Viaxe a Mérida e Andalucía

Page 1

Viaxe a Mérida e Andalucía 23 ao 29 de marzo 2012

IES DE MELIDE Dpto de Grego

Nome:______________________


C贸rdoba: Plano do Albergue


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

ÍNDICE Itinerario detallado ...................................................................... 2 Participantes ................................................................................ 4 HISTORIA .......................................................... 5 CÁCERES ............................................................ 10 PONTE DE ALCÁNT ARA ..................................... 12 ALCÁNTARA MÉRID A ............................................................. 13 MÉRIDA C onxunto arqueolóxico ............................................................... 13 Museo Nacional de Arte Romano (MNAR) .............................. 21 SEVILLA ............................................................. 27 Centro Histórico .......................................................................... 27 Giralda ........................................................................................... 28 Catedral ......................................................................................... 30 Reales Alcázares ......................................................................... 30 Torre del Oro ............................................................................... 33 ITÁLICA ............................................................. 34 CÓRDOBA ........................................................... 40 Judería , Sinagoga ........................................................................ 40 Judería, Paseo pola cidade ...................................................................... 41 Ponte Romana ............................................................................... 42 Mezquita ........................................................................................ 43 Medina Azahara ............................................................................ 45 ACTIVID ADES .................................................... 48 ACTIVIDADES BIBLIOGRAFÍA .................................................. 62

1


IES de Melide. Dpto de Grego

VIAXE A MÉRIDA E ANDALUCÍA 2012 ITINERARIO DETALLADO Venres 23 de marzo: saída de Melide (instituto) en autocar ás 8.30 h. en dirección a Mérida pola Ruta da Prata. Pouco antes de chegar a Cáceres, desvío a Alcántara, para ver a ponte romana sobre o río Tajo. Reincorporación á Ruta da Prata rumbo a Mérida. Noite en Mérida. Sábado 24 de marzo: Almorzo no hotel ás 9.00 horas. Saída do hotela ás 9.45 par visitar o conxunto Arqueolóxico de Mérida: teatro e anfiteatro romanos, casa do Mitreo, basílica de Santa Eulalia... Pola tarde visita ao Acueduto de Los Milagros e o embalse de Proserpina, a 5 km da cidade. Noite en Mérida. Domingo 25 de marzo marzo: almorzo ás 8.30 horas e saída as 9.30 h do hotel coa equipaxe. As 10.00 h. visita ao MNAR (Museo Nacional de Arte Romano) de Mérida. Saída cara Sevilla. Chegada ao hotel á hora do xantar. Tarde para visitar Sevilla: parque de María Luísa, Calle Sierpes, beiras do Guadalquivir e Torre del Oro. Noite en Sevilla. Luns 26 de marzo: Almorzo no hotel ás 8.15 h. As 9.30 horas visita dos Reales Alcázares. As 11.50 h. visita da Giralda e Catedral. Pola tarde visita á Casa de Pilatos. Noite en Sevilla. Martes 27 de marzo: Saída as 8.30 h do hotel coa equipaxe para facer unha visita ó lugar arqueolóxico de Itálica, na localidade de Santiponce, a 9 km. de Sevilla. Visita de 2 horas ao conxunto arqueolóxico e continuación da viaxe até Córdoba. Chegada ao albergue á hora do xantar. As 16.00 h. visita ao conxunto arqueolóxico de Medina Azahara, a 6 km. de Córdoba. Noite en Córdoba. Mércores 28 de marzo: Saída ás 8.30 h. Visitas na cidade de Córboba: Mezquita, sinagoga, barrio da xudería, Casa de Sefarad, Casa Andalusí, barrio do Alcázar Viejo, cos seus patios populares e vista da ponte romana e restos da Vía Augusta. Noite en Córdoba. Xoves 29 de marzo: Saída as 8.00 h (hora a confirmar) de Córdoba , para emprender camiño de regreso a Melide, con chegada sobre as 20.00 h.

2


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 ALOXAMENTOS - Mérida: Hotel Nova Roma, 3* Calle Suárez Somonte, nº 42, tel: 924 311261, MÉRIDA (BADAJOZ) - Sevilla: HOTEL DON PACO, 3* Dirección: PL. PADRE JERÓNIMO DE CÓRDOBA 4-5 41003 - SEVILLA Teléfono: 954506999 - Córdoba Córdoba: Albergue Juvenil Córdoba Dirección: PLAZA JUDÁ LEVÍ S/N, 14003 - CÓRDOBA (CÓRDOBA) Teléfono: 957355040

MÓBIL DO INSTITUTO: 626583080 PARTICIPANTES

1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18.

Nom e Adán Penas, Iria Amboage Santos, Fátima Barreiro Vázquez, Jessica Cabo Prieto, Mª del Pilar Cagide Tarrío, Raquel Cardeiro Regueiro, Cristina Carreira Vidal, Alba Edreira Varela, Alba Fandiño Parrado, Irene Filgueira Vázquez, Andrea Fisteus Sexto, Tania Gallego Peña, Paula Gómez Remeseiro, Cristina Iglesias Varela, Sara López Sánchez, Cristian Loureiro Vázquez, Alva M artínez M ellid, Esteban M artínez Monterroso, Alba

Curso B1B B1C B1C S3B B1C S3B S3B S4C S3B S4A B1C S4A S3B S4C S4B B1B S4B S4A

Móbil 608264622 610936506 663451660 629947212 607499777 620932082 616185486 659606751 626135606 699806132 689828339 696714061 637375271 600639099 690618505 699710361 659611976 3


IES de Melide. Dpto de Grego

MÓBIL DO INSTITUTO: 626583080 1 9. 2 0. 2 1. 2 2. 2 3. 2 4. 2 5. 2 6. 2 7. 2 8. 2 9. 3 0. 3 1. 3 2. 3 3. 3 4. 3 5. 3 6. 3 7. 3 8. 3 9. 4 0. 4 1. 4 2. 4 3. 4 4. 4 5. 4 6. 4 7. 4

M a to F ren án d e z, Z eltia M ato G a ra y , G o re tti M eju to S an g iao , Lo ren a M ella A m il, N o elia M ellid F ern á n de z, M iria m M o steiro R efo jo , Ó sc ar M o steiro V arela, Javier N ú ñ ez P en as, G u tier N ú ñ ez R o d ríg u ez, A n d rea O ro R o d ríg u ez, A d rián P a lla res Ló p ez, M o n tse P a m p ín V áz qu ez, M aría P a zo S án c h ez, B rais P en as T abo a d a , D en ís P en ín M ig u éle z, A riadn a P en ín M ig u élez, M an u el P eó n R o d ríg u ez, B rais P érez C a stro , A n tó n R o d rígu ez V á zq u ez, L a ra V a re la Ig lesias , Isab el V a re la M eju to , C ristin a V a re la P ed re ira, Elen a V á z q u ez F reire, L a u ra V e ig a S eijo , B elén V ila riñ o F reire, S erg io G ay o so D ía z, Is ab el Iglesias C as tro , So n ia L o s ad a So to , Su s an a R o d rígu ez Íñig u ez, G lo ria

B 1B S3C S4C S4B S3C S4A B 1B B 1A PD C 4 S4B B 1B S3C S4B S4C B 1B S3C B 1C S4B B 1B B 1B B 1B B 1B S4C B 1B S3C P rof. P rof. P rof. P rof.

64 82 53 12 4 69 66 64 24 2 69 99 83 71 1 66 41 16 77 6 60 82 64 61 6 60 06 03 18 9 66 78 47 18 2 61 96 81 61 6 69 91 88 06 4 69 61 77 31 4 66 54 87 51 9 66 24 41 90 5 63 46 21 24 0 68 36 08 19 9 67 66 86 53 2 60 89 67 65 8 64 71 01 96 0 66 31 13 55 3 60 80 72 47 2 66 63 15 62 2 67 13 19 40 7 63 07 81 81 0 66 00 20 22 4 66 66 64 11 1 67 18 24 59 4 62 65 83 08 0 62 65 83 08 0 62 65 83 08 0 62 65 83 08 0


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

HISTORIA O sur da península ibérica caracterízase pola pronta chegada de elementos civilizadores, debido á súa situación na conca Mediterránea. Dende o 1.500 a. C. constátase a presencia de pobos iberos (turdetanos, bastetanos, ...) ata a presencia romana recibindo o influxo de pobos colonizadores como fenicios e

gregos e cartaxineses cartaxineses. Nos s. XI a VI a. C. xurde a civilización de Tartessos no val do Guadalquivir, baseada na miPectoral tartésico nería, comercio e agricultura, constituíndose coma cultura brillante e claramente diferenciada das demais. Nesta época fúndase Gades (Cádiz, s. XI a. C.) e Ispal (Sevilla, s. VIII a. C.), segundo a mitoloxía por obra de Hércules despois de realizar un dos doce traballos. Despois da destrucción de Tartessos, a zona estivo baixo a influencia cartaxinesa ata a chegada dos romanos no s. III a. C. Antes da chegada dos romanos, os vettones e lusitanos poboaban a zona da actual Extremadura. Entre os lusitanos destacou o Viriato, que liderou a resistencia contra os romanos, utilizando a táctica das guerrillas. Xa preto da conca do Guadalquivir atopábanse os célticos, que opuxeron pouca resistencia á dominación romana.

A dominación romana comeza no ano 218 a. C., cando o Roma chega á península para expulsar ós cartaxineses (II Guerra Púnica). Os romanos entraron por Empuries e descenderon ata o val do Guadalquivir onde o exército romano ó mando de Publio Cornelio Escipión vence ós cartaxineses. No 206 a. C. os romanos establecen un campamento na cidade ibera de Córdoba («Alto xunto o río, en ibero), que comeza a gañar importancia pola súa situación estratéxica, na marxe dereita do Guadalquivir. Por estas mesmas datas fúndase a cidade de Itálica, nun antigo asentamento indíxena, en pleno val do Guadalquivir, onde se cruzaba a vía procedente de Gades coa que 5


IES de Melide. Dpto de Grego conectaba coas zonas mineiras de Sierra Morena. No 197 os romanos teñen conquistada a parte sudoriental da península, que dividen en dúas provincias: Hispania Citerior (interior) e Hispania Ulterior (costa mediterránea). Unha vez concluída a conquista da zona sur, a romanización avanzará rapidamente e o territorio organízase para a súa explotación económica. A poboación vai centrándose nos núcleos urbanos, ata que no ano 152 fúndase a cidade romana de Corduba. Corduba foi escenario da guerra civil entre César (partido popular) e Pompeio (conservador), sendo gañada por César (batalla de Munda a. 45 a. C.). César tamén refundou Hispalis (antiga Ispal), titulándoa Colonia Iulia Romula. No ano 25 a. C fúndase Emerita Augusta (Mérida), á beiras do Guadiana, na confluencia de importantes vías de comunicación: a ruta da Prata que unía Asturica (Astorga) con Corduba. A cidade acada esplendor rapidamente convértese nun centro xurídico, económico e militar e nunha das poboacións máis florecentes do imperio romano. Tras a guerra civil, Augusto reorganiza as provincias de Hispania, practicamente conquistada, e establece tres provincias: a Baetica con capital en Corduba, a Lusitania con capital en Emerita Augusta e a Tarraconensis, con capital en Tarraco (Tarragona) Durante séculos a Lusitania e a Baetica, que tomaba o seu nome do río Betis (nome prerromano do Guadalquivir), aportaron ó Imperio Romano metais, aceite, viño e gando (cabalos e ovellas). Da Baetica saíron filósofos como Séneca e emperadores como Traxano e Hadriano. Hispalis tivo un grande desenvolvemento a fins do Imperio, chegando a ser a primeira cidade de Hispania e a undécima do mundo. O cristianismo chega á Baetica a fins do s. III, co martirio das santas Justa e Rufina, patroas de Sevilla. En Iliberis (Granada) celebrouse o primeiro concilio da igrexa 6


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 peninsular nos comezos do s. IV. No s. III comezan as invasións de bandas xermánicas polo que se fortifica Mérida. No s. V chegan ó sur as invasións visigodas. Alanos e suevos invaden a Lusitania e os vándalos saquean Sevilla e legando o termo de Vandalucía Vandalucía. O reino visigodo durou 200 anos e tivo a Spali (antiga Hispalis, Sevilla) como centro cultural e político e sede de bispos coma S. Isidoro, que coa súa obra tivo grande influencia na cultura do Occidente medieval. No s. VI, coas invasión visigodas, o cristianismo arráigase con forza en Mérida destacando a figura da mártir Santa Eulalia, patrona da cidade. Mérida será sé metropolitana ata que en 119 se traslada a Santiago de Compostela.

Os

árabes e os bérberes musulmáns desembarcan en Gibraltar no a. 711 e vencen ós visigodos, baixo o reinado de don Rodrigo. Esta vitoria abre as portas de Europa á expansión do Islam. Sevilla, Mérida e a práctica totalidade da península pasaron a constituír o dominio de Al-Andalus. Constitúese en reino independente no 756 con Abd-al-Rahman I, supervivente da dinastía dos Omeyas de Damasco. No s. X alcanza o seu máximo esplendor coa proclamación do Califato de Córdoba con Abd-al-Rahman III.

Isbiliya, Hispalis arabizada, ás beiras do río Betis, agora chamado «Guadalquivir» («río grande» en árabe) tamén se beneficiou da prosperidade. Despois da morte de Almanzor, no 1002 comezou unha guerra civil que dividiu a Al-Andalus en múltiples reinos de taifas taifas, erixíndose Isbiliya (Sevilla) como capital do maior reino andalusí, cunha corte refinada e culta. Na Lusitania visigótica establécese o Reino Taifas de Badajoz, de gran extensión xeográfica. A partir do s. XI chegan á península novas ondas de musulmáns do norte de África, os almorábides e almohades, para conter a presión dos reinos 7


IES de Melide. Dpto de Grego cristiáns. No s. XII Isbiliya converteuse en sede do califato almohade de Marrakech, dende entón ata o s. XVII foi cidade máis poboada de España.

Os cristiáns, baixo o rei de León Alfonso VIII levan a cabo a reconquista de Mérida (1230). Nesta época créase a denominación «Extremadura», para indicar que estas terras estaban situadas nos «extremos» da fronteira dos reinos cristiáns con Al-Andalus. O reino de Castilla con León Fernando III (o Santo) ao fronte reconquista Córdoba no 1236 e Sevilla no 1248, apoderándose de todo o val do Guadalquivir. Córdoba entra nun período de decadencia. O único reino árabe que permanece na península é Granada Granada, que iniciara unha época de maior esplendor a partir do ano 1238 coa dinastía nazarí nazarí. Nesta época comézase a construír a Alhambra, e o reino pasa por un período de florecemento cultural. Nesta época conviviron as chamadas tres culturas, Islam, xudaísmo e Cristianismo, ata a chegada dos Reis Católicos que decretaron a conversión ao cristianismo ou a expulsión de todo individuo xudeu ou musulmán que non aceptase a nova doutrina oficial. No s. XIII Sevilla repoboouse por completo con casteláns e leoneses e integrouse no mundo cristián, conseguindo un desenvolvemento económico grazas ó comercio, agricultura e á produción artesanal. En Sevilla agrupábanse unha poboación variada composta por mercadores estranxeiros, mudéxares 8

Bautismo de moriscos


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 (musulmáns en terras cristiáns), hebreos serfadíes e cristiáns. A fins do s. XIV empeorou a sorte das minorías: a Judería foi asaltada en 1391 e 1482 estableceuse o primeiro tribunal da Inquisición. En 1492 cae o reino de Granada, ata agora mantido por un pacto de vasalaxe cos reis de Castilla, sendo Boabdil o derradeiro rei da dinastía nazarí. Neste mesmo ano, o xenovés Cristobal Colón parte de Huelva cunha expedición costeada polos Reis Católicos. Chega as «Indias» e toma posesión destas terras en nome da coroa de Castilla e Aragón. Nos s. XVI e XVII en Extremadura produciuse unha emigración masiva a América, onde moitos foron en busca de fortuna e fama. Varios estremeños anexionaron territorios á coroa española: Hernán Cortés conquistou México, Francisco Pizarro o Perú e Pedro de Valdivia Chile. Grazas o río e o porto, en Sevilla confluía o mercado de trigo, aceite, la e manufacturas locais do Norte de Europa e o Mediterráneo cara África e o Atlántico. Tras as viaxes de Colón, que partira da costa atlántica do Reino de Sevilla, a apertura do tráfico coas Indias e a creación do Imperio Español concentraron en Sevilla todo o comercio con América ca. A través da Casa de Contratación, alí instalada, a cidade viviu a etapa de maior esplendor (s. XVIXVII), converténdose nunha das máis importantes cidades de Europa. Convertida en foco cultural, nela déronse cita Cervantes, Lope de Vega, Murillo e Zurbarán entre outros. Nos inicios do s. XVIII entra nunha longa etapa de decadencia coa perda do monopolio en favor de Cádiz, da que non se recuperará ata o s. XX.

9


IES de Melide. Dpto de Grego

CÁCERES

Cáceres ofrécenos un dos conxuntos urbanos da Idade Media e Renacemento máis completos do mundos, motivo polo que foi declarada Cidade Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986. Destaca a muralla, construída polos almohades no século XII, que conserva aínda unha ducia de torres coroadas de almenas. O percorrido comeza na Praza Maior, onde está un dos principais accesos á zona vella, a Torre Bujaco, do s. XV. Subindo as escadas, traspasando o arco percibimos a cidade medieval a través de rúas empedradas con torres defensivas, prazas, igrexas, palacios e fortificacións. Entre as prazas máis agradables atópanse a de Santa María e a de San Jorge. Un elemento arquitectónico característico do antigo Cáceres é a casa-fortaleza taleza, construción típica dunha cidade de fronteira. As máis importantes son o Palacio de Cáceres-Ovando, o das Veletas e o de Mayoralgo, e as casas de Carvajal, Ulloa, Espadero, Godoy e Moctezuma. O Palacio de las Veletas é a sede do museo arqueolóxico de Cáceres, alberga coleccións importantes de arqueoloxía, etnografía e belas artes. Pero, sen dúbida, o máis destacable do mesmo é o alxibe, escavado en parte na 10


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

roca natural. De planta irregular, ten aproximadamente 15 metros de longo por 10 de ancho. 16 arcos de ferradura sustentados por 12 columnas, algunhas de orixinariamente romanas, forman o cinco naves de bóveda de que consta a construción. Xunto a Santa María atópase o Palacio de Carvajal, sede do Padroado de Promoción do Turismo de Cáceres. Trátase dunha edificación entre gótica e renacentista de principios do XVI que forma un dos recunchos máis pintorescos da cidade vella, con características dunha fortaleza, dunha casa señorial e dunha edificación protectora coa súa torre de vixía e ataque e escasas xanelas ao exterior. En Cáceres abundan os parques, entre os que destaca o Parque do Príncipe, aínda que outros de interese son o Parque do Oliveiral Mozo dos Frades e, sobre todo, o Parque e Centro de Interpretación da Cova de Maltravieso, onde se poden apreciar pegadas dos primeiros moradores da zona e pinturas rupestres. Respecto da arquitectura relixiosa, destaca a igrexa de Santa María, de estilo gótico e hoxe concatedral, e as de San Mateo, San Juan e Santiago. 11


IES de Melide. Dpto de Grego

PONTE DE ALCÁNTARA É unha das pontes romanas máis relevantes das que se conservan no mundo. Foi construída sobre o río Tajo entre os anos 105 e 106 d.C. na vía que comunicaba Norba (actual Cáceres) con Conimbriga (Coimbra). Foi financiada cos impostos dos Lusitanos. O nome de Alcántara, provén do árabe alQantarat, que significa «a ponte», dános unha idea da súa importancia. Está composta por seis arcos que salvan unha distancia de 214 m. e que se apoian en cinco piares e dous estribos nos extremos. Ten 48 m. de altura máxima nos dous arcos centrais, sendo a altura total de 57 m. e 14 m., se contamos o arco de triunfo do centro. A ponte está construída con sillares de granito almoadillados colocados en seco a soga e tizón. No centro, sobre o piar central, atópase un arco de triunfo no que se pode ler unha inscrición en latín dedicada ao emperador Traxano: Ao emperador César, fillo do divino Nerva, Nerva Traxano Xermánico Dacio, Pontífice Máximo, Tribunicia Potestade por 8ª vez, Imperio por 5ª vez, Pai da Patria» Debido á súa situación fronteiriza, a ponte foi cortada nas guerras varias veces nun dos seus arcos. Carlos I reconstruíuno en 1543, desfigurando o perfil do arco central e coroándoo con ameas, deixando constancia de elo nunha inscrición. En 1859 foi novamente reconstruída por Isabel II, na que se taparon as xuntas das pedras e se ampliaron as entradas, tal como di na inscrición colocada á dereita do arco. 12


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

MÉRIDA A cidade romana de Emerita Augusta foi fundada no 25 a.C. polo emperador Octavio Augusto para que servise de retiro aos soldados retirados (eméritos) das lexións «V Alaudae» e «X Gemina», que loitaran nas guerras cántabras. A pesares de estar nunha zona pouco romanizada naquel momento, rodeada das tribos dos vettones, túrdulos e lusitanos, pronto acadou un gran esplendor, converténdose nun importante foco da rexión con case 50.000 habitantes e pasando a ser a capital da Lusitania, unha das tres provincias nas que se dividía Hispania na época de Augusto. A cidade planificouse a partir do foro (centro) no que se ubicaban os templos de Diana e Marte, e contaba con importantes infraestruturas como pontes, acueduto, rede de sumidoiros, murallas e edificios para o ocio: teatro, anfiteatro e circo. A CASA DO MITREO Construíuse entre finais do s. I d. C. e comezos do s.II d. C.fora do recinto amurallado. O seu nome débese a que estaba próxima a un santuario dedicado a Mitra, deus oriental da luz solar que foi adoptado polos romanos. Nela atopouse un mosaico cosmolóxico, cunha representación do Sol, polo que algúns investigadores pensaron que formaba parte do santuario. Máis ben trataríase dunha casa ou domus señorial. Distribúese en torno a 3 patios que dan iluminación y ventilación. No primeiro patio, forma parte do atrio, que conta cun estanque, impluvium, onde se 13


IES de Melide. Dpto de Grego recollía a auga de chuvia, que entraba polo compluvium. Á dereita hai unha gran cámara na que ese atopa o mosaico cosmolóxico, un dos máis interesantes da cidade, no que se representa o cosmos ou concepto de mundo e as forzas que o gobernan. Continúase por un corredor que leva ao segundo patio con peristilo (rodeado de columnas) ao cal daban habitacións de uso familiar e un posible comedor con pinturas. Un novo corredor conduce ao terceiro patio, con xardín e peristilo, ao que dan dormitorios decorados con mosaicos. Dende aquí unhas escaleiras baixan a habitacións subterráneas, decoradas con pinturas murais que imitan o mármore e que posiblemente serían dormitorios de verán. A casa contaba cunha gran cisterna na que se recollía a auga almacenada da chuvia. Destacan tamén unhas termas privadas nas que se conservan piscinas decoradas con motivos xeométricos e florais. COLUMBARIOS En Roma a lei esixía que os enterramentos fosen fora da cidade, e era costume facelos ás beiras dos camiños. Dependendo da clase social, os romanos podían ser enterrados en pequenas tumbas ou grandes monumentos, nos que se podían enterrar os restos de familias enteiras. Este é o caso dos Columbarios, que eran un conxunto de edificacións nos que se gardaban os restos incinerados e depositados en urnas. Coñecemos os nomes da familias aquí enterradas, os Voconios e os Xulios, polas inscricións; así como moitos detalles da familia dos Voconios.

14


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 TEATRO Foi construído no ano 15 a. C., promovido polo cónsul Marco Agripa. A súa construción obedece a intereses políticos máis que ao gusto do público, que prefería os espectáculos do circo e o anfiteatro. Dende o teatro as autoridades facían propaganda do poder de Roma e do seu modo de vida, tanto a través da grandiosidade do edificio como a través das mensaxes das obras que se representaban nel. O teatro sufriu varias reformas, así no 105 levántase a actual escena, que se reformaría dos séculos máis tarde. Coa implantación do cristianismo, o edificio foi deixando de usarse ata o seu abandono. Co paso do tempo as estruturas foron derrubándose e cegándose con terra ata quedar só á vista a parte superior do graderío coas bóvedas afundidas. Aos ollos do pobo semellaban sete grandes asentos, Las Siete Sillas, onde segundo a lenda sentaron sete reis mouros para deliberar sobre o destino da cidade. A Cavea O graderío ou cavea tiña unha capacidade para 6000 espectadores, construíuse aproveitando parte dunha ladeira. Está dividido en tres partes: ima cavea (inferior), media cavea e summa cavea (superior). A ima cavea dispón de 22 gradas e seis portas na súa parte superior . A summa cavea é a peor conservada. A Orchestra Era o espazo semicircular onde se situaba o coro. Está pavimentada con lousas de mármore e rodeada de tres gradas de honor onde se sentaban os maxistrados.

15


IES de Melide. Dpto de Grego Escena É a zona máis espectacular do teatro. Sobre un basamento recuberto de mármore repousan dous corpos de columnas de orde corintia, nas que se combina o mármore azulado dos fustes co mármore branco das basas e capiteis. Sobre cada corpo de columnas disponse un entablamento con arquitrabe, friso e cornixa. Entre as columnas unha serie de esculturas (réplicas das orixinais que están MNAR) completa a decoración: Ceres, Plutón e Proserpina e estatuas con togas e corazas, que se interpretaron como retratos imperiais. Tres portas permiten á entrada e saída dos actores. Este deseño adaptábase as escenas das pezas teatrais onde frecuentemente a acción desenvolvíase en dúas ou tres casas de personaxes. Na parte posterior e extremos da escena había unha serie de dependencias que eran usadas polos actores e técnicos do teatro. Detrás da escena construíuse unha gran zona axardinada rodeada de columnas (peristilo) que servía como lugar de recreo. ANFITEATRO A súa construción planificouse xunto coa do teatro, inaugurándose no 8 a.C., tal como O edificio estaba destinado aos espectáculos preferidos polo público: ás loitas entre gladiadores (ludi) ou as loitas entre feras ou entre feras e homes. Ao igual que o teatro, abandonouse coa oficialización do cristianismo. A Cavea Tiña capacidade para 15.000 espectado16


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 res e tamén se construíu sobre a mesma ladeira que o teatro. Accedíase a ela a través de 16 portas abertas ao longo do perímetro da fachada. Dividíase en ima, media e summa cavea. Sobre as primeiras gradas construíronse dúas tribunas, unha destinada ás autoridades e outra ao patrocinador do espectáculo. A Area Tiña forma elíptica e era a zona na que se desenvolvía o espectáculo. Separábase do graderío ou cavea, mediante un alto muro, para protexer ao público das feras. Nesta zona atopáronse os restos de pinturas murais con escenas de caza que están no MNAR. No centro da area cavouse unha gran fosa con forma de cruz na que se almacenaban as gaiolas das feras e material escénico, cuberta cunha tarima de madeira. Dúas longas galerías permitían o acceso ás gradas e a entradas dos gladiadores á area. Ao longo destas galerías abríanse habitacións de gladiadores ou cubículos de feras. É posible que algunha destas habitacións dedicárase ao culto de Némesis, divindade da vinganza á que se encomendaban os gladiadores antes de saír á area. CASA DO ANFITEATRO Foi construída no s. I d. C. e sufre unha serie de transformacións ata o s. III, sendo abandonada no s. IV, data na que o espazo pasa a ser ocupado por unha necrópole. Trátase dunha mansión de grandes dimensións e importancia na cidade. Como toda casa romana 17


IES de Melide. Dpto de Grego organízase en torno ao peristilo, xardín porticado, que ten forma trapezoidal e cun pozo no centro. A un lado atopábanse a entrada á cociña, na que se pode ver un forno nun dos eu ángulos. Dispón de dous triclinios ou comedores, un adornado con representacións da vendima e outro con peixes, que debía ser máis luxoso polos motivos cos que se adornaba: o peixe era un luxo nunha cidade de interior. O conxunto posúe termas, aínda que non se sabe con certeza se estaban nun edificio anexo ou pertencían á casa. Nelas podemos ver o hipocausto, sistema de calefacción que consistía no paso do aire quente por deixo do pavimento e das paredes. Destacan tamén as habitacións do suroeste con pinturas xeométricas nas paredes. CIRCO Debeu construírse nos primeiros anos do s. I d.C. Cos seus 400 m. de lonxitude e 100 m. de anchura era o maior dos edificios de espectáculos da cidade. Nel celebrábanse carreiras de carros de cabalos, que era un dos espectáculos favoritos dos romanos, xunto cos do anfiteatro. O graderío ou cavea tiña capacidade para uns 30.000 espectadores A area tiña planta case rectangular e no centro tiña un muro de separación denominado spina. Cada proba constaba xeralmente de sete voltas e as metas colocábanse en ambos vértices da spina. Consérvanse bastante ben as entradas de acceso, como a Porta Pompae, pola que entraban os desfiles. ós seus lados atópanse 12 carceres ou aparcamentos para carros. No lado oposto estaba a Porta Triumphalis. BASÍLICA DE STA EULALIA Segundo a tradición, Santa Eulalia, mártir e patroa de Mérida, foi enterrada neste lugar. As escavacións iniciadas en 1990 no subsolo a igrexa da confirmaron en parte este dato e permitiron coñecer a evolución do lugar, que pasou por distintas etapas:

18


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 1ª) Ata o s. III d. C. o lugar estivo ocupado por casas romanas. 2ª) Dende o s. IV o espazo pasou a ser unha necrópole cristiá. Un dos mausoleos atopados na cabeceira da igrexa actual foi construído en memoria da mártir Sta Eulalia. 3ª) Do s. V ao IX constrúese unha basílica dedicada á santa. 4ª) No ano 875, baixo o dominio árabe, a comunidade cristiá de Mérida tivo que emigrar a Badajoz, abandonándose a basílica. Tras a reconquista, no a. 1230, reconstrúese dando lugar á igrexa actual. FORO ROMANO O foro era o centro das cidades romanas. Era una gran praza rectangular na que se situaban os templos de culto imperial e os edificios administrativos. A cidade de Emerita, por ser unha capital de provincia, contaba con dous foros, o provincial e o municipal. Foro Provincial Acollía templos e edificios administrativos. Nel está o Arco de Trajano, que une os dous foros, construído con grandes sillares de granito e duns 15 m. de altura. Foro Municipal Nel desenvolvíanse os acontecementos máis importantes da vida da cidade. Nel atópabase o templo de Diana Diana, destinado ao Culto Imperial, xa que nel se adoraba ao emperador que era considerado un deus. Este templo construíse no s. I d. C. con planta rectangular e rodeado de columnas (períptero), con capiteis de orde corintia. Na fachada principal ten un frontón semicircular. A cella, parte interior do templo, atópase actualmente ocupada por parte do palacio do Conde de los Corbos. PONTE ROMANA SOBRE O GUADIANA A súa construción vincúlase á orixe da cidade. Debido ás crecidas do río e á situación estratéxica da ponte, foron necesarias numerosas restauracións, 19


IES de Melide. Dpto de Grego sendo á do s. XIX a que configurou o seu aspecto actual. Actualmente consta de 60 arcos e ten unha lonxitude de 792 m. Nun principio a obra realizouse con dous tramos unidos por un tallamar, que cortaba a auga e a repartía entre as dúas arcadas, evitando así a presión do río. Este tallamar destruíse nunha crecida no s. XVII e a ponte foi reparada con sillares procedentes do teatro. As partes orixinais poden observase no comezo e no final da ponte, con arcos de medio punto con aliviadoiros ou tallamares na súa base. REDE HIDRAÚLICA Para resolver o problema do subministro de auga á cidade, os romanos construíron embalses e canalizaron diversos mananciais, encanando as súas augas cara á cidade. A auga, traída polos acuedutos depositábase en torres, castelum aquae, e dende aquí distribuíase á cidade mediante unha complicada rede de canles.

Embalse de Proserpina Nel recóllese a auga da chuvia e a procedente dos regueiros de Las Adelfas e Las Pardillas. Aínda que as súas orixes son romanas, sufriu diversas remodelacións ao longo dos séculos. O dique, con 425 m. de longo el 21 m. de profundidade, ten nove contrafortes de granito dispostos gradualmente. Na parte oposta refórzase cunha barreira de terra. A saída da auga regulábase mediante dúas torres apoiadas no muro.

Acueduto de los Milagros Construído a fins do s. I a. C e comezos do I d. C., levaba auga do embalse de Proserpina e era o máis importante dos tres que abastecían a cidade. En total medía uns 10 km. para aproveitar a mellor traxectoria. A primeira parte era subterránea. As arcadas, que salvaban a depresión do río Albarregas, tiñan uns 830 m. de longo e 25 m. de alto e están construídas con sillares e ladrillo. 20


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

MUSEO NACIONAL DE ARTE ROMANO (MNAR) É o museo de arte romana máis importante de España e é unha das clave para entender a romanización de Hispania. O actual edificio, obra de Rafael Moneo, foi inaugurado en 1986. PLANTA BAIXA SALAS I, II E III Nestas salas expóñense os obxectos atopados nos edificios dedicados aos espectáculos públicos: teatro, anfiteatro e circo. Destacan: - Estatuas de Proserpina, Ceres e Plutón que se atopaban na escena do teatro. Plutón e Proserpina eran os deuses dos Infernos. Ceres era a nai de proserpina e duesa da agricultura. - Obxectos de bronce relacionados cos ludi: inscrición dedicada a Némesis por un gladiador, estatuíña de puxilista, greba (protector de canela), passarrendas de carro... - Decoración pintada, atopada no muro da area do anfiteatro, representando a un retiarius (gladiador con rede e tridente), loita de feras e unha paisaxe montañosa. - Inscrición conmemorativa da inauguración do anfiteatro, da que se deduce a data de inauguración, no a. 8 d. C. - Obxectos do teatro: máscaras de actores e estatuíñas dos emperadores. - Retratos da familia imperial: Augusto, Tiberio, Druso e Agripina. Destaca o busto de Augusto velado, en mármore de Carrara. É unha das pezas máis importantes do museo e representa ao emperador como Sumo Pontífice. SALAS IV E V Nela atópanse obxectos relacionados cos cultos relixiosos: o culto imperial, o dos deuses clásicos, o dos deuses orientais e o das divindades locais. - Efixies de Isis, de Chronos ou Mitra, cunha serpe enrolada no seu corpo 21


IES de Melide. Dpto de Grego de mozo. - Columna de granito do templo de Diana - Lápida dedicada a Proserpina, atopada no embalse no s. XVIII - Figura de Venus e lucernas (lámpadas de aceite) dedicadas a divindades. - Escultura de Occeanus, divindade acuática recostada - Escultura de Mercurio descansando sobre unha rocha, coa lira que el inventara a partir da cuncha dunha tartaruga. - Cabeza velada do Xenio da Colonia, que protexía á cidade, unha das pezas máis importantes do museo, do s. II d. C. - Mosaico que representa a chegada do deus Baco coa súa comitiva a Naxos, onde topa a Ariadna durmida e abandonada por Teseo. é unha obra do s. IV d.C. que mostra a descomposición das formas clásicas nas provincias do imperio. SALA VI Nela expóñense obxectos relacionados cos ritos funerarios. Predominan as lápidas funerarias coa inscricións D. M.S. (Diis Manibus Sacrum, consagrado aos Deuses Manes ou infernais), co nome do defunto, a súa idade e o parentesco que tiña quen lle dedicara a lápida. Ao final so haber fórmulas como H.S.E.S.T.T.L., Hic situs est. Sit tibi terra levis, que significa «Aquí xace. Sexa para ti a terra leve. Era costume en Mérida e outros lugares, que quen podía pagalo acompañase a estela coa representación das súas efixies, como a estela dun matrimonio. SALA VII Atopamos aquí mosaicos e outros obxectos relacionados coas casas. en Mérida só coñecemos restos de casas señoriais, como a do anfiteatro e a do Mitreo. - Mosaico do s. II d. C. que representa o rapto de Europa. - Peitoril de pozo do s. IV d. C. decorado con escenas do culto a Baco. - Reconstrución dunha habitación dunha casa romana, atopada na rúa do hotel. Nas paredes represéntanse 22


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 escenas de caza e ce carreiras do circo. As pinturas,do s. IV d. C, reflicten o gusto romano, polo seu realismo e gusto polo anecdótico. Nelas pódense observar numerosos graffitis. - Mosaico cunha escena de caza de pantera. SALAS VIII, IX E X As pezas aquí expostas atopáronse no foro, o centro da didade. Ademais de ser o centro político e administrativo, o foro era tamén un lugar de ocio xa que estaba prohibido o tráfico rodado e os cidadáns podían pasear tranquilamente. Era, por tanto, un bo lugar para facer propaganda política, polo que abundan as representacións de autoridades e altos cargos do Estado, como a de Marco Agripa, benfeitor da cidade. - Figuras e clípeos (medallóns) provenientes do foro municipal - Relevo con escena de sacrificio, na que participa o propio Augusto. Este relevo da idea da rica decoración dos edificios do foro. - Obxectos domésticos de bronce, aínda que non todos proceden do foro, dan unha idea de como podía ser a vida privada en Emerita. PLANTA PRIMEIRA SALA IX Nela exponse a cerámica común romana, a que usaba a diario na cociña e na mesa. Polo xeral non levan decoración e teñen acabados pouco perfectos. Nun cos concos podemos ver a inscrición «MASUETARI». SALA VIII Atopamos aquí a cerámica de luxo, denominada tamén, terra sigillata. O seu nome débese a sigillum, o selo co que se realizaba a decoración dos moldes cos que se facían estas pezas. A súa color vermella brillante obtíñase cun baño de arxilas depuradas entes de que a peza fose cocida. Algunhas pezas proviñan de Italia (T.S.I., Terra Sigillata Italica), outras da Galia e cara mediados do s. I d.C. empézase a producir a Terra Sigillata Hispanica 23


IES de Melide. Dpto de Grego SALA VII Nela podemos ver lucernas, lámpadas de aceite feitas en terracota. A súa decoración é variada e vai evolucionando a través do tempo, vemos dende motivos animais e vexetais ata temas mitolóxicos e máis tarde cristiáns. SALA V Expóñense aquí obxectos fabricados en oso, entre os que destacan os do tocado feminino: alfinetes para o pelo, espátulas de maquillaxe... - Fibelas de cintos e amuletos que acostumaban a levar as mulleres para propiciar a fecundidade. - Utensilios para tecer, mangos de coitelos, bisagras de mobles... SALA IV Podemos ver obxectos de vidro romano. Aínda que o vidro traballábase dende o 1.500 a. C., é a comezos do s. I d. C. cando a fabricación do vidro adquire importancia, debido a un perfeccionamento das técnicas, que permiten o soprado e por tanto unha maior variedade de formas e abaratamento da produción Abundan os ungüentarios, botellas cilíndricas e cadradas. Hai tamén obxectos importados doutras provincias do imperio. Destaca o conco bicónico, que é o único exemplar que se atopa íntegro en todo o territorio do Imperio. SALAS III E II Estas salas están dedicadas á numismática (moedas) e ourivería (xoiería en ouro). Entre as moedas expostas atópanse aúreos de ouro, denarios de prata e moedas de bronce que representan a membros da familia imperial das distintas dinastías que se foron sucedendo en Roma: a dinastía Xulio-Claudiana (Augusto, Tiberio, Xermánico, Druso, Calígula, Claudio e Nerón), a dinastía Flavia (Vespasiano, Tito e Domiciano), Traxano e Hadriano (ambos de orixe hispana), os Antoninos e Severos... En Emerita acúñanse moedas propias a patir do 23 a. C., baixo as ordes do legado de Augusto, Publio Carusio. Moitas delas no seu reverso amosan a porta da cidade ou a lenda P. CARISIVS LEG. AUGUSTI.

24


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 PLANTA SEGUNDA SALA I Destaca o mosaico, do s. IV d. C.) procedente da vila romana de «Las Tiendas» que representa unha escena de cacería de xabaril, na que vemos probablemente ao dono da casa atestarlle un golpe mortal coa lanza. Está enmarcado con decoración vexetal e representación das catro estacións a cada un dos seus lados: Outono (AVTVMNVS), Verán (HESTAS), Primavera (VIRANUS) e Inverno (HIBERNUS). SALA II Nela expóñense obxectos relacionados coas villae, explotacións agrarias nas que o amo ou dominus habitaba a mansión principal, que adoitaba estar luxosamente decorada. Distínguese un mosaico cunha nereida cabalgando un lobo mariño e paneis pictóricos. Atópanse aquí dolia, grandes recipientes para o cereal, e ánforas para o transporte do viño. SALA III A Emerita chegaron habitantes de distintos lugares do Imperio, como Palestina, Siria, Marrocos o doutros puntos da propia Lusitania. Nesta sala recóllense testemuñas destes movementos migratorios, como o mosaico dos peixes, feito no taller de Baritto, probablemente hebreo, a xulgar polo seu nome. SALA IV Nela podemos ver obxectos que ilustran as distintas profesións que se desenvolvían en Emérita: - A estela funeraria dos Voconios da fe do valor desta familia de militares. - Instrumento cirúrxicos de Publius Sertorius. - A estela funeraria de Sentia Amaranis, represéntaa desempeñando o seu traballo e de taberneira.

25


IES de Melide. Dpto de Grego SALA V E IV O retrato romano, á diferenza do grego que idealiza ao individuo, caracterízase polo seu realismo. Na sala V abundan os retratos femininos, que podemos clasificar polo tipo de peiteado, que evolucionaba segundo as modas. Destaca o retrato denominado «La Gitana», peiteada con rizos e patillas ao modo hispano. Na sala VI están os retratos masculinos. Neles os artistas retratan á persoa con realismo, sen disimular enrugas ou a flaccidez das carnes. Destaca o retrato do panadeiro polo seu verismo. SALA VII Os temas desta sala relaciónanse co mundo das artes. Destaca o mosaico dos Sete Sabios de Grecia, que se identifican polo seu nome e lugar de orixe en grego, e que están en actitude de discutir. Na parte inferior represéntase un tema distinto, a devolución a Aquiles da súa escrava Briseida, feito determinante na guerra de Troia. SALA VIII A Mérida cristiá é a que aparece reflectida nesta sala. Así temos o relevo que representa o verán (AESTAS) e lucernas con símbolos cristiáns, como a pomba e o peixe, anagrama de Cristo. Distínguese o mosaico que representa aos condutores de cuadrigas, Paulus e Marcianus, acompañdos da palabra NICHA ou NICA, que en grego podía significar «vencedor». Ámbolos dous mostran as palmas de vencedores nas súas mans. Na cuadriga de Marcianus sinálase o nome dun cabalo, Iniluminator, seguramente o máis importante do tiro. Está enmarcado en motivos florais e nas esquinas dispóñense os catro ventos soprando. CRIPTA Nela vemos as construcións que se atopaban nesta parte da cidade e que quedaron ao descuberto ao facerse as obras do museo. Vemos un tramo da condución hidráulica, da calzada romana que unía Emerita con Corduba e restos de casas onde se aprecian muros, peristilos e sepulcros. 26


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

SEVILLA Con 697.487 habitantes é a capital de Andalucía. Despois dos brillantes períodos romano, visigodo, musulmán citados na introducción histórica, a etapa de maior esplendor da cidade será despois da conquista de América polas tropas casteláns. En Sevilla concentrouse todo o comercio con América a través da Casa de Contratación alí instalada, converténdose nunha das máis importantes cidades de Europa. Nos inicios do s. XVIII entra nunha longa etapa de decadencia coa perda do monopolio en favor de Cádiz, da que non se recuperará ata o s. XX. O ano 1929 celebrouse arredor do Parque de María Luísa a Exposición Iberoamericana, que parecía anunciar unha nova fase de crecemento, rota pola Guerra Civil e o franquismo. Coa democracia e a Exposición Universal de 1992 1992, o desenvolvemento urbanístico foi espectacular, converténdose nunha cidade moderna que conserva a súa esencia tradicional.

O CENTRO HISTÓRICO A praza da Virgen de los Reyes é o corazón do casco histórico, onde se sitúa o emblema da cidade, a Giralda. Nas rúas enfronte da catedral destacan os seguintes edificios: Palacio Arzobispal, Archivo de Indias e Ayuntamiento. Paseo obrigado é a famosísima Calle Sierpes Sierpes, un dos lugares máis populares e concorridos da cidade, chea de comercios e lugares de ocio. Nela proliferaron os cafés e os casinos (versión andaluza do club privado), nos que se daban cita famosos toureiros.

27


IES de Melide. Dpto de Grego No primeiro tramo chama a atención o curioso retablo de reloxos do Cronómetro e as enormes cristaleiras dos casinos. A rúa desemboca na praza de S. Francisco, onde estivo situada a Cárcere Real, lugar de referencia no mundo da picaresca. Nela estivo encerrado o novelista da picaresca Mateo Alemán e o propio Cervantes por un asunto de débedas, e tal vez aquí concibira El Quijote, tal como se afirma no seu prólogo: “se engendró en una cárcel, donde toda incomodidad tiene su asiento y donde todo triste ruído hace su habitación.”

A GIRALDA Alminar da antiga mezquita construída polos almohades, hoxe é a torre da catedral. Nun principio foi proxectada en pedra, como mostra na súa base que aproveita incluso lápidas romanas, pero na súa maior parte realizouse en ladrillo. O alminar, de 76 m., estaba coroado por catro grandes bolas douradas, visibles a máis de 40 km. de distancia. Cando a cidade foi conquistada polos cristiáns, a Giralda foi convertida en campanario e sufriu poucos cambios, anque un terremoto derribase as “mazás” de ouro en 1.356. No s. XVI engadiuse un corpo de campás renacentistas, alcanzando os 95 m. A torre rematouse cun catavento cunha imaxe alegórica da Fe victoriosa, que o pobo alcumou El Giraldillo, de onde provén o seu nome. Do antigo alminar destaca a d e c o r a c i ó n xeométrica e de arcadas do exterior, e a vista da cidade desde o alto.

28


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

A CATEDRAL É un enorme edificio con grande variedade de estilos. Como moitos templos andaluces, a catedral aséntase sobre unha antiga mezquita. Deste período musulmán (s. XII) consérvase o Patio de los Naranjos Naranjos, destinado ás ablucións, ó que se accede pola porta do Perdón, na que destacan as pranchas de bronce almohades con decoración de frases coránicas e esculturas renacentistas. No centro do patio, poboado de laranxeiras, atópase unha fonte de traza romana. A construcción da catedral iniciouse no s. XV, con estilo gótico, co desexo de paliar o penoso estado no que se atopaba a mezquita, tal como se recolle nos acordos do cabido “que se haga otra iglesia tal y tan buena que no haya otra su igual”, “hagamos una iglesia que los que la vieran acabada nos tengan por locos”. As obras prolongáronse catro séculos e deron lugar a un edificio de 116 m de longo por 76 m de ancho e 56 m de alto no cruceiro, sendo o terceiro templo cristián de maior planta, tras San Pedro de Roma e Saint Paul de Londres. Posúe 7 naves, deambulatorio e máis de 40 capelas laterais. Na Capilla Real atópase a imaxe gótica Virgen de los Reyes, patroa da cidade. Construída en estilo renacentista, asume as funcións de Panteón Real, cos sepulcros de Alfonso X e a súa dona Beatriz de Suabia, e Sepulcro do corpo incorrupto rei San Fernando nunha urna de prata. No altar maior sobresae o magnífico retablo retablo, o maior do mundo cunha superficie de 264 m2. Este retablo, obra de moitos autores, pretendía ilustrar ós fieis 29


IES de Melide. Dpto de Grego sobre as diferentes escenas da vida de Cristo e martirios de santos. A Capilla Mayor sitúase fronte ó coro, feito en madeira de ébano, cun cadeirado de 117 asentos. A Sacristía de los Cálices en estilo goticista, alberga importantes códices e valiosas obras entre as que sobresae a imaxe do Cristo da la Clemencia, unha das mellores tallas do barroco, de Martínez Montañés. A Sala Capitular era o lugar de reunión de canónicos da catedral. A súa planta é elíptica, inspirada na praza do Capitolio de Roma, deseñada por Michelangelo. Destaca a súa bóveda decorada por Murillo con escenas de santos e a marabillosa Inmaculada, que centra a atención do Espectador.

REALES ALCÁZARES Son un conxunto de palacios, construccións militares e xardíns levantadas nos s. IX-X para residencia de monarcas e gobernadores. No seu recinto combínanse diferentes estilos que van dende o islámico califal ó barroco, pasando polo gótico e renacentista. O alcázar, “Al-Qsar”, é un elemento esencial en toda cidade musulmana. Está formado por un palacio residencia do gobernador e un conxunto de edificios administrativos e militares, que situados nun extremo da cidade, están cercados por unha muralla que os protexe do exterior, permitindo unha saída de emerxencia. Abd-al-Rahman inicia a construcción do alcázar, ordenando construír unha fortaleza para o gobernador, dar al-Imara al-Imara, para atallar as revoltas contra o seu poder. Este sector primitivo correspóndese co patio de Banderas Banderas. A entrada é a través da Puerta del León León, obra dos Abbadíes que no s. XI fixeron de Sevilla a capital de Al-Andalus. O rei poeta Al -Mutamid (s. XI) converte a fortaleza nun suntuoso palacio onde desenvolve a súa actividade poética e artística , é o Al-Mubarak ou Alcázar de la Bendición. No s. XII os almohades fixeron o Patio del Yeso e ampliaron as murallas. O alcázar converteuse nun complexo de 30


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

1. Puerta del León 2. Patio del León 3. Murallas do s. X 4. Patio de las Banderas 5. Sala de la Justicia 6. Patio del Yeso 7. Muralla almohade 8. Patio de la Montería 9. Xardín da Casa de la Contrataci ón 10. Cuarto del Almirante 11. Escalera del Palacio alto 12. Palacio del Rey don Pedro 13. Patio de las Muñecas 14. Salón de Embajadores 15. patio de las Doncellas 16. Patio e Jardín del Crucero

17. Palacio Gótico e Salas de las Bóvedas. 18. Apeadero 19. Torre del agua e Puerta de Marchena 20. Muralla del Callejón del Agua, s. XII 21. Fuente de los Grutescos.

22. 23. 24. 25. 26. 27. 28. 29. 30.

Jardín de la Danza Jardín de las Damas Cenador de Carlos V Cenador del León Jardín nuevo Huerta de la alcoba Laberinto Jardín de los Poetas Huerta del Retiro

31


IES de Melide. Dpto de Grego edificacións que se prolongaba ata a Torre del Oro e controlaba a parte máis sensible da cidade. Coa chegada dos cristiáns, o alcázar mantivo as súas funcións, pasando a ser a residencia dos monarcas castelás e leoneses e converténdose en sede da corte. Alfonso X o Sabio mandou construír no s. XIII o Palacio Gótico Gótico, no que traballou unha corte de intelectuais cristiáns, xudeus e musulmáns, que produciron obras como As Cantigas de Santa María y El Libro de Ajedrez, Dados y Tablas. No s. XIV, Alfonso XI constrúe a Sala de Justicia Justicia, en estilo mudéxar, proba da fascinación que exercía a arte islámica sobre o señores cristiáns. Tamén de estilo mudéxar é o Palacio del Rey Don Pedro Pedro, construído no s. XIV sobre dependencias de alcázares anteriores, que da o alcázar a súa configuración definitiva. A fachada é unha obra mestra da arte mudéxar, tomando elementos de palacios granadinos, cordobeses e sevillanos. Nela atópanse inscricións que revelan a convivencia das dúas culturas: “Non hai máis vencedor que Alá”, en carácteres árabes, e outra en letra gótica que relata a construcción por mandato de Pedro I. Este monarca, chamado “Cruel”por uns e “Justiciero” por outros, tiña gustos musulmáns, moito máis refinados que os do seu propio pobo, e mantiña boas relación co rei de Granada. No seu reinado (1350-1369) houbo paz entre cristiáns, musulmáns e xudeus. Nesta época Alcázar converteuse en escenario de amoríos e sentencias, como o asasinato de D. Fadrique na Sala de Justicia, por orden do seu irmán, o rei Don Pedro. No Jardín del Crucero tivo as súa habitacións María Padilla, que exerceu grande influencia sobre o rei Pedro I. Os reis Católicos reforman algúns teitos nas galerías do patio no Palacio Alto, planta alta do Palacio de don Pedro, que hoxe é utilizada como casa Alto Real. Coa chegada de Carlos V ó trono e o seu matrimonio con Isabel de Portugal en Sevilla, imponse o estilo renacentista, tal como mostra a reconstrucción do Patio de Doncellas e a construcción do Pabellón de Carlos V V. Felipe III e Felipe IV darán impulso ás obras de embelecemento dos xardíns, que ocupan a maior parte do recinto do alcázar. Destacan o labirinto, o Jardín de los Poetas, o Jardín de las Damas e o Jardín Nuevo. 32


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

TORRE DEL ORO Levántase á beira do río, segundo símbolo da cidade, que hoxe acolle o Museo Naval. Era unha das torres da muralla almohade, recuberta con azulexos dourados, de aí o seu nome. Preto atópase a praza de touros de La Maestranza. Cara o sueste da Catedral destacan os edificios do Hotel Alfonso XIII XIII, finalizado en 1928, o Palacio de San Telmo Telmo, un dos máis sobranceiros do barroco, hoxe sede da Presidencia da Junta de Andalucía e a Universidad Universidad, antiga fábrica de tabacos levantada no s. XVIII. Un pouco máis arriba esténdese o parque de María Luísa Luísa, antigos xardíns do palacio de San Telmo, con glorietas dedicadas a Bécquer, irmáns Machado... Nun ángulo do parque atópase a plaza de España, centro da exposición de 1929, construída en estilo rexionalista, mestura doutros do pasado, como o resto de pavillóns conservados de dita exposición. O barrio de Santa Cruz é o máis típico da cidade. Coincide coa antiga xudería e conserva a tradicional arquitectura andaluza, a base de casas brancas con patios cheos de flores, ruelas labirínticas e pequenas prazas cheas de encanto. Outros dous barrios de sona mundial son o de Triana e o da Macarena.

33


IES de Melide. Dpto de Grego

ITÁLICA Tal como se explicou na parte de “Historia”, a fundación romana de Itálica ten lugar no 206 a. C. por Publio Cornelio Escipión, cando os romanos chegan a península para expulsar ós cartaxineses, na II Guerra Púnica (218- 201 a. C.). Esta data coincidiría coa batalla de Ilipa (actual Alcalá del Río?), na que o exército romano vence ó cartaxinés. O lugar elixido para o “castrum”(campamento militar) reunía boas condicións: en pleno val, con terras fértiles e, sobre todo, capaz de controlar a producción mineira da serra. Este enclave protexía á zona de posibles incursións cartaxinesas e lusitanas. En Itálica, ademais, confluían a vía procedente de Gades coa que conectaba coa zona mineira de Sierra Morena. Itálica forma parte da Hispania Ulterior no s. II a. C., e da Baetica na época de Augusto (s. I a. C.-I d. C). A súa posición privilexiada favorece o crecemento da poboación e dela saíron dous emperadores: Traxano (53-117 d. C.) e Hadriano (76-138 d. C.). Nesta época Itálica constitúese como “municipium”, ou sexa, a diferencia dunha colonia, podía rexerse por leis propias e obtén un maior grao de romanización, ocupando algunhas familias italicenses altos postos da administración imperial. Cara o ano 125 o emperador Hadriano tentou mellorar a súa cidade natal coa creación dun novo barrio, proxectado como residencia de patricios (nobres). Esta parte, denominada Nova Urbs Urbs, fracasou debido as malas condicións do terreo e foi abandonada no s. II.

34


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 A vida continuou na cidade vella (Vetus Urbs). Tras a morte de Hadriano, as familias ibéricas foron perdendo poder no Imperio, o que provocou un declive e perda de protagonismo en favor da súa veciña Hispalis. Na época época visigoda a cidade foi morrendo para ser desmantelada durante a dominación musulmana. A principios dos XVII instalouse sobre ela o pobo de Santiponce, que se construíu, en grande parte, con materiais romanos recollidos das ruínas. A NOVA URBS É a única parte visitable, xa que por dificultades do terreo fora abandonada. O seu trazado, como o da maioría das cidades romanas, é ortogonal (rectangular). Seguindo o esquema dos campamentos romanos, dúas vías principais marcan os eixes da cidade: o cardo, en sentido norte-sur, e o decumanus, en sentido leste-oeste. As demais rúas xorden paralelas a estas dúas, conformando unha distribución das edificacións en cuadrícula MURALLAS Descubríronse tres trazados diferentes de murallas na cidade. A porta Norte é producto dunha reconstrucción, posiblemente do s. II. Construíanse mediante dous muros paralelos de sillares e abríanse nos 35


IES de Melide. Dpto de Grego puntos nos que desembocaban o cardo e o decumanus. Cada unha destas catro portas estaba flanqueada por dúas torres. CASTELLUM AQUAE Era unha edificación que distribuía a auga traída á cidade polo acueducto. É unha construcción abovedada que se divide en tres espacios intercomunicados, que funcionaban como depósitos de decantación e que podía recoller ata 900.000 litros. A distribución da auga ás casas (só dos ricos), fontes e edificios públicos como termas, facíase mediante un sistema de entubados de chumbo (fistulae), das que podemos ver un exemplo da rúa que separa as casas da Exedra e do Neptuno. As augas de chuvia e residuais recollíanse nunha magnífica rede de cloacas, que se distribuían por toda Nova Urbs, levándoas lonxe, ó río. Había un . servicio municipal que se encargaba de manter as cloacas en bo estado. . AS CASAS (DOMUS) As casas da Nova Urbs deberon c o r r e s p o n d e r exclusivamente a patricios, xa que amosan un luxo esplendoroso tanto nos seus materiais como na súa extensión 2 (ata 6.000 m ) . A casa romana ou domus caracterízase pola súa austeridade n o exterior, reservando o luxo e a fastosidade para o interior: as paredes estaban cubertas de pinturas murais ou frescos e o chan estaba pavimentado con mosaicos nas habitacións principais. As habitacións distribuíanse entorno a un patio 36


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 interior ou compluvium, que constaba dun estanque (impluvium) no que recollía auga da chuvia. Moitas casas romanas contaban ademais cun xardín porticado chamado peristylum, por estar rodeado de columnas. A casa da Exedra recibe o seu nome pola sala de reunións con asentos que se atopou nela. Constaba de habitacións espaciosas entre as que se encontraba un ximnasio, termas , latrinas e outras dependencias do servicio. Pola súa extensión, 2 ocupaba toda unha mazá con 4000 m , debeu servir de sede dunha confraría ou club de mozos. Este tipo de asociacións estaban compostas so por homes da mesma profesión ou culto. A casa dos Paxaros toma o seu nome polo mosaico de aves que se atopou nela. Ocupaba media mazá e constaba dun amplo vestíbulo, polo que se pasaba a un xardín porticado (peristylum) cun impluvium para a recollida da auga de chuvia. No leste situaríase o triclinium (comedor) polo mosaico en forma de U atopado. As habitacións (cubicula) tamén estaban decoradas con mosaicos. Unha delas, tal vez a dos pais, estaba decorada con Tellus, a deusa da fertilidade. A casa de Neptuno tamén tiña unha grande extensión, polo que o seu uso estaría destinado a unha confraría. O seu nome débese a un mosaico deste deus que se atopou co decoración do fondo dunha piscina. Nel aparece Neptuno co seu tridente rodeado de monstros mariños e conducindo o seu carro tirado por cabalos de mar. 37


IES de Melide. Dpto de Grego O ANFITEATRO Era o edificio con máis capacidade: ata 25.000 espectadores podían contemplar os espectáculos dende as súas gradas. Nel celébranse os ludi ou “xogos” que podían ser de diferentes tipos: - Ludus gladiatorum: combates entre gladiadores. - Venatio: feras salvaxes que loitaban entre si ou contra gladiadores. - Iocularia: con actuacións de titiriteiros, funambulistas, pallasos, saltimbanquis...(eran os que menos éxito tiñan) Estes ludi ou xogos eran gratuítos e un dereito do cidadán. Eran costeados, na súa maioría, polos maxistrados que se presentaban como candidatos para conseguir votos nas campañas electorais. O público acudía a estes espectáculos dende os arredores e, se era necesario, pasaban a noite á intemperie para poder conseguir un asento. Algúns señores nobres tiñan asentos reservados en primeira fila, come se deduce das inscricións conservadas na cornixa do podio. O resto das gradas dividíase en tres partes: summa cavea (graderío superior), media cavea (grad. medio) e ima cavea (grad. inferior) A area, cunhas dimensións de 80 x 48 m. aproximadamente, limitábase cun podium de ladrillo, sobre o que se dispuña unha rexa para evitar accidentes (salto de algunha fera ó público). No chan vense as aperturas coas correspondentes rexas, que daban luz á galería que leva á fossa bestiaria. Na pasaxe, cara o centro, había unha capela dedicada a Némesis, divindade da vinganza, á quen os gladiadores se encomendaban antes dos combates. 38


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 O TEATRO Ó igual que o anfiteatro, o teatro foi construído aproveitando unha lomba dun monte, no límite da cidade. Construíse en pedra calcaria e data da s. I a. C., polo que era anterior á construcción da Nova Urbs. No s. II d. C. foi embelecido con mármores, estatuas e aras doadas por un patricio.

O teatro é un espectáculo importado da civilización grega, chegando a ser moi popular en Roma, que triunfou sobre todo no xénero da comedia. Os actores actuaban con máscaras esaxeradas sobre a scaena (escena), mentres que a orchestra reservábase para as danzas do coro, moi presente nas traxedias gregas. O teatro tiña unha capacidade para 3.000 espectadores, que sentaban cavea . Os asentos da orchestra reservábanse para maxistrados e cargos importantes. Nas tres primeiras filas de gradas sentaban os personaxes máis importantes da cidade. O público en xeral sentaba donde podía, ocupando as mulleres e os escravos a parte máis alta da cavea, que, ó igual que no anfiteatro, se dividía eu summa, media e ima . Os estranxeiros e solteiros tiñan prohibida a entrada. No fronte norte construíuse un templo dedicado á deusa exipcia Isis (Iseum), de planta cadrada, no que se toparon exvotos a esta deusa.

39


IES de Melide. Dpto de Grego

CÓRDOBA Cunha poboación de 306.000 habitantes, a gran cidade califal levántase á beira do Guadalquivir e ós pés de Sierra Morena. No s. X Córdoba alcanza o seu máximo esplendor cando Abd-al-Rahman III se proclama califa, pasando o emirato a ser un califato independente con respecto a Bagdad. Ata o s. XI a cidade converteuse na metrópole política, económica e cultural onde converxían as rutas de Oriente, África e Europa. Nela convivían árabes, xudeus e cristiáns pacificamente, chegando a alcanzar case un millón de habitantes. A poesía, a medicina, a filosofía e ciencia tiveron un grande desenvolvemento no califato, e as obras dos pensadores andalusís eran coñecidas en todo Oriente (daquela máis civilizado que Occidente). Nesta época constrúense parte da mesquita e o palacio de Madinat-al-Zahra, residencia de Abd-al-Rahman III. BARRIO DE LA JUDERÍA A presenza hebrea na península, documentada a partir do s. IV d. C., consolídase nos s. X-XII, sendo Córdoba un centro de referencia do xudaísmo español. Os xudeus habitan en comunidades chamadas aljamas, establecidas en barrios pechados e protexidos do resto da cidade. A influencia hebrea en Córdoba decaeu co fin do período califal, pero volveu a recuperarse coa toma da cidade por Fernando III (1236) ata desaparecer por completo coa expulsión decretada polos Reis Católicos en 1492. As xuderías caracterízanse polas súas calexas estreitas e de trazado complicado, que desembocan en praciñas de gran encanto. As casas son de fachadas sinxelas, ben encaladas e vertébranse en torno a un patio, propio do urbanismo islámico mediterráneo. Esténdese á esquerda da mesquita e segue conservando o aspecto da época musulmá.

40


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 A SINAGOGA Era o centro relixioso e social da vida xudía. Os espazos e utensilios das sinagogas eran sagrados, debían construírse próximas á auga, no lugar máis elevado da cidade e orientadas a Xerusalén. Evitábase entrar directamente da rúa, polo se construía un patio cun estanque para as ablucións. A luz natural era imprescindible e entraba no edificio a través de doce ventás, unha por cada tribo de Israel. A sinagoga de Córdoba foi construída no 1315 baixo a dirección de Isaq Moheb, con trazos mudéxares, e decorada con xeseiras e inscricións de salmos. Tras a expulsión do xudeus, converteuse en ermida cristián, pasando por diferentes usos que provocaron cambios na súa estrutura e danaron as xeseiras e inscricións dos muros, e substituíndo o antigo artesoado. É a única sinagoga medieval de Andalucía e unha das tres que se conservan en España.

PASEO POLA CIDADE Preto da mesquita sitúase o luxoso Alcázar de los Reyes Crisitianos, construído no 1328 como lugar de residencia dos reis cristiáns, cando viñan dirixir ás campañas contra os musulmáns. Posúe uns fermosos xardíns e conta cun salón de impresionantes mosaicos romanos do s. II d. C. No barrio do Alcázar Viejo podemos admirar algúns dos patios populares característicos da cidade. A calleja de las Flores Flores, no lado norte da mesquita, é unha ruela sen saída que constitúe un dos currunchos máis románticos de Córdoba. Ademais do casco medieval paga a pena achegarse ata a Plaza de las Tendillas Tendillas, centro da cidade, arredor da cal se atopan algunhas das 14 parroquias que mandou fundar Fernando III, e a plaza del Potro, un dos lugares máis típicos. Outros lugares de interese son Xunto ó o Museo do pintor Julio Romero de Torres, xunto o Museo de Bellas Artes. 41


IES de Melide. Dpto de Grego Nas proximidades da Plaza de las Tendillas álzanse as columnas dun templo romano do s. I d. C na rúa Claudio Marcelo (considerado como fundador de Corduba). Só se conservan del os cimentos e os elementos decorativos, como as columnas corintias, polas que se deducen as súas dimensións: 17 m. de alto, 32 de longo e 16 de ancho. Crese que este templo presidía unha praza porticada (con soportais) e estaba dedicado ó culto imperial de Augusto

PONTE ROMANA Érguese ó lado sur da mesquita, protexida pola torre de la Calahorra, antiga fortaleza musulmana. Na súa orixe tiña 17 arcos de medio punto. A ponte daba acceso a todas as rutas que se dirixían ó sur: a Vía Augusta que se encamiñaba a Hispalis (Sevilla) e Gades (Cádiz), e a calzada que unía Corduba con Malaca (Málaga). A ponte data de época de Augusto (s. I a.C.-I d.C.) e a súa construcción relaciónase coa da Vía Augusta e coa da ampliación da cidade cara ó sur. O seu aspecto variou ó longo da historia, anque as reformas árabes no transformarían demasiado a obra romana. Nos s. XVII e XVIII foi cando se realizaron os cambios de imaxe máis considerables: porta de Felipe II e o triunfo de San Rafael, patrón de Córdoba. 42


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

MESQUITA A Mesquita e o seu entorno constitúen o gran centro histórico de Córdoba. Constituía o núcleo en torno que xiraba a vida musulmá, sendo o maior edificio relixioso do mundo musulmán con 24.000 m². Debido ó aumento de poboación fóronse facendo ampliacións sobre o edificio primitivo, construído por Abd-al-Rahman I sobre a antiga capela cristiá de San Vicente, mercada ós cristiáns. A orientación da mesquita era ó sur, como a gran Mezquita de Damasco, cando tódalas mesquitas están orientadas cara a M e ca, cara o leste. A mesquita organízase en dous partes ben diferenciadas, correspondentes ás épocas musulmá e cristiá. O exterior ten aspecto de fortaleza, accédese ó edificio por varias portas, entre as que destaca a porta mudéxar do Perdón. A entrada ó templo facíase e faise polo Patio de los Naranjos, para que os feles puidesen asearse antes da oración. Neste patio hai varias fontes e surtidores de estilo mudéxar e un alxibe do s. X, coñecido como alxibe de Almanzor. No interior da mesquita, o que máis chama a atención é un bosque de columnas que soportan unha cuberta con dobre arquería, de ferradura a inferior e medio punto na superior, inspirado na arquitectura romana (acueducto de Segovia). O conxunto componse de 11 naves lonxitudinais e 12 transversais 43


IES de Melide. Dpto de Grego formadas por máis de 1.000 columnas. A decoración refórzase coa combinación nos arcos de ladrillos vermellos con pedras calcarias de color marelo, e produce un efecto de oasis de palmeiras, que ó parecer, foi a inspiracións dos seus constructores. Coas ampliacións de Abd-al-Rahman II no s.IX, AlHakan II e Almanzor no s. X a nave alcanzou a súa extensión definitiva. No muro sur, ou quibla, que orienta ós fieis para rezar, atópase o mihrab mihrab, destinado exclusivamente á oración do soberano. Esta zona é a de maior luxo de materiais e de decoración, con mosaicos e mármores labrados en paramento, arcos e cúpulas. O seu interior é de planta octogonal, cerrado en seis lados por un zócalo de mármore, ó que se superpoñen uns arquiños cegos trilobulados, decorados con motivos vexetais (atauriques). Os mosaicos que decoran o mihrab foron comezados por mestres vidos de Bizancio e rematados por artistas cordobeses. Coa conquista no 1236 polo rei Fernando III, a mezquita queda convertida en lugar de culto cristián, polo que sufrirá importantes modificacións, como a Capilla Real, construída por Alfonso X o Sabio no s. XIII, e capela de Villaviciosa, ambas de estilo mudéxar. As obras foron obxecto de grande polémica, contando coa oposición do Consejo Municipal, que chegou incluso a promulgar a pena de morte contra quen ousase tocar a Mezquita. Pero a insistencia do bispo Alonso Manrique levou á modificación máis drástica: a construcción da catedral gótico-renacentista no centro da mezquita a partir de 1523 e que duraría dous séculos. Nela destaca o coro feito con madeira de caoba traída expresamente de Santo Domingo, executado por Juan de Oliva seguindo modelos florentinos que evocan a Michelangelo. 44


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

MEDINA AZAHARA «Os monarcas perpetúan o recordo do seu reinado mediante a linguaxe das fermosas construcións. Un edificio monumental reflicte a maxestade de quen o mandou erixir.» Maqqari, Anais da historia musulmá

No a. 936 Abd-al-Rahman III mandou construír unha cidade palaciana cerca de Córdoba, que servise como residencia da súa corte. Pretendía afastarse da xa moi poboada cidade e Córdoba e, a un tempo, construír un edificio que fixese perdura a súa memoria. Segundo a lenda, dedicou a construción a unha das súas favoritas, al-Zahra, polo que a residencia pasaría a chamarse «Madinat al-Zhara», é dicir «cidade de Zahra», xa que madinat (medina) significa cidade en árabe. Abd-al-Rahman III dirixiu persoalmente as obras, utilizando artesáns e construtores altamente cualificados. Na construción participaban cada día arredor de 10.000 homes e usábanse 1.500 bestas de carga, polo que as obras avanzaban rapidamente. No complexo palaciano empregáronse máis de 4.000 45


IES de Melide. Dpto de Grego columnas, mármores de Túnez, Almería e Cabra, láminas de ouro e pedras preciosas para recubrir salóns, ébano, marfil, ferro e bronce nas súas portas. Empregáronse con abundancia ouro e prata, non só en láminas para recubrir murais, senón tamén en tellas e ladrillos. Os relatos contan que o monarca mandou encher un gran estanque de mercurio, moi abundante en Al-Andalus, que ao moverse producía gran cantidade de escintileos que iluminaban os salóns. Os visitantes quedaban abraiados por o seu luxo oriental. Cóntase que para compracer á súa amada, que quería ver a neve, o califa mandou plantar amendoeiras en todo o espazo que separaba Madinat al Zahra de Córdoba, para simular cada ano o efecto estético dunha nevada A cidade quedou construída aproveitando a ladeira do monte de La Desposada, ao pe de Sierra Morena, ocupando unha extensión de 112 hectáreas, en forma de rectangular. Na terraza superior atopábase o Alcázar ou fortaleza, na inmediata inferior os xardíns e hortos e na máis baixa a cidade propiamente dita. Abd-al-Rahman III trasladouse á nova residencia no 945, aínda que as obras non estaban rematadas. Sucedeuno o seu fillo al Hakam II, que ampliou e reformou a cidade. A este sucedeuno o seu fillo Hisam II, con 11 anos de idade, polo que foi tutelado por un consello de rexencia e o poder e poder foi ostentado por al-Mansur. Al-Mansur mandou construír outra cidade preto do Guadalquivir e trasladou alí a súa corte, polo que Madinat al- Zahara foi abandonada.

46


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 Tras a morte de al- Mansur, Al-Andalus sobre grandes revoltas. No ano 10101 Madinat- al Zahara e saqueada e incendiada. Aínda que a vida continuou, comezou unha destrución progresiva. Coa reconquista cristiá, permitiuse que as ruínas de Madinat al-Zahra fosen usadas como canteira para construír o convento de S. Jerónimo. No recinto podemos contemplar unha exposición de cerámica de fabracación andalusí, en verde en manganeso e arquitectónicos, como capiteis, basas, taboreiros decorativos... A cidade contaba con subministro de auga mediante canalizacións subetrráneas que aínda poden observarse. Unha das partes máis destacadas é o salón de Abd-al-Rahman III, tamén coñecido como Salón Rico. Esta peza cumpría a función de salón do trono o salón de audiencias.. As súa paredes estaban cubertas de mármores variados e xaspes transparentes. A súa cúpula estaba cuberta de ouro e prata e dela pendía unha gran perla, regalo do emperador de Bizancio. Diante do salón atopábase o estanque de mercurio, que o iluminaba cos seu escintileos. A decoración cubre as paredes, acomodándose aos arcos nas súa dovelas, frisos, portas, alacenas, zócalso... Esta decoración é tipicamente musulmá: xeométrica, vexetal e epigráfica. 47


IES de Melide. Dpto de Grego

ACTIVIDADES 1. Sinala no mapa España as provincias polas que pasamos e os ríos que cruzamos. Vai marcando a ruta que facemos co bus.

HISTORIA 2. ¿Que motivos podían ter os romanos para conquistar o sur da península Ibérica?

3. ¿Que lusitano destacou na resistencia contra os romanos e que táctica militar utilizou?

48


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 4. Divide o mapa de España nas provincias da época de Augusto e indica as súa capitais 5. Sinala os diferentes nomes que tivo a comunidade andaluza ó longo da Historia, indicando o período correspondente a cada un deles.

6. Sinala as datas de comezo e final da dominación árabe, indicando as ondas nas que chegan. PONTE DE ALCÁNTARA 7. ¿Sobre que río está construída e que poboacións comunicaba?

8. ¿De donde ven o seu nome e que significa?

MÉRIDA 9. ¿Para que foi fundada a colonia de Emerita Augusta?

10. ¿Por que a casa do Mitreo se chama así?

49


IES de Melide. Dpto de Grego 11. ¿Que é un peristilo?

12. ¿Que era un columbario?

13. ¿Que capacidade tiña o teatro de Mérida?

14. ¿De que estilo son as columnas da escena?

15. ¿Que se facía na orquestra?

16. ¿Que capacidade tiña o anfiteatro?

17. Na casa do anfiteatro hai un hipocausto. ¿que era e para que servía?

18. ¿Que capacidade tiña o circo?

19. Di cales era os espectáculos favoritos dos romanos, a xulgar polas distintas capacidades dos edificios destinados ao ocio en Mérida.

50


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 20. Di que planta se corresponde con cada un dos edificios de ocio e apunta debaixo que se facía en cada un deles.

21. ¿Como se chamaba o centro dunha cidade romana? ¿Que edificios se situaban alí?

22. ¿Que tipos de construcións fixeron os romanos para levar auga á cidade?

51


IES de Melide. Dpto de Grego MNAR 23. 多A que deuses romanos representan as estatuas que estaban na escena do teatro?

24. 多A quen representa este busto e como?

25. 多Que escena mitol坦xica representa este mosaico?

52


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 26. ¿Que significan as siglas D.M.S., que con tanta frecuencia aparecen nas lápida funerarias?

27. ¿Como se chama este obxecto e para que servía?

28. ¿Como se chaman estes retratos? ¿Cal é a característica máis destacada do retrato romano?

53


IES de Melide. Dpto de Grego

SEVILLA 29. Sinala os distintos nomes que recibiu a cidade ó longo da Historia, precisando o período correspondente a cada un deles. GIRALDA-CATEDRAL 30. ¿Que foi a Giralda antes de ser a torre da catedral?

31. ¿A que debe o seu nome a Giralda?

32. ¿Que ten en común a catedral de Sevilla coa mezquita de Córdoba?

33. ¿Que estilo arquitectónico predomina na catedral? 34. Indica cal destes arcos empregouse na construcción da catedral.

54


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 REALES ALCAZARES 35. ¿Cal era a función dos Alcázares? ¿Seguen conservando hoxe esa función?

36. ¿De que estilo é a fachada do Palacio del rey don Pedro? ¿Cales eran os gustos deste monarca?

37. ¿Que significa a inscrición en árabe da fachada? ¿Que di a outra inscrición en castelán? ¿Que te suxire a convivencia destas dúas inscricións?

55


IES de Melide. Dpto de Grego ITÁLICA 38. ¿Por que elixiron os romanos o actual emprazamento de Itálica para fundar unha cidade?

39. ¿De que época é a parte da cidade que podemos visitar?

40. ¿Como se abastecía de auga a cidade? ¿Había algún sistema de saneamento?

56


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 41. Sinala na planta desta domus onde estaría o triclinium e para que servía. Sinala tamén os dous patios interiores, peristylum e compluvium. ¿Por que unhas habitacións teñen mosaicos e outras non?. Observa que na fachada que da a rúa hai dúas tabernae (locais comerciais). Intenta adiviñar a que negocios se dedicaban.

42. Compara a capacidade dun teatro romano e un anfiteatro. ¿Cal era o espectáculo favorito dos romanos? ¿Con que edificio actual pensas que se correspondería un anfiteatro?

57


IES de Melide. Dpto de Grego 43. ¿Cal era a función dos fosos da area?

44. Sinala as seguintes partes do teatro.

45. ¿Quen pagaba os espectáculos públicos no Imperio Romano?

58


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

CÓRDOBA XUDERÍA-SINAGOGA 46. Sinala as datas de comezo e final da presencia de xudeus na península. ¿Por que abandonan definitivamente España?

47. ¿Que funcións tiña a Sinagoga? ¿Cara onde debía estar orientada?

PASEO POLA CIDADE 48. ¿Como se chama a rúa onde está o templo romano e por que?

49. ¿De que estilo son as columnas que se conservan? ¿a deducir pola altura das columnas, cal sería a altura total do edificio?

59


IES de Melide. Dpto de Grego 50. ¿De que época é a ponte romana? ¿Que vías romanas unía?

Vía da Prata Vía Augusta

MEZQUITA 51. ¿Cal era a función do Patio de los Naranjos?

52. ¿Que función tiña o mihrab?

60


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012 53. ¿Son iguais os arcos desta dobre arcada da mesquita? ¿Que nome reciben cada un deles? ¿Son orixinarios da arte musulmá?

54. ¿De que estilo é a catedral cristiá que se construíu no interior da mesquita?

MADINAT AL- ZAHRA 55. ¿Quen, cando e para que mandou construír esta cidade?

56. ¿Que é o que máis te chamou a atención?

61


IES de Melide. Dpto de Grego

BIBLIOGRAFÍA - Mérida, patrimonio de la humanidad, Y. Barroso, F, Delgado, ed. Consorcio de la Ciudad Monumental - Catedral de Sevilla. Cuaderno del alumno. Gabinete pedagógico de Bellas Artes. Sevilla. Junta de Andalucía. - Catedral de Sevilla. Cuaderno del profesor. Gabinete pedagógico de Bellas Artes. Sevilla. Junta de Andalucía. - Los Reales Alcázares.Enseñanzas Medias. Gabinete pedagógico de Bellas Artes. Sevilla. Junta de Andalucía. - Los Reales Alcázares.cuaderno del alumno 12-16 años. Gabinete pedagógico de Bellas Artes. Sevilla. Junta de Andalucía. - Itálica.Cuaderno del alumno. Consejería de Educación y Ciencia. Consejería de cultura. Junta de Andalucía. - Itálica.Cuaderno del profesorado. Consejería de Educación y Ciencia. Consejería de cultura. Junta de Andalucía. - La sinagoga de Córdoba.Cuaderno el alumno ESO. Consejería de Educación y Ciencia. Junta de Andalucía. - Madinat Al-Zahra.Cuaderno del alumno. Gabinete pedagógico de Bellas Artes. Sevilla. Junta de Andalucía. - Madinat Al-Zahra.Cuaderno del profesor. Gabinete pedagógico de Bellas Artes. Sevilla. Junta de Andalucía. - Mezquita de Córdoba.Cuaderno del alumno E.S.O. Consejería de Educación y Ciencia. Consejería de cultura. Junta de Andalucía. - Mezquita de Córdoba.Cuaderno del profesor E.S.O. Consejería de Educación y Ciencia. Consejería de cultura. Junta de Andalucía. - Andalucía Occidental. Sevilla. VVAA. Guías Acento-Gallimard Imaxes: http://museoarteromano.mcu.es/ http://www.flickr.com/photos/rafael_dp/5213304711/in/ photostream/ http://www.flickr.com/photos/belencantero/4888388026/

62


Viaxe a Mérida e Andalucía 2012

NOTAS

63


IES de Melide. Dpto de Grego

NOTAS

64


Sevilla: Plano do hotel



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.