1 minute read
25 de novembro
O día internacional da eliminación da violencia de xénero contra a muller conmemórase actualmente o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo.
A convocatoria foi iniciada polo movemento feminista latinoamericano en 1981, para recordar o asasinato en 1960 de tres irmáns na República Dominicana. Non foi ata o 17 de decembro de 1999 cando a Asemblea Xeral das Nacións Unidas asumiu esta reivindicación. entendendo por violencia contra a muller “todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas da tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na privada” A Biblioteca do instituto e o departamento de Educación Plástica e Visual organizaron un concurso de pósters entre o alumnado. O valor simbólico das obras foi extraordinario e amosan o alto grao de concienciación que xa temos conseguido respecto deste tema entre a nosa rapazada. Os premios ao concurso falláronse o día 2 de decembro, resultando tres obras gañadoras, creadas por: Sabela Rojo Medina de 1º de ESO, Laura Irea Sanjurjo, de 3º de ESO e Carla Rodríguez de 1º de BAC. Vendo a fotografía de parte do mural imaxino o difícil que foi decidir.
Advertisement