CUESTIÓNS PARA PENSAR, RECORDAR E COMENTAR DESPOIS DA VISITA… O MOMENTO HISTÓRICO *¿De que época data o Museo Naval? *¿Recordas que outra función cumpliu este edificio nos seus primeiros tempos? *¿Imaxinas que o entorno, do que agora son o Museo e a Biblioteca, sería parecido? * ¿Como cres que sería Ferrol por aquel entón? ¿Que profesións pensas que serían as máis comúns? * ¿Como pensas que transcorrería a vida dun neno ou nena daquela? ¿Adicaríanse a cousas similares ás que te adicas ti acotío?
RECOÑECEMENTO E CONSERVACIÓN DO NOSO PATRIMONIO *¿Como pensas que influíu a construción dese edificio para o desenvolvemento de Ferrol como cidade? *¿É importante conservar edificios coma estes para axudar a recordar a nosa historia? * ¿Sabes dalgún outro edificio importante que xa existise ou que se construíse naquelas datas? ¿Onde se atopa? *¿Coñeces algún edificio en Ferrol que mereza ser rehabilitado pola súa importancia histórica? * ¿De que modo a Biblioteca axuda tamén a conservar a historia e o patrimonio? Anímate e busca libros sobre Ferrol na nosa Biblioteca.
*Por último, recorda que toda esta información é ampliable. Indaga, pregunta, le e aprende moito, moito máis. Nas túas mans tes infinitas posibilidades. Non as desaproveites. *Recomendamos:
"Así se fixo Ferrol, coñece a súa historia", Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez “Os Buques e os Homes na Historia da Ría de Ferrol”, Juan antonio RodríguezVillasante Prieto. Concellería de Educación. Concello de Ferrol. “Ferrol unha historia para ver. 150 aniversario do título de cidade” C. Ferrol. Fontes: www.mde.es/portalcultura/.../ConsultaCultura?...4...MUSEO www.ariashermanos.com/index.php?id=65 http://es.wikipedia.org/wiki/Arsenal_de_la_Carraca
SP “Coñecendo Ferrol” Equipo da Biblioteca e ENDL CEIP de PAZOS Curso 2009 2010