CEIP RAMÓN FALCÓN CASTRO DE REI
Para unha ensinanza de calidade
Servizo de madrugadores, comedor con cociña propia e produtos de calidade.
Plan de Competencia Dixital: Edixgal, Digicraft, pizarras interactivas e método Snappet.
Biblioteca incluída no PLAMBE: Club de lectura, biblio creativa,radio na biblio e voluntariado, espazo creativo con Lego, robótica e impresora 3D
: P R E P A R A C I Ó N :
Sección bilingüe en 5º e 6º e auxiliar de conversa.
Plans Proxecta +:Centros activos e saudables e Recíclate con Sogama
Programa: Sana el hoy, de alimentación saudable
Aulas para todas as especialidades: informática, inglés, música , AL, PT, ximnasio con calefacción, pavillón cuberto e gran patio ao aire libre
Solicitude de admisión dende o 1 ata o 20 de marzo
Paso 1 - Mesturar
Mesturamos todos os ingredientes dende setembro ata xuño engadindo grandes cantidades de coidado, esforzo, motivación e ilusión
Paso 2 - Cociñar
Competencia lingüística, dixital, hábitos saudables, deportes, fomento da lectura, creatividade, reciclaxe... traballado a través de xogos, escape rooms, programas de radio, podcasts, saídas, charlas, visitas ao centro, educación plástica en inglés...
Paso 3 - Repousar
Os pasos anteriores lévannos a obter un alumnado competente dixitalmente, en valores, en lectura, nas linguas, voluntarioso e motivado.
Paso 4 -Servir
A comunidade educativa; profesorado, familias, persoal non docente e as diferentes organizacións e organismos que a compoñen, poñémoslle a guinda final á nosa receita
Escanearparaver onosotraballo