CEIP de Pazos
- A Peneira -
Xuño 2015
BIBLIO! Mmmm…, difícil facer un resumo de todas as actividades que fixemos… No BLOG DA BIBLIO tedes toooda a información e un montón de imaxes. Esperámosvos!
A Xoán
Biblioteca
Farias
iniciou unha nova andaina no curso 2004 - 2005. Dende entón moitos cambios axudaron a modernizala e facela unha BIBLIOTECA viva, activa e ao servizo da Comunidade Educativa. No 2006
entramos no Plan de Me-
llora das Bibliotecas Escolares –PLAMBE-.
Despois de tres grandes reformas do espazo, unha renovación total do mobiliario e dos equipos informáticos, e un importante incremento dos fondos documentais, a biblioteca segue. Cada curso moitos nenos e nenas colaboran dunha ou outra forma converténdose así no motor
da mesma. GRAZAS!
18