Revista do Craega 22

Page 1

REVISTA do

CRAEGA

Nº 22  >  Primavera 2012

A agricultura ecolóxica de Galicia promociónase nas grandes citas sectoriais:

Biofach, a feira ecolóxica máis importante do mundo > Fórum Gastronómico de Santiago 2012 > XIV Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo > Alimentaria 2012, Salón Internacional da Alimentación e Bebidas


Taboleiro de anuncios

Sumario 3  |  A agricultura ecolóxica galega, á vista en Biofach 7  |  Participación en Xantar, no Fórum Gastronómico e en Alimentaria

▶  Véndense a 70 euros excelentes

▶  Véndese finca de 10.700 m

▶  Repartimos caixas de verduras

▶  Descontos do 20% nas tarifas de

cabritas para produción cárnica, procedentes dunha explotación de cabras en ecolóxico de Allariz    Xosé: 687 418 518    Bernardo: 609 529 872

ecolóxicas a domicilio en Santiago de Compostela e concellos limítrofes (Vedra, Boqueixón, Teo, Ames e Brión)    Finca de horta en Vedra inscrita no Craega    miguel@tempocompartido.com

▶  Recibimos visitas guiadas de

de produción de froita ecolóxica, con 700 árbores. Venda de froita asegurada. Casa de pedra para restaurar. Lugar privilexiado na ribeira do Miño    670 852 638 / puchadiza@gmail.com 2

aloxamento en Ecoagroturismo Arqueixal para inscritos no Craega Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 030 contacto@arqueixal.com www.arqueixal.com

escolares e grupos na nosa explotación ecolóxica de Rubia Galega    Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo)    650 343 777

▶  Véndense fabas ecolóxicas de

Lourenzá, a granel ou envasadas    Mª Josefa Leitón Ramallal: 648 705 100 / 982 146 006

CRAEGA EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Ernesto Sánchez Salgado DEPÓSITO LEGAL: Pendente IMPRIME: Ulzama Gráficas

Establecementos colaboradores A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, caseta 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Tropical, Finarrei SL Rúa da Paz, 20 32005 Ourense 988 220 688 demetrio@finarrei.com www.finarrei.com

Ecogaliza, SLU Praza de Abastos, nave 7, caseta 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com Fernández Blanco, Juan Carlos Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20 baixo 32004 Ourense 988 245 812 www.carnicasoxures.com

▶  Venda de produtos ecolóxicos:

legumes e hortalizas. Colleita propia    Agricultura Ecolóxica Cristimil    Román Viz Santomé: 625 202 417

Sección gratuíta para os inscritos. Para publicar os anuncios enviar solicitude a craega@craega.es

Onde mercar Horta Verde, CB Rúa Irmáns Maristas, 38 36700 Tui - Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es

La Aldea Biomarket, SL Avenida Finisterre, 25 baixo 15004 A Coruña 626 765 567 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com

Gueimonde y Liste, SC As Cabaciñas Rúa Restollal, 79 baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Ortega Río, Mª Soledad - Menta Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño - Ourense 988 274 123 salchasa@yahoo.es

A Xoaniña, SCG Rúa Venezuela, 78 15404 Ferrol - A Coruña 981 930 868 cooperativaxoaninha@ cooperativaxoaninha.org www.cooperativaxoaninha.org

Fiuncho Tenda Ecolóxica, SLU Rúa José Luis Bugallar Marchesi, 10, local 7 15008 A Coruña 981 912 310 (telf. e fax) contacto@fiuncho.eu www.fiuncho.eu

Horno Integral Pandarán, SL Avenida de Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra info@pandaran.es www.pandaran.com

Consumo Consciente Árbore, SCG Rúa Arquitecto Pérez Bellas, 5 baixo 36203 Vigo - Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org

Rodríguez Pérez, Carlos Gallaecia Carniceros Mercado da Praza de Lugo, posto Q5, 2ª planta 15004 A Coruña 981 100 504 gallaeciacarniceros@gmail.com www.ecocarne.es

López Chamorro, Isabel Horta+Sá Rúa Pérez Ardá, 26 baixo esquerda 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es www.hortamaissa.com

Ourense Bío, SL Rúa San Rosendo, 9 baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Seoane Albela, Purificación Hortasán Praza de Abastos, posto 33 36002 Pontevedra 981 512 491 casadocampo@ tempocompartido.com Tenda Ecolóxica Equilibrio, SL Avenida Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788

equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Todo Bío, SL Rúa Doutor Fleming, 7B 32003 Pontevedra 986 493 617 vbtienda@hotmail.com Álvarez López, Mª Teresa Ecocentro Natureza Avenida de Galicia, 52 baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 García Prieto, Antonio Rego de Mel Rúa San Roque, 24 baixo 27700 Ribadeo - Lugo 982 129 558 a.xangalo@hotmail.es www.regodemel.es Lorena Fernández López Natureza e Vida R/ San Roque, 104 baixo 27002 Lugo 982 801 323 naturezaevida.lugo@gmail.com www.naturezaevida.es


A agricultura ecolóxica galega, á vista en Biofach Biofach, a feira ecolóxica máis importante do mundo, celebrou unha nova e exitosa edición en Nuremberg e Galicia non faltou á cita, estando presente a través de 18 empresas, das cales 16 acudiron baixo o paraugas do Craega e do recén creado Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia.

L

ocalizada ao sur de Alemaña, Nuremberg é unha das principais cidades do Estado de Baviera. Tristemente celébre en tempos máis recentes por acoller primeiro as maiores concentracións do partido nazi e por ser a sede máis tarde dos famosos xuízos de Nuremberg aos criminais de guerra alemáns, a historia desta cidade vai máis aló destes feitos. Nuremberg xa era un importante centro de comercio en tempos medievais, converténdose no berce do Renacemento alemán no século XVI. As pegadas deste esplendor consérvanse no seu casco histórico, un recinto amurallado convertido hoxe nun dos centros de ocio e compras máis visitados de Alemaña. Nuremberg é na actualidade o centro de servizos dunha importante zona industrial na que se asentan as factorías de marcas tan coñecidas como Adidas, Siemens, Staedtler ou Playmobil. Industrial e de ocio, desde hai dúas décadas Nuremberg tamén é coñecida por converterse tódolos anos na capital mundial da produción ecolóxica.

Manuel Cruz Director de O Agro-Labranza

Trátase da feira Biofach, promovida pola Ifoam, a Federación Mundial de Movementos Orgánicos, a máis representativa do mundo ecolóxico, con

presenza nun cento de países. Do 15 ao 18 de febreiro, Biofach volveu reunir en Nuremberg ao máis destacado do sector, cunhas cifras que falan por si mesmas: 86.000 metros cadrados de superficie feiral, máis de 2.400 expositores chegados de 85 países dos cinco continentes e máis de 44.000 visitantes profesionais de 130 países. O volume de negocio que move Biofach cada ano reflicte o auxe que está tendo a nivel mundial a produción ecolóxica certificada, que no pasado ano chegou aos 60.000 millóns de euros de transaccións comerciais en todo o planeta, un 8 por cento máis có ano anterior malia a tristemente famosa crise económica. O ecolóxico é un movemento presente xa en tódalas culturas e continentes, e en tódolos ámbitos da vida, non só na alimentación, tamén na roupa, a beleza, a vivenda... Hoxe en día, 37 millóns de hectáreas no planeta están sendo cultivadas baixo os criterios da agricultura ecolóxica certificada, en 160 países dos 198 que hai na Terra, ás que habería que engadir outros 43 millóns de hectáreas de terras non agrarias nas que se practica a recolec-

CRAEGA

>

3


Tamén houbo en Biofach unha sección dedicada ao téxtil, co algodón como o material do momento. Aínda que só representa o 1 por cento do mercado total, o seu crecemento é impresionante, dun 29 por cento anual

4

<

CRAEGA

ción salvaxe. Malia todo, estas terras son pouco máis do 1 por cento de toda a superficie agraria mundial. Aínda que o movemento ecolóxico xurdiu no mundo occidental, a súa maior forza está hoxe noutra parte. Dos preto de 2 millóns de agricultores ecolóxicos que se calcula que hai no mundo, o 80 por cento está en países en vías de desenvolvemento, destacando a India, con máis de 400.000. Precisamente, a India foi o país do ano nesta edición da Biofach, con preto dun centenar de expositores. Unha boa parte das súas producións máis importantes e coñecidas, coma o té, o arroz ou o algodón, é cultivada xa baixo os criteiros da agricultura ecolóxica, que en moitos estados indios se está a revelar como o xeito de agricultura máis beneficioso para os pequenos agricultores, ao non ter que custear grandes gastos de fertilizantes ou pesticidas e por recibir un prezo máis xusto tradicionais de cultivo de cada rexión e clima.

Europa e Galicia En Europa, España é o primeiro país en superficie dedicada á produción ecolóxica, con preto dun millón e medio de hectáreas, seguido de Italia e Alemaña. Non obstante, esta primacía na produción non se ve acompañada no consumo. Se falamos do gasto per cápita en alimentos eco-

lóxicos, os suízos lideran a lista con 153 euros por habitante e ano, seguidos dos dinamarqueses con 142 euros, e os luxemburgueses, con 127 euros per cápita. En Alemaña, o maior mercado ecolóxico de Europa en cifras globais, os consumidores gastan unha media de 71 euros en alimentos ecolóxicos, mentres que en España o gasto apenas chega aos 7 euros por habitante e ano. Esta cifra é aínda inferior en Galicia, entre outros factores “debido á vinculación directa que boa parte da poboación mantén co mundo rural e a confusión que todavía hai no consumidor entre produto ecolóxico certificado e produto feito na casa «de toda a vida»” como salienta Rafael Rivadulla, da empresa Agronovo Ecoloxía. En Galicia, o principal valedor da produción ecolóxica certificada é o Craega. Aínda que paseniñamente, a produción ecolóxica non deixa de medrar na nosa comunidade: os últimos datos de 2011 indican que a superficie inscrita na nosa comunidade é de 15.303,42 hectáreas, un 8 por cento máis que o periodo anterior. Máis significativo é o crecemento experimentado na produción, chegando aos 21 millóns de euros de facturación, cun incremento do volume de produto certificado do 27 por cento. O mesmo que en anteriores edicións, Galicia tamén estivo en Biofach, desta volta con 18 empresas, das que 16 acudiron baixo o paraugas do Craega e do recén creado Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia, con presenza no stand do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Como destacou José Antonio Fernández, o presidente do Craega, “este ano, en colaboración co Ministerio e coa Consellería de Medio Rural e Mar, quixemos facer un esforzo por traer a produtores e elaboradores por vez primeira a esta feira para que podan ter esa visión cercana do que significa hoxe o comercio ecolóxico e o volume de negocio que move a nivel mundial”.


Facer contactos e aprender, este foi o principal obxectivo das 16 empresas galegas que acudiron a Biofach co Craega, como a queixería Casa Ánxel, da Pastoriza: “Despois de ver a variedade de produtos e o mercado que os lácteos ecolóxicos teñen nesta feira, e tendo en conta a importancia que o sector do leite ten en Galicia, doume conta de que temos moito mercado por diante, que aínda nos queda moito por facer”, indicou o seu xerente, Francisco López. O sector dos lácteos ecolóxicos galegos factura na actualidade 7 millóns e medio de euros, e nel están xurdindo novas experiencias, como a dos biscotes Maruxas de Nata, da Granxa Maruxa de Monterroso. Para a súa representante, Marta Álvarez, “hai que seguir innovando para volver o ano que vén e que sexamos nós, os galegos, os que sorprendamos aos alemáns”. Outro dos sectores con máis presenza en Biofach e cun peso cada vez maior na produción ecolóxica é o do viño, cun pavillón propio no que estaban presentes máis dun cento de adegas, con España, Francia e Italia como principais países produtores. En Galicia, malia contar con cinco denominacións de orixe e varios viños da terra, as experiencias son contadas, polo que as posibilidades de expansión son moitas, como puideron comprobar os representantes de adegas Corisca, das Rías Baixas e de Diego de Lemos, da Ribeira Sacra.

Exportación, a chave O baixo índice de consumo de produtos ecolóxicos de Galicia fai que a exportación se convirta na principal vía de crecemento das empresas

A delegación galega tivo a oportunidade de visitar varios establecementos na área de Nuremberg, grandes cadeas comerciais adicadas en exclusiva á comercialización de produtos ecolóxicos certificados

ecolóxicas da nosa comunidade, algo que saben moi ben na empresa ourensá Aceites Abril. En palabras do seu representante comercial José Francisco Rodríguez, “para unha empresa como a nosa nun sector tan competitivo como o do aceite de oliva en España, abrirnos ao mercado europeo, e sobre todo ao asiático, está a demostrar ser a mellor estratexia de crecemento, e estes mercados son os que nos están a demandar cada vez máis produto ecolóxico”. Outra das empresas que asistiron baixo o paraugas do Craega foi Portomuíños, pioneira no aproveitamento das algas en Galicia e que está a atopar no exterior o seu principal mercado: “En Galicia non temos cultura das algas, pero no exterior xuntamos os dous valores de que é un produto ecolóxico e novidoso”, salienta Bibiana Canosa. Esta aposta polo mercado exterior está tamén clara para David Corral, xerente de Mieles Anta e presidente na actualidade do Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia, quen encontrou en Biofach boa parte dos clientes internacionais cos que traballa agora: “Grazas a vir a esta feira hoxe estamos presentes en Francia, en Alemaña, en Bélxica e mesmo en Arabia Saudí”. Precisamente, Biofach deste ano serviu de presentación internacional para o recén creado Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia, unha asociación que aglutina a unha vintena de empresas e entidades deste eido para aproveitar sinerxías e ser máis competitivos cara ao exterior. Para Rafael Rivadulla, de Agronovo Ecoloxía e representante do Clúster na feira, “trátase de ofertar un catálogo de produtos amplo e variado que amose a Galicia como a potencia que é en CRAEGA

>

5


David Corral, xerente de Mieles Anta: “Grazas a vir a esta feira hoxe estamos presentes en Francia, en Alemaña, en Bélxica e mesmo en Arabia Saudí”

produción ecolóxica, e penso que Biofach é o lugar máis indicado para facelo”. Unha boa parte do mercado das empresas galegas atópase en Alemaña. O feito de que a maior feira ecolóxica do mundo se celebre en Nuremberg xustifícase pola importancia que o consumo ecolóxico ten neste país, que absorbe el só o 10 por cento do mercado mundial, case 6.000 millóns de euros. A delegación galega tivo oportunidade de comprobalo visitando varios establecementos na área de Nuremberg, grandes cadeas comerciais adicadas en exclusiva á comercialización de produtos ecolóxicos certificados. Empresas como Alibós (adicada á castaña), Galletas Mariñeiras Daveiga, Bio Factory ou Cárnicas Ruperto viron unha oportunidade de negocio nas preferencias do consumidor alemán.

Pan do Mar e Hifas da Terra Ademais do grupo que viaxou co Craega, dúas empresas galegas participaron este ano en Biofach cun stand propio. Foron a empresa micolóxica Hifas da Terra, de Pontevedra, que está a apostar pola innovación nun mundo aínda por descubrir, coma o dos cogomelos, con especial énfase nos nutracéuticos (os alimentos empregados para coidar a saúde), e a conserveira Antonio Pérez Lafuente, de Vilanova de Arousa: máis da metade dos seus produtos ecolóxicos, agrupados baixo a marca Pan do Mar, véndense

6

<

CRAEGA

en Alemaña, onde son líderes no seu segmento. Pan do Mar estaba presente na zona do selo Démeter, que integra a 4.000 produtores de 40 países e hoxe é o principal valedor mundial do movemento da agricultura biodinámica. A idea do ecolóxico como unha filosofía de vida integral abrangue xa tódolos sectores de consumo, non só o da alimentación. Dentro de Biofach celebrouse un ano máis o salón Vivaness, dedicado á cosmética natural, onde 200 expositores de todo o mundo puxeron de manifesto o gran futuro que ten esta liña de produción, que en Europa xa supón unha cifra de negocio de mil millóns de euros, e á que se están sumando as grandes cosméticas multinacionais. Tamén houbo en Biofach unha sección dedicada ao téxtil, co algodón como o material do momento. Aínda que polo de agora o algodón ecolóxico só representa o 1 por cento do mercado total, o seu crecemento é impresionante, dun 29 por cento anual. Cada vez máis consumidores demandan roupa elaborada ecoloxicamente, respectando o medio ambiente, e de comercio xusto, respectando as condicións sociais e laborais dos traballadores que a fabrican: é a chamada “moda verde”, da que 44 firmas de todo o mundo expuxeron as súas creacións. O ecolóxico é moito máis ca unha moda; é un estilo de vida que conta cada vez con máis adeptos en todo o mundo, tamén en Galicia. Unha oportunidade económica para o medio rural que pode axudar a fixar poboación no campo.


O Craega estivo presente en Xantar, no Fórum Gastronómico e en Alimentaria Flavio Morganti ofreceu un taller gastronómico ecolóxico en Xantar

A

o longo destes últimos meses, o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica (Craega) estivo presente en distintos eventos gastronómicos e do sector da alimentación en xeral.

As empresas ecolóxicas promocionaron os seus produtos en talleres de cociña, degustacións e estands

Do 1 ao 5 de febreiro participou en Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo que cada ano se celebra en Ourense. No estand informativo e promocional expuxéronse produtos ecolóxicos de varias empresas acollidas a esta agrupación. Ademais, o cociñeiro Flavio Morganti, en colaboración co secretario do Craega, Javier García, ofreceu un taller de elaboración de pratos con materias primas ecolóxicas no que os asistentes puideron degustar todas as propostas. Ese mesmo mes, do 26 ao 28, celebrouse en Santiago o Fórum Gastronómico. Nesta ocasión estiveron presentes a cooperativa Verín Biocoop, Conservas do Támega, Casa Grande de Xanceda, Conservas Antonio Pérez Lafuente, Produtos Ecolóxicos Granxa Maruxa e A Factoría Ecolóxica. Con achega de produtos concorreron Conservas Cuca, Milhulloa, Galletas Da-

En Alimentaria estiveron presentes as empresas Mieles Anta, Aceites Abril, Milhulloa, A Factoría Ecolóxica, Conservas do Támega e Helados Gael, entre outras

veiga, Sidrería Galega e Mieles Anta. De novo, o secretario do Consello, Javier García, convidou aos asistentes a unha degustación de produtos ecolóxicos consistente nunha tosta de galleta mariñeira con mexillón e sardiña en aceite de oliva, carne de Cachena con pemento e, de sobremesa, galleta de nata e surtido de xeados de elaboración ecolóxica. A degustación regouse con sidra ecolóxica achampanada. Posteriormente, do 26 ao 29 de marzo, desprazáronse a Barcelona para participar en Alimentaria, o Salón Internacional da Alimentación e Bebidas. No estand de produtos ecolóxicos, e baixo o paraugas do Ministerio, víronse once firmas: Mieles Anta, Lugar da Veiga, Aceites Abril, Milhulloa, A Factoría Ecolóxica, Conservas do Támoga, Verín Biocoop, Casa Grande de Xanceda, Granxa Maruxa, Conservas Antonio PérezLafuente e Helados Gael. Ademais, o presidente do Craega, José Antonio Fernández Álvarez, ofreceu no estand da Consellería do Medio Rural e do Mar, no pavillón de Intercarn, unha degustación de tenreira ecolóxica galega que foi moi ben acollida entre o público.

No Fórum Gastronómico estivo presente unha ducia de empresas amparadas polo Craega

CRAEGA

>

7


Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos

FEADER Europa inviste no Rural

8

<

CRAEGA

GOBIERNO DE ESPAÑA

MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.