TE DOY MIS OJOS País: España. Ano: 2003. Duración: 106 min. Dirección: Icíar Bollaín. Interpretación: Laia Marull (Pilar), Luis Tosar (Antonio), Candela Peña (Ana), Rosa María Sardà (Aurora), Kity Manver (Rosa), Sergi Calleja (Terapeuta), Dave Mooney (John), Nicolás Fernández Luna (Juan), Elisabet Gelabert (Lola), Chus Gutiérrez (Raquel), Elena Irureta (Carmen). Guión: Icíar Bollaín y Alicia Luna. Producción: Santiago García de Leániz. Música: Alberto Iglesias. Fotografía: Carles Gusi. Montaxe: Ángel Hernández Zoido. Vestiario: Estíbaliz Markiegi. Estrea en España: outubro de 2003.
SINOPSE
Toledo. Inicios do século XXI. Nunha escura noite de inverno, unha muller nova, Pilar, sae precipitadamente de casa co seu fillo. Está tan agobiada que sae de casa en zapatillas. Vaise porque o seu marido, Antonio, maltrátaa, agrédea, humíllaa. Antonio non tardará en ir a buscala porque, sgundo di, Pilar é o seu sol e «deulle os seus ollos». Ao longo do filme, a directora Icíar Bollaín intentará reflexionar sobre que é o que provoca que nunha parella haxa unha situación de violencia. Quererá responderse á seguinte pregunta: ¿por que dúas persoas que se queren chegan ao maltrato, á violencia e, en ocasións, ao asasinato?
COMENTARIOS DA DIRECTORA, ICÍAR BOLLAÍN.
[...] ¿Porqué unha muller aguanta unha media de 10 anos xunto a un home que a machaca? ¿Por que non se vai? ¿Por que non só non se vai senón que ata algunhas aseguran seguir namoradas? As razóns de dependencia económica non explican o feito de que unha de cada 4 mulleres en Europa e Estados Unidos aseguren vivir unha relación de violencia na súa vida. Segundo fomos documentándonos, descubrimos que unha das razóns primordiais era que seguen na esperanza de que o home cambie. Así, o noso personaxe é unha muller que segue esperando cada día que entre pola porta o home do que se namorou... ¿Pero, quen é ese home? ¿Por que non existe a penas un perfil do maltratador? ¿E por que estes homes maltratan durante anos a quen din querer con toda a súa alma?. Hai homes violentos fisicamente, hai outros que son violentos tamén psicoloxicamente e probablemente son os que máis dano fan. Hainos verdadeiramente crueis e hainos que son tamén vítimas de se mesmos, que non saben solucionar os seus conflitos se non é mediante a violencia, que necesitan ter á persoa que queren controlada, que teñen moito medo...e ese é o home da nosa película, alguén que ten posibilidades de verse a se mesmo e cambiar. Te doy mis ojos conta a historia de Pilar e Antonio pero tamén dos que os rodean, unha nai que consente, unha irmá que non entende, un fillo que mira e cala, unhas amigas, unha sociedade e unha cidade como Toledo que engade co seu esplendor artístico e o seu peso histórico e relixioso unha dimensión máis a esta historia de amor, de medo, de control e de poder. Te doy mis ojos. IES de Melide. Páx. 1