Mobles de Cine

Page 1

MOBLESdeCINE


mobles cine de







Medidas do producto: Ancho: 52 cm Fondo: 46 cm Altura: 76 cm Ancho do asento: 41 cm Profundidade do asento: 40 cm Altura do asento: 46 cm Deseñador: Marcus Arvonen Instruccións de uso e mantemento: Limpa regularmente cun producto para limpar plástico. Limpar cun pano seco. Descripción do producto: Plástico de polipropileno reforzado.

IKEA PS 2012 Cadeira vermella

€ 69,99 / ud (€ 57,84 Sen IVE)

IKEA PS 2012

Producto que se pode reciclar ou destinar á recuperación.


A súa paixón era a carpintaría e iso foi o que estudou, adicándose a crear novas técnicas para laminar e curvar a madeira para poder evitar os custosos sistemas de modelado a base de cicel e de unións mediante ensamblaxes.

O estilo do mobiliario vienés en xeral é coñecido internacionalmente e un dos seus máis importantes creadores é Michael Thonet construtor de mobles e industrial, sendo pioneiro no deseño de mobles. As súas creacións son coñecidas por ser o inicio dos mobles tal e como os coñecemos hoxe en día, tanto polo seu deseño coma pola técnica que Thonet inventou: o curvado da madeira.

En 1860 deseña a súa primeira randeeira, á que se considera a súa obra mestra e que é a precursora das actuais randeeiras de todo o mundo.



M O B L E S DE C I N E


O grego foi un pobo na rúa, polo que a bondade do clima determino unha vida intensa ao aire libre. Referíndonos á clase media (artesáns, ourives, mercadores, etc.) non só era sinxela a construción da casa, o mobiliario estaba exento de ornamentación, luxo e valor.

O moble grego nace influído polas correntes artísticas exipcias para, máis adiante, ir cambiando co desenvolvemento do pensamento filosófico. Nos primeiros pasos do moble grego séguense moitas directrices exipcias, como o recubrimento da madeira (esta vez do país) con materiais máis ricos como os metais, o marfil ou as madeiras finas. Tamén se fai uso da pintura con finalidade decorativa.


Conforme a cultura helénica se foi expandindo, a sociedade se acomodo e a casa converteuse nun fogar máis acolledor, os cuartos énchense de mobles elegantes e ben proporcionados.

As mesas eran pequenas, case sempre trípodes de madeira, aínda que nas casas dos potentados as adoitaba haber de bronce.


Tiñan tamén cadeiras de diferentes modelos: "diphros" (tallo /banco de patas rectas) e okladias (con patas cruzadas).

Aparecen as KLISMOS, cadeiras de patas curvas, respaldo lixeiramente inclinado e moi cómodo, será a cadeira máis imitada durante o século XVIII pola súa comodidade e elegancia. A súa vixencia esténdese ata os nosos días.

Grazas á achega da cerámica de tipo, ánforas, vasos, recipientes de múltiples tamaños, que eran pintados puidemos coñecer a importancia do mobiliario, especialmente na época clásica.


Un moble moi repetido en toda clase de casas era o "arka" ou cofre, que servía para diferentes usos.

As camas foron evolucionando dende as sinxelas que describe Homero, e que consistían en simples montóns de peles, ata as máis complicadas da época clásica como o "Kline unha cama para comer deitados composta por un bastidor que suxeita unha rede de tiras de coiro entrecuzadas, e por un colchón. Estes leitos alzábanse sobre patas torneadas ou escuadras cuxa parte superior está decorada por un capitel. Dúas destas patas poden elevarse por enriba do bastidor formando un cabezal sobre o que pode dispoñerse unha almofada para apoiar a cabeza.

Deste Kline derívase o "triclinio", amplo leito en forma de U utilizado para comer e no que, como novidade, podían deitarse tres persoas.


MOBLES

DE

CINE

Memorias de África da escritora danesa Isak Dinesen. Adaptada por Kurt Luedtke a partir deste libro e doutras obras de Dinesen, a película foi dirixida por Sydney Pollack e obtivo sete Premios Óscar, incluíndo o de mellor filme, mellor dirección e mellor guión adaptado.

Narra, varios episodios da vida de Dinesen en Quenia, durante a época na que esta era unha colonia británica.


A comezos do século XX, Karen Blixen (nome real da escritora danesa Isak Dinesen), decide casar e irse a vivir co home a unha das colonias británicas de África, concretamente en Quenia, para dirixir unha plantación de café. Este matrimonio de conveniencia pronto se ven abaixo, debido ao carácter do seu marido e á falta de amor. O seu soño vese truncado polas dificultades económicas da plantación, aínda que se sente a gusto co lugar e as súas xentes.


Coñece alí a un cazador profesional, Denys Finch Hatton, aventureiro e liberal, que lle fai recobrar a alegría de vivir. Pero a súa visión respectiva do amor difire, debido a que el non concibe a vida sen a súa independencia e ela precisa dun compañeiro fiel. Un incendio destrúe a colleita de café e Karen arruínase, tendo que volver a Europa, e aínda que naquel momento xa estaban separados, Denys ofrécese a axudala. O último día de Karen en Quenia, Denys ten un accidente na súa avioneta e falece, enterrándose logo nas montañas de Ngong.


O moble de estilo colonial É coñecido con este nome porque se basea nos mobles que se usaban nas antigas colonias dos países europeos. Os mobles coloniais fan evocar paraísos asiáticos e tropicais.

Construídos con madeiras exóticas como a de teka ou caoba, mesmo parecen gardar o aroma deses bosques lendarios. Son de aspecto sólido, realizados artesanalmente, a miúdo con talles e motivos procedentes desas culturas. O seu nome engloba, sen facer practicamente ningunha distinción, os mobles que xurdiron da mestizaxe de culturas nos anos en que as potencias europeas tiñan presenza en latinoamérica, Africa e Asia. Hai diferenzas obvias entre os mobles que proceden de cada un destes lugares que, ademais, están influenciados pola cultura europea que gobernaba cada un dos lugares.


Nos nosos días, pódense encontrar, tamén moi cotizadas, reproducións case exactas daqueles mobles, feitos por artesáns da zona seguindo as mesmas técnicas e procesos que no pasado.


MOBLES

DE

CINE

Multioscarizada película de Sydney Pollack, que centra o seu interese no tratamento reflexivo sobre as vivencias en África da danesa Karen Blixen, muller da alta sociedade convertida en futura escritora baixo o pseudónimo de Isak Dinesen tras as súas inesquecibles experiencias (románticas, culturais, etc) en contacto co continente africano. Belamente fotografada a película, a pesar de certa aparencia épica, incide primordialmente no profundo retrato emocional do seu personaxe feminino, sobre a base dos seus pensamentos vitais, as súas relacións sentimentais e a súa nova ligazón con outras perspectivas socioculturais, abordando temas como a ausencia, a necesidade, a definición amorosa ou o colonialismo, sendo este acometido de xeito un tanto aséptico.


Características do moble colonial Madeiras macizas. Está feito con madeiras sólidas, macizas, principalmente de teka que é moi resistente e apta para exterior.

Nas cadeiras e cadeiras de brazos encontramos traballos fermosos con ratán.Cadeiras e cadeiras de brazos dunha peza nese material que, así, os converte en mobles aptos para o exterior.


As liñas son rectas xa que se axustan ao modelo europeo deses anos, aínda que co toque exótico que dan os seus fabricantes.

Tamén encontramos talles, patas torneadas e a combinación coa forxa nas mesas de comedor, ou os escritorios.

Unha peza característica neste estilo é o escritorio "de barco", rectangular e con patas de tesoira, moi liso e con algún pequeno caixón baixo o sobre.


Pódese atopar tamén escritorios máis tradicionais, mesas de comedor, mesas de centro e auxiliares, todas de aspecto macizo, en madeiras escuras. Ás veces, alixéiranse con cristal. O certo é que xa se incorporan outros materiais que conseguen unha especie de "neocolonial".

Son comúns as vitrinas de dobre uso (tamén utilizadas como librarías) e librarías abertas.


Camas con doseis, mesas baixas de liñas moi rectas ou cadeiras de madeira, cos brazos tamén dese material e, como non, biombos e arcóns, reflexos da época.

.....


MOBLES

A U D R E Y

DE

CINE

H E P B U R N



Naceu o 4 de maio de 1929 en Ixelles (Bélxica). Filla dunha aristócrata de orixe holandesa e dun banqueiro británico. Creceu e educouse en Holanda. Ao finalizar a guerra trasládase a Londres para converterse en bailarina e aparecer nalgunhas películas británicas interpretando pequenos papeis.


Comezou a súa carreira mal, sen pena nin gloria, nunha película británica, Risas do paraíso, dirixida por Alastair Sim en 1951. No mesmo ano, Audrey Hepburn coñece na Costa Azul a Colette, quen lle suxire que encarne a Gigi na versión teatral da novela prevista en Broadway. Aceptou e conseguiu un grande éxito que lle abriu as portas de Hollywood.


En 1953, concédenlle o Oscar pola súa aparición en Vacacións en Roma (William Wyler) película coa que se converteu nunha das máis cotizadas actrices do cine de entón. Despois traballou en La calumnia, dirixida outra vez por William Wyler; Sabrina, dirixida por Billy Wilder; Os que non perdoan, dirixida por John Huston; Charada e Dous na estrada, dirixidas por Stanley Donen; Almorzo con diamantes, dirixida por Blake Edwards; e My Fair Lady dirixida por George Cukor. O seu traballo xogou co sentido da distancia e a sofisticación aparecendo sinxela e extraordinariamente atractiva na pantalla. Retirouse do cine para ocuparse dos seus dous fillos pero regresa en 1976 para actuar en "Robin e Marian". Foi embaixadora especial da UNICEF. Audrey Hepburn faleceu o 20 de xaneiro de 1993 en Tolochenaz (Suíza).


MOBLES

DE

CINE

Nun barrio moderno e anodino, onde todo está excesivamente organizado, viven monsieur Arpel, a súa esposa e o seu fillo Gérard, que se aburre soberanamente. A chegada do seu tío, monsieur Hulot, un personaxe soñador e cheo de fantasía, alterará ese mundo tan aséptico, sobre todo porque non tarda en converterse no mellor amigo do seu sobriño. A contraposición do mundo moderno e a vida no barrio, é o que nos mostra Xaques Tati nesta película que non deixa de sacarche un sorriso en cada escena.

O meu tío. Jaques Tati. 1957. Francia Non é unha película onde a trama teña un peso especifico na composición do guión, xa que a película se realizou unindo unha serie de gags, onde iso se, o fío condutor é o sr. Hulot, que sempre está metido en leas. Case todo son planos fixos, pero cuns encadres moi orixinais, dando a sensación en ocasións de que nos encontramos diante dun cadro costumista e onde a acción non só sucede no primeiro plano senón que se reparte por todo o encadre.


O meu tío é unha película que resume fantasticamente a arquitectura e a cidade de mediados de século XX, nos dous extremos máis recoñecibles. A película de Jacques Tati mostra os contrastes entre dous mundos, dúas maneiras de vivir e de entender a cidade e a arquitectura dos anos 50. O que para Tati é unha estética futurista, é para nós a actualidade. Vila Arpel é unha burbulla supermoderna pechada ao exterior mediante un muro que a separa do resto do barrio.


Tati na súa obra fai unha crítica social a través da utópica modernidade dos anos cincuenta, coa súa automatización e control remoto. Todo na casa vai mal, non funciona, a porta do garaxe mantén prisioneira á parella, a fonte do xardín salpica a todo o mundo. A casa e o xardín son un mundo hostil para o pequeno Gerard. Todo é unha trampa, os armarios, o xardín é unha auténtica pista de obstáculos. Podemos ver como o seu futuro é nosa actualidade, xardíns geometrizados e ordenados, flores de plástico, as vivendas garaxe, as casas cadradas, os novos materiais e as cores vivas.

Dentro da casa, e coa excepción das cadeiras Scoubidou de Pierre Guariche, Michel Mortier, Joseph-André Motte, fundadores do Studio A.R.P., Atelier de Recherche Plastique, as lámpadas de Serge Mouille e cerámica Pol Chambost, o famoso floreiro Dubrocq de Madame Arpel, todo o mobiliario foi deseñado por Tati e Lagrange, como o "canapé xudía" na que Hulot se encontra ao final da película.


En 1958 Jacques Tati móstranos algúns dos máis modernos deseños de mobles da época como as cadeiras de brazos Maxima(1955) de Guariche. Realizados con estruturas de metal e rematadas con fío Scoubidou estas cadeiras de brazos marcaron a estética dunha época.

Para os editores de mobiliario contemporáneo Domeau & Pérès, a película de Tati foi tamén «unha forma de autocrítica» respecto ao seu oficio referido ao « snobismo » que rodea ás veces a creación contemporánea. “Hai deseñadores tan cheos da súa idea que poden chegar ata ao ridículo”.


“Unha tarefa paradóxica foi aquela que nos obrigou a traballar sobre a incomodidade. Posto que estes asentos que interpretan un papel na película e foron fabricados para a ocasión, explica Bruno Domeau, están vinculadas á incomodidade, xa que Tati quería denunciar un xeito de parecer personaxes que queren parecer 'modernos'. Traballouse polo tanto en contra do noso oficio”.

Unha peza da colección de mobles editada polo Dúo Domeau e Péres procedente da película de Jacques Tati "O meu tío": a randeeira do Señor Arpel, de coiro sobre estructura en metal lacado.

Conxunto de catro cadeiras espírito Matégot anos 50 vista na película de Jacques Tati.


MOBLES CINE de

Homes de Negro (título orixinal en inglés: Men in Black) é unha película de ciencia ficción protagonizada por Tommy Lee Jones (Kevin Brown / Axente K) e Will Smith (James Edwards III / Axente J). Narra a historia dunha organización secreta que vixía a actividade alieníxena na Terra. A película é unha adaptación da historieta homónima de Lowell Cunningham. Á súa vez, o título fai referencia aos Homes de Negro, uns personaxes habituais nas teorías da conspiración que supostamente serían os encargados de ocultar aos cidadáns a presenza de extraterrestres.


EYEBALL

A cadeira Eyeball orixinal dos anos sesenta reescribiu a historia do deseño. O seu creador Eero Aarnio naceu en Helsinki, Finlandia, en 1932. Aarnio deixouse atrapar polo movemento psicodélico do Pop Art dos anos 60, dándolle o seu toque persoal que constitúe o selo distintivo da súa obra. A cadeira ten unha plataforma en forma de ovo cun pé de apoio con forma de trompeta. A estrutura é de fibra de vidro en cor brillante con interior en tela. Medidas: 78 ancho, 70 Fondo e 140 alto cm.


Esta cadeira non é famosa tan só pola súa forma, senón tamén pola súa capacidade de suprimir os ruídos externos creando un ambiente tranquilo e relaxante no seu interior.

A cadeira "Eyeball" segue sendo utilizada hoxe en día en todo tipo de películas de ciencia ficción e outros medios de comunicación. Trátase dunha peza de mobiliario que sempre será moderna.


T MAT CHAIR O

O

Ideada en 1971, a cadeira tomate cumpre coa visión de deseño pouco convencional do célebre deseñador de interiores Eero Aarnio. O finlandés formou parte da corrente experimental dos anos 60 e a súa fascinación por formas orgánicas e fluídas reflíctese en todas as súas creacións.


Aarnio é un dos pioneiros no uso do plástico na industria do deseño. O material plástico permite aos deseñadores crear con liberdade calquera forma e utilizar as cores que desexen. Isto deu a luz obxectos que oscilaban entre a función e a diversión - pero sempre fascinantes.

A intención do deseñador foi crear unha peza que tivese un equilibrio tan perfecto que puidese permanecer estable ao flotar na auga. Aarnio conseguiu o seu propósito unindo tres esferas da mesma proporción creando así unha simetría na cadeira tomate. As curvas desta peza proporcionan unha gran comodidade e o seu deseño adáptase tanto a espazos interiores como exteriores.

Os deseños de Aarnio son coñecidos en todo o mundo e apareceron en numerosas publicacións e na gran pantalla, sobre todo en películas de ciencia ficción.


O DESEÑADOR

Eero Aarnio naceu en Helsinki, Finlandia, en 1932. Ao pouco tempo de graduarse no Instituto de Artes Industriais do seu país natal, Aarnio comezou a facerse un oco no mundo do deseño de mobiliario grazas á súa impresionante visión modernista. Inspirado pola natureza e as formas orgánicas, a obra de Aarnio converteuse nun aspecto esencial da cultura popular da década dos 60. Os deseños do finlandés presentaban un estilo único e orixinal que segue sendo gabado a día de hoxe por críticos e Museos de Arte Moderna de todo o mundo. Aarnio deixouse cativar polo movemento psicodélico do Pop Art dos anos 60, dándolle o seu toque persoal que constitúe o selo distintivo da súa obra. Os deseños de Aarnio son coñecidos en todo o mundo e apareceron en numerosas publicacións e na gran pantalla, sobre todo en películas de ciencia ficción.


M O B L ES

de

C I N E


William Bradley Pitt, nado en Oklahoma no 1963, é un actor e produtor estadounidense. Pitt recibiu catro nomeamentos ós Premios Oscar e cinco ós Globos de Ouro, e é gañador dun Globo de Ouro.

Pitt gañou recoñecemento por vez primeira interpretando a un cowboy en Thelma e Louise (1991). Os seus primeiros papeis protagonistas en grandes producións foron A River Runs Through It (1992), Interview with the Vampire (1994) e Legends of the Fall (1994). En 1995, foi aclamado pola crítica pola súa interpretación no filme de suspense Seven e no de ciencia ficción 12 Monkeys, valéndolle este último un Globo de Ouro ó mellor actor de reparto e un nomeamento ós Premios Oscar. Posteriormente participaría no éxito internacional Ocean's Eleven (2001) e as súas secuelas. Os seus maiores éxitos comerciais foron Troia (2004), Mr. & Mrs. Smith (2005) e World War Z (2013). Pitt recibiu o seu segundo e terceiro nomeamento ós Oscar polas súas actuacións en O curioso caso de Benjamin Button (2008) e Moneyball (2011). Pitt ten a súa produtora de cine, Plan B Entertainment, responsable de filme como Infiltrados (2006), que gañou o Oscar ó mellor filme, e Moneyball, e lle valeu un nomeamento nesa mesma categoría.


A colección Pitt-Pollaro facía a súa estrea mundial en novembro 2012. Tras un período de desenvolvemento de catro anos, conducidos pola súa visión común de calidade sen par, Brad e Frank crearon a colección Pitt-Pollaro. Deseñada por Pitt e construída por Pollaro adicaron centos de horas a reunións onde a visión de deseño de Brad era compensada coa destreza lendaria de Pollaro.

CC-1 Chair, designed in 2009 Macassar ebony with patinated bronze accents. Custom upholstery. Shown in short pile synthetic fur.

Os prototipos foron ideados, revisados e recreados ata que Brad estivo satisfeito con todos os detalles do deseño, e Pollaro estaba seguro da viabilidade e integridade de cada peza.


The Long Run Table, designed in 2012 Unique exotic slab with dynamic base. Single piece slab top. Hand oiled finish. Custom Limited Edition of nine (9) signed and numbered pieces, each unique.

Cadeiras de brazos, un estante, mesas e unha cama de matrimonio completan os deseños de mobles de Brad Pitt. Son deseños de luxo, segundo Architectural Digest, inspirádos tanto polo Art Nouveau como o art Deco.


Todas as pezas na colección Pitt-Pollaro son feitas a man. Todas son edicións limitadas e certificadas e asinadas tanto por Pitt coma por Pollaro. Posto que todas estas pezas son de encargo, o cliente pode introducir suxestións en canto a materiais e acabados. Son deseños do Século XXI, de liñas cambiantes, proporcións agradables e selección de materiais sen igual.

Highs & Lows Unit, designed 2012 Ceylon satinwood, Macassar ebony (Diospyros celebica), lacquer. Customizable. Available in custom sizes.

PP-2 Bed, designed in 2001 Ziricote with farm raised stingray skins and nickel details. Integrated movable bedside tables. Also available with drawer tables. Hand polished finish. Dimensions: Height: 44”, Width: 148”, Depth: 110”. Limited Edition of nine (9) signed and numbered pieces. Each one in a unique wood. Available in Ziricote, Macassar ebony, Ceylon satinwood, Amboyna burl, Olive ash burl, Macassar ebony with diamond pattern inlays, hand laid eggshell, goatskin, and stingray skin.


MOBLES DE CINE

BoConcept速


O inextinguible James Bond, agora Daniel Craig, volveu coa 22ª entrega da saga máis longa da historia do cine. A Craig acompáñano Olga Kurylenko, Mathieu Amalric, Judi Dench e o español Fernando Guillén Cuervo, que representa, a un xefe de policía boliviano. Quantum of Solace - intraducible - comeza xusto unha hora despois do fin de Casino Royale. Como en todas as películas de Bond o estilo e o glamour estarán omnipresentes, por suposto tamén na decoración.

BoConcept axudou a que así sexa, achegando os seus deseños aos decorados desta entrega. Os seus mobles de deseño de urbano e internacional encaixan á perfección coa escena desta luxosa festa en Bolivia. A localización da escena realizouse en Panamá nas ruínas dunha gran casa transformada nun impoñente decorado.

Os mobles máis rechamantes pertencen á colección de pel Alpha. Os seus sofás, butacas e pufs foron os elixidos para a escena da festa. O bar está elegantemente decorado cos tallos Mariposa en pel branca. Os sofás e tallos da colección Alpha utilizados no decorado de Bolivia custan dende 2306 euros o sofá de tres prazas e dende 585 a butaca. Os tallos de pel Mariposa dende 485.


"O mobiliario de Maxalto foi unha elección ideal para Quantum of Solace porque é decididamente contemporáneo, totalmente funcional e evoca a sensación de luxo que un espera cando pensa" "no estilo de vida de James Bond", comenta a decoradora e escenógrafa de Eon Productions.

Como patrocinador de mobiliario para a película, B&B Italia proporcionou unha selección de pezas das coleccións Maxalto, que encaixan tamén perfectamente coa estética elegante e de liñas aerodinámicas de Bond.

Os mobles de Maxalto toman protagonismo en diversas escenas ao longo a película, entre as que se inclúe unha suite de hotel, situada no Grand Hotel Bolívar de Panamá. Entre as pezas que aparecen na película, pódense destacar a cama Talamo, da colección AC, e o escritorio Max, da colección Simplice, ademais dunha selección de mesas de noite e cadeiras de brazos.


En Casino Royale, cando Bond e M falán no apartamento de M, ambos os dous están sentados nunha cadeira Barcelona. A Cadeira Barcelona foi deseñada en 1929 por Ludwig Mies van der Rohe, para o Pavillón alemán para a Exposición Internacional de 1929 de Barcelona. Knoll comprou os dereitos do deseño nos 1960s e actualmente é o fabricante oficial da cadeira, aínda que moitas reproducións desautorizadas proliferan mundialmente e son vendidas baixo nomes diferentes.

A multinacional danesa BoConcept é unha franquía especializada na venda de mobles de deseño moderno. Os produtos da marca caracterízanse por unir estilo e funcionalidade. BoConcept, que abriu a súa primeira tenda en París en 1993, segue as últimas tendencias en decoración e mobiliario e ofrece aos seus clientes unha excelente relación calidade-prezo. A funcionalidade é, xunto ao deseño, o outro gran piar que define BoConcept®. En permanente busca do equilibrio entre funcionalidade e estética, a marca aposta por deseños sinxelos de liñas puras e materiais de calidade.


Nesta película do 2008, M ten unha nova oficiña de deseño ultramoderno incluindo os mobles e a iluminación. M está sentada nunha Silver Chair 262 S producida por Interstuhl. No outro lado da mesa, podemos ver dous Silver Chairs 101 S.

O éxito de BoConcept® radica na excelente relación deseño-prezo dos mobles, na coordinación e flexibilidade dos seus programas que dan respostas a cada necesidade particular, ao seu concepto de moble desmontado que reduce os custos de transporte e facilita o traslado e montaxe deste, e na atención personalizada que recibe o cliente que acode a unha tenda BoConcept.


MOBLES DE CINE


NA RODAXE



NA PROXECCIÓN



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.