquí para que practiquen todo o ano e aprendan a me vestir. E aí vai a despedida, e aquí vén a derradeira; collédeme con cariño e botádeme á fogueira!
E discreparán os de sexto!, e quererán protestar!, mira ti se son uns santos, que nunca os castigan por charlar. Logo déixolles aos de quinto para as orellas, uns tapóns; e para sexto, esparadrapo para zanxar a cuestión.
16
5º e 6º de Primaria
A Peneira
CEIP de PAZOS
Xuño 2009
teatro jofre Ao longo do curso, visitamos o teatro en 6 ocasións.
Os máis pequenos (Infantil e 1º ciclo) fomos os días: 11 de marzo: “Bolboreta” 19 de maio: “El gran traje”
Os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo disfrutamos das seguintes actuacións: •
•
17 de decembro de 2008: Los músicos de Bremen. • 27 de xaneiro de 2009: Música popular galega. • 10 de marzo de 2009: As formas da música. 22 de abril de 2009: Descubriendo a los Robinsons.
17
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
Nas clases de 1º e 2º de Primaria fixemos unhas preguntas acerca do colexio. A continuación destas preguntas veremos as respostas que deron todos os nenos. PREGUNTAS: 1. Gústache vir ao colexio? 2. O que máis me gusta do colexio é... 3. O que menos me gusta do colexio é... 4. A profe, que tal? 5. Os compañeiros, que tal? 6. Gústache o recreo? 7. Que che gustaría ter na aula?
18
CEIP de PAZOS
A Peneira
19
Xu単o 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
20
Xu単o 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
- Non - O recreo. - Traballar - Ben - Ben - Moito - Xoguetes
21
Xu単o 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
Os nenos e nenas de Educación Infantil e os do 1º ciclo de Primaria fomos de visita á Casa dos Peixes en A Coruña.
22
Xuño 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
Vimos un montón de peixes, e como estivemos moi atentos, ao chegar ao cole debuxamos todo o que aprendimos... ¡¡¡Fixádevos con canto detalle debuxaron os pequenos de 3 anos!!!
E tamén fixeron un mural estampando as súas mans como se foran PEIXES E CANGREXOS
23
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
1ºTRIMESTRE: “MR. MAGORIUM E A SÚA TENDA MÁXICA” (6-11-08) Dentro do Programa de Prevención de Drogodependencias CINENSINO o alumnado de 3º,4º, 5º e 6º viu a película "Mr. Magorium e a súa tenda máxica". Unha interesante película para reflexionar sobre a importancia e os aspectos relacionados coa autoconfianza.
Mr. Magorium posúe unha tenda de xoguetes máxica que fai as delicias de nenos e adultos, cando está a piques de cumprir 243 anos, decide traspasarlla a Molly, a súa encargada desde anos atrás, quen non pode comprender nin aceptar a idea de que a Mr. Magorium lle chegou a hora. A tenda máxica tamén se rebela ante a marcha do seu dono e a confianza de Molly en lles devolver a alegría aos xoguetes debilítase pouco a pouco, soamente o pequeno Eric e o mozo contable, Henry, poderán axudala a recuperar a súa fe na maxia e en si mesma.
24
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
2º TRIMESTRE : “CARLIÑOS E O CAMPO DOS SOÑOS” (13-02-2009): A IMPORTANCIA DA AMIZADE NA CONSECUCIÓN DE METAS.
Carliños, un neno orfo de 12 anos, desexa dúas cousas por riba de todo: unha familia e xogar ao fútbol. Pero a sorte sorrille cando a Federación Nacional de Fútbol organiza un concurso para formar a selección que xogará no Campionato Europeo Júnior. Carliños, coa axuda do seu grupo de amigos, idea o xeito de acudir ás probas e, grazas ao seu talento, será convocado para xogar coa selección!...
3ºTRIMESTRE: “O ESPÍRITO DO BOSQUE”(6-05-2009): O RESPECTO POLA NATUREZA.
Un poderoso home de negocios pretende construir unha estrada e a Sra. D’Abondo ve a súa oportunidade para acabar co bosque. Os animais teñen que fuxir, pero as toupas Furi, Linda, Cebolo e o rato Piorno non pensan renderse. Cando descobren que a Sra D’Abondo ten medo, Furi propón darlle “vida” ao “espírito do bosque”.
25
CEIP de PAZOS
A Peneira
26
Xu単o 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
27
Xu単o 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
biblioteca Este curso fixemos a INAUGURACIÓN oficial da Biblioteca. ¿Recordades? Preparamos todo para que estivese “guapísima”, mercámoslle roupa nova e pintámola de vivas cores. Que mellor día para celebrar unha inauguración tan esperada? O "Día das Bibliotecas Escolares", 27 de outubro; despois de unir esforzos, conseguimos preparar todo para este momento tan especial. Tivemos a sorte de reencontrarnos con moita xente querida, que xa marchou do colexio: o noso conserxe, mestres e mestras, ex-alumnos e ex-alumnas coas súas novas profes do IES de Catabois... Ademais estiveron alí outros compañeiros e compañeiras dalgunhas Biblioteca s Escolares dos coles e institutos da nosa comarca: "O Segrel do Penedo", a Biblioteca do CEIP Manuel Masdías, a de San Xoán de Filgueira, a do CEIP de Esteiro e a todos eles agradecimos tamén a súa presenza. Achegáronse tamén ata o colexio os pais e nais, amigos e representantes das AA VV; e todos xuntos escoitamos a presentación do Director e as palabras de eloxio, ánimo e apoio da Concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, e do Alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri. A continuación, a Encargada da Biblioteca leu unha carta de Chispa chea de gratitude a todas as persoas que colaboraron desde o principio con este proxecto de mellora. Alberto e Nerea de 6º curso de Primaria representaron ao alumnado coa súa particular e sincera visión da Biblioteca e, por último, o noso compañeiro, escritor, mestre, asesor e amigo, Antón Cortizas "fixo das súas": falou, contou e engaiolou a todos os presentes coa súa verba enxeñosa e fresca. Grazas a todos e todas.
28
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
b i b l i o te c a
P
ero isto só foi o principio, porque ao longo destes meses fixemos moitas cousas.
Unha das novidades: a C CA AIIX XA AD DO O CCO ORRRREEO O de Chispa; e vaia caixa! A través dela, os nenos e nenas que quixeron, puideron comunicarse directamente con Chispa. A gran sorpresa foi que contestou persoalmente as cartas!
E aquí tedes aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria que formaron o Equipo de Biblioteca: Héctor, Iván, Lidia, Alberto, Alba, Gloria, Nuria, Rubén, Nerea, Jessi, Desi, Diego e Joni.
29
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
b i b l i o te c a Por segundo curso consecutivo gozamos coa experiencia de “HORA DE LER” pola mañá cedo, nada máis entrar na clase. E tamén tivemos as portas da Biblioteca abertas para ler, para escoitar contos, para contalos, para escribirlle cartas a Chispa, debuxar, ver o blog nos ordenadores... E así puidemos ver cousas coma estas:
Algúns maiores contaron contos aos máis pequenos de xeito espontáneo e, de igual forma, apareceron estas contadoras de historias con monicreques...
Os recreos son así!
30
A Peneira
CEIP de PAZOS
Xuño 2009
bibliot ec a A nosa Biblioteca acolleu moitas e moi diversas exposicións; estas son algunhas:
EXPOSICION DO OUTONO
Dúas exposicións itinerantes da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, (FGSR):
“Lemos en galego” “ Leemos a carcajadas”
31
A Peneira
CEIP de PAZOS
Xuño 2009
Non podo esquecer falar dos
SACAPENAS! Mmmm!
Que actividade tan bonita!
Bibliot ec a Contamos o conto de Anthony Browne: “Sacapenas” e o colexio enteiro volcouse a facer bonecos para enviar aos nenos e nenas dos hospitais de Gaza, xunto cunha carta traducida ao árabe para que soubesen o que lles contabamos.
Desde o CEIP de Pazos, desexamos que os nosos bonecos SACAPENAS cheguen a eses nenos e nenas de Gaza moi axiña, e que lles poidan transmitir todo o agarimo que levan gardado nos seus
CORAZÓNS de TRAPO.
32
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
Bibliot ec a
Nagi e Aya visitaron a nosa Biblioteca despois de moito traballo previo, xa que tiveron que ler a carta e o conto; e traducíronos ao árabe para ter todo requetelisto ese día. Contáronnos moitas curiosidades do seu país de orixe, Mauritania, e en xeral, do mundo árabe; pero o que máis nos gustou foi que nos falasen do distinta que é a lingua Nagi fixo unha lectura compartida do conto de Kalandraka "Sacapenas". Compartida porque puidemos escoitala alternativamente nas dúas linguas; nós liamos en galego e el, en árabe. Como son linguas tan distintas e teñen unha sonoridade tan diferente, causábanos unha marabillosa sensación; foi un regalo para os nosos oídos.
33
CEIP de PAZOS
A Peneira
Bibliot ec a No mes de marzo volvímonos uns preguntóns e non parabamos de buscar nunha caixa da Biblioteca se había “versos para min”. Houbo un gran intercambio de poemas, ¿Recordades? Pero neste mes celebramos tamén o “Día da Poesía” e o “Día do teatro”.
34
Xuño 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
Xa levamos a novena edición do Certame de Poesía e Imaxe, e coma en anos anteriores, conseguimos un premio. Nesta ocasión foi Marisol Suárez Monteiro co seu debuxo de “Puff o dragón máxico”. Seguide participando xa que queda demostrado que todos e todas sodes uns verdadeiros artistas.
35
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
Este ano, o autor homenaxeado con motivo das Letras Galegas é RAMÓN PIÑEIRO LÓPEZ.
Exposición das páxinas biográficas do libro colectivo de R. Piñeiro, xunto cunha pequena escolma de libros de autores homenaxeados en edicións pasadas.
Ramón Piñeiro naceu en Láncara (Lugo), no ano 1915. Aos nove anos trasládase a Lugo para facer o bacharelato. Participa activamente na política galega. No 1939, rematada a Guerra Civil, empeza a carreira de Filosofía em Santiago, para continuala, máis tarde, en Madrid.
En 1950 funda a Editorial Galaxia, sendo él o primeiro director da mesma. Edita a Revista Grial. En 1967 ingrexa na Real Academia Galega, lendo un discurso titulado “O galego e as linguas”. En 1983, despois de ser deputado no Parlamento de Galicia, convértese no primeiro Presidente do Consello da Cultura Galega. O 27 de agosto de 1990 falece na cidade de Santiago de Compostela. OBRAS: “Significado metafísico da Saudade”(1951), “A saudade en Rosalía”(1952), “Para unha filosofía da saudade”(1953). No 1984 reuníronse todas baixo o título “A Filosofía da Saudade”.
36
A Peneira
CEIP de PAZOS
Xuño 2009
Casa natal de R. Piñeiro. (Lucía Huergo) Mural realizado por as alumnas de 4º, con motivo da celebración das Letras Galegas.
Lugo, onde fixo o bacharelato R. Piñeiro. (Paula Lorenzo)
Casa onde vivíu R. Piñeiro en Santiago.(Laura Sanjurjo)
Editorial Galaxia, fundada por R. Piñeiro.(Leandra)
R.A.G, da que foi membro R. Piñeiro.(Alba Rama) (Leandra) R. Piñeiro e o Parlamento de Galicia.
37
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
LETRAS GALEGAS
E
ste venres celebramos as Letras Galegas, e despois de cantar o Himno galego, escoltamos, na voz dos seus autores e autoras, os contos que se fixeron ao longo do mes de abril.
Pero ademais de todo isto, os nenos e nenas de 4 e 5 anos cantaron “A cor do oso polar”
38
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
LETRAS GALEGAS
En 1º e 2º prepararon a cantiga “A saia da Carolina”. Tamén houbo bailes, de 2º e de 4º: a Muiñeira de Lugo e a Muiñeira Xuliana. 5º e 6º prepararon a fermosas poesía “A fala” de Manuel María e, por último os alumnos/as de 4º presentáronnos un audiovisual sobre Ramón Piñeiro. Héctor e Iván necesitaban moito mais espazo do que dispoñemos na Biblioteca, así que reunímonos no noso salón de usos múltiples para ver a súa interpretación do Rap da Lingua, de Migallas. Así rematamos a celebración dese día, pero non esquecemos que as LETRAS GALEGAS SON NOSAS CADA DÍA.
39
CEIP de PAZOS
A Peneira
U
Xuño 2009
n pequeno grupo de velliños e velliñas subiu traballosamente os chanzos que levaban á Biblioteca do seu antigo cole. Emocionados ao verse repartían sorrisos, bicos e apertas entre eles. Celebraban o 75º aniversario da súa saída do colexio... Corría o ano 2084. Puxéronse a recordar as vellas anécdotas da súa infancia. Despois de tanto tempo, lembraban, coma se fose ese mesmo día, a misteriosa desaparición da profe durante o temporal. Érase un escuro e tráxico día de tempestade. Esa mañá estaban traballando na organización da biblioteca. As persianas baixas protexíanos da batalla que o temporal libraba contra todo o que estaba ao seu alcance. De súpeto escoitouse un gran estrondo; foise a luz, e a biblioteca quedou a escuras. Todos se asustaron e empezaron a berrar. A profe tranquilizounos e díxolles que marchaba a buscar lanternas para repartirlles. En breve, a luz regresou pero da profe, nin rastro. Esperaron uns minutos máis e decidiron saír na súa procura. Buscaron por todo o colexio, empezando pola consexería. Nin rastro da profe. As aulas. Nin rastro. Os baños. Nin rastro. O ximnasio e o patio. Nin rastro... Tiñan que tomar unha decisión; se no colexio non estaba, terían que buscar fóra. Colleron unhas cordas no ximnasio e amarráronse. Todas e todos xuntos saíron pola porta traseira. O espectáculo era impresionante e terrible á vez. Os coches voaban formando unha espiral mentres as súas alarmas compoñían unha infernal melodía. As árbores desprendíanse da terra e subían, e subían forzosamente empurradas polo
40
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
aire. Un detalle chamou a súa atención. Por riba do estrondo, soaba unha voz familiar; era a súa profe. Agarrada a unha das árbores viaxeiras gritaba desesperada: - Socorro! Auxilio! Non aguanto máis, non aguanto máis! Inmediatamente os nenos e nenas pensaron nunha solución. Entraron no ximnasio e transportaron todas as colchonetas que puideron. Colocáronas estratéxicamente, xusto debaixo dela. -Tírate, profe!- berraron todos. Ante a desesperada situación, ela debeu de pensar que era mellor unha perna rota, que acabar no chan con todos os ósos partidos. Armouse de valor e tirouse. Fiuuuuuuuuu! Plof! Pasaron uns instantes interminables. Pouco e pouco todo foi volvendo á normalidade. ¿E a profe?
A profe tardou varios minutos en reaccionar. Todos pensaban no peor; irremediablemente terían que cambiar de titora. Co que lles molaba a eles ter que traballar e traballar; as súas rifas cotiás; as vintecatro follas cada día de deberes; os castigos do recreo... Pero..., nese momento abriu un ollo, despois o outro e, de súpeto, todos empezaron a rir, a bailar e a chorar ao mesmo tempo. Recuperaran a súa vida de sempre. Celebrárono lendo un dicionario de mil páxinas e facendo os resumos de cada palabra. Mais un conto: este que acabades de ler!
41
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
Néboa é unha coelliña que sempre anda a brincar entre as berzas, cos seus irmáns e irmás. Aínda que era feliz, a Néboa había algo que lle preocupaba. Ela vía como aos seus irmáns lles medraban moito as orellas, pero a ela non. Todas as mañás, o primeiro que facía, ao saír da madrigueira, era ir correndo a un regato e ver se as súas pequenas orellas medraran algo; pero, sempre comprobaba con moita pena que, non eran máis grandes cas dun rato. A súa nai sempre lle dicía que as orellas grandes só servían para tropezar coas herbas e facerse dano, pisándoas; pero ela seguía preocupada. Un día, uns cazadores, con ganas de comer coello asado, adentráronse onde Néboa vivía coa súa familia. Ninguén se percatara da súa chegada, agás a coelliña das orellas pequenas. Parouse, levantou as patas dianteiras e escoitou as pegadas dos cazadores que se acercaban; entón, correu avisalos a todos. Conseguiron refuxiarse na madrigueira. A partir daquel día, a nosa pequena protagonista nunca máis volveu a preocuparse por non ter as orellas grandes, xa que grazas ao seu bon oído, a súa familia pode seguir brincando por os prados, seguros de que ningún cazador vai conseguir cazalos. Ademáis, grazas ao recoñecemento de toda a súa familia, sentiuse especial e deuse conta de que ela posuía algo único, polo que era admirada por todos. O que ao principio, parecía un gran defecto, despois convertiuse nunha grande habilidade e ela deixou de acomplexarse e foi moi feliz para sempre.
42
CEIP de PAZOS
A Peneira
43
Xu単o 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
H
ai tempo, Raqueta e Sol foron ao zoo de Barcelona. Descubriron un mono que estaba triste porque botaba de menos a selva e os seus amigos. Ao velo, Raqueta e Sol decidiron falar co dono do zoo para que o poideran levar. O dono deulles o permiso, e con moita alegría partiron para a selva. Polo camiño atoparon unha cova chea de morcegos. Estes indicáronlles o camiño cara a selva. Chegaron moi contentos, deixaron ao mono e volveron felices.
44
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
Os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º fixemos no mes de febreiro unha visita cultural á cidade de A Coruña. Á mañá visitamos o Planetario e a Casa do Home, onde xantamos no comedor. Pola tarde camiñamos polo paseo marítimo dende a Casa do Home ata o Acuario. Regresamos moi cansos, pero contentos polas moitas cousas que fixemos.
A entrada do Planetario
No museo do Planetario.
45
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
A ANPA DO cole de pazos Dende a ANPA queremos agradecer a todos os pais e nais a súa colaboración. Tamén queremos aproveitar este espazo para salientar a cooperación mutua entre esta ANPA e a dirección do centro para poder desenvolver o seu labor e tentar de mellorar a convivencia no centro.
46
CEIP de PAZOS
A Peneira
47
Xu単o 2009
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
PASATEMPOS Di de que cor é o globo que sostén cada neno
Atopa as 6 diferenzas
48
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xu帽o 2009
Recorta e monta este avi贸n. Despois podes colgalo no teu cuarto
Debuxa o que queiras e pinta
49
CEIP de PAZOS
A Peneira
Xuño 2009
N o n s ei s e te d eix a rem o s m a rc h a r...
* * * * * *
... vai ser un pouco complicado substituírte. ... ¿quen nos vai cantar agora? ... non hai ninguén que leve as flores no pelo mellor ca ti. ... transmites o agarimo co que traballas. ... es unha MESTRA con maiúsculas e ATA
… porque te queremos!
50
SEMPRE, Mª CARMEN LÓPEZ, Mª LUZ!