A. Sela, Amador F. Mejeras, F. Fidalgo e Ovidio de Queipo

Page 1

Alexandro, Amador, Paco, Ovidio... Escritos da xeraci贸n galegoasturiana de 1936 para nenos e nenas Escolma e notas de Xo谩n Babarro

1


Alejandro Sela García (Vilavedelle, 1911 – Navia, 1982)

Amador Fernández Mejeras (Ribadeo, 1913-1971)

Francisco Fidalgo Villaveirán (El Franco, 1913 – Oviedo, 1998)

Ovidio Martínez Álvarez “Ovidio de Queipo” (Boal, 1915-1945)

2


A Xeración galegoasturiana de 1936 está consituída por un grupo de autores nacidos na segunda década do século XX que, a pesar de seguiren mantendo a tradición decimonónica, presentan nos seus escritos unh serie de elementos estéticos innovadores. A súa integración na vida sociocultural do occidente do Principado non impide que manteñan relacións con escritores de Galicia e que contemplen, uns máis que outros, a integración das falas comarcais dentro da lingua literaria común. A guerra civil e a situación política posterior condicionou profundamente o seu labor creativo así como a opción idiomática. A pesar diso, seguen facendo incursións no galego ao longo da década dos corenta. Dentro do grupo queremos destacar as obras de Alejandro Sela, Amador F. Mejeras, Francisco Fidalgo Villaveirán e Ovidio Martínez de Queipo. Os catro, coñecidos e amigos, participaron durante a súa mocidade, en diversos actos de carácter literario, en actividades relacionadas coa divulgación de bibliotecas e colaborando en periódicos locais e mesmo contribuíndo na súa fundación. Sela, en El Aldeano de Castropol; Fidalgo e Mejeras, en Atalaya de Figueiras, e os catro (varias veces coincidindo dous no mesmo número), no ribadense Las Riberas del Eo. Alejandro exerceu a profesión de avogado, función que tamén compartiu Francisco co maxisterio, que foi a súa ocupación primordial, igual que a de Amador e, durante algún tempo, ade Ovidio. A prosa de Sela foi editada, en 2000, por Xosé Miguel Suárez en El Tío Pepe. Colaboracióis periodísticas en gallego-asturiano (1931-1948). A poesía de Mejeras escolmouna Félix Villares, en 2007, en Un alpendre de sombra e de luar. A escola literaria da Diócese de Mondoñedo-Ferrol, ademais de celebrar, en 2013, o centenario do seu nacemento na revista Amencer. Tamén en 2013 conmemoramos o de Fidalgo facendo público o seu sainete As dúas riquezas e preparando a edición da súa obra en galego. En 1915, cando se cumpren os cen anos do nacemeto de “Ovidio de Queipo”, esperamos contar cunha visión máis completa dos seus escritos. Así, chanzo a chanzo, chegaremos a ter unha visión global da Xeración galegoasturiana de 1936 e da súa transcendencia literaria e cultural no occidente do Principado.

3


1 OS SANTURROIS […] Dúas ou tres casas en cada pueblo son abondas pra que se xunten os devotos dos santurrois, que son muitos. Van os novos de cada casa, i unha vez que outra, os santurrois vellos, pra acompañalos . [...] Escríbense nun papel os nombres das mozas i os dos mozos noutro, i recóntanse un por un. Métense os das mozas nun saqueto, enroscados, i noutro saqueto, del mismo xeito, os dos rapaces. Sácase un nombre dun saqueto i, case al mismo tempo, un del outro, que se len berrando abondo pra que oigan todos. Deste xeito xa temos a primeira parexa de comprometidos [...]. Despois cóyese unha liñada de filo cunha aguya pra coser as pareyas unha por unha, deixándolas un pouquín separadas pra que nun se confunda demais, i xa tán os santurrois feitos. [...] Dispois que tán os santurrois feitos hai que levalos, de noite mismo, a deporondalos a un árbol calquera, para que al outro día as vellas, cuando vaian á fonte ou salan da misa, se enteren1. [...] Fulano de Tal (El Aldeano, nº 30, 30-XII-1930)

Alejandro Sela

1

VARIANTES: *Pueblo = lugar. Pra = para (o texto tamén rexistra para). Oigan = oian. Muitos = moitos. I = e. *Nombres = nomes. Del, al = do, ao. *Mismo = mesmo. *Parexa, pareya, cóyese, aguya = parella, cóllese, agulla (o autor escribe, en cambio, nesta mesma colaboración, vellos e vellas). Nun = non. Filo = fío. Tán = están. Dispois = despois. *Un arbol = unha árbore. Salan = saian. Cuando = cando. *Enterarse = decatarse, informarse. SINÓNIMOS: Os santurrois = as cédulas, as estreas, botar os noivos, sorteos de mozos. Novos = xente moza. Deporondar = Pendurar, colgar. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Como se clasificaban os nomes das mozas e os dos mozos? 2. ¿De que formas se emparellaba o nome dunha moza co dun mozo?

4


2 EL ANTROIDO [...] Cuando eu era rapacín ¡aquelo si que era Antroido! Xuntábamonos unha recua delos, todos del meu tempo máis ou menos, i unhos vestidos de muyer i outros de home, armábamos cada rebumbio temible. Pero lo máis gracioso –i del que agora nun se fai nada– era el que faguíamos, xa desde ben días antes de antroido, cos cacharros veyos i os calabazois podridos: coyíamos, ei ás nove ou dez da noite, ¡i cacharrada calabazón!, i íbamos petar ás portas pra que nos abrisen, i cando taba aberta, ¡pumba!, tirábamos todo pra dentro, hacia a cucía, i armábase el boureo del demo col ruído das trangayadas i os insultos dos da casa2. [...] El Tío Pepe (El aldeano, nº 34, 28-II-1931)

Alejandro Sela

2

VARIANTES: Antroido = entroido. Cuando = cando (neste mesmo texto, tamén cando). Delos = deles. Del, el, col = do, o co. I = e. Unhos = uns. Muyer, veyos, coyíamos, trangayadas = muller, vellos, colliamos, trangalladas. Nun se fai = non se fai. Faguíamos = faciamos. Calabazois = calabazóns (cabazos). Ei, eí = aí. Íbamos = iamos. Pra = para. *Hacia = cara a. Taba = estaba. Cucía = cociña. SINÓNIMOS: Boureo = barullo, balbordo, alboroto. Trangallada = trapallada, trampullada. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Como ían disfrazados? 2. ¿En que consistía a broma?

5


3 EL MONDONGO […] Unha das cousas en que máis se esmeran as muyeres é nas morciyas, pois en muitas casas, eu téñolo visto, danlas ás amistades, pra que, en cuanto estas maten, yes dían a proba das súas. –¡Salíronche boas! ¡Botácheyes ben almendras! ¡Nun che saliron tan ben as del ano pasado! ¿Estoupáronse muitas? –Non que las pinchei cun alfiler de monxa. Esto, máis ou menos, é el que se yes oi decir todos os anos. Einda poin máis esmero, se máis pode poñerse, nos chourizos. Como duran todo el ano i van al pote diariamente, a responsabilidá é inda máis grande, que nas morciyas. Condo chega unha visita, un parente, un cualquera, bótase máis axina mau dun chourizo que de cousa algunha3. […] El Tío Pepe (El Aldeano, nº 54, 30-XII-1931)

Alejandro Sela

3

VARIANTES: Muyeres, morciyas, yes... = mulleres, morcillas, lles... Muitas = moitas. Téñolo, danlas = Téñoo, danas. Pra = para. Cuanto, conto = canto. Condo = cando. Dían = dean. Salíronche = saíronche. Nun = non. *Almendra = améndoa. Del, el, al = do, o, ao. Las = as. *Pinchei = piquei. *Alfiler = alfinete. Oi = oe. Einda, inda = aínda. Poin = poñen. I = e. Responsabilidá = reponsabilidade. Cualquera = calquera. Axina = axiña. Mau = man. *Que cousa algunha = que cousa ningunha. SINÓNIMOS: Mondongo = mondongada, preparación dos embutidos. Alfinete de monxa = Alfinete moi fino. Estoupar = rebentar. Axina, axiña = decontado, deseguida. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que lles fan ás morcillas para que non estoupen? 2. ¿Por que poñen máis esmero nos chourizos?

6


4 EL VAREXADOR […] Todos anos el Penelo varexaba. A xornal. Pra este, pral outro ou pra quen lo chamase i tuvese –xa se sabe– castañeiros. Tíase meyor que naide entrepernado nunha cana sin agarrarse. ¡Ei tá a cencia! Si se agarrase nun podería varexar, porque preiste labor fain falta as maus pra maniobrar con a varexa i tirar os pinelos de arizos, si estos tán en pinelo, ou pra feiryes arrestelar as castañas, cuando estas nun arrestelan por a súa voluntá.4 […] El Tío Pepe (Las Riberas del Eo, nº 3820, 5-X-1948)

Alejandro Sela

4

VARIANTES: Todos anos = todos os anos. Pra = para. El, pral = o, para o. Lo = o. I = e. Tuvese = tivese. Ei, eí = aí. Tá, tán = está, están. Si = se. Tíase = tíñase. Meyor = mellor. *Naide = ninguén. Nun = non. Preiste, pra este = para este. Feiryes, faeryes = facerlles (obsérvese a evolución ae > ei en preiste e feir) . Fain = fan. Maus = mans. Arizos = ourizos. Estos = estes. Cuando = cando. Por a súa voluntá = Pola súa vontade (de seu). SINÓNIMOS: Varexar = Golpear cunha vara. Cencia = saber, habilidade. Entrepernado = escarranchado. Cana = Póla, rama. Pinelo = ramallete, piña. Arrestelar = Pingar. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿En que consiste traballar a xornal? 2. ¿Como se sostiña no alto dos castañeiros?

7


5 POSTAS DE SOL A D. Justo Trashorras Pacios, fraternalmente.

¡Postas do sol de agosto que na terra de Asturias eu recordo, cando amence, cuya imaxen augusta non me esquence, cando o astro pinta co seu ouro a serra! ¡Horas de ensono, bendición, paisaxe, momentos cando as brisas se desmaian e os xilgueiros de amor seu trino ensaian nos seus niños, cubertos de follaxe! No ceio azul, as nubes pequeniñas, lus vagorosa as raudas anduriñas; na aldea solo de campás repique5. […] (Las Riberas del Eo, nº 3563, 30-X-1943) Amador F. Mejeras

5

VARIANTES: *Cuya = cuxa. *Imaxen = imaxe. *Ensono = soño. Ceio = ceo. Lus = luz. Solo = só.

SINÓNIMOS: Amencer = amañecer. Soño = fantasía, ilusión. Xilgueiro = xílgaro, pintasilgo, picacardos. Raudas = veloces. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿En que época do ano sitúa o poeta a posta de sol? 2. ¿Que elementos salienta no ambiente?

8


6 PRÁ MIÑA ALDEA A Ramón F. de Soto en prueba de gratitud.

Cando a aurora sonrosada aparece polo Oriente i os merliños na enramada saludan o sol nascente, e cando entre os piñeirales se percibe a fresca brisa i os douradiños trigales brilan do sol coa surrisa, deixo a solitaria aldea i o meu paterno fogar, nos que tanto me recrea dos xilgueiros o cantar, pra ver que os traballadores baixan cara ós labradíos e que os sencillos pastores alindan preto dos ríos. ¡Que alegría feiticeira dormir baixo dos castiros e da brisa pracenteira escoitar soaves suspiros! 6 [...] (Publicada baixo o epígrafe “Poetas da terra”, figura no arquivo de Antolín S. Mediante)

Amador F. Mejeras

6

VARIANTES: I = e. Saludan = saúdan. Nascente = nacente. Piñeirales, trigales = piñeirais, trigais. *Brilan = brillan. Surrisa = sorriso. Pra = para. *Sencillos = sinxelos. Dormir = durmir. Soaves = suaves. SINÓNIMOS: Aurora = abrente, alborada. Labradío = labrado. Alindar = apacentar. Castiro = castiñeiro. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Como describe o autor a natureza? 2. ¿Que sentimento produce no poeta?

9


7 MOITOS ANOS... A D. Eduardo Lence Santar, caro amigo.

¡Moitos anos pasaron dende o día cando triste marchei de Mondañedo craro mencer primaveiral e quedo, para vivir na miña Asturias fría! Semanas fai, ás miñas mans chegaron unhas follas, envío dese bardo galego, meu insigne D. Eduardo Lence Santar. El e outros as mandaron imprimir ó cumprirse o Centenario do nascemento en pobo lexendario de Mondañedo, do ilustre Pascual Veiga, o músico xenial, autor famoso, que compuxo a Alborada… Foi dichoso e nobre fillo desa Ciudá meiga, que o bendice piadosa e que o adora, cal o poeta, que, ó contalo, chora7… (Las Riberas del Eo nº 3522, 16-I-1943)

Amador F. Mejeras

7

VARIANTES: Mondañedo = Mondoñedo. Craro = claro. *Primaveiral = primaveral. Nascemento = nacemento. *Dichoso = ditoso. Ciudá = cidade. SINÓNIMOS:Bardo = poeta. Quedo = tranquilo. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que momento da propia vida recorda o poeta? 2. ¿Quen foi Pascual Veiga?

10


8 VILLASELÁN A su digno Párroco D. José Antonio Lodos Villarino, fraternalmente.

¡Quen me dera de Ti hoxe encontrarme non tan lonxe; sinón cerca, cerquiña, como cando ás túas prantas, Virxenciña, me levaban meus pais, a arrodillarme! Agora que eles faltan, pois morreron…, ¿a quen hei de chamar nos meus doores, mais que a Ti, craro sol dos meus amores, a quen eles ¡meus probes! me ofreceron? Solo me queda, de Ti separado, doce recordo, teu Santuario amado, e da túa festa seus encantos mil…, que me inspira tamén outra Capilla preto da miña Escola; marabilla da Asturias grata e fermosa: Villaoril8. (Las Riberas del Eo, nº 3541, 29-V-1943)

Amador F. Mejeras

8

VARIANTES: *Villaselán = Vilaselán. Sinón = senón. Prantas = plantas. Virxenciña = Virxiña. *Arrodillarme = axeonllarme. *Os meus doores = as miñas dores. Craro = claro. Probes = pobres. Solo = só. *Capilla = capela. SINÓNIMOS: Ás túas plantas = aos teus pés. Preto = cerca. Grata = agradable. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Que sentimento íntimo transmite o poeta? 2. ¿Cales son as dúas localidades que figuran no poema?

11


9 NANA PRA DORMIR OS NENOS Duérmete, nenito, que viene el coco a llevarse a los niños que duermen poco. Nun durmas, nenín, nin peches os oyos que el coco i as bruxas levan solo aos tollos. [...] Nun durmas, pequeno, berra canto poidas, espernexa i grita i, si queres, chora. [...] A noite tá moura, ximben os carballos, el vento i a lluvia turran nel teyado. [...] Nun durmas con medo, meu neno pequeno, que el demo non lleva aos neníos buenos9. (Fiestas Patronales de Santiago Apóstol de Boal, 1988)

Francisco Fidalgo Villaveirán

9

VARIANTES: Nun durmas = non durmas. Oyos, teyado = ollos, tellado (o autor escribe, en cambio, carballos). El, nel = o, no. Tollos, lleven, llume, lleva = tolos, leven, lume, leva. I = e. Si = se. Tá = está. Tou = teu. *Lluvia = chuvia. Neníos = neniños. *Buenos = bos. SINÓNIMOS: Ximben = zoan. Turran = baten con insistencia. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Como describe o autor a noite fóra da casa? 2. ¿Por que lle di ao neno que non durma con medo?

12


10 ANTONÓN NO INFERNO [...] –Ahora vas saber que[n] é Antonón i que conmigo nun valen demos, nin grandes nin pequenos... ¡Toma! I soltouye úa patada na barriga, que largou al demo nel medio del lume. I, volvéndose pa detrás, coyeu a tres demos pequenos que taban queimándoye as cachas con us ferros calentes i, agarrándolos por el rabo, deuyes tres voltas por el aire i chimpoulos núa caldeira de agua fervendo. –Aquí nun hai más demo que eu, Antonón. I el que nun teña contento, que se vaia prá terra. En esto, viu a S. Bartolo i, soltando grandes carcajadas, dixo: –¡Esto xa é outra cousa! Aquí é verdá que lle zorregan a un; pero tamén las levan. En todo el día nun paro de sacudir aos demos. Queimar si que me queiman; pero douyes cada centellazo..., que los volvo tolos. Pásolo mui ben i mui entretenido10. [...] (Fiestas de San Bartolo 1987, Piñeira de Castropol)

Francisco Fidalgo Villaveirán

10

VARIANTES: *Ahora = agora. *Conmigo = comigo. Nun valen = non valen. I = e. Soltouye, coyeu, deuyes... = soltoulle, colleu, deulles... El, al, del, nel = o, ao, do, no. Pa = para. Prá = para a. Con us = cuns. Calentes = quentes. Taban = estaban. Agarrándolos, chimpoulos = agarrándoos, chimpounos. Úa, núa = unha, nunha. Agua = auga. *Más = máis. Teña, esteña = estea. *Carcajadas = gargalladas, risas. Verdá = verdade. Las, los = as, os. *Centellazo = Golpe. Mui = moi. *Entretenido = entretido. SINÓNIMOS: Cachas = nádegas. Zorregar = zoupar, zoscar, zumbar. DÚAS PREGUNTAS: 3. ¿Que lles fixo Antonón aos demos? 4. ¿Que lle dixo a San Bartolo?

13


11 NAMORADOS [I]

PEPA:

Pois o que che digo i che repito… Éche que Bonifacio é un bocado ben bon; ¡ai é, ho! Pos mira tu que vir de América despós de tar alló diecioito anos… Éche que vén ben forrao; ¿nun che parece? [...]

JUANITA:

Home; pois a min dáme pena por Antón; ¡tan infelizón i tan nemorado!

[II] BONIFACIO:

La prinsesa está triste… ¿Qué tendrá la prinsesa? [...] ¿Piensa; acaso en el prínsipe de Golconda o de China o en el que ha detenido su carrosa argentina, para ver de sus ojos la dulsura de luz?...

ANTÓN:

Xa empezou el mui cabrito; pos un raio me parta si antes de salir desta casa nun vai haber un bon cisco. ¡Ai, vai, ho!

PEPA:

¡Cuantas cousas sabe! ¡Estos homes de mundo aprenden tanto…! ¡Ah, Bonifaciño! ¿Tuviche en París de Francia, ho?

ANTÓN:

¿Este? ¡Boo…! Si, muyer, si tuvo; ¿Non iba a tar? Pos ben se ye nota que tuvo i tá… en Babia11. [...] (Fragmento d’As dúas riquezas, orixinal conservado por Everardo Fernández)

Francisco Fidalgo Villaveirán

11

VARIANTES: I = e. Pos, despós = pois, despois. *Diecioito = dezaoito. Alló = aló. Forrao = forrado. Nun = non. Eo = eu. Nemorado = namorado. Prinsesa = princesa. Mui = moi. Si = se. Cuantas = cantas. Estos = estes. Tuviche, tuvo, tá = estiveches, estivo, está. Muyer, ye = muller, lle. SINÓNIMOS: Cisco = lío, pelexa, agarrada... DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿De onde acaba de chegar Bonifacio? 2. ¿Quen está realmente namorado de Xoana?

14


12 BÁGOAS E TRISTURAS Dicen que a pena se marcha, xunto das bágoas discretas i que esas frores de escarcha con que soñan os poetas, son como unhas anduriñas de alas mouras e pintadas, que cantan amor e riñas i fuxen entre alboradas. [...] Hai espiñas entre frores i os susurros do regato, son muitas veces dolores. Amarguras e clamores, cando “Ela” finxe alegato. Vén a noite tras do día i o queixume que atormenta, é como a pasión tardía que a foi levando a tormenta, mentras que no peito ardía12. (Las Riberas del Eo, nº 3384, 27-IV-1940)

Ovidio Martínez de Queipo

12

VARIANTES: Dicen = din. I = e. Frores = flores. *Escarcha = xeada. Alas = ás. Fuxen = foxen. Muitas = moitas. *Susurros = murmurios. Pasión = paixón. Mentras = mentres. SINÓNIMOS: Bágoas = lágrimas. Regato = regueiro. Queixume = laio, queixa. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Con que compara as flores o poeta? 2. ¿Que simbolizarán as espiñas?

15


13 SEMBLANZA Rapaza do pelo de ouro que en Chao do Campo da Sela, cos ollos me falache de amargura e de tristeza, [...] consinte que, nas ruadas, vaia con ti i as estrelas navegando pola ría, recitando os meus poemas i facendo cos refrexos que a lúa dibuxa nas penas, idilios interminabres de añoranzas mariñeiras… Rapaza do pelo de ouro que en Chao do Campo da Sela, cos ollos me falache, de amargura e de tristeza13. (Las Riberas del Eo, nº 3395, 13-VII-1940)

Ovidio Martínez de Queipo

13

VARIANTES: I = e. Refrexos = reflexos. Dibuxa = debuxa. Interminabres = interminables. Añoranzas = señardades. Falache = falaches. SINÓNIMOS: Ruadas = festas. Señardades = nostalxias, morriñas, soidades. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿En que lugar se prendou o poeta da moza? 2. ¿Como se imaxina coa namorada?

16


14 XA CHO DIREI ALGÚN DÍA Quérote moitiño, moito porque es feiticeiriña, i ademais tes úos oyos que son dúas xoias diviñas. Quérote porque me escribes con frases de sempatía i porque nos labios levas el azucre das rosquillas. Condo vexo nas silveiras amoras i paxariñas, i cando nos prados nacen as rosas de campanillas, entós sinto na mía alma úa nostalxia delorida14. [...] (Versión mecanografada por Ángel Arias)

Ovidio Martínez de Queipo

14

VARIANTES: Quérote = quéroche. Úos = uns. I = e. Oyos = Ollos. *Diviñas = divinas. Sempatía = simpatía. El = o. Condo = cando (esta segunda forma tamén aparece no poema). *Campanillas = campaíñas. Entós = entón, entoncias. Mía = miña. Úa = unha. Delorida = dolorida, dorida. SINÓNIMOS: Silveiras = silvas. Paxariñas = bolboretas. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Como describe o poeta a súa namorada? 2. ¿Cando sente nostalxia?

17


15 AÑORANZA Arrimado ás columnas de granito que sosteñen o peso do portal, cúa alegría que rebosa o peito enchido, sinto das anduriñas o parlido que úas e outras deixan al pasar. As máis delas son aves lexanas que da quente Abisinia chegaron, e os colores que levan nas alas son o fogo que abrasa a dúas almas que nun mes de maio queimaron. [...] Mais o idilio que un día forxamos concruirá con frores de querer, porque ti, xa pra min representas algo fino de amores e querencias… …es ti a escoyida e ti has de ser15… (Versión mecanografada por Ángel Arias)

Ovidio Martínez de Queipo

15

VARIANTES: Úas, cúa = unhas, cunha. Anduriñas = andoriñas. Al = ao. *Lexanas = de lonxe. *Os colores = as colores, as cores. Alas = ás. Concruirá = concluirá. Frores = flores. Pra = para. Escoyida = escollida. Querencias = querenzas. SINÓNIMOS: Parlido = conversa, parolar, canto. Idilio = relación amorosa. DÚAS PREGUNTAS: 1. ¿Onde está situado o poeta? 2. ¿Que representan para el as dúas colores das andoriñas?

18


Abril de 2014

19


OS TEIXEDAIS 2

20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.