AUTÓCTONAS GALEGAS 8

Page 1

AUTÓCTONAS número

8

A REVISTA DAS RAZAS AUTÓCTONAS GANDEIRAS GALEGAS

INVERNO 2014

O ONTE E O HOXE DE FONTEFIZ, O CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS DE GALICIA

O LOGOTIPO 100% RAZA AUTÓCTONA, UNHA REALIDADE

PROTAGONIZAMOS A OFERTA GASTRONÓMICA DO SALIMAT

CELEBRADAS AS XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS NA SEMANA VERDE



EDITORIAL

MISIÓN CUMPRIDA Hoxe podemos congratularnos de ofrecervos resultados importantes de grandes retos formulados hai tempo como prioritarios para avanzar na recuperación das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Unha das áreas de mellora que apuntabamos cos criadores e coa Administración era a da comercialización, para a que demandabamos a creación dun selo de calidade que diferenciase claramente a nosa produción no mercado. Se ben xa a mediados de 2013 se aprobou a regulación do uso voluntario do logotipo 100% Raza Autóctona, tanto no etiquetado coma nos lugares onde se vende ou consome, foi a finais de 2014 cando o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente o presentou oficialmente. Este novo logotipo vén a identificar e valorizar o produto ante os clientes, pero tamén o traballo dos criadores e a súa función social con respecto ao medio. Boaga solicitou a concesión do seu emprego nas razas Cabra Galega, Galiña de Mos e Ovella Galega e está a tramitar a regulación nas cinco razas vacúas, co cal pronto poderemos exhibir e comercializar con este garante extra que constitúe un grande apoio no labor de promoción. A promoción é, precisamente, outra das áreas á que tamén lle prestamos unha especial atención nos últimos anos, na medida en que cremos que é moi necesario divulgar as virtudes das nosas razas entre o público para que este as demande. E isto é posible grazas aos estudos que están desenvolvendo as asociacións de criadores que integran Boaga, os cales serven para caracterizar os produtos e, en consecuencia, para optimizar os procesos de crecemento dos animais e a calidade final. En definitiva, son unha ferramenta para os produtores, para que rendibilicen este tipo de crianza, e unha vía para facilitarlle información contrastada á sociedade. Nestas páxinas presentamos os resultados das investigacións realizadas polo momento, sobre o cordeiro de Ovella Galega e a Galiña de Mos. As entrevistas aos gandeiros que incluímos neste número, que constitúen o comezo dunha serie de conversas con criadores con marca propia que expoñen no Salimat da Semana Verde, así como as diferentes noticias das actividades levadas a cabo ao longo do ano, confirman que os avances en comercialización e promoción están a dar os seus froitos. No artigo que abre a revista, o director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, Cástor Rivero, dá conta do que representou o pazo de Fontefiz para a veterinaria e a gandería galegas, de como estivo vinculado ao campo dende as súas orixes e de como foi evolucionando na súa misión ata o presente. Agora, ademais, augurámoslle un futuro mellor.

3

8 INVERNO 2014

EDITA: FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA Fontefiz. 32152. Coles (Ourense). Teléfono: 988.20.54.86 Fax: 988.20.54.89 Email: boaga@boaga.es Web: www.boaga.com Presidente: José Benito Gayoso González Vicepresidente: José Manuel González Lamelas Secretario-tesoureiro: Lisardo López Blanco Vogais: Pablo Pérez Barroso, José Blanco Blanco, María Josefa Fernández Padín, Francisco José Monasterio Solveira PRODUCE: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A. 27002. Lugo. Teléfonos: 982.22.12.78 / 636.95.28.93, 610.21.53.66 Email: transmedia@ctransmedia.com Web: www.transmedia.es Tirada: 2.000 exemplares Depósito legal: LU-399/2007

SUMARIO FEDERACIÓN O pasado e o presente de Fontefiz

4

ENTREVISTA Jordi Ánguez (Cachenas de San Breixo)

13

Lisardo López (Gacarli SL)

16

Miguel Pernas (Gandería Tras do Río)

19

Juan Manuel Lage (Gandería Juan Manuel Lage)

22

NOTICIAS COMERCIALIZACIÓN

25

O logotipo 100% Raza Autóctona, unha realidade

50

CENSO Estado actual dos censos das razas bovinas autóctonas

52

OVELLA GALEGA Apuntamentos sobre a caracterización do crecemento, a canal e a carne da Ovella Galega

54

CAN DE PALLEIRO Can de Palleiro, o can de granxa por antonomasia en Galicia

56

GALIÑA DE MOS Os produtos da raza Galiña de Mos consolídanse como unha produción avícola de calidade diferenciada

58

MANEXO Unha materia pendente dos gandeiros: a observación dos animais e a súa aplicación ao manexo

61


FEDERACIÓN

4

O PASADO E O PRESENTE DE FONTEFIZ

Esta é unha visión global do que o pazo de Fontefiz e os seus propietarios representaron historicamente para a veterinaria e a gandería galegas. CÁSTOR JOSÉ RIVERO MARTÍNEZ Director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia O PASADO DE FONTEFIZ

HISTORIA Segundo Xesús Ferro Couselo, a primeira referencia escrita sobre Fontefiz data do ano 968, cando o nobre Arias Fernández e a súa dona Gudina Odnariz lle doan o casal de Fonte Felici ao mosteiro de monxas bieitas de San Miguel de Bóveda, doazón que aparece na carta de fundación deste cenobio. Pode dicirse entón que o centro presenta unha dilatada historia que comeza a finais do século X e na que, a partir do XVI, acaban por confluír as máis ilustres familias fidalgas da contorna. Armental, Parada de Amoeiro, Toubes, Tamallancos, Santa Seguiña de Faramontaos, Entrambosrios e Pardavedra ou Santa Mariña de Augas son casas que formaron parte do seu pasado. Autóctonas Galegas Número 8

A pesar da relevancia pública de moitos dos seus propietarios, a vida cotiá sempre estivo relacionada coa actividade pecuaria. A información dispoñible amosa que a existencia de animais e labores agrícolas foi unha constante, preludio das actividades que se desenvolven hoxe en día. Por exemplo, damos coa primeira descrición do lugar de Fontefiz no ano 1582; segundo figura nun apeo –documento xurídico que acredita deslindes e demarcacións–, compoñíase de dúas casas, dúas cortes para o gando, 16 cavaduras de viña, 16 fanegas de pan e un souto. Outra proba disto é o Catastro de Ensenada, verificado en 1752, que achega datos moi concretos sobre Fontefiz como granxa e explotación agrícola.

Segundo este censo, está conformado por unha casa dun alto, que tiña 16 varas de fronte e nove varas de fondo, e tres casas terreñas de 4 x 5 varas cada unha delas e 200 ferrados de terra que se distribuían do seguinte xeito: dous de horta, tres de viña e unha parra, oito de souto, oito de pastos de secaño, catro de pastos de regadío, 90 de sementeira, 13 de carballeira e 70 de monte baixo. De gando: seis bois e dúas vacas (unha de cría), 12 porcos, unha porca parideira e 16 ovellas. Para todo este labor e para o servizo da casa contaba con cinco criados, tres deles maiores, e tres criadas. Cómpre apuntar que unha vara son aproximadamente 0,836 metros e un ferrado vén a corresponderse con seis áreas de superficie.


FEDERACIÓN

O último fidalgo do pazo de Fontefiz foi Pedro Ventura de Puga, que tivo un papel moi destacado na Guerra da Independencia como vogal e secretario da Junta Superior del Reino de Galicia. Debemos recordar as palabras de Otero Pedrayo en Fontefiz ao fondo do recordo, describíndoo como un gentleman entre os cabaleiros formados en Oxford cando foi pedir armas para as calosas e honradas mans dos labregos galegos alzados coma un só home contra Napoleón. Procurador en Cortes na lexislatura de 1835 e deputado en lexislaturas superiores, a súa obsesión foi, como deixou ben demostrado en numerosas cartas e escritos, a potenciación da agricultura e a gandería de Galicia. Morreu en 1866 e 80 anos despois a súa casa soarega converteuse precisamente nun centro de fomento agrícola e gandeiro. CENTRO DE SELECCIÓN DE GANDO BOVINO A mediados do pasado século XX, a Dirección General de Ganadería, dependente do Ministerio de Agricultura, resolve adquirir en Galicia unha finca destinada á implantación dun centro para a mellora do gando vacún desta rexión, de acordo co presuposto aprobado polas Cortes, segundo a Lei de 30 de decembro de 1943. Entre as fincas recomendadas óptase pola denominada Fuentefiz, no termo municipal de Coles, na provincia de Ourense; no informe faise constar que como o prezo ascendería á cifra de 1.150.000 pesetas e a consignación orzamentaria era soamente dun millón de pesetas, debería aceptarse a oferta da Deputación Provincial de Ourense de aboar as 150.000 pesetas de diferenza, cantidade ofertada a título de doazón.

O chamado Centro de Selección de Ganado Bovino comeza as súas actividades baixo a tutela de Esteban Ballesteros Moreno, director daquela da Estación Pecuaria de León, que, como director interino do centro de Fontefiz, foi o encargado do proxecto inicial durante o primeiro semestre de 1945. Así o corroboran os seus informes de necesidades e orzamentos asinados en León durante os primeiros meses dese ano. Antonio Romagosa Vilá (1945-1950), substituto do anterior, primeiro como director interino e posteriormente como director do centro (dende o 9 de febreiro de 1946), inicia as actividades de selección e mellora coa adquisición dos primeiros exemplares de gando vacún. O 21 de decembro de 1945 ingresan no centro os primeiros animais de raza Rubia Galega (tamén nomeada Gallega Colorada), procedentes de Lugo; son, en concreto, nove vacas e dous sementais, Lopo (FF-1) e Perico (FF-2). O 4 de xaneiro de 1946 complétase o rabaño con cinco vacas e tres crías procedentes de Redondela (Pontevedra).

5

Coa identificación FF-3 e FF-4 aparecen dous machos de raza Caldelá (Galán e Morito), con rexistro de entrada do 6 de xaneiro de 1946, procedentes de Montederramo e Castro Caldelas (Ourense), xunto con nove vacas da mesma raza. Durante os primeiros anos, as actividades de selección e mellora restrinxíronse a estes 32 exemplares das razas Rubia Galega e Caldelá (ou Gallega Negra). Con eles comezan un exhaustivo rexistro xenealóxico e detallados estudos zoométricos; ademais, reflíctense distintos parámetros produtivos e reprodutivos, como pesos ao nacemento e pesos quincenais, produción láctea, porcentaxe de graxa etc. En novembro de 1947 instáurase no centro unha parada pública de sementais destinada a cubrir as vacas dos arredores, que comeza en maio de 1949 a cesión de sementais con destino a outros centros ou paradas protexidas. Cesantes (FF-5) é cedido con esta data á parada da Hermandad de Labradores y Ganaderos de Porriño (Pontevedra) e Rillote (FF-50) sae das instalacións o 9 de setembro de 1952 con destino ao Centro de Inseminación Artificial Ganadera de Betanzos (A Coruña).

Perico, nacido en 1945, foi o segundo semental mercado polo centro

Así o recolle Arturo Pérez Serantes, presidente da Deputación Provincial de Ourense, nas escrituras de compravenda e doazón outorgada a favor do Ministerio de Agricultura ante Florencio Porpeta Clérigo, notario do Ilustre Colegio de Madrid, con data de 30 de decembro de 1944, ao expresar que dicha cantidad se entrega en concepto de donación y sin reserva de derecho alguno sobre la finca, por considerar compensada a la provincia con la implantación de tan importante mejora para su riqueza ganadera. Autóctonas Galegas Número 8


6

FEDERACIÓN

Paralelamente realízanse as primeiras experiencias de inseminación artificial, que dan como resultado o nacemento do primeiro animal obtido con esta técnica, o 18 de febreiro de 1949. Trátase de Lamera IV (FF-72), filla de Lamera (FF-19) que, segundo consta na súa ficha, foi fecundada artificialmente con sémen de Perico (FF-2) el 7 de mayo de 1948. Una sola intervención. Cabe destacar tamén a primeira participación de animais do centro na Feria Nacional del Campo en Madrid; a saída rexistrouse o 24 de maio de 1950. A presenza neste evento mantívose ata o último ano da súa celebración (1972). CENTRO PRIMARIO DE INSEMINACIÓN ARTIFICIAL GANDEIRA En abril de 1953, sendo director Justino Pollos Herrera (1950-1953), comeza a funcionar o Centro Primario de Inseminación Artificial Ganadera (IAG), cuxa dirección asume o veterinario Víctor González Herrero; logo continuaría o seu labor en 1955 Feliciano González Sánchez, quen, á súa vez, é substituído en 1964 por Francisco Senén Álvarez Yebra, con Tomás Llorente Celaya como técnico. Este centro primario A de IAG funcionou desde os seus inicios como unha unidade totalmente diferenciada do Centro de Selección de Ganado Bovino, tanto na dependencia orgánica e funcional –do Servicio Provincial de Ganadería– coma económica –dependía directamente da Dirección General de Ganadería–, aínda que a inspección lle correspondía ao director do centro de Fontefiz. O 13 de febreiro de 1954, con Benito Talegón Heras como director (19531954), ten lugar a chegada de tres animais da raza South-Devon, procedentes de Inglaterra e con entrada polo porto de Bilbao. Son, en concreto, o macho Hall (FF-162) e as femias Coliflor (FF-163) e Leonor (FF-164), introducidas dentro do programa de mellora da raza Rubia Galega. O 19 de outubro de 1956, baixo a dirección de Antonio Fernández Martínez-Zúñiga (1954-1956), rexístrase a entrada dos primeiros exemplares da Autóctonas Galegas Número 8

raza Holandesa; trátase, concretamente, de catro femias importadas de Holanda e dun semental (Priégola-Limberg) procedente da granxa Priégola de Madrid, que ingresou no centro o 18 de abril de 1957, cando era director Juan Cruz Sagredo (1957-1963); Sagredo substituía no cargo a Mariano Sanz Callejas (1956-1957). Con data 13 de xuño de 1962 prodúcese a incorporación dos dous primeiros sementais da raza Suíza Parda, Zogg FF-388 e Ferrari FF-389, ambos os dous importados do país suízo. As actividades realizadas no período que abrangue desde a creación do Centro Primario de IAG ata mediados da década dos anos setenta van encamiñadas á selección e mellora de Rubia Galega e ao mantemento de sementais e femias desta raza, xunto con exemplares selectos de Frisona e Pardo Alpina, coa finalidade de obter doses de seme suficientes para abastecer a crecente demanda. Nesta época, a dirección recae en Pedro Jesús Iglesia Hernández (1963-1966); da súa pluma rescatamos dunha maneira resumida o que era e o que significaba o centro naquel momento, con todos os seus obxectivos e as súas funcións. Explícanos Iglesia que, durante os primeiros anos, o labor de selección se orientou exclusivamente á mellora da raza Rubia Galega, para posteriormente ampliar o campo de acción ao fomento doutras razas e especies.

Tamén nos fala de experiencias realizadas coas variedades morenas Caldelana, Limiana e Mirandesa. A pesar desta mención, non queda constancia nos arquivos desta actividade, agás da orixinaria iniciativa de selección da raza Caldelá, que se abandona a mediados dos anos cincuenta; o último animal rexistrado desta raza sae do centro o 20 de xullo de 1956 (Lindo, FF- 140) e non existe ningún rexistro nos anos seguintes. O obxectivo era mellorar a súa produción de carne e leite, pero abandónase ao considerar que estas producións non son estimables e que o traballo é a única aptitude que debe considerarse dela. Este obxectivo si que se desenvolve coa raza Rubia Galega. Partindo de animais de correcto tipo morfolóxico, realízanse controis funcionais da produción leiteira e procúrase mellorar a conformación natural e a aptitude carniceira. En resumo, perséguese a consecución dun biotipo carne-leite de aceptable produción. Con esta actividade chegáronse a conseguir exemplares de alto valor zootécnico, sementais como Trashorras e Parrulo, que figuran entre os destacados; non obstante, cómpre facerlle unha mención especial a Miño, pois aínda hoxe moitas das persoas que se achegan a Fontefiz recordan este semental que podemos considerar, sen dúbida, como o animal máis coñecido da historia do centro.


FEDERACIÓN

Parrulo en 1959

No ano 1962 comezan a facerse estudos de aclimatación e rendemento sobre un lote de 25 cabezas de Suíza Parda de importación. Os resultados obtidos son considerados como francamente satisfactorios, polo que, a partir de entón, se suceden as importacións de animais desta raza. A estas actividades de investigación é necesario engadirlles outros aspectos da explotación animal, tales como as melloras realizadas nos eidos da sanidade, a alimentación, a fecundidade, o manexo, o estudo económico das producións e o contraste de novos produtos farmacolóxicos e biolóxicos. Como colofón, baixo o título de “Acción de Fontefiz en el fomento ganadero”, Pedro Iglesia dá conta da filosofía e da influencia do traballo realizado durante os primeiros vinte anos ao dicir que as investigacións e as experiencias do Centro de Selección de Ganado Bovino de Fontefiz deben irradiarse ao exterior e traducirse nunha mellora da gandería da rexión, para cumprir deste xeito os obxectivos de efectividade e eficiencia que motivaron a súa creación por parte do Estado. Este labor de fomento e expansión gandeira lévase a cabo mediante a cesión de exemplares de reprodutores selectos a gandeiros ou a entidades e organismos estatais ou paraestatais de diversos puntos da rexión; nos vinte anos de existencia do centro entregáronse 147 cabezas de gando vacún reprodutor de ambos os dous sexos.

7

Foto de Miño do ano 1962

Outro mecanismo deste labor de mellora é a inseminación artificial. O Centro Primario de Inseminación Artificial, creado en 1953, era servido nese momento por 17 sementais que abastecían 30 centros secundarios e seis circuítos, a través dos que no ano 1964 se inseminaron 25.568 vacas. Dende que se puxo en marcha, realizáronse inseminacións con seme procedente de sementais previamente controlados xenética e sanitariamente nel en máis de 138.000 vacas. Por aquel entón, os animais inscritos no rexistro xeral do centro desde a súa constitución acadan o número de 540 reses vacúas, das que 388 naceran alí e o resto foron exemplares sobresaíntes mercados a gandeiros ou importados. O Centro Primario contaba cun total de 100 animais distribuídos do seguinte xeito: 43 de Rubia Galega, 48 de Suíza Parda e nove de raza Holandesa. De igual modo que na actualidade, o centro cumpría unha importante misión didáctica e era visitado frecuentemente por gandeiros, asistentes a cursos e outras moitas persoas interesadas nos problemas pecuarios. Continuando coa cronoloxía dos feitos, cabe destacar dúas iniciativas con gando ovino, a primeira entre os anos 1963 e 1967 coa raza Lacha, da que existe documentación abundante sobre parámetros produtivos e reprodutivos. Así mesmo, sendo director Vicente Gómez-Calcerrada López (19681973), que continuou co labor de

Manuel Díez Ordás (1966) e Luís Ferrer Falcón (1966-1968), realizáronse estudos con exemplares da raza Ovella Galega, dos que hai constancia no centro do bienio 1972-1973. DEPÓSITO DE REPRODUTORES SELECTOS DE FONTEFIZ No ano 1972 Fontefiz sofre un cambio importante, tal como describiu Gómez-Calcerrada: A entrada na Administración de dirixentes moi tecnócratas e bastante cuadriculados, orixina un proceso de cambiar por cambiar, que remata por lograr unha desastrosa confusión nas funcións que viña desenvolvendo o Ministerio de Agricultura. En outubro de 1971 decrétase a eliminación da Dirección General de Ganadería, proliferan as disposicións de reorganización, existe malestar entre os funcionarios e, finalmente, o oito de xuño de 1972 queda suprimido o Centro de Selección de Ganado Rubio Gallego de Fontefiz. Imperan os movementos caciquís e cométese a inxustiza de suprimir un dos únicos centros de selección existentes en España, creándose, ao mesmo tempo, outros sete que ata entón non tiñan recoñecida esa categoría. CENTRO DE ESCOLMA E REPRODUCIÓN ANIMAL En cumprimento do Real Decreto 1099/1985, de 5 de xuño (BOE n.º 161, de 6 de xullo), cando ostentaba a dirección do centro Francisco Senén Álvarez Yebra (1985-1993), realízase o traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de centros nacionais de Autóctonas Galegas Número 8


8

selección e reprodución animal. Os centros contemplados neste traspaso son o CENSYRA de Lugo e o Depósito de Reprodutores Selectos de Fontefiz, que pasa a chamarse Centro de Escolma e Reprodución Animal. A comezos dos anos oitenta realizáronse as primeiras experiencias de transferencia embrionaria bovina, que desembocan no nacemento da primeira cría obtida con esta técnica, o 22 de maio de 1987: Pepa (FF-1809), de raza Rubia Galega, filla de Sainzo (FF-1371) e de Pitela (FF-1275), sendo a vaca nodriza Peza (FF-1681).

O PRESENTE DE FONTEFIZ

FEDERACIÓN

xinarias de Galicia e que actualmente coñecemos como Morenas de Galicia (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa) como as de Castela e León (Sayaguesa e Alistano-Sanabresa). Froito deste programa, o grupo de veterinarios que traballan daquela en Fontefiz crea un banco de seme, no que conxelan e conservan as doses procedentes dos touros incorporados ao centro. Para dar unha idea do que estamos a falar, cómpre indicar que as doses de seme máis antigas conservadas no banco datan do 11 de febreiro de 1976. A estas doses fóronse engadindo as das outras razas, coa seguinte orde cronolóxica:

CENTRO DE CONSERVACIÓN E RECUPERACIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN A partir da transferencia á comunidade autónoma, o centro comeza a transformarse paulatinamente. As súas funcións diríxense entón en exclusiva á preservación de razas bovinas autóctonas en perigo de extinción.

• 1. Raza Frieiresa. Touro Tibetano (MGL-15). 11/02/1976 • 2. Raza Vianesa. Touro Chispero (MGL-04). 12/08/1976 • 3. Raza Limiá. Touro Giro (FF-1381). 14/01/1981 • 4. Raza Caldelá. Touro Piño (FF-1848). 30/03/1981 • 5. Raza Cachena. Touro Toxo (FF-1597). 30/06/1983

En 1994 asume a dirección Miguel Fernández Rodríguez (1994-1997) e as actividades de recuperación toman un pulo que xa non deixa de medrar nos anos seguintes. Sucédenlle o que subscribe, Benjamín Fernández Fernández (2004) e Carlos López Franco (2005-2009).

Este banco de seme resultou fundamental para a posterior recuperación das razas, xa que aos touros existentes no banco no ano 1992 non se engadiu ningún máis; agás no caso da Cachena, no que se incorporaron catro animais, en ningunha das outras razas foi posible.

Resulta moi difícil concretar unha data precisa para o comezo das actividades de conservación e recuperación das razas autóctonas de Galicia en perigo de extinción. Poderíase considerar o 6 de xaneiro de 1946, cando entran no centro os primeiros animais da raza Caldelá, pois, aínda que as intencións iniciais non foran esas, deixaron datos zootécnicos e estudos produtivos que seguimos empregando na actualidade. Outra data a ter en conta é xaneiro de 1975, cando, con Luciano Sánchez García (1973-1984) na dirección, se inicia o programa de mellora das Morenas Galaico-Leonesas. Baixo esta denominación, posteriormente derivada en Morenas do Noroeste, englobábanse todas as razas actualmente recoñecidas no catálogo oficial, tanto as oriAutóctonas Galegas Número 8

Ao mesmo tempo, tamén se incorporaron femias de razas autóctonas en perigo de extinción, que compartían

o centro cos últimos exemplares de Rubia Galega. A primeira que aparece nos rexistros, con data de entrada do 4 de setembro de 1976, é FF-1663, vaca da raza Frieiresa de nome Roxa. A esta seguíronlle as razas Cachena (Olela, FF1598, 16/02/82), Limiá (Fraga, FF-1754, 18/07/85), Caldelá (Pantoxa, FF-1803, 17/12/86) e Vianesa (Bermella, FF-1808, 09/04/87). Nos anos oitenta, ás doses do banco de seme sumáronse os embrións procedentes de cruzamentos intrarraciais realizados no propio centro. Con estes vimbios podemos dicir que empezou en Galicia a recuperación das razas autóctonas, aínda que a dedicación do centro a estas actividades en exclusiva non se concretaría ata a década seguinte. No ano 1990, a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia elaborou o programa de conservación e recuperación de razas bovinas autóctonas de Galicia en perigo de extinción. O conxunto de iniciativas aprobadas neste programa inscríbense, en febreiro de 1991, no Plan Integral de Mellora Xenética (PIMX), que establece as liñas xerais de actuación para as cinco razas bovinas autóctonas de Galicia en perigo de extinción, reflectidas posteriormente no Real Decreto 1682/1997, que actualiza o Catálogo Oficial de Razas de Ganado de España (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa).

Giro, touro da raza Limiá do que existen en Fontefiz máis de 10.000 doses de seme


FEDERACIÓN

O plan de conservación iniciado baseouse en dúas grandes liñas de actuación: -Programa ex situ, responsabilidade do Centro de Conservación e Recuperación de Razas Autóctonas de Fontefiz, co obxectivo de garantir a variabilidade xenética das razas (rabaños fundacionais) e crear unha reserva de recursos xenéticos animais que asegure a supervivencia destas (banco de xermoplasma). -Programa in situ (rexistro da raza, propietarios rexistrados, familias colaboradoras e colaboración con veterinarios), aplicado nas zonas de orixe destas razas, coa finalidade de recuperar os censos de animais e explotacións nestes lugares. Programa ex situ Rabaños fundacionais. Formados cos animais que se atopaban no centro de Fontefiz, deséñanse para que cada raza conte cun rabaño mínimo de 30 animais en seis grupos de reprodución, cada un deles formado por un macho e catro femias. Do apareamento de cada femia co semental do seu grupo espérase conseguir descendencia dos dous sexos. Desta descendencia, o macho seguirá no mesmo grupo, mentres que as femias pasan aos outros grupos de reprodución. As liñas paternas dos rabaños fundacionais formáronse cos proxenitores do banco de xermoplasma xa sacrificados e con suficientes doses para pór en marcha o plan de conservación.

9

CACHENA

CALDELÁ

FRIEIRESA

LIMIÁ

VIANESA

TOTAL

MACHOS

44

24

6

10

7

91

FEMIAS

101

53

30

30

28

242

TOTAL

145

77

36

40

35

333

Banco de xermoplasma. Constituído co seme conxelado e conservado do programa de mellora das Morenas Galaico-Leonesas e cos embrións procedentes dos traballos que se realizaron no eido da transferencia embrionaria, a mediados dos oitenta.

Estes animais resultaron fundamentais para a recuperación de censos e ganderías, xa que a maioría das explotacións que existe na actualidade forneceuse con animais provenientes de Fontefiz, a través das cesións, nun principio, e por medio da compra de exemplares, nos últimos dous anos.

A 31 de decembro de 1990, as doses de seme e o número de embrións que integraban o banco de xermoplasma eran os seguintes:

Actualmente mantéñense no centro os rabaños fundacionais estables das cinco razas cunhas cifras de arredor de 200 cabezas que aseguran a variabilidade xenética destas e lles proporcionan sementais axeitados ás explotacións que os necesitan.

CACHENA

CALDELÁ

FRIEIRESA

LIMIÁ

VIANESA

TOTAL

TOUROS

13

8

11

7

11

50

DOSES

27.230

76.257

54.506

61.701

50.183

269.877

EMBRIÓNS

67

17

24

7

22

137

En canto aos efectivos que posuía a Consellería para cubrir a liña materna dos grupos de reprodución, variaba segundo a raza, e, así, o único grupo completo foi o da Cachena, mentres que no resto dos casos os grupos quedaron incompletos, ben por falta de exemplares (Frieiresa, Limiá e Vianesa), ben por non poder incorporalos aos grupos fundadores, por estar emparentados entre si (Caldelá). Os censos dos rabaños do programa ex situ a finais de 1992, daquela repartidos polas diversas fincas propiedade da Consellería (Fragavella, Rodicio, Invernadoiro e Fontefiz), quedan reflectidos na seguinte táboa:

Autóctonas Galegas Número 8


FEDERACIÓN

10

Durante estes anos, o banco de xermoplasma continuou incrementando as cifras co seme procedente dos touros do programa, ata acadar a finais de 2013 as que se reflicten na táboa da dereita. No ano 2007 comezou a constituírse un banco de xermoplasma ovino que conta actualmente con 3.891 doses para nove carneiros. Máis tarde, en 2012, iniciouse o de xermoplasma porcino cun total de 2.791 doses de seme de catro castizos distintos (procedentes dun proxecto de investigación no que se colaborou con Asoporcel e Inorde), que se atopan depositadas no centro. Programa in situ Propietarios rexistrados e rexistro da raza. No primeiro rexistro, realizado en 1991, resultou fundamental a colaboración dos equipos veterinarios das campañas de saneamento gandeiro, que notificaron a existencia de 670 animais susceptibles de ser incorporados; atopáronse 356 animais puros para as cinco razas, pertencentes a 242 explotacións. Estes datos foron o punto de partida para a elaboración dos distintos subprogramas que conforman o programa in situ e para o inicio dos traballos de recuperación, que se realizaron con persoal facultativo do centro de Fontefiz. A cada un dos propietarios de gando autóctono realizóuselle unha ficha de rexistro con toda a información da súa explotación, constituíndose así un rexistro provisorio de explotacións que inclúe todos os animais rexistrados, así como a súa descendencia e proxenitores, de ser o caso; é dicir, comézase un rexistro xenealóxico para cada unha das razas. Na táboa adxunta poden observarse os datos recompilados de femias nos tres primeiros anos, así como a caída progresiva dos censos, que en 1994 acadaron as cifras máis baixas, inda que despois comezaron a recuperarse paulatinamente.

LIÑAS

N.º DE TOUROS

BANCO DE SEME

CACHENA

15

104

161.832

CALDELÁ

11

74

186.235

FRIEIRESA

11

51

129.370

LIMIÁ

8

48

129.152

VIANESA

8

48

103.835

TOTAL

53

325

710.424

Familias colaboradoras. Posto en marcha en 1992, este programa concibiuse coa finalidade de formar explotacións colaboradoras coas reprodutoras propiedade da Consellería, xa liberadas dos rabaños fundacionais, por ter descendencia de ambos os dous sexos. Tamén foi coñecido como programa de cesión de gando. Xunto co plan de axudas, consideramos fundamental a achega deste programa na recuperación das razas. Fórmanse lotes dun mínimo de catro femias, acompañadas ou non dun macho da mesma raza, que lles son entregados aos gandeiros que previamente o solicitaron co compromiso, mediante convenio de colaboración, de reproducir os seus animais en pureza, ben por monta natural, ben por inseminación artificial con doses de seme do banco de Fontefiz, e devolver, por animal, unha das súas crías que teña cumprido o ano de idade. O colaborador ten dereito a todos os produtos naturais derivados do animal, así como a figurar como propietario deste a efectos de primas e subvencións. Este programa comeza no ano 1993, cando se ceden 39 femias e un macho de raza Cachena, repartidos en catro lotes destinados a Olelas (Entrimo). En 1995 realízase a primeira venda de sementais aos gandeiros inscritos no programa de recuperación e en 1999 complétanse por primeira vez rabaños de cesión das cinco razas.

Na seguinte táboa reflíctense o número de femias cedidas e de gandeiros beneficiarios desde o comezo do programa ata a publicación da orde de venda.

FEMIAS

RABAÑOS

CACHENA

232

39

CALDELÁ

214

39

FRIEIRESA

60

13

LIMIÁ

82

19

VIANESA

100

15

TOTAL

688

125

CACHENA

CALDELÁ

FRIEIRESA

LIMIÁ

VIANESA

TOTAL

1991

9

78

72

17

180

356

1992

25

65

63

15

156

324

1993

75

30

48

14

77

244

Autóctonas Galegas Número 8


FEDERACIÓN

Programa de colaboración con veterinarios. De grande importancia no seu momento, consistía na achega gratuíta de seme procedente do banco de Fontefiz aos veterinarios clínicos das zonas de orixe de cada raza, para a inseminación artificial das reprodutoras inscritas no rexistro. Este programa rematou coa publicación da Orde do 12 de marzo de 2003 pola que se fixan os prezos privados de doses seminais e de exemplares bovinos e aviarios producidos no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. CENTRO DE DESENVOLVEMENTO E MELLORA TECNOLÓXICA No ano 1997, o centro pasa a ter esa denominación e queda integrado no Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (ILGA). Isto non supuxo un cambio das actividades que se viñan desenvolvendo, pero, en todo caso, produciu unha certa desestabilización, ao afastar aos que ata ese momento foran os seus responsables. Felizmente, aos poucos meses desta reestruturación, reinícianse as actividades e supérase unha etapa de dúbidas sobre o futuro do centro e dos programas de recuperación, pois as funcións non quedaban claras e tiñan difícil acomodo baixo un nome tan xenérico. CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS DE GALICIA A conservación e a recuperación dos recursos zooxenéticos de Galicia foi un labor desenvolvido nos seus comezos en exclusiva polo centro e enfocado unicamente á especie bovina, que a partir do ano 2000 se estendeu ás demais especies, tras a publicación das regulamentacións específicas dos libros xenealóxicos das cinco razas bovinas e de Ovella Galega, Cabalo de Pura Raza Galega, Porco Celta, Can de Palleiro, Perdigueiro Galego, Podengo Galego, Can Guicho e do patrón racial da raza Galiña de Mos. Nesa data, Fontefiz pasa a denominarse Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia e os traballos empezan a compartirse coas asociacións de criadores, que asumen a maior parte das tarefas que constituía ata entón o programa in situ. Neste novo contexto, as competencias do centro dentro do devandito programa quedan limitadas aos

11

apartados de colaboración con veterinarios, que remata en 2003, e de familias colaboradoras; os programas de rexistro da raza e propietarios rexistrados quedaron integrados nas funcións propias da actualización dos libros xenealóxicos.

ASOCIACIÓNS DE CRIADORES As asociacións comezaron a organizarse a partir de 1998 e foron recoñecidas como entidades colaboradoras da Consellería para levar os libros xenealóxicos. O centro de Fontefiz participou activamente neste proceso, en estreita colaboración con elas.

Na actualidade continúan desenvolvéndose as actividades contempladas no programa ex situ; especificamente, o mantemento do banco de xermoplasma e os rabaños fundacionais das cinco razas bovinas, aos que a partir do ano 2001 se engaden a Unidade de Recuperación da Galiña de Mos, un rabaño de Ovella Galega e exemplares de Porco Celta e Cabalo de Pura Raza Galega, e en 2013 un rabaño de machos da raza Cabra Galega.

O camiño seguido desde entón por cada unhas das razas variou segundo a especie. As asociacións de criadores das razas bovinas (Cachega, Caldega, Frieirega, Limiaga e Vianega) integráronse nunha federación (Boaga), que ao pouco tempo acolleu tamén as de Ovella Galega (Asovega) e Galiña de Mos (Avimós); finalmente, no ano 2013 sumouse a de Cabra Galega (Capriga).

Co obxectivo de evitar a erosión xenética e o aumento da consanguinidade, no centro de Fontefiz mantéñense os rabaños fundacionais das cinco razas bovinas e da Galiña de Mos, mentres que as instalacións do Inorde, en Armariz (Nogueira de Ramuín), acollen os rabaños fundacionais de Ovella Galega, Porco Celta e Cabra Galega. A estas actividades hai que sumarlles os proxectos de investigación e os máis de cincuenta traballos presentados nos distintos congresos nos que ten participado o persoal relacionado co centro, e que teñen proporcionado unha información necesaria para o coñecemento das capacidades produtivas e reprodutivas que poden chegar a acadar as nosas razas.

Esta federación ten a súa sede nas instalacións do propio centro e os traballos de conservación, recuperación e fomento das razas fanse de xeito coordinado entre as dúas institucións. Como exemplo desta coordinación podemos comprobar a evolución dos censos das distintas especies co decorrer do tempo. Razas bovinas Os datos de 1991 representan os censos iniciais para as cinco razas: 356 reprodutoras en 242 explotacións de 33 concellos e 269 cabezas que posuía o centro. O cruzamento en pureza racial era practicamente nulo, agás en Fontefiz, e a percepción que tiñan os gandeiros destas razas era moi negativa, cun descoñecemento xeral.

NOS ANOS OITENTA, ÁS DOSES DO BANCO DE SEME SUMÁRONSE OS EMBRIÓNS PROCEDENTES DE CRUZAMENTOS INTRARRACIAIS REALIZADOS NO PROPIO CENTRO. CON ESTES VIMBIOS PODEMOS DICIR QUE EMPEZOU EN GALICIA A RECUPERACIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS A conservación e a recuperación dos recursos zooxenéticos de Galicia foi un labor enfocado primeiramente á especie bovina

Autóctonas Galegas Número 8


FEDERACIÓN

12

1991

1991

2000

2000

2013

2013

RAZA

CABEZAS

GANDERÍAS

CAB.

GAND.

CAB.

GAND.

CACHENA

151

8

715

35

4.838

165

CALDELÁ

140

50

358

31

1.340

51

FRIEIRESA

94

51

175

20

773

31

LIMIÁ

41

16

100

12

816

45

VIANESA

199

116

410

38

2.503

78

TOTAL

625

241

1.758

136

10.270

370

IN SITU

356

1.504

10.065

FONTEFIZ

269

254

205

A finais de 1993 só quedaban 191 explotacións con animais rexistrados, distribuídos en 119 poboacións de 29 concellos. O 62 % dos gandeiros rexistrados estaban xubilados ou próximos á xubilación e a media de reprodutoras por explotación era de 1,08 vacas autóctonas, cunha idade media de 10,94 anos. Ata o 2000, a recuperación realizábase exclusivamente con persoal do centro; non obstante, a partir dese ano, as asociacións asumiron a maior parte do traballo relacionado cos rabaños do exterior, para asumir definitivamente en 2005 o mantemento dos libros xenealóxicos. A evolución da poboación foi altamente positiva, non só no número de animais, senón tamén no incremento das explotacións e na estrutura destas. Na actualidade, a media de cabezas por explotación está próxima aos 30 exemplares, cunha idade media dos animais e dos gandeiros moito máis baixa que as iniciais. Ovella Galega Dos máis de 3.000 posibles exemplares notificados no 2000 polos veterinarios responsables das campañas de saneamento gandeiro, despois dun exhaustivo traballo de campo de selección morfolóxica consonte ao prototipo racial, quedaron rexistrados 470, presentes en 29 explotacións. Pola contra, a finais de 2013 acadan as 4.774 cabezas, esparexidas nun total de 108 explotacións, cifra que dá unha idea do labor feito neste ámbito.

Autóctonas Galegas Número 8

Galiña de Mos No ano 2000 atópanse 160 femias e 39 machos, repartidos en 11 explotacións. O ano seguinte ponse en marcha a Unidade de Recuperación da Galiña de Mos, que hoxe en día conta con sete grupos de reprodución, distribuídos seguindo criterios de mínimo parentesco con cruzamentos dirixidos de mínima consanguinidade, mediante apareamentos rotacionais, dunha duración aproximada de tres anos. Deste modo conséguese incrementar o número de exemplares presentes nas explotacións galegas e faise diminuír de maneira evidente o perigo de desaparición da raza, ata chegar a uns censos de 26.416 exemplares e 271 explotacións ao remate de 2013.

En 2001 instálase a Unidade de Recuperación da Galiña de Mos

Cabra Galega A recuperación iníciase no 2010 e segue o mesmo protocolo de traballo das outras razas. Pártese de 110 femias e 16 machos en 13 explotacións e os resultados deseguida dan os seus froitos, xa que a finais de 2013 xa se elevan a 759 exemplares en 68 explotacións. Porco Celta e Cabalo de Pura Raza Galega Aínda que as asociacións responsables non teñen a súa sede no centro, a súas actividades contan coa supervisión e o apoio deste. Os seus censos seguiron unha evolución positiva en ambos os dous casos e a finais do ano 2013 obtiveron unhas cifras de 4.302 exemplares e 329 explotacións de Porco Celta e 1.623 cabezas en 304 ganderías de Cabalo de Pura Raza Galega.


ENTREVISTA

13

Jordi se dedicaba a la hostelería y no tenía ninguna relación previa con la ganadería

JORDI ÁNGUEZ CRIADOR DE CACHENAS DE CACHENAS DE SAN BREIXO

“CUESTA MUCHO CONSEGUIR UN CLIENTE, ES MUY FÁCIL PERDERLO, PERO MAYORITARIAMENTE LA GENTE REPITE” Septiembre de 2008 marcó un antes y un después para Jordi (Mallorca, 1971), al trasladarse con su familia de Barcelona a Lugo para dedicarse en exclusiva a la explotación de Cachenas que ya habían puesto en marcha cinco años antes en la aldea de San Breixo da Balsa, en Triacastela. Allí tenían casa y una pequeña propiedad, ya que de esta localidad de la montaña lucense son el padre y los suegros de este criador vocacional y amante de su trabajo. _Estamos ante un barcelonés que se traslada a Lugo para criar Cachenas. Resulta curioso, ¿cómo surge esta aventura? _En el año 96 conocí las Cachenas en la Semana Verde de Silleda y dije: “¡Ostras! Este ganado me gusta, no es como el ganado normal, tiene una personalidad totalmente propia”. Me encantó, pero estábamos en Barcelona, esto estaba muy lejos y tampoco teníamos suficiente superficie para hacer una explotación. Pero el 23 de abril de 2003 nos dimos de alta, trajimos seis novillas y un novillo de Pablo Pérez Barroso, en Olelas, y ahí empezó

nuestra andadura. En esa primera etapa nosotros seguíamos en Barcelona, al tener pocos animales era suficiente con que mi suegro les echara un ojo. _Pero más tarde disteis el gran paso y os vinisteis. ¿Cómo vivisteis ese cambio? _Fue un cambio a mejor. Los seis años y unos meses que llevamos aquí en ningún momento hemos dicho: “Nos hemos equivocado”. Ganamos menos que en Barcelona, pero la calidad de vida es muy superior. Los críos están escolarizados en

Lugo, yo voy y vengo, así que tengo ese cambio de medio urbano a medio rural casi cada día, y eso también me ha permitido adaptarme más. Si hubiéramos hecho el cambio radical de pleno Eixample de Barcelona a San Breixo hubiera sido un cambio muy brusco. _¿A cuántos animales asciende la cabaña actualmente? _El primer parto lo tuvimos el cuatro del cuatro del dos mil cuatro. Tuvimos mucha suerte porque los primeros años tuvimos una reproducción del 90 % de hembras, Autóctonas Galegas Número 8


14

lo que nos permitió hacer mucha recría y aumentar relativamente rápido. A día de hoy, hay 44 reproductoras más el toro, y luego tenemos las novillas de recría. Nuestro objetivo son las 50, pero llevamos intentando llegar desde hace cuatro años y no hay manera porque la pela es la pela y hay que ir vendiendo. _¿Cuánta superficie tenéis? _Estamos gestionando unas 50 hectáreas repartidas en tres recintos y vamos rotando. Los animales están siempre fuera, pero cuando llega la época en que hay que darles alimentación suplementaria, se les recoge en la nave, se les da de día y por la tarde se les suelta. _¿En qué consiste esa alimentación suplementaria? _Lo que es forraje seco se les da en comederos en el exterior. Lo que les damos en nave es silo porque si se lo damos fuera, las cuatro dominantes comen muchísimo y el resto no. Así te aseguras de que todas llevan una buena alimentación. En la nave las cogemos con cornadiza, aunque en algún momento también las dejamos libres, que puedan entrar y salir ellas solas. _¿Hacéis cebo con los terneros? _Los finalizamos, no hacemos cebo. Hay clientes que quieren el animal tal cual viene de fuera, pero lo mayoritario en España es pensar que la carne buena

Las Cachenas de Jordi pastan a unos 700 metros de altura

Autóctonas Galegas Número 8

ENTREVISTA

es blanda, y para ablandarla tienes que empezar a madurarla en vida. Entonces, los últimos dos o tres meses los metemos en cortes grandes, aunque también salen al exterior, y se les da sólo cereal y forraje seco. Normalmente, los terneros se separan antes que las terneras, sobre los ocho meses, que es al destete, más que nada por problemas de manejo porque son muy precoces y hay mucha competitividad con el semental. _¿Cómo son los partos? _Los partos son siempre fuera. La vaca está más tranquila, si ve una persona, malo. De hecho, su instinto es separarse del rebaño, parir y, normalmente, al segundo o tercer día, hacen la presentación en sociedad de la cría. _¿Tenéis problemas con el lobo en esta zona? _Por desgracia, en 2014 hemos tenido dos bajas por esta causa. En agosto perdimos una ternera, que además era hija de la ganadora del concurso morfológico de Silleda de 2014, y luego, a principios de noviembre, tuvimos otra baja. _¿Lo consideráis una amenaza potencial para la explotación? _El lobo tiene que existir, pero también tienes que regularlo. Dos ataques en tres meses considero que es mucho… Triacastela es uno de los ayuntamientos más pequeños de Galicia y hemos

tenido una docena de ataques durante 2014. Antes era anecdótico y ahora sí que ha aumentado la población. _¿Qué vías de negocio tenéis? _Tenemos dos líneas de financiación, por así decirlo, una es la carne y otra son los animales de vida. El cliente que viene aquí a comprar animales no busca el chollo. No tenemos mucha producción, pero son unos animales muy manejados, 100 % sanos, y la gente busca esa confianza. Llevamos tres años ganando el concurso morfológico de Silleda y eso también es importante, el cliente potencial nuestro quiere calidad y, sobre todo, manejo. Lo que tiene más demanda son las novillas preñadas, pero yo siempre recomiendo las terneras, ya que el precio es mucho más asequible.

“EL 75 % DE LA PRODUCCIÓN SE QUEDA EN GALICIA. LO QUE ES EN LOTES, LA MAYOR PARTE VA A MADRID, DESPUÉS IRÍA AL PAÍS VASCO Y HASTA HACE POCO EL TERCER DESTINO ERA CATALUÑA, PERO AHORA ESTAMOS ABRIENDO MUCHO MERCADO EN ANDALUCÍA”


ENTREVISTA

_¿Cómo hacéis la comercialización de la carne? _Tenemos tres líneas de comercialización: una es la hostelería, otra es el cliente particular que quiere el canal entero y otra es la de lotes, que es la más innovadora y la que nos diferencia de otras explotaciones. La hostelería suele coger la canal entera, unos quieren el despiece y otros quieren la canal directamente en restaurante. El particular, tres cuartos de lo mismo, está el que hace el despiezado en casa, el que contrata a alguien que se lo haga o se lo podemos ofrecer nosotros despiezado y envasado al vacío. Y la tercera línea es la de lotes de 3, 5 y 10 kg. En los tres casos, nosotros llevamos el animal al matadero, el matadero sirve en unos casos directamente y en otros va de matadero a sala de despiece, que también te permite el envasado. El handicap que tienen los canales de Cachena es que necesitas conseguir un precio un poco más alto que con un ternero normal porque son más pequeños y tienes que compensar esa diferencia, pero la calidad es mucho más alta. _¿Cómo se reparte geográficamente la distribución? _El 75 % de la producción se queda en Galicia. Lo que es en lotes, la mayor parte va a Madrid, después iría al País Vasco y hasta hace poco el tercer destino era Cataluña, pero ahora estamos abriendo mucho mercado en Andalucía.

_¿Y en hostelería? _Hemos trabajado con dos restaurantes de fuera de Galicia, pero sobre todo trabajamos con restaurantes de proximidad. Estamos metiendo canales en A Coruña, en Ourense y luego ya en toda la provincia de Lugo. En Vigo trabajamos con alguno, pero Pontevedra debe de ser la provincia con la que menos trabajamos. Tenemos algún restaurante que mantiene la carne en su carta, pero la mayoría tiende a jornadas porque esta carne les permite diferenciarse.

15

Tú puedes tener carne buena todo el año, pero puntualmente ofrecer una carne diferente, y una de las cosas buenas que tiene la Cachena es que es una carne realmente diferente, desde el sabor hasta el corte. _¿Cachenas de San Breixo es una marca registrada? _No tengo registrada la marca, pero sí tenemos un registro sanitario de distribución propio y también funciona a nivel fiscal. _¿Cómo dais a conocer vuestros productos? _El mejor método son las ferias. Intentamos ir a las máximas posibles y eso requiere mucha dedicación. La gran labor que hacemos, que es lo que más tiempo nos lleva, es dar a conocer nuestro producto. Los últimos años hemos perdido tiempo de explotación y lo ganamos en comercialización, pero funciona, el mercado responde. Cuesta mucho conseguir un cliente, es muy fácil perderlo, pero mayoritariamente la gente repite. La otra línea que nos funciona bastante bien son los [eventos] gastronómicos y luego un poco el boca a boca, pero claro, para conseguir el boca a boca tienes que conseguir primero que vaya corriendo la voz.

Aquiles, el semental

Autóctonas Galegas Número 8


16

ENTREVISTA

Lisardo foi un dos fundadores de Asovega e actualmente forma parte da xunta directiva

LISARDO LÓPEZ CRIADOR DE OVELLA GALEGA E LIMIÁ E PROPIETARIO DA EMPRESA GACARLI SL

“EU CREO QUE O BOCA A BOCA É A MELLOR PUBLICIDADE PORQUE AÍ NON HAI ENGANOS DE NINGÚN TIPO” Lisardo (Baltar, 1966) explota a cría de Ovella Galega e de Limiá en varias fincas dos concellos ourensáns de Xinzo de Limia e Os Blancos. Posteriormente, dálles saída aos cordeiros e aos becerros a través de Gacarli, a súa propia empresa cárnica. O segredo do seu éxito é a comercialización directa dos seus produtos. _Como empezou esta aventura? _No ano 98 comezamos a ter problemas cos residuos da granxa de porcino [empresa que herdou dos seus pais] e pensei en montar unha explotación de ovellas para darlles saída e aproveitar as fincas. Decidínme pola Ovella Galega porque esta zona é moi húmida e comentáronme que con esta raza non ía ter problemas de pedero, e era certo porque temos unhas fincas que botan practicamente tres meses de inverno cheas de auga e, de momento, nunca tiven problemas con esta enfermidade nin con nada. Autóctonas Galegas Número 8

_De onde procedían os primeiros exemplares? _Empecei cunhas ovellas que lle comprei a un técnico que había en Extensión Agraria en Maceda, Cipriano, que fora recuperando ovellas por hobby e ao final xuntouse con 50 exemplares que me vendeu a min. _Cantos animais tes agora? _Actualmente temos 130 ovellas e se tivese finca ampliaría moito máis porque os cordeiros teñen moita saída.

_Que coidados precisan? _Ás dez da mañá abrímoslles para o pasto e ás seis da tarde volvémolas meter na nave, onde sempre lles temos herba seca e auga. Se hai algunha para parir queda dentro e, no caso das paridas, ás 12 horas collemos as crías e marcámolas, miramos quen é a nai e apuntámolas para o posterior rexistro no libro xenealóxico coa súa numeración correspondente. Practicamente, os coidados son eses, teñen unha gran facilidade de parto, dá igual que traian dous cordeiros que tres.


ENTREVISTA

_De canta superficie dispós? _Teño 10 hectáreas ao redor da explotación repartidas en 6 fincas e o que facemos é ir rotando; cando teñen unha pacida pasan á seguinte, e así. _Os cordeiros reciben algún tipo de suplementación? _Si, ademais do que maman, dámoslles un pouco de cereal trillado, unha mestura de trigo, millo e cebada moída. _E logo viñeron as vacas… _Si, no ano 2009 apostamos polas Limiás porque seguiamos tendo moita herba e queriamos aproveitar os recursos que tiñamos. As vacas están en extensivo, non precisan nave, e éranos máis cómodo que ampliar o tema das ovellas. Así que empezamos con 4 reprodutoras e hoxe temos 40.

“O QUE NON PODES FACER É ESPERAR QUE OUTRA XENTE CHE VEÑA COMERCIALIZAR O TEU PRODUTO; EN EUROPA OS GANDEIROS ESTÁN COMERCIALIZANDO OS SEUS PRODUTOS DIRECTAMENTE”

17

_En que consiste a súa alimentación? _Aliméntanse do que collen fóra e de forraxe ensilada que lles temos nas fincas. Os tenreiros adoitan estar coas nais ata o sacrificio, pero para algunha carnicería á que lle vendo céboos un pouco. Temos uns comedeiros no monte e nalgunhas épocas do ano facémoslles unha mestura de trigo, millo e cebada para axudalos un pouco. En momentos moi puntuais metémolos dentro, pero normalmente o cebo faise fóra. _Dáche moito traballo o seu coidado? _Eu vou onda eles “de visita” todos os días, e, despois, un día á semana, vímoslles botar de comer, e este é o traballo da explotación porque aquí non hai veterinario nin atención a partos.

_Están todas xuntas? _Non, están divididas en tres rabaños porque así témolas en fincas máis pequenas, e cada un ten o seu macho para a monta natural. _Que superficie media teñen as fincas? _Aproximadamente, unhas 2 hectáreas. Algunhas son fincas de toxos que me deixan para que as limpen. Nestes sitios, desde que teño vacas, non volveu arder o monte. En total temos unhas 35 hectáreas. _Por que Limiás? _Porque é unha raza moi rústica e non ten problemas de partos; á parte disto, por facer unha carne diferente á que se fai con outro tipo de animais.

Autóctonas Galegas Número 8


18

_Teñen bo carácter? _Como di un amigo meu, os animais son coma os donos, se o dono é bo os animais son bos tamén [risas]. En xeral, teñen un carácter moi noble, son vacas moi dóciles, pero non deixan de ser animais. _Ocúpaste ti só de todos os animais? _A diario estamos eu e dous empregados máis, e para segar a herba contratamos unha empresa externa. _A que idade sacrificades os becerros? _A partir dos 8 meses, algunha vez incluso con 12, porque hai moita xente que os quere do monte directamente e, ás veces, hai que esperarlles un pouco máis; estámolos matando con 130-140 kg. Os que cebamos, que son moi poucos, estanse matando incluso con 180 kg. _E os cordeiros? _Con 4-5 meses.

A Limiá é unha raza moi rústica, apta para a limpeza de fincas de toxos

Autóctonas Galegas Número 8

ENTREVISTA

_Como comercializas a carne? _O 60 % da comercialización é venda directa, tanto en cordeiro coma en vacún, e fágoa a través dunha empresa que montei que se chama Gacarli. Eu levo os animais ao matadoiro e logo outra empresa, Cárnicas O’Xurés, faime o despezamento e o envasado ao baleiro, e quédase cos becerros que cebo. O resto comercialízoo en paquetes de 20 e 30 kg que inclúen carne de primeira, segunda e terceira categoría, aínda que agora hai moita xente que me pide media canal. Tamén estamos comercializando o chuletón de vaca e de boi independentemente do resto da carne. _De onde procede a clientela? _O gordo da comercialización facémolo con clientes particulares de Galicia, pero no caso da carne envasada tamén a estamos mandando para Madrid, A Coruña, Córdoba, Burgos, Málaga… sempre a clientes particulares. Agora temos contactos cunha carnicería vasca que quere traballar connosco e temos outra en Madrid que nos pide algo de vez en cando. Incluso moitas veces non me chegan os animais que crío para a demanda que teño e compro animais doutras explotacións. _Que vantaxes ten vender cunha marca propia? _O bo de ter unha empresa propia é que estás comercializando o teu produto e podes facerlle seguimento desde que nace ata que vai ao consumidor final. Ademais, nós garantímoslle ao cliente, a través dun certificado que nos fai o secretario técnico da asociación de criadores, que o animal procede da raza que dicimos.

_Como dás a coñecer os teus produtos? _O boca a boca estanos funcionando moito. A todo o mundo que proba o cordeiro encántalle porque non ten ese sabor a bravío, e coa Limiá o mesmo, ten unhas infiltracións na carne que lle dan un zume co que non está seca. Tamén participamos en feiras, levamos dous anos indo a Madrid, a Silleda imos todos os anos… e estamos facendo publicidade a través de Internet. Pero o que máis nos funciona é o boca a boca. Eu creo que é a mellor publicidade porque aí non hai enganos de ningún tipo. _Existe algún segredo para que isto sexa rendible? _O que tes que facer é intentar adaptar os gastos á rendibilidade do negocio. O que non podes facer é esperar que outra xente che veña comercializar o teu produto; en Europa os gandeiros están comercializando os seus produtos directamente e é así como funciona o mundo hoxe en día porque é un valor engadido que está aí.

“O BO DE TER UNHA EMPRESA PROPIA É QUE ESTÁS COMERCIALIZANDO O TEU PRODUTO E PODES FACERLLE SEGUIMENTO DENDE QUE NACE ATA QUE VAI AO CONSUMIDOR FINAL”


ENTREVISTA

19

Miguel, xunto a un dos rabaños de Cachenas nunha finca de Loiba

MIGUEL PERNAS CRIADOR DE CACHENA E DE GALIÑA DE MOS DA GANDERÍA TRAS DO RÍO

“TRATAMOS DE FINALIZAR OS ANIMAIS PARA POTENCIARLLES O ENGRAXAMENTO PORQUE XA AS CALIDADES INTRÍNSECAS DA RAZA SON DE FACER UNHA CARNE MOI BOA” Miguel Pernas e súa muller Rebeca Yáñez son os propietarios da Gandería Tras do Río de Loiba (Ortigueira), que se dedica principalmente á cría de Cachena. Excepto unhas hectáreas que levan en Ourol (Lugo), o resto das fincas localízase nos concellos coruñeses de Ortigueira e Mañón, onde os animais pastan moi preto do mar. Como complemento, ceban galos e galiñas de Mos con fins comerciais da carne. _Cando comezastes coa cría de Cachenas? _Empezamos no ano 2000 coa compra de sete vacas adultas e dez xovencas de dous anos na súa área de procedencia, no Xurés, alá en Entrimo, e así ata formar a gandería que temos hoxe. Fomos criando e criando ata as 44 nais. _A que altitude estades? _Practicamente estamos a nivel do mar e, ademais, cos pastos moi próximos. En liña recta non hai nin medio quilómetro ao mar.

_Que características lles confire esta pouca altitude? _As variacións de altitude e de alimento que teñen dispoñible é inevitable que inflúan, e neste caso inflúen para ben porque aquí o clima é moito máis suave e a produción de forraxe que temos é moi superior á que pode haber nunha serra. E o gando adáptase, sobre todo no seu tamaño e na produción de leite, ao alimento que ten dispoñible. E despois está a proximidade do mar, xa que o vento mete os elementos que trae en suspensión, coma o iodo, e isto, a longo prazo, é

moi beneficioso para os animais e nótase na calidade da carne, como non! _Como é o seu manexo? _É moi sinxelo porque son uns animais que fan rabaño, que fan moita forza en conxunto. En cada un temos unha das vacas máis veteranas, que é a que manda, e, por exemplo, para cambiar de finca van sempre todas xuntas e pórtanse moi ben. Visitámolas practicamente a diario, pero por botar unha ollada porque realmente elas, se teñen comida e auga, non necesitan máis coidados. Son Autóctonas Galegas Número 8


20

eNTREVISTA

“DESDE O ANO 2008 TRABALLAMOS CO ANDARUBEL DE PONTEDEUME, ONDE FAN ELABORACIÓNS VARIAS CO NOSO PRODUTO, E TODAS MOI BOAS, POR CERTO. E DESDE HAI DOUS ANOS COLABORAMOS CO RESTAURANTE LA MARINA DO PORTO DE BARES. ADEMAIS, AGORA ESTAMOS EN NEGOCIACIÓNS CON OUTRO DA ZONA DE OURENSE”

Gaverón, o semental do rabaño

animais acostumados a vivir na natureza que non necesitan que estean enriba deles coma outras razas. _De canto terreo dispoñedes para o seu mantemento? _Agora mesmo contamos cuns 70 animais divididos en tres rabaños e cunhas 52 hectáreas. Tratamos de alternar os rabaños, de facer un pastoreo rotacional, e cando non hai pasto suficiente metémoslles ensilado e herba seca que facemos nós na explotación. Ao ter tres rabaños tamén aproveitamos para que o semental non cubra as súas fillas.

estado óptimo para o sacrificio e logo depende un pouco da demanda que teñamos e do que solicite o cliente. Cando lles servimos a particulares para as súas casas, solicítanche uns pesos entre 120 e 130 kg, en cambio, os restaurantes normalmente demandan canais un pouco máis grandes. _Como xestionades a comercialización? _O sistema que temos é vender canais enteiras ou metades, non facemos despezamento. Nós levamos os animais ao matadoiro e despois o cliente vai buscalo e xa o despeza ao seu gusto.

_Cal é o groso da vosa clientela? _No que a clientes particulares se refire, movémonos nun raio de acción de 50-60 km. E logo están os restaurantes cos que colaboramos. _Cales son eses restaurantes? _Desde o ano 2008 traballamos co Andarubel de Pontedeume, onde fan elaboracións varias co noso produto, e todas moi boas, por certo. E desde hai dous anos colaboramos co restaurante La Marina do Porto de Bares, e estamos moi contentos de ter un restaurante na zona que recoñeza o noso produto

_Que proceso de cebo seguides cos becerros? _Ata os sete meses están no pasto coas nais e a esa idade destetámolos, xa que as nais volven estar preñadas e necesitan repoñer o seu sistema mamario. Eses animais metémolos nuns cebadeiros onde están soltos e teñen herba seca e auga ad líbitum, así como un concentrado de fariñas vexetais do que tamén comen o que queren. Tratamos de que teñan un corrector vitamínico mineral e de axustar a proteína arredor dun 15 % para que vaian collendo quilos e potencien este sabor da carne e, ao mesmo tempo, que saia tamén máis zumarenta e máis branda. _A que idade os sacrificades? _Unha vez que os metemos para cebar están, como mínimo, dous meses. A partir de aí xa empezan a estar nun Autóctonas Galegas Número 8

A Gandería Tras do Río abastécelle carne de Cachena ao restaurante La Marina do Porto de Bares desde o 2012


ENTREVISTA

porque, como se adoita dicir, ser profeta na terra é un pouco máis difícil que selo fóra. Ademais, agora estamos en negociacións con outro da zona de Ourense que se abastecía dunha explotación que xa non existe, e en principio imos por bo camiño. _Que diferencia a carne da Gandería Tras do Río doutra? _Bueno, bonito y barato [sorrí]. Tratamos de facer o mellor produto que podemos, de finalizar os animais para potenciarlles o engraxamento porque xa as calidades intrínsecas da raza son de facer unha carne moi boa, sobre todo moi tenra debido ao infiltramento graxo que mete no músculo.

“O SISTEMA QUE TEMOS É VENDER CANAIS ENTEIRAS OU METADES, NON FACEMOS DESPEZAMENTO”

_Que estratexias levades a cabo para dar a coñecer o voso produto? _Tratamos de mandarlle probas a xente onde queremos introducir a carne para que proben o produto, e logo están as notas de prensa e o boca a boca, que nesta zona funciona bastante. Tamén imos a algunha feira, como é o caso de Silleda, a onde levamos o produto para que a xente leve unha mostra e para promocionarse un pouco. _Á parte da cría de Cachenas, tamén tedes exemplares da raza Mos… _Si, dedicámonos a criar galos e galiñas de Mos con fins comerciais da carne. Normalmente compramos polos dun día e facemos o proceso de cebo con cereais e verduras da horta para que fagan unha carne boa. _Como é a comercialización neste caso? _Facémola ou ben en restaurantes da zona que nos encargan algún polo ou algunha femia ou ben a través doutros criadores que teñen concertado con outros compradores. Neste caso, como a cría é moi similar, vendémoslles o animal vivo e logo eles sacrifican todo xunto. É unha raza que tamén transforma bastante o alimento, come menos que outras razas comerciais e a carne que saca é de moitísima máis calidade. Ademais, actualmente esta raza está en auxe, así que, tendo o sitio e ese pouco tempo diario que hai que ter para atender os animais, é un complemento bo para unha explotación.

21

_Desde o punto de vista económico, é posible vivir ben deste traballo? _Pois a duras penas porque aquí estamos nunha zona na que a explotación tampouco se pode dimensionar máis por falta de terreo. Desde o ano pasado estamos compaxinando a gandería con outra actividade para poder cotizar a miña muller e mais eu e sacar adiante unha familia. Pero, rendible? O prezo da carne está como hai 50 anos e as axudas que nos mandan son insuficientes. _Estás satisfeito co estilo de vida? _En xeral estou contento porque estou traballando no que vin desde que nacín. Gústame o campo e estar ao aire libre, es ti o teu propio xefe, distribúes o tempo como mellor che vén, e en contra disto ten outras desvantaxes, pero todos os traballos teñen cousas boas e cousas malas. Eu, se tivera que volver para atrás, si que volvería apostar por isto, e apostaría pola Cachena, iso seguro.

Autóctonas Galegas Número 8


ENTREVISTA

22

As Caldelás de Juan Manuel pastan en varias fincas do concello ourensán de Maceda, a uns 600 metros de altitude

JUAN MANUEL LAGE CRIADOR DE CALDELÁ DA GANDERÍA JUAN MANUEL LAGE

“A MIÑA FAMILIA E EU VIVIMOS EXCLUSIVAMENTE DISTO” Os pais de Juan Manuel (Maceda, 1972) non querían que se dedicara á gandería, por iso venderon as vacas mentres el estudaba. Pero Juan tiña outra idea e no ano 98 fíxose con cinco exemplares de raza Caldelá grazas a unha cesión do pazo de Fontefiz. Hoxe Juan Manuel comercializa o 90 % da carne da súa explotación baixo a súa propia marca. A súa loita é venderlles a totalidade dos seus produtos directamente a particulares. _Por que unha explotación de Caldelás? _Porque os meus pais xa tiveran esta raza e, a pesar de que eles non querían que tivera vacas, eu teimei e teimei e conseguín facerme con elas outra vez. _Cantos animais tes actualmente? _Hoxe na explotación hai 49 nais, tres touros e mais os becerros, en total arredor duns 70 animais. _Como é o día a día da explotación? _Esta é unha explotación de extensivo. As nais están sempre fóra, comen o que Autóctonas Galegas Número 8

producen os pastos e, en épocas nas que escasea a comida, supleméntaselles silo e herba seca. Os becerros están fóra desde que nacen ata os 7 meses e a esa idade métense dentro para terminar un cebo con millo, cebada e trigo.

seu touro, xa que sempre traballo con monta natural. Para min é algo esencial que en cada rabaño haxa un semental porque é a rendibilidade da explotación. Á parte, as nais van rotando en función de se están paridas, secas...

_Os animais están todos xuntos ou separados? _Están divididos en varios rabaños porque teño as fincas bastante espalladas e non podería andar cambiando as vacas todos os días de punta a cabo. Hoxe, en concreto, hai catro rabaños, cada un co

_De canta superficie dispós para manter a explotación? _Dunhas 58 hectáreas, máis ou menos. _Como é o carácter das Caldelás? _Son animais sumamente mansos… Que pasa? Que cando están en exten-


ENTREVISTA sivo teñen que sacar o seu carácter por instinto propio porque se teñen que defender de moitas cousas que hai no monte. _Tedes problemas co lobo nesta zona? _Si, temos moitos ataques ao cabo do ano e é algo que nos deixa moitas perdas porque non é só a do animal que che come, senón que os demais póñense totalmente nerviosos e logo non hai maneira de mantelos nas fincas. E despois a Administración vai moi lenta, e cando vai, porque hai veces que non vai. Se queren ter os lobos que os teñan, pero que se fagan cargo dos danos.

23

chegar a vender o 100 % a particulares porque hoxe aínda vendo unha pequena porcentaxe a matadoiros. _Como fas a promoción? _A forma de vender que teño é, en principio, o boca a boca. Despois, sempre que podo desprázome a feiras, mercados… De feito, todos os anos vou á Semana Verde de Silleda con carne e con exposición de animais, e é unha das formas coas que quizais máis clientes fixen.

“A FORMA DE VENDER QUE TEÑO É, EN PRINCIPIO, O BOCA A BOCA. DESPOIS, SEMPRE QUE PODO DESPRÁZOME A FEIRAS, MERCADOS...”

_Que nomes empregas para rexistralas? _Ao ser Caldelás, intento poñerlles a todas nomes que comecen por ‘C’: Ceboleira, Cusaca, Colada, Cortiza… Pero non sempre, porque chega un momento no que te pos tolo [risas]; por exemplo, teño unha que se chama Lixeira, outra Macarena. Iso si, como vendo moitas xovencas para recría, intento non repetir. _Son frecuentes as visitas do veterinario? _Eu como que lle teño un pouco de alerxia ao veterinario… Intento facer eu todo o que podo porque, tal e como están as cousas, non te podes permitir gastar moito por enriba, á parte de que este tipo de animais son moi duros, aguantan as condicións do clima moi ben, non teñen problemas de partos e podo dicir que desde o ano 98 ata hoxe unicamente tiven que tirar por unha cría. O veterinario na miña explotación ten pouco que facer. _A que idade sacrificas os animais? _Entre os 10 e os 11 meses, dependendo de se o becerro xa está ben engordado ou aínda non. _Como comercializas os teus produtos? _O 90 % véndoo directamente a particulares, digamos, casa por casa. Eu lévoos ao matadoiro, alí teño unha persoa que mos despeza e logo o cliente veno buscar. _De que zonas son maioritariamente os teus clientes? _De distintos puntos de Galicia. Teño clientes de Lalín, de Vigo, de aquí da zona moitos… A miña loita é poder Autóctonas Galegas Número 8


24

_Que vantaxes comporta vender baixo unha marca propia? _A min interésame vender o meu produto porque unha raza depende de como a cebes e como a fagas. Se ti lle dás penso concentrado todo o tempo non vai ser o mesmo que se come cereal. A nosa raza, entre outras, non é que teña cantidade pero si moita calidade, entón a min interésame que se coñeza como a miña raza e, sobre todo, como a miña carne, porque a miña forma de cebar non é igual cá doutra persoa. Por iso, eu sempre intento vender a carne da Gandería Juan Manuel Lage. _É rendible este negocio? _No meu caso, si. A miña familia e eu vivimos única e exclusivamente disto. Que pasa? Que é moitísimo traballo, pero é coma todos os traballos, se che gusta fas moitas veces moitas máis horas con moito menos esforzo. A vantaxe que temos en extensivo respecto dunha explotación de leite é que aquí non hai horarios fixos, independentemente de que é un traballo moi constante, pero ti

En cada rabaño hai un touro para a monta natural

Autóctonas Galegas Número 8

ENTREVISTA

podes organizar o tempo, tes unha marxe para poder facer os labores e outras cousas máis. _Que opinas do traballo que se está facendo desde Boaga? _Eu estou na Asociación [Caldega] desde o ano 98 e para min Boaga é a miña familia porque sempre que tiven algún problema me axudaron e me asesoraron, e se hai os animais que hai é grazas ao labor que están facendo. Desde o punto de vista da comercialización tamén colaboran moito; eu vendo moitas becerras para recría e unha porcentaxe moi alta véndoa grazas a eles porque me mandan clientes, co cal si que merece a pena. _Se puideras retroceder no tempo, volverías apostar polas Caldelás? _Se hoxe tivese que empezar de novo, si que volvería loitar por isto porque sempre me gustou moito, xa non só a raza Caldelá senón todo tipo de animais autóctonos. De feito, tamén teño unhas cantas cabras e unhas galiñas.

O cebo dos becerros inclúe unha mestura de millo, cebada e trigo

“ESTE TIPO DE ANIMAIS SON MOI DUROS, AGUANTAN AS CONDICIÓNS DO CLIMA MOI BEN E NON TEÑEN PROBLEMAS DE PARTO. O VETERINARIO NA MIÑA EXPLOTACIÓN TEN POUCO QUE FACER”


NOVAS

25

A OVELLA GALEGA E A GALIÑA DE MOS PARTICIPARON EN FITUR 2014 Grazas á invitación cursada pola asociación de hostaleiros da provincia de Lugo, Avimós e Asovega asistiron en xaneiro á presentación na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur) da guía turística e gastronómica … E para comer, Lugo, na que figuran o galo da raza Mos e o cordeiro de Ovella Galega.

Aproveitando que o estudo de investigación que se estaba a facer sobre a pularda da raza Mos –en colaboración co Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia e co Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia– comezaba a ter resultados, a xornada tamén serviu para presentarlles a hostaleiros e consumidores da capital este prezado produto, así coma o cordeiro de Ovella Galega.

Por outra banda, no madrileño restaurante Manolo tivo lugar unha presentación de varios produtos galegos, entre os que se atopaba un prato de pularda de raza Mos con salsa de améndoa e risoto, e outro de cordeiro de Ovella Galega ao forno. Varios cociñeiros e publicistas gastronómicos mostráronse moi interesados nos produtos das dúas razas.

NA NOVA EDICIÓN DA GUÍA GASTRONÓMICA E TURÍSTICA ... E PARA COMER, LUGO APARECEN AMBAS AS DÚAS RAZAS

PROMOCIÓN DA GALIÑA DE MOS EN MADRID FUSIÓN Madrid Fusión é unha das feiras de gastronomía máis importantes de Europa. Celebrouse na capital de España do 26 ao 29 de xaneiro e a ela asistiron varios produtores da raza Mos con marcas propias. Invitados pola Deputación de Pontevedra ao seu stand, estiveron presentes os criadores Nicolás e María José, da granxa Castro de Madrosende (Vila de Cruces), e José Luis e Manolo, da granxa A Crista do Galo (Lalín).

O cociñeiro Diego López, do restaurante La Molinera de Lalín, presentou unha pularda de raza Mos no seu zume emulsionado con miniensalada que tivo unha excelente aceptación. Tamén foi ao certame o criador David Sueiro, da granxa Galo Celta de Vila de Cruces, que mantivo contactos co recoñecido cociñeiro Martín Berasategui, o cal está moi interesado na calidade dos produtos da Galiña de Mos.

Autóctonas Galegas Número 8


26

NOVAS

GRANDE ACEPTACIÓN DOS PRODUTOS DE RAZAS AUTÓCTONAS EN XANTAR 2014 O 15.º Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar, celebrado en Ourense do 5 ao 9 de febreiro, contou coa presenza dos produtos das razas autóctonas galegas. Entre as numerosas actividades programadas desenvolveuse un show cooking a cargo do cociñeiro Flavio Morganti, que maridou diferentes carnes das razas autóctonas con viños da DO Ribeiro. O espectáculo tivo grande afluencia e aceptación por parte do público, que puido degustar hambur-

guesas e albóndegas de cordeiro de Ovella Galega, pularda de raza Mos asada a baixa temperatura, consomé de pularda de raza Mos e mais guiso de agulla de tenreira das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa. Ademais, a Escola de Hostalería de Vilamarín (Ourense) preparou unha tosta de galo de raza Mos proporcionado pola granxa Galo Celta da cooperativa Vicogalo, e un dos menús do restaurante do Concello de Vila de Cruces incluíu empanada de Galiña de Mos e arroz con galo de curral.

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga dispuxo dun stand con información sobre as razas no que se venderon os novos peluches da Galiña de Mos e da Ovella Galega e o libro Cociñando coas razas autóctonas. Por outra banda, un produtor da raza Galiña de Mos participou no posto do Consello Galego de Cooperativas cunha presentación do galo despezado e dos ovos de produción artesanal.

NOVOS PELUCHES DA OVELLA GALEGA E DA GALIÑA DE MOS Os peluches da Galiña de Mos e da Ovella Galega son uns simpáticos xoguetes aptos para todas as idades. Feitos polas asociacións Avimós e Asovega –en colaboración coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga e a xoguetería Galileo Nenos–, estes bonecos axudarannos a coñecer un pouco mellor as nosas queridas razas. Pódense mercar en moitas xogueterías e centros comerciais, nas feiras ás que asistimos e directamente na nosa oficina.

Autóctonas Galegas Número 8

O seu custo é de 19,90 euros máis gastos de envío. Na páxina web de Galileo pódense consultar os puntos de venda, así coma comprar on-line na súa tenda.

Na oficina de Boaga informaranvos dos prezos especiais para os criadores pertencentes ás asociacións integradas na federación.


NOVAS

27

“COCIÑANDO COAS RAZAS AUTÓCTONAS”, PRESENTE NO FÓRUM GASTRONÓMICO CORUÑA 2014 Máis de 21.000 persoas pasaron polo recinto feiral Expocoruña do 23 ao 25 de febreiro para asistir ao Fórum Gastronómico 2014.

Nesta presentación, a autora estivo acompañada por técnicos de Boaga, que expuxeron as excelentes calidades gastronómicas destas carnes únicas.

O día inaugural do evento, a autora de Cociñando coas razas autóctonas, Rocío Garrido Caramés, estivo facendo promoción do seu libro e para iso que mellor que preparar, xunto co cociñeiro Miguel Mosteiro, a súa receita de solombo de tenreira Cachena mariñada con auga “mareira”.

O criador David Sueiro, coa súa marca Galo Celta da cooperativa Vicogalo, estivo no stand das cooperativas agrarias galegas ofrecendo información sobre os seus produtos e sobre a raza Galiña de Mos.

Pero iso non foi todo, xa que o último día Rocío elaborou un guiso de agulla de tenreira Vianesa ao mencía, incluído tamén no seu receitario.

O cociñeiro Flavio Morganti fixo unha degustación de produtos cedidos polas cooperativas agrarias galegas, entre os que estaba un prato de galo de curral da raza Mos macerado en mencía e espumoso de pataca.

Rocío Garrido e Miguel Mosteiro, cociñando man a man

Finalmente, o gran cociñeiro cunha estrela Michelín Javier Olleros, de Culler de Pau, ofreceu un taller maxistral sobre a Galiña de Mos durante o que preparou unha pularda con remolacha. As aves eran da granxa Castro de Madrosende, de Vila de Cruces.

ROCÍO GARRIDO FIXO PROMOCIÓN DO SEU RECEITARIO PREPARANDO PRATOS CON TENREIRA DE CACHENA E DE VIANESA

Solombo de Cachena mariñado con auga “mareira”

XORNADAS DA GALIÑA DE MOS NO RESTAURANTE SAN LÁZARO DE LUGO Do 21 de febreiro ao 9 de marzo celebráronse unhas xornadas da raza Galiña de Mos no restaurante San Lázaro de Lugo. Os entrantes incluíron unha sopa de galo de Mos e un revolto de gulas con gambas, e o prato principal consistiu nun galo guisado de xeito tradicional con patacas e pementos. O tiramisú da sobremesa tamén estaba elaborado con ovos desta raza autóctona galega.

O restaurante San Lázaro atópase no km 501 da estrada N-VI, fronte ao Pazo de Feiras e Congresos da capital lucense. As aves foron proporcionadas pola granxa Chousa do Lea (Castro de Rei).

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

28

AS RAZAS AUTÓCTONAS ESTIVERON EN GANDAGRO 2014 Do 13 ao 15 de marzo tivo lugar a terceira edición de GandAgro, unha feira monográfica do sector agrogandeiro que inclúe xornadas técnicas, concursos e exposicións, e pola que este ano pasaron arredor de 11.000 persoas.

Visita da conselleira do Medio Rural e do Mar ao stand de Boaga

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga e as asociacións que se integran nela participaron coa exposición e a representación de exemplares vivos das oito razas en cuxa conservación e recuperación traballan: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega.

Ovella Galega

Tamén contaron cun stand para darlles información e asesoramento aos interesados e publicitar as razas e o funcionamento das asociacións. Ademais, o posto foi de punto de venda do libro Cociñando coas razas autóctonas e dos peluches da Ovella Galega e da Galiña de Mos.

Frieiresa

II XORNADAS GASTRONÓMICAS DE RAZA VIANESA NA PARRILLADA SANTA COMBA

CHARLA DIVULGATIVA SOBRE AS RAZAS AUTÓCTONAS E O SEU USO NA COCIÑA

O restaurante Parrillada Santa Comba, situado na parroquia lucense de Santa Comba, é un firme defensor dos produtos gastronómicos das razas autóctonas galegas. Do 18 ao 31 de marzo acolleu as segundas xornadas gastronómicas da raza Vianesa, con carne procedente da Ganadería Gayo de Triacastela. Estas xornadas súmanse ás doutras razas que organiza periodicamente ao longo do ano.

O 20 de marzo impartiuse en Nigrán (Pontevedra) unha charla sobre as razas autóctonas galegas dirixida a alumnos do Ciclo de Produtos Galegos de Cociña, dentro do Obradoiro de Emprego Terras do Miñor II. Falouse sobre os censos das razas e sobre os produtos derivados, así como da promoción e a comercialización que están facendo as asociacións e os seus gandeiros. Cabe resaltar que os alumnos mostraron un grande interese polas posibilidades culinarias deste tipo de carnes.

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

29

A GALIÑA DE MOS ESTIVO NA FEIRA DO QUEIXO DO CEBREIRO Con motivo da celebración da XXVIII Feira do Queixo do Cebreiro, o 18 de abril, acompañamos os criadores de Pedrafita do Cebreiro, que instalaron unha carpa cunhas gaiolas nas que se puideron observar varios exemplares da raza. A feira estivo moi animada e serviu para repartir moita información sobre a raza Mos.

PARTICIPACIÓN NA V FEIRA DE ARTESANÍA E PRODUTOS DA ZONA DE TRIACASTELA O 19 de abril celebrouse a V Feira de Artesanía e Produtos da Zona de Triacastela (Lugo), na que participaron criadores das razas representadas nas asociacións pertencentes a Boaga.

A feira estivo organizada polo Concello de Triacastela, a Asociación de Mulleres Rurais Tres Castros e a Asociación de Artesanas do Tear Artelar.

Concretamente, asistiron José Gayo (Ganadería Gayo de Triacastela), cun posto de produtos cárnicos da raza Vianesa; Roberto Raposo Díaz, con exposición de animais vivos da raza Galiña de Mos, e Jordi Ánguez (Cachenas de San Breixo de Triacastela), criador das razas Cachena e Galiña de Mos. O evento tamén se aproveitou para vender peluches da Galiña de Mos e da Ovella Galega e mais o libro Cociñando coas razas autóctonas.

O BAR COTÁ ORGANIZOU UNHAS XORNADAS DO GALO DE MOS

O Cotá, situado na lucense praza da Soidade, organizou unhas exitosas xornadas gastronómicas do Galo de Mos, desenvolvidas nas fins de semana dos meses de abril e maio. Os exemplares foron proporcionados polo criador Salvador Mato, de Lugo. Cómpre destacar que este restaurante celebra periodicamente xornadas con produtos da Galiña de Mos.

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

30

EXPOSICIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS NA FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA O 1 de maio tivo lugar en Muimenta (Cospeito, Lugo) a tradicional Festa da Filloa, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Entre as actividades que habitualmente forman parte

do evento, contouse cunha exposición de razas autóctonas, de xeito que os visitantes puideron acompañar a degustación das filloas coa contemplación de exemplares das razas

Ovella Galega e Galiña de Mos, propiedade dos criadores José Barreira Alonso (Muimenta) e Luis Fernández Fernández (Riotorto).

NOVA EDICIÓN DA FESTA DA EMPANADA DE FORQUELLAS E CACHENA DA SERRA DO QUINXO

CHARLA INFORMATIVA SOBRE RAZAS AUTÓCTONAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN

A XI Festa de Exaltación da Empanada de Forquellas e Cachena da Serra do Quinxo, organizada polo Concello de Entrimo en colaboración con Boaga e Cachega, tivo lugar o 4 de maio no pavillón polideportivo deste municipio ourensán. A cita foi todo un éxito e, un ano máis, esgotáronse as 800 racións preparadas para a ocasión.

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón, A Coruña) acolleu o pasado 6 de maio unhas charlas informativas sobre as nosas razas autóctonas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra Galega.

Autóctonas Galegas Número 8

As conferencias, impartidas por técnicos de Boaga e ás que asistiron os alumnos do centro, achegaron coñecementos básicos das razas, así como das súas producións, dos produtos que se derivan delas e das accións de promoción que se levan a cabo desde as asociacións de criadores integradas en Boaga.


NOVAS

31

A FEIRA DE SAN ISIDRO DE POL CONTOU COA GALIÑA DE MOS

A GALIÑA DE MOS, MOI PRESENTE EN RIOTORTO

A 15.ª edición da Feira de San Isidro, celebrada os días 10 e 11 de maio na carballeira de Mosteiro (Pol, Lugo), contou coa presenza da raza Galiña de Mos. O criador polense Luis Freire, acompañado polo criador de Muimenta José Barreira, presentou varios exemplares. Ademais, a Asociación Mulleres Rurais Olvido de Pol sorteou dúas parellas de Galo e Galiña de Mos.

O 11 de maio, o criador Luis Fernández puxo á venda no mercado estacional de Riotorto varios exemplares e ovos da raza Galiña de Mos. Fernández, tamén criador de Ovella Galega, asiste todos os trimestres aos mercados que se organizan nesta localidade lucense para potenciar a venda dos produtos locais.

AURORA DO CARBALLIÑO CELEBROU UNHAS XORNADAS DA RAZA MOS

PALETA E PERNA DE CORDEIRO DE OVELLA GALEGA NO RESTAURANTE RÍO LEA

O restaurante-pulpería Aurora do Carballiño, situado a carón da estación de autobuses de Lugo, acolleu unhas Xornadas do Galo de Mos do 12 ao 25 de maio con aves proporcionadas pola granxa artesanal Chousa do Lea de Castro de Rei.

Do 16 de maio ao 8 de xuño celebráronse unhas novas Xornadas Gastronómicas da Paleta e da Perna de Cordeiro de Ovella Galega no restaurante Río Lea, situado na localidade lucense de Castro de Ribeiras de Lea. O menú consistiu en albóndegas de cordeiro con puré de patacas da Chaira, de primeiro prato, e perna e paleta, de segundo, acompañados por tiramisú de sobremesa e viño da DO Ribeira Sacra Valcar. As xornadas estiveron organizadas pola gandería de produción ecolóxica SAT Torre de Arcos (Outeiro de Rei), de onde procedeu a carne, e nelas colaborou a Asociación de Criadores de Raza Ovella Galega-Asovega.

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

32

ESTIVEMOS NA PRESENTACIÓN DO MENÚ DAS COOPERATIVAS DE GALICIA A Cidade da Cultura foi o escenario o 19 de maio da presentación do Menú das Cooperativas de Galicia, que se ofreceu durante o mes de xuño en varios restaurantes galegos. No acto participou a cooperativa Vicogalo, con David Sueiro e a súa marca Galo Celta, e deuse a coñecer un receitario cos menús elaborados, no que figuran dúas receitas elaboradas con pularda e con galo da raza Mos.

PROMOCIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA DE PRODUTOS DO CAMPO E ARTESANÍA DE LUGO Na praza Agro do Rolo, no barrio lucense da Milagrosa, celebrouse entre o 23 e o 25 de maio a Feira de Produtos do Campo e Artesanía, no marco da festividade do San Isidro. Alí estivo Jordi Ánguez, de Triacastela, criador das razas Cachena e Galiña de Mos, que repartiu abundante información sobre as nosas razas autóctonas.

BOAGA PARTICIPOU NUNHA XORNADA TÉCNICA DE CALIDADE NO SECTOR CÁRNICO DESENVOLVIDA EN OURENSE A xornada tivo lugar o 27 de maio no Centro Tecnolóxico da Carne, en San Cibrao das Viñas (Ourense). A presentación inaugural correu a cargo da directora xeral de Produción Agropecuaria da Xunta de Galicia, Patricia Ulloa; posteriormente, tra-

Autóctonas Galegas Número 8

táronse as principais novidades lexislativas sobre os proxectos de real decreto das normas de calidade de derivados cárnicos e etiquetado de produtos alimenticios.

A continuación desenvolveuse unha mesa de debate sobre os retos de calidade no sector cárnico para as empresas que asistiron á xornada, e, por último, técnicos da empresa Abelló Linde fixeron unha demostración cunha nova máquina de ultraconxelación.


NOVAS

33

OS GADITANOS GOZARON DO GALO DE MOS NUNHAS XORNADAS O restaurante El Faro de Cádiz organizou do 4 ao 15 de xuño un menú especial denominado Menú Galicia en Cádiz, cuxa proposta de carne era un prato de Galo de Mos ao forno con

patacas. Os exemplares empregados para a elaboración das comidas foron proporcionados pola cooperativa de recente creación Crugalo, de Vila de Cruces. Estas xornadas

gastronómicas tamén contaron coa colaboración do restaurante pontevedrés La Casa de las 5 Puertas. Os comensais destacaron as calidades e o sabor das carnes desta raza.

I FESTA GASTRONÓMICA DA CARNE DE TENREIRA CACHENA EN VILAMARÍN O sábado 7 de xuño celebrouse a primeira edición da Festa Gastronómica da Carne de Tenreira Cachena no campo da festa de Pazos de Monte (Vilamarín, Ourense). O evento estivo organizado pola comisión de festas de Pazos en colaboración coa Asociación Agrogandeira Delvezón e o menú, elaborado por Malé, consistiu en empanada de carne, carne ao caldeiro e carne richada da raza Cachena, pan, viño e sobremesa caseira.

A LOCALIDADE DE PAZOS DE MONTE APOSTOU POLA RAZA CACHENA PARA A CELEBRACIÓN DUNHA MULTITUDINARIA FESTA GASTRONÓMICA

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

34

XORNADAS TÉCNICAS DE RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN PERIGO DE EXTINCIÓN Un ano máis, coincidindo coa 37.ª edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia (Silleda, 12-15 xuño), a Federación de Razas Autóctonas de GaliciaBoaga organizou unhas xornadas técnicas, dirixidas tanto aos seus socios coma ao público en xeral, co fin de fomentar a formación e a especialización do sector gandeiro. Con elas pretendeuse dar a coñecer os distintos aspectos relacionados coa cría destas razas e cos seus produtos. Na primeira xornada, a do venres 13, tratáronse temas tan importantes e actuais coma a nova PAC, que nos vai rexer a todos durante os próximos sete anos. A primeira conferencia levou por título “A nova PAC na gandería de Galicia” e foi impartida por José Ángel Burgo Rodil, subdirector xeral da Xestión da PAC da Consellería do Medio Rural e do Mar. Esta intervención tivo lugar tras o remate da PAC 2014, polo que xa estaban enriba da mesa os temas máis avanzados para a PAC 2015-2020. O venres tamén se falou de IBR, BVD e paratuberculose, enfermidades que lles son consultadas moitas veces aos nosos servizos veterinarios. Estas charlas foron impartidas polo profesor titular do Departamento de Patoloxía Animal da USC Gonzalo Fernández Rodríguez, que titulou a súa conferencia “Enfermidades infecciosas na cabana gandeira: IBR, BVD, Campylobacter…”, e mais polo veterinario de ruminantes de Syva Raúl Martínez Fernández, que se centrou na paratuberculose bovina.

Daniel Franco

Autóctonas Galegas Número 8

Na xornada do sábado abordáronse dous interesantes temas ligados á terra, un sobre a realidade da distribución da terra en Galicia, a cargo de Francisco José Ónega López, enxeñeiro agroforestal e profesor titular da Escola Politécnica Superior de Lugo, e outro sobre as alternativas na alimentación do gando de carne, das que falou o enxeñeiro técnico agrícola e gandeiro Luis Vidal, que compartiu a súa experiencia práctica en alimentación con produtos feitos na propia explotación, os custos asociados e como repercuten no rendemento do noso gando. Pola tarde, a directora técnica da Asociación de Criadores de Raza Ovella Galega-Asovega, Silvia Adán Belmonte, presentou o relatorio “Pretérito imperfecto, futuro perfecto. Nieves Vidueira, do cero ao infinito coa Ovella Galega”, o caso dunha explotación que, partindo duns poucos animais, pasou a ser unha das mellores de toda España.

Semana Verde 2014 A súa dona foi recoñecida por este labor con premios estatais, demostrando que só se pode vivir do campo e da gandería con dignidade e, asemade, cun grande orgullo de ser gandeiro. O protagonismo do domingo foi para a Galiña de Mos, a primeira raza de galiñas de España. Nos relatorios incidiuse na alimentación das explotacións artesanais e nun novo produto estrela, a pularda de Galiña de Mos, comparándoa con estirpes industriais. A primeira charla estivo impartida polo director técnico da Asociación de Avicultores da Galiña de Mos-Avimós, Diego Rois Losada, que departiu sobre os principios básicos da alimentación en avicultura artesanal. A outra, titulada “Caracterización das pulardas de raza Galiña de Mos fronte a estirpes industriais. Análise de resultados parciais”, correu a cargo de Daniel Franco Ruiz, investigador do Centro Tecnolóxico da Carne. Como novidade, estas xornadas técnicas celebráronse no pavillón de gandería, no stand de Boaga, logrando unha maior integración no resto das actividades. Os vídeos de todas as charlas están dispoñibles no apartado de TV da web de Boaga.

Quico Ónega

Silvia Adán


NOVAS

35

EXPOSICIÓN DE ANIMAIS E RESULTADOS DOS CONCURSOS DE VACÚN Os catro días que se estendeu a Feira Internacional Semana Verde de Galicia 2014 foron moitas as actividades e promocións que se fixeron das ra-

Anuket, campioa do concurso da Cachena

zas autóctonas galegas en perigo de extinción. Desde Boaga queremos felicitar a todos os gandeiros que participaron tanto nos concursos coma

Tina, campioa do concurso da Vianesa

Semana Verde 2014 nas exposicións de animais vivos das razas Cachena, Caldelá, Limiá, Frieiresa, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos.

Tina, campioa do concurso da Caldelá

RESULTADOS DOS CONCURSOS MORFOLÓXICOS

III Concurso Morfolóxico da Cachena 1.º premio 2.º premio 3.º premio

Anuket, de Jordi Ánguez Grases (Triacastela, Lugo) Cantera, de María Rebeca Yáñez Candamil (Ortigueira, A Coruña) Femia de 2010 de Casa do Alcalde, SL (Outeiro de Rei, Lugo)

II Concurso Morfolóxico da Vianesa 1.º premio 2.º premio 3.º premio

Tina, de Ganado de Lemos, SL (O Saviñao, Lugo) Perla, de Gandería Cimadevila, SC (Montederramo, Ourense) Quina, de Ganado de Lemos, SL (O Saviñao, Lugo)

I Concurso Morfolóxico da Caldelá 1.º premio 2.º premio 3.º premio

Tina, da gandería Ana y Alejandro, SC (A Pontenova, Lugo) Ceboleira, de Juan Manuel Lage Cid (Maceda, Ourense) Corsa, de María Mon Mon (Abadín, Lugo)

Foto de familia dos criadores

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

36

Semana Verde 2014

ÉXITO DA GALIÑA DE MOS, QUE CELEBROU O I CAMPIONATO GALEGO DA RAZA

Unha das novidades deste ano foi a celebración do I Campionato Galego da Raza Galiña de Mos-Semana Verde 2014, resultado da unificación

dos concursos por lotes e individual que se levaban facendo desde hai anos. No monográfico individual e no concurso por lotes participaron

24 criadores das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra.

VII CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS

Categoría de Galos 1.º premio 2.º premio 3.º premio

Galo propiedade de José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo) Galo propiedade de Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo) Galo propiedade de María José Castro Abonjo (Vila de Cruces, Pontevedra)

Categoría de Galiñas 1.º premio 2.º premio 3.º premio

Galiña propiedade de Álvaro Rodríguez Rodríguez (Mos, Pontevedra) Galiña propiedade de María Dolores López Ramos (A Estrada, Pontevedra) Galiña propiedade de Lourdes Mulet Abeledo (Lalín, Pontevedra)

III EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DA GALIÑA DE MOS 1.º premio 2.º premio 3.º premio

Campión na categoría de Galos

Autóctonas Galegas Número 8

Lote propiedade de Mariña Grille Negreira (Val do Dubra, A Coruña) Lote propiedade de Cruz Lucía Grille Negreira (Tordoia, A Coruña) Lote propiedade de Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo)

Primeiro premio do concurso por lotes


NOVAS

GRANDE ACOLLIDA DA CARNE E DOS PRODUTOS DERIVADOS DAS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS EN SALIMAT Seguindo coa estratexia de promoción das marcas individuais que comercializan produtos das nosas razas autóctonas, 11 produtores de Cachena, Caldelá, Ovella Galega e Galiña de Mos participaron este ano no espazo denominado De Nós para Vós, dentro do XVIII Salón de Alimentación do Atlántico-Salimat, con exposición e venda dos seus produtos e presentación das súas marcas propias. Foron os seguintes: Tierra Celta de Porto do Son (A Coruña), con produtos da raza Cachena. Galo Celta de Vila de Cruces (Pontevedra), con produtos da raza Galiña de Mos.

Granxa Castro de Madrosende de Vila de Cruces (Pontevedra), con produtos da raza Galiña de Mos. Gacarli SL de Xinzo de Limia (Ourense), con produtos das razas Ovella Galega, Limiá, Cachena, Caldelá, Vianesa, Frieiresa e Galiña de Mos. Granxa O´Agro de Vimianzo (A Coruña), con produtos da raza Galiña de Mos. Gandería Tras do Río de Ortigueira (A Coruña), con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos. Gandería Juan M. Lage de Maceda (Ourense), con produtos da raza Caldelá. Ramón Vázquez de Monforte de Le-

37

Semana Verde 2014 mos (Lugo), con produtos da raza Galiña de Mos. Cachenas de San Breixo de Triacastela (Lugo), con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos. Granxa Chousa do Lea de Castro de Rei (Lugo), con produtos da raza Galiña de Mos. Granxa Aves do Concello de Vilalba (Lugo), con produtos da raza Galiña de Mos. Ademais, a maioría tomou parte nos encontros de negocios internacionais para abrirse novos mercados.

Autóctonas Galegas Número 8


38

NOVAS

Semana Verde 2014

Aut贸ctonas Galegas N煤mero 8


NOVAS

39

A CARNE DAS AUTÓCTONAS GALEGAS TRIUNFOU NO RESTAURANTE TAPIRAZAS

Do 12 ao 15 de xuño, Boaga presentou no marco de Salimat, por segundo ano consecutivo, o TapiRazas, un restaurante de tapas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Os menús das degustacións foron elaborados polo equipo do restaurante Andarubel –situado nas Fragas do Eume, en Pontedeume–, capitaneado polo chef Antonio Díaz. O éxito foi tal que se esgotou o produto previsto todos os días. Elaboráronse tapas con Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos. O menú degustación incluía catro tapas por día, bebida e pan. Elaboráronse os seguintes menús: Xoves, 12 de xuño t Albóndegas de tenreira de Vianesa con prebe de champiñóns t Cabrito de Cabra Galega asado ao forno en dúas coccións con patacas ao romeu t Minihamburguesas 100 % tenreira de Cachena á prancha t Pularda de Mos estufada ao allo

Venres, 13 de xuño t Gulax de xarrete de tenreira de Caldelá ao viño mencía e castañas t Minihamburguesas 100 % cordeiro de Ovella Galega á prancha t Carne ao caldeiro de tenreira de Vianesa t Miniespeto de tenreira de Frieiresa con vexetais Sábado, 14 de xuño t Agulla de tenreira de Limiá estufada con verduras t Costeletas de cordeiro de Ovella Galega con mazá glasada t Galo de Mos asado en tarteira ao xeito tradicional t Posta de croca de tenreira de Cachena na grella Domingo, 15 de xuño t Callos de tenreira de Frieiresa t Cordeiro de Ovella Galega asado no forno t Escalopes de tenreira de Limiá á pementa t Guiso de tenreira de Caldelá con chícharos, verduras e patacas novas

Semana Verde 2014

Para a confección do menú utilizáronse 25 kg de tenreira Cachena, 54 kg de tenreira Caldelá, 55 kg de tenreira Limiá, 42 kg de tenreira Vianesa, 15 kg de tenreira e 10 kg de callos de Frieiresa, 125 kg de cordeiro de Ovella Galega, 24 kg de cabrito de Cabra Galega, e 34 kg de galo e 19 kg de pularda de raza Mos. Con esta materia prima servíronse 700 racións. Colaboraron e participaron a Adega Fernández Rodríguez SC-Adega da Capela, coa marca Pousadoiro (DO Ribeiro), e a Adega Cachín SC, coa marca Peza do Rei (DO Ribeira Sacra). TapiRazas publicitouse convenientemente a través das páxinas web de Boaga e de Semana Verde-Salimat 2014, de Facebook, de periódicos rexionais e de programas de televisión coma Labranza (TVG) e Agrosfera (La 2 de TVE).

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

40

PRIMEIRA FESTA DA CACHENA EN SANTA MARIÑA DE ESTEIRO A Comunidade de Montes da parroquia de Santa Mariña de Esteiro, no concello coruñés de Muros, celebrou o día 28 de xuño unha xuntanza na que prepararon varios tipos de presentacións con carne da raza Cachena ao espeto. O xantar foi elaborado con exemplares criados no monte da comunidade. Boaga e mais a asociación Cachega colaboraron na organización da festa.

A GALIÑA DE MOS ESTIVO PRESENTE NA FEIRA DE ARTESANÍA DE OUTEIRO DE REI Na VIII Feira de Artesanía de Outeiro de Rei (Lugo), desenvolvida o 5 de xullo, estivo representada a raza Galiña de Mos grazas ao criador local Alberto Fernández, que asistiu con varios exemplares. No evento tamén participou cun posto propio o criador Jordi Ánguez, de Triacastela, que repartiu información de varias das razas autóctonas integradas en Boaga. Foi unha xornada moi animada na que houbo moitos interesados nas bondades destas razas.

A CARNE DE CACHENA FIXO AS DELICIAS DO PÚBLICO DO FEIRÓN MEDIEVAL DOS ANDRADE Os asistentes ao V Feirón Medieval dos Andrade, festexado en Pontedeume do 4 ao 6 de xullo, tiveron a oportunidade de degustar hamburguesa de tenreira Cachena, ademais de bolos preñados e liscos. O posto gastronómico estivo pre-

Autóctonas Galegas Número 8

parado pola Asociación de Veciños de Nogueirosa e mais por Xente de Aquí e de Acolá. Tal foi o éxito destas hamburguesas autóctonas que se terminaron para o último día da feira.

Boaga colaborou no evento achegando cartelería e divulgando as excelentes calidades desta raza bovina a través de trípticos. A carne procedeu da Gandería Tras do Río, de Ortigueira (A Coruña).


NOVAS

41

AS HAMBURGUESAS DE CACHENA, SABOREADAS NA FEIRA FRANCA MEDIEVAL DE BETANZOS Do 11 ao 13 de xullo, con motivo da celebración da Feira Franca Medieval de Betanzos (A Coruña), o cociñeiro do restaurante Andarubel, Antonio Díaz, ofreceulles aos asistentes a posibilidade de probar hamburguesas elaboradas con carne de vaca Cachena e o aperitivo foi todo un éxito. Boaga colaborou con cartelería e trípticos da raza.

A GALIÑA DE MOS ACUDIU A MUNDO OVO

O 19 e 20 de xullo montouse na praza de abastos de Monforte de Lemos o mercado Mundo Ovo, onde estivo o criador local Ramón Vázquez, o cal, ademais de presentar ovos de Galiña de Mos, mostrou aves vivas. Repartiuse abundante información sobre a nosa raza.

XORNADAS GASTRONÓMICAS DO CORDEIRO DE RAZA OVELLA GALEGA ECOLÓXICO

Co fin de dar a coñecer a nosa raza ovina galega, Antonio Díaz, cociñeiro do restaurante Andarubel das Fragas do Eume, presentou as I Xornadas Gastronómicas do Cordeiro da Raza Ovella Galega en ecolóxico. Cordeiro ao forno, costeletas

e pa á brasa foron algunhas das elaboracións coas que se homenaxeou esta raza. A carne foi proporcionada pola explotación SAT Torre de Arcos, de Outeiro de Rei.

As xornadas celebráronse desde o 25 de xullo ata o 3 de agosto e gozaron dunha moi boa acollida; de feito, houbo que repoñer o produto. Asovega e Boaga colaboraron achegando abundante información sobre a raza e ofrecendo asesoramento.

Autóctonas Galegas Número 8


42

NOVAS

A GALIÑA DE MOS EXHIBIUSE NO MERCADO ECOLÓXICO DE FORNELOS

LUCIMENTO DA RAZA MOS NA FEIRA DE ARTESANÍA DE CASTRO DE RIBEIRAS DE LEA

No lugar de Fornelos, pertencente á parroquia de Baio, no concello coruñés de Zas, en plena Costa da Morte, celebrouse un Ecomercado os pasados 26 e 27 de xullo onde estivo a Galiña de Mos. A criadora Teresa Gándara, de Vimianzo (A Coruña), asistiu cunha mostra dos seus exemplares.

Os días 9 e 10 de agosto, a localidade lucense de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei) acolleu unha feira de artesanía con motivo das festas patronais. A raza Galiña de Mos estivo representada por varios exemplares da granxa Chousa do Lea, propiedade do criador local José Zapata.

CELEBRADA A PRIMEIRA FESTA GASTRONÓMICA DA FRIEIRESA O 10 de agosto celebrouse na parroquia de Viascón, pertencente ao concello pontevedrés de Cotobade, a primeira festa gastronómica de carne de Frieiresa. Os asistentes gozaron da exclusividade dunha carne única que nesta ocasión foi preparada ao espeto e que procedía duns becerros criados en ecolóxico da explotación CMVMC de Viascón.

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

43

A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA, NA VUELTA CICLISTA UN ANO MÁIS A Galiña de Mos e a Ovella Galega estiveron presentes na Vuelta Ciclista a España 2014, celebrada do 23 de agosto ao 14 de setembro. Grazas á invitación da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) ao seu posto ... E para comer, Lugo, os produtos de ambas as dúas razas degustáronse nas saídas das cinco etapas da Vuelta que discorreron por Galicia. Ademais, no resto de España repartiuse abundante información sobre estas razas.

Previamente, as asociacións de criadores Asovega e Avimós asistiron á presentación da participación da Apehl na competición deportiva. Neste acto estivemos co presidente da Apehl, Cheché Real; a delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; o director da Vuelta Ciclista, Javier Guillén, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. En todas as saídas houbo un grande interese polas nosas razas e os seus produtos, polo que foi un excelente punto de contacto con moitos interesados.

A GALIÑA DE MOS ENTRA EN FARMVILLE 2 Un dos xogos máis famosos dos existentes para teléfonos móbiles e un dos máis exitosos en Facebook é o denominado FarmVille 2, que permite manexar unha granxa virtual en tempo real, facendo aqueles labores que se realizan nunha empresa deste tipo, como criar animais.

Nas imaxes vemos unha captura do xogo e a recreación da Galiña de Mos feita para o o mesmo. Como se pode apreciar, é moi realista. Quen o diría... A nosa raza é cada vez máis internacional!

Nunha das actualizacións pódese xogar nunha granxa de España e ¿cales son as galiñas que hai que criar? Sorpresa! Xa podemos criar Galiña de Mos virtualmente. A empresa que realiza este videoxogo chámase Zynga e radica en California, nos Estados Unidos.

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

44

XORNADAS GASTRONÓMICAS DA VIANESA NA PROVINCIA DE LUGO

PRIMEIRA FESTA DA CACHENA EN SAN TOMÉ DE CAMPORREDONDO

En agosto e setembro tiveron lugar varias xornadas gastronómicas de carne da raza bovina Vianesa na provincia de Lugo. Unhas delas celebráronse a partir do 20 de agosto no restaurante Moneda do Cádavo (Baleira, Lugo). O becerro foi proporcionado polo criador Amaro López, propietario da explotación Ganados Amanei SL, que se dedica á cría en extensivo de Vianesa dende o ano 2007. Boaga enviou abundante cartelería e información da raza para que os clientes puidesen coñecer algo máis sobre estes animais e a súa excelente carne.

A organizadora deste evento foi a comunidade de montes veciñais Coto de San Cibrao, a cal iniciou a súa experiencia na cría desta raza en perigo de extinción en Ribadavia (Ourense) no ano 2011. A festa celebrouse o 14 de setembro e Boaga colaborou proporcionando cartelería e abundante información sobre esta raza tan peculiar.

O Mesón Catro Ventos, situado en Barbeitos (A Fonsagrada), no Camiño Primitivo de Santiago, tamén apostou por unhas xornadas con produtos desta raza este verán. As primeiras deron comezo o 20 de agosto e, dado o éxito, repetíronse a partir do 19 de setembro ata esgotar o produto. De novo, os exemplares procederon de Ganados Amanei SL.

PRESENZA DAS NOSAS RAZAS NO IX CONGRESO IBÉRICO SOBRE RECURSOS XENÉTICOS ANIMAIS Do 11 ao 13 de setembro celebrouse no Campus La Yutera (Palencia) o IX Congreso Ibérico sobre Recursos Xenéticos Animais (Serga), a onde se levaron os resultados de diversos proxectos da Galiña de Mos, a Ovella Galega, a Cabra Galega e as cinco razas bovinas en perigo de extinción. No caso da Galiña de Mos, os traballos presentados estiveron referidos ás pulardas, un sobre o seu crecemento e outro sobre as características da canal e da carne. No da Ovella Galega mostrouse un estudo sobre os resultados obtidos na calidade sensorial da carne dos cordeiros. Tamén se presentou unha análise da situación actual dos censos de Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega, así como as estratexias de conservación a seguir mediante o uso dos seus produtos.

Autóctonas Galegas Número 8

Ademais, o director de Boaga, José Ramón Justo Feijoo, impartiu unha conferencia sobre o Real Decreto 505-2013,

que aborda o uso do logotipo de 100% Raza Autóctona en produtos de orixe animal.


NOVAS

45

O XXXIX CONGRESO NACIONAL DE OVINOTECNIA E CAPRINOTECNIA CELEBROUSE EN OURENSE A 39.ª edición do Congreso Nacional da Sociedade Española de Ovinotecnia e Caprinotecnia (SEOC) celebrouse na cidade das Burgas do 17 ao 19 de setembro. Trátase dunha reunión de carácter científico na que se abordan todas as cuestións e os temas relacionados co ovino e o caprino, dende a produción primaria ata os produtos derivados destas especies. Este ano asistiron 200 persoas que viñeron dende distintos países de Latinoamérica, Portugal e do resto de Galicia e de España. O evento aproveitouse para darlles unha especial promoción á Ovella Galega e á Cabra Galega, se ben a ocasión tamén serviu para o fomento da Galiña de Mos e das cinco razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción a través da degustación de produtos que se serviron nunha das comidas.

AS NOSAS AVES FORON PROTAGONISTAS EN ‘LUAR’

NOVO ÉXITO DA FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN

Luar, o programa de máis audiencia da TVG, dedicou a emisión do 19 de setembro á galiña e, como non, a gran protagonista da noite foi a Galiña de Mos. Un lote de 10 galiñas e un galo e outro de 25 poliños dun día estiveron presentes no plató 1.000 de San Marcos. O presidente e mais o director técnico de Avimós, Francisco Monasterio e Diego Rois, respectivamente, asistiron ao programa de Xosé Ramón Gayoso para falar das características da raza e dos produtos que se derivan dela.

O domingo 21 de setembro houbo, coma todos anos, a tradicional Festa das Cabras de Merlán, organizada pola Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán (Chantada) e considerada a feira de caprino máis importante de Galicia.

Tras o remate do programa, xa de madrugada e unha vez recollidos os galiñeiros, as aves voltaron ás súas explotacións de orixe en Tordoia (A Coruña) e Castro de Rei (Lugo).

O evento contou con exposición de animais e cunha degustación de carne de cabra desta fabulosa raza galega. Boaga achegou cartelería e medios audiovisuais con abundante información, e a Asociación de Gandeiros de Cabra Galega-Capriga participou activamente na feira asesorando na promoción da raza e dos seus produtos.

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

46

AS RAZAS AUTÓCTONAS PARTICIPARON EN EXPOLUGO 2014 Un ano máis, con motivo das festas de San Froilán, as razas autóctonas galegas participaron en Expolugo, desenvolvido os días 4 e 5 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. As diferentes actividades estiveron organizadas polas asociacións de criadores pertencentes a Boaga, en colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e a Deputación Provincial de Lugo. En concreto, desenvolvéronse as seguintes: t II Concurso-Exposición Monográfico Provincial da Galiña de Mos, no que participaron nove criadores e un total de 45 animais. t Exposición provincial das razas Cachena, Caldelá, Vianesa, Ovella Galega e Cabra

Galega, no que participaron seis criadores e un total de 35 animais. t Mercado Alimentario de Razas Autóctonas, ao que acudiron criadores da raza

Cachena (Cachenas de San Breixo) e da raza Vianesa (Ganado de Lemos) para a promoción e a venda de carne procedente de animais das súas explotacións.

Foto de familia dos premiados no concurso da Galiña de Mos

PALMARÉS

Categoría de Galos 1.º premio 2.º premio 3.º premio

Galo propiedade de Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo) Galo propiedade de Javier Álvarez Cela (Becerreá, Lugo) Galo propiedade de Francisco Monasterio Solveira (Vilalba, Lugo)

Categoría de Galiñas 1.º premio 2.º premio 3.º premio

Galiña propiedade de Luis Freire Castedo (Pol, Lugo) Galiña propiedade de José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo) Galiña propiedade de Alberto Fernández Fraga (Outeiro de Rei, Lugo)

A GALIÑA DE MOS, NO DESFILE DE GANDO DE SAN FROILÁN Un galo e unha galiña da raza Mos participaron no desfile de gando de San Froilán o pasado 4 de outubro. Os exemplares do criador Luis Freire percorreron as rúas do centro de Lugo nunha gaiola enriba dun tractor e despois foron presentados ao público diante do Concello. Non obstante, a

Autóctonas Galegas Número 8

raza Mos non foi a única protagonista do desfile, posto que nel tamén participaron exemplares doutras razas autóctonas galegas integradas en Boaga. O paseo dos animais polo centro da cidade foi todo un espectáculo ao que se achegou moita xente.


NOVAS

XORNADA FORMATIVA SOBRE RAZAS AUTÓCTONAS E GANDERÍA ECOLÓXICA NA FONSAGRADA Varios técnicos de Boaga desprazáronse o 9 de outubro ata A Fonsagrada para impartir un curso sobre características das razas, produtividade e rendibilidade, prácticas gandeiras, comercialización e axudas asociadas, así como sobre a experiencia deste tipo de ganderías en ecolóxico. No programa falouse das cinco bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da Ovella Galega e da Cabra Galega.

47

DESBORDANTE EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN DE SAN XIAO DE MOS O 28 de outubro, unhas mil persoas déronse cita na Exposición e Degustación da Galiña de Mos feita na parroquia de San Xiao de Mos, no concello lucense de Castro de Rei. Esta celebración comezou hai anos grazas a catro entusiastas criadores da raza e hoxe está plenamente consolidada. De feito, esta edición batéronse as previsións de asistencia, polo que podemos falar dun éxito rotundo. Degustáronse 200 galos e case mil ovos fritidos. No evento tamén houbo unha exposición de aves vivas na que participaron criadores da comarca da Terra Chá.

LUCIMENTO DAS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA DE SAN MARTIÑO DE TEO

XORNADAS GASTRONÓMICAS DO GALO MOS NO RESTAURANTE RÍO LEA

O 11 de novembro, con motivo da Festa do San Martiño, celebrouse no lugar de Francos, pertencente á parroquia de Calo (Teo), a feira cabalar tradicional máis importante de Galicia, á que tamén acudiron as nosas razas autóctonas. Expuxeron os criadores Roberto Louzán (Viascón, Cotobade), con exemplares de Frieiresa; Mercedes Alonso (Cotobade), con exemplares de Caldelá e Limiá; José Canda (Lalín), con exemplares de Cabra Galega, e Marco Antonio Feijóo (Teo), con exemplares de Galiña de Mos.

Un ano máis, o restaurante Río Lea (Castro de Ribeiras de Lea) e a granxa Chousa do Lea (Castro de Rei) organizaron unhas xornadas do Galo da Raza Mos que se celebraron do 14 de novembro ao 8 de decembro de 2014. Unha interesante proposta que fixeron os organizadores para degustar este manxar.

Boaga estivo asesorando na promoción e expuxo material publicitario das distintas razas representadas.

Autóctonas Galegas Número 8


NOVAS

48

IX XORNADAS GANDEIRAS DE RAZAS AUTÓCTONAS ESPAÑOLAS EN LOSAR DE LA VERA Os días 28 e 29 de novembro, a Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes), a Asociación de Criadores de Caprino de Raza Verata (Acriver) e a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Retinta, coa colaboración do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o Goberno de Estremadura e o Concello de Losar de la Vera, celebraron as IX Xornadas Gandeiras de Razas Autóctonas Españolas en Losar de la Vera (Cáceres). No congreso combináronse charlas técnicas con visitas a fábricas de pemento de La Vera e de queixos Veratos e a unha explotación de caprino de raza Verata, cuxa propietaria, Maribel Sánchez Vadillo, foi merecedora da Mención Especial do Premio Europeo á Innovación para Agricultoras 2014. O venres 28 de novembro, despois da inauguración oficial por parte do alcalde do concello anfitrión, Germán Domínguez Martín, comezaron as charlas coa exposición de Carmen Zomeño Rodríguez, veterinaria pertencente á Subdirección Xeral de Medios de Produción

Maribel Sánchez Vadillo

Autóctonas Galegas Número 8

Gandeiros do Magrama. Zomeño explicou a aplicación do lanzamento do logo 100% Raza Autóctona, a súa aplicación e o estado no que están as autorizacións das distintas asociacións de razas autóctonas que solicitaron o seu uso e as xa concedidas. O segundo relatorio, titulado “A importancia do asesoramento das asociacións ás explotacións de razas autóctonas”, correu a cargo de M.ª del Carmen García Moreno, veterinaria da Junta de Andalucía. García comentou a importancia do asesoramento das explotacións de razas autóctonas, como se debe de facer e cales son os erros que non se deben cometer, e referiuse ao valor de coñecer as posibilidades de traballo e de financiamento que poden xurdir na nova PAC 2020 para as asociacións de criadores de razas autóctonas, xa que están desenvolvendo un labor que coincide en moitos puntos na aplicación das medidas de asesoramento a explotacións que poden marcar a viabilidade futura da propia asociación. A terceira charla, “Novas opcións de eliminación de cadáveres para explo-

tacións de gandería extensiva. LIFE 13NAT/ES/001130”, foi impartida por Manuel Martín López, da Fundación CBD-Habitat de Madrid, quen explicou a oportunidade que se presenta a través do proxecto Europeo LIFE de colaboración entre especies salvaxes e gandeiros con recursos zooxenéticos autóctonos dunha zona concreta de España. A última conferencia denominouse “Estudo da influencia da composición do leite sobre a calidade da canal e a carne de cabritos de 8 razas españolas. Resultados preliminares. Proxecto INIA RTA2012-00023” e foi comunicada por Begoña Panea Doblado, veterinaria do Centro de Investigación e Tecnoloxía Agroalimentaria de Aragón. Este proxecto aborda o estudo de oito razas caprinas españolas –Cabra do Guadarrama, Florida, Payoya, Verata, Retinta, Extremeña, Tinerfeña, Palmera e Majorera– e consiste en estudar a relación entre a alimentación das nais e a composición e a calidade do seu leite, así como a influencia da súa composición sobre os patróns de crecemento e a calidade da canal e da carne dos cabritos.


NOVAS

A GALIÑA DE MOS ESTIVO NA II FEIRA DAS CERVEXAS ARTESANAIS DE GALICIA O Pazo da Crega, situado no concello de Barro (Pontevedra), acolleu o 16 de novembro a BarroCervexaFest, a II Feira das Cervexas Artesanais de Galicia. A cociñeira e amiga Rocío Garrido, autora do blog La cocina de mi abuelo e do libro Cociñando coas razas autóctonas, fixo un show cooking no que preparou Galo de Mos con exemplares procedentes da granxa Mercamós de Barro. O seu propietario, Marcial, falou das características de crianza na súa granxa e do seu produto.

49

OS CAPÓNS DA RAZA MOS VOLVERON Á FEIRA DO CAPÓN DE VILALBA O domingo 21 de decembro celebrouse unha nova edición da Feira do Capón de Vilalba na que dous dos nosos criadores, Francisco Monasterio e David Cristóbal, coa marca Aves do Concello, presentaron varios lotes de exemplares da raza Mos que se venderon na súa totalidade en poucos minutos.

Desde fai anos, os capóns de Vilalba fanse a partir de cruzamentos de galiñas industriais que acadan altos pesos en pouco tempo, aínda que en detrimento da súa calidade. Grazas a esta iniciativa, recupéranse as aves da nosa raza, que tan demandadas eran décadas atrás para a crianza do capón. Volven os capóns de antes!

GRANDE ÉXITO DA FEIRA DO GALO DE CURRAL DE VILA DE CRUCES A Feira de Nadal do Galo de Curral de Vila de Cruces (Pontevedra) tivo lugar o 21 de decembro. Ademais dunha exposición de 150 galiñas de distintas razas, coordinada pola Federación Española de Avicultura (Fesacocur), puxéronse á venda galos, galiñas e pulardas. As aves da raza Mos foron as maioritarias e case se esgotaron. Nunha carpa anexa celebrouse unha degustación moi concorrida de diferentes pratos de galo elaborados en directo por 19 restaurantes da comarca de Deza e O Salnés, receitas que, posteriormente, se reuniron nunha publicación feita para a ocasión.

A cobertura mediática foi moi grande. A feira saíu en moitos telexornais, non só no da Galega, senón en varias canles na-

cionais coma Cuatro, La Sexta e Telecinco, así coma en moitos xornais.

Autóctonas Galegas Número 8


50

COMERCIALIZACIÓN

O LOGOTIPO 100% RAZA AUTÓCTONA, UNHA REALIDADE

Presentación do logotipo na sede do Magrama, con representantes do Ministerio, de Feagas e de Federapes

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) presentou oficialmente o 26 de novembro de 2014 o logotipo 100% Raza Autóctona. A marca nace para diferenciar e valorizar no mercado os produtos procedentes das razas autóctonas existentes en España. JOSÉ RAMÓN JUSTO FEIJOO Veterinario-director da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga Secretario xeral da Federación de Razas Autóctonas Españolas-Federapes

A RESPOSTA A UNHA NECESIDADE

Para Federapes, o camiño do logotipo 100% Raza Autóctona comezou hai máis de seis anos, como froito dunha tormenta de ideas co Magrama para poñer en valor todo o esforzo que a Administración, as organizacións de criadores e os propios gandeiros estaban a facer, con maior ou menor acerto, para potenciar os produtos do patrimonio gandeiro xenético nacional, o cal non ten parangón noutras partes do mundo. O traballo na xestión diaria dos libros xenealóxicos por parte de todas as asociacións de criadores, que se ven reflectidos nos distintos programas de selección e conservación, segundo sexan de razas de fomento e de perigo de extinción, dá un froito en forma de animais e produtos que non tiñan unha diferenciación clara na súa posta no mercado. Autóctonas Galegas Número 8

O BOE DO 24 DE XULLO DE 2013 RECOLLE O REAL DECRETO POLO QUE SE APROBOU A REGULACIÓN DO EMPREGO VOLUNTARIO DESTE LOGOTIPO NO ETIQUETADO OU NOS LUGARES ONDE SE PODE COMERCIALIZAR OU CONSUMIR

Mentres que un animal, en moitos casos, é facilmente distinguible no seu aspecto externo para diferencialo doutras razas, non ocorre o mesmo cos seus produtos: carne, leite, la etc. Quedaba un oco sen abordar, xa que as distintas marcas de calidade que existen nos mercados non satisfacían esta inquietude do sector de criadores de razas autóctonas españolas. Dicíaselles que os seus produtos eran excelentes, pero ao entrar nos canais da distribución, grande ou pequena, diluíanse e perdíase toda a diferenciación. Agora, o logotipo 100% Raza Autóctona é unha identificación, unha apertura á sociedade do traballo dos gandeiros que teñen un bo produto a disposición do público para que este o poida comprar sen ningunha dúbida de que é o que di ser.


COMERCIALIZACIÓN

GALIÑA DE MOS

Os produtos identificados con este logotipo non son de masas, de grandes cifras, sobre todo aqueles que proceden de razas en perigo de extinción. Son produtos que están e estarán no mercado ao compás da súa produción no seu propio medio, non se forzan. Así pois, estes son os datos: 48.063 criadores de razas autóctonas, con 157 razas de ovellas, cabras, aves, burros, porcos, vacas e cabalos, que suman 3.181.991 cabezas que, groso modo, manteñen case 4.500.000 hectáreas de terreo os 365 días do ano. Porén, en realidade son máis que 48.063 criadores en toda España, porque se trata de familias de criadores; nos últimos catro anos experimentaron un aumento do 21 %, en plena crise económica, e, dado o seu carácter intrinsecamente familiar, significa preto de 200.000 persoas a pé de granxa. Son cifras importantes que o corroboran coma un sector con futuro, e máis aínda con este logotipo. En definitiva, o logo fíxose por honestidade, por valores, por defender algo que non é exclusivo dos criadores. Perténcelle á sociedade no seu conxunto e está proposto por transparencia e, sobre todo, para que non desapareza o que ten máis perigo de desaparecer que as razas: os pequenos criadores, esas persoas que traballan para vivir diso e, ademais, cumpren cunha función social moi arraigada e intimamente ligada a eles, a de conservar o medio.

OVELLA GALEGA

xa existen no mercado, como as denominacións de orixe protexidas, as indicacións xeográficas protexidas e as producións ecolóxicas. O logotipo consta de dous formatos: un xenérico, en negro, coa imaxe de varias especies, que se utilizará para as campañas de promoción; e outro específico para cada especie, que pode imprimirse en cor e que irá acompañado ao pé polo nome da raza correspondente, tal como figura no Catálogo Oficial de Razas de Ganado de España. Ata o momento concedeuse a súa utilización para 14 razas autóctonas: Alcarreña, Ansotana, Asturiana de los Valles, Avileña Negra Ibérica, Berranda en Colorado e Berrenda en Negro, Churra, Malagueña, Manchega, Merina, Morucha, Ojinegra de Teruel, Retinta e Talaverana.

O USO NAS RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA

O pasado mes de decembro foi presentada en Galicia a solicitude para a concesión do uso deste logotipo nas razas Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega. No caso de que sexa aprobada, esta normativa afectarálles aos operadores que se queiran acoller, cun ámbito de aplicación desde a explotación de nacemento dos animais ata o punto de venda. As fases incluídas serán as seguintes:

51

CABRA GALEGA

t Produción primaria: ganderías onde se crían exemplares da raza Galiña de Mos. t Transformación: matadoiros, salas de despezamento, centros de embalaxe e, en xeral, calquera establecemento admitido pola lexislación vixente no que se fai o sacrificio, o despezamento, o envasado, a elaboración, a transformación e a embalaxe de produtos da raza. t Comercialización: puntos de venda onde se expoñan e comercialicen produtos da raza. Poderanse incluír locais de restauración onde se consuman. Nas webs respectivas de cada asociación manteranse os listados actualizados dos provedores autorizados para o emprego deste logotipo. Así mesmo, ao longo deste ano presentarase a proposta de regulación dos logotipos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa, dado que entra en vigor a nova normativa comunitaria pola que non se precisa unha certificación externa de calidade para o desenvolvemento deste logo no gando vacún, igual que xa ocorre coas especies de ovino, cabrún, cabalar e porcino, o cal representaba unha desvantaxe competitiva e de custos da especie bovina fronte a estas.

O LOGOTIPO

Esta iniciativa enmárcase no Programa Nacional de Conservación, Mellora e Fomento das Razas Gandeiras do Ministerio. Aprobada a regulación do seu uso voluntario no etiquetado ou nos lugares nos que se pode comercializar ou consumir polo Real Decreto de 28 de xuño de 2013 (publicado no BOE do 24 de xullo de 2013), establécese para calquera produto derivado de razas autóctonas en pureza, sen ningún tipo de cruzamento, e é compatible con outros sistemas de calidade que

Polo de agora foi solicitado o uso deste logotipo nas razas Galiña de Mos, Ovella Galega e Cabra Galega

Autóctonas Galegas Número 8


CENSO

52

ESTADO ACTUAL DOS CENSOS DAS RAZAS BOVINAS AUTÓCTONAS Os datos oficiais máis recentes sobre a situación dos censos das razas de vacún en España confirman o aumento do número de reprodutoras das razas autóctonas en perigo de extinción de Galicia. No Catálogo Oficial de Razas de Ganado de España existen 182 razas de gando, das cales 154 son autóctonas, fronte a 28 razas alóctonas. Das 154 autóctonas, 29 están clasificadas como razas de fomento e 125 coma razas en perigo de extinción.

O aumento do censo da raza Vianesa foi espectacular

Femias reprodutoras 2009 12.567

BRUNA DE LOS PIRINEOS

10.418

ASTURIANA DE LA MONTAÑA

6.596

TUDANCA

4.472

BERRENDA EN COLORADO

3.042 2.734 2.253

BERRENDA EN NEGRO MARISMEÑA MORUCHA VARIEDAD NEGRA

1.088 972 792 731 664 658 621 499 441 366 354 318 284 241 216 209 208 205 193 70 27

CACHENA NEGRA ANDALUZA MONCHINA

En canto ás razas de vacún, están rexistradas 45, das que 39 son autóctonas (oito en fomento e 31 en perigo de extinción) e seis alóctonas.

CÁRDENA ANDALUZA BLANCA CACEREÑA PAJUNA CANARIA VIANESA BETIZU CALDELÁ ALBERA

Presentamos a continuación os censos nacionais das razas bovinas autóctonas en perigo de extinción de 2009 e 2013 e a evolución experimentada nese período, incluída a de Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.

PASIEGA SERRANA NEGRA SERRANA DE TERUEL PALMERA LIMIÁ AVILEÑA-NEGRA IBÉRICA VARIEDAD BOCIBLANCA MALLORQUINA FRIEIRESA MENORQUINA MURCIANA-LEVANTINA

0

3.500

7.000

10.500

14.000

Femias reprodutoras 2013 13.578

ASTURIANA DE LA MONTAÑA

11.050

BRUNA DE LOS PIRINEOS

8.039

TUDANCA

2.990 2.741 2.577 1.903 1.651 1.410 1.401 1.359 1.256 1.135 973 766 753 633 576 540 474 465 425 410 390 353 335 299 222 24 17

BERRENDA EN COLORADO MORUCHA VARIEDAD NEGRA

SOBRESAE O CRECEMENTO DAS NOSAS RAZAS, XUNTO COS DE PALMERA E AVILEÑA-NEGRA IBÉRICA DA VARIEDADE BOCIBLANCA. ESTAS EXTRAORDINARIAS CIFRAS REFLICTEN A EFECTIVIDADE DO TRABALLO DE RECUPERACIÓN DESENVOLVIDO POLAS ASOCIACIÓNS DE CRIADORES

CACHENA BERRENDA EN NEGRO MARISMEÑA ALISTANA-SANABRESA VIANESA TERREÑA NEGRA ANDALUZA MONCHINA CÁRDENA ANDALUZA CALDELÁ SAYAGUESA CANARIA PAJUNA BLANCA CACEREÑA ALBERA PALMERA AVILEÑA-NEGRA IBÉRICA VARIEDAD BOCIBLANCA FRIEIRESA LIMIÁ PASIEGA SERRANA DE TERUEL SERRANA NEGRA MALLORQUINA MURCIANA-LEVANTINA MENORQUINA

0

Autóctonas Galegas Número 8

3.500

7.000

10.500

14.000


CENSO EVOLUCIÓN DOS CENSOS DE ESPAÑA 2009/2013 RAZAS

REPRODUTORAS

VIANESA

180,76 %

CACHENA

136,86 %

PALMERA

115,28 %

FRIEIRESA

112,44 %

CALDELÁ

109,29 %

AVILEÑA-NEGRA IBÉRICA VARIEDAD BOCIBLANCA

104,33 %

LIMIÁ

86,60 %

MONCHINA

43,31 %

SERRANA DE TERUEL

39,00 %

ALBERA

33,90 %

CÁRDENA ANDALUZA

33,11 %

ASTURIANA DE LA MONTAÑA

30,33 %

NEGRA ANDALUZA

29,22 %

TUDANCA

21,88 %

MORUCHA VARIEDAD NEGRA

21,66 %

PASIEGA

11,01 %

MALLORQUINA

8,29 %

SERRANA NEGRA

5,28 %

CANARIA

1,93 %

MURCIANA-LEVANTINA

-11,11 %

BRUNA DE LOS PIRINEOS

-12,07 %

PAJUNA

-12,46 %

BLANCA CACEREÑA

-18,67 %

BERRENDA EN COLORADO

-33,14 %

BERRENDA EN NEGRO

-37,44 %

MARISMEÑA

-39,61 %

MENORQUINA

-75,71 %

53

Como se pode observar, sobresae o crecemento do número de reprodutoras das nosas razas, xunto cos de Palmera e Avileña-Negra Ibérica da variedade Bociblanca, con porcentaxes de incremento maiormente superiores ao 100 %, mesmo próximas ao 200 % no caso da Vianesa, que pasou das 499 femias reprodutoras de 2009 ás 1.401 de 2013. Estas extraordinarias cifras reflicten a efectividade do traballo de recuperación desenvolvido polas asociacións de criadores. Nos seguintes gráficos pode apreciarse a devandita evolución comparada coa das outras razas autóctonas galegas:

Femias reprodutoras 2009 196.276

FRISOA

29.404

RUBIA GALEGA ASTURIANA DE LOS VALLES

1.241

CACHENA

1.080

VIANESA

499

FLECKVIEH

420

CALDELÁ

366

BLONDA DE AQUITANIA

296

LIMUSINA

273

LIMIÁ

209

FRIEIRESA

193

CHAROLESA

168

PARDA

48 0

50.000

100.000

150.000

200.000

Femias reprodutoras 2013 195.534

FRISOA

29.415

RUBIA GALEGA CACHENA

2.556

VIANESA

1.391 1.332

ASTURIANA DE LOS VALLES

766

CALDELÁ PARDA

685

FLECKVIEH

420

FRIEIRESA

410

LIMIÁ

390

BLONDA DE AQUITANIA

314

LIMUSINA

295

CHAROLESA

64 0

50.000

100.000

150.000

200.000

EVOLUCIÓN DOS CENSOS DE GALICIA 2009/2013

A Cachena pasou de 1.080 reprodutoras a 2.556 en catro anos

RAZAS

REPRODUTORAS

PARDA

1.327,08 %

VIANESA

178,76 %

CACHENA

136,67 %

FRIEIRESA

112,44 %

CALDELÁ

109,29 %

LIMIÁ

86,60 %

LIMUSINA

8,06 %

ASTURIANA DE LOS VALLES

7,33 %

BLONDA DE AQUITANIA

6,08 %

RUBIA GALEGA

0,04 %

FLECKVIEH

0,00 %

FRISOA

-0,38 %

CHAROLESA

-61,90 % Autóctonas Galegas Número 8


54

OVELLA GALEGA

APUNTAMENTOS SOBRE A CARACTERIZACIÓN DO CRECEMENTO, A CANAL E A CARNE DA OVELLA GALEGA

Para o desenvolvemento deste estudo sobre o crecemento, a canal e a carne dos cordeiros de Ovella Galega –do que se expoñen algúns dos resultados máis salientables– utilizáronse só machos de parto simple e procedentes dunha única explotación, e sometéronse ás condicións típicas das explotacións galegas. SILVIA ADÁN BELMONTE

Veterinaria da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga Secretaria executiva da Asociación de Criadores da Raza Ovella Galega-Asovega

ESTUDO DE CRECEMENTO

Para estudar o seu crecemento seleccionáronse 40 cordeiros de Ovella Galega, divididos en 20 por ano e repartidos, á súa vez, en dous lotes segundo o tipo de alimentación (pasto ou concentrado). Os pesos medios ao nacemento son similares entre lotes (ao redor dos 3 kg), e o mesmo ocorre coa evolución ata os 30-45 días. En cambio, a partir desa idade existen diferenzas en función do tipo de alimentación e da abundancia de pastos, de forma que, nun mal ano de pastos, os cordeiros alimentados con concentrado gañan bastante máis peso, diferenzas que se incrementan ata a idade de sacrificio. Autóctonas Galegas Número 8

CALIDADE DA CANAL

Os cordeiros alimentados con pasto e concentrado presentaron canais pequenas, pouco graxas ou cubertas, cunha cantidade de graxa pélvico-renal normal, cor da graxa subcutánea branca e cor rosada da carne. A dispoñibilidade de pasto é un factor importante; é dicir, hai que ter en conta se os animais se crían nun sistema extensivo puro (alimentados a pasto), posto que inflúe claramente na maior ou menor cobertura graxa que ten a canal e tamén na cantidade de graxa pélvico-renal.

PROPIEDADES FISICOQUÍMICAS DA CARNE

A porcentaxe de graxa é o compoñen-

te que máis influenciado está por factores coma o sexo, a raza, a idade do animal ao sacrificio, a alimentación e o sistema de manexo. Os resultados do estudo mostran que os cordeiros alimentados con concentrado tiveron un maior contido graxo (0,78 %) fronte aos que se alimentaron con pasto (0,56 %). Inda así, ambos valores son baixos, xa que desta raza obtéñense carnes pouco graxas. A cor do músculo é máis intensa nos cordeiros que saíron ao pasto en comparación con cordeiros estabulados e alimentados a base de concentrado, que presentaron unha carne máis rosácea e clara.


OVELLA GALEGA

Dos resultados da análise da textura instrumental pódese concluír que, en xeral, a carne dos cordeiros desta raza é tenra, con valores de dureza baixos.

COMPOSICIÓN DOS ÁCIDOS GRAXOS DA CARNE

No estudo observouse unha alta porcentaxe en ácidos graxos insaturados para ambos os dous lotes (pasto vs. concentrado). A cantidade en ácidos graxos poliinsaturados foi superior na graxa dos animais alimentados a pasto, mentres que nos de concentrado atopouse unha maior proporción de ácidos graxos monoinsaturados. Non se atopou unha clara relación entre o maior ou o menor contido en graxas saturadas e o tipo de alimentación. A relación omega 6/omega 3 foi significativamente menor en animais alimentados a pasto, sendo a principal causa o notable incremento en ácidos graxos omega 3. Polo tanto, dende un punto de vista nutricional, a graxa dos animais alimentados a pasto resultou ser máis cardiosaudable.

ANÁLISE SENSORIAL DA CARNE

As análises sensoriais foron realizadas por un panel de expertos catadores que valoraron os atributos máis salientables atopados na carne cociñada de cordeiros de Ovella Galega sometida a diferentes sistemas de manexo (pasto vs. concentrado) e madurada durante dous e cinco días na canal. A dureza foi o único atributo que resultou afectado tanto polo tempo de maduración como polo manexo, e atopouse que a carne procedente de animais alimentados con pasto e madurada durante cinco días foi a máis tenra segundo o panel sensorial. A carne de animais alimentados con pasto foi a que tivo unha maior aceptación xeral e, polo tanto, a mellor valorada.

CONCLUSIÓNS

- O sistema de explotación e a climatoloxía inflúen no crecemento dos animais e na evolución dos pesos e ganancias medias diarias. En condicións ambientais favorables acádanse valores de peso equiparables entre os cordeiros alimentados a pasto e os alimentados con concentrado.

55

- Sensorialmente, a carne cociñada dos cordeiros de Ovella Galega é zumarenta e tenra, e a súa textura mellora co tempo de maduración na canal. A aceptabilidade xeral é boa para todos os casos analizados. Cómpre salientar a baixa presenza de olor e sabor a rancio e a bravío nesta carne.

- Os rendementos da canal (52 %) son bos e similares para os cordeiros en extensivo e en semiextensivo, sempre e cando sexa un ano con abundancia de pasto. - As porcentaxes en pezas de primeira e segunda categorías son superiores nos cordeiros de extensivo, mentres que os cordeiros en semiextensivo presentan unha maior proporción en pezas de terceira categoría. - Esta raza presenta carnes magras en xeral e son os cordeiros de pasto os que menos graxa intramuscular teñen. A textura é tenra, diminuíndo a dureza se a carne madura en refrixeración de dous a cinco días na canal. - A proporción de ácidos graxos insaturados nesta raza é alta. Segundo o tipo de alimentación, destaca unha maior proporción de ácidos graxos monoinsaturados na graxa dos cordeiros alimentados con concentrado, mentres que nos cordeiros alimentados a pasto a graxa presenta un maior contido en ácidos graxos poliinsaturados e en omega 3, e unha relación significativamente menor de omega 6/omega 3.

A CARNE COCIÑADA DOS CORDEIROS DE OVELLA GALEGA É ZUMARENTA E TENRA, E A SÚA TEXTURA MELLORA CO TEMPO DE MADURACIÓN DA CANAL

Nota: para consultar os resultados completos deste estudo, contactar con Asovega (asovega@asovega.es; telf. 988 205 486).

Cabe salientar que a intensidade de olor e sabor a rancio foi apenas perceptible polos catadores, outorgando a estes descritores puntuacións moi baixas. Nos catro casos, a aceptabilidade xeral da carne foi boa.

Autóctonas Galegas Número 8


56

CAN DE PALLEIRO

CAN DE PALLEIRO, O CAN DE GRANXA POR ANTONOMASIA EN GALICIA

Antepasado dos cans de campesiño de Centroeuropa, o Can de Palleiro é unha raza autóctona, cuxo estándar racial foi obtido en 2001 (DOG, núm. 91 do 11 de maio). Un dos seus principais trazos de raza (ou zootécnica) é a súa función polivalente, pois é un can pastor e tamén de garda. BREVE RESUMO HISTÓRICO

Orixe da raza Can de tronco indoeuropeo, o seu agriotipo foi o principal antepasado dos cans de campesiño de Centroeuropa, acompañando os pobos precélticos atlánticos, centroeuropeos e nórdicos nas sucesivas ondas de invasións (celtas, suevos, visigodos e normandos) que poboaron a vertente atlántica noroccidental da Península Ibérica; comparte unha orixe común cos pastores belgas, holandeses, de Picardía, Castro Laboreiro, alemáns etc. e foron mesturados frecuentemente con estes últimos. É o can de granxa por antonomasia que existiu dende sempre en Galicia e recibe o nome de Can de Palleiro en alusión ao palleiro onde adoita durmir. Área de orixe e dispersión Comprende toda a zona atlántica noroccidental da Península Ibérica. Atópase en Autóctonas Galegas Número 8

toda Galicia, ao longo do agro galego. Hai animais por terras de Lalín, Dozón, Rodeiro e Agolada (Pontevedra); nos concellos ourensáns de Allariz, Celanova, Xinzo de Limia, A Merca e O Irixo; en terras dos Ancares e interior da provincia de Lugo, e en distintas zonas da provincia da Coruña.

PROTOTIPO RACIAL

Características xerais Este animal é de tronco indoeuropeo, rústico e robusto, de tipo lupoide, de perfil recto, eumétrico, de tamaño medio, duns 60-62 cm á cruz; mesodolicoformo, de proporcións harmónicas e de constitución forte, con ósos bastante anchos, característica da súa rusticidade. As femias son algo máis baixas, de aspecto máis lixeiro e de proporcións máis lonxilíneas. Malia presentar unha osamenta forte, non dá unha sensación de pesadez ou de animal linfático, xa que os seus movementos son rápidos e de boa musculación.

Can pastor e de garda, é polivalente, pois tanto vai coas vacas arreándoas e gardándoas como tamén coida da casa. Gardián de proverbial intelixencia, presenta un carácter forte e reservado cos estraños e, ademais, é valente e trabador, características que o fan un gran colaborador na condución e garda do gando. Con gran fidelidade para co seu amo, coa xente da casa tórnase doce e tranquilo. É necesario destacar a estabilidade psíquica e equilibrada deste animal, propia dun can pastor, polo que este trazo se debe coidar en extremo fomentando a selección de exemplares equilibrados e suficientemente socializados. Características rexionais A cabeza é forte, cunha lonxitude aproximada de 4/10 a alzada á cruz, en forma dunha pirámide horizontal, con óso denso, proporcionada coa conformación do animal. O cranio é plano e longo, con arcos superciliares suave-


CAN DE PALLEIRO

mente marcados e concas orbitarias pouco apreciables. A depresión frontonasal non é moi evidente. O nariz e o fociño son medianos e angostos, proporcionais coas dimensións da testa. Os beizos son normais e apertados (sen que o superior supere a base das enxivas inferiores), non teñen tendencia a ser colgantes. As mandíbulas son fortes, con arcada dentaria completa e ortognatos, coa trabada en tesoira. Os ollos son de mediano tamaño e de expresión vivaz, de cor variable, desde castaña escura nas capas negras ata a cor do mel ou amarela; nalgúns exemplares, a pigmentación das pálpebras é negra. As orellas son de inserción alta, grandes e erguidas, cunha implantación un pouco aberta. Presenta un pescozo musculoso e proporcionado coa cabeza e co tronco. Debe formar un ángulo coa horizontal de 45°; a elevación é máis evidente cando o can está en acción. A pel non forma papada. O corpo no seu conxunto é mediano, aínda que lixeiramente alongado. A cruz é forte para a inserción co pescozo; a liña dorsolumbar debe ser lixeiramente descendente, sen enselarse, con lombo curto, ancho e forte, e a cruz dos cadrís é redondeada. O peito é longo e profundo, o seu perímetro supera en ¼ a súa alzada á cruz, con fortes costelas que non son aplanadas nin pronunciadas. O abdome é curto e lixeiramente ascendente aos pregamentos do ventre. O rabo é groso e de nacemento alto e presenta abundante e denso pelo; en movemento elévao pero non o leva enroscado na cruz dos cadrís. En canto ás extremidades, son rectas e ben verticais, presentando unha forte estrutura ósea. As extremidades anteriores son fortes, secas, paralelas e ben verticais. A escápula forma un ángulo de 45° coa horizontal, uníndose co brazo en ángulo recto (articulación escápulo-umeral). O brazo é forte e musculoso. Os cóbados non deben estar moi separados nin apertados ao peito, con liberdade de movementos. Os antebrazos son rectos e diminúen o seu grosor de forma gradual ata as cuartillas ou metacarpos. Os carpos son de bo desenvolvemento e fortaleza, e os metacarpos están ben proporcionados, con bo desenvolvemento

óseo. Os pés son ovalados, aínda que con certa tendencia a ser redondeados, con dedos grosos e curtos, ben pechados, con almofadas plantares moi duras e unllas curtas e fortes, de cor escura, ou tamén brancas nas capas claras. As extremidades posteriores son fortes, paralelas, perfectamente verticais posteriormente e con angulacións evidentes. Teñen o pernil longo, musculoso e flexible, o xeonllo e as pernas fortes e os xarretes fortes e paralelos; os metatarsos, sólidos, robustos e paralelos; os pés ovalados, con tendencia a redondearse, con dedos grosos e curtos, ben pechados, con almofadas plantares moi duras e unllas curtas e fortes, de cor escura, ou branca, nos animais de capa clara. A presenza de esporón e sexta unlla son relativamente frecuentes, aínda que non é desexable. Os movementos destes cans son áxiles e fortes. O movemento habitual é o paso, trocando ao trote e/ou galope sen esforzo se o traballo o require. A pel tende a ser grosa, sen flaccidez, adherida ao corpo e á testa. A cor da capa é normalmente uniforme e presenta unha gran variedade, que pode ir dende areas, canelas, castaños ou leonados ata negros; en ocasións poden presentarse exemplares coa capa binaria alobada (pelos de cor amarela e negra nas puntas), coa mestura íntima de pelos amarelos e escuros, amareleando no pescozo, gorxa, peito e extremidades, como sucede nos casos de exemplares desta capa (can lobo). Non son aceptables os individuos brancos marxados nin aqueles con grandes particularidades brancas.

57

do animal, que pode ser total, parcial ou rexional, dependendo do grao en que se vexa menoscabada a aptitude esencial do animal: t Coxeiras en extremidades t Ablacións ou mutilacións en orellas e rabo t Ausencia de pezas dentarias por extraccións t Traumatismos nos ollos con perda de visión Por outra parte, calquera desviación dos criterios mencionados considéranse faltas, e son descualificables aquelas características que en absoluto se axustan aos criterios mencionados no estándar racial e son excluíntes por si mesmas: t Anomalías psíquicas t Defectos anatómicos ou de tipo, ligados a xenes indesexables t Inestabilidades ou desequilibrios de carácter t A timidez ou agresividade extrema sen provocación t Epilepsia t Monorquidia e criptorquidia t Displasia de cadeira t Atrofia progresiva da retina t Peches incorrectos das arcadas dentarias: enognatismos e prognatismos t Ausencia de máis de dous premolares t Albinismos t Os exemplares brancos marxados t As capas brancas ou con grandes particularidades brancas t Iris de cor azul

O seu pelo é espeso, tupido e denso, máis no inverno, por ser un animal que adoita vivir ao pé da casa, sempre fóra, co gando ou no palleiro. En canto ao tamaño de alzada á cruz, os machos adoitan medir entre 59 e 65 cm, mentres que as femias miden entre 57 e 63 cm; en canto ao peso, o dos machos oscila entre os 30 e 38 kg, e o das femias entre 25 e 33 kg. Orixinan a diminución máis ou menos acusada dalgunha función determinada Autóctonas Galegas Número 8


GALIÑA DE MOS

58

OS PRODUTOS DA RAZA GALIÑA DE MOS CONSOLÍDANSE COMO UNHA PRODUCIÓN AVÍCOLA DE CALIDADE DIFERENCIADA Na actualidade, os consumidores, cada vez máis concienciados polos produtos de calidade, demandan un tipo de producións avícolas ligadas a unha crianza e alimentación naturais, posición na que a Galiña de Mos pode xogar un papel fundamental, xa que polas súas particulares condicións xenéticas ofrece unhas producións dunha calidade dificilmente superable polas estirpes industriais.

DIEGO ROIS LOSADA

Veterinario da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga Director técnico da Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos-Avimós A raza Galiña de Mos é hoxe en día a raza autóctona de galiñas españolas cun maior censo, segundo os datos do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Despois de superar os tempos nos que estivo ao bordo da extinción, o programa de recuperación instaurado na última década, tras a publicación da normativa que lle daba oficialidade ao patrón da raza creándose o Libro de Rexistro (DOG 11/05/2001), deu os seus froitos e desde hai uns anos Autóctonas Galegas Número 8

existen uns censos suficientes para afrontar unha comercialización dos seus produtos. Parece que para que unha raza se asente definitivamente, as súas producións deben alcanzar un rendemento económico aceptable e a contrastación dunha calidade diferenciada. Nun mercado tan competitivo como o actual débenselle ofrecer ao consumidor datos fidedignos e o suficientemente contras-

tados cando nos atopemos ante unha produción diferenciada. Segundo os estudos feitos, pódense considerar como condicionantes da calidade dos produtos das carnes de razas de galiñas a idade das aves, o sexo, o alimento que reciben, o ambiente no que se crían e a raza. Tendo en conta estes aspectos, nos últimos anos véñense facendo varios


GALIÑA DE MOS

estudos de investigación coa Galiña de Mos para caracterizar todas as súas producións. Así, as aves analizadas son criadas no mesmo ambiente, co mesmo manexo e alimentación controlados, seguindo parámetros da avicultura artesá de Galicia, igual que para os ovos. Compáranse coas estirpes industriais máis empregadas na avicultura campeira. Realizados pola Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga, o Centro Tecnolóxico da Carne e o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, estes estudos pretenden observar a influencia do xenotipo nas calidades dos produtos da Galiña de Mos. En todas as investigacións concluídas obsérvase como nas estirpes industriais a produción é maior tanto en tamaño da ave coma en número de ovos, pero non así na rendibilidade, tendo en conta o consumo e o aproveitamento cárnico. Ademais, na Galiña de Mos advírtense unhas calidades totalmente diferentes fronte aos outros xenotipos, co que o factor raza é definitivo. Expoñemos a continuación as características básicas detectadas nos produtos analizados. Nun futuro próximo, segundo se vaian rematando os diferentes estudos, faremos unha ampla compilación dos resultados obtidos coas carnes e os ovos da raza.

59

REALIZADOS POLA FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA, O CENTRO TECNOLÓXICO DA CARNE E O CENTRO DE RECURSOS ZOOXENÉTICOS DE GALICIA, ESTES ESTUDOS PRETENDEN OBSERVAR A INFLUENCIA DO XENOTIPO NAS CALIDADES DOS PRODUTOS DA GALIÑA DE MOS

Hai anos houbo discusións sobre a conveniencia ou non da castración das polas para a obtención de pulardas, aínda que actualmente as lexislacións non obrigan a esta práctica. O motivo da realización da ablación dos ovarios nas polas era tratar de provocar un cebo das aves máis prolongado en razas moi lixeiras, sen que chegaran á postura de ovos, permitindo así a consecución dun peso máis axeitado. En razas máis cárnicas non é necesaria esta práctica. Actualmente, a castración das femias está en desuso debido a que se observou que non achega mellora en gran parte das características organolépticas e se lle crea á ave un sufrimento innecesario, xa que é un procedemento cirúrxico doloroso e debemos preocuparnos polo benestar animal.

PULARDA E CAPÓN MOS Outro dos produtos da Raza Mos que poden ter un gran futuro son as pulardas. Segundo o dicionario da Real Academia Española, pularda é unha gallina de cinco o seis meses, que todavía no ha puesto huevos, especialmente cebada para su consumo. É unha adaptación da palabra francesa poularde. En tempos pasados, en Galicia tamén eran denominadas “polardas”. En determinadas zonas europeas considérana como a carne de ave máis fina que existe.

O estudo de investigación mostrou que existe unha gran diferenza con respecto ao polo común, ao tratarse, no caso da pularda de Raza Mos, dunha carne fina e cun sabor máis intenso, isto é, dunha exquisitez culinaria. A pel mostra unha cor amarela uniforme e é moi fina, con pouca graxa subcutánea. Son carnes moi nutritivas, zumarentas, tenras, pouco fibrosas, cunha cor moderadamente vermella e unha intensidade de olor leve; tamén son menos duras cás de aves de maior idade, con pouco

GALO MOS Nos galos Mos apreciouse, principalmente, un elevado rendemento das partes nobres (zancos, contrazancos, peitugas e ás), xa que son aves que fan moito exercicio; unha proporción de carne consumible moi superior á dos galos industriais, xa que a súa pel e o seu óso pesan menos; baixo nivel de graxa, sendo ademais de alta calidade e moi saudable debido á alta proporción de ácidos graxos poliinsaturados, omega 6 e omega 3; unha pel moi fina e case transparente, xa que por debaixo case non hai graxa; alta cantidade de proteína e mioglobina, que lle dá unha coloración escura, tendo unha gran cantidade de ferro; carnes luminosas, tenras e moi apreciadas polos consumidores, que, grazas ás súas características, soportan moi ben a conxelación durante meses, e, finalmente, un perceptible sabor intenso e diferente.

Autóctonas Galegas Número 8


GALIÑA DE MOS

60

NUN FUTURO PRÓXIMO, SEGUNDO SE VAIAN REMATANDO OS DIFERENTES ESTUDOS, FAREMOS UNHA AMPLA COMPILACIÓN DOS RESULTADOS OBTIDOS COAS CARNES E COS OVOS DA RAZA

coláxeno. As pulardas de Raza Mos teñen un elevado rendemento das partes nobres –as de maior valor comercial–, en especial as peitugas e os zancos, xa que fan moito exercicio. Ao ser criadas sen métodos industriais teñen pouca graxa, que é, ademais, de alta calidade e moi saudable, cunha alta proporción de ácidos graxos poliinsaturados, de omega 6 e de omega 3. Soporta moi ben a conxelación durante meses. Ao ser baixa en graxa, é apta para diferentes tipos de cociñado. No caso do capón si que é obrigatoria a castración. O capón é un polo que se castra e se cría normalmente durante varios meses. Os capóns Mos prodúcense en cantidades limitadas e poden atoparse fundamentalmente en épocas sinaladas, coma o Nadal. Críanse fóra de métodos industriais e non se someten a procesos que lles provoquen sufrimentos innecesarios, coma o corte da crista que se lles fai aos de razas de tipo industrial. Os da Raza Mos, como capóns de raza autóctona, fronte aos de tipo industrial, son de crecemento lento, do grupo de aves consideradas en Europa de maior calidade. Son máis pequenos que os feitos a partir de estirpes industriais, que están seleccionados para acadar altos pesos en pouco tempo. Teñen mellores rendementos das partes nobres (zancos, contrazancos, peitugas e ás), é dicir, das partes de maior valor comercial. Teñen menos graxa abdominal fronte aos de razas industriais que, neste caso, engraxan moito. Teñen un maior rendemento Autóctonas Galegas Número 8

cárnico, xa que a Raza Mos posúe moita menos porcentaxe de pel e de graxa subcutánea (case menos da metade) e máis carne, polo que dispón dunha maior cantidade de carne consumible. A carne é moi nutritiva, con menos graxa, máis proteína e menos coláxeno, o que, unido a que ten menores perdas de auga no cociñado, fai unha carne máis tenra e máis zumarenta. Pese a que os capóns contan con máis graxa que outras aves, no caso dos da raza autóctona estes niveis son baixos, pois infíltranse na zona intramuscular. Esa graxa dá unhas carnes de alta calidade e máis saudables que as industriais debido á baixa proporción en ácidos graxos saturados e á alta proporción en ácidos graxos mono e poliinsaturados, omega 3 e omega 6.

GALIÑA E OVOS MOS Este estudo está en vigor e nel estanse a analizar as características dos ovos producidos pola Galiña de Mos fronte aos de poñedoras industriais. Posteriormente valoraranse as carnes dos dous tipos de galiñas. Os resultados provisionais xa están a poñer de manifesto que existen diferenzas significativas entre as características dos ovos das estirpes industriais e os da Galiña de Mos. Cando se obteñan resultados concluíntes serán divulgados.


MANEXO

61

UNHA MATERIA PENDENTE DOS GANDEIROS: A OBSERVACIÓN DOS ANIMAIS E A SÚA APLICACIÓN AO MANEXO

Os códigos de comunicación dos animais nas explotacións están sendo obxecto de investigación por parte de estudosos que consideran estes signos como unha boa opción para poder detectar posibles deficiencias que dificulten o benestar do gando na granxa. O mellor xeito de interpretalos é a través da súa observación. CANTALAPIEDRA J.1, BLANCO PENEDO, I.2 E FERNÁNDEZ, E.3

1 Servizo de Gandería de Lugo, Consellería do Medio Rural e do Mar, Xunta de Galicia 2 IRTA, Girona 3

Escola Politécnica de Enxeñería Agrícola de Lugo

Dende hai uns anos puxéronse de moda, especialmente nas explotacións de vacún e porcino, métodos de traballo baseados na linguaxe dos animais ao considerar necesario que os gandeiros e os técnicos aprendan estes sistemas para mellorar o manexo das explotacións e, polo tanto, a súa rendibilidade. Hulsen (2007) asegura que os animais teñen códigos de comunicación mediante sinais que indican o seu grao de saúde, nutrición e confort a través do seu comportamento e da súa condición física, independentemente de que complementemos estes datos con aná-

lises laboratoriais para un diagnóstico máis fiable. O mesmo autor expón as tres preguntas básicas que se han de formular ao observar un rabaño ou animal: t Que estou a ver? unha descrición obxectiva t Por que se produce? identificando a causa t Que significa? É un feito illado dun animal ou é un feito xeneralizado nun grupo de animais. Deste xeito, a observación permítenos identificar, valorar, avaliar e corroborar o comportamento dos animais basea-

do na súa linguaxe corporal. A observación defínese como a adquisición activa de información a partir dos sentidos co fin de filtrala a través do proceso de pensamento (Wikipedia, 2014). A primeira norma básica das observacións é traballar cunha metodoloxía ordenada, sinxela e clara, que se poida converter nunha rutina de traballo diario e que sexa o suficientemente flexible para adaptala ás particularidades do rabaño, da especie e das instalacións das que se dispoña. A segunda norma básica é determinar cal é o comportamento normal dun Autóctonas Galegas Número 8


62

animal en función do contexto ou ambiente no que se atopa. Un dos erros máis correntes é non ter claro o que é normal ou anormal e, por conseguinte, non permitir utilizar o método comparativo en dúas situacións diferentes ao non saber que se debe buscar e onde. A terceira norma é traballar con todos os sentidos, principalmente coa vista, co oído e co olfacto. A cuarta norma é avaliar os rabaños en conxunto, os posibles grupos do rabaño (por idade, produción etc.), os animais de forma individual e os animais nos que poidan aparecer os problemas máis comúns, aos que algúns autores denominan “animais sentinela”. A quinta norma sería traballar nos catro apartados que nos indican o confort destes animais: alimentación, comportamento, saúde e ambiente, de xeito similar ao sistema Welfare Quality.

UN CASO PRÁCTICO: A OBSERVACIÓN DO GANDO VACÚN EN CONDICIÓNS EXTENSIVAS

Aínda que a inmensa maioría dos gandeiros e consumidores asocia o manexo en extensivo cunhas condicións idóneas con respecto do benestar animal, esta premisa non ocorre sempre, xa que poden aparecer carencias alimenticias por déficit de concentrados, tensión ambiental por climatoloxía

Autóctonas Galegas Número 8

MANEXO

adversa, problemas de saúde por parasitose… Por iso, en condicións extensivas, o período de partos, a monta e a xestación considéranse os puntos nos que hai que traballar neste tipo de produción. Os gandeiros deben coñecer os lugares onde pastan os animais xa que, ao estar afectados por múltiples factores (clima, tamaño, tipo e variedade de plantas etc.), a calidade dos nutrientes pode ser moi variable. Na observación do gando en praderías (Hulsen, 2007) sería de grande utilidade avaliar: t A homoxeneidade do lote. En tamaño, condición corporal, desenvolvemento de xatos/as e xovencos/as, locomoción, xerarquías etc. t A condición corporal e as características do ubre. Informan da inxestión de alimentos e da posible aparición de mamite. Unha porcentaxe maior ou menor do 10 % do lote na obesidade ou delgadez indicaría problemas de nutrición. t A conduta en pastoreo. Orienta sobre a elección de lugares onde os animais pastan e da actividade con respecto á bebida, comida e socialización. t O aspecto xeral. Buscando posibles alteracións e movementos nos ollos, brillo e cor do pelo, cor das mucosas, aparición de feridas, lesións e coxeiras e volume abdominal e do rume.

ANIMAIS SANS FRONTE ANIMAIS ENFERMOS. COMO IDENTIFICAR ESTA SITUACIÓN?

En xeral, os animais sans son curiosos e teñen a suficiente vitalidade e vivacidade, o que lles permite responder de forma adecuada a calquera estímulo do seu espazo. O seu comportamento alimentario, excretor e ruminatorio é óptimo e presenta un aspecto xeral desenvolvido na súa morfoloxía e nos seus ubres. Tanto se se atopan de pé coma en movemento, non mostran signos de incomodidade e os faneros presentan unha cor e un aspecto brillantes. En contraposición, un signo claro de que algo non está a funcionar correctamente no gando vacún (Hulsen, 2007) localízase na cabeza, coas alteracións da tensión muscular das orellas e a diminución de vivacidade dos ollos, acompañados de lentitude, feces anormais en consistencia e/ou cor, diminución de inxestión de alimentos e da socialización, pelo sen brillo e, en xeral, calquera comportamento anómalo, coma a apatía, ou posturas que indiquen dor ou lesións, como as pernas separadas, o lombo arqueado, a separación da cola etc. A OBSERVACIÓN PERMÍTENOS IDENTIFICAR, VALORAR, AVALIAR E CORROBORAR O COMPORTAMENTO DOS ANIMAIS BASEADO NA SÚA LINGUAXE CORPORAL


MANEXO

COMPORTAMENTO DA VACA ENFERMA

O gando bovino de carne baixo un sistema extensivo de explotación presenta probablemente a maioría dos comportamentos normais ao poder dispor de espazo e compañía doutros animais da súa mesma especie, algo que non adoita ocorrer nas vacas de alta produción láctea, ao estar sometidas a unha continua tensión que lles impide manifestar unha conduta normal, a menos que a vaca teña acceso ao pasto e forme parte dun grupo social estable. Aínda así, pódense presentar actitudes anómalas como a apatía e a diminución da mobilidade, favorecidas, ás veces, por chans inadecuados ou incómodos que dificultan os movementos para deitarse, levantarse ou desprazarse. Outras condutas anormais son os aumentos no número de miccións e defecacións, a diminución do tempo de descanso etc. (Granding e Deesing, 1998; Quella, 2005). En canto ao comportamento sexual, tanto o exceso de uso coma a infrautilización dos machos pode chegar a provocar unha diminución do impulso

sexual, unha das principais causas de infertilidade (Bouissou et al., 2001). En femias observouse unha maior incidencia de celos silentes entre aqueles animais que ocupan as últimas posicións da escala social. Nos xatos que se separan das súas nais e se manteñen amoreados en lotes, é frecuente observar lambidos entre outros animais ou a obxectos, así como autolambidos, que poden chegar a xerar auténticos charcos de saliva. Cando medran, exhiben unha conduta de monta excesiva, o que provoca lesións e atraso do crecemento.

HULSEN ASEGURA QUE OS ANIMAIS TEÑEN CÓDIGOS DE COMUNICACIÓN MEDIANTE SINAIS QUE INDICAN O SEU GRAO DE SAÚDE, NUTRICIÓN E CONFORT A TRAVÉS DO SEU COMPORTAMENTO E DA SÚA CONDICIÓN FÍSICA

63

BIBLIOGRAFÍA

_Bouissou et al., 2001. Bouissou, M.; Boissy, A.; Le Neindre, P.; Veissier, I. (2001). The social behaviour of Cattle. En: L.K. Keeling y H.W. Gonyou. Social Behaviour in Farm Animals. CAB International Publishing, Wallingford. Oxon. pp.: 113-145 _Calleja, A. (2005). ¿Qué es el Cow Comfort? Bovis, 123: 5-17 _Fraser, A.; Broom, D. 1997. Farm Animal Behaviour and Welfare. CAB International. Wallingford. Oxon. _Grandin, T; Deesing, M. 1998. Behavioral genetics and animal science. En: Grandin, T. (comp.) Genetics and the Behavior of Domestic Animals. Academic Press, San Diego, California, pp.130 _Hulsen , J. 2007. www.cowsignals.com _Phillips, C. (2002). Cattle Behaviour and Welfare. Blackwell Publishing. Oxford _Wikipedia.org (2014)

Autóctonas Galegas Número 8


xa estamos aquí

GOBIERNO DE ESPAÑA

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE

FEADER Europa inviste no rural


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.