1 minute read
Propagación de variedades galegas de árnica montana
• Proteínas da bebida de soia: 15.6g/100mL. • Proteínas da bebida de avea: 5.61g/100mL.
Na nosa hipótese, nos opinabamos que a cantidade de proteínas en todos os leites sería semellante e o que variaría sería a súa calidade proteica. Cos datos obtidos vimos como a nosa hipótese era errónea xa que hai moita variedade na cantidade de proteínas, por exemplo o leite de ovella danos 31 g/mL e no de avea 5.61 g/mL, habendo unha diferenza entre estes dous resultados de 25.39 g/mL.
Advertisement
Carmen Barreiro Álvarez, Carlos López Vila e Nuria Blanco López
Alumnas e alumno de 2º de BAC
Árnica montana L. é unha especie endémica da Europa oriental en perigo de extinción. Debido ás súas valiosas características medicinais e ao seu valor natural, a súa conservación é crucial. Para a realización deste proxecto empregáronse as variedades galegas de Terra Cha e Ancares, debido á inexistencia de estudos previos sobre a multiplicación in vitro destas poboacións. O método escollido para a micropropagación dos explantos foi a sementeira in vitro e posterior cultivo de ápices e nós en medio semisólido de agar. O proxecto consistiu en catro ensaios: xerminación, multiplicación, enraizamento e aclimatación. Para realizalos, tomamos como referencia outros estudos sobre a micropropagación desta especie para escoller as concentracións e os tipos de fitohormonas que iamos usar.