EL CID Adapatciín del poema de mio Cid Adapateción de A Gasol e T. Blanch Bibliotec Teide ( BUSCA UNHA IMAXE PARA INCLUÍR NA PORTADA)
NOME GRUPO
1-. ACTIVIDADES DURANTE A LECTURA CANTAR DEL DESTIERRO 1-. Por que ten que abandonar Castela o Cid. No capítulo das arcas aclárese o motivo concreto 2-. Que din os habitantes de Burgos ao paso do Cid? Que queren dicir con esa frase? 3-. Como consigue o diñeiro? Como se describe aos prestamistas que lle deixan diñeiro ? Cres que está ben o procedemento que utiliza para conseguilo? Por que isto non supón unha desonra para o Cid? 4-. Que fai despois de conquistar Castejón? Como reparte o botín? Que quere o autor amosar con este episodio? Por que abandona pronto esta cidade? 5-. Por que se enfronta Rodrigo ao Conde de Barcelona? Como trata o Cid ao conde cando o fai prisioneiro? Por que? CANTAR DE LAS BODAS 6-.Como conquistou Valencia? Canto tempo tardou? Quen acudiu a defender Valencia? 7-. En cantas ocasións intenta O Cid gañar o perdón do rei? Como? Como reacciona o rei en cada ocasión? Quen se opón ao perdón do Cid? 8-.Quen decide que as fillas do Cid deben casar cos infantes de Carrión? Por que ao Cid non lle gusta moito este matrimonio? Como o manifesta? Por que o acepta pese a todo? 9-. Como reaccionan as fillas cando se enteran do seu compromiso? Por que? CANTAR DE LA AFRENTA DE CORPES 10-. O Cid ten dúas famosas espadas: Como se chaman? Como as consigue? Que fai con elas? Ao final en mans de que acaban e para que? 11-. Como pretenden os infantes humillar ao Cid? Por que? Como xustifican os seus actos no xuizo ante o rei? 12-. Que esixe O Cid para castigar aos infantes e lavar a ofensa? 13-. Cumpre ao final o rei coas súas obrigas de Señor co seu vasalo o Cid? Record as obrigas que tiña un señor feudal cos seus vasalos 15-. Explica os tres primeiros versos da páxina 132
4-. ACTIVIDADES UNHA VEZ FINALIZADA TODA A LECTURA 1-. Fai as actividades 1, 2 da páxina 152 do libro de lectura 2-. Indica os episodios (sinala o feito e a páxina do libro) nos que se aprecian as seguintes cualidades do Cid: Astucia Estratexia militar Xenerosidade Bo vasalo Bo cristián Bo esposo e pai Xenerosidade 3-. Os infantes de Carrión non saen moi ben tratados no poema. Indica en que episodios (capítulo epáxina) se manifesta que son: cobardes, traidores, malos esposos, codiciosos, malos soldados 5-. O CID E A HISTORIA 1-. Indica as cidades ou territorios conquistados ou saquedos polo Cid. 2-. Cantos reinos había na Península Ibérica na época do Cid. Diferencia os reinos cristáins dos musulmáns. Cantos había a finais da Idade Media? 3-. A unión do reino de Castela e o reino de León dará lugar a Coroa de Castela. Cando se forma? Que territorios ocupa (podes citar as comnidades autónomas actuais ou provincias que quedrían dentro da Coroa de Castela)? 4-. Valencia acabará formando parte da Coroa de Aragón. Cando e como nace a Coroa de Aragón? que territorios a forman ? Cando ecomo se incorpora Valencia? 5-. Indica algunha dferencia entre a forma de goberno da Coroa de Aragón e a de Castela 6- Como se chamou ao proceso de expansión dos reinos cristiáns peninsulares cara ao Sur? Por que cres que recibe ese nome? Cando e como rematou esa expansión? 7-. Como se repoboaron as terras conquistadas aos musulmáns na época do Cid. 8-. Busca información sobre a vida real do Cid e sinala as principais diferencias co cantar 9-. Busca información sobre Alfonso VI e indica os feitos máis destacados da súa vida 10- Busca información sobre os libros medievais (como estaban escritos, que tipo de letra, quen os facía, con que material...) e inclúe algunhas fotos no teu traballo. 11-. Sabes se hai algunha película inspirada neste presonaxe. Busca información e indica títulos, directores, protagonistas... 12-. Como se chamaba ao cristiáns que vivian en territorio musulmán? E aos musulmáns que vivían en territorio cristián? Como se chamaron os musulmáns que que convertiron ao cristianismo? Que outra comunidade relixiosa vivía daquela na Península Ibérica? En que condicións?