3º eso

Page 1

Infromación PROGRAMACIÓN

Xeografía e Historia 3º ESO CURSO 2014-2015 IES “POETA DÍAZ CASTRO”. GUITIRIZ


1-. OBXECTIVOS                                        

Realizar unha lectura comprensiva de fontes de información e comunicar a información obtida de forma correcta por escrito Producir documentos escritos atendendo as normas básica de presentación e ortografía Realizar breves exposicións orais con correción e orde Promover o desenvolvemento de destrezas básicas e de estratexias para organizar, memorizar e recuperar a información. Analizar e comentar textos, gráficos, mapas e imaxes. Elaborar resumos, esquemas e sínteses. Analizar e comentar climogramas, mapas do tempo, mapas temáticos e imaxes. Coñecer a estrutura da Terra e diferenciar as formas de relevo. Coñecer e localizar en mapas as formas de relevo dos continentes. Describir os climas da Terra e diferenciar variedades climáticas. Desenvolver a curiosidade por coñecer os condicionantes naturais das actividades humanas. Coñecer a diversidade das augas continentais españolas. Distinguir os carácteres diferenciais do relevo e das augas de Galicia. Comprender os trazos básicos do clima e da vexetación de Galicia. Diferenciar a variedade de medios naturais españois. Desenvolver a curiosidade por coñecer os caracteres diferenciais da Península Ibérica. Explicar a distribución da poboación e os seus factores. Obter información sobre o crecemento natural e as súas etapas. Coñecer a composición ou estrutura da poboación mundial. Identificar e clasificar os movementos migratorios. Interpretar as actuais migracións internacionais de traballo. Analizar as consecuencias do crecemento urbano actual. Contrastar os problemas urbanos e as súas solucións. Explicar a estrutura interna das cidades e as súas desigualdades. Diferenciar a estrutura das cidades españolas e galegas. Desenvolver a curiosidade por coñecer as consecuencias do proceso de urbanización. Introducir os estudantes nos conceptos básicos da actividade económica. Describir os principais axentes económicos. Coñecer o capitalismo e o socialismo e os seus cambios recentes. Interpretar o actual proceso de globalización económica. Descubrir os cambios no mercado laboral e coñecer os problemas laborais. Identificar as actividades compoñentes do sector primario. Identificar os principais factores, físicos e humanos, que condicionan a actividade agraria. Observar, de xeito analítico, os elementos das paisaxes agrarias. Percibir a variedade das paisaxes agrarias evolucionadas, distinguindo modelos representativos. Analizar a pesca e os seus problemas. Distinguir o sector secundario e as súas actividades. Identificar e explicar as fontes de enerxía tradicionais. Analizar os tipos e importancia das fontes de enerxía alternativas. Valorar os problemas enerxéticos e as políticas de aforro enerxético.


                                

Observar de xeito analítico os tipos de industrias e de espazos industriais. Identificar as actividades do sector servizos, tipos, importancia e localización. Diferenciar as áreas do comercio internacional e a súa organización. Diferenciar os sistemas de transporte (terrestres, aéreo e naval) e comprender as súas vantaxes e inconvenientes. Mostrar a importancia da información no mundo actual. Estudar de xeito analítico a actividade turística. Coñecer as actividades do sector primario en España. Diferenciar as paisaxes agrarias españolas. Enumerar as bases da pesca marítima en España. Coñecer as características das actividades do sector primario en Galicia. Asimilar as características da industria española e galega. Estudar a importancia do sector terciario en España. Coñecer a evolución das relacións entre o ser humano e o medio. Coñecer os problemas ambientais relacionados coa vexetación e o solo. Categorizar os problemas ambientais da atmosfera. Describir problemas ambientais relacionados coa auga e coa perda de biodiversidade. Enumerar os problemas xerados polos residuos sólidos urbanos (RSU). Distinguir algunhas solucións aos problemas ambientais, internacionais, españois e galegos. Comprender o impacto que a actividade humana provoca no medio ambiente. Valorar a situación de escaseza que se pode derivar da explotación abusiva ou incorrecta de recursos limitados. Valorar o crecemento da conciencia ecolóxica dos cidadáns para frear a destrución do medio ambiente. Coñecer algunhas das medidas máis destacadas para a protección do medio ambiente. Tomar conciencia da situación ambiental de Galicia. Identificar os Estados da Terra e as súas capitais. Analizar diferenzas entre os Estados. Resumir as formas de relación entre Estados e coñecer a ONU. Coñecer a organización política e territorial de España. Coñecer a organización política e territorial de Galicia. Desenvolver a curiosidade por coñecer o mapa político do mundo. Comprender as desigualdades do desenvolvemento e explicar as súas causas. Diferenciar as características dos países desenvolvidos e subdesenvolvidos. Coñecer as bases da axuda ao desenvolvemento e as súas institucións. Desenvolver a curiosidade por coñecer as desigualdades económicas e sociais.

2-. CRITERIOS DE AVALIACIÓN Criterios mínimos para unha avaliación positiva do curso 1. Identificar os principais axentes e institucións económicas así como as funcións que desempeñan no marco dunha economía cada vez máis interdependen te, e aplicar este coñecemento á análise e valoración crítica dalgunhas realidades actuais. Con este criterio preténdese avaliar se se coñece o funcionamento básico da economía e se dispoñen, polo tanto, das claves imprescindibles para analizar algúns dos feitos e problemas que lles afectan a eles ou ás súas familias (inflación, custo da vida,


mercado laboral, consumo, etc.) ou que caracterizan a actual globalización da economía.  Comprende e explica conceptos relacionados coa actividade económica.  Relaciona os axentes económicos, e coñece os factores que inflúen na produción e no consumo de bens.  Diferenciar os sistemas de economía planificada e de mercado, e explicar cambios recentes.  Recoñece as actividades económicas do sector primario.  Coñece o concepto e as actividades do sector secundario.  Identifica as actividades do sector terciario, e recoñece os tipos de servizos e a súa localización espacial.  Coñece o concepto de materia prima e diferencia os seus principais tipos.  Define conceptos relacionados co mundo do traballo e coñece o funcionamento do mercado laboral.  Comprende a globalización da economía e algunhas das súas consecuencias. 2. Caracterizar os principais sistemas de explotación agraria e pesqueira existentes no mundo, e as paisaxes a que dan lugar, localizando algúns exemplos repre sentativos destes, e utilizar esa caracterización para analizar algúns problemas do campo e da pesca espa ñois e galegos, identificando as súas orixes históricas. Avaliarase se o alumnado sabe recoñecer os trazos dos principais sistemas agrarios e as súas paisaxes, así como as transformacións técnicas e socioeconómicas do mundo rural. Tamén comprobar se utilizan estes conceptos ao analizar os problemas máis destacados do mundo agrario actual, en particular o galego. Igual mente, se son quen de analizar os principais proble mas vinculados á actividade pesqueira.  Comprender e explicar os condicionantes físicos das actividades agrarias.

 Comprender a diversidade de factores humanos que inflúen na actividade agraria.  Comprender e identificar os elementos das paisaxes agrarias: parcelas e tipos de poboamento: os sistemas de cultivo.  Identifica os trazos característicos das paisaxes agrarias tradicionais e explica os seus modelos.  Coñece os trazos esenciais das paisaxes agrarias evolucionadas e explica modelos significativos.  Coñece e distingue os sistemas gandeiros tradicionais e os de mercado.  Coñece os tipos de pesca e os problemas dos caladoiros.  Diferencia as paisaxes agrarias españolas, localízaas e distingue imaxes representativas.  Diferencia os caracteres básicos da pesca marítima en España e en Galicia 3. Comprender e describir as transformacións que nos campos das tecnoloxías, da organización empresarial e da localización se están producindo nas activi dades, espazos e paisaxes industriais, localizando e caracterizando os principais centros de produción no mundo, España e Galicia, e analizando as relacións de intercambio desigual. Trátase de avaliar se as alumnas e os alumnos coñe cen os principais tipos de industrias, se identifican as actuais formas de produción e as novas paisaxes industriais e se localizan as zonas produtoras máis destacadas, comprendendo os factores que explican tal distribución. Igualmente, se se recoñecen as correntes de intercambio que xeran a produción e o consumo, nun contexto de relacións desiguais, anali zando a situación actual da industria galega.  Distingue as vantaxes, inconvenientes e principais aproveitamentos das fontes de


enerxía tradicionais.  Explica as fontes de enerxía alternativas e coñece as súas utilidades.  Diferencia as distintas tipoloxías de industrias e espazos industriais.  Comprende a escaseza de materias primas e fontes de enerxía en España, e coñece os principais tipos de industria.  Coñece a distribución espacial da industria española, e os problemas do sector secundario.

4. Identificar o desenvolvemento e a transformación recente das actividades terciarias, para entender os cambios que se están producindo tanto nas relacións económicas como sociais, e analizar as súas diversas repercusións espaciais, en particular no ámbito galego. Con este criterio trátase de avaliar que se coñece o progresivo proceso de terciarización da economía actual, así como o papel que teñen os transportes e as comunicacións no artellamento do espazo, utilizando este coñecemento para explicar a extensión de novas formas e procesos urbanos a partir da análise da reali dade galega.  Define o termo comercio e os seus instrumentos, e diferencia os tipos de comercio.  Comprende a organización do comercio internacional e distingue áreas comerciais.  Coñece as características, as vantaxes e os inconvenientes do transporte por estrada e por ferrocarril.  Resume os caracteres, vantaxes e inconvenientes do transporte marítimo, fluvial e aéreo.  Comprende a influencia da comunicación na sociedade da información.  Define o turismo e a súa evolución, e recoñece as causas e repercusións desta actividade.  Comprende os tipos de turismo e localiza os principais espazos turísticos da Terra. 5. Describir algún caso, con preferencia do ámbito galego, que mostre as consecuencias ambientais das actividades económicas e os comportamentos indivi duais e colectivos, recoñecendo as formas de desen volvemento sustentable e ofrecendo algún exemplo de medidas correctoras, así como de acordos e políticas para frear a deterioración do ambiente. Trátase de comprobar se o alumnado toma concien cia dos problemas que a ocupación e explotación do espazo pode xerar. Igualmente, que coñece posturas e políticas de defensa do ambiente, suxerindo actua cións e medidas concretas que melloren a calidade ambiental e colaboren na busca dun desenvolvemento sustentable.  Comprende o proceso de intervención do ser humano no medio e as súas consecuencias.  Comprende as causas e as consecuencias da deforestación e a alteración do solo.  Distingue as causas e as consecuencias da contaminación atmosférica.  Comprende a sobreexplotación e contaminación da auga, e a perda de biodiversidade.  Identifica os RSU e coñece o problema derivado do seu incremento.  Coñece as medidas de protección ambientais, en xeral, e de España e Galicia, en particular.  Explica algúns problemas ambientais existentes en Galicia. 6. Identificar e localizar os principais países e áreas xeoeconómicas e culturais do mundo, os estados europeos, e as comunidades autónomas de España, coñe cendoaestrutura da Unión Europea e a organización político-administrativa e territorial galega e española. Preténdese avaliar o grao de comprensión da reali dade


políticoterritorial como unha construción ao lon go do tempo, localizando os destados europeos, os gran des países e áreas xeoeconómicas do mundo, e as comunidades autónomas españolas. Tamén a capaci dade de analizar a situación de Galicia en Europa, valorando as repercusións das políticas comunitarias e as posibilidades de cooperación para superar as desvantaxes dunha posición excéntrica.  Localiza espazos centrais e periféricos e cita países representativos de cada área.  Diferencia os trazos dos países do Norte e dos países do Sur.  Explica algunhas das medidas para mitigar as desigualdades entre o Norte e o Sur.  Localiza os Estados do planeta e as súas capitais.  Explicar como as relixións condicionan a forma de vida das sociedades.  Explicar como as sociedades se organizan xerarquicamente en estratos sociais que varían dunha sociedade a outra  Coñecer as características das áreas xeoeconómicas actuais.  Define o concepto de Estado, e diferencia os seus poderes e administracións.  Comprende as diferenzas que existen entre os Estados democráticos e os Estados autoritarios.  Diferencia entre monarquía e república e distingue as principais formas de goberno.  Explica a organización e institucións do Estado español.  Coñece a organización do territorio español en comunidades autónomas, provincias e municipios. 7. Comprender os trazos xeográficos comúns e diver sos que caracterizan o territorio español e galego, e explicar as causas da súa diferente organización e os contrastes internos a partir do papel dos principais centros e eixos de actividade económica e de comuni cación, en canto vertebradores do espazo. Trátase de avaliar a comprensión da organización espacial nestes dous ámbitos, integrando o medio físico, a ocupación humana do territorio e a actividade económica, para explicar os contrastes e desequili brios internos, analizando a súa natureza, causas, con secuencias e interrelacións.  Comprende a situación do sector primario español e galego  Coñece a situación actual do sector terciario en España.  Diferencia as causas, modalidades e consecuencias do turismo en España, e cita problemas do sector turístico.  Identifica os trazos básicos da poboación de Europa, de España e de Galicia e a súa distribución no territorio  Analizar as principais características da poboación rural e urbana en España e Galicia, e establecer os problemas máis importantes a que se enfrontan 8. Analizar indicadores socioeconómicos de diferentes países para comprender os conceptos de desenvolvemento humano e de estado de benestar, e recoñecer desequilibrios na súa distribución e a dos recursos, explicando algunhas das súas causas e consecuencias, e amosando sensibilidade ante as desigualdades. Avaliarase se se comprende a información estatísti ca, expoñendo as súas conclusións, identificando dife renzas no grao de desenvolvemento e benestar entre países e dentro deles. Ademais, se se deducen conse cuencias, amosando rexeitamento cara as desigualda des, e valorando de xeito crítico o papel que desempe ñan organismos e institucións na loita contra elas.  Coñece a distribución da poboación no planeta e os factores que a explican.  Identifica os movementos naturais da poboación e aplica conceptos básicos. Explica os factores que influen na mortalidade e a natalidade  Coñece a evolución do crecemento natural da poboación e distingue e diferencia as súas etapas.


 Coñece indicadores de desenvolvemento e explica as causas da desigualdade.  Coñece a existencia do traballo infantil e toma conciencia da súa actualidade. 9. Analizar algún exemplo representativo das tendencias migratorias na actualidade, identificando as súas causas e relacionándoas co proceso de globaliza ción, así como as consecuencias para os países recep tores e emisores, e manifestando actitudes de solida riedade no axuizamento deste fenómeno. Preténdese avaliar que se saben utilizar os coñece mentos sobre as tendencias do crecemento demográfi co e de desenvolvemento económico -en particular a división mundial do traballo- para explicar os fluxos migratorios predominantes. Valorarase a capacidade para emitir un xuízo razoado desde o respecto pola diversidade cultural e o rexeitamento das situacións de explotación e dos comportamentos xenófobos e racistas.  Coñece os movementos migratorios, os seus tipos e causas.  Identifica os principais tipos de migracións actuais e as súas causas. Identifica as principais consecuencias das migracións internacionais.  Recoñece as diferentes consecuencias do crecemento urbano actual. 10. Utilizar fontes diversas para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible, empregando para isto as posibilidades que ofrecen as TIC. Avalíase o manexo correcto dos instrumentos gráficos e cartográficos. Trátase de comprobar se se utilizan as posibilidades que proporcionan as ferramentas informáticas básicas.  Utiliza fontes diversas (gráficos, esbozo, mapas temáticos, bases de datos, imaxes, fontes escritas) para obter, relacionar e procesar información sobre feitos sociais e comunicar as conclusións de forma organizada e intelixible empregando para isto as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e a comunicación.  Utiliza con rigor a información obtida de fontes diversas e expoñer opinións razoadas ao participar en debates sobre cuestións de actualidade próximas á vida do alumnado, manifestando actitudes de solidariedade.  Analizar e comentar textos, mapas e imaxes.  Elaboración de notas, resumos ou esquemas a partir de información escrita e oral.  Calcular proporcións e porcentaxes para elaborar un gráfico sectorial.  Obtér información dun gráfico.  Calcular a densidade de pepresentar graficamente información estatística en distintos tipos de gráficos.  Calcular taxas de natalidade, mortalidade e crecemento natural.  Obter información de gráficos estatísticos de poboación.  Utilizar o atlas para localizar informacións no espazo  Orde, limpeza e estructura dos traballos presentados 11. Participar en debates sobre cuestións de actuali dade próximas á vida do alumnado, argumentando as propias opinións e manifestando actitudes de solida riedade. Con este criterio preténdese comprobar a sensibili dade ante problemas do mundo actual, tales como a existencia de situacións de racismo, sexismo, deterio ración ambiental, actitudes consumistas,... Por outra banda, avaliar o uso axeitado da linguaxe oral e da argumentación, así como a aceptación das normas que rexen o diálogo e a intervención en grupo.  Identificación e distinción entre as circunstancias causais e os motivos persoais que interveñen nun feito ou situación concretos


3-. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN Procuramos buscar uns instrumentos de avaliación adecuados a metodoloxía empregada na aula, ós diferentes tipos de contidos (actitudinais, conceptuais e procedimentais) e que ó mesmo tempo aporten unha información significativa para ó alumno e para ó profesor. Isto fai necesario recorrer a instrumentos variados e abertos entre os que destacamos:  Probas escritas. Axeitadas sobre todo para avaliar contidos conceptuais e procedimentais. Este tipo de probas debe ser moi variada, en función do tipo de contidos que se quer avaliar. Débense buscar probas adecuadas a metodoloxía usada na aula e que non busquen tanto unha repetición dos contidos asimilados como a resolución de problemas e conflictos mediante o uso deses conceptos e procedementos. Sen embargo para certos contidos propios da asinatura isto resulta bastante difícil. Nas probas escritaspoderá presentaranse ao alumnado:  Textos e mapas históricos para analizar e comentar.  Imaxes que proporcionan información de carácter histórico e artístico relacionadas con aspectos tratados na unidade.  Feitos e conceptos para relacionar correctamente.  Termos para ser definidos.  Preguntas que o alumnado debe contestar a partir da información obtida na aula e n os materiais (libro, presentacións etc) Nas valoración das probas escritas ademais dos conyodos terase en conta tamén  Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar.  Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado.  Ortografía correcta  Observación sistemática do traballo do alumno na aula (traballo en equipo, intervencións en clase, participación, actitude cos compañeiros, debates, etc). É un instrumento básico, sobre todo a hora de avaliar contidos actitudinais (respecto ós dereitos dos demais, constancia e tenacidade no traballo, atención, observación e participación na clase, traballo en grupo) e procedimentais (elaboración de estratexias para resolver problemas, etc). A recollida da información pódese realizar de diferentes formas empregando unhas ou outras segundo os contidos que se traballen: diario de clase, rexistro anecdótico, etc.Terase especialmente en conta as intervencións do alumnado na aula atendendo a:  Nivel e calidade das intervencións.  Mensaxe estruturado.  Comportamento.  Esforzo.  Interese.  Análise das produccións dos alumnos: pequenas investigacións, tarefas, traballos en equipo, etc. permite avaliar principalmente contidos procedimentais (estratexias para resolver problemas, elaboración de esquemas, ortografía, redacción, etc). Consideramos que o caderno de clase e o instrumento básico de traballo do alumno e polo tanto un bo instrumento de avaliación. Permite obter información sobre aspectos moi variados: contidos conceptuais (vocabulario), procedimentais (ortografía, redacción, orde, limpeza, gráficos, esquemas, mapas,


resumos, etc), actitudinais (constancia no traballo, corrección de erros, etc). Na valoración dos traballos dos alumnos valorarase:  Correción, coherencia e adecuación da expresión escrita ós contidos que se pretenden explicar.  Orde, limpeza e estrutura dos traballos presentado.  Utilización de esquemas.  Revisión do traballo antes de dalo por finalizado.  Creatividade.  Uso adecuado e guiado do ordenador e dalgunha ferramenta telemática.  Uso adecuado dos manuais de consulta (enciclopedia, dicionario...) e de Internet. Utilización de Internet, de forma responsable e coa axuda, para buscar información sinxela ou resolver unha actividade.  Correcta selección, interpretación e síntese da información.  Entrevista individual e probas orais.

4-. CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN A nota da avaliación calcularase como sigue de: A) PROBAS ESCRITAS: Relizaranse un mínimo de dous exames escritos por avaliación. Os exames valoraranse sobre 7 puntos. A proba estará superada cunha nota igual ou superior a 3,5. Os exames farán media sempre e teñan unha nota superior a 2,25 . De non ser así a avaliación estaría suspensa ata a recuperación do exame. As probas escritas supoñen o 70% da nota de avaliación (7 puntos de 10) B) TRABALLO. A este apartado corresponde o 30 % da nota (3 puntos). Neste apartado valórase a correcta realización das tarefas na casa, as lecturas, as exposicións orais, o traballo na aula, a actitude e o comportamento.  Traballos específcos 20%: Pequenas tarefas, investigacións guiadas ou lecturas, etc. O valor concreto de cada traballo pode variar de avaliación en avaliación, pois non se fan no mesmo número en cada unha delas. Pola correcta realización destes traballos pódese obter un máximo de 2 puntos  Os alumnos deben realizar unha lectura obrigatoria á longo do curso, que acompañada da realización dun traballo sobre o libro será valorada cun máximo dun punto na avalición correspondente.  Exposicóns orais: 5%.  Observación do traballo na aula: realización das tarefas, intervencións e participación: 5% (ata 0,5 puntos)  Para aprobar a avaliación será necesario obter neste apartado unha nota non inferior a 1 punto dos 3 que corresponden este apartado C) Traballos voluntarios: O alumnos poderán abter ata un máximo de 1 punto mediante a realización de traballos voluntarios: lecturas comentadas de libros, visionados de películas, exposicións orais sobre algún aspecto do temario, etc. A puntuación deste apartado sumarase a obtida nos dous anteriores Para aprobar a avaliación terá que obterse unha puntuación entre os tres apartados igual ou superior a 5 puntos A nota final será a media das tres avaliacións tendo en conta que:  Cando todas as avaliacións teñan unha nota igual ou superior a 5 a materia estará superada e a nota final será media das tres avaliacións


  

Cunha avaliación suspensa cunha nota non inferior a 4 e unha media das tres avaliacións igual ou superior a 5 a materia considérase aprobada En caso de ter unha avaliación suspensa cunha nota inferior a 4 a materia está suspensa En caso de ter dúas ou máis avaliacións suspensas a materia estará suspensa e a nota final será inferior a 5

En setembro realizarase unha proba escrita .Ademais de dita proba poderán esixirse para aprobar a realización de actividades complementarias que se entregarán o día do exame. A nota da avaliación de setembro non será superior a 5.

5-. ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN E REFORZO a-. Recuperación durante o curso Ademais dos exames xa indicados poderanse facer probas escritas de recuperación ó longo do curso co fin de facilitar o aproveitamento dos alumnos con maiores dificultades. Os alumnos deberán repetir aquelas probas escritas cunha puntuación inferior a 4 e presentar tamén aqueles traballos obrigatorios non presentados ou valrados negativamente no seu momento. b-.Avaliación de alumnos coa materia pendente do curso anterior. Realizaranse ó longo de curso tres probas de acordo cos criterios de avaliación e os criteros mínimos que se establecen para o curso na presente programación. Para a preparación de ditas probas o alumno deberá realizar unha serie de actividades e entregalas antes de cada proba. Para poderse presentar as probas parciais é necesario entregar antes as actividades. Nesta caso a valoración desta tarefas poderá supoñer o 30% da nota, correspondendo o 70 % restante á proba escrita. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos establecidos nesta programación. De non presentar as actividades o alumno presentarase directamente á proba final no mes de maio. Ó longo do curso o profesor atenderá ós alumnos na súa hora de titoría para aclarar dúbidas ou corrixir actividades. Aqueles alumnos que non superen as ditas probas terán unha proba extraordinaria no mes de maio. c-. Probas extraordinarias En setembro realizarase unha proba escrita. Ademais poderse pedir os alumnos coa materia pendente a realización dunha serie de tarefas para a preparación do exame. Esta deberá corresponderse cos criterio mínimos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.