1
ÍNDICE O CORPO HUMANO EN E. INFANTIL....................................3 CREAMOS EMPRESAS EN E. PRIMARIA..................................5 SAMÁIN E MAGOSTO......................................................6 VISITA DE ESTEFANÍA PADULLÉS.......................................7 LETRAS GALEGAS...........................................................9 EDUCACIÓN FÍSICA......................................................14 POLOS MAIOS VIAXAMOS..............................................15 PARTICIPACIÓN EN CAMPIONATOS DEPORTIVOS...................21 PLATAFORMA E-DIXGAL..................................................23 PLATAFORMA AGUEIRO...................................................27 OUTRAS EXPERIENCIAS E ACTIVIDADES.............................29 CARAS DIVERTIDAS......................................................30 QUEN É QUEN?...........................................................31 DESPEDIDA................................................................34
2
O CORPO HUMANO en Educación Infantil Durante o 2º e 3º trimestres deste curso escolar, as nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP As Nogais, mergullámonos, da man da Doutora Peppis, nun proxecto sobre o noso corpo. Primeiro, puxemos en común todo o QUE SABIAMOS sobre o corpo humano:
E tamén nos puxemos de acordo para saber o que QUERIAMOS APRENDER:
3
E, a partir de entón, a Doutora Pepis, foi a encargadas de irnos deixando cartas, pistas, libros, recortes, fotografías… en definitiva, fíos dos que ir tirando para chegar a marabillosos descubrimentos sobre o corpo e AS SÚAS PARTES, OS ÓSOS E O ESQUELETO, O SISTEMA CIRCULATORIO, ALGÚNS ÓRGANOS INTERNOS e aspectos básicos sobre ALIMENTACIÓN, DESCANSO, HIXIENE E, POLO TANTO, SAÚDE.
4
CREAMOS EMPRESAS en 4º, 5º e 6º de E. PRIMARIA As nenas e nenos de 4º,5º e 6º de primaria crearon cadansúa empresa; tiveron que poñerlle nome, buscar un eslógan e máis adiante expoñer o seu proxecto. Fixérono moi ben…
5
SAMAÍN Polo OUTONO, e tamén para celebrar a festa do SAMAÍN, fixemos no cole unha exposición de froitos de outono e con eles, tamén creamos personaxes terroríficos para adornar o noso recibidor...
Tamén fixemos un MAGOSTO e tod@s colaboramos para asar as castañas...
6
VISITA DE ESTEFANÍA PADULLÉS Neste curso recibimos no cole a Estefanía Padullés, ilustradora de contos tan fermosos coma “A manchas e a raias”. Fíxonos pasar uns momentos moi entretidos, amosándonos as súas grandes habilidades como ilustradora:
Logo nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de primaria, animámonos a “imitala”:
7
8
Día das Letras Galegas O Día das Letras Galegas é unha celebración instituida no 1963 pola Real Academia Galega (RAG) para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria no idioma galego ou pola súa defensa do idioma galego. Cada ano adícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se debe ter ao menos dez anos desde o seu pasamento. Desde a instauración desta celebración cultural, só en 1998 houbo unha adicación conxunta aos poetas medievales Martín Codax, Xohán de Cangas e Mendinho, famosos polas súas cantigas. A data de celebración é o 17 de maio, débendose a que en tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacemento cultural do galego. En Galicia é día festivo. Os autores homenaxeados son os seguintes:
1963 - Rosalía de Castro
1964 - Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
1965 - Eduardo Pondal
1966 - Francisco Añón
1967 - Manuel Curros Enríquez
1968 - Florentino López Cuevillas
1969 - Antonio Noriega Varela
1970 - Marcial Valladares Núñez
1971 - Gonzalo López Abente
1972 - Valentín Lamas Carvajal
1973 - Manuel Lago González
1974 - Xoán Vicente Viqueira
1975 - Xoán Manuel Pintos Villar
1976 - Ramón Cabanillas
9
1977 - Antón Villar Ponte
1978 - Antonio López Ferreiro
1979 - Manuel Antonio
1980 - Alfonso X el Sabio
1981 - Vicente Risco
1982 - Luis Amado Carballo
1983 - Manuel Leiras Pulpeiro
1984 - Armando Cotarelo Valledor
1985 - Antón Losada Diéguez
1986 - Aquilino Iglesia Alvariño
1987 - Francisca Herrera Garrido
1988 - Ramón Otero Pedrayo
1989 - Celso Emilio Ferreiro
1990 - Luis Pimentel
1991 - Álvaro Cunqueiro
1992 - Fermín Bouza Brey
1993 - Eduardo Blanco Amor
1994 - Luis Seoane
1995 - Rafael Dieste
1996 - Xesús Ignacio Ferro Couselo
1997 - Ánxel Fole
1998 - Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho
1999 - Roberto Blanco Torres
2000 - Manuel Murguía
2001 - Eladio Rodríguez
2002 - Fray Martín Sarmiento
10
2003 - Antón Avilés de Taramancos
2004 - Xaquín Lorenzo, Xocas
2005 - Lorenzo Varela
2006 - Manuel Lugrís Freire
2007 - María Mariño
2008 - Xosé María Álvarez Blázquez
2009 - Ramón Piñeiro López
2010 - Uxío Novoneyra
2011 - Lois Pereiro
2012 - Valentín Paz Andrade
2013 - Roberto Vidal Bolaño
2014 - Xosé María Díaz Castro
2015 - Xosé Filgueira Valverde
2016 - Manuel María
2017 - Carlos Casares Mouriño
2018 - María Victoria Moreno Márquez
2019 - Antón Fraguas
11
12
REALIZA AS SEGUINTES ACTIVIDADES RELACIONADAS CON FRAGUAS.
ADIVIÑA CAL DELES É ANTÓN FRAGUAS?
13
Neste curso escolar, dende a área de Educación Física, potenciamos o xogo tradicional, de xeito especial, o da nosa terra. Os xogos tradicionais galegos teñen os seguintes beneficios: ✔ Son un nexo de unión entre xeracións. ✔ Unha boa maneira de ocupar o tempo de ocio. ✔ Evita o sedentarismo. ✔ Favorece a socialización entre os nenos e nenas. ✔ Son parte da nosa cultura. ✔ Transmite numerosos valores cívicos. ✔ Son divertidos. Aquí tedes unha pequena mostra: os birlos, o caliche, o tirafungueiro e o varapau.
14
POLOS MAIOS...VIAXAMOS! Saída á vila de Ribadeo. Desprazámonos ata a vila de Ribadeo para desfrutar das súas paisaxes e xentes. Ao chegar, paseamos pola praia das Catedrais.
Continuamos o noso percorrido cun emocionante paseo en barco pola ría do Eo: pasamos por debaixo da ponte de Todos os Santos e contemplamos as vilas de Castropol, Figueras e Ribadeo. O patrón ata nos deixou coller o temón! Para rematar o día, xantamos nun céntrico parque e xogamos un pouquiño na tirolina. Pasámolo en grande!
15
CORRELINGUA 2019: “O GALEGO É A FÓRMULA”. Tamén participamos no correlingua 2019. O lugar escollido foi na praza de Santa María e a Muralla Romana de Lugo. Nos días previos, traballamos moito para facer a nosa pancarta...
Durante o correlingua, partimos a marcha dende a Praza de Santa María e camiñamos pola Muralla de Lugo ata regresar ao mesmo punto. Alí, repartiron agasallos para os colexios participantes, mostraron as pancartas realizadas e coma punto final, un pequeno concerto para animar a todo o mundo alí presente.
Todos estes actos leváronse a cabo tendo o galego como eixe fundamental. A nosa pancarta dicía: LINGOA PROLETARIA DO MEU POBO EU FÁLOA PORQUE SÍ, PORQUE QUERO, PORQUE ME GOSTA ME PETA E DAME A GAÑA.
POEMA “DEITADO FRONTE AO MAR”. CELSO EMILIO FERREIRO.
16
SAÍDA AO GADIS DO CEAO. Achegámonos ao Gadis do Polígono do Ceao en Lugo. Alí, durante unha hora aproximadamente, déronnos moitas e valiosas informacións: diferenzas entre a carne vermella e a carne branca, diferenzas entre o arroz integral e o "normal", explicación básica da pirámide dos alimentos... Aprendemos moito e ben. E por riba, tamén nos deron un agasallo cunha pequena merenda. Moitas grazas!
Algunhas destas saídas e excursións, quedan estupendamente recollidas nestas redaccións e debuxos, feitos polos nenos/as de 1º, 2º e 3º:
17
O CINE E O MUSEO DAS FORMIGAS
Fomos a Lugo, aos cines Abella, a ver a película “Ralph rompe internet”.A pelicula vai das aventuras de Ralph e Vanellope en internet. Ao sair do cine comemos uns bocadillos. Fomos a o museo das formigas en San Clodio (Outeiro de Rei).Alí vimos a casa das formigas,un tunel subterraneo,un coete, un avion ... Todas as cousas estan feitas de materiais reciclados. Foi moi chulo! Lucia 3º.
18
RIBADEO Primeiro saimos de As Nogais. Despois de 1 hora e media chegamos a Ribadeo e fomos ver a praia das Catedrais. Despois sentámonos a merendar nuns bancos de pedra, acabamos de merendar e collemos o autobús. Subímonos ao
barco e fomos dando un paseo
pola ría. O condutor
deixounos conducir. Baixámonos do barco e fomos a comer a un parque. Despois de comer xogamos nel, cando chegamos As Nogais estábamos moi cansados. Foi incrible! o que mais me gustou foi o barco. Candela 3º
19
20
PARTICIPACIÓN EN CAMPIONATOS DEPORTIVOS Durante o curso académico que remata, as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º, participaron en distintos campionatos deportivos, velaí a descrición dos mesmos, feita polo alumnado: CAMPIONATOS
Durante todo o curso fomos a tres campionatos: no primeiro trimestre fomos a un de bádminton ao colexio de Cervantes, no segundo trimestre fomos a un de tenis de mesa ao instituto de Becerreá e por último no terceiro trimestre fomos a un campionato de baloncesto tamén a Becerreá.
Bádminton: As 10:00 fomos ao colexio de Cervantes cos nenos/as do colexio de Pedrafita do Cebreiro, de 4º, 5º e 6º e alí fixeron un sorteo con todos os nomes dos nenos/as de todos os colexios. Primeiro xogamos individual e despois xogamos por parellas. Cando acabamos de xogar déronnos unhas medallas , e despois fomos a fóra a comer uns bocadillos. E por último fómonos no autobús ao colexio.
21
Tenis de mesa: As 10:00 fomos ao instituto de Becerreá a xogar. Sortearon os nomes de todos os nenos/as de todos os colexios que foron. Primeiro xogamos individual e despois coa persoa contra a que fomos e individual. Cando acabamos de xogar merendamos bocadillos e despois sacamos fotos e deron medallas.
Baloncesto: As 10:00 saímos do colexio e fomos ao instituto de Becerreá cos nenos do colexio de Pedrafita do Cebreiro alí fixeron un sorteo con todos os nomes de todos os nenos/as de todos os colexios que foron a xogar. Cando acabamos de xogar déronnos medallas, e por último fomos a comer uns bocadillos. E cando acabamos fómonos ao colexio
22
Así nos describe tamén, o alumnado dos últimos cursos, algún dos traballos realizados a través da plataforma E-DIXGAL e outras aplicacións Ordenadores
EVA
Este ano 4º 5º e 6º de primaria empezamos cos ordenadores, temos un programa en Eva.Edu.Xunta.es que se chama eva ( entorno virtual de aprendizaxe). Dentro temos os temas, e algúns traballos que nos poñen os profesores.
23
WRITER Este ano fixemos moitos traballos no writer. E un procesador de textos.
CARPETAS Nas carpetas temos moitas cousas gardadas, por exemplo: traballos, imaxes ...
24
Menú de aplicativos No menú de aplicativos hai moitas mais aplicacións por exemplo: xogos, tux paint, eva offline...
M block O M block é un programa no que programamos o noso robot. Con el o noso robot fai moitas cousas como por exemplo: encender as luces, parar cando está cerca de un obstáculo, nun circulo apartar os obstáculos...
25
Play kahoot
En Play kahoot temos que elixir de catro colores que cada un ten unha resposta, utilizรกmolo para estudar para os exames: de sociais, mates...
Scratch Neste programa programamos debuxos para que anden, fagan pinchacarneiros...
26
Neste curso, comezamos a manexar unha nova plataforma: plataforma Agueiro. PLATAFORMA AGUEIRO
27
NĂłs creamos traballos e subĂmolos ao noso grupo para que todos os membros o vexan e o comenten.
28
OUTRAS EXPERIENCIAS E ACTIVIDADES DÍA DA PAZ: este ano celebramos o Día da Paz “poñendo as nosas mans”..
EXPERIENCIAS WARHOL: o alumnado do último interciclo elaborou este bonito mural...
29
CARAS DIVERTIDAS Coñeces a Giuseppe Arcimboldo? Era un artista italiano, que pintaba Obras tan divertidas coma esta!
As nenas/os de Educación Infantil, aproveitando que estivemos traballando nun proxecto sobre o CORPO HUMANO, decidimos imitar a Arcimboldo, creando as nosas CARAS DIVERTIDAS:
30
E agora, propoñémosvos un xogo... saberás
QUEN É QUEN?
31
32
33
34