
1 minute read
25-N: Póster premiado
Centreime principalmente no abuso psicolóxico. A araña representa ao agresor, que sempre está encima da vítima intentando influír nas súas decisións. A tea de araña representa o esquecemento das prioridades, do que un mesmo quere, amosado coma caixas, unha delas no chan, desorde e confusión. A arañeira tamén ten outro significado, o central, xa que cando as arañas capturan os insectos que quedan retidos na súa tea poden facer o que queiran con eles. Non te vas por medo ao que a outra persoa poida facer.
AUTORA: Laura Irea Sanjurjo (3º ESO)
Advertisement