P
A
R
O
L
A
S
2012
Índice INFANTIL............................................2 a 14 PRIMEIRO A...........................................15 a 20 PRIMEIRO B...........................................21 e 22 SEGUNDO A/B..................................22 a 29 TERCEIRO B........................................30 TERCEIRO A.........................................31 a 33 CUARTO A................................................34 CUARTO B................................................35 e 36 QUINTO A.................................................37 a 39 QUINTO B .................................................40 SEXTO A .............................................41 e 42 RELIXIÓN EVANXÉLICA........................43 e 44 RELIXIÓN CATÓLICA........................45 BIBLIOTECA........................46 e 47 FOTOGRAFÍAS........................48 a 50 O Equipo de Normalización lingüística agradece a ilusión e colaboración de todos e todas quen colaboráchedes nesta revista: alumnos e alumnas, profesoras e profesores, Manolo, Chus. Queremos adicar este número, con cariño, a Victoria unha mestra que se xubila este ano e a Mucha que xa non está connosco.
Parolas olas - 1 -
P
A
R
O
L
A
S
2012
A NOSA HORTA Nós, coma o coelliño branco, tiñamos ganas de facer un caldiño. Como non había horta, houbo que facela... Moita xente veu axudar e, pouco a pouco, foi medrando a leira. non tan grande como a que houbo en tempos, cando non existía o colexio i este lugar era coñecido co nome de Quintas, pero por algo se empeza. Isto é o que vos queremos contar nestas páxinas: como é que fixemos para empezar a traballar na horta.
P
A
R
O
L
A
Cinco árbores, vintecatro coles e unha presada de chícharos.Decembro, 2011.
S
2012
Un castiñeiro, para os vindeiros magostos. Unha maceira, para darlle casiñas aos vermes. Unha nogueira, para construír barcos con cascas de noz. Un pexegueiro, para facer marmelada. Un carballo, porque si. Vintecatro coles, para vintecatro caldos. Unha presada de chícharos, para... porCARBALLO OU LANDREIRA? que... son tan bonitos...
O coelliño branco, Óscar Villán. Kalandraka.
No outono, sachando e poñendo os marcos de madeira Hai moito traballo: sacar as pedras e as herbas, remexer a terra. cravar as madeiras... Fan falta sachos e angazos.
PEXEGUEIRO NOGUEIRA Un ratiño atopa unha mazá e decide agochala... Para saber que pasa despois hai que ler El secreto de Eric Battut (Kókinos) DESDE A LANDRA ATA O CARBALLO Xaime e as landras, Tim Bowley, Kalandraka NO ALTO ESTOU, DE OURO VESTIDO, POR UNHA REGAÑA PERDÍN OS MEUS FILLOS
Parolas - 2 -
Parolas - 3 -
P
A
R
O
L
A
S
En xaneiro, pon o alleiro. Cantos días pasen de xaneiro, tantos allos perde o alleiro. Á volta de Nadal revisamos o refraneiro e facemos sementeiros de allos e cebolas. Fóra, na horta, poñemos unhas patacas como manda estoutro refrán: En xaneiro polas mañáns, sementa as patacas tempráns.
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
Pola Candeloria, cásanse os paxariños e vaise a galiñola.
No bicarelo do bico do brelo canta o paxariño. No mesmiño bicarelo do bico do brelo. Uxío Novoneyra
2 de febreiro, pobres paxariños, que día frío cadrou para a voda! Hoxe puxémoslles casa e comida no magnolio para que teñan un banquete ao abrigo do nordés.
Que canten, que nos visiten, que veñan os paxaros, que fagan equilibrios no mesmiño bicarelo da póla máis alta, que vaian comer ao magnolio... pero na horta non. A nosa horta ten agora un novo habitante.
Sobran ollos para coidar da horta pero, aínda así, engadimos dous ollos de trapo. Nunca está demais.
XANEIRO O espantallo de O mago de Oz, un compañeiro ilustre do noso home de palla.
TRANSPLANTAR: Delicada operación que consiste en coller con moito mimo as plantas dos sementeiros e poñelas na horta. Ollo! As raíces hai que soterralas, ben tapadiñas, e os talos fican ao aire para respirar. A finais de febreiro é cando facemos nós esta operación cos allos e as cebolas.
O PEXEGUEIRO, sen follas no inverno
Tamén hai que regar, o inverno está a ser moi seco.
Mentres tanto, dentro, estamos a preparar a festa da leira. Será no Antroido.
Parolas - 4 -
Parolas olas - 5 -
P
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
3A Millo verde, millo verde, millo verde, miudiño, á sombra do millo verde, namorei un rapaciño. (Tradicional)
NO ANTROIDO...
3B A festa de Antroido foi a festa da horta. Houbo espantallos, xardineiras con regadeira, labregos con zocos, amorodos, cenorias, algún tomate ben maduriño, chícharos, ratos de campo, coelliños, un anano de xardín e moito bicherío: xoaniñas, arañas, abellas, bolboretas... Ah! tamén houbo un par de princesas e un pirata con gana de leria que non quixeron perderse a festa.
Parolas - 6 -
E filloas, orellas, rosquillas, flores... Esas larpeiradas tan ricas que trouxeron as familias convidadas á nosa festa.
Parolas - 7 -
P
A
R
O
L 4A
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
5A
5B 4B
Parolas - 8 -
Parolas - 9 -
P
A
R
O
L
A
S
Tecín soia a miña tea, sembrei soia o meu nabal, soia vou por leña ao monte, soia vexo arder no lar. Rosalía de Castro. DE NABAL A TOMATEIRA Aquí hai unha cuadrilla de case cento cincuenta membros que fan quendas para traballar no nabal. Empeza a primavera e hai que preparar a terra para poñer os tomates, os pementos, os amorodos...
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
ÁRBORES EN PRIMAVERA CARBALLO
O pexegueiro madruga e bota a flor axiña.
PEXEGUEIRO No carballo asoman as primeiras follas.
A maceira está cargada de follas.
MACEIRA
CASTIÑEIRO
Cando dará castañas para un magosto?
O castiñeiro é a árbore máis preguiceira pero xa ten pequenos gromos.
Aínda non hai colleita de mazás pero todo se andará.
NOGUEIRA
HORTA EN PRIMAVERA Hai pequenas follas tamén na nogueira.
Parolas - 10 -
Parolas - 11 -
P
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
SURTIDO DE VERDES BRÓCOLI
2012 ABRIL...
VERZAS Chega o mes de abril; son horas de poñer algo vermello entre tanto verde. Decidimos plantar tomates, pementos e amorodos. LEITUGA
Verde “brócoli das Fontiñas”, verde “leituga fresca”, verde “verza para os coellos”... Imos engadindo matices a medida que aumenta a produción.
TOMATES, PEMENTOS E AMORODOS. PATACAS
CHÍCHAROS
TIRABEQUES A nosa horta está case tan bonita como a de Kirikú. No libro-CD Kirikú y las bestias salvajes (Michel Ocelot-Kókinos) podedes ver como traballan a horta na aldea de Kirikú.
Parolas - 12 -
É xoves, 19 de abril. Vén ao colexio un fotógrafo de La Voz de Galicia porque xa se fala moito da horta no barrio de Fontiñas. Ao día seguinte saímos no xornal; un artigo recolle o noso traballo do proxecto Voz Natura.
Parolas - 13 -
P
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
AS NENAS E NENOS DE 1ºA VIVIMOS O PRO CESO DE XERMINACIÓN E CRECEMENTO DAS NOSAS FABAS E LENTELLAS TOMATES E PEMENTOS Aínda temos que cociñar, cocer e fritir patacas, preparar unha ensalada, botar uns amorodos no iogur... E. cando vaia vindo o San Xoan, facer unhas colonias.
... A que non sabedes o que é iso do… proceso de xerminación?
- Muller…está chupado !
AMORODOS
eeeh…(homes!…
É o proceso mediante o cal a semente
...) pasa dun estado de repouso
... eeeh…
ou latencia a un a un estado de
actividade
- Xa! Menos mal que herdei os dotes fotográficos
LAVANDA
da miña nai para ilustrar o que dicides
HERBA LUÍSA
Que bonito
vos quedou!..., pero…Como se fai iso de xerminar?..., eeh???
ROMEU Educación Infantil, CEIP FONTIÑAS
Parolas - 14 -
Parolas - 15 -
P
A
- Pois mirade: osíxeno
R
O
L
A
S
2012
Para que as sementes xerminen necesitarán achega suficiente de auga,
A
R
O
L
A
S
2012
Non estou de acordo!, o máis importante é cando a pequena raíz ou radícula xermola a través da envoltura da semente…
e unha temperatura apropiada
- Ai, que feito!
P
Pero o que non sabedes é que a fórmula da auga é H2O ?
- Miúdo descubrimento
!.. Significa que unha molécula de auga está composta por dous
átomos de Hidróxeno (H2) e un de Osíxeno (O). Como quedades?
- Je, je… Pois eu atopei na Wikipedia de Internet
o que é o osíxeno… Aí vai!...
“O osíxeno é un elemento químico de símbolo O. Na súa forma molecular, O2, é un gas a temperatura ambiente. Representa aproximadamente o 20% da composición da atmosfera terrestre. Participa de forma moi importante no ciclo enerxético dos seres vivos, esencial na respiración celular dos organismos aeróbicos. É un gas incoloro, inodoro e insípido.”
-Pois eu xa sei dende Infantil
- Iso non é nada, ho! Alucinade vendo como se forman os pelos radicais
que
absorven a auga e suxeitan o embrión
que a temperatura axeitada para que se produza a
xerminación é de 20 grados centígrados… xustiño a que temos na nosa aula!…
- Dades máis voltas ca un muíño
…, o verdadeiramente importante é que a auga fai que a
semente se inche (1), ata o extremo de resgar (2) a envoltura externa e o osíxeno absorbido proporciona á semente a enerxía
necesaria para iniciar o crecemento.
- E a partir de aquí a medrar
1
e medrar!..., en oito días… 16 centímetros.
Que como o sei? Moi doado: 27-11=16… Oe!.. Que ben se me dan as Matemáticas!
2
8/03/2012
Parolas
9/03
12/03
13/03/
14/03/
15/03/
16/03/
Parolas - 17 -
P
R
A
O
L
A
S
2012
- Unha vez que as sementes xerminaron e brotáronlles dúas folliñas terra fertil
pásanse a
P
A
R
O
L
- Os cotiledóns que saen
A á luz
S
2012
forman clorofila e levan a cabo a
(proceso ao que se lle chama repicado, a que non o sabiades?), fotosíntese ata que se desenvolven as follas
…coidando de non romper as pequenas raíces… sonche moi delicadas
pero iso xa o sabiades, non?
, hai que
tratalas con dozura
- “ EEhh…?, a foto…que? Ai si… xa recordo
A fotosíntese é o proceso polo cal
transfórmase a enerxía luminosa procedente do sol
E hai que ver o ben que a fan as nosas plantiñas…, mirade,
- Por último réganse abundantemente
en enerxía química
mirade!!!
. E moito coidado de non afogalas que non
teñen salvavidas!!!
Parolas - 18 -
Parolas - 19 -
P
A
R
O
L
A
S
- Xa vale de tanta verba!… xa case parecedes ministros plantiñas?…, son bonitiñas
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
•S ••••S •O •••!UE
Pero que me decides das nosas
H
… eh?
abía unha vez nun afastado bosque unha fada máxica que vivía ca súa mascota, un fermoso unicornio. Os dous eran moi amigos dun trol que tamén vivía no bosque. Nese bosque había unha caixa de cor vermello, que parecía unha gran rocha. Un día houbo un terremoto, todo empezou a moverse e os animais do bosque fuxían dun lado a outro asustados. A fada máxica subida ao seu unicornio intentaba axudar a todos os animaliños. Cando rematou o terremoto todo volveu a calma, non se produciran danos, só fora un susto. Aínda que algo sorprendente sucedera, a gran caixa vermella, que permanecera sempre pechada abrírase. Da caixa sairan unhas fadas. As fadas da caixa vermella podían conceder desexos pero elas non sabían distinguir entre o ben e o mal. Son como os nosos filliños…un pan non trouxeron, pero alegría
… unha chea!!!
PÁXINAS INTERESANTES EN INTERNET SOBRE O PROCESO DE XERMINACIÓN -
Cómo nacen las plantas.wmv El nacimiento de un árbol – You Tube Growing Beans HD Timelapse – You Tube Crecimiento de lentejas the flepy Green Bean Germination – You Tube
Un día uns nenos e nenas da cidade que foron de excursión ao bosque pediron un desexo: -Oxalá arda o bosque e así nos vaiamos cedo para a casa! E as fadas da caixa vermella que escoitaran o que dixeran os nenos e nenas decidiran conceder ese desexo e así sucedeu. O bosque despois de que se foran os raparigos empezou a arder e o lume espallouse rapidamente por todo o bosque. En menos dunha hora a fada máxica, o unicornio e o trol lograran extinguir o incendio. O unicornio feriuse gravemente porque o lume desas fadas era máxico e capaz de danar a un unicornio.
Parolas - 20 -
Parolas - 21 -
P
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
Durante moito tempo a fada máxica e o trol coidaron do unicornio, ata que éste sanou. As fadas da caixa vermella desapareceran para sempre, porque dende o momento que unha fada concede un desexo e este desexo non chega a cumprirse a fada esvaécese. E foi así como a máxia e felicidade volveu a reinar nese afastado bosque.
Parolas - 22 -
Parolas - 23 -
P
Parolas - 24 -
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
Parolas - 25 -
P
Parolas - 26 -
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
Parolas - 27 -
P
Parolas - 28 -
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
Parolas - 29 -
P
A
R
O
CANDO SE XUNTARON OS PLANETAS
L
A
S
2012
A GUERRA DOS PLANETAS
Hai moito tempo xa, no espacio de fora, a
Unha
vez a Terra fíxose pequena e chamou a Marte a xuntarse con ela. Nun ano. Marte tamén fíxose pequeno e chamou a Venus que ía por alí. Tamén xuntouse, e fíxose pequeno e chamou a Mercurio pero como era tan pequeno…desapareceu! Cando os tres planetas fixéronse pequenos chamaron a Saturno que fíxoos máis grandes co seu anel. Pero Saturno levou unha sorpresa: O seu anel fíxose pequeno e pegouse cos outros! Asi que chamou a Xúpiter e el tamén xuntouse cos otros, e fíxose pequeno e chamou a Urano e pegouse , chamou a Neptuno e…oh, non! Fixéronse moi pequenos e desapareceron. Como o Sol veu iso, cos seus raios fixo os oito planetas outra vez.
Brennan Walter, 3ºB
P
o e dec
Terra, sen querer facer mal, chocou contra Marte. Marte, pola súa conta, enfadouse moito e decidiu comezar unha guerra. O que pasou foi que enfadaronse tanto todos os seus habitantes, que eran (99.987.654.321), e quixerón atacar aTerra. Entón subíronse as súas naves e foron invadir a Terra. Na Terra aínda non se decataran. Cando se enteraron levaron un susto de morte. Axiña chamaron a Xúpiter, chegaron cedo porque o ser o planeta máis grande do sistema solar tiñan as naves máis potentes. Pero Marte xa chamara a Saturno, en Saturno tIñan uns coios que podian destruir un planeta enteiro. Xúpiter tamén sabía bastante de armas, por eso axudaron aos terrícolas a mellorar as súas armas, fixeron máis seguras as súas casas e dende os centros de vixiancia controlaban todo o que pasaba cunhas cámaras que tiñan nos satélites. Cando Saturno botou un dos seus coios destruiu bastante, pero non o suficiente. Despois contratacou Xúpiter lanzando un misil que aniquilou medio exército. Marte supo que Xúpiter estaba axudando a Terra, e que era imposible gañala, entón rendiuse.
A
R
O
L
A
S
2012
O SISTEMA SOLAR
H
ai millóns de anos unha enorme nube de gas e po forma unha gran bola que xira e xira. Ao xirar, quéntase tanto que comeza a brillar, estala en chamas e convértese nunha estrela, o noso Sol. O gas e o po sobrante xúntanse e orixinan os planetas. O Sol é unha estrela que produce luz e calor. Ten un tamaño mediano con relación ás outras estrelas que vemos pola noite. Parece máis grande e brillante porque o temos moito máis cerca.. Os planetas interiores son corpos rochosos. Mercurio é o máis pequeno e preto ao sol. Nel hai grandes variacións de temperatura xa que neste planeta case non hai atmosfera. A súa superficie é semellante á da lúa, está chea de cráteres, gretas e marcas orixinadas polos impactos de meteoritos.. Venus. Está rodeada por unha pesada nube que fai ca na súa superficie faga moito calor. Posúe unha atmosfera irrespirable. Venus está cheo de cráteres,montañas e volcáns.Este é o planeta do Sistema Solar que tarda máis tempo en dar unha volta arredor de si mesmo.
Blas 3ºB
A Terra é unha esfera un pouco achatada polos polos, por iso, estes reciben pouca enerxía solar, a auga convérsese en xeo e forma os casquetes polares. O Polo Sur é máis grande e concentra a maior reserva de auga doce do planeta. Está envolta por unha capa de gases, a atmosfera, que a protexen das radiacións exteriores nocivas para a vida. A Terra ten un campo magnético con polos
Norte e Sur que evitan que a maioría das partículas do Sol choquen contra ela. Parolas - 30 -
Parolas - 31 -
P
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
O único satélite natural da Terra é a Lúa. Na súa superficie hai cráteres, serras, sucos e praderías de lava. Na lúa non hai vento nin atmosfera que poida atrapar o calor por iso as temperaturas son extremas. A lúa non ten luz propia, reflexa a do Sol. Na súa órbita arredor da terra, a luz do Sol vai iluminando diferentes partes da súa superficie dando lugar ás fases lunares. Marte é o planeta vermello. Nel hai moitos volcáns. Un deles formou o monte máis alto do Sistema Solar , o Monte Olimpo.Ten auga conxelada na súa superficie e baixo terra .No futuro é posible que se encontre vida neste planeta.
Os planetas xigantes gasosos teñen aneis e moitas lúas Xúpiter é o maior dos planetas e posúe varios aneis e satélites .Como a súa rotación é moi rápida, fórmanse fascinantes estruturas de nubes. Na atmosfera de Xúpiter fórmanse tormentas e anticiclóns máis grandes que todo o planeta Terra e os ventos alcanzan velocidades inimaxinables. O seu satélite, Europa, é moi interesante,
posto que podería esconder baixo a súa superficie un inmenso océano de auga líquida. Ganímedes é o maior satélite de todo o Sistema Solar, maior incluso que Mercurio.
A
S
2012
Urano.Ten cor azul verdosa. Está rodeado por once aneis moi pequenos e difíciles de identificar, Ten o eixo de rotación máis inclinado do Sistema Solar.
Neptuno ten unha cor azul intensa. Neste planeta, como nos outros planetas gasosos, fórmanse tormentas do tamaño de planetas enteiros, con ventos de cerca de dous mil quilómetros por hora. Planetas ananos: Ceres, Plutón, Eris, Makemake e Haumea Os catro son máis pequenos que Mercurio. Ceres, o menor dos catro, é completamente rochoso. Os outros tres están formados probablemente de xeo. Os asteroides son máis pequenos que os planetas ananos, e concéntranse principalmente entre as órbitas de Marte e Xúpiter, Os cometas son bolas de xeo e po de hasta 40 km de diámetro que se encontran a maior parte do tempo moi alonxados das zonas interiores do Sistema Solar. Nalgunhas ocasións estas bolas de neve acércanse ao Sol, que coa súa calor evapora o xeo e crea una fermosa cola que pode chegar a medir millóns de quilómetros de lonxitude.
Saturno chama a atención polos aneis que o rodean, compostos dun millón de anacos de xeo, algúns moi grandes e outros minúsculos, como unha area. Saturno é o planeta con maior número de satélites.
Parolas - 32 -
Parolas - 33 -
P
R
A
O
L
A
S
P
2012
LÉMUR DE COLA ANELADA
A
R O L A S AS FRAGAS DO EUME
E
ste curso lemos, entre outros, un libro que nos gustou moito: “No corazón do bosque”, escrito por Agus•n Fernández Paz. O seu personaxe principal é Derdrín, un trasgo que habitaba nas Fragas do Eume. En 4º B pensamos que era unha boa idea buscar información sobre este importante Parque Natural que hai na nosa terra e publicala en “Parolas”, para dala a coñecer a toda a comunidade educa•va. SITUACIÓN
Clase:
Mamíferos.
Hábitat:
Selvas áridas con espacios abertos.
Orden:
Primates.
Alimentación:
Vexetariana, xeralmente fruxívora.
Familia:
Lemúridos.
Xestación:
132-134 días.
Lonxitude cabeza-tronco:
45-50 cm.
Camada:
1 cría xeralmente.
Lonxitude cola:
55 cm.
Lactancia:
6 meses.
2,400-3,700 kg.
Madurez sexual:
15 meses (en cautividade).
Sudoeste de Madagascar.
Lonxevidade:
20 anos (en cautividade).
Peso: Distribución:
Descripción A cara é de cor gris máis ou menos Parduzco. A
cola e orellas presentan un debuxo
característico blanquinegro. Partes inferiores dende gris clara a branca. Cando camiñan
As fragas do Eume foron declaradas parque natural en 1997 e están situadas no noroeste de Galicia, nas beiras do río Eume, entre a costa da ría de Ares e a Serra da Loba. Concretamente nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes de García Rodríguez, todos eles da provincia de A Coruña. En total teñen unha superficie de 9126 hectáreas, das que –aproximadamente-3497 son fraga, 406 masa de auga e o resto pastos, matos e cul"vos.
levan sempre a cola erguida. Esta cola presenta aneis transversais de cor negra. A súa cara é parecida á dun raposo, debido ao seu
fuciño alongado e
escuro; as
orellas
son triangulares e de puntas redondeadas. Alimentación É un animal vexetariano, e
alimentase
principalmente de froitos, se
nin as follas, nin as flores, nin as cortizas das árbores. Sacia chuchando o orballo e a choiva e
a súa sede lamendo
e
tamén ao comer froitas xugosas .
grupo chegan á época de celo, todas ao
mesmo tempo. Os machos disputan
violentos combates no período dos apareamentos, é dicir entre os meses de abril e xuño.
Despois de aproximadamente catro meses e medio nace xeralmente unha cría, aínda
que excepcionalmente poden ser dúas. abertos. Ao
Estas nacen coa
pelaxe completa e os
ollos
pouco de nacer trepan xa ás árbores, durante os primeiros catorce días
permanecen aferradas ao ventre da nai, para pasar despois á espalda. A
lactancia dura
uns seis meses, aínda que son capaces de inxerir alimentos sólidos ao mes de nacer. Con frecuencia as
femias axúdanse
a cuidar dos pequenos incluso son adoptados en caso de
Felgos ou fentos: Cons"túen unha das principais caraterís"cas destes bosques. No parque hai unhas 20 especies dis"ntas de fentos.
Blechnum spicant Woodwardia radicans Tamén se poden atopar numerosas especies de brións e liques. FAUNA
ben non desdeña
Reproducción As femias do
As Fragas están consideradas como un dos mellores bosques atlán"cos de Europa. Nelas existen dis"ntos ecosistemas, onde perviven moitas especies autóctonas.
falecemento da nai. Viven sobre 20 anos en cautividade, algo menos en liberdade.
FLORA Da abundante vexetación existente no parque, podemos salientar: Árbores: A árbore con maior presenza é o carballo. Tamén destacan o cas!ñeiro e mais o bidueiro. Nas zonas próximas aos ríos hai ameneiros, salgueiros, freixos e pradairos.
Polo seu carácter húmido e sombrizo, as Fragas son un ambiente idóneo para os anfibios: a píntega, o sapo común, a ra pa"longa, a ra vermella e a saramaganta son algúns exemplos. Entre as aves destacan: as rapaces coma o azor, o lagarteiro, o bufo pequeño ou a curuxa; e aves pequeñas coma: o ferreiriño, o peto, o merlo, o picapeixe, … Tamén abundan os mamíferos coma: a londra, o gato montés, a garduña, a xeneta, o corzo, o raposo, xabaril, lobo, … Entre os invertebrados destacan: o caracol de Quimper, bolboretas coma a apatura iris, lesmas, vacalouras, … e nos ríos, o mexillón de río.
saramaganta
Parolas
-
2012
bufo pequeno
Parolas - 35 -
P
R
A
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
O PORQUÉ DAS COUSAS ·Por que as serpes mudan a pel?
londra
Igual que a miña roupa,a pel da serpe desgastase e necesita sus•tuirse,con frecuncia dunha taia maior.A pel vella ábrese e despréndese tres ou sete veces o ano dando paso a unha nova pel completamente nova.
vacaloura ou escornabois Aquela sería unha excursión inesquecible para Raquel: a viaxe en autobús, a fraga inmensa, as bravas augas do río, o vello mosteiro... e, sobre todo, o descubrimento dun estraño personaxe no interior da súa mochila.
PRESENZA HUMANA
PINTAMOS A DERDRÍN
Dentro dos límites do parque atópanse numerosas mostras da ac•vidade humana, pero destacan en especial os mosteiros medievais de Caaveiro e Monfero. As orixes destes mosteiros remóntanse ao século X. Ambos os dous foron declarados Monumentos histórico ar!s•cos pola súa importancia arquitectónica.
Mosteiro de Caaveiro.
Mosteiro de Monfero
DESASTRE AMBIENTAL O 31 de marzo de 2012 comezou un incendio, con orixe no concello da Capela, que afectou a parte do parque. O incendio da Capela –que, segundo as primeiras inves•gacións, foi provocado- propagouse debido ao forte vento e á fácil combus•ón das repoboacións de piñeiros e eucaliptos. Este lume calcinou a parte superior do canón do Eume, a 300 m de altura, e afectou débilmente ao corazón do parque. Finalmente foi ex•nguido o día 3 de abril. A pesar disto, As Fragas do Eume seguen a ser un dos grandes tesouros de Galicia. Parolas - 36 -
Por que cruzou Colón o océano? Cando Colón o gran navegante,zarpou dende España en 1492,pretendía dar coa ruta occidental cara a China. Esperaba que a ruta marí•ma fose máis rápida e máis segura que viaxar pola terra seguindo a ruta da Seda.
?? Por que tecen teas as arañas?
Por que sae o sol pola mañá? En realidade,o Sol non sae.É a terra a que xira para regalarnos un amanecer cada mañá. A terra é como un balón que da voltas.Esteas onde esteas,comenza a amencer cando a túa parte da Terra da a cara ao Sol. O ceo iluminase e chega a mañá.
A tea pegañenta é o fogar e a despensa da araña.Cando un insecto entra en contacto coa tea quédase pegado.A araña apresúrase a fiar tea ao seu redor.No interior da tea,o insecto convértese nunha masa liquida.Máis tarde a araña bébea.
Por que construiron templos os gregos? Os gregos construíron templos para albergar aos seus deuses. Facíanos con tanto luxo como podían ,usando os materiais de máis calidade e os mellores artesáns,para que os deuses se compladeceran.Elegantes estatuas,altas columnas e frisos pintados de carbón ao exterior.Dentro as estancias estaban cheas de tesouros.
Parolas - 37 -
P
A
R
O
L
A
S
2012
Por que as montañas cuspen lume?
P
R
A
Por que os avións teñen alas?
O
L
A
S
Os avións teñen alas pola mesma razon ca os paxaros: para poder voar.As alas dos avións funcionan debido ao seu tamaño.A súa parte superior é máis curva ca a inferior e isto permite que o ar circule máis rápido por enriba deles que por debaixo.Este ar máis rápido que flúe sobre eles empúrraas cara diante.
Se algunha vez ves unha montaña que cuspe enormes nubes de fume,ten por seguro que se trata dun volcán e,o que é pior,os cumes dos volcáns saltan polo ar! Os volcáns máis violentos estouran coma bombas,lanzando nubes de cinza quente,trozos de rocha sólida e chorros de rocha fundida chamada lava.
Por que teñen bandeiras os países?
Por que soa o teléfono?
Por que me roxe o bandullo? Cando o teu estomago es•vo valeiro durante varias horas, énchese dunha sustancia parecida ao ar chamada gas.Entón comeza a moverse como se •vera comida no seu interior.Estes movementos presionan ao gas e prodúcese un ruido de tripas,moi parecido aos tronos!
¿?
Por que foron construídas as pirámides? As pirámides eran tumbas enormes para os faraóns e xente importante.Non se sabe con exac•tude porqué •ñan esa forma. Dise que se construíron para sinalar o sol e as estrelas,e para que o espirito da persoa morta ascendera ao ceo coma un foguete.
O teléfono soa para avisarnos de que alguén desexa falar con nós.Así,se algún amigo marca o teu número, o teu teléfono soará.Ao contestar,unha corrente eléctrica transporta a voz pola liña,permi•ndo que o son se escoite alto e claro ao outro lado Por que o mar é salgado? A auga do mar sabe salgada porque hai sal nela. Ese sal é o mesmo que nós poñemos na comida. A maior parte desta procede das rochas que están sobre a terra. A choiva transporta o sal aos ríos que,a súa vez,condúcena ao mar Por que teñen cremalleiras?
dentes
Ao filtrarse no terreo, a auga aceda disolve un mineral chamado calcita que conforma a pedra caliza.Cando ese líquído gotea ou chorrea do teito dunha cova,parte del evapórase e transfórmase en gas deixando algúns minerais en forma sólida.Co paso do tempo,estes minerais crecen cara abaixo orixinando estalac•tas.
Porque para tocar a frauta hai que soprar por un furado.O aire vibra ao descender polo tubo e sae transformado nun son musical.Consíguense diferentes notas tapando e destapando cos dedos os furados. Parolas -
Cada país ten a súa propia bandeira que é unha especie de insignia nacional. Cada bandeira é diferente, o seu deseño pode incluir liñas de cores, formas de estrelas e soles ou signos relixiosos coma cruces ou medias lúas. As bandeiras ondeanse en ocasións especiais coma un símbolo dun país e o seu planeta.
Por que levan ferraduras os cabalos? as
Por que colgan as estalac!tas?
Por que as frautas teñen furados?
2012
Sen dentes as cremalleiras non poderían abrirse nin pecharse. As dúas liñas de dentes van unidas por un carro,que as pechan e as separan.As cremalleiras inventáronse en 1890 e supuxeron un avance fronte aos botóns
As ferraduras evitan que os cascos se danen con chans duros coma os das estradas. Soen facerse de aceiro,e a persoa que as fai e as coloca chámase ferrador. Por que os canguros teñen bolsa? A bolsa é un lugar seguro para o crecimento dun bebé. Os canguros recén nados son do tamaño dun cacahuete. Avanzan pola pel da súa nai ata chegar á bolsa quente onde se alimentan do seu leite e con•núan medrando
Parolas - 39 -
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
S
2012
Os ingresos en 2010 foron de 943,3 MEuro dos cales 858,9 MEuro (91%) foron de financiamento privado. As operacións no ano 2010 leváronse a cabo en 61 países, con 2.465 voluntarios de internacionais (6561 saídas) e 25.185 empregados nacionais.
UNHA VIAXE POLO SAHARA Ao longo do segundo trimestre traballamos nas aulas de 5º o libro “Palabras de Caramelo” de Gonzalo Moure. Por iso o día 15 de febreiro veu Beatriz Rodríguez Abelairas, a nai da nosa compañeira Lucía, para falarnos aos alumnos e alumnas de 5º sobre a súa experiencia nun campo de refuxiados do Sahara. Un campo de refuxiados é un asentamento temporal onde viven con axuda internacional as persoas que marcharon do seu país porque está en guerra. Os saharauis viven nunha especie de tenda de campaña chamada jaima, que están cheas de alfombras, por iso teñen que entrar nelas descalzos xa que se non énchense de area. Ademais teñen un baúl onde gardan moitas mantas para taparse pola noite. En cada jaima vive unha familia formada por dous ou tres fillos e o matrimonio. Son moi hospitalarios, comparten todo, por exemplo: a cociña e o baño son comunitarios. Aliméntanse basicamente de camelos e cabras, que son os animais de cría, e dos alimentos que reciben doutros países a través de ONGs. Teñen tradicións moi curiosas, por exemplo, os fillos comen coa nai e os homes comen sós. Beatriz, como era invitada, comeu cos homes. Tamén comen cunha soa man, porque din que teñen unha man para as cousas boas e outras para as malas, ademais comen todos do mesmo prato. Os saharauís toman moito té, e explicounos que teñen un dito que o primeiro té é amargo como a vida, o segundo doce como o amor e o terceiro suave como a morte. Fíxonos moita ilusión ver a exposición de recordos que trouxo como: area do deserto, henna, unha teteira, unha melfa (pano da cabeza) de cor rosa, dous darraás ( túnicas dos homes ), unha rosa do deserto ( rocha en forma de rosa), e dátiles. A charla foi moi interesante e gustounos moito.
A
Fundada en Francia en 1971 por un grupo de médicos e xornalistas. A partir dese momento, atender ás vítimas non sería suficiente: habería que denunciar as violacións dos dereitos humanos, crear correntes de opinión a través dos medios de comunicación e profesionalizar a axuda. Actualmente, conta con case 4 millóns de socios, dous mil voluntarios traballando en programas humanitarios en setenta países e outros mil en labores administrativas.
6ºA : Manuel, David, Carlos
En novembro de 2011 Médicos Sin Fronteras presenta a campaña “Pastillas contra a dor allea”. Estas pastillas son de venda en farmacia, o seu prezo é de 1 euro e 80 céntimos e o recadado destínanse a tratar enfermos esquecidos. Teñen cinco centros operacionais (París, Bruxelas, Amsterdam, Barcelona, Xenebra), 14 oficinas de país (en Europa, EUA, Xapón, Australia) en apoio dos cinco centros operacionais, varias oficinas adicionais, incluídas a Oficina Internacional en Xenebra, as oficinas de enlace en Nova York e Bruxelas, a Campaña de Acceso a Medicinas de Xenebra, o almacén e a recadación de fondos no Emiratos Árabes Unidos e asociacións de sociedade civil en África e America latina
Parolas
Parolas - 41 -
P
A
R
O
L
A
S
TITANIC
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
A
tráxica historia deste barco comeza nunha mansión de Londres durante unha cea no ano 1907. O propietario da navieira “White Star Line”, J. Bruce Ismay xunto con Lord James Pirrie planearon construir un trío de enormes barcos que marcaran o luxo e a elegancia da época. Estes barcos chamaríanse a “Clase Olympic” composto polo Titanic, o Olympic e o Gigan!c (que despois da traxedia foi bau!zado como o Britanic). Este soño "xose posible grazas á axuda económica da IMM (Mariña Mercante Internacional). O Titanic foi construido nos estaleiros “Harland and Wolf”, en Belfast (Irlanda do Norte), foi fabricado coa máis moderna tecnoloxía da época que fixo que se considerase coma un barco insumerxible. Por exemplo !ña mamparas hermé!cas que dividían o casco en dezasete seccións, telegra"a, o deseño da hélice de tres pas, as catro chemineas, etc. O 10 de abril de 1912 par$u de Southampton (Inglaterra) con 2227 persoas a bordo incluíndo a tripulación. O seu des!no era chegar a Nova Iorque, en Estados Unidos, despois de cruzar o Océano Atlán!co. A viaxe foi tranquila ata catro días despois da súa botadura. Ás 23:40 do 14 de abril o barco chocou cun iceberg preto das costas de Terranova, o choque "xolle un corte que provocou a inundación dalgunhas das seccións de proa o que levou a que esta parte se afundise provocando que a popa se levantara e par!se en dous o barco. O accidente foi achacado ao capitán do barco, Edward John Smith, por manter unha velocidade excesiva para a zona . A falta de botes salvavidas e a pouca preparación da tripulación para estas situacións levou a un dos máis grandes desastres mariños en tempo de paz da historia da humanidade . A desgracia rematou o día 15 de abril de 1912, de madrugada. De 2227 persoas que levaba o barco só se salvaron 705 a pesar de que había botes para 1178.
Hoxe en día o que queda do Titanic son os restos das dúas partes que se separaron no momento do afundimento. Só se poden visitar u!lizando uns submarinos moi resistentes á presión e á temperatura que hai nesas profundidades. Tamén son famosas as versións cinematográficas da traxedia que aumentaron a popularidade e o mito do Titanic. Iago, Fermín e Belén 6ºA
Parolas
Parolas - 43 -
P
A
R
O
L
A
S
P
2012 N
A
R
O
L
S
GANDHI
bállase coas alumnas e alumnos de 6º curso a película “Gandhi” dirixida en 1982 por Richard Attenborough, galardonada con oito premios Oscar. O obxectivo fundamental desta actividade foi que as alumnas e alumnos descubriran a vida deste gran home que sen dúbida axudou a cambiar o curso do século XX cunha actitude vital de respecto profundo a todos e todas e de desobediencia de toda aquela lei que fora en contra da dignidade da persoa. Ao final do visionado da película, as alumnas e alumnos realizaron un video forum poñendo en común a contestación dunhas preguntas. Ditas preguntas e algunhas das respostas escollidas por eles foron as seguintes. P./ Que descubriches sobre a vida de Gandhi con esta película? R./ Aprendimos a ver que é un home con moito corazón ,forza de vontade cun pensamento totalmente desinteresado e non violento. R./Descubrimos que era unha boa persoa que a parte de decatarse das inxustizas, implicabase nelas para solucionalas. O exemplo máis claro disto foi a etapa da súa vida que adicou a intentar lograr a independencia da India mediante a “ non violencia” e a “resistencia pasiva”. P./Destaca polo menos dous momentos significativos da vida de Gandhi e explica por que os escolliches R./Nós queremos destacar cando o botaron dun tren en Sudáfrica por ser indio e cando viaxa pola India para descubrir a situación de pobreza do seu país porque cremos que esa viaxe é a causante de que Gandhi puxera corpo e alma en salvar a India. R./Inglaterra anuncia oficialmente que a India é independiente. Escollimos este momento porque este é o froito dos esforzos que Gandhi fixo durante toda a súa vida. A súa morte. Escollimos este momento porque é un dos máis significativos, importantes e que ninguén esquecerá. P./Que era para Gandhi a “non violencia” e a “resistencia pasiva”? R./A non violencia para Gandhi era o seu xeito de vivir. A resistencia pasiva era para Gandhi unha xeito de conseguir os seus propósitos.
Parolas - 44 -
A
2012
R./ Para Gandhi a non violencia era non usar a violencia para defender os seus dereitos. A resistencia pasiva era o non cumprimento das leis inxustas. P./ Como influíu en Gandhi a relixión? R./ Influíu facendo que vise que hai que vivir con amor e respeto cara os demais.Tamen influíu facéndolle ver que por moitos nomes e formas que recibira, había un só Deus. R./ El pensaba que fósemos da relixión que fosémos todos somos irmáns e fillos de Deus, polo tanto a relixión achegáballe aos demais. R./ Resúmese no que di nun momento da película. “Eu son ´hinduísta, eu son cristián, eu son musulmán,eu son xudeo” P./Explica como foi a vida de Gandhi a partir da “Non violencia”.Como foi a súa morte? R./ Foi interesante, inspiradora, delictiva (para os ingleses) e complicada xa que tivo que ir ao cárcere en varias ocasións e tivo que facer varias folgas de fame; pero tamén tivo recompensas, como a independencia da India. A súa morte foi triste e violenta. R./A vida de Gandhi foi pacífica e ao mesmo tempo moi dura; pois el nunca usaba a violencia, pero os británicos contra el sí. A súa morte foi violenta. Foi un asasinato do que foron testemuñas centos de persoas. Ordeouno un alto cargo da parte musulmán do Partido Nacionalista hindú que quería separar aos musulmáns da India. P./ A filosofía de Gandhi, pódese poñer en práctica hoxe en día? Ante que situacións? R./ Sí que se pode poñer en práctica, por exemplo, nunha pelexa no patio do colexio. Se a ti che pegan e respondes pegando, o que fas é causar máis violencia. P./Explica coas túas parabras a seguinte frase: “O mais atroz das cousas malas da xente mala e o silencio da
xente boa”
R./ Se alguén é testemuña dalgunha inxustiza, o peor que pode facer é calar, xa que así, esa persoa continuará facéndolle mal á xente.
Parolas olas - 45 -
P
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
Convocamos un concurso de banda deseñada para todo o colexio, cunha elevada par•cipación
S
2012 Celebracións:
O día das bibliotecas
a nosa biblioteca
(24 de outubro) O día da Paz (30 de xaneiro) O día do libro (23 de abril) O día das Letras Galegas (17 de maio)
CEIP Fon!ñas h"p://www.edu.xunta.es/centros/ceipfon!nhas/
Ac!vidades de dinamización Este curso, a biblioteca entrou a formar parte do numeroso grupo de bibliotecas que se benefician do PLAM-BE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares). Grazas a este plan podemos ir mellorando e actualizándonos, sempre coa axuda de todos os usuarios e usuarias (alumnos e alumnas, mestres e mestras) e os demais membros da comunidade educa•va do noso colexio, que u•lizan cada vez mais este maravilloso recurso.
Os nenos e nenas de educación infan•l seguiron levando cada semana a mochila viaxeira para compar•r coas familias. Elaboraron receitas de cociña, manualidades e experimentos, escoitaron música, leron contos e cómics e ademais escribiron as súas impresións nun caderno que tamén “viaxou” nesta mochila. Fantás•ca idea! Tamén usaron unhas bolsas con libros en empréstamo semanal.
A biblioteca apoia ademais os proxectos educa•vos do colexio. Nesta imaxe podemos ver o traballo dos alumnos e alumnas de E. Infan•l que desenvolveron durante o curso un interesante proxecto sobre “A Horta”. Manexaron dis•nta información, acompañados das súas profesoras, experimentaron, observaron... Podedes achegarvos ao seu horto e veredes a súa colleita!
Adquiríronse para a biblioteca do centro numerosos fondos: novidades, cómics, revistas, contos, libros informa•vos...
Elaboramos dúas guías, unha de usuarios e outra de lectura, con normas, recomendacións, consellos...que foron repar•das polo Nadal. Todos os nenos e nenas de 2º par•ciparon nunha montaxe audiovisual poñendo voz ás imaxes dun libro, “A casa de cartón” de Concha Blanco, seleccionado para conmemorar o día da Paz. Organizamos exposicións de libros en torno a temas e datas puntuais, como o magosto, o día da paz ou o antroido, exposicións de novidades, etc. E máis cousas, como a visita dun estupendo autor, nada menos que Gonzalo Moure, que conversou cos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º e, xen•lmente asinou exemplares dos seus libros.
Con•nuamos a ofrecer información sobre a biblioteca do cole a través do seu blogue: h"p://bibliotecaceipfon•nhas.blogspot.com/, ao que tamén podedes acceder desde a páxina web do colexio, na sección “Biblioteca”, no seu apartado “Recomendámosche”. E non estaría mal entrar no blogue de Educación Infan•l que conta con moi boas recomendacións: h!p://fontesefon•nhas.wordpress.com/
Parolas - 46 -
Recordade que as vacacións es•vais son estupendas para ler e para u•lizar as bibliotecas. Consultade a páxina web da “Rede de bibliotecas de Galicia” h!p://www.rbgalicia.org/ Que teñades un bo verán e ata pronto!
Parolas - 47 -
P
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
FOTOS DE CURSO
4º B
1º B
4º A
1º A
5º B
2º B 5º A
2º A
6º B
3º B
Parolas - 48 -
3º A
6º A Parolas - 49 -
P
Parolas - 50 -
A
R
O
L
A
S
2012
P
A
R
O
L
A
S
2012
Parolas - 51 -