1 minute read
Día de Rosalía
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
Foron varias as actividades que contribuíron a homenaxear a Rosalía de Castro o 24 de febreiro. O Departamento de Lingua Galega organizou un recitado de no que participaron alumnado e profesorado, xunto coa asociación Down Lugo. Alumnado de Educación Plástica e Visual, coa profesora Rocío López Valcárcel e a Biblioteca, crearon retratos de Rosalía. E alumnado e profesora de Artes Escénicas e Danza “bailaron” ao son de “Dicen que no hablan las plantas...”
Advertisement
ROSALÍA SEMPRE VIVA EN NÓS!
Ofrenda floral no parque de Rosalía de Castro
Alumnado de 3º ESO recitando poemas
Para celebrar o Día de Rosalía, o alumnado de 3º de ESO F acudiu ao parque do mesmo nome e, diante do busto da escritora, realizou unha lectura de poemas e unha ofrenda floral. Poemas como “Nasín cando as prantas nasen”, “Negra sombra”, “Unha vez tiven un cravo”, “Campanas de Bastabales”, “Adiós ríos, adiós fontes” E para rematar, o poema que Federico García Lorca adicou á nosa poetisa:
“Canzón de cuna para Rosalía de Castro, morta”
¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día! ¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe coma unha vaca! Os arados van e ven dende Santiago a Belén, Dende Belén a Santiago un anxo ven en un barco. Un barco de prata fina que trae a dor de Galicia. Galicia deitada e queda transida de tristes herbas. Herbas que cobren teu leito e a negra fonte dos teus cabelos. Cabelos que van a ô mar onde as nubes teñen seu nidio pombal. ¡Érguete, miña amiga, que xa cantan os galos do día! ¡Érguete, miña amada, porque o vento muxe coma unha vaca!
AIRIÑOS AIRIÑOS AIRES... O Departamento de Galego organizou un bonito acto : profesorado, alumnado do instituto recitaron xunto con membros da Asociación Down. DICEN QUE NO HABLAN LAS PLANTAS: Coreografía das alumnas de Artes Escénicas e Danza. Organizado por Belén Gato.