CARACTERÍSTICAS DA NARRATIVA Ao comentar un texto narrativo, debemos ter en conta: A historia (contido) Presentación lóxica dunha serie de acontecementos nun marco espacio-temporal por medio duns personaxes. 2. O discurso (expresión) Maneira en que se presenta a historia por parte dun narrador a un receptor, e que comprende a perspectiva, a voz narrativa, o modo do relato e o tempo. 1.
1. A HISTORIA A acción Pode ser simple ou composta (con varias “historias” –unha principal e outras secundarias, unha servindo de marco para a narración doutras e varias accións paralelas-). A intriga pode mostrarse: desde o comezo (ab initio) ou no seu transcurso (in media res). Os personaxes •
•
•
Poden aparecer caracterizados de diversos xeitos: -Directamente (nas autobiografías). -Un personaxe é presentado por outro personaxe. -É o narrador heterodiexético quen o presenta. -Combinando as diferentes modalidades. Atributos: -O nome. -Os atributos físicos e psíquicos (por exemplo na novela psicolóxica). -A dimensión social (na novela social). -Un obxecto (que pode ir asociado cun personaxe). Tipoloxía: -Carácter redondo: con trazos ben definidos (aínda que pode contradicirse e experimentar cambios). -Carácter plano: non posúe trazos individuais e repite as características esquemáticas da clase social, da profesión, etc.
2. O DISCURSO A comunicación narrativa Se a narración é o acto de contar unha historia, o discurso comprende o emisor ou narrador desa historia, o modo de contala (dispoñendo os acontecementos nunha orde, duración, punto de vista, etc.) e o receptor. Así, as tipoloxías que entran na comunicación narrativa son: •
•
3
O autor implícito é a imaxe que o autor real proxecta de si dentro do texto; fai partícipe ó lector implícito do seu sistema de valores morais (non representado). Tamén se dá cando o narrador figura como “autor” (“e ti, amigo lector...”) (representado). O lector implícito é un lector que o texto necesita para a súa existencia e que o proceso de lectura vai establecendo. Cando se menciona “lector”, fálase de lector explícito.