1º eso

Page 1

Xeografía e Historia 1º ESO

CURSO 2014-2015 IES “POETA DÍAZ CASTRO”. GUITIRIZ


1-. CONTIDOS Dado que os contidos de xeografía se repiten nos tres primeiros cursos da ESO este departamento considerou máis conveniente iniciar este curso polos contidos de Historia ,a secuenciación que se prevé é a seguinte: Iª avaliación:

Temas 9-13:

2ª avaliación:

Temas 14-17 e 1-2

3ª avaliación:

Temas 3-8, Como e a Terra como se representa (4,5), Descrición da Terra,As persoas e o medio.

Esta temporalización é orientativa e poderá cambiar en función da evolución do curso

2-. OBXECTIVOS                        

Coñecer distintas formas de representación do espazo terrestre. Orientarse no espazo. Localizar puntos nun mapa utilizando os puntos cardinais e as coordenadas xeográficas. Comprender o concepto de escala Coñecer os elementos básicos que se usan na cartografía. Construír e interpretar gráficos simples de distinto tipo: de liñas, de barras e sectoriais. Diferenciar as distintas formas do relevo continental, costeiro e submarino. Explicar, de forma básica, como se orixina o relevo terrestre. Explicar como cambia o relevo ao longo do tempo pola acción da auga, o vento e os seres vivos. Localizar nun mapa os principais accidentes do relevo terrestre Coñecer a estrutura das augas do planeta: augas continentais (ríos, lagos, xeos e augas subterráneas) e augas mariñas. Describir as principais características dos ríos, os mares, os lagos e as augas subterráneas do noso planeta. Localizar nun mapa os principais mares, ríos e lagos do mundo. Apreciar a importancia das augas para a nosa vida. Diferenciar tempo e clima. Coñecer os principais elementos do clima (temperatura, precipitacións, presións e ventos). Explicar os factores que modifican cada un deses elementos. Valorar a influencia que o clima ten na nosa vida. Diferenciar os distintos climas que existen na Terra e describir as súas principais características. Analizar a influencia do clima sobre os ríos, a vexetación e a forma de vida das persoas. Localizar nun mapa os principais climas e paisaxes da Terra. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico de África, Asia, Europa, Oceanía, América e a Antártida. Valorar eses elementos destacados como parte do patrimonio do noso planeta. Empregar o atlas. Coñecer os principais trazos físicos de España.


 

 

                          

Localizar en mapas os elementos básicos que configuran o medio físico de España e Galicia Analizar os cambios que as persoas introducen no medio natural para satisfacer as súas necesidades e como esta acción modifica a paisaxe natural, creando distintas paisaxes transformadas. Coñecer cales son os principais problemas ambientais que provoca a acción dos seres humanos no medio natural e explicar as súas causas e consecuencias. Explicar as causas, o desenvolvemento e as consecuencias dos principais riscos naturais: os volcáns, os terremotos, os maremotos, os furacáns, as secas e as inundacións. Cooperar e solidarizarse cos que sufriron os efectos dunha catástrofe natural. Coñecer a diferenza entre a Prehistoria e a Historia. Caracterizar as etapas que se distinguen na Prehistoria. Coñecer as principais características da forma de vida no Paleolítico: organización social, vivenda, actividades económicas, tecnoloxía, crenzas e arte. Describir como era a forma de vida dos nosos devanceiros no Neolítico e a Idade dos Metais. Analizar como eran as crenzas e a arte nestas etapas e as relacións entre ambos os aspectos. Analizar o cambio e a continuidade entre as tres etapas da Prehistoria, detectando similitudes e diferenzas. Explicar o paso da Prehistoria á Historia. Determinar cales foron as primeiras civilizacións históricas e situalas nun mapa. Analizar as características políticas, económicas, sociais e culturais das primeiras civilizacións. Situar Mesopotamia no seu contexto espacial e temporal. Explicar a influencia do medio físico (especialmente do río Nilo) na configuración da civilización exipcia. Describir as estruturas política e social do antigo Exipto. Explicar como eran as crenzas dos antigos exipcios e valorar a súa influencia na arte. Coñecer as principais obras de arte do antigo Exipto. Coñecer as etapas da historia grega. Comprender o desenvolvemento do proceso colonizador grego e a influencia que este tivo na extensión da cultura grega máis alá das súas fronteiras. Comparar dúas formas de organización política: a polis (cidade-Estado) e o imperio. Describir a estrutura social na antiga Grecia. Describir a vida cotiá dos gregos: actividades económicas, alimentación, vestido e vivenda. Coñecer os principais trazos da relixión grega. Coñecer as características e as obras máis importantes da arte grega. Identificar e describir edificios característicos da antiga Grecia Valorar a civilización grega coma unha das bases fundamentais da civilización occidental. Describir o proceso de expansión e conquista que levaron a cabo os romanos. Comparar a organización política na República e o Imperio. Explicar as causas e consecuencias da crise do imperio romano. Analizar a estrutura social no imperio romano. Describir a vida cotiá dos romanos: actividades económicas, alimentación, vestido e vivenda.


              

Identificar e describir edificios característicos do imperio romano e coñecer as obras de arte máis importantes. Coñecer os principais trazos da relixión romana. Analizar a influencia da cultura romana na civilización occidental e valorala coma unha das súas bases. Coñecer os pobos que vivían na península Ibérica e nas illas Baleares no primeiro milenio antes de Cristo e localizalos nun mapa. Describir os trazos principais da forma de vida dos pobos prerromanos na península Ibérica e nas Baleares. Describir o desenvolvemento da conquista romana da península Ibérica e nas Baleares, diferenciando etapas. Comprender o significado do proceso denominado romanización e identificar os seus trazos fundamentais. Valorar a influencia da cultura romana na nosa cultura. Diferenciar as distintas etapas da Prehistoria no noroeste da península Ibérica. Coñecer os principais trazos dos galaicos e da cultura castrexa. Caracterizar a romanización do noroeste da península Ibérica. Valorar os restos arqueolóxicos da Antigüidade que se conservan no territorio galego. Realizar resumos e esquemas Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito Producir documentos escritos atendendo as normas básica de presentación e ortografía

3-. CRITERIOS DE AVALICIÓN Asumindo os criterios establecidos polo curriculo se desglosan os criterios mínimos para unha avaliación positiva do curso 1. Localizar lugares ou espazos nun mapa utilizando datos de coordenadas xeográficas e obter información sobre o espazo representado a partir da lenda e da sim boloxía. Elaborar mapas sinxelos iniciándose no emprego de recursos informáticos. Trátase de comprobar se o alumnado é capaz de identificar as liñas básicas da orientación xeográfica e situar lugares no mapa mediante a lonxitude e a latitu de. Así mesmo, permite avaliar se se sabe descodificar información simbólica, e interpretala para describir o contido da información expresada nun mapa.  Calcular escalas  Localizar un punto no mapa a partir das coordenadas xeográficas  Utilizar os distintos tipos de imaxes e outras representacións do espazo terrestre. Localizar en mapas, lugares e espazos concretos  Orientarse e calcular distancias. 2. Localizar nun mapa os elementos básicos que configuran o medio físico mundial, de España e de Galicia, caracterizando os trazos que predominan nun espazo concreto. Trátase de avaliar que se coñece o mapa físico do mundo nos seus trazos básicos e en particular de Gali cia e España, que se localizan espacialmente os seus elementos e se é capaz de salientar aqueles que pre dominan en cada territorio, a dispersión dos núcleos de poboación en Galicia como resultado dunha longa evolución histórica.  Coñecer a distribución das placas continentais e océanos.  Localizar nun mapa as principais unidades e principais rios de relevo dos continentes.


    

Localizar nun mapa os e mares e accidentes xeográficos das costas dos continentes Localizar nun mapa as principais unidades e principais rios de relevo da P. Ibérica Localizar nun mapa os e mares e accidentes xeográficos das costas da P. Ibérica Obtér información xeográfica dun mapa e localízala. Utilizar o atlas para localizar informacións no espazo.

3. Comparar os trazos físicos máis destacados (relevo, clima, augas e elementos bioxeográficos) que con figuran os grandes medios naturais do planeta, con especial referencia a Galicia, localizándoos no espazo representado e analizando exemplos das paisaxes que resultan da actividade huma a. Trátase de avaliar que se é capaz de recoñecer e localizar no espazo os principais medios naturais do mundo, de caracterizalos e distinguilos en función da interacción dos trazos físicos predominantes para con formar paisaxes xeográficas diferenciadas, véndoas en relación coas formas de vida que posibilitan.  Coñecer as principais características dos diferentes climas  Localizar nun mapa zonas climática  Explica as diferentes paisaxes europeas.  Precisar o significado de distintos termos xeográficos.  Describe as distintas paisaxes a partir de ilustracións. 4. Interpretar a paisaxe do seu contorno, identifican do os seus trazos característicos e relacionando ele mentos físicos, recursos e formas de asentamento rurais ou urbanos. Trátase de avaliar a capacidade de transferir os coñecementos adquiridos de cara á análise e interpre tación dun espazo concreto e próximo, e comprender as interaccións que nel se producen, como a especificidade da paisaxe rural galega, as formas radicionais de construción e asentamento ou as áreas urbanas. 5. Identificar e explicar exemplos de riscos e de impactos que a acción humana ten sobre o medio, ana lizando as súas causas e efectos, e proporcionando medidas e condutas para prevelos e limitalos, facendo unha especial referencia ao ámbito galego. Trátase de avaliar se o alumnado coñece os princi pais problemas ambientais da actualidade, se os rela ciona coas súas causas e os seus posibles efectos, así como se é capaz de expoñer accións que poden contri buír á súa mellora, a través da ciencia, da tecnoloxía, do consumo responsable, etc.  Identificar os problemas ambientais máis graves de Galicia, España, Europa e o mundo (deforestación, lixos urbanos e industrais, incendios forestais, construcións e infraestructuras públicas e privadas, etc.) e valorar os riscos que supoñen

6. Utilizar as convencións e unidades cronolóxicas e as nocións de evolución e cambio, aplicándoas a feitos e procesos referidos á prehistoria e historia antiga do mundo, da Península Ibérica e de Galicia. Tratase de avaliar se se usa como referencia tempo ral na localización de feitos e procesos históricos a periodización e datación correcta, e se se ten capaci dade para identificar, en procesos referidos ás socie dades na Prehistoria e na Antigüidade, elementos de permanencia e de cambio. Deberán quedar claras as diferenzas entre tempo cronolóxico e histórico.  Situar no tempo e no espazo períodos, feitos e procesos históricos relevantes aplicando as convencións habituais no estudo da historia. Trátase de avaliar se as alumnas e os alumnos coñecen as principais etapas e períodos cronolóxicos e se son capaces de comprender as nocións de simultaneidade e cambio


Selección e utilización de recursos gráficos para a representación do tempo histórico, e elaboración de secuencias temporais utilizando as unidades e convencións cronolóxicas.

7. Identificar e expoñer os cambios que supuxo a revolución neolítica na evolución da humanidade e valorar a súa importancia e as súas consecuencias ao comparalos cos elementos que conformaron as socie dades cazadoras e recolectoras. Trátase de comprobar que se identifican os elemen tos básicos que conformaron as principais sociedades depredadoras e os cambios que acompañaron a revo lución neolítica, constatando as consecuencias que esta ten na evolución da humanidade. Valorarase a importancia cultural da arte rupestre e do megalitismo atlántico.  Coñecer as principias características das sociedades paleolíticas: tecnoloxía, organización social, economía  Describir as características principais da pintura paleolítica  Comprender o proceso de hominización.  Coñecer os principais cambios económicos, sociais, técnicos e artísticos que representa a revolución neolítica  Coñecer os cambios económicos, sociais e políticos e culturais que acompañan á difusión da metalurxia  Comprender a evolución cultural da humanidade ata a aparición da escritura e analizar os cambios radicais que acompañan a revolución neolítica.

8. Diferenciar os trazos que caracterizan algunha das primeiras civilizacións urbanas e a civilización grega, identificando os elementos orixinais desta última e valorando aspectos relevantes da súa contribución á civilización occidental. Trátase de comprobar que se é capaz de localizar no tempo e no espazo as civilizacións de Exipto e/ou Mesopotamia e de Grecia, e caracterizar os elementos básicos que as conformaron -escravismo, patriarcado e as diferenzas existentes na súa organización política -teocracia e democracia-. Así mesmo, de veri ficar se se é capaz de recoñecer os elementos relevan tes da contribución de Grecia á civilización occidental.  Explicar as características políticas, económicas, sociais e culturais das primeiras civilizacións.  Describir as estruturas política e social do antigo Exipto.  Describir as características principais do arte mesopotámico e exipcio e explicar a influencia das crenzas na arte exipcia, tanto nos seus tipos de manifestacións (templos e tumbas) coma nas súas características;  Identificar e situar xeograficamente os principais pobos, sociedades e culturas que se desenvolveron na Península Ibérica na antigüidade.  Coñecer e identificar os aspectos orixinais da civilización grega, así como as súas contribucións á civilización occidental.  Comparar dúas formas de organización política (aristocracia e democracia) e opinar sobre cal ten máis relación coa nosa  Describir a estrutura social na antiga Grecia. Describir a vida cotiá dos gregos: actividades económicas, alimentación, vestido e vivenda.

Describir as características principais da arquitectura e a escultura clásica

9. Comprender os trazos característicos da cultura castrexa, a área xeográfica en que se desenvolveu e a súa particular forma de ocupación do territorio. Trátase de avaliar a capacidade para percibir a influenza do pasado no asentamento, comparando o espazo ocupado polos castrexos e os límites


actuais de Galicia, sen esquecer unha análise dos elementos sociais e artísticos máis elementais desta cultura. Farase fincapé nas relacións coas culturas urbanas mediterráneas e atlánticas.  Identificar e situar cronoloxicamente os vestixios existentes relacionándoos cos pobos e/ou sociedades que os produciron para comprender mellor as orixes e a identidade de Galicia, así como a necesidade de defende-lo seu patrimonio cultural 10. Caracterizar os trazos da organización política, económica e social da civilización romana na súa época de expansión, valorando a transcendencia da roma nización na Hispania e na Gallaecia e a pervivencia do seu legado. Preténdese comprobar se o alumnado coñece a her danza da civilización romana, con especial atención á organización político-administrativa, social, económi ca e cultural, e identifica, no patrimonio artístico e noutros trazos actuais, o legado desa civilización no noso país. Así mesmo, procuraranse desenvolver algunhas ideas sobre o significado do cristianismo e os novos asentamentos que se producen no mundo tardo rromano: suevo e visigodo.  Describir o proceso de expansión e conquista que levaron a cabo os romanos.  Coñecer as etapas da historia romana: época, características e principais acontecementos.  Describir as caraterísticas principais da arquitectrura romana e a relación entre arte e función (edificios de ocio, conmemorativos, relixiosos e vivendas).  Explicar a organización política romana  Explicar a estructura social romana  Explicar o concepto de romanización valorando a trascendencia da romanización en Hispania e a pervivencia do seu legado no noso Estado, analizando algunhas das súas achegas máis representativas.  Formar un esquema de comprensión básica do período visigodo como ponte entre a Hispania romana e a época medieval. 11. Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información e comunicar a información obtida de for ma correcta por escrito. Con este criterio trátase de avaliar que se len de for ma comprensiva diferentes fontes de información tan to arqueolóxicas como escritas, obtendo as ideas prin cipais que conteñen e relacionándoas con outras para formar esquemas explicativos, sendo capaz de comu nicalas utilizando correctamente a expresión escrita.  Representar graficamente información estatística en distintos tipos de gráficos  Empregar correctamente o vocabulario específico.  Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral.  Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar.  Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado  Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC. Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas.

 

 

Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información escritas de contido xeográfico ou histórico e comunicar a información obtida de forma correcta Realizar de forma individual ou en grupo, coa axuda do profesor, un traballo sinxelo de carácter descritivo (observación, prensa, bibliografía, páxinas web, etc.), seleccionando a información pertinente, integrándoa nun esquema ou guión e comunicando con corrección e co vocabulario adecuado os resultados do estudo. Producir documentos escritos atendendo as normas básica de presentación e ortografía Realizar breves exposicións orais con correción e orde


Participar en debates e discusións, empregando argumentacións razoadas con actitude crítica e tolerante

4-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN Procuramos buscar uns instrumentos de avaliación adecuados a metodoloxía empregada na aula, ós diferentes tipos de contidos (actitudinais, conceptuais e procedimentais) e que ó mesmo tempo aporten unha información significativa para ó alumno e para ó profesor. Isto fai necesario recorrer a instrumentos variados e abertos entre os que destacamos:  Probas escritas. Axeitadas sobre todo para avaliar contidos conceptuais e procedimentais. Este tipo de probas debe ser moi variada, en función do tipo de contidos que se quer avaliar. Débense buscar probas adecuadas a metodoloxía usada na aula e que non busquen tanto unha repetición dos contidos asimilados como a resolución de problemas e conflictos mediante o uso deses conceptos e procedementos. Sen embargo para certos contidos propios da asinatura isto resulta bastante difícil. Nas probas escritaspoderá presentaranse ao alumnado:  Textos e mapas históricos para analizar e comentar.  Imaxes que proporcionan información de carácter histórico e artístico relacionadas con aspectos tratados na unidade.  Feitos e conceptos para relacionar correctamente.  Termos para ser definidos.  Preguntas que o alumnado debe contestar a partir da información obtida na aula e n os materiais (libro, presentacións etc) Nas valoración das probas escritas ademais dos conyodos terase en conta tamén  Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar.  Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado.  Ortografía correcta  Observación sistemática do traballo do alumno na aula (traballo en equipo, intervencións en clase, participación, actitude cos compañeiros, debates, etc). É un instrumento básico, sobre todo a hora de avaliar contidos actitudinais (respecto ós dereitos dos demais, constancia e tenacidade no traballo, atención, observación e participación na clase, traballo en grupo) e procedimentais (elaboración de estratexias para resolver problemas, etc). A recollida da información pódese realizar de diferentes formas empregando unhas ou outras segundo os contidos que se traballen: diario de clase, rexistro anecdótico, etc.Terase especialmente en conta as intervencións do alumnado na aula atendendo a:  Nivel e calidade das intervencións.  Mensaxe estruturado.  Comportamento.  Esforzo.  Interese.  Análise das produccións dos alumnos: pequenas investigacións, tarefas, traballos en equipo, etc. permite avaliar principalmente contidos procedimentais (estratexias para resolver problemas, elaboración de esquemas, ortografía, redacción, etc). Consideramos que o caderno de clase e o instrumento básico de traballo do alumno e polo tanto un bo instrumento de avaliación. Permite obter información sobre aspectos moi variados: contidos conceptuais (vocabulario), procedimentais (ortografía, redacción, orde, limpeza, gráficos,


esquemas, mapas, resumos, etc), actitudinais (constancia no traballo, corrección de erros, etc). Na valoración dos traballos dos alumnos valorarase:  Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar.  Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado.  Utilización de esquemas.  Revisión do traballo antes de dalo por finalizado.  Creatividade.  Uso adecuado e guiado do ordenador e dalgunha ferramenta telemática.  Uso adecuado dos manuais de consulta (enciclopedia, dicionario...) e de Internet. Utilización de Internet, de forma responsable e coa axuda, para buscar información sinxela ou resolver unha actividade.  Correcta selección, interpretación e síntese da información.  Entrevista individual e probas orais.

5-. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN A nota da avaliación calcularase como sigue de: A) PROBAS ESCRITAS: Relizaranse un mínimo de dous exames escritos por avaliación. Os exames valoraranse sobre 7 puntos. A proba estará superada cunha nota igual ou superior a 3,5. Os exames farán media sempre e teñan unha nota superior a 2,25 . De non ser así a avaliación estaría suspensa ata a recuperación do exame. As probas escritas supoñen o 70% da nota de avaliación (7 puntos de 10) B) TRABALLO. A este apartado corresponde o 30 % da nota (3 puntos). Neste apartado valórase a correcta realización das tarefas na casa, as lecturas, as exposicións orais, probas de comprensión lectora e escrita o traballo na aula, a actitude e o comportamento.  Traballos específcos 20%: Pequenas tarefas, investigacións guiadas ou lecturas, etc. O valor concreto de cada traballo pode variar de avaliación en avaliación, pois non se fan no mesmo número en cada unha delas. Pola correcta realización destes traballos pódese obter un máximo de 2 puntos  Pódese establecer unha lectura obrigatoria á longo do curso, que acompañada da realización dun traballo sobre o libro será valorada cun máximo dun punto na avalición correspondente.  IIncluiranse neste apartado as Exposicións orais, proba obrigatoria para todos os alumnos que suporá un 5% da nota. Teránse en conta para a súa valoración e realización os criterios establecidos polo grupo de profesores que participan no proxecto  Observación do traballo na aula: realización das tarefas, intervencións e participación e actitude e comportamento en xeral 10% da nota ( 1 punto ) 

Para aprobar a avaliación será necesario obter neste apartado unha nota non inferior a 1 punto dos 3 que corresponden este apartado

C) Traballos voluntarios: O alumnos poderán obter ata un máximo de 1 punto mediante a realización de traballos voluntarios: lecturas comentadas de libros, visionados de películas, exposicións orais sobre algún aspecto do temario, etc. A puntuación deste apartado sumarase a obtida nos dous anteriores. Ditas actividades serán acordadas co profesor. Para aprobar a avaliación terá que obterse unha puntuación entre os tres apartados igual ou superior a 5 puntos


A nota final será a media das tres avaliacións tendo en conta que:  Cando todas as avaliacións teñan unha nota igual ou superior a 5 a materia estará superada e a nota final será media das tres avaliacións  Cunha avaliación suspensa cunha nota non inferior a 4 e unha media das tres avaliacións igual ou superior a 5 a materia considérase aprobada  En caso de ter unha avaliación suspensa cunha nota inferior a 4 a materia está suspensa  En caso de ter dúas ou máis avaliacións suspensas a materia estará suspensa e a nota final será inferior a 5 En setembro realizarase unha proba escrita .Ademais de dita proba poderán esixirse para aprobar a realización de actividades complementarias que se entregarán o día do exame. A nota da avaliación de setembro non será superior a 5.

6-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO a-. Recuperación durante o curso Ademais dos exames xa indicados poderanse facer probas escritas de recuperación ó longo do curso co fin de facilitar o aproveitamento dos alumnos con maiores dificultades. Os alumnos deberán repetir aquelas probas escritas cunha puntuación inferior a 4 e presentar tamén aqueles traballos obrigatorios non presentados ou valrados negativamente no seu momento. b-.Avaliación de alumnos coa materia pendente do curso anterior. Realizaranse ó longo de curso tres probas de acordo cos criterios de avaliación e os criteros mínimos que se establecen para o curso na presente programación. Para a preparación de ditas probas o alumno deberá realizar unha serie de actividades e entregalas antes de cada proba. Para poderse presentar as probas parciais é necesario entregar antes as actividades. Nesta caso a valoración desta tarefas poderá supoñer o 30% da nota, correspondendo o 70 % restante á proba escrita. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos establecidos nesta programación. De non presentar as actividades o alumno presentarase directamente á proba final no mes de maio. Ó longo do curso o profesor atenderá ós alumnos na súa hora de titoría para aclarar dúbidas ou corrixir actividades. Aqueles alumnos que non superen as ditas probas terán unha proba extraordinaria no mes de maio. c-. Probas extraordinarias En setembro realizarase unha proba escrita. Ademais poderse pedir os alumnos coa materia pendente a realización dunha serie de tarefas para a prepaaraación do exame. Nesta caso a valoración desta tarefas poderá chegar ó 30% da nota de setembro, correspondendo o 70 % restanto á proba escrita. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.