Benvida Curso 2012-2013

Page 1

BENVIDOS CPI VIRXE DA SALETA CURSO 2012-2013


PRESENTACIÓN DO PROFESORADO TITORAS: Mercedes Senaz Carmen Fernández Vázquez (coordinadora do ciclo) Raquel González Feijóo

MESTRES QUE IMPARTEN CLASES NO CICLO Ana, mestra de apoio Uxío, mestre de Relixión Martiño, mestre de Música Gonzalo, mestre de Inglés Mercedes, mestra de Atención Educativa Paula, especialista en A.L., reforza o ámbito da linguaxe


Ás nais e pais dos nosos alumnos. Imos comezar un novo curso con grandes ilusións por parte de todos:nenos e nenas, mestres, familias. Queremos que todos xuntos fagamos realidade o noso obxectivo principal: “QUE OS NENOS E AS NENAS SEXAN FELICES”


UNHA ETAPA MOI IMPORTANTE Nesta etapa vanse asentar as bases fundamentais para o seu desenrolo e a adquisición de nocións básicas, por iso e moi importante a colaboración da familia coa escola. Ó longo da reunión detallaremos unha serie de pautas para que os seus fillos se atopen máis a gusto na escola, e para que os adultos saibamos reflexionar sobre as nosas posibilidades de actuación para conquerir a súa felicidade. É moi importante que a familia se implique e sempre que poida participe na escola para que as aprendizaxes vaian sempre na mesma liña e se complementen.


OBXECTIVOS DA ETAPA Descubrir, coñecer e controlar progresivamente o propio corpo. Actuar de forma cada vez máis autónoma nas súas actividades habituais(vestirse, ir só o baño, lavar as mans….) Aprender a relacionarse cos seus iguais e cos adultos saudar,despedirse… Observar e explorar o entorno con actitude de curiosidade e respeto ós animais, ás plantas…. Participar nas manifestacións culturais do seu entorno, nas festas Empregar a linguaxe verbal de forma axeitada e correcta…..corrixindo as malas pronunciacións, introducindo palabras novas…


PERIODO DE ADAPTACIÓN A adaptación á escola supón para o neno un proceso de evolución persoal que el mesmo debe superar coa axuda da familia e a escola. Este momento non ten porque ser negativo senón que na maioria das veces é moi satisfatorio e positivo para o neno .En todo caso. familia e escola seguiremos unhas pautas de actuación que son necesarias para favorecer esta adaptación. * Debe haber unha colaboración da familia ca escola *Adoptar sempre unha actitude positiva cara a escola * Promover situacións lúdicas integradoras que posibiliten a comunicación,o descubremento,a exploración…. *Favorecer vinculos afectivos que faciliten unha progresiva adaptacion. *Propiciar espacios de seguridade,apoio co fin de crear un ambiente de cariño e afecto. .. Cando o periodo de adaptación está superado o neno comenza unha nova etapa na sua vida , diferente pero fermosa onde vai descubrir,observar ,experimentar , manipular; en definitiva aprender xogando .


COMO IMOS TRABALLAR? O curso divídese en tres trimestres. No primeiro e no segundo traballaremos nas carpetas do método.No terceiro trimestre desenvolveremos un pequeño proxecto para o que contamos coa vosa colaboración. Ó remate de cada trimestre o neno/a levará á casa :a carpeta cos traballos realizados, no que poderedes observar como traballa, que é o que máis lle costa..e o mesmo tempo valorar e conversar sobre os seus traballos, así como un boletín informativo no que se reflexa a avaliación do neno nos distintos aspectos.


COMO PODE COLABORAR A FAMILIA No día a día nas actividades máis cotiás, axudándolles a facerse máis autónomos, falando, xogando con eles. Motivación positiva cara á escola: Comentando co neno de modo positivo o agradable que será ir ó cole: novos amigos, novos xogos e xoguetes, aprender cousas novas cada día….


Non obsesionarse nin forzar as aprendizaxes no neno/a. Un neno/a aprende con máis facilidade cando está preparado para acadar esa aprendizaxe ben sexa da lectura, da escrita, das operacións matemáticas…polo que debemos respectar o seu ritmo de aprendizaxe. Pola contra, si debemos fomentar a súa creatividade( que se exprese contando historias, debuxando, xogando…), fomentando nel o gusto pola lectura a través dos contos, cantando con el cancións curtas, memorizando adiviñas, … Nunca facer comparacións entre os nenos/as, cada un é distinto e como tal debe ser tratado.


HORARIOS HORARIO DE CLASES Setembro e Xuño : 10:00 h. a 14:30 h. Outubro a Maio: 10:30 h. a 17:30 h. HORARIO DE COMEDOR Setembro e Xuño : 14:30 h. a 15:30 h. Outubro a Maio: 14:30 h. a 15:30 h. Durante a hora de comedor de 14:30 a 15:30 os nenos/as están a cargo das coidadoras do comedor. Para os de nova incorporación (3 anos) durante o periodo de adaptación que se desenvoverá no mes de setembro, ofértase un horario máis flexible dando opción a que os pais/nais os poidan traer máis tarde ou recollelos antes.


ENTRADAS E SAIDAS NORMAS QUE HAI QUE CUMPLIR As entradas e saidas realizaranse coa música Saidas e entradas en fila co mestre correspondente. Á saida os nenos seran recollidos na cancela de Infantil polas coidadoras para trasladalos ó autobús correspondente para unha mellor seguridade. Hai que ser puntuais senón deberán pasar pola secretaría para que os acompañen á clase. Os pais non deben entrar á aula para traer o neno, ten que ser un membro do equipo directivo. Os nenos que van comer a casa deben esperar na cancela ata que soe a música para volver entrar pola tarde.


AUTORIZACIÓNS Cando un neno teña que saír ou entrar ó colexio durante a xornada lectiva, deberá pasar pola secretaría cos seus pais para cubrir unha autorización, o mesmo que se é usuario do comedor ou do transporte e un día por calquer motivo non o fai deberá cubrir dita autorización, para maior control e seguridade dos nenos. De facerse algunha saída ou actividade fóra do Centro os pais tamén deberán autorizalo, non podendo participar os que non teñan autorización.


MATERIAL • A lista dos libros atópase colgada na porta do edificio principal. • O material funxible (lápices, gomas, folios….) pedirase nos vindeiros días mediante unha lista que se enviará polo neno. • O material debe vir todo xunto nunha bolsa co nome do neno. • Importante a hora de mercar o material que se eviten todo tipo de marcas. O material será compartido por tódolos alumnos. • TODO É DE TODOS. APRENDEMOS A COMPARTIR , A RESPETAR, A COIDAR O QUE É DE TODOS…. • Revisar o material antes de traelo (que se axuste o que se pide…)


CONSELLOS PRÁCTICOS O calzado e a roupa debe ser cómoda para que eles poidan manexarse sós e poidan ser autónomos. O neno debe controlar “esfínteres”. Non se cambiaran nin o pis nin a caca, excepto no periodo de adaptación onde si se cambiará o pis.


¿QUE TEÑO QUE TRAER O PRIMEIRO DÍA DE COLE? Un mandilón aberto por diante co nome do neno. Unha muda completa nunha caixa pequena co nome do neno (braga ou calzoncillo, calcetíns, chándal ou pantalón). Unha visera co nome do neno. Unha toalla pequena para limpar as mans, co nome do neno. Unha caixa de panos de papel. Un vaso de plástico.


¿QUÉ NON PODO TRAER O COLE? Menciñas. Obxectos perigosos. Cousas de valor (pulseras, maquinitas, moedas) Xoguetes (se os trae ten que saber que ninguén se fai responsable de si se extravía ou se estropea.) Evitar traer golosinas.


¿QUE PASA SE TEÑO QUE TOMAR UNHA MENCIÑA PORQUE ESTOU MALIÑO? No colexio non se dan medicamentos pero si se permite ó papá ou á mamá que veña ó Centro a darllo ó neno cando sexa necesario.

¿E SE TEÑO ALGUNHA ENFERMIDADE A QUEN TEÑO QUE INFORMAR? Se o neno ten algunha enfermidade contaxiosa ten que comunicalo á titora e ó equipo directivo Se o neno ten algunha alerxia ten que traer un certificado médico onde especifique o tipo de alerxia. Ós nenos de tres anos enviaráselle unha ficha de avaliación inicial onde os pais poden responder a estas preguntas (enfermidades, se existen cambios de datos persoais , de teléfono….)


ATENCIÓN A PAIS • TITORÍA 3 ANOS:

VENRES, DE 15:00 A 16:00 HORAS • TITORÍA 4 ANOS:

VENRES, DE 15:00 A 16:00 HORAS • TITORÍA 5 ANOS:

MARTES 15:00 A 16:00 HORAS


AS MESTRAS DE INFANTIL AGRADÉCENLLE A SÚA PRESENZA NESTA REUNIÓN

GRACIAS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.