1 minute read

Día internacional da muller

Next Article
Día de Rosalía

Día de Rosalía

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8-M

O Día Internacional da Muller, anteriormente denominado Día Internacional da muller Traballadora conmemora cada 8 de marzo a loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoas, en pé de igualdade co home.

Advertisement

No IES Nosa Señora dos Ollos grandes conmemorouse esta data sinalada con varias actividades organizadas pola Biblioteca, Departamento de Dinamización Lingüística, Departamento de Filosofía e Departamento de Educación Plástica e Visual.

Celia Mariño, Silvia López, Sabela Leirado e Yago Atadell, de 2º de bacharelato puxeron voz a un dos actos que se celebraron o día 8 de marzo no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Leron tres cartas escollidas da obra literaria Cartas de Amor de Fran Alonso. Quixeron recoller, con tres historias de ficción femininas, que ben poderían ser reais, tres crueis exemplos de violación de dereitos fundamentais e de privación da igualdade de oportunidades, só polo feito de seren mulleres. Celia contounos a historia dunha rapaza saharauí, que retorna ao campamento de Tinduf; Silvia a dunha muller inmigrante, que a punto de parir decide emprender unha viaxe, acompañada sempre do medo a ser deportada; e Sabela falounos dunha nena de nove anos que conta o día en veu visitala “a maldición...” Para rematar o acto, Yago recitou o coñecido poema Libre te quiero, coma desexo final de que unha forza imparable de homes e mulleres nos empurre cara á igualdade de xénero. Por outra banda, dende a Biblioteca tamén se elaborou un vídeo con alumnas do centro en diferentes idiomas reivindicando que o futuro é feminino.

O futuro é feminino

Un grupo de nenas len na biblioteca un bonito conto en varios idiomas.

This article is from: