VIAXANDO CON CHESTER CICLO DE MADEIRA IES DE MELIDE
Os sofás Chesterfield ou Chéster son un símbolo indiscutible e emblemático do Estilo Clásico Inglés en mobiliario e decoración. A súa orixe histórica documentada, data de principios do século XIX cando se empregaron para ambientar os exclusivos e elitistas clubs sociais londinienses, onde só se permitía a entrada a socios do xénero masculino. Nas décadas seguintes pasou aos salóns das casas británicas da alta sociedade e posteriormente popularizouse ata converterse nunha icona da decoración británica e o sofá clásico inglés por excelencia.
1