UTÓCTONAS número
0
A REVISTA DAS RAZAS AUTÓCTONAS GANDEIRAS GALEGAS
PORTADA.indd 1
OUTONO 2007
8/11/07 19:06:25
SUMARIO ESPECIAL EXPOLUGO Ampla presenza das razas autóctonas Primeira mostra monográfica da Galiña de Mos Concurso de debuxo
4 6
9
NOVAS 12
Toma de mostras de ADN en femias
13
Primeiras doses de seme de ovella galega
14
Maratón de fotos antigas de gandería
15
Federapes e o MAPA asinan un convenio de colaboración
EDITORIAL Edita: FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA Fontefiz. 32152. Coles (Ourense). Teléfono: 988.20.54.86 Fax: 988.20.54.89 Email: boaga@boaga.com Web: www.boaga.com Presidente: José Manuel González Lamelas Vicepresidente: José Blanco Blanco Secretaria-tesoureira: María Josefa Fernández Padín Vogais: Pablo Pérez Barroso, Manuel Devesa Fernández, Lisardo López Blanco, Francisco José Monasterio Solveira
ESTIMADO LECTOR: En primeiro lugar, graciñas por ler estas liñas, que son o punto de partida doutra iniciativa das ASOCIACIÓNS DE CRIADORES DAS RAZAS CACHENA, CALDELÁ, FRIEIRESA, GALIÑA DE MOS, LIMIÁ, OVELLA GALEGA e VIANESA, integradas en BOAGA-Federación de Razas Autóctonas de Galicia, que así quere manter informados a todos os seus criadores, promocionar as nosas razas, e fidelizar os que as queren como propias. A aposta por este medio de comunicación parte da Xunta Directiva de BOAGA en colaboración coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Esta revista será unha ferramenta máis para dar a coñecer as nosas razas, tamén cunha vertente de formación para os nosos criadores na dura tarefa de cría e mantemento dos nosos animais.
ESTAMOS ONLINE Produce: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa Pazo de Feiras e Congresos, s/n 27004. Lugo. Teléfonos: 982.22.12.78/ 636.95.28.93, 610.21.53.66 Email: transmedia@ctransmedia. com Web: www.transmedia.es Director editorial: Manuel Darriba Director comercial: José Manuel Gegúndez Deseño e maquetación: Rodrigo Díaz Imprime: El Progreso Artes Gráficas, S.L. Tirada: 1000 exemplares Depósito legal:
Os medios persoais non son moitos para esta tarefa periodística, pero a ilusión por ter este novo medio de comunicación é grande, e confiamos que co paso dos números a revista sexa mellor e máis esperada por todos vós. Partimos con este número 0, coa intención de estar con vós cada tres meses, para que teñades información detallada de actividades desenvolvidas polas asociacións a prol dos criadores e das razas. Toda axuda e suxerencias para mellorar esta revista de AUTÓCTONAS GALEGAS serán moi ben acollidas. Esperamos contar con reportaxes e entrevistas cos criadores, os novos e os máis veteranos, pero incidindo nestes últimos para que nos deixen a súa memoria de coidadores da gandería e da natureza, xa que, como di un bo coñecedor do campo de agora e de antes: “El agricultor y ganadero sigue siendo antropocéntrico, maneja el ecosistema, pero lo hace de forma perdurable en el tiempo, obteniendo “los intereses” de la naturaleza sin comerse “el capital”, conservándolo. Lo que llaman desarrollo sostenible”. Esta publicación de AUTÓCTONAS GALEGAS tamén estará dispoñible nas nosas páxinas web, en formato pdf para podela descargar.
www.boaga.com
Desexamos que este número cero sexa do voso agrado e convidámosvos no 2008 para o seguinte número de AUTÓCTONAS GALEGAS. Una aperta
Razas Autóctonas Número 0
EDITORIAL.indd 3
08/11/2007 18:53:48
ESPECIAL EXPOLUGO
AS RAZAS AUTÓCTONAS, REPRESENTADAS Desde o pasado ano véñense recuperando en Lugo as tradicionais feiras de gando que se celebraban en tempos remotos con motivo das festas do San Froilán. Este ano, englobada
dentro da mostra Expolugo, tivo lugar a segunda Mostra Agrogandeira, na que as razas autóctonas, como non podía ser menos, xogaron un papel importante.
C
elebrada do 4 ao 7 de outubro no Pazo de Congresos e Exposicións de Lugo, coa organización da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e da Delegación de Lugo da Consellería do Medio Rural, a Mostra Agrogandeira contou con 107 exemplares de gando maior, aos que se lles sumaron os máis de 200 galos, galiñas e poliños da exposición da galiña de Mos. Entre as vacas destacaron pola súa calidade os dez exemplares das cinco razas autóctonas,Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa , formados en lotes dunha vaca coa súa cría. Os animais son propiedade do Centro de Recursos Zooxenéticos da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, organismo que está a colaborar coas asociacións de criadores na divulgación das razas autóctonas galegas. Tamén se presentou unha excelente parella da raza Ovella Galega.
Razas Autóctonas Número 0
expolugio.indd 4
08/11/2007 18:22:16
S
especial expolugo
NA II MOSTRA GANDEIRA DE EXPOLUGO Repartíronse máis de 4.000 folletos informativos
O stand das razas autóctonas en Expolugo contou con paneis informativos das cinco razas bovinas, da ovella galega, da galiña de Mos e do Pazo de Fontefiz. Repartíronse máis de catro mil folletos informativos sobre as razas autóctonas e sobre as actividades do Centro de Recursos Zooxenéticos.
Razas Autóctonas Número 0
expolugio.indd 5
08/11/2007 18:23:52
ESPECIAL EXPOLUGO
O PRIMEIRO CONCURSO-EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS REUNIU 135 EXEMPLARES Máis de 24.000 persoas visitaron a mostra Participaron 32 criadores galegos
D
esde tempos antigos destácase a importancia que teñen os concursos de gando como canles de exhibición dos produtos e razas de Galicia. Na súa edición do 6 de outubro de 1908, o xornal lugués El Progreso sinala que “...allí donde la inercia, la despreocupación y la rutina cimentaron sólida barrera, los concursos abren nuevos horizontes de progreso y ponen el jalón más avanzado del adelanto productivo, por esto son dignos de la mayor alabanza todos los propósitos que tienden al desarrollo y estímulo de las actividades de un país, adormecidas en el insondable abismo de los tiempos de nuestra ignorancia agrícola”. En relación aos concursos de gando das festas de San Froilán, El Progreso facía a seguinte reflexión: “La celebración de concursos y exposiciones de ganado es uno de los medios que más puede influir en el fomento de la producción pecuaria. Los premios que se otorgan y la fama que adquieren los sujetos premiados sirven de estímulo entre los ganaderos, quienes, ansiosos de gloria, procuran dispensar ma-
yores atenciones a sus ganados, mejorando por consecuencia las razas”. A principios do século XX, aínda os concursos de aves non estaban moi extendidos, pero a partir da década dos 40 os concursos de avicultura, en especial de galiñas, desenvolvéronse polas razóns antes expostas e ante a concienciación por parte dos criadores da importancia que tiña a ave selecta.
A Galiña de Mos xa participaba en exposicións avícolas nos anos 40 e 50, como aquelas que se organizaban na Praza de María Pita da Coruña ou en Madrid
A Galiña de Mos xa participaba en exposicións avícolas nos anos 40 e 50, como aquelas que se organizaban na Praza de María Pita da Coruña ou en Madrid. Na actualidade, desde a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos (Avimós), voltamos á organización deste tipo de concursos para que os criadores e o público en xeral poidan louvar a unha das razas e a un dos produtos de máis prestixio da nosa terra. A organización do I Concurso-Exposición da Galiña de Mos, no marco de Expolugo 2007, correu a cargo de Avimós, da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo e da Delegación de Lugo da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia. Os exemplares presentados polos criadores ao concurso foron de gran calidade, o que contribuíu á maior vistosidade da exposición. Participaron no concurso 135 exemplares de 32 criadores de toda Galicia.
Autóctonas galegas Número 0
1.indd 6
08/11/2007 18:28:39
especial expolugo
O presidente de Avimós (no centro), xunto ao conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Fernando Blanco (esquerda) e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro (dereita).
O Vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana (no centro), atende ás explicacións do Presidente de Avimós (dereita), Francisco Monasterio. Á esquerda, o conselleiro de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, Fernando Blanco.
O conselleiro do Medio Rural da Xunta de Galicia, Alfredo Suárez Canal (esquerda) e o delegado en Lugo da Consellería do Medio Rural, Emilio López (centro), na exposición xunto ao presidente de Avimós.
123
PREMIOS
GALOS PROPIEDADE DE:
1º Carlos Durán (Ferrol) 2º Ricardo Allegue (Fene) 3º Francisco Manuel Penabad (Ortigueira)
GALIÑAS PROPIEDADE DE:
1º Edmundo Novoa (Lugo) 2º Luis Fernández (Riotorto) 3º Mario Rico (Ferrol)
Autóctonas galegas Número 0
1.indd 7
08/11/2007 18:29:03
ESPECIAL EXPOLUGO
I CONCURSO - EXPOSICIÓN MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS. PARTICIPANTES NOME
CONCELLO
PROVINCIA
TELÉFONO
ALBERTO VÁZQUEZ CADAHIA
BETANZOS
A CORUÑA
981770132
ÁLVARO LÓPEZ ARIAS
NARÓN
A CORUÑA
981380416
ÁLVARO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
MOS
PONTEVEDRA
690645048
ANSELMO RODRÍGUEZ REGUEIRO
CASTRO DE REI
LUGO
620641704
CARLOS DURÁN VÁZQUEZ
FERROL
A CORUÑA
649536522
CARMEN GRANDAL SANTALLA
FERROL
A CORUÑA
687240665
EDMUNDO NOVOA GONZÁLEZ
LUGO
LUGO
627972585
FCO JAVIER ARRIBAS FANEGO
VILALBA
LUGO
619500244
FIDEL LÓPEZ TEMBRAS
FERROL
A CORUÑA
669287358
FILOMENA VARELA FERRO
OUTEIRO DE REI
LUGO
982393215
FRANCISCO JOSÉ MONASTERIO SOLVEIRA
VILALBA
FRANCISCO MANUEL PENABAD PITA
ORTIGUEIRA
A CORUÑA
609887351
FULGENCIO CASAS LOMBAO
OUTEIRO DE REI
LUGO
629124009
GERMÁN FRAGA CORTES
FERROL
A CORUÑA
664563635
JOSÉ ANTONIO LIÑARES REY
VAL DO DUBRA
A CORUÑA
699444424
JOSÉ LUIS MARTÍNEZ TORRES
AS SOMOZAS
A CORUÑA
699810792
JOSÉ Mª TURNES ALEGRE
A BAÑA
A CORUÑA
981889099
JOSÉ PARDO MILLOR
VILALBA
LUGO
650932562
JUAN CARLOS PUENTE HERMIDA
NARÓN
A CORUÑA
617786008
JUAN FRANCISCO MONTENEGRO ESPINA
VILALBA
LUGO
630157276
JUAN PERNAS PRIETO
XERMADE
LUGO
982501652
LUIS FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
RIOTORTO
LUGO
676437614
LUIS GARNELO PRADA
NEDA
A CORUÑA
699724295
Mª ISABEL REY CASTRO
MURAS
LUGO
982179711
Mª ROCÍO CALVELO PENSADO
VAL DO DUBRA
A CORUÑA
677787320
MANUEL RODRÍGUEZ ALONSO
MOS
PONTEVEDRA
616625883
MARIÑA GRILLE NEGREIRA
VAL DO DUBRA
A CORUÑA
659154643
MARIO RICO ORJALES
FERROL
A CORUÑA
981329293
RAMÓN ABELLA CUENDIA
VALDOVIÑO
A CORUÑA
646661585
RICARDO ALLEGUE RODRÍGUEZ
FENE
A CORUÑA
647988143
ROMÁN OLVEIRA VIDAL
POBRA DO CARAMIÑAL
A CORUÑA
646624776
SERGIO DAVID NOYA ROMERO
VAL DO DUBRA
A CORUÑA
639461286
LUGO
615553545
Autóctonas galegas Número 0
1.indd 8
08/11/2007 18:30:05
ESPECIAL EXPOLUGO
9
Sonia Expósito Goás, de Alfoz (Lugo), foi 1º premio de Ovella Galega na categoría 7-10 anos. Empregou neste traballo lá natural de ovella
54 NENOS MENORES DE 14 ANOS PARTICIPARON NA IV EDICIÓN DO CONCURSO INFANTIL DE DEBUXO DAS AUTÓCTONAS GALEGAS Tendo en conta que un dos piares máis importantes na recuperación e conservación das nosas razas é o traballo que fan os criadores, as asociacións de criadores Cachega (Asociación de criadores da Raza Cachena), Caldega (Asociación de criadores da Raza Caldelá), Frieirega (Asociación de criadores da Raza Frieiresa), Limiaga (Asociación de criadores da Raza Limiá), Vianega (Asociación de criadores da Raza Vianesa), Asovega (Asociación de criadores da Raza
Medio Rural e o Fondo Europeo de Garantía Agraria (Feoga), levan catro anos organizando o concurso de debuxo infantil sobre as razas autóctonas galegas. O marco desta cuarta convocatoria e da posterior entrega de premios foi o certame Expolugo.
Ovella Galega) e Avimós (Asociación de avicultores da Raza Galiña de Mos), coa colaboración da Consellería do Autóctonas galegas Número 0
1.indd 9
08/11/2007 18:30:22
ESPECIAL EXPOLUGO
10
Nerea Salgueiro Hermida, de 6 anos e natural do Carballiño (Ourense), recibe o primeiro premio de Bovino para nenos de entre 3 e 6 anos. Entrégallo o delegado en Lugo da Consellería do Medio Rural, Emilio López Pérez
que participaran coas súas características propias. Cada participante asinou o seu debuxo cun seudónimo para garantir a cofidencialidade. Establecéronse tres categorías por cada especie, Bovina, Ovina e Galiña, con tres tramos de idade: de 3 a 6 anos, de 7 a 10 e de 11 a 14. Outorgáronse premios aos tres primeiros clasificados de cada categoría, consistentes en tarxetas de agasallo de 200, 150 e 100 euros, respectivamente, para consumir en Carrefour. Houbo 54 debuxos presentados e cada concursante recibiu pola súa participación un diploma e unha bolsa de agasallos donada por Carrefour Lugo. Os premiados recibiron os seus galardóns o domingo 7 de outubro no Pazo de Congresos e Exposicións de Lugo. A entrega de premios correu a cargo do delegado en Lugo da Consellería do Medio Rural, Emilio López, o xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, o presidente de Vianega, José Blanco, o vocal de Asovega Francisco Manuel Penabad e o presidente de Avimós, Francisco Monasterio.
Francisco Manuel Penabad, directivo de Asovega, entrégalle ao neno Antón Ferreiro Teijeiro, de Lugo o primeiro premio de ovella galega na categoría 3-6 anos.
O
obxectivo deste concurso de debuxo é que os máis cativos se impliquen coas nosas razas e se sintan orgullosos do traballo dos seus pais, tíos ou avós. A edición deste ano tivo un broche final especial coa exposición dos debuxos participantes e a entrega dos premios na feira
Expolugo. Neste concurso puideron participar todos aqueles nenos que tiñan menos de 14 anos de idade e que foran fillos, sobriños ou netos dos criadores das asociacións das razas que forman a Federación de Autóctonas Galegas. O xurado valorou que os participantes reflectiran no seu debuxo a raza pola
O neno de Lugo Víctor González Porto, de 4 anos, recibe o terceiro premio de Bovino para nenos de 3 a 6 anos de mans de Rubén López, xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo.
Primeiro premio de Bovino na categoría 7-10 anos, Alba Rodríguez de Zugasti, de A Veiga (Ourense)
José Blanco, presidente da Asociación de Criadores da raza Vianesa, entrégalle o seu premio á nena Ariana Martínez Ramos, de Alfoz (Lugo). Ariana quedou segunda en Ovella Galega e en Galiña de Mos na categoría 7-10 anos.
Autóctonas galegas Número 0
1.indd 10
08/11/2007 18:33:24
especial expolugo
11
PALMARÉS RAZA
CATEGORÍA
PREMIADOS
BOVINO
3-6 anos
Nerea Salgueiro Hermida (1º) María Calvo García (2º) Víctor González Porto (3º)
OVELLA GALEGA
3-6 anos
Antón Ferreiro Teijeiro (1º) Nerea Moreira García (2º)
BOVINO
7-10 anos
Alba Rodríguez de Zugasti (1º) Diana Reboredo Vázquez (2º) Coral Pazos López (3º)
OVELLA GALEGA
7-10 anos
Sonia Expósito Goás (1º) Ariana Martínez Ramos (2º) Irene Valledor García (3º)
GALIÑA DE MOS
7-10 anos
Martín Gago Chorén (1º) Ariana Martínez Ramos (2º) Álvaro Blanco González (3º)
BOVINO
11-14 anos
Catarina María González Porto (2º)
OVELLA GALEGA
11-14 anos
Pablo Valledor García (1º) Mar Núñez González (2º)
GALIÑA DE MOS
11-14 anos
Sofía Puente Saavedra (1º) Andrea Rielo Grueira (2º) Alba Prieto Rey (3º)
Primeiro premio de Bovino na categoría 3-6 anos, Nerea Salgueiro Hermida, do Carballiño (Ourense)
Juan Núñez González (1º)
Salvador González Mir (3º)
Primeiro premio de Ovella Galega na categoría 11-14 anos, Pablo Valledor García, de Ames (A Coruña)
Primeiro premio de Galiña de Mos na categoría 7-10 anos, Martín Gago Chorén, de Santiago
Primeiro premio de Ovella Galega na categoría 3-6 anos, Antón Ferreiro Teijeiro, de Lugo
Deste debuxo, o xurado destacou a súa orixinalidade. É de Sofía Puente Saavedra, de Narón (A Coruña) e gañou o primeiro premio de Galiña de Mos para nenos de 11 a 14 anos.
Primeiro premio de Bovino na categoría de 11 a 14 anos, Juan Núñez González, de Rábade (Lugo)
Autóctonas galegas Número 0
1.indd 11
08/11/2007 18:33:52
NOVAS
12
UN NOVO SISTEMA DE TOMA DE MOSTRAS DE ADN A fi nal de ano implantarase a toma de mostras deADN ás femias nacidas nas explotacións de razas autóctonas A finais do ano 2007 procederase á im plantación do sistema de toma de mostras de ADN a todas as femias nacidas nas nosas explotacións, tal e como se aprobou na última asemblea xeral.
Este tubo, de pequeno tamaño, terá que ser enviado á asociación de criadores, xunto coa declaración de nacemento, para o seu procesamento e envío ao laboratorio oficial de análise de mostras (FONTAO).
O sistema, tal e como foi explicado aos criadores nas reunións efectuadas por toda Galicia, consta dun crotal que posúe un tubo para a recollida dunha porción de cartílago da orella do animal.
No momento en que chegue ás vosas mans esta revista xa estará rematada a nova xeira de reunións cos criadores por toda Galicia, para proceder á entrega de crotaleiras e crotais en man. Este sistema vai supoñer un aforro de custos e traballo para os criadores.
www
ESTAMOS ONLINE As asociacións de razas autóctonas estamos presentes en: www.boaga.com www.asovega.com www.avimos.org.
www.asovega.com Falta moito por facer, o labor de ter unha páxina web que estea ao día é complicada, collemos anacos de tempo para poder completala pouco a pouco. Tamén temos un blog dentro da páxinas morenasgalegas@ blogspot.com, que nos fai máis fácil actualizar informacións e contidos. Proximamente teremos correo corporativo para cada un dos criadores das razas bovinas e de ovella galega que así o desexen.
www.boaga.com
www.avimos.org
Autóctonas Galegas Número 0
2.indd 12
08/11/2007 18:35:34
novas
13
Outeiro naceu en marzo do 2003
PRIMEIRAS DOSES SEMINAIS DE OVELLA GALEGA O carneiro Outeiro fai de doante no laboratorio de Fontefiz O pasado 31 de outubro obtivéronse as primeiras doses seminais de carneiros da raza Ovella Galega no Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.
A creación dun banco de xermoplasma era unha tarefa pendente no Programa de Conservación e Recuperación da Ovella Galega. No ano 2006 iniciouse o proxecto para poñer a punto as instalacións do laboratorio do Pazo de Fontefiz para a recollida de doses seminais de carneiros da raza Ovella Galega. Despois dun período de entrenamento dos sementais para exercer como doantes de seme, que durou varias semanas, o día 31 de outubro recolleuse con éxito por primeira vez o esperma dos carneiros. As mostras foron avaliadas, procesadas, envasadas e conxeladas. O primeiro carneiro donante de seme foi Outeiro, nacido o 26 de marzo do 2003 e con código de rexistro xenealóxico 03 AS 032.
Mostras ao microscopio do seme obtido do carneiro Outeiro
Momento da toma de mostras no laboratorio de Fontefiz
Autóctonas Galegas Número 0
2.indd 13
08/11/2007 18:36:01
NOVAS
14
BOAGA INICIA UNHA MARATÓN DE FOTOS ANTIGAS DE GANDERÍA Poderán enviarse por correo electrónico ou ordinario Seguramente moitos criadores de razas autóctonas, ou ben veciños e amigos deles, teñen na casa fotos antigas que reflicten al gunhas das nosas razas ou ben algo relacionado coa gandería do país. Boaga, en colaboración coas asociacions federadas, quere recuperar esas fotos antigas con vistas á súa divulgación. Os propietarios poden envialas escaneadas por correo electrónico ao enderezo boaga@boaga.com. O tema do correo debe ser: Fotos antigas razas autóctonas. As fotos tamén poden enviarse en papel por correo ordinario ás oficinas de Boaga. Alí serán dixitalizadas e posteriormente devoltas aos seus propietarios.
Os datos que deben figurar para que as fotos poidan publicarse en páxinas web, noutras publicacións ou en exposicións son os seguintes: 1. Nome do autor. 2. Lugar e data da foto. 3. Texto que describa a foto.
CONDICIÓNS DE USO
Como preámbulo a esta maratón de fotos, o pasado 12 de agosto a comunidade de veciños de Santigoso (A Mezquita, Ourense), coa colaboración do Concello da Mezquita e a Asociación de Criadores da Raza Frieiresa (Frieirega), celebrou o I Concurso de Fotos Antigas da Raza Frieiresa. Mais de 50 fotos presentáronse ao certame, entre elas as que reproducimos nesta páxina. As imaxes pertencen á Asociación de Veciños de Santigoso.
A Maratón de Fotos Antigas da Gandería non é un concurso. O envío da foto implica a autorización a Boaga para a súa publicación. En ningún caso se comercializarán e cederán as fotos por parte de Boaga sen autorización expresa do seu propietario. Non se modificarán nin retocarán as imaxes. Boaga resérvase o dereito a non publicar aquelas que atenten contra a dignidade de persoas e institucións. Boaga tamén se reserva o dereito a cancelar esta sección de fotos en calquera momento, sen que haxa lugar á reclamación de prexuízos por parte dos participantes. Todos aqueles que acheguen fotos deben aceptar estas condicions de uso no momento de enviar as súas imaxes.
1
2
3
1- Doante: Josefa Fernández Del Río. Anos 70 2- Doante: Lita Santigoso. 1964 3- Doante: Francisca Guerra Santigoso. Anos 70
Autóctonas Galegas Número 0
fotos antigas.indd 14
08/11/2007 18:40:50
NOVAS
15
A FEDERACIÓN NACIONAL DE RAZAS AUTÓCTONAS DE PROTECCIÓN ESPECIAL (FEDERAPES) ASINA UN CONVENIO CO MAPA Federapes agrupa na actualidade máis de corenta asociacións de distintas comunidades autónomas A Federación Nacional de Razas Autóctonas de Protección Especial (Federapes) asinou o pasado 11 de setembro un convenio de colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) para impulsar e promocionar a conservación, recuperación e promoción das razas autóctonas en perigo de extinción.
A Federación Nacional de Razas Autóctonas de Protección Especial (Federapes) constituíuse o 18 de maio do 2006 en Madrid co obxectivo de preservar e mellorar todas as razas federadas. Botou a andar con 26 asociacións e na actualidade conta con máis de 40.
Xunta de goberno de Federapes
Federapes está dirixida e gobernada por un consello federal, unha xunta de goberno e unha xunta executiva. Ademais conta cun comité científico de razas cuxo cometido é asesorar no ámbito da produción animal, zootecnia e xenética aplicada na recuperación de razas autóctonas.
Sinatura do convenio de colaboración entre o secretario de Agricultura e Alimentación, Josep Puxeu (esquerda), e o secretario xeral de Federapes, José Ramón Justo
UN CRIADOR DE OVELLA GALEGA E GALIÑA DE MOS ESTREA WEB O gandeiro Luis Fernández Fernández, criador de Ovella Galega e de Galiña de Mos, vén de pór en marcha unha páxina persoal con información das súas razas. O enderezo da páxina é
www.fleire.com. Boaga felicita a Luis Fernández pola súa iniciativa e anima a calquera criador de razas autóctonas a que comunique todas as novidades referidas á súa actividade.
A Federación celebrou o 20 de abril deste ano en Almonte (Huelva) un Consello Federal extraordinario onde se elixiu por unanimidade a primeira xunta de goberno. José Manuel González Lamelas, presidente de CALDEGA, foi elixido presidente de Federapes e Lisardo López Blanco, presidente de ASOVEGA, vocal de razas ovinas.
O OENACH ATLÁNTICO DE NARÓN ACOLLEU UNHA MOSTRA DE RAZAS AUTÓCTONAS A parroquia de Sedes, no concello coruñés de Narón, celebrou o pasado 29 de xullo a festa Oenach Atlántico. O evento incluíu unha mostra agrogandeira na que estiveron presentes dez exemplares de razas bovinas e unha parella de ovella galega enviadas polo Centro de Recursos Zooxenéticos do Pazo de Fontefiz.
Carmen Grandal Santalla, de Serantes (Ferrol); Fidel López Tembrás, de Cobas (Ferrol); Germán Fraga Cortés, de Cobas (Ferrol); José Manuel Fernández Lagoa, de Sedes (Narón) e Ricardo Allegue Rodríguez, de Fene.
Por outra banda, os criadores de galiña de Mos da zona organizaron unha exposición comarcal na que se amosaron 13 lotes de exemplares. Os criadores que espuxeron foron: Álvaro López Arias, do concello de Narón; Luis Garnelo Prada, de Neda; Juan Carlos Puente Hermida, de Pedroso (Narón);
A GALIÑA DE MOS, PRESENTE NA I EXPOSICIÓN DE GALIÑAS AUTÓCTONAS DO CANTÁBRICO
A I Mostra Exposición de Galiña de Razas Autóctonas do Cantábrico celebrouse en Xixón entre os días 28 e 30 de setembro. A raza Galiña de Mos estivo representada por 18 exemplares enviados polos criadores Germán Fraga, Fidel López, Carlos Durán, Ramón Abella e Luis Fernández. O exemplar gañador da categoría da raza foi unha galiña de Germán Fraga Cortés.
Autóctonas Galegas Número 0
fotos antigas.indd 15
08/11/2007 18:41:19
PORTADA.indd 16
08/11/2007 20:15:27