EDITORIAL
3
DÚAS DÉCADAS DE BO TRABALLO
11 12 INVERNO 2019
Este é un número especial e así o notaredes en canto comecedes a pasar as súas páxinas. Non é para menos: as nosas cinco asociacións de razas bovinas cumpren 20 anos e, con motivo de tal acontecemento, boa parte desta edición de Autóctonas Galegas irá dedicada a facer un repaso pola evolución das especies de vacún galegas.
EDITA: FEDERACIÓN DE RAZAS AUTÓCTONAS DE GALICIA-BOAGA Fontefiz. 32152. Coles (Ourense) Teléfono: 634 54 86 00 Email: frag@boaga.es Web: www.boaga.es
Comezamos coas entrevistas a Brito e Rocío e a Albertina e Nemesio, dous matrimonios da aldea de Olelas (Ourense), que foron pioneiros na cría da raza Cachena e cos cales faremos unha viaxe ao pasado para lembrar cal era a situación das autóctonas antes da fundación das asociacións. Tamén falamos cos presidentes actuais das cinco entidades, que valoran o crecemento dos rabaños galegos nas últimas dúas décadas, uns datos que complementamos cun artigo técnico sobre a evolución dos censos de vacún dende 1999 e ata hoxe.
Presidente: José Manuel González Lamelas Vicepresidente: José Blanco Blanco Secretario-tesoureiro: Lisardo López Blanco Vogais: M.a Hortensia Alonso Alonso, M.a Hortensia Rodríguez González, Francisco José Monasterio Solveira
Por suposto, este especial non podía pasar por alto o labor fundamental que desenvolveron, e seguen a desenvolver, o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), polo que tamén dedicamos un espazo a coñecer, en palabras dos seus responsables, en que consistiu o seu traballo e cales son as súas liñas de acción na actualidade. Ademais, as celebracións continúan coa volta á casa da mostra do fotógrafo José Barea Bestiarium. Razas Autóctonas Españolas, que está dende setembro exposta no Pazo de Fontefiz e na que afondamos nunha reportaxe. Así mesmo, xunto con todas as novas relativas á federación, tamén coñeceremos os pormenores do Proxecto Bioheritage sobre a valorización das razas autóctonas en espazos naturais. Un ano máis, volvemos contar coa Asociación de Criadores da Raza Porco Celta (Asoporcel). Desta volta, participan con dous artigos, un sobre os resultados do efecto do sistema de manexo e da idade de sacrificio nas características da carne desta raza e outro sobre a importancia da bioseguridade nas granxas de porcino e, como vén sendo habitual, co resumo das súas actividades anuais na sección “Novas Porco Celta”.
PRODUCE: TRANSMEDIA Comunicación & Prensa Ronda das Fontiñas, 272, entreplanta A 27002. Lugo Teléfono: 982 22 12 78 Email: transmedia@ctransmedia.com Web: www.transmedia.es Tiraxe: 2.935 exemplares Depósito legal: LU 339-2007
SUMARIO ENTREVISTA Manuel Brito e Rocío Pérez (Olelas, Ourense) Albertina Adán e Nemesio Domínguez (Olelas, Ourense) Presidentes das asociacións de razas bovinas
4 7 10
BOVINO Evolución dos censos de vacún
15
ESPECIAL 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
Alégranos afirmar que, logo destes anos de traballo, as nosas razas, así como as institucións que as rodean, reciben cada vez maior recoñecemento: este mesmo ano fomos premiados como mellor restaurante en Xantar e, na gala dos premios de hostalería galega Gastronomía e Turismo, obtivemos o galardón na categoría “Recuperación de Produto”.
Fontefiz: o berce das nosas autóctonas
19
Boaga: a grande unión xurdida das asociacións bovinas
23
Agardamos que apreciedes nas páxinas que seguen a afouteza de todas as persoas que poñen voz e rostro a esta publicación, representantes dun sector polo que sentimos un grande orgullo e polo que queremos continuar traballando. Produtores, transformadores, comercializadores… cada un deles ten motivos dabondo para sacar peito tras máis de vinte anos loitando día a día na defensa dun patrimonio que nos pertence a todos. Só poñendo en valor o seu inestimable labor poderemos seguir adiante.
PROXECTO BIOHERITAGE
Parabéns… e que sexa por moitos anos máis!
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural
REPORTAXE Bestiarium volve á casa
Valorización das razas autóctonas en espazos naturais
28
31
PORCO CELTA Efecto do sistema de manexo e da idade de sacrificio sobre a carne de Porco Celta
34
A bioseguridade nas granxas extensivas de porcino 39 NOVAS Novas Boaga
40
Novas Porco Celta
78
4
ENTREVISTA
MARÍA ROCÍO PÉREZ BARROSO E MANUEL BRITO BERNARDO CRIADORES DA RAZA CACHENA
“MANDARON CACHENAS PARA BARCELONA, PARA ALEMAÑA, PARA AS VASCONGADAS... E TODAS SAÍRON DE AQUÍ, DE ONDA MIN” Se hoxe podemos celebrar os vinte anos de asociación das cinco razas bovinas galegas é, en boa parte, grazas a Brito e a súa muller Rocío (Olelas, Entrimo), xa que da súa casa desta pequena aldea do sur de Ourense saíron a meirande parte das cachenas coas que o Centro de Fontefiz puido comezar a recuperar a raza nos oitenta. Corenta anos despois, viaxamos ao pasado para coñecer a través das palabras de Brito como foi o proceso de restitución das hoxe moi recoñecidas Cachenas de Olelas. Dende cando traballan con esta raza? Comezamos a traballar coa Cachena no ano 1982. Meu pai, que era desta aldea, xa nunca quixo outras por axilidade e porque, en moitos camiños, por tamaño, xa non collían máis que elas. A medida que todo se foi modernizando, en cousa de 30 anos fomos quedando case sen cachenas, pero eu aínda tiña unhas poucas que herdara de meu pai. Autóctonas Galegas Número 12
Vostede foi o gandeiro responsable de que se puidese chegar a recuperar a raza. Como comezou? Un día veu á casa o xefe dos veterinarios de Ourense xunto co veterinario do concello, que daquela había un por concello, co conselleiro de Agricultura e co director do Colexio de Veterinarios de Lugo, e explicáronme que estaban buscando cachenas de raza para comezar a recuperar. Nese
momento eu só tiña un boi e unha vaca, e ata estaban castrados, entón o que fixen foi ir buscando noutros sitios nos que fun sabendo que quedaba algún exemplar. Así, o rabaño foi medrando pouco a pouco e puiden ir mandando para Fontefiz. Todas foron parar a Fontefiz? Moitas si. Neses anos a verdade é que fixen moito negocio con eles, porque
ENTREVISTA
5
“A MEDIDA QUE TODO SE FOI MODERNIZANDO, EN COUSA DE 30 ANOS FOMOS QUEDANDO CASE SEN CACHENAS”
lles cheguei a vender unhas 400 vacas e uns 80 xatos e, despois, desas, algunhas mesmo as mandaban para fóra. Mandaron cachenas para Barcelona, para Alemaña, para as Vascongadas... e todas saíron de aquí, de onda min. Durante canto tempo traballou deste xeito con Fontefiz? Pois seguín ata o ano 1993, aproximadamente. Daquela foi cando comezou o tema das subvencións, que nun principio foron cada seis meses, e nese momento empezáronse a sumar máis veciños e foron ampliando os seus rabaños. Ata entón, estiven uns 12 anos traballando eu só con esta raza. Entón cara a 1993 foi cando comezou a comercializar? Si. Foi daquela cando me ofreceron un rabaño que antes estivera en Lugo, que por problemas no monte no que estaba se tivo que vender. Entón ese rabaño veuse para aquí e repartímolo en tres lotes entre tres veciños da aldea e, entre eles, viña un boi, o Olímpico. Vimos que aínda conserva a cabeza dese boi na súa casa. Que tiña de especial? Pois puxémoslle Olímpico porque nacera nas Olimpíadas de 1992 e foi un exemplar impresionante, aínda nunca houbo outro coma el. Veu comigo a case toda canta
exposición fun. Foi un dos bois nacidos en Fontefiz e, de feito, teñen no banco de seme moitísimas doses del. Canto evolucionou o seu rabaño dende que comezou a comercializar e ata que se retirou? Ao principio, contando coas que me trouxeron de volta de Fontefiz, tería unhas 30 reses. Despois fomos crecendo, claro. Cando comezaron as subvencións, non podiamos vender as femias, porque quedabamos sen as axudas; entón fómolas criando todas, e así cheguei ás 200, cara ao ano 2000. Coido que cando me xubilei foi o momento no que máis cantidade tiven. A partir de aí foi cando comecei a desfacerme de número de cabezas. Aínda me lembro de que as últimas se foron para Quintela de Leirado (Ourense). Participou nalgunha exposición de gando? Si, pero xa haberá máis de dez anos que deixei de ir, a última penso que foi en 2008, pero dende 1982 ata aí fixen moitas, e por toda España, coas miñas cachenas: Salamanca, Zamora, Silleda, A Coruña... Daquela para todo o mundo eran coma un milagre. Na exposición de Silleda cheguei a ter unha cola ben grande para chegar onda elas, que, por certo, por aquel entón (1982) en Silleda non había nada do que hai agora, era un galpón con paus e palla.
E como reaccionaban os visitantes ao velas? Víñanas ver porque lles chamaban a atención por pequenas. Recordo que sempre había algún dos que andaban por alí que dicía que eran bravas e entón eu entraba no curral, agarrábaas polos cornos, acariciaba nelas, movíaas... e a xente quedaba sorprendida. Logo non son bravas? Pero se a Cachena é máis mansa que calquera outra raza de vaca! As que ves agora son todas domésticas pero, por exemplo, as que nos trouxeran da Xunta para repartir entre os veciños viñan bravas de todo, porque non tiñan dono, naceran sen ver ninguén. E así e todo esas pouco a pouco tamén as fomos levando, eu digo que o frío e a neve as foi domesticando. Pero ao vivir en extensivo o manexo é distinto, certo? Claro, andan cada unha ao seu aire. A miña muller e mais eu non saïamos do monte, pasabamos o día cercándoas e traendo as crías, porque o lobo nolas comía. Esta raza é moi resistente. Por iso se dá tan ben nesta zona? É que o noso monte só serve para cachenas. Para as outras vacas non vale pola pendente que ten e tampouco ten cantidade suficiente de alimento para vacas máis grandes. Autóctonas Galegas Número 12
6
ENTREVISTA
Cre que a especie se fixo tan forte polo seu método de crianza? Dende logo. É que as cachenas de antes eran duras por iso, porque saían á mañá e viñan á noite, vivían do que aproveitaban deste monte, que é moi rústico; daquela facíase así. Despois a cousa cambiou porque, xunto coas subvencións, viñeron unhas serie de pautas, xa as había que ter máis coidadas, os veterinarios pasaban máis a miúdo e dicíannos como había que facer as cousas.
Que recorda da creación da asociación? Dende Fontefiz encargáronse de organizar o tema. Buscaron un presidente de cada raza e elixíronme a min de entre todos os das cachenas porque fora, por dicir así, o inicio de todo, e tamén era o que máis número de cabezas tiña. Aos 60 anos quixen xubilarme e paseille a presidencia á miña muller, que estivo ata xubilarse tamén, e despois xa foi cando lle pasou a presidencia a Pablo e, pouco despois, á súa muller, María.
Este terreo é bastante agreste. É abondo para a alimentación desta raza? Ao primeiro, si, pero segundo empezou a medrar o rabaño, tivemos que comezar a traer herba de fóra. Eu cheguei a ter 200 cabezas aquí, entón xa necesitaba ir mercar herba seca, á zona da Limia, por exemplo, de onde traía camións enteiros para poder pasar o inverno, porque co que había aquí xa non nos chegaba.
Cambiou a relación con Fontefiz a raíz da formación das asociacións? Non é que cambiase, pero si que foi a máis. Dende entón non pasaba unha semana sen que os veterinarios de Fontefiz viñesen por aquí. De feito, por iso meu neto, que viña comigo, dende os 3 aniños estivo coa teima de que quería ser veterinario, e nesas está agora, na facultade.
Como comezaron a facer a comercialización? Ao principio incluso sacrificaba eu na casa e vendía a carne dende aquí. Despois, segundo fun crecendo, xa tiven que empezar a levar a matadoiro e, pouco despois, foi cando se prohibiu o sacrificio na casa. A comercialización tamén a facía eu, mesmo cara ao ano 2000 merquei un remolque frigorífico para repartir por varias localidades da zona.
Autóctonas Galegas Número 12
E que relación se mantivo co resto das asociacións da Federación? Co resto das asociacións de bovino xuntabámonos de vez en cando, tiñamos reunións en Fontefiz. Era un ambiente bonito, eramos todos amigos, todos gandeiros e todos estabamos contentos polo que cada un tiña. Cre que en 20 anos se chegarán a celebrar os 40 da asociación? Agora hai moitos máis rabaños, dende logo, así que eu creo que si. A Cachena
O touro Olímpico preside a entrada da casa do matrimonio
ten iso, que supón menos traballo que as razas en intensivo. Quen posúa un terreo extenso, ao mellor cercado para non ter que estar tan pendente, pódeas ter e ao mesmo tempo mantéñeno limpo.
ENTREVISTA
7
ALBERTINA ADÁN DOMÍNGUEZ E NEMESIO DOMÍNGUEZ DOMÍNGUEZ CRIADORES DA RAZA CACHENA
“PARA TRABALLAR TIVEMOS SEMPRE CACHENAS PORQUE TIRAN O DOBRE QUE CALQUERA OUTRA, FURAN POR ONDE SEXA” Os ourensáns Albertina e Nemesio (Olelas, Entrimo) dedicáronse durante máis de vinte anos á produción e comercialización de carne de Cachena, ata a súa xubilación. Xa dende cativos os seus pais empregaban esta raza para traballar o campo e agora, co negocio en mans da terceira xeración, ábrennos as portas da súa casa para falarnos de como foi a súa vida unida á cría destas vacas olelanas. Cando empezaron a traballar coa raza Cachena? Nós traballámolas sempre. Vendiamos os becerros e tiñámolas para traballar no campo, porque as outras aquí non collían. En verdade fomos dos primeiros que tivemos vacas cachenas aquí. Eu dende pequeniña tiven cachenas na casa dos meus pais e, cando vin para aquí ao casar, tamén as había, e seguimos con elas. En que momento comezaron a producilas para vender a carne? Cando empezamos coas subvencións foi cando comezamos a aumentar e a criar
máis. Cara ao ano 92 veunos visitar un representante da Xunta, falou con nós e explicounos que estaban a dar subvencións para as cachenas. Iso foi o que nos fixo decidirnos. A Xunta deunos daquela dez vacas e un touro e despois fomos crecendo pouco a pouco. En que consistía esta axuda? Eles podíannos dar unha serie de cabezas, un máximo de 20, e esas cabezas despois tiñamos que “devolvelas” en certo tempo, ou devolver os cartos que custasen. Nós demos unha cría por cada unha das que nos entregasen. Despois, segundo foron nacendo crías femias,
xa non as vendiamos, foron quedando na explotación para recriar e, se facía falta, tamén comprabamos algunha máis. Dende entón sempre estivemos en contacto tanto con Boaga como con Fontefiz. Como comezaron a comercializar? A carne sempre a vendiamos para os particulares. Eles viñan, mercaban o xato... Ao principio mesmo matabamos nós aquí o animal, posteriormente foi cando houbo que empezar a levar ao matadoiro. Despois, traïamos a carne, preparabámola e entregabámoslla ao particular. Autóctonas Galegas Número 12
8
ENTREVISTA monte. Os animais son coma todo, hai que velos todos os días, coidalos, estar con eles. Nós pasamos por diante e por detrás e nin se inmutan. Incluso temos unha que chamamos por ela e, estea onde estea, como nos escoite, contéstanos.
“OS NOSOS FILLOS DENDE PEQUENOS QUIXERON SEGUIR CO NEGOCIO, SEMPRE LLES GUSTOU”
Esta é a aldea orixinaria da Cachena. Todos os veciños mantiveron sempre a raza? Moitos dos veciños, antes de que comezasen as subvencións, xa tiñan cambiadas todas as súas cachenas por rubias ou pardas, porque os xatos eran máis grandes e viñan os carniceiros e pagábannos mellor, pero nós para traballar tivemos sempre cachenas, porque tiran o dobre que calquera outra, furan por onde sexa. Que diferenzas ven con outras razas de vacún? Para limpar o monte ou para evitar o lume son moi boas. Nós tivemos rubias, tivemos pardas... pero ningunha limpa como a Cachena. Pasan por cada sitio... E
Autóctonas Galegas Número 12
despois xa non é porque che poidan dar algunha subvención para seguir con elas, senón polo que che gustan os animais. Nós fomos criados con elas, xa só por iso. Co paso dos anos mudou en algo o manexo destas razas? Non cambiou moito, pois as cachenas estiveron sempre por fóra. O único é que os animais ao principio estaban nas cortes, na planta baixa das casas, porque eran a calefacción de antes. Logo, cando medraron en cabezas e cambiou a situación das casas, iso quitouse. E son fáciles de levar? As cachenas son mansiñas. Tiñamos algunha que andaba detrás de nós polo
Con cantas cabezas conta a explotación na actualidade? Agora pasámoslla a un dos fillos. Entre xatas e vacas deben ter unhas 200 cabezas. Vostedes xa non traballan nela? Xa non. Nós os dous xubilámonos hai uns oito anos e pasámoslles o negocio aos fillos. Nun principio fixéronse cargo dous deles e hoxe lévao soamente un. Eles dende pequenos quixeron seguir con isto, sempre lles gustou. Encárganse eles de todo o proceso? Agora meu fillo colleu unha carnicería e xa fai el a venda dende aí. Entón, o noso fillo máis maior axúdalle ao pequeno coas vacas, porque el está todos os días na carnicería, ten que levar os becerros o matadoiro, ilos buscar... Canto hai que ten a carnicería? Empezou no mes de agosto. Está en Lobios, chámase A Vitela do Xurés e, por suposto, está especializada en carne de raza Cachena. Leva pouquiño e aínda se está dando a coñecer, pero xa vai tirando. Como cambia o proceso de comercialización ao pasarse á carnicería? Pois antes había máis dificultade porque vender un xato enteiro é complicado,
ENTREVISTA non todo o mundo o pode mercar, ou non quere. Agora, ao ser ao quilo, é máis fácil de despachar. Así e todo, para aquí, para a aldea, aínda vende moitos enteiros, e para a zona de Cangas e Nigrán, tamén. En que nota o consumidor a diferenza da carne de Cachena? Á carne nótaselle no padal. A Cachena é moito máis zumarenta. Depende tamén de quen a prepare, como calquera comida, se non a sabes preparar, non busques calidade porque a vas estragar, pero é que ese carácter zumarento xa se lle nota mesmo cocéndoa, aínda que sexa sen nada. Non fai como a outra, que che bota unha espuma que... Non, e é porque esta é criada ao natural. Iso é algo que agora a xente aprecia moito máis. Entón é un produto que lle pode gustar a calquera? A xente que quere cantidade en vez de calidade igual non consome moita carne de Cachena, pero o que quere calidade, vaise a ela. Eu xa só con facer a carne sei se é de Cachena ou non e na casa deseguida o notan tamén. Xa non é a primeira vez que teño que botar unhas costelas de rubia para os cans porque non mas queren na casa [ri].
9
E como ven que evolucionou a aceptación destas razas fóra de Galicia? Cada vez lévana máis. Aínda este ano ao meu rapaz na carnicería lle levaron moitísima carne para Madrid, para Barcelona... ata para Francia marchou xa algunha, cando veñen familiares de xente da aldea que vive fóra. Que pensan das axudas que teñen os produtores hoxe en día? Que son poucas, antes había moito máis. Estanos botando para fóra, porque o que lles dan non lles chega para nada. A Administración ten que axudar os novos. Se son os que teñen que poñer o mundo a andar, por que calcarlles a cabeza? Que os axuden. Que futuro lles auguran ás nosas razas? Se seguen así, non sei se a xuventude aguantará. Co tema dos incendios, se prenden lume, despois só medran fentos e iso non lles vale ás vacas para nada. Hai uns anos, cando nos ardeu o monte, vímonos mal porque non tiñamos que darlles. As subvencións non nos chegaron nin para mercar toda a herba que houbo que comprar. Se non lles deixan de poñer pegas aos produtores novos, o remedio que teñen é cerrar todo e marchar.
“SE OS NOVOS SON OS QUE TEÑEN QUE POÑER O MUNDO A ANDAR, POR QUE CALCARLLES A CABEZA?”
Autóctonas Galegas Número 12
10
ENTREVISTA
COMO FOI A EVOLUCIÓN DAS RAZAS BOVINAS E DAS SÚAS ASOCIACIÓNS? Esta é a pregunta central sobre a que xira a nosa charla con M.ª Hortensia Alonso, presidenta de Cachega; José Manuel González, presidente de Caldega; Hortensia Rodríguez, presidenta de Frieirega; Lisardo López, presidente de Limiaga, e José Blanco, presidente de Vianega, que se reuniron con nós para contarnos de primeira man como se viviu dende dentro a creación das cinco asociacións das razas bovinas.
Dende cando estades á fronte das vosas asociacións? M.ª HORTENSIA ALONSO : Eu empecei hai uns 14 anos, dende que o deixou a muller de Brito, o primeiro presidente. JOSÉ MANUEL GONZÁLEZ : Eu levo no cargo dende a creación da asociación. HORTENSIA RODRÍGUEZ : Son a que menos tempo leva, empecei hai 3 anos. LISARDO LÓPEZ : Á fronte de Limiaga levarei dende 2011. JOSÉ BLANCO : Pois eu dende os inicios, empecei cando creamos a asociación. Autóctonas Galegas Número 12
Cando e por que decidistes comezar coas vosas ganderías de razas autóctonas? M.H.A. : Con esta raza levo máis ou menos dende o ano 1993, que foi cando empezamos a traballar. Antes diso tiñamos, pero só 2, porque non nos dedicabamos a isto. J.M.G. : No meu caso empecei con esta raza porque era a autóctona da nosa zona, é a que tiñan xa os meus avós, a que tiveron os meus pais e agora, nós. H.R. : Eu traballo coa raza Frieiresa dende o ano 2000, así que 19 anos xa.
L.L. : Eu primeiro empecei coa Ovella Galega. Tiña unha explotación de porcino e ao lado tiña unha finca grande e, para aproveitar para quitar os fertilizantes e a herba da granxa, empezamos coa ovella. Despois fun ampliando a explotación e, como tiña moita comida, comecei coa Limiá, porque se poden ter máis lonxe da casa, non como unha ovella, que hai que ter máis coidado dela. J.B. : Por que empecei coa Vianesa? Pois por casualidades da vida. A min gustábanme moito as razas autóctonas e nós
ENTREVISTA
11
M.H.A.: “OS NOSOS VETERINARIOS LEVAN TRABALLADO AO MÁXIMO DENDE O PRIMEIRO DÍA, FIXERON DE TODO... NON SE LLES PODE PEDIR MÁIS”
tiveramos unha sociedade antes de que existisen a federación e as asociacións. Daquela tiñamos Caldelá, pero como a miña zona sempre foi un sitio de paso de todas as razas, e a min gustábame tamén a Vianesa, chegou un momento no que tiven que apostar por unha das dúas, pareceume máis fácil facerme con vianesas, e empecei a dedicarme unicamente a ela. Onde tedes localizadas as explotacións e quen traballa nelas? M.H.A. : Traballo soamente eu. Está en Olelas, no concello de Entrimo (Ourense), que resulta que é o lugar do que é orixinariamente a Cachena.
J.M.G. : Eu teño dúas explotacións, unha na serra de San Mamede (Castro de Escuadro, Maceda) e outra en Valdín (A Veiga). Traballamos a miña muller, as miñas fillas e mais eu. A miña muller ten outro traballo a maiores, eu teño esta actividade como principal. H.R. : A miña está localizada en Oseira (San Cristovo de Cea), alá no alto da costa, e traballamos meu fillo e mais eu. Dedicámonos os dous exclusivamente á explotación. L.L. : Os meus rabaños están un a 5 km do outro, os dous na zona de Xinzo de Limia. Traballo eu xunto con dous empregados. J.B. : A explotación está localizada en Cima de Vila (Montederramo). Está divi-
dida en 9 rabaños e colaboramos nela a familia completa: a miña muller e mais eu estamos a tempo completo e tamén os meus fillos botan unha man, pero aínda están estudando. Como conseguistes os primeiros exemplares? M.H.A. : En 1993. Cando viñeron por aquí representantes do Centro de Recursos Zooxenéticos a ofrecer unhas vacas da raza Cachena para quen lle interesase, nós aínda tiñamos 2, pero diso non se vivía, e foi nese momento cando collemos 10 exemplares. Dende entón fomos aumentando, criando as nosas becerriñas, ata chegar a hoxe.
Autóctonas Galegas Número 12
ENTREVISTA
12
J.M.G.: “MOITA XENTE, A QUE VIVE NA CIDADE, NON SABÍA NIN QUE EXISTÍAN AS RAZAS E O LOGOTIPO FOI UN MEDIO PARA DARNOS A COÑECER”
H.R. : O proceso para facernos con elas foi moi laborioso. De primeiras fixémonos con dúas que había en Chaguazoso (Viana). Xusto falecera o seu dono e quedámonos con elas, con dúas vacas e unha becerriña. J.B. : Foron uns momentos duros, porque para mercar as primeiras 14 bótolle que debín percorrer 5.000 quilómetros, xa que non viñeron todas do mesmo sitio. Daquela ao mellor podía mercar en cada casa unha ou dúas, que eran as que quedaban. O caso é que o logramos e aquí seguimos. Como foi evolucionando o número de cabezas de cada raza? M.H.A. : Aumentamos unha barbaridade. Hoxe en día temos arredor de 5.000 cabezas e somos arredor de 180 produtores, e pensa que empezamos cunhas poucas que quedaban nesta aldea. J.M.G. : O mesmo acontece coa Caldelá. Nós tamén empezamos cun número moi pequeno de animais e aumentouse ata o censo que temos hoxe, ata as 1.600 cabezas. Con este aumento, medrou moito o número de reses que saen ao mercado, co cal cada vez se coñece máis e cada vez é máis valorada. H.R. : Cando comezamos había moi pouquiñas, estaba case extinta, e agora aínda é a que menos ten, anda nas 500. Así e todo medrou moito. Cando nos fixemos con elas eran moi difíciles de atopar, pero pouco a pouco imos facendo camiño... O que pasa é que empezamos dende moi abaixo, entón estanos levando máis. L.L. : Fomos a máis, dende logo, aínda que queda moito por facer. En Limiá Autóctonas Galegas Número 12
estamos nas 1.400 cabezas e temos 38 ganderías en activo. J.B. : O que conseguimos é moito. Se hai 20 anos me preguntases pola raza, diríache que eramos catro gatos con catro vacas. Nestes momentos somos 65 criadores, temos 2.000 vacas adultas e un total de 3.000 cabezas. Entón, de empezar de cero practicamente a conseguir o que temos 20 anos despois, o mérito é moi grande e foi grazas ás asociacións, ao Centro e a todos os que traballamos coas razas.
H.R.: “O IMPORTANTE É NON DECAER E CONTINUAR MELLORANDO, SEGUIR MÁIS OU MENOS ESTE CAMIÑO”
Os vosos rabaños tamén aumentaron? M.H.A. : Claro, nós chegamos a ter máis de 200 cabezas. Agora, como o meu marido xa se xubilou e eu estou próxima, estamos reducindo. Estaremos nas 150. J.M.G. : O meu rabaño tamén foi medrando, sen dúbida. Empecei o primeiro ano cuns 12 animais e hoxe temos preto de setenta. H.R. : Nós agora temos unhas 45 adultas e, en total, teremos arredor de 80 animais. L.L. : No meu caso, de ovellas cheguei a ter case 200, o que pasa é que tivemos un problema coa base territorial e houbo que baixar o volume. Nas vacas empecei con 5. Hoxe de ovellas teño 50 cabezas e de vacas, 80. J.B. : Neste momento teño 140 cabezas, 78 nais e o resto cría. O número de cabezas de cada rabaño varía: nalgúns hai 20 cabezas, noutros 22, noutros 10... Como non nos podemos pasar de carga de UGM por hectárea, depende moito das parcelas nas que se pastorea.
Como realizades a comercialización do produto? M.H.A. : A comercialización facémola como podemos, nalgúns casos veñen os particulares á casa e, cando temos moito excedente, tamén lle vendemos a algunha carnicería. O que está claro é que os que veñen, repiten, porque esta carne é especial, quen a proba non quere outra. J.M.G. : Eu vendo algúns becerros cebados a particulares e outros van a cebadeiro. H.R. : Nós producimos en ecolóxico e comercializamos a través da cooperativa Biocoop, de Verín. Eles encárganse de
ENTREVISTA
todo: vano buscar, mátano e comercializan. A verdade é que nese sentido estamos conformes e moi a gusto. L.L. : No noso caso facemos un pouco de todo: producimos, levamos os becerros ao matadoiro, transformamos, envasamos ao baleiro, comercializamos… J.B. : Nós comercializamos todo directamente a consumidores e temos, ademais, un restaurante e unha carnicería que nola mercan. Ese foi un dos obxectivos cando empezamos con esta raza, porque queriamos poñer en valor a súa calidade. Que fai diferente a carne destas razas? M.H.A. : Temos clientes de toda a vida e se seguen con nós é porque esta carne é totalmente distinta, doutra clase. Está mantida doutro xeito, van de vagar, ao natural. H.R. : Eu creo que se pode notar a calidade. Non sei se é porque están en pastoreo, porque son máis musculosos, por esa graxa infiltrada, porque os becerros están libres... Penso que todo iso é parte do que marca a diferenza. As autóctonas en xeral teñen unha carne que se diferencia das demais, a min sempre me gustou moito. Ten un punto. L.L. : O mellor que teñen todas estas carnes é que a infiltración de graxa é moi boa e teñen un sabor totalmente diferente. A Limiá ten unha carne que é moi infiltrada e esa graxa é o que lle dá ese gusto diferente.
J.B. : A raza, se non é a mellor do mundo, si que é das mellores. De feito, á xente que di que son animais bravos eu dígolle sempre que non hai animal bravo se o dono é manso. Ti cando colles unha carne das que compras por aí e a botas nunha tixola, ves que a carne mingua. A nosa aínda vai a máis. Que labor desenvolvedes dende as asociacións? M.H.A. : O fundamental é intentar que a xente as coñeza, que as probe. J.M.G. : O labor, o de sempre: divulgar, sobre todo entre os máis pequenos, xa que moitos non saben nin que existen as razas. H.R. : Iso mesmo, dende a asociación traballamos na divulgación da raza, a ver se seguimos aumentando pouco a pouco. L.L. : Intentamos darlle a todo aquel que se achega a nós toda a información que lle fai falta. Tratamos de axudalos, divulgamos, imos a moitas feiras... porque as cousas, como se adoita dicir, hai que velas para que gusten. J.B. : A asociación fai unha divulgación moi importante da raza e nós, dende o campo, no que podemos tamén a facemos. A carne desta raza non a temos que vender nós, véndese soa. No momento no que a coñecen, véndese ela. Que pasa? Que ao mellor aínda non estamos chegando a todos os sitios aos que nos gustaría chegar.
13
Como cambiou a situación ao empezar a traballar como asociación, con Boaga e co Centro? M.H.A. : Cambiou totalmente. Dende entón empezouse a controlar todo mellor, seguimos aumentando... Dende que empezamos axudáronnos ao máximo. J.M.G. : Cada vez imos a mellor. Agora, por exemplo, traballamos co logotipo, que nos axudou a promover a carne das nosas razas autóctonas. Isto é moi importante porque moita xente, a que vive na cidade, non sabía nin que existía e este foi
L.L.: “AS ADMINISTRACIÓNS O PRIMEIRO QUE TEÑEN QUE FACER É DEIXARNOS BASE TERRITORIAL E, DESPOIS, AXUDAR, DAR FACILIDADES PARA QUE A XENTE QUEDE NO AGRO”
Autóctonas Galegas Número 12
14
un medio para darnos a coñecer. Aínda hai moito traballo por facer, pero ese foi un dos pasos importantes. L.L. : O de Boaga foi algo moi ben feito. Para empezar, aforramos moitos cartos administrativamente en todas as asociacións e, como federación a nivel galego, temos más representatividade. Grazas a isto estamos chegando a moitos sitios aos que non poderiamos chegar de xeito individual. J.B. : Se estamos aquí penso que é por como fixeron as cousas dende o Centro. Se hoxe teño as vianesas é por como me informaron cando me fixo máis falta. Eu creo que boa parte do mérito de que existan actualmente as razas é deles, que naqueles momentos nos informaron moito. Teñen futuro as nosas razas autóctonas? M.H.A. : Téñeno, pero para iso necesitaríase que se tivese máis respecto e recoñecemento polo que facemos. Por desgraza, pola nosa parte, traspaso non vai haber e en parte é porque cada vez temos menos axudas, hai menos apoio. É que, aínda que hoxe en día isto está moi ben controlado e se está traballando ben, o problema que temos é que nos recortaron moito nas subvencións e, se non as hai, é moi complicado continuar a vida nun sitio tan pequeno. J.M.G. : Creo que si, pero imos ter que adaptarnos... Esta é unha loita continua por adaptarse aos tempos. Entón, sen dúbida, haberá que aumentar o número de animais para poder saír adiante porque, se non, cada vez os custos de produción son máis altos e é máis difícil que sexa rendible a asociación. H.R. : Eu considero que esta é unha moi boa raza para traballar con ela, logo espero que teña futuro. Ata o de agora xa se fixo moito por ela, pero segue habendo traballo pendente. O importante é non decaer e continuar mellorando, seguir máis ou menos este camiño. L.L. : Levamos 20 anos aumentando moito e teremos que seguir así. Facelo é posible, pero para iso o primeiro que teñen que facer as administracións é deixarnos base territorial e, despois, axudar, dar facilidades para que a xente quede no agro, que está moi abandonado. J.B. : Eu penso que é fundamental que o Centro e Boaga sigan colaborando. Hoxe as asociacións están levando a cabo un labor moi importante, pero tamén o poden facer porque están dende Fontefiz botando unha man. Eles son todos Autóctonas Galegas Número 12
ENTREVISTA
J.B.: “EU DIGO SEMPRE QUE NON HAI ANIMAL BRAVO SE O DONO É MANSO”
traballadores incansables, tanto o Centro de Recursos Zooxenéticos como Boaga. Estamos aquí grazas a todos eles. Nós o único que facemos é manter animais, que é o que sabemos facer. Se non fose por eles, non sería posible. Pensando nestes 20 anos de traballo, que diriades que se fixo ben e que hai que seguir potenciando? M.H.A. : Ata o de agora fíxose todo ben, non hai nada que reprochar. Os nosos veterinarios levan traballado ao máximo dende o primeiro día, fixeron de todo...
Non se lles pode pedir máis. Por iso se chegou onde se chegou en tan pouco tempo. J.M.G. : Que hai que seguir facendo? Dalas a coñecer o máximo posible para que non queden esquecidas como pasou daquela, que estiveron a piques de se extinguir. Todos temos que colaborar para que se coñezan cada vez máis e para que se consuma cada vez máis. Ata o de agora fíxose o que se puido contando co que tiñamos, o que queda agora é seguir traballando e mellorando. H.R. : Eu creo que nestes 20 anos se traballou moi ben, porque empezar, sobre todo facéndoo dende cero, é o que máis custa. Agora quédanos seguir así. L.L. : Puido haber erros, como en todo, pero sobre todo fíxose moito ben. Por exemplo, o logotipo é unha cousa boa, podemos ir a máis feiras... En canto á mellora, temos que seguir divulgando a raza, seguir traballando e dándoas a coñecer, e a única forma de facelo é grazas a Boaga, porque por libre non dariamos chegado. J.B. : Eu quero puntualizar que non é que se fixesen moitas cousas ben, é que se fixo todo ben. O que nos queda é seguir mellorando a raza o máis que se poida. Agora que xa temos un bo número de animais podemos empezar a pensar niso e en seguir potenciando e divulgando como ata o de agora... E a ver se dentro doutros vinte anos podemos volver estar aquí, falando do moito que seguimos avanzando!
BOVINO
15
OS 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS DE CRIADORES DE RAZAS DE VACÚN AUTÓCTONAS DE GALICIA, EN NÚMEROS 1999
2019
Cachena
Cachena
Limiá
Limiá
Vianesa
Vianesa
Frieiresa
Frieiresa
1
Caldelá
5
0 0
56
Caldelá
2
0
30
0
0
Resto España: 0
3 Resto España: Cachena 13 Frieiresa 2 Vianesa 2
0
0
0
0
2
0
14
2
5
8
8
18
19
6 3
0
6 0
20
27 10
20 36
Totais: 121
7
38
28 21
17 42
Totais: 349
Número de ganderías de razas bovinas galegas autóctonas por provincias en 1999 e en 2019
Repasamos a evolución dos censos das cinco razas bovinas dende a firma das actas fundacionais das súas cinco asociacións no ano 1999 ata a actualidade. JOSÉ RAMÓN JUSTO FEIJOO Director de Boaga
O 12 de marzo de 1999 asinouse no Pazo de Fontefiz a acta fundacional das cinco asociacións de criadores das que naquel momento se coñecían como Morenas Galegas. Nacían así hai máis de vinte anos as cinco asociacións de criadores das razas bovinas autóctonas de Galicia que, para formar o nome de cada asociación, tomaron o nome de cadansúa raza e combinárono coas dúas primeiras letras do nome da nosa comunidade. Deste xeito, conformáronse as asociacións de criadores das razas Cachena (Cachega), Caldelá (Caldega), Frieiresa (Frieirega), Limiá (Limiaga) e Vianesa (Vianega). Autóctonas Galegas Número 12
BOVINO
16
AS XUNTAS XESTORAS
LIMIAGA
No seus inicios, as xuntas xestoras das cinco asociacións estaban formadas polos seguintes membros: CACHEGA María Rocío Pérez Barroso
Olelas (Entrimo, Ourense)
Pablo Pérez Barroso
Olelas (Entrimo, Ourense)
Serafina Viéitez Domínguez
Olelas (Entrimo, Ourense)
Nemesio Domínguez Domínguez
Olelas (Entrimo, Ourense)
Manuel López Fernández
Prado (Muíños, Ourense)
Ramón Vázquez Lorenzo
Baltar (Ourense)
José Manuel González Lamelas
Escuadro (Maceda, Ourense)
María Rivero Álvarez
Sabucedo (Baltar, Ourense)
VIANEGA José Benito Gayoso González
Toro (Laza, Ourense)
Ernesta Requejo Gómez
Toro (Laza, Ourense)
José Manuel González Lamelas
CALDEGA
Ángel Rivas Peña
José Manuel González Lamelas
Escuadro (Maceda, Ourense)
Manuel Arthur Fernándes Bahía
Teixeira da Serra (Maceda, Ourense)
Ángel Rivas Peña
Teixeira da Serra (Maceda, Ourense)
Francisco Rodríguez González
A Pousa (Castro Caldelas, Ourense)
FRIEIREGA María Josefa Fernández Padín
Chaguazoso (A Mezquita, Ourense)
José Antonio Pérez Pérez
Chaguazoso (A Mezquita, Ourense)
Antonio Cifuentes Pérez
Chaguazoso (A Mezquita, Ourense)
Isaías Diéguez Diéguez
Chaguazoso (A Mezquita, Ourense)
Escuadro (Maceda, Ourense) Teixeira da Serra (Maceda, Ourense)
Estes 20 gandeiros, que supoñían case o 20 % do total das 5 razas, foron quen de aceptar formar parte e poñerse á fronte das asociacións de criadores que anos máis tarde formarían a Federación de Bovino Autóctono de Galicia (Boaga). Pouco tempo despois, coa incorporación doutras razas autóctonas, trocaría o nome por Federación de Razas Autóctonas de Galicia. Posto que algúns deles xa non están entre nós, que sirva esta publicación como recoñecemento para eles, así como para todas as familias de criadores de razas autóctonas neste 20.° aniversario.
SITUACIÓN 1999 vs. 2019 Táboa 1. Evolución do número de ganderías de razas bovinas galegas autóctonas
GANDERÍAS 1999
A CORUÑA
2019 INCREMENTO (%) 1999
LUGO
OURENSE
2019
1999
2019
1999
2019
PONTEVEDRA RESTO DE ESPAÑA 1999
2019
1999
2019
CACHENA
26
155
496,15 %
5
30
1
56
20
38
0
18
0
13
CALDELÁ
29
50
72,41 %
0
2
2
14
27
28
0
6
0
0
FRIEIRESA
20
28
40 %
0
2
0
5
20
17
0
3
0
1
LIMIÁ
10
38
280 %
0
3
0
8
10
21
0
6
0
0
VIANESA
36
78
116,67 %
0
8
0
19
36
42
0
7
0
2
121
349
188,43 %
5
45
3
102
113
146
0
40
0
16
TOTAIS
Datos de 2019 a 14 de novembro
Aínda que en 2019 segue a ser predominante a provincia de Ourense nas cinco razas, o seu peso xa diminuíu con respecto 1999 a medida que Lugo foi tomando un papel importante. De feito, no caso da raza Cachena existen máis explotacións na provincia lucense que na de Ourense, e A Coruña tamén está preto, con 30 explotacións xa en activo. Ademais, contan cachenas en Asturias, Burgos, Cáceres, León, Madrid, Soria e Biscaia, e temos rexistros de frieiresas en Soria e de vianesas en Ávila e Palencia.
Táboa 2. Evolución do número de vacas reprodutoras
1999
2019
INCREMENTO (%)
CACHENA
273
3.210
1.075,82 %
CALDELÁ
140
1.090
678,57 %
FRIEIRESA
71
676
852,11 %
LIMIÁ
33
798
2.318,18 %
VIANESA
164
1.939
1.082,32 %
TOTAIS
681
7.713
1.032,60 %
Datos de 2019 a 14 de novembro
Producíronse avances importantes nas razas Cachena, Limiá (que partía de números especialmente baixos) e Vianesa. De feito, e aínda que sempre se fala da Cachena como a que máis medra, vemos que a porcentaxe de crecemento é moi similar entre cachenas (1.075,82 %) e vianesas (1.082,32 %). Autóctonas Galegas Número 12
BOVINO
17
Táboa 3. Evolución en vacas por gandería e en cabezas por gandería VACAS POR GANDERÍA
1999
2019
CACHENA
10,50
20,71
CALDELÁ
4,83
FRIEIRESA
CABEZAS A 14/11/2019
%
CABEZAS POR GANDERÍA
1999
2019
%
1999
2019
%
97,24 %
395
5.270
1.234,18 %
15,19
34,00
123,8 %
21,80
351,57 %
209
1.586
658,85 %
7,21
31,72
340,13 %
3,55
24,14
500,00 %
104
977
839,42 %
5,20
34,89
571,02 %
LIMIÁ
3,30
21,00
800 %
49
1.344
2.642,86 %
4,90
35,37
621,8 %
VIANESA
4,56
24,86
1.900 %
234
2.977
1.172,22 %
6,50
38,17
487,18 %
TOTAIS
5,63
22,10
292,68 %
991
12.154
1.126,44 %
8,19
34,83
325,21 %
Datos de 2019 a 14 de novembro
Se ata hai pouco viamos como a Vianesa e a Cachena medraban case ao mesmo ritmo en porcentaxe, agora percíbese que no número de vacas por gandería existe un crecemento espectacu-
lar da Vianesa fronte o resto das razas, pasando de 4,56 a 24,86 vacas por gandería.
Táboa 4. Nacementos nos libros xenealóxicos (1999 a 2019) NACEMENTOS 1999/2019
1.º TRIMESTRE
2.º TRIMESTRE
3.º TRIMESTRE
4.º TRIMESTRE
TOTAIS ANUAIS
CACHENA
6.602
9.353
4.153
2.903
23.011
CALDELÁ
2.089
3.340
1504
935
7.868
842
1.448
889
586
3.765
LIMIÁ
1.121
1.605
938
767
4.431
VIANESA
2.766
4.885
2.232
1.657
11.540
13.420
20.631
9.716
6.848
50.615
26,51 %
40,76 %
19,20 %
13,53 %
100 %
FRIEIRESA
TOTAIS %
Nestes 20 anos tramitáronse 50.615 nacementos, a maioría da raza Cachena (23.011), seguida da Vianesa (11.540). Así mesmo, é importante subliñar que o 40,76 % dos nacementos se producen no segundo trimestre, durante a primavera, o que dá conta da explotación ambiental en extensivo das nosas razas.
Táboa 5. Baixas entre 1999 e 2019 CACHENA
17.492
CALDELÁ
6.048
FRIEIRESA
2.642
LIMIÁ
3.016
VIANESA
8.509
TOTAIS
37.707
Táboa 6. Idades dos animais rexistrados activos IDADES 2019
De 0 a 2 anos
De 2 a 5 anos
De 5 a 10 anos De 10 a 15 anos De 15 a 20 anos Máis de 20 anos
TOTAIS
CACHENA
1.836
1.014
1.219
998
194
9
5.270
CALDELÁ
444
338
412
323
65
4
1.586
FRIEIRESA
267
188
292
192
37
1
977
LIMIÁ
469
343
344
154
33
1
1.344
VIANESA
937
602
769
548
115
6
2.977
3.953
2.485
3.036
2.215
444
21
12.154
32,52 %
30,30 %
37,02 %
27,01 %
5,41 %
0,26 %
TOTAIS %
Datos de 2019 a 14 de novembro
Podemos considerar que os animais reprodutores se encadran nun 50 % entre os dous e os cinco anos. Xa que logo, se eliminamos as crías ata dous anos, os reprodutores pasarían a ser o
67,32 %, o que nos indica que os rabaños de razas autóctonas teñen na actualidade unha idade media ideal.
Autóctonas Galegas Número 12
BOVINO
18
Táboa 7. Idades dos animais rexistrados activos excluíndo o rango de 0 a 2 anos IDADES 2019
2 a 5 anos 5 a 10 anos
10 a 15 anos
15 a 20 anos
Máis de 20 anos
TOTAIS
CACHENA
1.014
1.219
998
194
9
3.434
CALDELÁ
338
412
323
65
4
1.142
FRIEIRESA
188
292
192
37
1
710
LIMIÁ
343
344
154
33
1
875
VIANESA
602
769
548
115
6
2.040
2.485
3.036
2.215
444
21
8.201
30,30 %
37,02 %
27,01 %
5,41 %
0,26 %
TOTAIS %
Datos de 2019 a 14 de novembro
UN PASO MÁIS: A XENOTIPIFICACIÓN DO ADN Táboa 8. Evolución do número de mostras xenotipadas de cada raza CACHENA CALDELÁ FRIEIRESA 2002 52 85 68 2003 373 212 33 2004 410 148 30 2005 438 67 104 2006 288 122 33 2007 636 215 56 2008 927 219 175 2009 854 280 103 2010 888 278 105 2011 424 132 56 2012 351 82 62 2013 52 26 36 2014 99 53 33 2015 495 193 165 2016 174 64 31 2017 205 52 22 2018 47 51 28 2019 80 95 125 TOTAIS/ 6.793 2.374 1.265 RAZA
LIMIÁ 102 60 22 34 68 80 212 138 164 85 50 11 22 194 19 89 63 16
VIANESA TOTAIS/ANO 59 366 176 854 107 717 154 797 244 755 214 1.201 435 1.968 377 1.752 416 1.851 260 957 141 686 50 175 51 258 305 1.352 45 333 194 562 82 271 44 360
1.429
3.354
15.215
Táboa 9. Tipo de mostras enviadas e analizadas de ADN MOSTRA
CACHENA CALDELÁ FRIEIRESA
LIMIÁ
VIANESA
TOTAL
PELO
4
1
1
0
3
9
SEME
82
65
43
39
40
269
SANGUE
3.496
1.408
781
822
1.946
8.453
PAVILLÓN AURICULAR
3.215
900
440
568
1.363
6.486
2
0
0
0
2
4
6.799
2.374
1.265
1.429
3.354
15.221
MÚSCULO TOTAL
Autóctonas Galegas Número 12
No ano 2002, a chamada Federación de Bovino Autóctono de Galicia (Boaga) tomou a decisión de xenotipar todo o que lle fose posible das cinco razas autóctonas de vacún galegas. Así pois, todas as crías femias e sementais, tanto vivos como presentes no banco de xermoplasma de Fontefiz, pasarían a ser susceptibles de xenotiparse, e así se fixo. Por suposto, esta decisión púidose levar a cabo grazas ao o aval e o apoio da Consellería do Medio Rural. Todo isto derivou en que nestes últimos dezasete anos conseguimos chegar a ter 15.215 mostras xenotipadas e informatizadas, as cales son dun valor enorme de cara ao futuro das nosas razas. Para a realización destes traballos, nalgúns períodos contamos cunha axuda importante da Consellería, que colaborou a través das campañas oficiais de saneamento gandeiro (como se pode observar na táboa 8 entre os anos 2007 e 2010, e en 2015). Expresándoo en cifras, establecendo en 13 euros de media o custo de cada análise, podemos falar de que se investiron (que non gastaron) uns 197.395 euros no xenotipado, á parte dos custos de material e desprazamentos para a extracción de mostras. Así, na actualidade é obrigatorio que todos os sementais das explotacións estean xenotipados, así como as femias cando cheguen a reprodutoras.
ESPECIAL 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
19
FONTEFIZ: O BERCE DAS NOSAS AUTÓCTONAS
Nas seguintes liñas volvemos ao punto de partida, o Pazo de Fontefiz, o lugar no que nos anos oitenta comezou o proxecto de recuperación das razas autóctonas e o que aínda a día de hoxe segue a ser a sede dun dos órganos de referencia para os gandeiros destas razas: o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia. Coñezamos como comezou, cal foi a súa evolución e en que se centra o seu traballo na actualidade.
Cástor Rivero, director de Fontefiz
Julio Feijóo, xefe de área do centro
Para falar dos inicios da relación do Pazo de Fontefiz coa recuperación das razas gandeiras temos que remontarnos ao ano 1944. Nese momento, o Ministerio de Agricultura decidiu mercar este recinto e creou nel o Centro de Selección de Gando Galego. “Nos anos 40 empezouse traballando con gando rubio e Caldelá e seguiuse así ata o 1953. Ese ano, Fontefiz acolle un centro de inseminación artificial e con iso traballouse ata finais dos oitenta”, explica o seu director, Cástor Rivero. “Para entón, as funcións de selección de gando rubio quedan asumidas pola súa asociación de criadores e a Consellería de Agricultura, Gandería e Montes decide dedicar o Pazo de Fontefiz a Centro de Conservación das Razas Autóctonas e, dende principios dos anos noventa, é ao que o estamos dedicando,
a preservar especies autóctonas de Galicia en perigo de extinción”.
PRIMEIRAS ACCIÓNS DE CONSERVACIÓN Nos inicios deste labor, empezouse traballando coas cinco razas de vacún en perigo de extinción (Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa), para o que foi fundamental poder contar co banco de xermoplasma. O programa de recuperación destes anos xurdira debido a un forte descenso dos rabaños por esa época, relacionado moi estreitamente coa especialización das producións. “Estas razas eran de tripla actitude, a xente tíñaas porque daban un pouco de leite, un pouco de carne e, sobre todo, traballaban pero, co tempo, a Autóctonas Galegas Número 12
20
ESPECIAL 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
produción de leite asumiuna a raza Frisoa, a produción de carne foise ás razas de maior masa corporal e o traballo comezárono a desempeñar os tractores a partir dos anos 60. Iso, xunto coas campañas de saneamento gandeiro, que neses anos se estenderon a toda a comunidade, fixo que os censos empezasen a baixar dun xeito espectacular”, explica Rivero. Así, en cuestión de 20 anos pasouse de ter uns censos de autóctonas bastante aceptables a chegar a que estas razas quedasen case extintas. “Para que a xente se faga unha idea, cando empezamos co programa de conservación, no ano 1994, quedaban unas 240 vacas: da Limiá había fóra de Fontefiz 15 exemplares e, de Caldelá, só unhas 30 cabezas en mans de gandeiros”.
O PROGRAMA DE RECUPERACIÓN A principios dos 90 decidiuse comezar co Programa de Conservación e Recuperación das Razas Autóctonas de Galicia, baseado en dúas liñas de actuación principais: o Programa In Situ, aplicado ás zonas de orixe destas razas coa misión de recuperar os censos de animais e as explotacións deses lugares, e o Programa Ex Situ, responsabilidade do centro e coas finalidades de garantir a variabilidade xenética das razas e de crear unha reserva de recursos xenéticos animais no banco de xermoplasma que asegurasen a súa supervivencia.
mos hoxe das 12.000 cabezas nas 5 razas. Daqueles 179 criadores, con 1,08 vacas cada un, cunha idade de 65 anos de media do gandeiro e de 12 anos das vacas, pasamos a ter unhas idades dos criadores de entre 40 e 50 anos, unha idade media das vacas de 4 a 5 anos, unha media de vacas por explotación (que é o máis importante) de 30 a 35 cabezas e preto de 400 gandeiros”, indica Cástor Rivero.
O BANCO DE XERMOPLASMA, UNHA IDEA FUNDAMENTAL Á parte do Programa de Conservación e Recuperación das Razas Autóctonas de Galicia Ex Situ e In Vivo, existe tamén o Programa In Vitro, a base de conxelar seme e embrións destas razas, o cal “nos dá a seguridade de que, se nun determinado momento de epizootia quedamos sen animais, en base a eses recursos conxelados seriamos capaces de recuperar as especies”, expoñen dende o centro. Segundo os datos do arquivo de Fontefiz, a dose máis antiga data do 11 de febreiro de 1976, ano no que se desenvolvera un programa de recuperación para o que
“Como parte do Programa Ex Situ trouxéronse para Fontefiz vacas das distintas razas, catalogáronse, acabáronse de mesturar coas que había en posesión da Consellería e, en función dos lotes por razas que se fixeron e do número mínimo de vacas que había, asignóuselle a cada grupo de 3 ou 4 femias as doses dun dos bois que se conservaban no banco de xermoplasma e que se obtiveran entre os anos 1977 e 1987”, conta Julio Feijóo, xefe de área do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia.
“CANDO COMEZAMOS O PROGRAMA NOS ANOS 90, FOMOS INCAPACES DE RECUPERAR UN MACHO”
Estes grupos de animais coñécense como rabaños fundacionais, os cales estiveron sempre en Fontefiz, cruzándose cos bois fundadores dos que había doses no banco, e deron lugar á meirande parte da cabana que existe na actualidade: “De feito, se hoxe facemos contas dos animais que temos, é moi raro que algún non teña antecedentes en Fontefiz”, afirma Rivero. Dende entón, a evolución dos rabaños foi máis que positiva. “En vacún, daquelas 240 vacas que había en 1994, pasaAutóctonas Galegas Número 12
se trouxeran para o pazo unha serie de sementais desas razas. “Nunca lles estaremos o suficientemente agradecidos aos compañeiros que no seu momento tiveron a idea de conservar aí un material xenético porque, cando comezamos o programa nos anos 90, fomos incapaces de recuperar un macho. Había femias, máis ou menos puras e próximas ao estándar racial que buscabamos, pero machos, non. Por sorte, aquí tiñamos seme de 53 sementais fundadores das 5 razas e, se non fose porque estaba aí conxelado, penso que non poderiamos ter recuperado as razas, porque non teriamos a variabilidade xenética necesaria para mantelas”, lembra Rivero. Tamén para Feijóo o banco de xermoplasma é algo “fundamental”. “Tanto, que no ano 1988, se non chega a existir, non habería hoxe estas razas. Hai que ter en conta que nos anos oitenta o 80 % das producións eran mixtas, inseminábase o 90 % da cabana. Machos en monta natural, como se ven hoxe en ganderías de carne, non quedaban. Entón, se non chega a ser por ese seme, tería sido imposible recuperalas”, explica.
O obxectivo é aumentar o número de bois no banco
ESPECIAL 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
21
O centro conta na actualidade cun equipo de catorce traballadores
Eses 53 sementais fundadores deron lugar aos 372 sementais doantes (113 de Cachena, 83 de Caldelá, 61 de Frieiresa, 60 de Limiá e 55 de Vianesa) dos que se dispón na actualidade, é dicir, “que nos deixaron un herdo que foi vital”, apuntan dende o centro. Hoxe, dispoñen no banco de arredor de 700.000 doses, ás que se suman os preto de 350 embrións conxelados, ademais das doses seminais de ovino, caprino, porcino e equino e dos embrións de Cabalo de Pura Raza Galega, cos que tamén contan. O proceso de cruzamento A cada unha das vacas do centro asígnaselle un boi fundador. Logo, o primeiro macho nacido dese apareamento é o chamado boi de programa, que é o que se converte no herdeiro do programa, ao que se lle extrae o seme e segue de fundador ata a seguinte xeración. “En resumo, un boi de programa é un touro que recriamos ata que obtemos certas doses de seme del, unhas 2.000. Unha vez que cumpre con iso, é perfectamente hábil para pasar a monta natural nas explotacións”, explica o xefe de área do centro. O futuro do banco “Tanto no que se refire a doses de seme como a número de bois, creo que temos o futuro bastante garantido”, di Feijóo. “Agora, do que se trata é de ter un banco o máis variado posible, pensando tanto nos estudos que se poidan facer nun futuro como nos posibles incidentes que poida haber. Canta máis variabilidade xenética teñamos, mellor. Ademais, como o custo de ter 600.000 ou 800.000 doses non
cambia moito porque o número de tanques é o mesmo, o obxectivo é aumentar o número de bois no banco”, explica.
reprodutivo proceden, incubámolos semanalmente e, ao nacer os polos, son marcados na á cunha chapa”.
O CENTRO NA ACTUALIDADE
No que respecta ás demais especies autóctonas, coas que se comezou a traballar gradualmente dende o ano 2000, como o espazo físico non era suficiente, fíxose un convenio entre a Consellería e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para supervisar dende Armariz os rabaños fundacionais de Ovella Galega, Cabra Galega e Porco Celta.
Fontefiz conta agora mesmo cuns rabaños estables de vacún de entre 260 e 280 cabezas, compostos dunhas 30 a 40 femias e duns 10 a 15 touros vivos por raza, dependendo dos machos que nazan. Os animais críanse no centro nun sistema extensivo, que é o que se pretende que teñan ao saír. “Dende que nace unha femia xa sabemos que semental lle toca, entón cando queda en celo o que facemos é inseminar. Ao nacer, pésanse e márcanse os animais e fanse as probas sanitarias pertinentes. Ademais, no caso dos machos, unha vez que nacen, poden ter dúas finalidades: que sexan machos de programa ou que sexan touros que non nos fan falta porque temos a súa xenética e que quedan para a venda a gandeiros”. Ademais dos rabaños fundacionais das cinco razas de vacún, en Fontefiz teñen doses de 3 machos de Cabra Galega e de 10 de machos de Ovella Galega (para manter os bancos de xermoplasma destes animais) e os rabaños fundacionais da Galiña de Mos. “Cando empezamos a traballar coa Galiña de Mos vimos que quedaban uns poucos exemplares, 196 (36 machos e 160 femias), polo que se trouxeron para Fontefiz, cruzámolos e fixemos sete grupos reprodutivos, un por cada unha das sete casas das que os trouxemos, e empezamos a recoller os ovos cada día, indicamos de que grupo
O ORGANIGRAMA “Ao persoal pásalle un pouco como ás razas, que foi pouco a pouco caendo en perigo de extinción”, lamenta Rivero. “Nos últimos anos a verdade é que temos auténticos problemas, posto que foi diminuíndo o grupo inicial e non se produciu substitución”. O centro conta agora mesmo con catro funcionarios: dous veterinarios (un director e un xefe de área), un pastor (o único de toda a Xunta de Galicia con esta categoría) e unha administrativa. Como persoal laboral, hai un capataz (que é o encargado de organizar o traballo do persoal de campo), un controlador pecuario (que exerce de auxiliar do veterinario), un auxiliar de laboratorio e seis obreiros de campo (tres oficiais de segunda e tres peóns). A maiores, nos últimos anos estase contratando unha ou dúas persoas durante un par de meses como apoio. Eles son os responsables do mantemento dos rabaños que están en Fontefiz, “é dicir, encárganse dos animais que son Autóctonas Galegas Número 12
ESPECIAL 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
22
“SEMPRE TIVEN A ILUSIÓN DE QUE ESTAS RAZAS CHEGASEN A SER RENDIBLES POR SI MESMAS, QUE, ADEMAIS DE AUTÓCTONAS, FOSEN AUTÓNOMAS”
través do centro, que pasou a desenvolver o papel de revisor. “Dende entón, no centro encargámonos de manter os rabaños fundacionais das razas, de supervisar o traballo que se realiza no Inorde e de controlar todas as actuacións de levanzas dos libros, así como das actividades e convenios que se teñen firmado con estas asociacións”, enumera Cástor Rivero quen, como director do centro, desenvolve o traballo de inspector de todas as razas autóctonas en perigo de extinción, ademais da certificación e os rexistros de pedigree do Can de Palleiro.
UN PATRIMONIO XENÉTICO INESTIMABLE propiedade de todos os galegos, porque pertencen á Consellería do Medio Rural”, sinala o director do centro.
TRABALLO EN ESTREITA COLABORACIÓN CON BOAGA Debido á proximidade, literal e metafórica, entre o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) é habitual que se tendan a confundir as súas funcións. Porén, ambos os órganos realizan tarefas diferentes á par que complementarias. “Sempre digo que a recuperación das nosas razas foi algo que fixeron funcionarios que, tirando do seu traballo, o puxeron a andar. Iso xurdiu en Fontefiz”, remarca Rivero. “Pero, a partir de aí, fíxose necesaria a xeración de asociacións de criadores, que foron os que tomaron o testemuño”. Así, no ano 1999, as asociacións comezaron coa levanza dos libros xenealóxicos baixo a supervisión da Consellería e a
Autóctonas Galegas Número 12
É importante ter en conta que estes animais foron escollidos polos nosos antepasados porque eran os que mellor respondían ás súas necesidades, adaptáronse ao medio ata converterse nun patrimonio xenético que nos foi legado e que nós temos a obriga de deixarlles aos nosos fillos. “A xente entende perfectamente que haxa que conservar unha capela ou unha ponte. Porén, non hai esa mesma sensibilidade para conservar este patrimonio que nos deixaron os nosos predecesores”, sinala o director do centro. Xa non falando do seu valor histórico, senón práctico, é innegable a súa resistencia fronte a adversidades edafoclimáticas, así como a súa eficacia á hora de limpar os montes, previr incendios e xerar biodiversidade. “Por non mencionar a calidade da súa carne”, engade Rivero. “A alimentación a base de forraxes verdes xera unha carne cunha composición de ácidos graxos cardiosaudables, cunha relación omega 3/omega 6 moi favorable e cunhas características organolépticas excepcionais”, di.
AUTÓCTONAS E AUTÓNOMAS Se falamos dos grandes fitos logrados no centro neste tempo, sen dúbida, habería que sinalar a recuperación das razas e, por suposto, a creación das asociacións. “Que un gandeiro asumise que quería unha raza e que quería criala en pureza era algo que en Galicia, e en concreto na provincia de Ourense, practicamente non existía. Iso foi un gran logro”, afirma Rivero. “Sempre digo que a primeira vez que un gandeiro veu onda min e traía unha tarxetiña que poñía ‘Criador da Raza Cachena’ foi cando me dei de conta de que o que estabamos poñendo en marcha tiña importancia e estaba ben feito, porque esa persoa estaba orgullosa do que estaba facendo”, engade, aludindo á necesidade de recuperar o orgullo de quen traballa no rural a fin de garantir que teña futuro. Agora, pensando nos próximos pasos a dar, o director do centro apunta cara á autonomía dos criadores. “Eu sempre tiven a ilusión de que estas razas chegasen a ser rendibles por si mesmas, sen necesitar axudas, que, ademais de autóctonas, fosen autónomas”, reflexiona Rivero. Para iso, o primeiro será dispoñer de máis territorio para a súa explotación, continuar dando a coñecer os produtos e apoiar os gandeiros. “Eu penso que é vital que se entenda que os sistemas de explotación destas razas en extensivo necesitan dunha serie de achegas que o medio nos dá, que conforman a súa dieta con base na alternancia de forraxes e fibra de vexetais. Tamén é fundamental que a sociedade participe de todo isto. Se queremos que se conserve o medio, hai que implicarse e consumir produtos que se produzan aquí”, afirma.
ESPECIAL 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
23
BOAGA: A GRANDE UNIÓN XURDIDA DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
“Se Boaga non existise, habería que inventala”, dixo un antigo director do Centro de Fontefiz e, a xulgar pola valoración que fan os gandeiros da federación e conscientes do traballo que se realiza dende ela, quizais non fose tan desencamiñado… A continuación, abordamos as súas funcións e liñas de actuación e facemos un repaso pola evolución do seu labor.
A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) abarcaba nos seus inicios o conxunto das cinco asociacións de gando vacún de Galicia en perigo de extinción: Cachega, Caldega, Frieirega, Limiaga e Vianega, as cales celebran este ano o 20 aniversario da súa fundación. “Conscientes de que, por si soas, seguramente non poderían seguir traballando moito tempo, decidiuse que había que unirse para optimizar custos e recursos, e unha das iniciativas foi a creación no ano 2001 da federación para xuntar todas estas razas”, explica o seu director, José Ramón Justo. “Posteriormente, nos anos seguintes, fóronse unindo o resto das asociacións
que son hoxe membros: Ovella Galega, Galiña de Mos e Cabra Galega”, cita.
ESTRUTURA DE TRABALLO A Federación traballa cun organigrama sinxelo, pensando en ser áxiles á hora de tomar decisións. “A Asemblea Xeral da Federación está formada por dous representantes (o presidente e o secretario) de cada unha das organizacións que son socios. Esa Asemblea Xeral, que ten unha xunta directiva formada polos presidentes das razas, é a que se reúne periodicamente cando é necesario”, di Justo. Así mesmo conta cunha dirección xeral que, ademais das funcións administrativas pertinentes, tamén asume todas aquelas tarefas que lle poida delegar a súa xunta directiva para poder gobernar. Autóctonas Galegas Número 12
ESPECIAL 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
24
O equipo da federación JOSÉ RAMÓN JUSTO • Director de Boaga • Veterinario • 20 anos traballando con razas autóctonas
DIEGO ROIS • Subdirector de investigación, fomento e promoción das razas e director técnico de Avimós • Veterinario • 20 anos traballando con razas autóctonas
SILVIA ADÁN • Directora adxunta de Boaga e secretaria executiva de Capriga e Asovega • Veterinaria • 20 anos traballando con razas autóctonas
JUAN LAMA • Subdirector de zootecnia e libros xenealóxicos e secretario executivo de Cachega, Caldega, Frieirega, Limiaga e Vianega • Veterinario • 17 anos traballando con razas autóctonas
MARINA ROSENDE • Subdirección económica e administrativa de Boaga • Ciencias Empresariais • 17 anos traballando con razas autóctonas
Autóctonas Galegas Número 12
Malia que boa parte do traballo que se desenvolve dende Boaga se realiza de xeito conxunto entre os distintos membros, cada un deles ten tamén asignadas unha serie de funcións individuais. Esta é a súa repartición de tarefas. “Cada asociación ten a súa personalidade, os gandeiros pertencen cada un á da súa raza; entón, en Boaga, do que nos encargamos é de traballar para que todo o mundo se sinta cómodo nas accións que se fan e, dende a dirección en concreto, son o responsable do funcionamento e a marcha da oficina e do seu persoal, ademais de encargarme das funcións que me poida delegar a xunta directiva”.
“Aquí a verdade é que somos todos un pouco todo terreo. Eu estou máis especializado en avicultura, en todo o que se refire á recuperación da Galiña de Mos, pero, dentro da federación, todos os veterinarios facemos un traballo conxunto de asesoramento en todo tipo de explotacións”.
“Por unha banda, encárgome da coordinación das diferentes actividades da federación (feiras, promoción, reunións…) e, por outra, da levanza do libro xenealóxico de Asovega e Capriga (rexistros, documentación, introdución de datos, visitas a explotacións...). Ademais, tamén lles fago labor de asesoría a gandeiros que xa están dados de alta e aos que están interesados en montar explotacións e xestiono todo o relacionado co logotipo 100 % Raza Autóctona tanto en ovino coma en caprino”.
“O meu traballo consiste principalmente en asesorar e informar aos gandeiros e á xente interesada en traballar con vacas autóctonas, sobre todo en temas de manexo e xestión do libro xenealóxico (toma de mostras para xenotipado, cualificacións morfolóxicas, dirixir os cruzamentos e asignar que touros se poden usar para evitar problemas de consanguinidade). Tamén dou información e fago inspección do logotipo 100% Raza Autóctona e trato de coidar da especie máis ameazada de extinción: o gandeiro”.
O punto importante do meu traballo é a área económica (contabilidade, xustificación económica dos traballos ligados a convenios asinados coa Administración e dos proxectos de investigación que desenvolvemos...) e tamén son a responsable do funcionamento da marca de calidade logotipo 100 % Raza Autóctona (asesoramento a operadores, presentación de memorias e de documentación, coordinación de actividades relacionadas…). Ademais, levo a parte económica do libro xenealóxico de todas as razas e dou apoio na área administrativa.
ESPECIAL 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
NURIA ROSENDE • Adxunta á dirección e á subdirección • Ciencias Empresariais • 14 anos traballando con razas autóctonas
BEATRIZ PEREIRA • Adxunta á dirección e á subdirección • Licenciada en Dereito • 14 anos traballando con razas autóctonas
ANISIA ARIAS • Adxunta á dirección e á subdirección •E nxeñeira técnica agrícola e licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos • 10 anos traballando con razas autóctonas
O LABOR DA FEDERACIÓN Boaga é na actualidade a encargada do desenvolvemento da área In Situ do Programa de Conservación e Recuperación das Razas Autóctonas de Galicia. Antes isto era tarefa do Centro de Fontefiz pero, a partir da creación das asociacións de criadores no ano 1999, empezouse a levar en conxunto. “Dende entón, Fontefiz apoiouse nas asociacións de criadores que comezaban a funcionar e, a partir do ano 2005, o Programa In Situ, todo o que ten que ver co rexistro de animais, bases de datos, cruzamentos de consanguinidade de sementais e demais, estano levando as asociacións de criadores en conxunto coa federación, e o Centro de Fontefiz estase encargando de supervisalo”, conta o director de Boaga. “Digamos que hoxe nós traballamos no campo, cos gandeiros, e Fontefiz fai a revisión”.
25
“Dedícome sobre todo ás actividades relacionadas cos libros xenealóxicos de Avimós, Asovega e Capriga (recepción de documentación, introdución de datos, realización de memorias xustificativas…) e levo o centro de envasado de Avimós, no que realizamos a preparación dos ovos para a súa comercialización. Despois, hai moitas funcións nas que todos colaboramos. Por exemplo, doulle apoio á área económica e á de marca de calidade 100 % Raza Autóctona, e todos participamos na preparación de feiras e no asesoramento aos criadores”.
“Eu principalmente traballo con bovino, encárgome de recibir e preparar a documentación para despois poder levar a cabo estudos de parentesco, certificacións que poidan precisar os criadores, cartas xenealóxicas dos exemplares que vaian solicitar en restaurantes ou que se necesiten para a venda dun animal… Á marxe diso, atendo a xente que quere información sobre algunha raza en concreto, facilito o contacto entre os clientes e os criadores e, en colaboración con outros compañeiros, organizo a loxística das feiras”.
“O meu traballo central é a xestión de proxectos da federación (solicitudes, memorias, coordinación coas distintas entidades coas que traballamos, visitas e reunións, elaboración de informes…). Tamén asumo a xestión dos medios de comunicación de Boaga, tanto a páxina web como as redes sociais, e fago labores de asesoramento na creación e rexistro de marcas individuais. Así mesmo, a outra metade do meu traballo diríxese cara á Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes), onde me encargo da xestión, de proxectos e promocións”.
Ao darse a casualidade de que ambos os órganos comparten espazo de traballo no Pazo de Fontefiz, este labor de inspección do que fala Justo é case diario, “e ao mellor parte do éxito do noso cometido se debe a iso, porque se cadra nos poderiamos ter relaxado estando noutro sitio”, reflexiona. De feito, a explotación de Fontefiz, que está a cargo do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, é unha máis dentro do Programa In Situ, e é a que ten o maior número de razas autóctonas a día de hoxe. “Por suposto, os rabaños que están no Pazo non son alleos ao resto de controis. Teñen que facer o mesmo, ou quizais mellor, porque teñen que dar exemplo”, di o director da federación. “En definitiva, nós somos como o Amazon da gandería, porque temos
case de todo”, ri Justo xa que, xunto co seu labor de asesoramento e apoio aos gandeiros e o seu papel como encargados da levanza dos libros xenealóxicos das razas, realizan outras moitas actividades. Entre elas, atópase a publicación anual da revista Autóctonas Galegas e dun calendario, a asistencia a feiras e eventos, a organización de exposicións (como a que inauguraron no pazo o pasado mes de setembro) e a restauración en citas como o Xantar de Ourense e o Salimat da Semana Verde de Silleda. “Ás veces é un pouco loucura porque é moito, pero paga a pena”, asegura. “O noso maior orgullo como federación é que os nosos criadores poidan dedicarse exclusivamente a vivir da gandería das razas autóctonas e hai bastantes que xa o están conseguindo grazas en parte a todas estas accións”. Autóctonas Galegas Número 12
ESPECIAL 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
26
“HAI UNHA SIMBIOSE MOI NECESARIA ENTRE BOAGA, AS ASOCIACIÓNS DAS DISTINTAS RAZAS E OS GANDEIROS”
Membros da federación durante o Xantar de Ourense 2019
VACÚN: CRECEMENTO EN GANDEIROS E EN GANDO “A día de hoxe, sumando as cinco razas, debemos estar preto dos 300 criadores, aínda que non todos colaboren activamente na recuperación, xa que hai unha pequena porcentaxe que fai cruzamento industrial”, conta Juan Lama, o secretario executivo das cinco asociacións de bovino. En xeral, di que a evolución dos rabaños foi aceptable, sobre todo tendo en conta que, nalgúns casos, apenas se contaba cunha ducia de animais ao comezar. “Á que peor futuro se lle auguraba era á Cachena por ser unha vaca pequeniña, con crías de menor tamaño, duns 100 ou 120 quilos aos nove meses pero, contra todo prognóstico, foi a que máis evolucionou porque a todo o mundo lle resulta graciosa e a súa carne é particularmente boa, dunha textura espectacular”, destaca desta raza que, a día de hoxe, roza as 5.000 cabezas e conta con preto de 150 criadores.
“No caso doutras razas, como son a Frieiresa ou a Limiá, que tamén empezaron con moi poucos exemplares, foise evolucionando máis lentamente e na actualidade aínda seguimos contando con poucos (arredor de 1.000 cabezas nos dous casos), pero temos a esperanza de que se siga aumentando para recuperalas definitivamente”, prosegue. “O consumidor tamén está cada vez máis mentalizado. Estamos vendo que quen a proba, repite, e iso é por esa calidade e por ese sabor ‘como o de antes’”. Os veterinarios portavoces das asociacións non bovinas da federación, Silvia Adán e Diego Rois, tamén valoran moi positivamente a evolución dos censos destes rabaños. “A recuperación das razas, se pensamos que se fixo en 20 anos, é un logro brutal, porque hoxe están consolidadas, están postas no mercado, son coñecidas…”, di Rois. “En vacún vexo unha evolución moi favorable, tanto no que se refire a censos como a traspaso xeracional, que tamén é moi importante”, apunta Adán, quen incide na importancia de que o sector conte cada vez con máis xente nova e máis formada, que axude a poñer en valor o traballo que se está a desenvolver. “Ante a sociedade aínda temos moito por facer. Nós estamos sempre dentro do mesmo círculo e xa o temos claro, pero fóra del hai moita xente que segue sen ser consciente”, destaca.
QUE VALORACIÓN SE FAI DO PAPEL DE BOAGA? “Eu creo que a valoración por parte dos gandeiros é moi boa. Sen eles isto non sería posible, evidentemente, pero penso que hai unha simbiose moi necesaria entre Boaga, as asociacións das distintas razas e os gandeiros porque, aínda que Autóctonas Galegas Número 12
moitos deles son grandes profesionais, se fai necesario estar día a día axudándolles a que fagan as cousas como se debe para que poidan mellorar as súas explotacións e os seus rendementos”, explica Lama. “Un non pode ser xuíz e parte, quizais non debamos ser nós os que digamos como foi a evolución nin en que se mellorou”, comeza o director técnico de Avimós. “O que nos gusta precisamente é observar e que sexan os de fóra os que nos digan como nos ven a nós. Nese sentido, hai xente que quere vir a aprender do que fixemos e sempre estamos dispostos porque, se o que facemos serve para os demais, pois benvido sexa”, conta. “Creo que os gandeiros valoran moito o traballo que se fai dende Boaga e cada vez máis. Se cadra nun principio non entendían ben que era a levanza dun libro xenealóxico, por que se inscribían eses animais, pero agora xa ven a utilidade deses cálculos de consanguinidade que
ESPECIAL 20 ANOS DAS ASOCIACIÓNS BOVINAS
27
subvencións”, manifestan dende Boaga. “Para min, o primeiro é ter gandeiros e animais ben asentados. Logo hai que revalorizar o produto, que lle chegue mellor ao consumidor, e facer ganderías que sexan autosuficientes na medida do posible”, di Adán. Por suposto, o labor da Administración seguirá sendo imprescindible xa que, sen o seu apoio, non se poderían levar a cabo as accións de promoción e recuperación que se realizan. “Niso inflúe tamén moito a sensibilidade de quen estea ao cargo. Por exemplo, grazas a que o Centro de Fontefiz cre neste traballo, as cousas son moito máis sinxelas”, engade a secretaria executiva de Capriga e Asovega. Presentación de marcas e degustacións no Salimat 2019
facemos”, di Silvia Adán. “Creo que a medida que foron pasando os anos se foi vendo o valor de todo o traballo que hai detrás dunha feira ou dun concurso morfolóxico, xa que se dan a coñecer as razas e os seus produtos”. “A xente cada vez está máis interesada, sobre todo a nova, que xa ten unha formación e que ve a gandería como empresa”, explica Nuria Rosende. “Eu estou segura de que Boaga é a base e un apoio para os gandeiros. Saben que sempre que lles xurda un problema terán a alguén detrás que llo vai intentar solucionar”, completa a subdirectora económica Marina Rosende. Parella á evolución da federación tamén se produciu un crecemento das explotacións. “Agora vexo que se xubilan gandeiros que estaban cando eu estaba comezando e, ao mesmo tempo, vanse incorporando cada vez máis novos criadores, mesmo xente que non tiña nada que ver co mundo da gandería. Ademais, dende que comezamos a traballar co logotipo 100 % Raza Autóctona cada vez hai máis produtores que non só crían, senón que están compatibilizando esta actividade coa comercialización do produto”, di Beatriz Pereira. Referíndose a estes novos camiños que comezan a emprender os gandeiros, Pereira ten un rogo: “O que me gustaría transmitirlles aos criadores é que nos utilicen, que, se precisan dalgunha cousa, o consulten con nós porque estamos aí precisamente para botarlles unha man”.
Cada ano, Boaga organiza concursos morfolóxicos das razas durante a Semana Verde de Silleda
DÚAS DÉCADAS DE TRABALLO Se ben Boaga non engloba só ás razas bovinas autóctonas (Ovella Galega e Galiña de Mos forman parte da federación dende 2007 e contan tamén cun convenio de colaboración dende 2011 con Capriga para xestionar o seu libro xenealóxico) e non son alleos ao resto das asociacións xestoras (organizan e participan en conxunto en diversas actividades con asociacións como Asoporcel, Puraga e o Club de Raza de Can de Palleiro), a realidade é que foron as especies de vacún as que deron comezo a esta organización hai case dúas décadas. “Parece mentira que pasasen 20 anos”, di Justo. “Empezamos sen apenas medios, aínda que contabamos cos libros, nos que se escribía animal por animal (nome, data de nacemento, nome do pai e da nai, crotais...), e cun traballo de campo moi bo levado a cabo polo Centro de Fontefiz, sen o cal non se podería ter feito absolutamente nada. En comparación, hoxe non hai cor a como se estaba no ano 1999 e iso tamén inclúe os gandeiros: hoxe están mellor que hai 20 anos e agardo que en 20 máis estean moito mellor ca hoxe”.
Botando a vista atrás, o crecemento conseguido é innegable. “Antes, os gandeiros non eran empresarios; hoxe, a cousa está cambiando e cada vez somos máis conscientes de que o binomio raza-gandeiro, xunto con todo o resto do sistema técnico, é o que dará sustentabilidade ao rural”, afirma Rois. Así pois, segue habendo traballo por facer e mellorar a percepción que o gandeiro ten de si mesmo e da súa ocupación, que crea no que está facendo, é unha das liñas de acción fundamentais nas que é necesario seguir avanzando. “O día que todos entendan que están diante dunha empresa, que non é que teñan a explotación porque non podían facer outra cousa, o día que se vexan como empresarios e que nas súas casas teñan en boa consideración o que fan, ese será o día no que conseguiremos que as seguintes xeracións queiran continuar por esta senda que comezamos a percorrer hai agora 20 anos”, conclúe Justo.
Precisamente o futuro dos gandeiros, e non o das razas, é o que máis lles preocupa aos representantes da federación: “Estamos nun momento no que está máis en perigo de extinción o gandeiro que as propias vacas. Os gandeiros non os podemos meter no banco de xermoplasma. O que podemos facer dende a federación é procurar que poidan vivir sen depender das Autóctonas Galegas Número 12
REPORTAXE
28
BESTIARIUM VOLVE Á CASA
Logo de catro anos de mostras itinerantes, a obra do fotógrafo José Barea regresou ao lugar da súa concepción: está dende finais de setembro exposta de xeito permanente nas salas do Pazo de Fontefiz. Organizada pola Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes) e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), a serie fotográfica Bestiarium. Razas Autóctonas Españolas ten por obxectivo poñer en valor o patrimonio xenético e cultural que estas razas representan.
O PROXECTO “Quería facer un proxecto sobre razas autóctonas e quería facelo dun xeito diferente. Xa vira moitas imaxes nas que o espazo come ao animal e por iso pensei en retratalos sen o seu hábitat natural”, aclarou o seu autor, José Barea. Con isto en mente, púxose en contacto co Centro de Recursos Zooxenéticos de Fontefiz e coa xente de Federapes, que recibiron con entusiasmo a iniciativa e lle facilitaron os primeiros contactos. O resultado desta colaboración é un proxecto integrado por primeiros planos no que se retratan arredor de 200 razas autóctonas españolas ao estilo dun Autóctonas Galegas Número 12
antigo bestiario medieval no que se amosa os animais como únicos protagonistas dun traballo que invita os visitantes a reflexionar sobre o afastamento entre o mundo rural e o urbano. Así o sinalou o secretario xeral de Federapes, José Ramón Justo Feijóo, que incidiu en que a finalidade da mostra é “dar a coñecer as nosas razas autóctonas e a importancia que teñen no mantemento do patrimonio e da economía rural a través de impactantes retratos”. “Esta exposición de fotografía é única no seu estilo, é algo que temos só nós, e é posible grazas o labor de Federapes e, sobre todo, do artista, José Barea. Sen o seu traballo e sen os animais, non sería posible, posto que eles son as auténticas estrelas desta película”, puxo en valor o director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, Cástor Rivero, durante a inauguración no Pazo de Fontefiz. Bestiarium nace coa vocación de unir o mundo animal co humano e nela os visi-
tantes vanse atopar con fotografías que “pretenden transmitir algo máis que as características morfolóxicas. Preténdese chegar a un público que a priori non sabe nada das razas, pero que se sente atraído polo retrato”, detalla Barea. Por iso, á hora de preparar a exposición, tivo moi en conta que o tamaño dos retratos fose o axeitado “para que o animal mire directamente os ollos da persoa que á súa vez o mira a el. Miramos e somos mirados”. Todos os exemplares fotografados foron elixidos en colaboración con veterinarios especializados e coas asociacións de gandeiros de cada unha das razas, grazas ás cales foi posible ofrecerlle ao gran público unha mostra que pon de relevancia este legado único.
AS RAZAS, DE EXPOSICIÓN POR TODO O PAÍS Bestiarium percorreu miles de quilómetros dende o comezo das súas exposicións itinerantes a mediados de 2016 e fixo parada en museos e salas de todo
REPORTAXE
“VOLVER A FONTEFIZ É COMO VOLVER Á CASA, ALÍ HAI DEZ ANOS ABRÍRONME AS SÚAS PORTAS E AGORA VOLVEN ABRILAS PARA ACOLLER TODO ESTE TRABALLO”
o país. Dende Calatayud (Zaragoza) ata Sotogrande (Cádiz), pasando por Zafra (Badaxoz), Trujillo (Cáceres), Málaga, Ciudad Rodrigo (Salamanca), Logroño, Ronda (Málaga), Castuera (Badaxoz), Vitoria, Lugo, Toledo, Zaragoza, San Sebastián, Palencia e Valladolid. Estas exposicións serviron para achegarlle ao público xeral unha visión diferente das razas autóctonas españolas a través de retratos próximos. Sen dúbida, todas elas tiveron unha grande acollida entre os visitantes, sobre todo entre os máis pequenos, aos que lles serviu para coñecer multitude de razas, moitas delas de carácter gandeiro e en perigo de extinción.
REGRESO AO PUNTO DE PARTIDA Logo deste longo percorrido de máis de catro anos pola nosa xeografía, a serie volve agora á orixe, o Pazo de Fontefiz. “O percorrido de Bestiarium, tanto na súa fase de produción como na de difusión, supuxo para min un gran reto profesional e unha experiencia vital que me considero moi afortunado de ter vivido”, afirma Barea. “Levalo a cabo foi posible en gran
medida grazas ao esforzo e apoio de Federapes, Boaga e o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, cuxos representantes souberon ver máis aló do que se estaba facendo ata ese momento en relación á difusión das razas, apostando sen reservas por un proxecto tan pouco ortodoxo como Bestiarium. Por iso, volver a Fontefiz é como volver á casa. Alí, hai dez anos abríronme as súas portas e agora vólveno facer para acoller todo este traballo, algo do que me sinto enormemente agradecido”. “Este pazo é unha verdadeira xoia, ao igual que son xoias as mostras das razas que temos aquí, neste recinto”, destacou o director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Alimentarias, José Balseiros, durante o acto de inauguración. “Isto é extraordinario. Hai exposicións moi importantes e hai exposicións moi bonitas pero esta, ademais destas dúas condicións, tamén é impactante”, engadiu.
A EXPOSICIÓN PERMANENTE Instalada dende finais de setembro no Pazo de Fontefiz, a mostra permanente consta de 92 fotografías de razas autóctonas divididas nas categorías Taurus, Capra, Aries, Equus, Porcus, Canis, Columba e Avis.
29
“Dende o Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia déronnos todas as facilidades para adaptar o espazo cedido ás necesidades expositivas da mostra”, conta o promotor desta idea. “Iso fixo posible que instalásemos a maior exposición de Bestiarium realizada ata o momento”, destaca. O seu percorrido estrutúrase ao redor de cinco salas situadas na primeira planta do pazo. “Nelas o visitante poderá contemplar os retratos destes animais agrupados ao redor de oito grandes bloques temáticos, o que lle permitirá apreciar facilmente as diferenzas e similitudes entre razas dunha mesma especie nunha soa ollada”, explica o fotógrafo. Así mesmo, a visita tamén conta coa posibilidade de coñecer datos e curiosidades destas razas mediante o uso das follas de sala en diferentes idiomas que están a disposición do público.
Intervención de Barea na inauguración da exposición itinerante en Lugo
Autóctonas Galegas Número 12
30
REPORTAXE
“UNHA DAS COUSAS QUE MÁIS ME GUSTARON FOI VER O ORGULLO CO QUE OS GANDEIROS SEMPRE ME AMOSABAN OS SEUS MELLORES EXEMPLARES”
O QUE SEGUE Na mostra pódense atopar imaxes da Cachena, a Caldelá, a Frieiresa, a Limiá, a Vianesa, a Ovella Galega, a Cabra Galega, a Galiña de Mos, o Porco Celta, o Cabalo de Pura Raza Galega e o Can de Palleiro
POSTA EN VALOR DAS RAZAS AUTÓCTONAS Para José Barea, unha das maiores motivacións á hora de levar a cabo este proxecto foi poder chegar ás novas xeracións empregando unha linguaxe atractiva para elas, posto que o considera “primordial para o crecemento e defensa das nosas razas autóctonas”. Neste sentido, dende o comezo destas exposicións foron moitas as actividades que se levaron a cabo con grupos de escolares de distintos puntos do país, pero o feito de contar agora cunha sede permanente facilitará que se poida crear un programa didáctico adaptado aos diferentes niveis de ensinanza. “O obxectivo é que, do
Autóctonas Galegas Número 12
mesmo xeito que se estuda e se coñece o patrimonio cultural, se estude e se coñeza estoutro patrimonio, moito máis fráxil e vital do que a sociedade cre, e que entre todos debemos dar a coñecer”, defende. Por iso, agarda que os visitantes saian da exposición “reflexionando sobre a magnitude do que acaban de ver e coa necesidade de saber algo máis sobre este mundo, tan próximo como descoñecido”. En canto aos gandeiros, a intención é de clara homenaxe cara ao seu traballo: “Dende que comecei o proxecto, unha das cousas que máis me gustaron foi ver o orgullo co que os gandeiros sempre me amosaban os seus mellores exemplares”, lembra Barea. “Por iso, o meu desexo é que eles sintan ese mesmo orgullo ao ver estes retratos, que sintan esta exposición como súa, porque está feita con todo o meu respecto e agarimo cara á súa profesión”, explica.
En paralelo á exposición fixa, agora o proxecto acadará unha nova dimensión coa publicación no mes de novembro do libro Bestiarium. Razas Autóctonas Españolas. “Creo que, despois de todos estes anos de traballo, chegara o momento de plasmar nun libro gran parte da obra realizada”, explica o fotógrafo, quen tamén amosa o seu agradecemento a todos os organismos que colaboraron para facer isto realidade. “Grazas de novo á axuda de Federapes foi posible non só materializalo, senón tamén dalo a coñecer ao longo de toda a xeografía española a través das asociacións que conforman a federación. Ademais, o feito de que o ministro de Agricultura o presentase na sede do MAPA creo que supón un merecido recoñecemento a todas as persoas que fixeron posible que este libro vise a luz”, engade o artista.
Bestiarium. Razas Autóctonas Españolas pódese visitar no Pazo de Fontefiz (Coles, Ourense) de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
PROXECTO BIOHERITAGE
1
7
2 3 5
4 8 3
5 4
6 7 8
2 6 1
31
BIOHERITAGE, O PROXECTO DE VALORIZACIÓN DAS RAZAS AUTÓCTONAS EN ESPAZOS NATURAIS ACTIVIDADES E ACCIÓNS DE PROMOCIÓN 2019
O proxecto europeo Interreg Sudoe Bioheritage “Protección e fomento dos espazos naturais mediante a posta en valor de razas gandeiras autóctonas como patrimonio de biodiversidade e activo turístico”, do que somos socios, pretende a busca de estratexias integradas e sinerxias entre as razas autóctonas de España, Francia e Portugal e as actividades de promoción turística, promoción dos produtos alimentarios destas e a integración das razas nos espazos naturais protexidos, para a potenciación e a valorización das razas autóctonas no seu ambiente. Bioheritage é un proxecto desenvolvido entre os oito socios de España, Portugal e Francia: Deputación de Cádiz, Deputación de Xaén, Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Andalucía, Asociación lusa de Criadores de Raza Bovina Minhota (Apacra) e as francesas Cámara de Comercio e Industria de Gers, Parque Natural Rexional de Pyrénées Ariégeoises e Parque Natural Rexional Périgord-Limousin.
Esta colaboración entre entidades de distintos países é esencial para compartir estratexias e solucións comúns a problemáticas similares coas razas autóctonas en perigo de extinción, cuxos fins son os mesmos, que as razas gandeiras autóctonas sexan motor de desenvolvemento socioeconómico local mediante a súa explotación turística, a posta en valor do seu atractivo turístico e singularidade gastronómica, a súa explotación sostible e os vínculos co patrimonio cultural intanxible de cada rexión.
POSTA DE LONGO EN SILLEDA Entre os obxectivos do Bioheritage están a valorización das razas autóctonas galegas, a través do fomento e promoción de marcas individuais, a comercialización dos produtos autóctonos de calidade e a valorización do gandeiro como comerciante, utilizando os circuítos curtos de proximidade, como son feiras agropecuarias e gastronómicas comarcais, comercio e restauración local, pero tamén feiras gastronómicas e agropecuarias de interese nacional e internacional. Por tal motivo, e aproveitando a celebración da XLII Feira Internacional Abanca Semana Verde (Silleda, 6-9 de xuño) demos a coñecer o proxecto no stand situado no pavillón do Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat). Nel explicóuselle ao público asistente en que consiste, o que se está a facer e o porqué desta iniciativa, é dicir, tratamos de concienciar a xente da importancia que teñen as razas autóctonas e dos beneficios que achegan nos parques e nas zonas naturais no mantemento deste tipo de ecosistemas.
Presentación das marcas comerciais
Cachenas de Pantón Autóctonas Galegas Número 12
32
PROXECTO BIOHERITAGE CALOROSA ACOLLIDA DA PRESENTACIÓN DAS MARCAS AUTÓCTONAS
Jamones González
Unha das actividades innovadoras na Semana Verde 2019, que sorprendeu e tivo enorme aceptación entre os asistentes, foi a presentación de 11 marcas comerciais asociadas a criadores das nosas razas autóctonas galegas, iniciativa que se levou cabo os días 7 e 8 de xuño. O evento celebrouse no espazo de razas autóctonas “De Nós para Vós” e no noso restaurante Tapirazas. Cada produtor presentou a súa marca comercial, a súa explotación e, ademais, ofreceu degustación de produtos da súa granxa, unha forma de valorizar o seu traballo tanto no seu día a día como na comercialización directa produtor-consumidor.
O Agro
A Granxa de Lola
Granxa Aeiroá
As marcas de razas autóctonas participantes foron O Agro (razas autóctonas Caldelá e Frieiresa), A Granxa de Lola (raza Galiña de Mos), Cachenas de Pantón (razas Cachena e Galiña de Mos), Granxa Aeiroá (raza Galiña de Mos), Cachenas de San Breixo (razas Cachena e Galiña de Mos), Chousa do Lea (razas Galiña de Mos e Porco Celta), Gandería Tras do Río (razas Cachena, Galiña de Mos e Cabalo de Pura Raza Galega), S. Coop. Galega Tres Fuciños (raza Porco Celta), Jamones González (raza Porco Celta), Embutidos Hermelino (raza Porco Celta) e Pastos do Enxilde (raza Porco Celta).
FRANCIA, UN PRODUTIVO INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS Un dos obxectivos fundamentais é o intercambio de experiencias entre os socios participantes dos diferentes países, polo que na segunda semana de xuño nos trasladamos ao sur de Francia para facer reunións de coordinación, promoción e realización das actividades no marco do proxecto e dos grupos de traballo. En concreto, a visita realizouse entre o 12 e o 14 de xuño e estivemos na rexión da Occitania, no Parque Natural Rexional dos Pyrénées Ariégeoises e no departamento de Gers. Ademais das reunións entre socios, tanto no parque natural coma no departamento de Gers coñecemos explotacións de razas autóctonas de Francia a valorizar a través do Bioheritage, como son a vaca Casta, o cabalo de Castillón e a vaca Mirandaise.
Embutidos Hermelino
Gandería Tras do Río
S. Coop. Galega Tres Fuciños Autóctonas Galegas Número 12
Cachenas de San Breixo
Chousa do Lea
Pastos do Enxilde
Puidemos observar de preto que as problemáticas coa conservación e promoción das razas autóctonas son comúns nos territorios visitados e o noso, algo que tamén sinalaron os participantes do resto dos territorios francés, portugués e español. No caso do parque natural dos Pyrénées Ariégeoises, apuntaron a dificultade para comercializar produtos das súas razas autóctonas debido a un sentimento animalista moi arraigado en Francia. Coma exemplo puxeron a imposibilidade de comercializar a carne do cabalo de Castillón, que se pode empregar unicamente para tracción animal e monta. Outro exemplo paradoxal é o da cabra de Pyrénées. Indicáronnos que teñen moitas dificultades para comercializar a carne dos cabritos, debido a que o seu “mundo urbano” non admite na súa mentalidade
PROXECTO BIOHERITAGE
Reunión dos socios en Pyrénées Ariégeoises
Vaca de raza Mirandaise
33
extensións de cultivo principalmente de trigo, millo, xirasol e colza. Polo tanto, as súas razas están adaptadas a ese tipo de territorio; é o caso da vaca Mirandaise, de aptitude cárnica e de volume destacado, aínda que con poucos efectivos. Nos dous territorios franceses descubrimos como un dos principais problemas que teñen para comercializar as súas carnes é o descoñecemento que ten o consumidor destes produtos, debido a que a propia raza é pouco coñecida, xa que promoven pouco en feiras o animal vivo.
Visita almorzo nunha explotación de vaca Casta, no parque natural de Pyrénées Ariégeoises
Dende o noso punto de vista achegamos a nosa experiencia na participación en mercados, certames e feiras. O proxecto Bioheritage axudaraos nestes territorios á promoción das súas razas e produtos. Venda directa na explotación de patés, foie-gras de pato e de Porc Noir de Bigorre
Cabalo de Castillón
a observación e o consumo desas canais. Non obstante, está ben visto o consumo de paté, polo que a asociación de criadores desta raza optou pola comercialización total da carne por esa vía, a produción de patés. Os propios gandeiros e técnicos da asociación recoñecen a hipocrisía da sociedade francesa actual na que lles toca vivir no ambiente deses movementos animalistas: “Carne fresca non, paté si”.
Vaca Casta
Tamén detectamos outras preocupacións comúns, como a problemática do oso. Se a extrapolamos á que temos en amplas zonas de Galicia co lobo, os ataques producidos ao gando extensivo no territorio do parque natural, é similar.
Paté de cabra de Pyrénées
Explotación en Gers onde se pode observar a madeira nas construcións
A comarca de Gers, máis ao norte, posúe un territorio diferente ao anterior visitado, con explotacións con base territorial moi ampla. Chamounos a atención o importante uso da madeira na construción dos establos, que, á súa vez, estaban integrados no espazo con cores que encaixan nel. As explotacións teñen un coidado exquisito, con moita limpeza, debido a que en moitas delas se efectúa a venda directa na explotación dos seus produtos, incluíndo visitas de turistas a visualizar as instalacións e o gando vivo. Existen grandes praderías e amplas
Xornada divulgativa no Pazo de Fontefiz
DIVULGACIÓN ENTRE OS GANDEIROS Aproveitando a celebración das asembleas, o 27 de setembro levouse a cabo unha xornada divulgativa do proxecto Bioheritage entre os gandeiros. Podedes ver os vídeos de promoción da presentación na Semana Verde do proxecto e das marcas comerciais, así como da xornada divulgativa entre os gandeiros:
http://bit.ly/boagaTV-BH
*A finais deste ano participamos na visita ao Parque Natural de las Sierras de Cazorla, Segura y las Villas (Xaén), evento organizado por un socio do proxecto, a Deputación de Xaén, unha actividade que se publicará no seguinte número desta revista. Autóctonas Galegas Número 12
PORCO CELTA
34
AVANCE DE RESULTADOS DO EFECTO DO SISTEMA DE MANEXO E DA IDADE DE SACRIFICIO SOBRE AS CARACTERÍSTICAS DA CARNE DE PORCO CELTA
O presente traballo de investigación levado a cabo pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel), a Sociedade Cooperativa Galega Tres Fuciños, a comunidade de montes veciñais en man común de Carballo no concello de Friol e gandeiros dos concellos de Vilalba e Muras, en colaboración co Centro Tecnolóxico da Carne, ten por obxectivo fundamental estudar a influencia de determinados factores (idade e pendente da explotación) sobre a calidade da carne de Porco Celta. A iniciativa atópase encadrada nos Grupos Operativos de innovación “Efecto do sistema de cría e da idade de sacrificio sobre as características da canal e da carne de Porco Celta (FEADER 2018/033B)” e “Novos sistemas de manexo e implantación dun sistema de clasificación de canais de Porco Celta (FEADER 2017/006B)”, e busca poñer en valor este tipo de carne e incidir nos beneficios dun nivel de exercicio físico elevado sobre as propiedades da carne de Porco Celta, tanto dende o punto de vista físico-químico coma das características da graxa que contén. O equipo deste traballo estivo formado por Armesto, J1.; Bermúdez, R1.; Franco, D1.; Rodríguez, I2.; Castro, M.C2.; López-Pedrouso, M3.; Rouco, M4.; Rouco, M5.; M.V.M.C. de Carballo6; S. Coop. Galega Tres Fuciños7; Lorenzo, J.M1.*
INTRODUCIÓN Centro Tecnolóxico da Carne de Galicia, San Cibrao das Viñas (Ourense) 2 Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) (Lugo) 3 Dpto. de Xenética da Universidade de Santiago de Compostela (Lugo) 4 Explotación colaboradora de Porco Celta no concello de Vilalba (Lugo) 5 Explotación colaboradora de Porco Celta no concello de Muras (Lugo) 6 Explotación colaboradora de Porco Celta no concello de Friol (Lugo) 7 Cooperativa de produtores de Porco Celta (Lugo) 1
Autóctonas Galegas Número 12
O Porco Celta é unha das razas autóctonas máis representativas de Galicia. Ata comezos do século XX foi a raza de porco máis abundante no territorio galego, pero a súa paulatina substitución por outras razas modernas máis produtivas a piques estivo de levalo á extinción. Ante esta situación, a Administración pública
PORCO CELTA e Asoporcel lograron deter o proceso de extinción mediante a creación de núcleos xenéticos estables e a recuperación incipiente da cabana privada. A súa recuperación implica unha serie de efectos positivos sobre o rural galego, xa que o seu manexo tradicional en extensivo é respectuoso co medio ambiente. Este tipo de gandería é posible porque o Porco Celta posúe unha gran rusticidade, adaptada á orografía, aos hábitats e ao clima galegos. A súa crianza en soutos de castiñeiros, alimentándose das castañas e do sotobosque, permite a obtención de produtos de calidade excepcional. En particular, o elevado carácter zumarento deste tipo de carne, relacionada co seu alto nivel de infiltración da graxa no músculo, é moi apreciada polo consumidor. Outra característica moi valorada é o carácter saudable do produto. Neste sentido, o perfil de ácidos graxos xoga un papel moi importante, que é preciso ter en conta. Na calidade da carne de Porco Celta inflúen unha serie de factores coma a raza, a idade ou a alimentación. O sistema de explotación tamén é fundamental, xa que a crianza en extensivo supón un nivel de exercicio físico máis elevado nos animais, o cal se pode traducir nunha maior infiltración da graxa no músculo.
MATERIAL E MÉTODOS Para estudar o efecto da inclinación do terreo sobre a calidade da carne, seleccionáronse porcos distribuídos en tres explotacións situadas en Vilalba (inclinación < 5 %), Friol (pendente 5-10 %) e Muras (inclinación > 10 %), respectivamente. Estes animais alimentáronse cos recursos naturais das explotacións, ademais de recibiren unha suplementación con penso. Tamén se levou a cabo un estudo comparativo entre grupos de animais de dúas idades diferentes. Escolléronse animais de 10,5 e 15,5 meses de idade, respectivamente, para estudar o efecto da idade sobre a calidade da carne.
35
RESULTADOS E DISCUSIÓN Efecto da inclinación do terreo sobre a calidade físico-química da carne As mostras amosaron en xeral diferenzas físico-químicas moi pequenas. O pH mostrouse moi semellante nos tres lotes estudados. A carne dos porcos mantidos en terreos con forte pendente (> 10 %) amosou o valor medio de pH máis baixo (5,56). Aqueles animais criados en terreos con escasa (< 5 %) ou mediana pendente (5-10 %) obtiveron uns valores de pH lixeiramente superiores (5,68 e 5,71, respectivamente). O pH da carne garda unha relación moi estreita coa capacidade de retención de auga. O punto isoeléctrico da proteína acádase a pH baixos, polo que existe unha relación inversa entre o valor de pH e a capacidade de retención de auga da carne. En base a isto, as mostras co pH máis baixo, correspondentes ao lote en parcelas con forte pendente, tiveron unhas maiores perdas de peso tras a cocción (23,95 %). O resto das mostras, cuxo pH foi lixeiramente máis alto, acadaron unhas perdas por cocción inferiores (18,96 % para o lote en pendente inferior ao 5 % e 21,42 % para as mostras procedentes de parcelas con pendente intermedia).
NA CALIDADE DA CARNE DE PORCO CELTA INFLÚEN UNHA SERIE DE FACTORES COMA A RAZA, A IDADE OU A ALIMENTACIÓN
No referente á cor, non se obtiveron diferenzas significativas en ningún dos parámetros cromáticos estudados. Deste xeito, a luminosidade (L*) das mostras mantívose en valores lixeiramente superiores a 50, o índice de vermello (a*) acadou valores positivos a redor de 3,0 e o índice de amarelo (b*) variou entre 10,84 e 11,78 (Figura 1). A humidade mostrouse constante nos tres lotes estudados cun valor medio de 73,49 % nas mostras procedentes de animais mantidos en superficies máis abruptas, de 73,46 % para o lote 5-10 % e de 73,53 % para o lote pendente < 5 %.
Figura 1. Efecto da inclinación do terreo sobre os parámetros cromáticos L*, a* e b* da carne
60,00 50,00 40,00
L*
30,00
a*
20,00
b*
10,00 0,00
Táboa 1. Composición química (%) da carne en función da inclinación do terreo As análises físico-químicas, realizadas sobre porcións de músculo Longissimus dorsi, foron a determinación da composición química, pH, cor, textura e capacidade de retención de auga. Tamén se analizou a calidade da súa graxa a través da obtención do seu perfil de ácidos graxos.
Pendente < 5 %
Pendente 5-10 %
Pendente > 10 %
Sig.
Humidade
73,53
73,46
73,49
n.s.
Graxa
2,02
2,28
1,50
n.s.
Proteína
23,40
23,00
23,71
n.s.
Cinzas
1,15
1,13
1,20
**
a
a
b
Autóctonas Galegas Número 12
PORCO CELTA
36
Estas diferenzas non foron significativas. A graxa, cuxo contido está estreitamente relacionado coa porcentaxe de auga, tampouco amosou diferenzas significativas entre os lotes. O contido mínimo de graxa acadouse no grupo criado nunha parcela cun desnivel > 10 % (1,50 %). Isto pode gardar relación co maior exercicio físico que realizaron estes animais ao longo da súa vida. Unha pendente superior esixe un maior esforzo nos porcos á hora de desprazarse. Non obstante, aínda que os grupos criados en pendentes menores acadaron porcentaxes de graxa máis elevados (2,02 % en pendentes < 5 % e 2,28 % en pendentes 5-10 %), estas diferenzas non foron significativas. As mostras de animais criados en parcelas con pendentes > 10 % presentaron unha porcentaxe de proteína do 23,71 %. No extremo oposto sitúanse as mostras procedentes de terreos cunha pendente do 5-10 %, cun 23 %. Estas diferenzas non foron significativas. Por outra parte, o contido en minerais amosou unha relación directa co grao de pendente das parcelas onde foron criados os porcos. A porcentaxe media máis alta deuse nas mostras procedentes dos lugares con maior pendente (1,20 %), mentres que a pendentes inferiores a porcentaxe en minerais foi igualmente menor (1,13 % en mostras de parcelas cunha pendente do 5-10 % e 1,15 % en mostras de parcelas con pendente < 5 %). Os resultados do ensaio da textura amosaron unhas diferenzas mínimas entre os distintos lotes. A forza oscilou entre 3,55 kg/cm2 no caso das mostras procedentes de parcelas con escasa pendente e 3,94 kg/cm2 nas mostras de porcos criados en terreos con forte pendente e cun 3,86 kg/cm2 nas mostras dos porcos criados nunha pendente 5-10 %. Non obstante, estas diferenzas non foron significativas e non se pode concluír que as mostran teñan unha textura diferente entre si. Efecto da inclinación do terreo sobre a calidade nutricional da graxa do Porco Celta A maioría dos ácidos graxos (AG) maioritarios non amosaron diferenzas significativas entre os tres lotes de mostras (táboa 2). Deste xeito, ácidos graxos saturados (AGS) coma o mirístico (C14:0) e o esteárico (C18:0) foron estatisticamente semellantes. No caso dos ácidos graxos monoinsaturados (AGMI), o palmitoleico Autóctonas Galegas Número 12
(C16:1n-7) seguiu esta mesma tendencia. Por último, entre os ácidos graxos poliinsaturados (AGPI), o linoleico (C18:2n-6), de grande importancia nutricional ao ser un ácido graxo esencial, mantívose estable igualmente. Non obstante, o contido noutros AG, coma o palmítico (C16:0), cuxa inxestión excesiva está relacionada con problemas cardiovasculares, foi significativamente máis baixo nos porcos criados cunha pendente superior ao 10 %. O ácido araquidónico (C20:4n-6) presentou a tendencia contraria. Os AGS tiveron máis importancia relativa (35,66 %) nas mostras procedentes de terreos cunha menor pendente < 5 % que naquelas obtidas de animais mantidos en parcelas con media ou alta pendente (34,42 e 34,06 %, respectivamente). Isto pode estar relacionado co menor esforzo físico que desenvolveron estes animais para desprazarse en espazos chans. Analogamente, a porcentaxe de AGPI foi maior (16,08 %) nos animais mantidos en parcelas con forte pendente (10 %). No caso dos AGMI estes acadaron a súa porcentaxe máis alta (52,38 %) nas mostras procedentes de terreos con pendente intermedia (5-10 %). En coherencia cos resultados anteriores, a relación entre AGPI e AGS amosou unha relación directa co grao de pendente das explotacións (figura 2). Así, a proporción mínima deuse nas mostras procedentes das parcelas con menor pendente (0,37 e 0,36 para as mostras procedente de
terreos cunha pendente inferior ao 5 % e do 5-10 %, respectivamente), mentres que a relación máxima se deu naquelas procedentes de terreos con forte inclinación (0,48). No referente aos AGPI da familia omega-3, é destacable sinalar que existe unha relación directa entre o seu contido na carne e o grao de pendente onde se mantiveron os porcos. Deste xeito, os porcos criados en parcelas cunha pendente < 5 % presentaron uns contidos inferiores en ácidos omega-3 (0,9 %), mentres que aqueles que foron criados en terreos cunha pendente media de entre o 5 e o 10 % amosaron unha porcentaxe intermedia (1,04 %) e
Táboa 2. Efecto da inclinación do terreo sobre o perfil de AG da carne Pendente < 5 %
Pendente 5-10 %
Pendente > 10 %
Sig.
C14:0
1,32
1,32
1,25
ns
C16:0
23,15b
22,31ab
21,88a
*
C16:1n-7
3,95
3,78
3,60
ns
C18:0
10,55
10,14
10,26
ns
C18:1n-9
40,42ab
41,35b
38,75a
*
C18:2n-6
9,16
9,29
11,00
ns
C18:3n-3
0,32
a
0,48
0,39
a
**
C20:4n-6
2,16
a
2,07
b
**
b a
3,12
AGS
35,66
a
34,42
a
34,06
a
**
AGMI
51,33
52,38
49,85
ns
AGPI
13,00
13,20
16,08
**
n-3
0,90
n-6 n-6/n-3
b
ab
1,04
b
b
11,88
b
11,94
13,18
b
11,65
b a
1,13
b
b
*
14,74
b
**
13,25
b
**
PORCO CELTA os que dispuxeron de terreos con maior pendente foron os exemplares cun contido nestes AG superior (1,13 %). Pola contra, a proporción entre AG omega-6 e omega-3 (n-6/n-3) non presentou unha tendencia clara. Segundo os resultados amosados, o valor máis alto deste índice deuse nas mostras procedentes das parcelas con maior pendente (13,25), mentres que os valores máis baixos se corresponderon cos porcos criados en parcelas con pendente intermedia (11,65), seguidos polos porcos criados en terreos con menor pendente (13,18). Efecto da idade de sacrificio sobre a calidade físico-química da carne de Porco Celta A carne dos porcos cunha idade inferior (10,5 meses de media) amosou un valor medio de pH de 5,63. Pola súa parte, as mostras procedentes dos exemplares máis vellos (de 15,5 meses) tiveron un pH medio de 5,58. Estes valores atópanse dentro do rango normal de pH na carne de porco. No caso en estudo non se observaron diferenzas significativas neste parámetro. Os resultados das perdas de peso por cocción foron semellantes aos do pH. Isto é coherente porque son parámetros relacionados. As perdas de peso tras a cocción foron equivalentes nos dous grupos de mostras e non se observaron diferenzas significativas. Non houbo diferenza significativa na cor polo efecto da idade. A L* oscilou entre 49,03 e 49,45 de media, o a* entre 5,12 e 5,25 e o b* entre 11,47 e 12,22 (figura 3). No referente á composición, o único parámetro significativamente distinto entre os dous grupos de mostras foi a porcentaxe de humidade (táboa 3). Esta foi lixeiramente máis alta nos porcos de 10,5 meses de idade (73,22 %) ca nos porcos máis vellos (72,05 %), o cal é coherente co feito de que a medida que os animais envellecen o contido en auga da súa carne vai diminuíndo. Pola contra, o resto dos parámetros estudados foron estatisticamente iguais nos dous grupos de animais. Así, a porcentaxe de graxa oscilou entre un 2 % na carne dos animais máis novos e un 2,85 % na carne dos máis vellos, mentres que a proteína foi practicamente constante nos dous grupos de animais (23,54 % de media nos animais de 10,5 meses fronte ao 23,66 % nos animais máis vellos). Do mesmo xeito, as cinzas variaron entre un 1,16 % e un
37
Figura 2. Efecto da inclinación do terreo sobre a relación do contido AGPI/AGS na graxa da carne
0,6 0,5 0,4 0,3 0,2 0,1 6E-16
pte < 5 % pte = 5-10 % pte > 10%
-0,1
Figura 3. Efecto da idade de sacrificio sobre os parámetros cromáticos L*, a* e b* da carne
60,00 50,00 40,00
L*
30,00
a* b*
20,00 10,00 0,00
10,5 meses
15,5 meses
Táboa 3. Composición química (%) da carne en función da idade de sacrificio 10,5 meses
15,5 meses
Sig.
Humidade
73,22
72,05
*
Graxa
2,00
2,85
n.s.
Proteína
23,54
23,66
n.s.
Cinzas
1,16
1,19
n.s.
b
a
1,19 % de media, valores practicamente idénticos entre si. Respecto da forza de corte non se obtiveron diferenzas significativas. Por último, a forza practicamente se mantivo constante, oscilando entre 4,16 kg/cm2 nas mostras procedentes de animais máis novos e 4,17 kg/cm2 nas mostras procedentes de animais máis vellos. Polo tanto, pódese concluír que a idade do animal non inflúe de xeito decisivo na textura da carne.
PÓDESE CONCLUÍR QUE A IDADE DO ANIMAL NON INFLÚE DE XEITO DECISIVO NA TEXTURA DA CARNE
Autóctonas Galegas Número 12
38
PORCO CELTA
Efecto da idade de sacrificio sobre a calidade nutricional da graxa do Porco Celta No referente ao perfil dos AG, as mostras correspondentes aos animais de maior idade presentaron unha maior proporción de AGMI, acadando unha porcentaxe media do 54,43 %. Pola súa parte, as mostras procedentes de animais máis novos obtiveron unha porcentaxe media menor en AGMI (50,33 %), tal e como se pode observar na táboa 4. O contido en ácido oleico (C18:1n-9) foi significativamente máis alto nas mostras de 10,5 meses (40,13 %) que nas de 15,5 meses de idade media (43,75 %). O ácido palmitoleico (C16:1n-7) presentou unha tendencia semellante (3,29 % de media nas mostras de 10,5 meses e 3,68 % nas de 15,5 meses). En canto á proporción dos AGPI/AGS, esta non foi significativamente diferente entre os dous lotes de animais, como se pode observar na figura 4. Dentro dos AGPI, os omega-3 destacan polas súas propiedades cardiosaudables. Comparando ámbolos grupos de animais non se obtiveron diferenzas significativas. Tamén se calculou a relación n-6/n-3, xa que se trata dun índice para valorar a calidade dunha graxa dende o punto de vista da saúde. Interesa que sexa o máis baixa posible para evitar riscos cardíacos. Os valores medios oscilaron entre 15,24 e 19,81, normais para a carne de porco, e non se atoparon diferenzas significativas.
CONCLUSIÓNS En xeral non se observaron moitas diferenzas significativas entre os parámetros físico-químicos estudados na carne, salvo nas porcentaxes de cinzas e da humidade para o efecto da pendente e da idade de sacrificio, respectivamente. Para o efecto da pendente nos AG, as diferenzas foron pequenas. Non obstante, as mostras procedentes de porcos criados en parcelas con maior pendente > 10 % presentaron unha porcentaxe de ácido palmítico menor e unha porcentaxe en ácido araquidónico maior que o resto. Ademais, tamén se observou unha relación directa entre o contido en AG n-3, a relación AGPI/AGS e o grao de pendente do terreo. Cando se estudou a idade de sacrificio, Autóctonas Galegas Número 12
Táboa 4. Efecto da idade de sacrificio sobre o perfil de AG da carne ÁCIDO GRAXO
10,5 meses
15,5 meses
Sig.
C14:0
1,27
1,19
n.s.
C16:0
23,31
22,73
n.s.
C16:1n-7
3,29
3,68
*
C18:0
11,22b
10,61a
*
C18:1n-9
40,13
43,75
**
C18:2n-6 C18:3n-3
a
a
9,20
b
0,32
b
b
b
6,78
a
*
0,22
a
*
C20:4n-6
2,53
1,86
AGS
36,46
35,21
n.s. n.s.
AGMI
50,33
a
54,43
**
AGPI
13,20
10,37
n.s.
n-3
0,83
0,57
n.s.
b
n-6
12,17
9,51
n.s.
n-6/n-3
15,24
19,81
n.s.
Figura 4. Efecto da idade de sacrificio sobre a relación do contido AGPI/AGS na graxa da carne
0,60 0,50 0,40 0,30 0,20 0,10 0,00
10,5 meses
atopáronse diferenzas no contido en AGMI, sendo máis abundantes estes nas mostras de animais de maior idade. No contido en AG n-3, na relación n-6/n-3 e na relación AGPI/AGS non houbo diferenzas significativas.
15,5 meses
PORCO CELTA
39
A IMPORTANCIA DA BIOSEGURIDADE NAS GRANXAS EXTENSIVAS DE PORCINO
Dende a diseminación e detección do virus da peste porcina africana (PPA) por primeira vez en varios países durante os últimos anos, o risco de entrada en calquera outro país aumenta. Por este motivo é fundamental que todos os países nos protexamos para evitar a entrada do virus. O sangue e outras secrecións corporais (ouriños, leite, seme etc.) poden conter partículas víricas infectivas para un gran número de animais. Así podemos expoñer que o virus poida entrar nunha granxa, sexa intensiva ou extensiva, de forma directa ou indirecta, a partir do contacto de porcos sans coas secrecións comentadas anteriormente. JORDI BALIELLAS CAPDEVILA Veterinario coordinador da Área de Sanidade Animal de Interporc
TRANSMISIÓN POR CONTACTO DIRECTO
TRANSMISIÓN POR CONTACTO INDIRECTO
No caso de transmisión por contacto directo dende animais sans con animais infectados, sexan porcos ou xabarís, en produción semiextensiva ou extensiva, evitar o contacto con xabarís é fundamental.
O contaxio por contacto indirecto producirase pola entrada de materiais contaminados e o posterior contacto cos animais da granxa. Se focalizamos en granxas cun sistema de produción parecido ao do Porco Celta, o risco concentraríase en alimentos, vestimentas e calzado do persoal da granxa e, finalmente, noutros materiais procedentes do exterior. No caso de alimentos, en todas as rexións onde se detecta a presenza do virus da PPA se prohibe o uso de forraxes ou doutros produtos herbáceos para alimentar os porcos xa que, se son producidos en zonas con posible presenza de xabarís infectados, estes alimentos poden conter secrecións corporais destes animais.
Dos programas de monitorización de fauna salvaxe a nivel estatal coñecemos que en varias zonas de España nos atopamos con xabarís portadores de axentes como o virus de Aujeszky, a Brucellasuis, o Mycoplasma hyopneumoniae ou a Salmonella spp. En países onde se detectou por primeira vez a presenza do virus da peste porcina africana aumentáronse as medidas de prevención en explotacións extensivas polo risco de contacto directo. É frecuente en países con primeiras deteccións en xabarís que a transmisión a granxas extensivas sexa factible se o nivel de bioseguridade é insuficiente. Para evitar o contacto directo, é importante dispoñer de valado perimetral en condicións óptimas e é moi recomendable un dobre valado para minimizar aínda máis o risco.
Ao mesmo tempo, operacións realizadas polos propios traballadores da granxa, como a recolección de cogomelos, a caza ou a tala de árbores en zonas boscosas con presenza de xabarís infectados, pode facer que a roupa ou o calzado queden contaminados polas secrecións de animais infectados presentes no medio. Se
posteriormente non existe un cambio de roupa e calzado ao acceder á granxa, pode facer que os porcos contacten co virus por unha mala bioseguridade ao entrar na explotación. Fallos na bioseguridade poden provocar que se introduzan na granxa enfermidades de declaración obrigatoria como a peste porcina africana, a febre aftosa ou a enfermidade de Aujeszky, que ocasionarían graves perdas en todo o país, pero existen outras enfermidades provocadas por axentes patóxenos como o virus do PRRS, o Mycoplasma hyopneumoniae ou o Brachyspira hyodisenteriae que, aínda que non son de declaración obrigatoria, si que ocasionan graves perdas nas granxas pola enfermidade que xeran. Debemos preocuparnos se nas nosas granxas non se aplican as medidas de bioseguridade adecuadas, aínda que é moito máis importante que pasemos de preocuparnos a ocuparnos de corrixir as deficiencias detectadas para dispoñer dunhas granxas bioseguras ao máximo nivel. Autóctonas Galegas Número 12
40
NOVAS
BOAGA PARTICIPOU NO TALLER SOBRE GRUPOS OPERATIVOS NA CAPITAL GALEGA O 16 de novembro de 2018 participamos no taller titulado “Coinnovando no sector agrario e forestal en Europa”, que se celebrou na sede da Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) en Santiago de Compostela. Durante a xornada tratáronse as redes temáticas e os proxectos multiactor de grupos operativos tanto a nivel rexional e supranacional coma europeo. Pola tarde puidemos coñecer de primeira man un destes proxectos FEADER postos en marcha, en concreto o que leva por título “Aproveitamento silvopastoril con Porco Celta mediante sistema modular, transportable e autónomo”, da CMVMC de Carballo, no concello lucense de Friol.
CITA GASTRONÓMICA DE VIANESA NA FONSAGRADA Do 24 de novembro ao 2 de decembro de 2018 celebráronse unhas xornadas gastronómicas da raza Vianesa no Mesón Catro Ventos (Fonfría, A Fonsagrada). Este restaurante é operador autorizado para o logotipo 100% Raza Vianesa.
Autóctonas Galegas Número 12
Este evento é, sen dúbida, unha boa iniciativa, que nos serve para traballar e promover as nosas razas autóctonas e os seus produtos dende o punto de vista da transferencia tecnolóxica.
XORNADA DIVULGATIVA DA OVELLA E DA CABRA GALEGAS A mañá do 21 de novembro o alumnado do 2.º Curso do Ciclo Medio de Produción Agroecolóxica, módulo de Produción Gandeira da CIFP A Granxa en Ponteareas, recibiu unha charla impartida por Silvia Adán, directora técnica das razas autóctonas Ovella Galega e Cabra Galega, razas en perigo de extinción. Na súa intervención, Adán deulles a coñecer as características das dúas razas e os seus produtos e fixo fincapé na divulgación e a promoción que a asociación está a levar a cabo co obxectivo de preservar e difundir o coñecemento destas.
GRANDE ÉXITO NAS XORNADAS DE DEGUSTACIÓN DE GALIÑA DE MOS EN VILALBA A mañá do 30 de novembro, a Casa da Cultura de Vilalba acolleu a presentación das Xornadas de Degustación dos Produtos da Raza Galiña de Mos, que se desenvolveron entre o 5 e o 9 de decembro nunha quincena de restaurantes do municipio vilalbés, os cales presentaron diferentes propostas nas que os ingre-
dientes protagonistas foron o galo, a galiña e os ovos da nosa raza. Todos os establecementos, que ofrecían as súas tapas a 2,50 euros durante os cinco días que durou o evento, acadaron un grande éxito na promoción dos ovos e da carne de galo autóctonos.
NOVAS
EN OURENSE… SABOR DE RAZA CACHENA O 17 de decembro organizáronse unhas xornadas de degustación con produtos da raza Cachena na cafetería Lux, situada na capital ourensá. Desta volta a carne procedía da gandería Montes de Boado, propiedade do criador Manuel Teijeiro, que é operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona Cachena.
A GALIÑA DE MOS ESGOTA EXISTENCIAS NA FEIRA DO CAPÓN DE VILALBA
… AO DÍA SEGUINTE, VIAXA Á FEIRA DE NADAL DE VILA DE CRUCES Nesta ocasión, a Galiña de Mos asistiu á feira de Vila de Cruces (Pontevedra), que foi representada pola criadora M.ª José Castro Abonjo, ademais de por outros produtores da zona que estiveron vendendo galos desta raza autóctona.
41
Un ano máis, a nosa ave autóctona asistiu á Feira do Capón de Vilalba, que se celebrou o 21 de decembro de 2018. Nela participou o criador Francisco Monasterio Solveira, que presentou varias cestas de capóns elaborados a partir da raza Galiña de Mos, os cales foron vendidos na súa totalidade nunha feira que, como cada edición, destacou polo seu éxito de asistencia.
A DE MOS FINALIZOU 2018 NA FEIRA DE SOBER A praza do Toural do concello lucense de Sober foi o escenario da II Feira Avícola que se levou a cabo o 28 de decembro. Ao evento, organizado pola Asociación de Avicultores da Ribeira Sacra, asistiu o criador Gonzalo Rodríguez Lamblín en representación desta raza autóctona.
Autóctonas Galegas Número 12
42
A GALIÑA DE MOS E A OVELLA GALEGA, PRESENTES EN FITUR
NOVAS
Os días 23 e 24 de xaneiro de 2019 tivo lugar unha nova edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur) en Madrid, ata onde se desprazaron varios representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) para participar e promover a provincia neste importante punto de encontro global do sector. No marco da feira deron a coñecer un novo número da guía turística ... E para comer, Lugo, que cumpriu xa dez anos de existencia. Na publicación recóllense os diferentes motivos polos que visitar a provincia, entre os que se inclúen os produtos elaborados a partir das nosas razas, tal
AS RAZAS AUTÓCTONAS GALEGAS, NO VALADOURO Inauguramos o mes de febreiro coa celebración o sábado 2 da segunda edición da Feira de Razas Autóctonas Galegas da Mariña, no concello lugués do Valadouro. Alí estivemos con stand e xunto aos criadores das nosas razas autóctonas galegas. Os participantes foron nesta ocasión os seguintes: Explotacións Gandeiras Soli SC (razas Cachena, Ovella Galega e Cabra Galega); Gonzalo Seoane Prado (raza Cachena); Marco Vázquez López (raza Cachena); Ana y Alejandro SC (raza Caldelá); Luis Fernández Fernández (razas Galiña de Mos e Ovella Galega); A Licha SC (raza Cabra Galega), Francisco Monasterio Solveira (Galiña de Mos) e Pablo Val Díaz (Galiña de Mos). Parabéns a todos!
Autóctonas Galegas Número 12
como se cita no anuario da Asociación lucense, a cuxa presentación asistimos no expositor dedicado a Galicia. Neses días o restaurante madrileño Pazo de Lugo ofreceu unha degustación na que o Galo Mos e o cordeiro da raza Ovella Galega foron os protagonistas.
NOVAS
43
CHARLA SOBRE A GALIÑA DE MOS NO CIFP A GRANXA DE PONTEAREAS O 5 de febreiro o Centro Integrado de Formación Profesional A Granxa, de Ponteareas (Pontevedra), recibiu a visita do director técnico de Avimós, Diego Rois, quen asistiu ao centro para impartir unha nova charla divulgativa sobre a Galiña de Mos e a avicultura artesá. Así mesmo, Rois faloulles aos rapaces das características desta raza e das estratexias de comercialización, especialmente en circuítos curtos. Á actividade asistiu tamén unha nova criadora, que lles explicou aos estudantes a súa estratexia comercial.
AS AUTÓCTONAS VOLVEN TRIUNFAR EN XANTAR
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar, que celebrou os seus vinte anos na Cidade das Burgas entre o 6 e o 10 de febreiro, contou de novo con ampla presenza das razas autóctonas. A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) asistiu cun stand, que foi atendido por técnicos e criadores, e cun restaurante que ofreceu un menú cociñado a partir de produtos das nosas razas, elaborado e atendido polo cociñeiro Antonio Díaz e o equipo do Andarubel Fragas do Eume.
Por segundo ano consecutivo o restaurante pendurou o cartel de “completo” todos os días para degustar o citado menú, que incluía suculencias como a empanada artesá de galo de raza Galiña de Mos, o carpaccio das razas Cachena e Caldelá, croquetas de raza Frieiresa, rigatoni de goulash das razas Caldelá e Vianesa, cordeiro asado de raza Ovella Galega, entrecosto das razas Caldelá e Limiá e flan de ovos procedentes da raza Galiña de Mos. Todo este traballo de criadores, técnicos de Boaga e do equipo de Andarubel foi premiado co recoñecemento ao Mellor Stand Restaurante Xantar 2019.
Durante todos os días que durou o evento, o stand das autóctonas recibiu a visita de centos de asistentes e de autoridades.
Para darlles maior difusión ás actividades que se desenvolveron, organizouse unha conferencia de prensa no salón de actos do Colexio Oficial de Veterinarios de Ourense, presentada por José Ramón Justo Feijóo, director de Boaga; Juan José Gómez Fernández, presidente do Colexio de Veterinarios de Ourense; Yago Borrajo, xefe territorial de Agricultura, e Emma González, directora adxunta da Fundación de Ferias e Exposicións de Ourense-Expourense. Ademais, medios de comunicación de prensa escrita, televisión, radio e redes sociais tamén se fixeron eco de tal acontecemento con numerosas entrevistas e publicacións ao respecto. Vídeo promocional do evento: https://vimeo.com/316045019 Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
44
Menú 100% Raza Autóctona
Empanada artesá de galo de raza Galiña de Mos do noso obradoiro
Carpaccio de razas Cachena e Caldelá con vinagreta de froitos e tomates secos
Croquetas de asado de raza Frieiresa
Rigatoni de goulash de razas Caldelá e Vianesa, bechamel trufada e pesto de castañas
Cordeiro de raza Ovella Galega asado en dúas coccións con prebe ligado do seu asado
Entrecosto de raza Caldelá con verduriñas á grella
Entrecosto de raza Limiá con verduriñas á grella
Flan de ovo de raza Galiña de Mos, laranxa e vainilla
Os criadores das razas autóctonas, os verdadeiros protagonistas
Calidade e bo facer únense nos talleres culinarios con razas autóctonas
Especial mención merecen os produtores de razas autóctonas que participaron no stand conxunto de Boaga, coa venda de produtos e promoción das súas marcas comerciais e das razas que representan, durante os cinco días de feira: gandería e carnicería Juan M. Lage (raza Caldelá), Cachenas de Pantón (raza Cachena) e Ganadería Balín (raza Limiá). Os visitantes tiveron ocasión de mercar produtos de calidade, diferenciados, procedentes de animais criados en condicións sostibles, co selo 100% Raza Autóctona, que garante que os produtos que se mercan realmente son de raza.
Catro talleres de cociña con razas autóctonas, presentados por dous produtores de razas autóctonas e cociñeiros, demostraron que cando funciona a simbiose entre excelente produto e unha boa preparación, o resultado é espectacular. Dos catro, tres deles realizáronse coa carne da Ganadería Balín, encargados de divulgar as propiedades desta excelente carne e da súa explotación de raza autóctona Limiá, e o cuarto levouse a cabo coa materia prima de Granxa O Seara, produtor de raza Galiña de Mos, quen deu a coñecer a súa granxa artesanal, a raza e os seus produtos.
Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
RELATORIO SOBRE GALIÑA DE MOS EN SERGUDE
NACEMENTO DE POLIÑOS E CHARLA DIVULGATIVA SOBRE A RAZA MOS
O 12 de febreiro impartimos outro relatorio formativo, esta vez ao alumnado do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, sito no concello coruñés de Boqueixón. A charla formativa tivo como eixes centrais a Galiña de Mos, a avicultura artesá e as estratexias para a comercialización das producións.
No CEIP San Tomé de Cambados (Pontevedra) naceron poliños da nosa raza. O venres 8 de febreiro impartímoslles varias charlas aos 400 alumnos do colexio, onde se desenvolveu unha experiencia de incubación de polos da raza Galiña de Mos.
SABOR DE RAZA VIANESA EN OURENSE A cervexería ourensá Casablanca acolleu o 9 de febreiro unha degustación a base de carne de raza Vianesa, procedente de Gandeiría Cimadevila SC da man do res-
45
taurante Casa Elvira de Montederramo. Ambos os operadores están autorizados para o logotipo 100% Raza Autóctona. O evento foi todo un éxito!
AS RAZAS AUTÓCTONAS ASISTEN A FIPORCO 2019 O 16 de febreiro desprazámonos ata a vila lucense de Sarria, para asistir á terceira edición da Feira Internacional do Porco e os seus Produtos Gastronómicos, Fiporco, co fin de promover e representar as razas autóctonas galegas neste evento.
Autóctonas Galegas Número 12
46
NOVAS
AS RAZAS AUTÓCTONAS PROMÓVENSE EN ABANCA CIMAG-GANDAGRO Do 21 ao 23 de febreiro participamos na 3.ª edición da feira Abanca Cimag-GandAgro, que se celebrou no recinto Feira Internacional de Galicia Abanca, no concello pontevedrés de Silleda.
Federapes tamén tivo presenza en GandAgro A Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes) tamén estivo presente cun stand promocional, así como con material divulgativo das razas autóctonas españolas e dos seus produtos para os asistentes deste evento profesional.
Aproveitando a visita á feira de José González, o conselleiro do Medio Rural, expuxémoslle a situación das nosas razas autóctonas e fixemos fincapé nos posibles avances que se poden poñer en marcha a curto e medio prazo.
Así mesmo, entrevistáronnos no programa A tarde da Radio Galega, onde explicamos para os oíntes deste espazo que son as razas autóctonas galegas en perigo de extinción e informamos dos avances e traballos que se están a facer para promovelas.
ASOVEGA E AVIMÓS COLABORARON NAS XORNADAS DE EXALTACIÓNS GASTRONÓMICAS O salón de actos da Deputación de Lugo foi o escenario elixido o día 19 de febreiro para darlles a coñecer ás diferentes asociacións de produtores o programa das xornadas Exaltacións Gastronómicas, unha iniciativa da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), que se prevía levar adiante grazas á colaboración da Deputación de Lugo. A este acto asistiron representantes de asociacións de produtores, indicacións Autóctonas Galegas Número 12
xeográficas protexidas e denominacións de orixe lucenses e a elas sumáronse as asociacións das razas autóctonas Avimós e Asovega. Finalmente, o proxecto levouse adiante a partir do mes de abril e nel participaron preto de cincuenta establecementos hostaleiros asociados á Apehl, que foron os que lles ofreceron aos consumidores os produtos procedentes das distintas marcas distintivas galegas.
NOVAS
47
SABOR DE RAZA MOS, NAS RECEITAS DO ALUMNADO DO CEIP CARLOS OROZA O Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra levou a cabo o 22 de febreiro unha xornada de degustación e exaltación dos produtos galegos con denominación de orixe e outras marcas de calidade, nas que se incluíu o selo 100% Raza Autóctona Galiña de Mos. O alumnado, que ten materias
relacionadas co sector da hostalería, programou diversas receitas con produto desta raza, unha actividade que formou parte da súa aprendizaxe na cociña, ao tempo que se familiarizou cos produtos procedentes da Galiña de Mos, que proximamente se poderán atopar nos locais de hostalería galegos.
CACHENA, LIMIÁ E GALIÑA DE MOS, NA FESTA DO LACÓN CON GRELOS DO MESÓN DO VENTO Con motivo da celebración no Mesón do Vento (Ordes, A Coruña) da XXI Festa do Lacón con Grelos os días 23 e 24 de febreiro tivo lugar unha exposición de gando e de produtos de razas autóctonas, na que participaron os criadores Dánae Fernández Romay (raza Cachena), Mari Luz Gómez Fernández (razas Cachena e Galiña de Mos), Cruz Grille (raza Galiña de Mos) e Jesús Pardal Castro (raza Limiá).
NOVAS NACENZAS DE POLIÑOS, ESTA VEZ NO CEIP O COUTO DE OURENSE O 21 de febreiro tivo lugar un novo nacemento de pitos de Galiña de Mos e para celebralo achegámoslles á aula deste centro ourensán un galo e unha galiña desta raza
aos rapaces, que recibiron, ademais, unha charla divulgativa sobre estas aves e sobre a avicultura en xeral. Sen dúbida, resultou outra experiencia moi agradable e positiva.
Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
48
GALICIA MARKET PLACE, OUTRA OPORTUNIDADE PARA POÑER EN VALOR AS RAZAS AUTÓCTONAS
Pechamos o mes de febreiro en Vigo. En concreto, o día 28 viaxamos ata a Cidade Olívica para participar na cuarta edición do Galicia Market Place, un interesante punto de encontro que se desenvolveu no Círculo de Empresarios de Galicia. Conforman o evento mesas redondas, coloquios, almorzos sectoriais, parladoiros e showcooking, entre outras actividades, cuxos fíos comúns son os produtos alimentarios do agro e do mar de Galicia nos mercados nacionais e internacionais, así como a importancia da diferenciación na procura de gañar competitividade. Tamén tiveron cabida as denominacións de orixe, os selos de identidade, as indicacións xeográficas protexidas e outras marcas, que se puxeron en valor pola súa importancia á hora de afianzar a calidade dos produtos galegos en novos canais de distribución. Finalmente, asistimos á exposición de interesantes iniciativas empresariais galegas do sector agrario e do mar.
NOVA CITA CULINARIA DE CORDEIRO DE RAZA OVELLA GALEGA EN LUGO
OUTRAS EXITOSAS XORNADAS DA RAZA MOS EN LOURENZÁ O restaurante O Forno de Tovar, situado no emblemático pazo de Tovar (Lourenzá, Lugo), acolleu entre o 7 e o 24 de febreiro unhas xornadas gastronómicas dedicadas á raza Galiña de Mos.
Do 21 de marzo ao 30 de abril celebráronse unas xornadas gastronómicas dedicadas ao Cordeiro de raza Ovella Galega na Pulpería A Rotonda en Lugo. Esta iniciativa está organizada pola Gandería SAT Torre de Arcos, criador de Asovega e operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona, que pertence ao concello lucense de Outeiro de Rei.
As xornadas estiveron organizadas pola granxa Chousa do Lea, propiedade de José Zapata, e salientaron pola gran calidade dos pratos ofrecidos aos comensais, autoría do restaurador Jorge López.
MOSTRA DE RAZAS AUTÓCTONAS NA 39.ª FEIRA DO GRELO DAS PONTES
Comezamos marzo no municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez. Foron os días 2 e 3 dese mes, con motivo da celebración da XXXIX edición da Feira do Grelo onde, paralelamente, tivo lugar a 3.ª Mostra de Razas Autóctonas, na que participaron os criadores Michiel Meijer e Cynthia Arias, con exemplares da raza Galiña de Mos do mesmo concello das Pontes, así como Francisco Manuel Penabad Pita, do concello de Ortigueira, con exemplares de Ovella Galega e Cabra Galega, xunto con criadores das razas Porco Celta e Can de Palleiro. Boaga contou cun stand onde se publicitaron e promoveron as nosas razas autóctonas e prestóuselle asesoramento ao numeroso público asistente.
Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
AS AUTÓCTONAS GALEGAS NUNHA XORNADA SOBRE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE EN CORCUBIÓN
DELICIOSAS FILLOAS Á PEDRA… CON OVOS DE GALIÑA DE MOS O día 22 de marzo desprazámonos ata o concello coruñés de Val do Dubra para asistir á gravación dunha tradicional receita co fin de incluír no blog “A cociña de Óscar”. O prato, malia ser moi coñecido polos padais galegos, filloas á pedra, tiñan como base un produto moi especial: a base da súa elaboración eran ovos da nosa raza, que cociñou o criador Julio Calvelo (Bembibre, Val do Dubra) e que lle foron mercados a Mariña Grille, criadora do mesmo concello.
O sábado 23 de marzo participamos na I Xornada de Desenvolvemento Sostible do Monte e do Mar para dar a coñecer as razas autóctonas galegas en perigo de extinción e as súas producións na casa do concello de Corcubión, grazas á invitación da Asociación Boca de Sapo, quen organizou a xornada.
EMOTIVO NACEMENTO DE POLIÑOS MOS NO COUTO-GRECO
49
O día 22 de marzo viviuse outra emocionante xornada motivada polo nacemento dunha ducia de poliños da raza Galiña de Mos. Nesta ocasión tivo lugar no CEIP O Couto, edificio Greco (Ourense), onde, ademais, o alumnado asistiu entusiasmado ás explicacións sobre a avicultura, que incluíron a presenza dun galo e dunha galiña da raza.
Imaxes e vídeos da elaboración no seguinte enlace: https://bit.ly/2DjpVN5
A MOS, NO MERCADO DE PRIMAVERA DO VALADOURO BOAGA VISITA AS RAZAS AUTÓCTONAS PORTUGUESAS NA 52.ª AGRO
Entre o 28 e o 30 de marzo acudimos á cidade portuguesa de Braga para asistir á 52 edición da Feira Internacional de Agricultura, Gandería e Alimentación Agro, na que se celebraron distintos concursos de razas bovinas, ovinas e de galiñas autóctonas lusas, invitados polas asociacións do noso país veciño. Alí puidemos ver o excelente traballo de conservación e divulgación das catro razas de galiñas autóctonas de Portugal, que hai poucos anos estiveron a piques de desaparecer, así como o labor que están a levar a cabo coas razas de ovellas Bordaleira e Churra do Miño, e mais coas de vacún autóctonas Arouquesa, Maronesa, Minhota, Cachena e Barrosá. Parabéns!
O día 23 de marzo a Galiña de Mos tivo representación no Mercado de Primavera que se celebrou na localidade lucense de Ferreira do Valadouro, grazas ao criador Pablo Val, que asistiu cos seus exemplares e ofreceu información da raza e da súa granxa.
Autóctonas Galegas Número 12
50
UN ANO MÁIS, AS RAZAS AUTÓCTONAS EXHÍBENSE EN MAGRECO
NOVAS
A Feira de Maquinaria Agrícola, Forestal e Produtos Eco Magreco volveu a Boimorto os días 30 e 31 de marzo. Ao abeiro dela, tivo lugar unha exposición con exemplares de razas autóctonas de Galicia, na que participaron os seguintes criadores: gandería de Gonzalo Seoane Prado (Cachena); gandería de Jónatan Iglesias Márquez (Caldelá); gandería de José Ángel Rúa López (Ovella Galega); gandería José Antonio Liñares Rey (Cabra Galega) e granxa artesanal Aves do Concello, de Francisco Monasterio (Galiña de Mos). A presenza das autoctonas completouse cun stand no que lle ofrecemos información ao público interesado, que tiña a posibilidade, ademais, de levar folletos publicitarios dedicados ás nosas razas e aos seus produtos.
Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
NACE NO QUIROGA BALLESTEROS UNHA DUCIA DE PITIÑOS
A CACHENA, PROTAGONISTA DAS FEIRAS DO ABRIL DO VAL DO DUBRA Un ano máis, con motivo das Feiras do Abril do Val do Dubra (A Coruña), que se desenvolveron o domingo 31 de marzo e o luns 1 de abril, organizáronse dúas degustacións de tenreira de raza Cachena, que salientaron polo grande éxito de asistencia. A materia prima para a elaboración dos pratos procedía da explotación de José Antonio Liñares Finca A Ferreira, criador e operador autorizado para o logotipo 100% raza autóctona Cachena.
XORNADAS GASTRONÓMICAS DE GALIÑA DE MOS EN LUGO
O día 29 de marzo foi especial para o colexio Quiroga Ballesteros de Lugo, pois todo o alumnado puido vivir unha experiencia moi especial: asistir ao nacemento de doce poliños da raza Galiña de Mos, tras tres semanas de aprendizaxe sobre o ciclo de incubación das aves e as peculiaridades da Galiña de Mos. Os profesores aproveitaron para implicar os pequenos en actividades relacionadas coa avicultura.
51
A GALIÑA DE MOS, DE FEIRA EN AGRO+VERÍN Os días 6 e 7 de abril celebrouse no pavillón dos deportes desta localidade ourensá a Feira Agro+Verín e ata alí se foi o noso criador José Manuel Ramos Canabal, con venda de exemplares e información sobre a súa granxa e sobre a nosa raza.
A TAPA “RULA-MOS”, GAÑA O V CONCURSO DE CASTRO DE RIBEIRAS DE LEA Durante as dúas primeiras fines de semana de abril tivo lugar a quinta edición do Concurso de Tapas de Castro de Ribeiras de Lea (Castro de Rei, Lugo). Entre os participantes, atopábase o restaurante Río Lea, que presentou unha excepcional tapa elaborada con carne de Galo Mos, con produto procedente da granxa Chousa do Lea. O prato, bautizado como “Rula-Mos”, consistía nunha filloa crocante rechea de Galo de Mos, sobre unha crema de sidra natural, acompañada dunha minimazaroca de millo, allo porro, ravo e cenoria baby. A foto é cortesía de José Zapata Sánchez.
A primeira quincena de abril a Pulpería Aurora, situada na capital lucense, acolleu unhas novas xornadas gastronómicas nas que os pratos elaborados tiveron como protagonistas a carne e os ovos procedentes da raza Galiña de Mos. Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
52
AS AUTÓCTONAS GALEGAS ASISTEN Á MOEXMU 2019
A 35.ª edición da Mostra Moexmu, que se desenvolveu no recinto feiral Manuel Vila (Muimenta, Cospeito) entre o 5 e o 7 de abril, contou coa presenza das razas autóctonas galegas. Alí estivemos cun posto de Boaga ofrecendo información. Na feira tamén participou a criadora Beatriz Canto Edrosa, procedente do concello veciño de Castro de Rei, quen asistiu con varios lotes de exemplares de raza Galiña de Mos. Segundo datos da propia organización, nesta edición pasaron pola feira 15.000 persoas.
ARMARIZ ESTREA AS SÚAS I XORNADAS GASTRONÓMICAS DE CALDELÁ CON GRANDE ÉXITO
A Asociación de Veciños ourensá San Ramón de Armariz, en Nogueira de Ramuín, organizou o 13 de abril as súas primeiras xornadas de degustación de carne ao caldeiro de raza Caldelá. A materia prima correu a cargo da carnicería Lage, operador autorizado do logo 100% Raza Autóctona Caldelá e o evento transcorreu con grande éxito de participación. Parabéns!
I xornada de carne o caldeiro Raza autóctona galega- raza Caldelá
Sábado 13 As 14 h
Socios 5€ Non socios 12€
Fecha limite para anotarse :10 de Abril
… E DÍAS MÁIS TARDE, A DE MOS E A CACHENA, EN SOBER
Autóctonas Galegas Número 12
O 13 e 14 de abril Sober festexaba a súa XXXIX Feira do Viño de Amandi, unha nova ocasión para dar a coñecer as nosas razas autóctonas. Esta vez foron a Cachena e a Galiña de Mos as participantes, xunto cos criadores Mari Carmen e Ramón Vázquez e a súa marca “Cachenas de Pantón” as que compartiron stand para a exposición e venda dos seus produtos.
NIEVES FERNÁNDEZ, UNHA CRIADORA DE OVELLA GALEGA CON MOITA ARTE Durante toda a vida sendo pastora, no tempo que transcorre en soidade coas súas ovellas Nieves Fernández Vidueira (Quintela de Pando, Viana do Bolo, 1962) foi descubrindo que tiña outras inquietudes artísticas que necesitou poñer en práctica. Entre outras habilidades, esculpe esculturas de madeira, constrúe traxes de boteiro con materiais reciclados e escribe poemas. Precisamente, esta última afección levouna a escribir o seu primeiro libro, Retrincos do meu ser, que foi presentado o día 27 de abril como acto central da Feira do Libro de Viana do Bolo. Moitas felicidades! Podedes ler a entrevista completa a Nieves Fernández, La Voz de Galicia (25.04.2019). https://bit.ly/35DT0z6.
NOVAS
A GALIÑA DE MOS E A CACHENA CÓANSE NA FESTA DO CHAMPIÑÓN DE ORDES De novo a Galiña de Mos e a Cachena estiveron presentes nunha feira co obxectivo de dar a coñecer as súas bondades e as dos seus produtos. Desta volta, foron os días 27 e 28 de abril na XXX Feira do Champiñón no concello coruñés de Ordes e estiveron representadas pola criadora de Galiña de Mos Cruz Grille e por Mari Luz Gómez, criadora de Galiña de Mos e Cachena.
AS AUTÓCTONAS GALEGAS, NAS QUENDAS DE MONDOÑEDO
A GALIÑA DE MOS, NA FEIRA DO QUEIXO DO CEBREIRO Esta raza autóctona tivo presenza tamén na Feira do Queixo do Cebreiro, que tivo lugar o 19 de abril, representada polo criador Roberto Raposo, procedente do propio concello lucense de Pedrafita do Cebreiro.
O 1 de maio achegámonos á Feira das Quendas en Mondoñedo, en representación das razas autóctonas galegas. Con nós estiveron os criadores Francisco Monasterio (raza Galiña de Mos) e Gonzalo Seoane (raza Cachena).
REPRESENTACIÓN DE MOS, TAMÉN EN LÁNCARA Tamén o 1 de maio, desta volta no concello lucense de Láncara, na Pobra de San Xiao, con motivo da celebración da XXI Feira Degustación da Tenreira Galega, a criadora Sandra López, pro-
53
pietaria da Granxa a Aeiroá, participou con animais vivos e cunha degustación de produtos da súa granxa co fin de dar a coñecer a nosa ave autóctona.
A GALIÑA DE MOS ASISTIU Á XXVIII FESTA DA FILLOA DE MUIMENTA O mesmo día, a criadora de Galiña de Mos Beatriz Canto Edrosa desprazouse á tradicional Festa da Filloa de Muimenta (Cospeito, Lugo) co obxectivo de promover a súa marca Granxa As Minas e alí estivo defendendo esta raza nun stand que incluía unha exposición de animais da raza e venda de ovos.
Autóctonas Galegas Número 12
54
NOVAS
A GALIÑA DE MOS, NA FEIRA AVÍCOLA DE PRIMAVERA DE SOBER
MÁIS POLIÑOS MOS, DESTA VOLTA EN SAN SADURNIÑO! O 15 de maio visitamos a Escola Infantil A Rolada, no municipio coruñés de San Sadurniño para asistir, xunto cos rapaces deste centro, a un novo nacemento de poliños de Mos, tras outra das incubacións feitas para a aprendizaxe dos máis cativos.
A primeira edición desta feira tivo lugar o día 12 de maio na praza do Toural da capital deste municipio lucense e estivo organizada polo Concello coa colaboración da Asociación Avicultores Tradicionais da Ribeira Sacra Galega. En representación da Galiña de Mos asistiu o criador Gonzalo Rodríguez Lamblín.
STAND DE CACHENA E DE GALIÑA DE MOS NA FEIRA DE PANTÓN Entre o 17 e o 19 de maio desenvolveuse a XXVI Mostra de Viños da Ribeira Sacra, no concello lucense de Pantón, e tamén neste evento estiveron representadas algunhas das nosas razas autóctonas. En concreto, tiveron stand os criadores Ramón Vázquez e Mari Carmen, que asistiron a esta emblemática feira con exposición e venda de produtos das razas Cachena e Galiña de Mos.
GRANDES EMOCIÓNS COA GALIÑA DE MOS EN VALDOVIÑO O día 15 de maio, o Día das Familias, o punto de atención infantil do Valdoviño viviu unha emocionante experiencia: o nacemento de dez poliños de Mos. O acontecemento tivo lugar ante un grupo de cativos e os seus pais, que, ademais, asistiron moi atentos a unha charla divulgativa sobre esta raza.
Autóctonas Galegas Número 12
PRESENZA DA RAZA LIMIÁ NA FEIRA DE SAN ISIDRO DE ROIS O 18 de maio o criador de raza Limiá e operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona Jesús Pardal Castro, de Moares (Rois), asistiu á Feira de San Isidro Labrador en Rois (A Coruña) repre-
sentando á raza Limiá con exposición de animais vivos. Durante a xornada este operador publicitou a raza, a súa explotación e a súa marca Limiás de Moares, todo apoiado con abundante publicidade.
NOVAS
A GALIÑA DE MOS ACODE Á FEIRA DE SAN ISIDRO DE SARRIA
55
Os días 18 e 19 de maio a localidade sarriá desfrutou da súa Feira de San Isidro e ata alí se desprazaron dous dos nosos operadores para promover a nosa ave autóctona: Roberto Raposo con animais vivos e Sandra López da granxa Aeiroá, quen ofreceu degustacións do produto. Ademais, en ambos os stands ofrecían folletos publicitarios para dar a coñecer en profundidade as propiedades destes animais e os seus beneficios.
INAUGURADA A CARNICERÍA LAGE, EN FONCUBERTA (MACEDA) O 28 de maio asistimos á inauguración dun novo establecemento de comercialización de razas autóctonas galegas, esta vez na parroquia ourensá de Foncuberta (Maceda). Trátase da carnicería Lage, propiedade de Juan Manuel Lage Cid e Isabel Fernandes, que crían na súa explotación animais de raza Caldelá, Cabra Galega e Galiña de Mos.
AS AUTÓCTONAS PROMÓVENSE NA RAIGAME DE CELANOVA O venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, estivemos presentes na XVIII Romaría Etnográfica Raigame, evento que se celebra na parroquia ourensá de Vilanova dos Infantes (Celanova), e que nesta edición estivo dedicada ás feiras de gando tradicionais. No posto instalado na feira representamos as nosas razas autóctonas galegas ofrecendo asesoramento e repartindo publicidade con abundante información sobre os animais e os seus produtos.
VI FESTA GASTRONÓMICA ECO DO BECERRO AO ESPETO EN VIASCÓN
Ambos, que xa ten experiencia na cría con razas autóctonas e tamén na venda ambulante de produtos da súa explotación, son un exemplo a seguir en canto á diversificación e comercialización de produtos de raza autóctona de calidade, en circuítos curtos de proximidade e, por suposto, en canto á súa valía como empresarios e comerciantes. Parabéns e moita sorte!
Roberto Louzán Alonso, operador do logotipo 100% Frieiresa e Caldelá, e mais a súa nai Mercedes Alonso Lorenzo, criadora das razas Frieiresa e Caldelá, organizaron o 12 de maio na parroquia pontevedresa de Viascón (Cerdedo-Cotobade) a sexta edición da Festa Gastronómica do Becerro ao Espeto. No transcurso deste evento os comensais degustaron carne procedente dos exemplares da súa propia explotación nun menú elaborado para máis 1.500 persoas. A xuntanza culinaria resultou un éxito rotundo! Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
56
VII XORNADAS GASTRONÓMICAS
CORDEIRO
RAZA OVELLA GALEGA A partir do 3 de maio
CORDE IR PRODU O DE C ECOLÓ IÓN XICA
COA GARANTÍA DE:
Avenida Terra Chá, s/n Castro de Ribeiras de Lea Castro de Rei (Lugo) Reservas: 982 310 658 PIDA PRESUPOSTO SEN COMPROMISO Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural
ORGANIZA: SAT TORRE DE ARCOS (OUTEIRO DE REI)
ARRECENDO A CACHENA NA FESTA GASTRONÓMICA DE VILAMARÍN
O SABOR DO CORDEIRO DE RAZA OVELLA GALEGA, DE NOVO PROTAGONISTA DAS XORNADAS DE RÍO LEA Un ano máis, e xa van sete, o restaurante lugués Río Lea (Castro de Ribeiras de Lea, Outeiro de Rei) acolleu durante todo o mes de maio as Xornadas Gastronómicas de Cordeiro de Raza Ovella Galega, que organiza da man da explotación Torre de Arcos SC, situada no mesmo concello. Ambos os operadores están autorizados para o logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega e, como en cada edición, o éxito estivo garantido!
O sábado 1 de xuño o concello ourensán de Vilamarín celebrou a súa VI Festa Gastronómica da Tenreira Cachena en Pazos de Monte. Os animais procedían da explotación próxima de Delvezón Agroganadera, gandería dedicada á cría en extensivo de animais exclusivamente de raza Cachena e que tamén é operador autorizado do logo 100% de raza Cachena. O menú, organizado por Malé, consistiu en carne ao caldeiro e carne richada.
A GALIÑA DE MOS DÁSE A COÑECER EN PORTUGAL Con motivo da Feira Internacional de Agricultura de Santarém (8-16 de xuño), desenvolvéronse unhas xornadas sobre razas de galiñas autóctonas de Portugal, onde o xuíz da Galiña de Mos, Juan Insua, falou sobre a comercialización da nosa raza.
O ALUMNADO MONFORTINO, EMOCIONADO ANTE A NACENZA DE NOVOS POLIÑOS Como noutros centros de ensino, esta vez foi no Colexio Ferroviario, situado no concello lucense de Monforte de Lemos, o lugar elixido para levar a experiencia da incubación e nacenza de poliños de Galiña de Mos. Foron 14 crías da nosa raza as que viron a luz tras a incubación de 18 ovos. Neste emocionante evento estivo presente o criador Ramón Vázquez, quen lles falou aos alumnos da súa experiencia na crianza da Galiña de Mos.
Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
57
AS RAZAS AUTÓCTONAS VOLVEN TRIUNFAR EN SILLEDA
Semana Verde 2019
As Autóctonas Galegas tiveron unha importante presenza na 42.ª Edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia 2019 (Silleda, 6-9 de xuño), na que se organizaron concursos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega e Galiña de Mos cunha participación de 53 criadores procedentes de distintos puntos de Galicia. Dende a Federación queremos agradecerlles e felicitar a todos os criadores participantes pola súa implicación neste evento, que supón un grande escaparate no que mostrar os tesouros de Galicia.
Foto de familia dos criadores
I CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA OVELLA GALEGA Como novidade na Semana Verde deste ano celebrouse o I Concurso Morfolóxico da raza Ovella Galega, cun total de 7 ganderías participantes e 28 animais nas categorías de machos e femias. As corraletas de Ovella Galega foron parada habitual con animais maiores de dous anos e das dúas cores (branco e negro).
Participantes no I Concurso Morfolóxico da Raza Ovella Galega • David González Rojo (Finca A Tellada), de Nogueira de Ramuín (Ourense) • Manuel Teijeiro Castillo (Montes de Boado), de Xinzo de Limia (Ourense) • Francisco Javier Rial González, de Nigrán (Pontevedra) • Ovidio Rojo Núñez, de Monterroso (Lugo) • Luis Fernández Fernández, de Riotorto (Lugo) • Gandería Mourelle SC, da Pontenova (Lugo) • Álvaro Rodríguez Rodríguez de Mos (Pontevedra)
NOVA VIDA EN SILLEDA!
E os afortunados foron… Sección machos 1.º premio
Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo)
2.º premio
Ovidio Rojo Núñez (Monterroso, Lugo)
3.º premio
Manuel Teijeiro de Montes de Boado (Xinzo de Limia, Ourense)
Sección femias 1.º premio
Ovidio Rojo Núñez (Monterroso, Lugo)
2.º premio
Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo)
3.º premio
Manuel Teijeiro de Montes de Boado (Xinzo de Limia, Ourense)
Os asistentes á feira pudieron ollar de primeira man o nacemento dunha cría de raza Ovella Galega, propiedade de David González Rojo de Nogueira de Ramuín (Ourense). Sen dúbida, foi un dos acontecementos que máis chamou a atención do público. Autóctonas Galegas Número 12
58
NOVAS
I CONCURSO MORFOLÓXICO DA CABRA GALEGA A Semana Verde tamén acolleu este ano o primeiro Concurso Morfolóxico da Raza Cabra Galega cun total de 4 ganderías participantes e 25 animais maiores de dous anos nas categorías de machos e femias.
Participantes no I Concurso Morfolóxico da Raza Cabra Galega • Jaime Elías Fernández Sanjurjo, de Cerdido (A Coruña) • Granxa Teixeiro e Pistón, de Becerreá (Lugo) • Ovidio Rojo Núñez, de Monterroso (Lugo) • José Antonio Liñares Rey, de Val do Dubra (A Coruña)
Semana Verde 2019 E os afortunados foron… Sección machos 1.º premio
José Antonio Liñares Rey (Val do Dubra, A Coruña)
2.º premio
Jaime Elías Fernández Sanjurjo (Cerdido, A Coruña)
3.º premio
Ovidio Rojo Núñez (Monterroso, Lugo)
Sección femias 1.º premio
José Antonio Liñares Rey (Val do Dubra, A Coruña)
2.º premio
Granxa Teixeiro e Pistón (Becerreá, Lugo)
3.º premio
Granxa Teixeiro e Pistón (Becerreá, Lugo)
PREMIOS Á BELEZA Reprodutoras das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa pertencentes a dezasete ganderías das catro provincias galegas participaron este ano nos concursos organizados para premiar a beleza. A alta calidade xenética e morfolóxica dos animais móstrase neste certame, que, sen dúbida, supón unha ferramenta ideal para a promoción das razas.
Participantes no III Concurso Morfolóxico da Raza Frieiresa • José Rodríguez Teijeiro, de Begonte (Lugo) • Roberto Louzán Alonso e Isidro Peleteiro García, de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra)
Participantes no V Concurso Morfolóxico da Raza Limiá • Jesús Pardal Castro, de Rois (A Coruña) • Lisardo López Blanco, de Baltar (Ourense)
Participantes no VI Concurso Morfolóxico da Raza Caldelá • José González Carballo e Explotación Juan M. Lage Cid, de Maceda (Ourense) • Roberto Louzán Alonso, de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra)
Autóctonas Galegas Número 12
Participantes no VII Concurso Morfolóxico da Raza Vianesa • Roberto Lago Lago, da Serra de Outes (A Coruña) • María Concepción Gómez Fernández, Maceda (Ourense) • Ganadería Cimadevila SC, de Montederramo (Ourense)
Participantes no VIII Concurso Morfolóxico da Raza Cachena • Gandería Tras do Río, de Ortigueira (A Coruña) • Cachenas de Pantón, de Pantón (Lugo) • Gonzalo Seoane Prado, de Vilalba (Lugo) • Marco Vázquez López, de Ourol (Lugo) • Daniel Vázquez Gimón, de Cospeito (Lugo) • Manuel Teijeiro Castillo, de Xinzo de Limia (Ourense)
NOVAS
E as máis fermosas foron…
Semana Verde 2019
III CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA FRIEIRESA 1.º premio
Finlandia, de José Rodríguez Teijeiro, de Ganadería Armental (Begonte, Lugo)
2.º premio
Xaquira, de Roberto Louzán Alonso (CercedoCotobade, Pontevedra)
3.º premio
Fenicia, de Isidro Peleteiro García (CercedoCotobade, Pontevedra)
59
V CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA LIMIÁ 1.º premio
Laga, de Lisardo López Blanco (Baltar, Ourense)
2.º premio
Rubia, de Jesús Pardal Castro (Rois, A Coruña)
3.º premio
Lixeira, de Lisardo López Blanco (Baltar, Ourense)
Participantes no concurso de raza Cachena
VI CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CALDELÁ 1.º premio
Colosa, de Juan M. Lage Cid (Maceda, Ourense)
2.º premio
Tina, de Roberto Louzán Alonso (Cotobade, Pontevedra)
3.º premio
Centea, de José González Carballo (Maceda, Ourense)
VII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA VIANESA 1.º premio
Visa, de María Concepción Gómez Fernández (Maceda, Ourense)
2.º premio
Pala II, de Ganadería Cimadevila S.C. (Montederramo, Ourense)
3.º premio
Vitorina, de Roberto Lago Lago, de Ganadería Martelo (A Serra de Outes, A Coruña)
Premiados no concurso de raza Caldelá
VIII CONCURSO MORFOLÓXICO DA RAZA CACHENA 1.º premio
Solfa, de M.ª Rebeca Yáñez Candamil, de Gandería Tras do Río (Ortigueira, A Coruña)
2.º premio
Tarrina, de Cachenas de Pantón (Pantón, Lugo)
3.º premio
Cabra, de Marco Vázquez López (Ourol, Lugo)
Premiados no concurso de raza Vianesa
SORPRESA NA FEIRA! Por segundo ano nace na feira un exemplar de raza bovina, en concreto de raza Limiá, propiedade de Lisardo López Blanco (Baltar, Ourense). Sen dúbida, o criador volveu para a casa cunha agradable sorpresa.
Nacemento na feira
Raza Vianesa
Raza Frieiresa
Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
60
ALTA PARTICIPACIÓN NO 6.º CAMPIONATO GALEGO DA RAZA GALIÑA DE MOS Este campionato, no que se engloba o concurso por lotes, o monográfico do Galo e da Galiña de Mos e mais o concurso da Galiña e os seus poliños contou como cada ano cunha alta participación. Un total de 29 criadores presentaron machos e femias, dotados todos eles dunha alta calidade xenética. Foron os seguintes: José M. Garrido Jiménez (A Estrada, Pontevedra), Víctor Fontán Álvarez (A Estrada, Pontevedra), José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo), Lourdes Mulet Abeledo (Lalín, Pontevedra), Gonzalo Rodríguez Lamblín (Monforte de Lemos, Lugo), José Rodríguez González (Lalín, Pontevedra), Ramón Vázquez Fernández (Monforte de Lemos, Lugo), Luis Fernández Fernández (Riotorto, Lugo), Mariña Grille Negreira (Val do Dubra, A Coruña), María Luisa Canicoba Pacheco (Teo, A Coruña), Alejandro Collazo Casal
Semana Verde 2019
(Mos, Pontevedra), Cruz Grille Negreira (Tordoia, A Coruña), Javier Riqueza Lois (Pontevedra), Álvaro Rodríguez Rodríguez (Mos, Pontevedra), Augusto Fontán García (Pontevedra), M.ª Rebeca Yáñez Candamil (Ortigueira, A Coruña), María Dolores Ramos Cascallar (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra), Manuel Rodríguez Alonso (Mos, Pontevedra), Miguel Verde Martínez (Mos, Pontevedra), Beatriz Canto Edrosa (Castro de Rei, Lugo), Óscar Miranda Gómez (Castro de Rei, Lugo), José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo), Francisco José Monasterio Solveira (Vilalba, Lugo), Evaristo Rodríguez Datorre (Vila de Cruces, Pontevedra), Mari Luz Gómez Fernández (Ordes, A Coruña), María José Castro Abonjo (Vila de Cruces, Pontevedra), Sandra López López (Láncara, Lugo), Jorge Anguez Grases (Triacastela, Lugo) e Gervasio Mouro Ares (Zas, A Coruña).
RESULTADOS DA VIII EXPOSICIÓN E CONCURSO POR LOTES DA GALIÑA DE MOS
RESULTADOS DO XII CONCURSO MONOGRÁFICO DA GALIÑA DE MOS
Valoráronse 20 lotes formados por tres galiñas e un galo
Categoría de galos
1.º premio
Lote de Lourdes Mulet Abeledo (Lalín, Pontevedra)
Escolléronse os mellores exemplares valorados individualmente
2.º premio
Lote de Óscar Miranda Gómez (Castro de Rei, Lugo)
1.º premio
Galo de María Luisa Canicoba Pacheco (Teo, A Coruña)
3.º premio
Lote de José Luis Freire Castedo (Pol, Lugo)
2.º premio
Galo de Alejandro Collazo Casal (Mos, Pontevedra)
3.º premio
Galo de M.ª Rebeca Yáñez Candamil (Ortigueira, A Coruña)
Categoría de galiñas Escolléronse os mellores exemplares valorados individualmente
Autóctonas Galegas Número 12
1.º premio
Galiña de José Zapata Sánchez (Castro de Rei, Lugo)
2.º premio
Galiña de Lourdes Mulet Abeledo (Lalín, Pontevedra)
3.º premio
Galiña de Álvaro Rodríguez Rodríguez (Mos, Pontevedra)
NOVAS
“A GALIÑA E OS SEUS POLIÑOS” CUMPRE CINCO ANOS Un ano máis tivo lugar esta orixinal competición co obxectivo de promover as galiñas da raza como nais. Con esta iniciativa o público asistente á feira puido
61
Semana Verde 2019 observar a cría dos poliños naturalmente e non en incubadora. Estiveron presentes varios exemplares que chamaron a atención de nenos e non tan nenos…
E os gañadores foron…
GRAN MOVEMENTO NO MERCADO DE AVES VIVAS
1.º premio
Alejandro Collazo Casal (Mos, Pontevedra)
2.º premio
Mari Luz Gómez Fernández (Ordes, A Coruña)
Sete criadores estiveron presentes en Silleda para montar o tradicional mercado de aves vivas en colaboración coa Fundación Semana Verde de Galicia. Multitude de asistentes pasaron polos distintos
postos, nos que se vendían exemplares con idades comprendidas entre un e catro meses e nos cales cada criador puxo o seu toque persoal!
TAPIRAZAS, UNHA CITA OBRIGADA Como cada ano, Boaga instalou Tapirazas, o restaurante no que se ofrecían tapas elaboradas con produtos das razas autóctonas galegas en perigo de extinción e co selo de calidade 100% Raza Autóctona. O equipo do cociñeiro Antonio Díaz Calvo (Restaurante Andarubel) foi o encargado de elaborar os distintos pratos cos produtos das razas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Ovella Galega, Cabra Galega, Galiña de Mos e Porco Celta servidos durante os catros días da feira. Esta actividade ten como obxectivo promover as nosas razas e os seus produtos, poñendo en valor as excelentes calidades culinarias e sensoriais, que se diferencian como produtos únicos e de calidade co selo. Nesta edición degustáronse ao redor de 1.000 menús, o que superou todas as expectativas previstas. Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
62
As imaxes das receitas servidas convidan a repetir!
Semana Verde 2019
Cabrito de raza Cabra Galega asado ao forno en dúas coccións con patacas ao romeu
Agulla estufada das razas Limiá e Vianesa ao viño mencía
Croquetas de ovos fritidos de raza Galiña de Mos con chourizo de Porco Celta
Callos de tenreira das razas Cachena e Caldelá
Entrecosto das razas Limiá e Frieiresa con verduriñas á grella
Minihamburguesas 100% tenreira de raza Caldelá con queixo DO Tetilla
Carne ao caldeiro de tenreira das razas Caldelá e Limiá
Cordeiro de raza Ovella Galega asado no forno
Carbonara flamande de tenreira das razas Cachena e Vianesa
Empanada de liscos de Porco Celta
Albóndegas 100% tenreira de raza Frieiresa no seu prebe
Empanada de galo de raza Galiña de Mos
Minihamburguesas 100% cordeiro de raza Ovella Galega con salsa de castaña
Ovos rotos de raza Galiña de Mos con xamón de Porco Celta
Posta de croca de tenreira de raza Caldelá á grella
Escalopes de tenreira das razas Cachena e Frieiresa con reducción de viño DO Ribeira Sacra
“DE NÓS A VÓS”, UN PUNTO DE ENCONTRO INELUDIBLE “De nós a vós” é un espazo habilitado por Boaga dende hai oito anos no Salón de Alimentación do Atlántico da Semana Verde (Salimat) para que os produtores das distintas razas autóctonas se reúnan e promovan as súas marcas individuais. Cada vez é maior o público que se achega co fin de coñecer de primeira man os produtos de vacún de Cachena, Caldelá, Frieiresa e Limiá, de Ovella Galega, de Cabra Galega e de Galiña de Mos. Nesta edición 14 criadores expuxeron e venderon coa súa marca comercial, froito do traballo realizado ao longo do ano para valorizar o seus produtos e darlles novas saídas comerciais, apostando por diversas elaboracións e coidando a presentación e a imaxe propia. Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
• Ganadería Balín con produtos da raza Limiá • Cachenas de Pantón de María del Carmen Álvarez Álvarez, con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos • Cachenas de San Breixo de Jordi Ánguez Grases, con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos • Gandaría e Carnicería Lage de Juan Manuel Lage, con produtos da raza Caldelá • Gandería Tras do Río de Mª Rebeca Yáñez Candamil, con produtos das razas Cachena e Galiña de Mos • Granxa Castro de Madrosende de María José Castro Abonjo, con produtos da raza Galiña de Mos • Aves do Concello de Francisco José Monasterio Solveira, con produtos da raza Galiña de Mos • Chousa do Lea de José Zapata Sánchez, con produtos da raza Galiña de Mos • Gacarli S.L. de Lisardo López Blanco, con produtos das razas Ovella Galega e Limiá • Granxa Aeiroá de Sandra López López, con produtos da raza Galiña de Mos • A Granxa de Lola de Víctor Fontán Álvarez, con produtos da raza Galiña de Mos • Cruz Grille de Cruz Grille Negreira, con produtos da raza Galiña de Mos • Granxa Teixeiro e Pistón de Miguel Cordero Souto, con produtos da raza Cabra Galega • O Agro de Roberto Louzán, con produtos das razas Caldelá e Frieiresa Foi unha oportunidade única na que se fixeron importantes contactos comerciais.
63
Semana Verde 2019
Gacarli S.L.
Granxa Aeiroá
Ganadería Balín
Gandería Tras do Río
A Granxa de Lola
Cachenas de Pantón
Granxa Castro de Madrosende
Cruz Grille
Cachenas de San Breixo
Aves do Concello
Granxa Teixeiro e Pistón
Gandaría e Carnicería Lage
Chousa do Lea
O Agro
Autóctonas Galegas Número 12
64
NOVAS
REVALIDADA A ALIANZA ABANCA-BOAGA Aproveitando a presenza da Federación de Razas Autóctonas de Galicia-Boaga e de Abanca na Semana Verde 2019, o día 6 de xuño asinouse a renovación do convenio de colaboración entre as devanditas entidades para promover a viabilidade das razas autóctonas de Galicia.
os asociados adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e das tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.
Este convenio facilita que os empresarios e emprendedores asociados accedan a unha amplia oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Entre outras cousas, poderanlles facer fronte aos investimentos con maior tranquilidade a través de préstamos e políticas de crédito especiais. Tamén se inclúen condicións melloradas doutras vías de financiamento coma anticipos da PAC, liñas de comercio exterior, confirming, avais e liñas de desconto. A entidade poñerá a disposición persoal especializado en xestión de seguros que asesorará sobre pólizas e seguros específicos para o sector. Do mesmo xeito,
Calquera criador/a interesado/a neste convenio deberá solicitar o certificado de pertenza á asociación e achegarse á súa oficina de Abanca.
Semana Verde 2019 AS RAZAS ESPAÑOLAS, PRESENTES NA FEIRA A Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes) estivo presente na feira cun stand no que se amosou cartelería e abundante información sobre as razas autóctonas.
IMPORTANTE PRESENZA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN! A continuación, ofrecemos un percorrido polas diversos medios que se fixeron eco da nosa presenza neste importante evento: https://bit.ly/2DF0khQ
Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
65
AS RAZAS AUTÓCTONAS, DE FESTA EN ALFOZ O 15 de xuño a Asociación de Veciños de San Sebastián de Carballido (Alfoz) desfrutou dunha xornada festiva e as nosas razas autóctonas estiveron representadas por exemplares de Cabra Galega, Ovella Galega procedentes de Explotaciones Soli SC (Aguillón-Oiras), así como por exemplares da raza Galiña de Mos, a cargo de Pablo Val. No concurso de gando participaron tamén animais de Cachena, pertencentes á Explotación Soli SC e a Marco Vázquez López (Os Rubas-Miñotos).
A GALIÑA DE MOS, DE FESTA NO ARDE LUCUS
A CACHENA VOLVE SER PROTAGONISTA NO XANTAR DE ARTÓN
Os días 14, 15 e 16 de xuño celebrouse por toda a capital lucense a xa emblemática festa Arde Lucus, na que se conmemora por todo o alto a fundación desta cidade. A nosa operadora Sandra López non quixo perder esta magnífica oportunidade e ata alí se foi con algúns animais da súa granxa Aeiroá, onde participou no campamento romano Lucus Equites para promover tanto a nosa ave autóctona como a súa explotación.
O sábado 28 de xuño organizouse a sexta edición da Festa da Cachena da Comunidade de Montes de Santa Mariña de Esteiro, no concello coruñés de Muros. Esta xuntanza culinaria volveu facer as delicias dos numerosos comensais que un ano máis acudiron a súa cita anual na praia de Artón.
A OVELLA GALEGA PRESUME DE RAZA NAS EXALTACIÓNS GASTRONÓMICAS DA APEHL Os produtos de Ovella Galega foron un dos protagonistas nas xornadas de exaltacións gastronómicas que se celebraron na segunda quincena de xuño na provincia de Lugo. Estas xornadas, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) en colaboración coa Deputación de Lugo, tiveron por obxectivo promover os produtos distinguidos cos distintos selos de calidade alimentaria que existen na nosa comunidade. Os case cincuenta locais de hostalería participantes foron os encargados de dalos a coñecer a través desta inciativa, tanto aos visitantes coma aos residentes da provincia de Lugo, e de fomentar o turismo gastronómico de calidade.
Autóctonas Galegas Número 12
66
A GALIÑA DE MOS FOISE DE FEIRA A BOBORÁS
NOVAS
SABOR DE RAZA OVELLA GALEGA EN LOURENZÁ
XORNADAS GASTRONÓMICAS
C O R D E I RO
R A Z A OV E L L A GA L E GA Do 14 de xuño ao 1 de xullo
Con motivo da celebración da segunda edición da Feira en Feás, no concello ourensán de Boborás, o 7 de xullo a criadora Belén Maceda desprazouse ata alí cos seus exemplares e no seu stand ofreceu información sobre a Galiña de Mos.
Do 14 de xuño ao 1 de xullo o restaurante O Forno de Tovar en Lourenzá (Lugo) acolleu unhas Xornadas Gastronómicas de Cordeiro de Ovella Galega. Os cordeiros, procedentes da gandería Explotacións Gandeiras Soli, foron os protagonistas das distintas preparacións gastronómicas, que fixeron as delicias dos comensais. Esta gandería é operador autorizado para o uso do logotipo 100% Raza Autóctona Ovella Galega.
A MOS, EN PAZOS DE ARENTEIRO Os días 13 e 14 de xullo a Galiña de Mos estivo presente na III edición da recreación da batalla de Pazos de Arenteiro. Con motivo dos obradoiros e das exposicións celebradas, a criadora María Belén Maceda presentou un posto de Galiña de Mos para promover os seus produtos.
Autóctonas Galegas Número 12
COA GARANTÍA DE:
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural
Pacio 2, Santo Tomé Lourenzá (Lugo) Teléfono reservas: 619 652 545
GANDERÍAS:
EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS SOLI (ALFOZ) SAT TORRE DE ARCOS (OUTEIRO DE REI)
... E TAMÉN, NO MERCADO MEDIEVAL DE ALFOZ
EN PONTEVEA FALOUSE DA RAZA GALIÑA DE MOS
A Galiña de Mos asistiu tamén ao XXI Mercado Medieval de Alfoz (19 e 20 de xullo), nun fermoso lugar situado baixo a torre fortaleza de Pardo de Cela. Desta volta foi Pablo Val o criador que estivo cos seus exemplares para facer promoción da raza e da súa explotación no seu stand, no que tamén ofreceu material publicitario para repartir entre o público asistente.
O Multicentro Daniel Pernas de Pontevea, no concello coruñés de Teo, celebrou o día 27 de xullo o seu 150 aniversario de existencia con diversas actividades. Entre elas incluíronse varias charlas e degustacións de produtos da raza Galiña de Mos, que correron a cargo de Rafael Carbajales, procedente da granxa Eo dos Menecos, da que é provedor.
NOVAS
67
CACHENAS DE SAN BREIXO, NA I FESTA DO PEREGRINO DE TRIACASTELA O 20 de xullo, Cachenas de San Breixo, explotación das razas Cachena e Galiña de Mos, participou cun posto no que incluía exposición e venda dos produtos da súa gandería en Triacastela (Lugo) na Festa do Peregrino que se organizou por primeira vez no municipio lucense de Triacastela. Neste evento, ademais de promover as autóctonas galegas entre os asistentes, púidose desfrutar dun ambiente festivo no que non faltaron os postos de artesanía, teatro e gaitas, así como diversos obradoiros.
AGOSTO COMEZOU CON SABOR DE LIMIÁ NO RESTAURANTE SUSO! Comezamos o mes de agosto cunhas novas xornadas gastronómicas, esta vez no restaurante lucense Suso (Castro de Ribeiras de Lea, Castro de Rei). Concretamente foron os días 3 e 4 e foi a raza Limiá a protagonista dos suculentos pratos, cuxa materia prima viña da explotación de Ana María Teijeiro Castro de Ludrio (Castro de Rei). Ambos os dous son operadores autorizados para o logotipo 100% Raza Autóctona Limiá.
A GALIÑA DE MOS PROMÓVESE NA FEIRA DO CASTRO DE MOLDES
A OVELLA GALEGA, NA ANDAINA SOLIDARIA DE ARMARIZ A mañá do 3 de agosto partían do souto de San Ramón os participantes na andaina que se organiza cada verán na parroquia de Armariz (Nogueira de Ramuín, Ourense) con fins solidarios dende hai xa once anos. Nesta ocasión puxéronse en marcha co obxectivo de recadar fondos en beneficio da Asociación de fibromialxia, fatiga crónica e sensibilidade múltiple de Ourense (AFFOU). Coma en pasadas edicións, a raza Ovella Galega formou parte desta iniciativa, representada polo criador da raza Ovella Galega Finca A Tellada, un dos organizadores do evento, que repartiu información sobre as razas autóctonas galegas e sorteou entre os participantes un agasallo vinculado a estas.
O 3 de agosto celebrouse a segunda edición da Feira do Castro de Moldes, no concello de Boborás, provincia de Ourense. Alí estivo a criadora María Belén Maceda coas súas galiñas e un posto con folletos publicitarios nos que se dan a coñecer en profundidade as propiedades organolépticas e os beneficios de consumir a carne e os ovos desta raza autóctona. Autóctonas Galegas Número 12
68
NOVAS
A GALIÑA DE MOS VOLVE Á FEIRA DO 21
MOSTRA DAS RAZAS AUTÓCTONAS NA FEIRA MEDIEVAL DE MACEDA
O 18 de agosto celebrouse a Feira do 21 na parroquia pontevedresa de Piloño. Os criadores Álex Fiuza, José Ramón Cillero e David Santos, propietarios da granxa Castelo de Alcobre, participaron con exemplares de Galiña de Mos; na súa mesa tamén contaban con material publicitario sobre esta raza para repartir entre o público asistente a esta festa.
Ao abeiro da Feira Medieval da Vila, que se celebrou o día 15 de agosto en Maceda (Ourense), desenvolveuse unha nutrida exposición de varias das nosas razas autóctonas. Situada na carballeira que circunda o castelo, os visitantes puideron ver unha nutrida mostra de autóctonas galegas, entre as que se atopaban vacas de raza Caldelá, unha das de maior arraigo no concello, representada polos criadores José González Carballo, Javier Blanco González, José Manuel González Lamelas e Juan Manuel Lage Cid; os exemplares de raza Vianesa procedían das explotacións de Escuadro SC, de José Manuel González Lamelas e de Miguel Gómez García, criador de Santiso; a Limiá estivo representada por María José Ramos Martínez, de Vilardecás; a Ovella Galega era propiedade de José Manuel González Lamelas de Escuadro SC, e, finalmente, a Cabra Galega foi amosada pola criadora Visitación Cid Fariñas, de Foncuberta.
… TAMÉN A DE MOS, NA FESTA DO EMIGRANTE DE POL
GALIÑA DE MOS E OVELLA GALEGA, EN LA VUELTA COA APEHL La Vuelta Ciclista a España tivo lugar entre o 24 de agosto e o 15 de setembro e, fiel á súa cita anual, viaxou canda ela a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) para promover a provincia de Lugo coa súa marca … E para comer, Lugo. O stand da Asociación, situado nas saídas de cada etapa da competición, inclúe habitualmente promoción e degustación dos
Autóctonas Galegas Número 12
produtos de calidade galegos, entre os que non faltan os de Ovella Galega e da Galiña de Mos. Os visitantes ao posto lucense amosaron moito interese pola iniciativa, sen dúbida un excelente escaparate que se suma á promoción dos nosos produtos. Moi agradecidos á Apehl polo convite ano tras ano!
Esta tradicional festa celebrouse como cada ano na parroquia de Mosteiro (Pol, Lugo) o 24 de agosto e ata alí asistiron as granxas Chousa do Lea e Aeiroá para ofrecer unha degustación de produtos procedentes da nosa ave autóctona.
NOVAS
69
AS ASOCIACIÓNS DE AUTÓCTONAS GALEGAS VISITAN SALAMANCA O venres 6 de setembro asistimos aos consellos federais ordinario e extraordinario de eleccións da Federación de Razas Autóctonas Españolas (Federapes), que este ano se levaron a cabo en Salamanca, aproveitando a asistencia á Feria Agroganadera Salamaq 2019; nela tivo lugar unha mostra de gando puro, entre o que se atopaban moitas razas autóctonas españolas. A nova xunta de goberno de Federapes aprobada para o período 2019-2023 quedou conformada do seguinte xeito:
Posteriormente, nomeáronse os cargos á xunta executiva de Federapes e o de secretario xeral da Federación, na que revalidou o cargo José Ramón Justo Feijóo. A experiencia neste tipo de xuntanzas é moi positiva, xa que sempre se tratan temas zootécnicos e actividades das asociacións integrantes en Federapes e xorden novas propostas e problemáticas comúns que nos afectan a todos.
Presidente: D. José Manuel González Lamelas (Caldega) Vicepresidente: D. José Manuel González Álvarez (Aseava) Secretario-tesoureiro: D. Valeriano Remis Remis (Aseamo) Vogal: D. Lisardo López Blanco (Asovega e Limiaga) Vogal: D. Víctor Casas del Corral (Asociación Aszal) Vogal: D. Joaquim de Ros Casademont (Ancri) Vogal: D. José Blanco Blanco (Vianega) Vogal: D. Lluis Túnica Doz (Araparda) Vogal: D. Francisco José Monasterio Solveira (Avimós)
AS AUTÓCTONAS, NA XIII FEIRA DOS REMEDIOS DE PONTEAREAS
‘A FÍA DA LA’ TECEU CON OVELLA GALEGA
O 7 de setembro desprazámonos ata o concello pontevedrés de Ponteareas co obxectivo de promover unha vez máis as nosas razas, nesta ocasión na XIII Feira Tradicional dos Remedios. Alí instalamos o noso propio stand e participaron canda nós os criadores Roberto Louzán (con exemplares das razas Caldelá, Frieiresa e Cabra Galega), Álvaro Rodríguez (con exemplares de Ovella Galega), Hugo, da gandería Os Bravos (exemplares de Ovella Galega) e Alejandro Collazo (con Galiña de Mos).
Un novo ano asistimos á Fía da La, a tradicional mostra que se desenvolveu os días 14 e 15 de setembro en Lavandeira (Cabanas, A Coruña), cun stand que contiña numerosa información da raza e das características da la de Ovella Galega.
O evento acadou un grande éxito de afluencia, polo que foi unha interesante oportunidade para dar a coñecer as nosas razas e os seus produtos.
A feira está organizada pola Asociación de Mulleres Cabanas Rural e nela teñen lugar diversas actividades, cuxo principal obxectivo é poñer en valor este tecido e indicar as distintas características e variedades que existen, así como recuperar as tradicións e as diferentes propostas para confeccionar pezas de roupa con ela. A Fía da La está constituída por operadoras autorizadas para o logotipo 100% Ovella Galega, traballan coa la desta raza e con ela confeccionan distintas pezas de roupa, que luciron un ano máis neste evento tan especial.
Autóctonas Galegas Número 12
70
NOVAS
CAPRIGA, NA FEIRA DAS CABRAS DE MERLÁN Como en anos anteriores, o domingo 15 de setembro a raza Cabra Galega participou na Feira das Cabras de Merlán, organizada pola Asociación de Veciños de Santo Tomé de Merlán, pertencente ao municipio lucense de Chantada. Capriga repartiu numerosa información sobre a raza, material publicitario e asesoramento no stand que foi habilitado para a ocasión.
SABOR DE CACHENA NA FINAL DO TORNEO DE GOLF SÉNIOR DE PANTÓN O mércores 25 de setembro disputouse a final do Torneo de Golf Sénior 2019 no circuíto do hotel Oca Augas Santas balneario & golf resort (Ferreira de Pantón, Lugo) e nel participaron golfistas de toda España. Aproveitando este evento, a gandería Cachenas de Pantón, propiedade de M.ª Carmen Álvarez e Ramón Vázquez, criadores pertencentes a asociación Cachega e operadores autorizados para o logotipo 100% Cachena, organizaron unha degustación con produtos da súa explotación a base de mini hamburguesas e empanada de carne desta raza autóctona, que fixo as delicias dos máis noventa participantes da competición.
Na fin de semana do 14 e 15 de setembro celebrouse por primeira vez a Expofeira Agolada Rural, que decidiu poñer en marcha a Asociación Agolada Rural co obxectivo de promover a gandería e a maquinaria rural na nosa comunidade.
HG&T RECOÑECE O LABOR DE BOAGA CO PREMIO Á “RECUPERACIÓN DE PRODUTO” O 25 de setembro asistimos aos Premios HG&T que se entregaron na XXV Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia. No transcurso do evento a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) recolleu o galardón na categoría de “Recuperación de Produto”, un dos galardóns ás iniciativas turísticas nos últimos 25 anos. Estamos moi agradecidos ao xurado de HG&T por este premio e polo recoñecemento, que queremos dedicar especialmente a todos os criadores de razas autóctonas, ás asociacións de gandeiros das razas autóctonas e a todas aquelas persoas que dalgunha ou outra forma traballan na recuperación e promoción das razas autóctonas e dos seus produtos. Moitas grazas a todos!
Autóctonas Galegas Número 12
CACHENA, FRIEIRESA E LIMIÁ, DE PROMOCIÓN EN AGOLADA RURAL
Esta primeira edición arrancou con 25 expositores de maquinaria e animais, que se deron cita no recinto feiral da citada localidade pontevedresa e ata alí se foron algunhas das nosas razas; en concreto participaron exemplares de Cachena; Frieiresa, procedentes das explotacións de Lalín e Agolada, de José Canda Rodríguez, e de Limiá, propiedade da explotación de Agolada, pertencente a Chotoiba S.C.
NOVAS
71
AS ASOCIACIÓNS DAS AUTÓCTONAS GALEGAS CELEBRAN A SÚA ASEMBLEA ANUAL O Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia (Coles, Ourense) acolleu o venres 27 de setembro as asembleas anuais ordinarias das nove asociacións de criadores de razas autóctonas galegas en perigo de extinción: Cachega, Caldega, Frieirega, Limiaga, Vianega, Capriga, Asovega, Avimós e Asoporcel. Posteriormente e aproveitando a asistencia de case 150 persoas, levouse a cabo a presentación da exposición permanente Bestiarium de Razas Autóctonas Españolas no Pazo de Fontefiz, pertencente á Federación Española Federapes, que foi inaugurada por José Balseiros, director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias (Consellería do Medio Rural), acompañado por Castor José Rivero, director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, e por José Barea, autor das fotografías que conforman a mostra e mais do proxecto. O evento clausurouse cunha degustación con produtos de razas autóctonas organizada por Boaga.
Autóctonas Galegas Número 12
72
NOVAS
RENOVADAS AS XUNTAS DIRECTIVAS DE CACHEGA, CALDEGA, FRIEIREGA, LIMIAGA, VIANEGA, ASOVEGA E CAPRIGA Este ano tamén se celebraron as asembleas extraordinarias de renovación de cargos á xunta directiva das cinco asociacións de vacún –Cachega, Caldega, Frieirega, Limiaga e Vianega– e mais das asociacións de Ovella Galega (Asovega) e de Cabra Galega (Capriga). A continuación, cítanse os novos integrantes das xuntas directivas de cada asociación establecidas para o período 2019-2023:
Xunta directiva 2019-2023 da Asociación de Criadores de Raza Bovina Cachena (Cachega) Presidenta: Dna. María Hortensia Alonso Alonso Vicepresidente: D. José Ramón Vázquez Fernández Secretario-tesoureiro: D. Miguel Ángel Pernas Martínez Vogal: D. José Antonio Liñares Rey Vogal: D. Jorge Anguez Grases
Xunta directiva 2019-2023 da Asociación de Criadores de Raza Bovina Caldelá (Caldega)
Xunta directiva 2019-2023 da Asociación de Criadores de Raza Bovina Limiá (Limiaga) Presidente: D. Lisardo López Blanco Vicepresidente: D. Antonio Pérez González Secretaria-tesoureira: Dna. Ana María Teijeiro Castro Vogal: D. Iván Gil Rodríguez Vogal: D. Jesús Pardal Castro
Xunta directiva 2019-2023 da Asociación de Criadores de Raza Bovina Vianesa (Vianega) Presidente: D. José Blanco Blanco Vicepresidente: D. Fernando Bouzas Bentín Secretaria-tesoureira: Dna. María Concepción Gómez Fernández Vogal: D. Carlos Gayo Tourón Vogal: Dna. Diana Pino González
Xunta directiva 2019-2023 da Asociación de Criadores de Raza Ovella Galega (Asovega)
Presidente: D. José Manuel González Lamelas Vicepresidente: D. Juan Manuel Lage Cid Secretario-tesoureiro: D. Sergio González Fernández Vogal: D. Andrés Verdes González Vogal: D. José González Carballo Vogal: D. Javier Blanco González Vogal: D. Celso Basalo Gómez
Presidente: D. Lisardo López Blanco Vicepresidente: D. Manuel Teijeiro Castillo Secretaria-tesoureiro: Dna. M.ª Nieves Fernández Vidueira Vogal: D. Alberto Santín González Vogal: D. Manuel Celeiro Álvarez Vogal: D. David González Rojo Vogal: D. Francisco Manuel Penabad Pita
Xunta directiva 2019-2023 da Asociación de Criadores de Raza Bovina Frieiresa (Frieirega)
Xunta directiva 2019-2023 da Asociación de Gandeiros de raza Cabra Galega (Capriga)
Presidenta: Dna. María Hortensia Rodríguez González Vicepresidente: D. José Rodríguez Teijeiro Secretario-tesoureiro: D. Roberto Louzán Alonso Vogal: D. Isidro Peleteiro García Vogal: D. Francisco Manuel Penabad Pita
Presidente: D. Alberto Santín González Vicepresidente: D. Roberto Louzán Alonso Secretario-tesoureiro: D. José Antonio Liñares Rey Vogal: Dna. Eva María Vidueira Fulgueira Vogal: D. Antonio López Fontarigo
Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS
A CACHENA ASISTE Á IX FEIRA DE TRIACASTELA O sábado 28 de setembro a Cachena foi unha das protagonistas da novena edición da Feira de Artesanía e Produtos da zona, en Triacastela (Lugo), da man da explotación Cachenas de San Breixo, produtor da raza Cachena, quen asistiu para promover a súa gandería, así como a raza e os seus produtos.
73
AS AUTÓCTONAS GALEGAS PRESUMEN DE RAZA EN EXPOLUGO 2019 As razas Galiña de Mos, Cachena, Ovella Galega e Cabra Galega asistiron á feira Expolugo, que se celebrou os días 5 e 6 de outubro, coincidindo co San Froilán, no Pazo de Feiras e Congresos da cidade de Lugo, con exposición de animais vivos e mostra e venda de produtos das razas Cachena e Cabra Galega. Este ano participaron os criadores Gonzalo Seoane (raza Cachena); Ramón Vázquez e M.ª Carmen, de Cachenas de Pantón (con animais vivos e produtos da raza Cachena); Jordi Anguez, de Cachenas de San Breixo (con produtos da raza Cachena); Yolanda de Granxa Teixeiro e Pistón (con animais vivos e produtos da raza Cabra Galega); Óscar Miranda (con exemplares da raza Galiña de Mos); Alberto Fernández (con exemplares da raza Galiña de Mos); Luis Fernández (con exemplares vivos das razas Ovella Galega e Galiña de Mos); Sandra López (con animais da raza Galiña de Mos) e Daniel Vázquez (con animais da raza Cachena).
FERMOSO DESFILE DAS NOSAS RAZAS POLAS RÚAS LUCENSES O sábado 5 de outubro as razas autóctonas galegas luciron polas rúas da capital lucense no desfile gandeiro que se celebra todos os anos para achegar a Feira Gandeira a todos os participantes no San Froilán 2019. Por el pasaron fermosos exemplares das razas Galiña de Mos e Ovella Galega. Foi unha ocasión única para achegar as razas autóctonas ao público da capital.
Autóctonas Galegas Número 12
74
NOVAS
EXALTACIÓN DA RAZA VIANESA EN CASA ELVIRA O restaurante Casa Elvira (Montederramo, Ourense) organizou o sábado 12 de outubro unha xornada dedicada á Vianesa, na que houbo degustación de pratos elaborados coa carne desta raza, así como venda de produtos derivados, procedentes da Gandeiría Cimadevila S.C., de José Blanco e a súa filla María, criadores de raza Vianesa. Tanto o restaurante coma o criador son operadores autorizados para o logotipo 100% R.A. Vianesa. Sen dúbida, outra excelente iniciativa para incentivar o consumo desta saborosa carne!
ÉXITO ROTUNDO NA EXPODEGUSTACIÓN DA GALIÑA DE MOS A Exposición e Degustación da Galiña de Mos, celebrada o domingo 27 de outubro na parroquia lucense de onde lle vén o nome, San Xiao de Mos (Castro de Rei), volveu conquistar un novo récord de asistencia ao esgotar os mil menús cociñados e postos á venda para a ocasión. Ao abeiro desta iniciativa tivo lugar a décima edición do Concurso-Exposición
EMOTIVO XANTAR DE BOAGA CON GANDEIROS
Comarcal da nosa raza, no que resultaron gañadores unha femia propiedade Beatriz Canto Edrosa e un macho de José Zapata Sánchez, ambos os dous criadores de Castro de Rei. As aves foron xulgadas por Cástor Rivero, director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, pertencente á Xunta de Galicia.
O 26 de outubro tivemos a ocasión de participar nunha animada comida que se celebrou no municipio ourensán da Peroxa entre unha gran parte dos gandeiros de razas autóctonas en perigo de extinción que acudiron á Semana Verde de Galicia e o persoal de Boaga. Os gandeiros asistentes ao encontro agradecéronlle a Boaga o labor de difusión e o apoio prestado no evento coa entrega dun precioso reloxo de artesanía de Buño, que quedará de recordo na nosa sede. Grazas a todos!
Autóctonas Galegas Número 12
A CACHENA, A CALDELÁ E A MOS ARRASAN NA XXX FEIRA DOS FUNGOS E COGOMELOS DAS PONTES O 26 e 27 de outubro puidéronse degustar as carnes das razas Cachena, Caldelá e os ovos de Galiña de Mos xunto con xamón de Porco Celta na XXX Feira de Fungos e Cogomelos que se celebra no municipio coruñés das Pontes de García Rodríguez. Os pratos ofrecéronse nun espazo denominado “mico-autóctonas”, organizado pola food truck Autga, propiedade do cociñeiro Antonio Díaz (operador autorizado para o logotipo 100% Raza Autóctona Cachena, Caldelá e Galiña de Mos, entre outras), onde os visitantes podían probar unha serie de propostas culinarias elaboradas con cogomelos con carne e ovos de razas autóctonas de Galicia. Se na primeira xornada os showcooking foron os protagonistas, o domingo foi o menú con pratos de fungos con carne das razas Cachena e Caldelá, de novo organizado polo Antonio Díaz e o seu equipo (do Andarubel Fragas do Eume), que arrasou entre os visitantes, os cales esgotaron as 800 racións previstas polo Concello.
NOVAS
75
A FAO PON EN VALOR O TRABALLO DE RECUPERACIÓN DA RAZA CALDELÁ A mediados do ano 2019 a Organización Internacional das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) recoñeceu a xestión feita pola Xunta de Galicia, a Asociación de Criadores da Raza Bovina Caldelá (Caldega) e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), dende o ano 1996 ata a actualidade, como determinante e un exemplo a seguir, na conservación e xestión da raza Caldelá, así como da evolución moi positiva sobre a situación da raza actualmente, que de estar nos anos 90 en situación crítica e a piques de desaparecer, na actualidade, aínda que en perigo de extinción, a recuperación dos seus censos, a variabilidade xenética e a comercialización dos seus produtos é exemplar. Posteriormente, publicouse o estudo polo cal nos deron tal recoñecemento. En setembro de 2019 publicouse o estudo da FAO, titulado Impact of conservation measures on demography and genetic variability of livestock breeds [“Impacto das medidas de conservación na demográfica e a variabilidade xenética das razas de gando”], no que se analizou o impacto que tiveron as medidas de conservación aplicadas sobre a demografía e a variabilidade xenética de 17 razas europeas de gando autóctono, entre as que se atopan as cinco bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, e mais Ovella Galega. Os autores participantes no artigo publicado, entre os que se atopa José Ramón
Justo Feijóo, director da federación Boaga, analizaron nestas razas o efecto das medidas de conservación aplicadas durante 20 anos polas administracións competentes, así coma polas asociacións de gandeiros que xestionan os libros xenealóxicos, executan as medidas e as implementan. As 17 razas foron seleccionadas en base a dous criterios: a dispoñibilidade de información do pedigree (datos dispoñibles dende 1996 ata 2015) e as medidas adoptadas para aumentar a variabilidade xenética. Tivéronse en conta factores coma a contribución financeira e as axudas proporcionadas tanto aos gandeiros directamente coma ás asociacións de criadores e institucións colaboradoras, así como a existencia de medidas e esforzos colectivos para engadir valor á raza, a xestión de machos reprodutores, o establecemento de centros de cría para xestionar o material xenético e a selección de machos reprodutores, o asesoramento a criadores sobre os reprodutores a utilizar, o cruzamento en pureza e a execución dun plan de medidas para evitar a consanguinidade e limitar os sementais dispoñibles en función do índice de consanguinidade coas femias reprodutoras. O estudo conclúe que todas estas medidas son determinantes para unha evolución positiva na conservación dos recursos zooxenéticos, sobre todo dos que se atopan en perigo de extinción, e que se require dunha vixilancia e intervencións concretas para manter un tamaño de poboación das
razas adecuado e xestionar adecuada e regularmente a variabilidade xenética das mesmas. A maioría das 17 razas en situación de risco aumentaron os seus censos nos últimos 20 anos, pero tamén se observou que os cambios na variabilidade xenética non sempre se corresponderon coa tendencia do tamaño na poboación, que se pode explicar polas tensións e toma de decisións, entre aplicar diferentes medidas para manter a variabilidade xenética ou adoptar iniciativas no desenvolvemento que conducen á intensificación da selección. Máis información: https://bit.ly/2KZHMwM Diferentes medios de comunicación (prensa escrita e TV) publicaron a noticia da FAO, felicitando e recoñecéndolle á Xunta de Galicia, Caldega e á federación Boaga a xestión feita na raza Caldelá: https://bit.ly/2XUobmX https://bit.ly/2OQZlk3
Autóctonas Galegas Número 12
76
CHARLA SOBRE A GALIÑA DE MOS NA POBRA DE SAN XIAO O 7 de novembro, os alumnos do CPI Ramón Piñeiro da Pobra de San Xiao, no concello de Láncara, provincia de Lugo, asistiron ás nosas explicacións sobre o proceso de incubación dos ovos. A criadora Sandra López de Granxa Aeiroá contou a súa experiencia na crianza da nosa raza.
NOVAS
BOAGA, NO XURADO DOS PREMIOS DA CRÍTICA O 9 de novembro de 2019 a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) participou coma xurado do premio na categoría Cultura Gastronómica, na 41.ª edición dos Premios da Crítica de Galicia 2019 en Vigo, onde puidemos degustar produtos de calidade galegos, entre os que se atopaba a empanada de raza Cachena.
Este ano os premiados foron Moncha Fuentes (creación literaria), Satélite Lume-1 (investigación), o Festival de Poesía do Condado (iniciativas culturais e científicas), Xan Carballal (música), Soledad Penalta (artes plásticas), Rut Balbís (artes escénicas), Lucía Freitas (cultura gastronómica) e a serie Fariña (cine e artes audiovisuais).
AS AUTÓCTONAS GALEGAS, DE ETIQUETA NEGRA NO CPI LUIS DÍAZ MORENO DE BARALLA VIVIRON UNHA BONITA EXPERIENCIA Tras tres semanas de incubación no centro, o alumnado do CPI Luis Díaz Moreno de Baralla (Lugo) asistiu emocionado o 7 de novembro ao nacemento dos poliños da raza Galiña de Mos, tras tres semanas de incubación. O día da nacenza dos novos pitiños visitaron aos rapaces un galo e unha Galiña de Mos, que estiveron acompañados da criadora Sandra López para contar a súa experiencia no sector.
Autóctonas Galegas Número 12
Do 9 ao 11 de novembro as razas autóctonas galegas asistiron á feira Etiqueta Negra Gourmet 2019, que se celebra na cidade de Pontevedra. Os criadores participantes nesta nova edición foron Sandra López, coa súa marca Aeiroá (raza Galiña de Mos); Roberto Louzán, coa marca O Agro (razas Frieiresa e Caldelá) e Antonio González, coa marca Ganadería Balín (raza Limiá). Os operadores asistentes á feira prepararon deliciosas degustacións con produtos das súas ganderías e realizaron presentacións das súas marcas, con propostas como empanada e estufado de raza Caldelá, hamburguesas de Galiña de Mos, punta da croca de raza Limiá á prancha acompañada con chimichurri de queixo azul, pataca suflé rechea de paté de fígado de Limiá e callos de Limiá con garavanzos e cabaza.
NOVAS
A OVELLA GALEGA ASISTE A UNHA XORNADA DE TRACCIÓN ANIMAL NA VITICULTURA O sábado 16 de novembro desprazámonos ata Rivadavia para participar na Xornada de Difusión e Demostración da Tracción Animal Moderna e do Emprego de Animais na Viticultura, que se desenvolveu no Museo do Viño de Galicia en Santo André de Camporredondo. Silvia Adán, directora técnica de Asovega, impartiu unha charla sobre gandería extensiva con raza Ovella Galega e tratou temas como as características da raza. Pola súa banda, Bernardino Domínguez, veterinario responsable do Programa de Conservación de Razas Autóctonas de Galicia do Inorde, centrou a súa intervención na utilización da raza para pastoreo en viñedo como rozadora. Finalmente, Pilar Higuero, da adega Lagar de Sabariz, presentou unha experiencia práctica e explicou os métodos utilizados nun viñedo utilizando a raza como brigada de limpeza sen provocar danos nas vides.
77
NOVAS INCUBACIÓNS EN COLEXIOS DE NARÓN E FERROL No CEIP Virxe do Mar de Narón e no CEIP Canido de Ferrol comezou a incubación de senllos lotes de ovos de raza Galiña de Mos o día 13 de novembro (ao peche desta edición as incubacións estábanse desenvolvendo).
A GASTRONOMÍA LUCENSE HOMENAXEA A GALIÑA DE MOS Durante todo este ano véñense celebrando na provincia de Lugo unha serie de Exaltacións Gastronómicas, organizadas pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) en colaboración coa Deputación de Lugo, con produtos de calidade galegos. Na segunda quincena de novembro celebráronse as das carnes da raza Galiña de Mos, os Grelos de Galicia, a Pataca de Galicia e o Queixo de Tetilla.
As xornadas dedicadas á Galiña de Mos celebráronse do 15 ao 24 de novembro nos seguintes restaurantes: A Lonxa, Burela A Mirandilla, Rinlo, Ribadeo Abadía San Simón, Monforte de Lemos Canedo, Lugo Casa Damián, Foz Casa Gaibor, Guitiriz O Asador, Barreiros Cincuenta e Seis, Lugo O Lar, Foz O Rincón, Palas de Rei Os Cachivaches, Lugo Manuel Manuel, Lugo Porta Santiago, Lugo El Oviedo, Ribadeo Parador de Ribadeo Parador de Vilalba Río Lea, Castro de Ribeiras de Lea, Castro de Rei Tapería Centro do Viño, Monforte de Lemos Xoyma, Foz
Autóctonas Galegas Número 12
78
ASOPORCEL, PRESENTE NAS REUNIÓNS DE AFINET Asoporcel participou na 4.ª reunión da Rede Galega de Innovación Agroforestal que se celebrou en Muras (Lugo) o 23 de xaneiro no marco do proxecto Afinet (Agroforestry Innovation Networks), neste caso para compartir experiencias en Grupos Operativos e innovacións en sistemas agroforestais. A 5.ª xuntanza convocouse en xullo en Monterroso (Lugo) e nesta ocasión visitamos varias experiencias relacionadas co sector agro forestal que están a ter unha relevancia importante na nosa comunidade.
Por segundo ano consecutivo a raza Porco Celta estivo presente na II Feira de Razas Autóctonas Galegas da Mariña, que se levou a cabo no concello do Valadouro (Lugo) o día 2 de febreiro. Houbo exposición de animais vivos provenientes das explotacións colaboradoras de Adrián Sixto (O Valadouro), de María Jesús Villar (Alfoz) e de Manuel Rouco (Vilalba), xunto con exemplares das outras razas autóctonas galegas, ademais dun stand informativo de atención ao publico, no que se distribuíu diversa información sobre a raza.
VILALBA HOMENAXEA O PORCO CELTA Do 21 ao 24 de febreiro Vilalba (Lugo) acolleu as II Xornadas Gastronómicas da Raza Porco Celta, organizadas pola explotación colaboradora Fraga do Coto (Vilalba, Lugo). Nelas participaron dezasete hostaleiros da vila, os cales ofreceron diferentes elaboracións que deleitaron os numerosos padais que asistiron durante toda a fin de semana. A CRTVG fíxose eco desta iniciativa: https://bit.ly/346Nqos.
Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS PORCO CELTA
… CON BOAGA EN FITUR Do 23 ao 27 de xaneiro, Madrid acolleu a Feira Internacional de Turismo (Fitur), un punto de encontro global para os profesionais do turismo e feira líder para os mercados receptivos e emisores de Iberoamérica. Na última edición e da man da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) a raza Porco Celta, xunto coa Galiña de Mos e a Ovella Galega, estivo no stand de Galicia, onde asistiu á presentación da guía turística … E para comer, Lugo, que cumpriu este ano a súa décima edición e para representar os produtos derivados das autóctonas galegas.
LUCIMENTO DE EXEMPLARES NO VALADOURO
APOIAMOS O FUTURO DO RURAL O pasado mes de xaneiro a nosa asociación asistiu ao Barco de Valdeorras (Ourense) para participar nas Xornadas sobre as Oportunidades do Medio Rural. Neste encontro ofrecemos unha charla para ao público asistente na que lles explicamos diversos aspectos relacionados coa cría, co manexo e cos produtos derivados da raza Porco Celta. Así mesmo, a criadora Raquel Méndez (Rubiá, Ourense) expuxo a súa experiencia na cría desta raza autóctona.
ASOPORCEL PROMOVE A RAZA EN XANTAR A raza Porco Celta estivo presente no 20.º Xantar (Salón Internacional de Turismo Gastronómico de Ourense), que se desenvolveu en febreiro. Desta volta foron tres operadores autorizados no uso do logo 100% Raza Autóctona Porco Celta os que lle amosaron ao numeroso público asistente diversos produtos derivados da raza, con diferentes catas e showcooking: Embutidos Hermelino (O Valadouro, Lugo), Casa Castelao (A Fonsagrada, Lugo) e a Soc. Coop. Galega Tres Fuciños (Carballedo, Lugo).
NOVAS PORCO CELTA
PRESENZA DO PORCO CELTA EN GANDAGRO A raza Porco Celta estivo presente nunha nova edición de Abanca Cimag-Gandagro, que tivo lugar en Silleda (Pontevedra) entre o 21 e o 23 de febreiro. Para tal evento habilitouse un stand propio no que tiveron cabida as razas autóctonas galegas en perigo de extinción, onde, ademais de poder adquirir material divulgativo os técnicos das asociacións realizaron diversas accións de asesoramento para o público interesado.
79
MANXARES DA RAZA EN VARIOS PUNTOS DA COMUNIDADE Sarria organizou o día 16 de febreiro o seu XI Cocido do Porco Celta, que aglutinou preto de 1.000 persoas no campo da feira. Ademais, celebrouse a III edición de Fiporco, unha feira destinada a fomentar os produtos derivados do porco, así coma outros elaborados de xeito tradicional. Asoporcel mantivo un stand informativo de atención ao público para dar a coñecer esta raza autóctona. La Voz de Galicia (17.02.2019) publicou un amplo álbum de fotos do evento: https://bit.ly/2riYMqP. Pola súa banda, O Mesón do Vento, Ordes (A Coruña), acolleu os días 23 e 24 a XXI Festa do Lacón con Grelos, na que o Porco Celta tivo unha presenza destacada cunha exposición de animais vivos procedentes da explotación colaboradora de Carmen Rey (Oroso, A Coruña). Todos os asisten-
tes puideron recoller numeroso material divulgativo. Os mesmos días, o municipio lucense da Fonsagrada festexaba a súa XXII Feira do Butelo. O Porco Celta estivo representado por dous operadores da comarca, Embutidos Buenavista e Casa Castelao, que fixeron as delicias do numeroso público que se achegou a probar as degustacións dos diversos produtos derivados da raza.
O PORCO CELTA RESISTE OS ATAQUES DE LOBO DELICIAS DE CARNE CELTA NO FÓRUM DA CORUÑA Entre o 10 e o 12 de marzo celebrouse unha nova edición do Fórum Gastronómico da Coruña cunha grande afluencia de público profesional e gourmet que asistiu a un espazo feiral de ExpoCoruña cheo de actividades, ademais dun amplo espazo de restauración. Aproveitando tal ocasión, elaboráronse diferentes preparados coa carne de Porco Celta para amosarlle ao publico as súas boas calidades, tanto sensoriais coma organolépticas. Nesta iniciativa participaron os criadores da Soc. Cooperativa Tres Fuciños e mais dous dos operadores autorizados, Jamones González SLU e Casa Castelao.
O día 17 de febreiro La Voz de Galicia (edición de Lugo) publicou unha noticia na que salienta que na parroquia de Carballo (Friol), onde os ataques dos lobos son a tónica predominante, o único animal que se resiste a este tipo de agresións é o Porco Celta. Podedes ler aquí a noticia completa: https://bit.ly/339rFmP
DE PROMOCIÓN NO VALADOURO E EN FRIOL
O día 23 de marzo o Porco Celta desprazouse ata O Valadouro para asistir a unha edición do seu Mercado Tradicional de Primavera, unha cita na que os produtos hortícolas e artesanais teñen especial atractivo. A xente puido degustar produtos da nosa raza autóctona da man do criador e operador Adrián Sixto (O Valadouro). Ao día seguinte a nosa raza estivo representada na Feira do Queixo e Pan de Ousá con produtos derivados nun stand atendido pola criadora María Pena (Friol) e a súa marca Zampacelta.
O PORCO CELTA, NO PROGRAMA LAND ROBER O 21 de marzo a criadora Raquel Méndez (Rubiá, Ourense) participou nunha das seccións do programa da TVG Land Rober. A gandeira foi convidada a este espazo por ser a primeira gañadora no I Concurso Nacional de Manexo de Porco Celta, que se celebrou no marco da Semana Verde de Galicia. Autóctonas Galegas Número 12
80
NOVAS PORCO CELTA
OS GRELOS, MÁIS SABOROSOS CON PORCO CELTA!
ASOPORCEL ORGANIZA UN CURSO DE BENESTAR ANIMAL EN LUGO
O 2 de marzo Abadín (Lugo) festexou o seu XIV Expogrelo, onde todos os visitantes puideron mercar diversos produtos do rural galego, entre os que destacaban os derivados do Porco Celta. Para tal evento, habilitouse un posto con diversos produtos do criador e operador Adrián Sixto (O Valadouro), o cal tamén contaba con material publicitario da raza.
Os días 22, 23 e 24 de marzo Asoporcel, como entidade formadora (BA-102/17), organizou en Ibader (Campus Universitario de Lugo) un curso homologado de benestar animal no transporte de animais vivos. Esta actividade formativa, cunha duración de 20 h, ten carácter presencial e obrigatorio para gandeiros, segundo establece a normativa vixente (RD 542/2016), “para garantir a capacitación do persoal encargado da manipulación e transporte dos animais naqueles casos nos que a normativa en vigor así o esixa”.
Os días 2 e 3 de marzo Asoporcel estivo representado na 39 Festa do Grelo das Pontes de García Rodríguez (A Coruña), xunto co resto das razas autóctonas galegas, cunha exposición de exemplares procedentes da explotación colaboradora de Manuel Rouco (Vilalba) e cun stand informativo.
COLABORAMOS NUNHA XORNADA DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE EN CORCUBIÓN O día 23 de marzo participamos na I Xornada de Desenvolvemento Sostible do Monte e do Mar que se celebrou na Casa da Cultura de Corcubión (A Coruña), para dar a coñecer a raza e os seus distintos aproveitamentos no rural galego entre todo o público asistente.
O PORCO CELTA NA MAGRECO O 30 e 31 de marzo desenvolveuse a VII edición de Magreco, a Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos, que ten lugar no municipio coruñés de Boimorto. O Porco Celta estivo representada nesta feira cun stand informativo con diverso material divulgativo e con exposición de exemplares vivos procedentes da explotación de Fernando Calviño (Vila de Cruces, Pontevedra).
EXALTACIÓN DO PORCO CELTA NA VII FESTA DE CASTRELO DO VAL O día 31 de marzo o municipio ourensán de Castrelo do Val celebrou a VII edición da Festa da Cebola Grelada e do Porco Celta, que un ano máis tivo as instalacións do pavillón polideportivo como sede de tal evento. Asistiron preto de 200 persoas, que puideron degustar diversos produtos elaborados a partir desta raza autóctona porcina galega en perigo de extinción.
Autóctonas Galegas Número 12
PARTICIPAMOS EN ‘LOS FOROS DE LA COSTA’
O mes de abril participamos no foro celebrado na Escola de Capacitación Agraria CFEA Pedro Murias, organizado pola Cope da Costa, en Ribadeo (Lugo), no foro titulado “O medio rural, a materia prima da economía da Mariña”. Nel explicamos os diversos aproveitamentos que se están a levar a cabo coa raza Porco Celta; así mesmo, dous dos nosos criadores, Adrián Sixto (O Valadouro) e Fernando López (Mondoñedo), comentaron a súa experiencia na cría desta raza autóctona.
NOVAS PORCO CELTA
TRES FUCIÑOS, NA XXX EXPOSICIÓN DE ORDES
DEGUSTACIÓNS EN CARBALLEDO
A SCG Tres Fuciños, como operador autorizado da raza, estivo presente na XXX Exposición Multisectorial de Ordes (A Coruña) que se celebrou os pasados 27 e 28 de abril, cun posto moi vistoso para promover os seus produtos e facer promoción da nosa raza.
81
O día 7 de abril Castro de Carballedo (Lugo) festexou a súa XIX Feira da Carne ao Caldeiro e Produtos Locais nunha carpa instalada na praza do Concello. Dende primeira hora puidéronse visitar os diferentes postos, entre os que se atopaba a raza Porco Celta, da man da SCG Tres Fuciños, que asistiu cun stand no que todos os visitantes puideron degustar diversos produtos derivados.
O ALUMNADO DE VETERINARIA DE LUGO COÑECE DE PRETO A RAZA
ASOPORCEL, CON BOAGA NA MOEXMU 2019 As razas autóctonas galegas, da man de Boaga e Asoporcel, estiveron presentes na 35.ª edición da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), celebrada os días 5, 6 e 7 de abril no recinto feiral Manuel Vila (Muimenta) cun stand informativo con diverso material promocional.
“O PORCO CELTA, UNHA ARMA FRONTE AO LUME” Podedes consultar o interesante artigo publicado en La Voz de Galicia, “Somos Agro” firmado por María Cedrón: https://bit.ly/35CBXxn
Ao longo do mes de abril diferentes grupos de alumnos da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo (USC) visitaron in situ a explotación colaboradora de Porco Celta Fraga do Coto, situada no concello lucense de Vilalba, para así coñecer máis de preto as características, sistemas de cría e manexo desta raza.
DE PROMOCIÓN POLA PROVINCIA DE LUGO Láncara acolleu o 1 de maio a XXI Feira Degustación da Tenreira Galega. Ademais deste delicioso produto, todos os asistentes tiveron a oportunidade de degustar produtos elaborados derivados da raza Galiña de Mos (Granxa Aeiroá) e do Porco Celta, proveniente nesta ocasión do operador autorizado Pata Celta. O mesmo día, coincidindo cunha nova edición da feira das Quendas, Mondoñedo levou a cabo a I Exposición de Razas Autóctonas en Perigo de Extinción. Houbo mostra de animais vivos das explotacións colaboradoras de Adrián Sixto (O Valadouro), Guillermo Pardeiro (Alfoz), Lucinda Monasterio (Oirán) e Fernando García (Couboeira), xunto con exemplares das outras razas autóctonas galegas, ademais dun stand informativo, no que se distribuíu diversa información sobre a raza.
esta cita cunha mostra de animais vivos do criador Antonio Díaz Arias de Guldriz, (Friol, Lugo) e de José Vega, da Ponte de Outeiro (Castro de Rei, Lugo). O día 14 a nosa criadora Isabel Costas (Carballedo, Lugo) participou nas II Xornadas de Granxas Abertas para dar a coñecer entre todos os asistentes a súa experiencia na cría e manexo da raza. Os días 18 e 19 foi a quenda de Sarria, que celebrou a súa XXXI Mostra Gandeira San Isidro Labrador e nela puidéronse degustar numerosos produtos da raza e adquirir diverso material publicitario no stand dun dos operadores autorizados no Logotipo 100% Raza Autóctona Porco Celta.
O día 4 Friol celebrou o día 4 de maio a IV Festa do Porco Celta. A materia prima proviña da explotación extensiva do MVMC de Carballo (Friol) e foi promovida polos criadores de Porco Celta do concello de Friol. Ese mesmo concello acolleu os días 11 e 12 o III Friulio Castrexo-Romano. O Porco Celta, como única raza autóctona porcina galega, non faltou a Autóctonas Galegas Número 12
82
NOVAS PORCO CELTA
TRES FUCIÑOS REPRESENTA A RAZA NO POP UP DE VIGO
... TAMÉN PRESENTES NO ECOFESTIVAL DA DONA
A SCG Tres Fuciños estivo presente no Pop Up (Espazos Efémeros de Emprendemento. Mostra de Iniciativas de Economía Social) que se levou a cabo no Mercado do Progreso de Vigo do 9 ao 11 de maio cun posto para promover os seus produtos e a raza.
O 12 de maio o operador autorizado co logotipo 100% Raza Autóctona SCG Tres Fuciños desprazouse ata o Ecofestival da Dona en Azucreira, no municipio pontevedrés de Portas, cun posto para promover os seus produtos e dar a coñecer a raza.
O PORCO CELTA, EN BAIO De novo, o operador Tres Fuciños foi o encargado de facer promoción da nosa raza. Nesta ocasión foi en Maio en Baio (A Coruña), que se celebrou os días 10, 11 e 12 de maio.
ASOPORCEL ASISTE CON BOAGA AO SAN ISIDRO DE ROIS O día 18 de maio, dentro dos distintos actos celebrados en Rois (A Coruña) no marco das festas de San Isidro Labrador, destacou a exposición das razas autóctonas. Todos os asistentes puideron coñecer de preto a raza Porco Celta representada nesta xornada por animais da explotación colaboradora Fogar do Selmo SL dos criadores Manuel e Ana (Urdilde, Rois).
CO BO TEMPO, EN FOOD TRUCK! Durante o mes de maio o Porco Celta viaxou ata o concello coruñés de Muras e tamén fóra da nosa comunidade, en concreto ata o municipio de Benavente, da man do cociñeiro Antonio Díaz no seu food truck Autga Comecamiños, para promover diversos produtos, así como propostas gastronómicas elaboradas a partir da carne da nosa raza.
Autóctonas Galegas Número 12
III MARATÓN DE LUGO Despois do éxito do anos anteriores, o 12 de maio convocouse a III edición da Media Maratón na cidade de Lugo. O público asistente puido coñecer e degustar os diferentes produtos derivados da nosa raza e recibir diversa información xunto con diverso material divulgativo.
O PORCO CELTA, PRODUTO INCLUÍDO NA ARCA DO GUSTO A nosa raza porcina autóctona forma parte dos oito produtos recollidos pola Arca do Gusto, un proxecto de Slow Food, asociación ecogastronómica que promove unha “nova gastronomía entendida como expresión da identidade e a cultura”. A Arca do Gusto é un inventario que reivindica alimentos de calidade que corren o risco de desaparecer, producidos artesanalmente, en cantidades limitadas, e vinculados ao ambiente, á historia e á realidade socioeconómica dunha rexión. Máis información: https://bit.ly/33bOh6a.
NOVAS PORCO CELTA
AMPLA PRESENZA DO PORCO CELTA NA SEMANA VERDE 2019
83
Semana Verde 2019
III CONCURSO GALEGO MORFOLÓXICO DA RAZA O III Concurso Galego Morfolóxico da Raza Porco Celta na Semana Verde de Galicia (Silleda, 6-9 de xuño) xuntou animais de criadores das catro provincias galegas e englobou tres categorías: a de machos reprodutores (cualificables a partir dos 7 meses), a de femias reprodutoras (cualificables a partir dos 10 meses) e a de femias de recría.
ficación por puntos segundo o Decreto 149/2011.
As valoracións dos exemplares correspondeulle ao director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, quen avaliou os diferentes caracteres morfolóxicos característicos da raza polo sistema de cuali-
No concurso morfolóxico participaron un total de 14 machos e 42 femias de diferentes explotacións colaboradoras que se atopaban en corraletas individuais debidamente identificadas.
Ao mesmo tempo, tivo lugar unha exposición de animais da raza, procedentes da explotación que o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) ten na finca de Armariz en Nogueira de Ramuín (Ourense).
Categoría femias reprodutoras 1.º premio: Isabel Rodríguez (Lalín) 2.º premio: José Barreira (Cospeito) 3.º premio: Francisco Oca (Viveiro) Categoría machos reprodutores 1.º premio: Porco Celta Fraga do Coto (Vilalba) 2.º premio: Antonio Díaz (Friol) 3.º premio: Dolores Eiras (Castro de Rei) Categoría recría 1.º premio: José Vega (Castro de Rei) 2.º premio: David Martínez Arias (Piñor) 3.º premio: Carmen Novío (Outes)
GRANDE EXPECTACIÓN NO II CONCURSO NACIONAL DE MANEXO O II Concurso Nacional de Manexo da Raza Porco Celta espertou a maior expectación atraendo a numeroso público. Os concursantes tiñan que guiar os seus porcos por un circuíto simulando distintos espazos dunha explotación gandeira ata o remate, que consistía en introducir o animal nun remolque de gando, un percorrido que se debía facer cumprindo en todo momento a normativa de benestar animal.
O porco Pantalones, guiado por Antonio Díaz, de Friol (Lugo), conseguía facelo en 16 segundos, un menos que o segundo animal clasificado, Asia, guiado por José Vega de Castro do Rei (Lugo), que volvía a repetir o segundo posto do ano anterior. O terceiro clasificado foi a porca Shakira, guiada por Fernando Calviño de Vila de Cruces (Pontevedra). Participaron un total de 7 animais, cuxos propietarios son os seguintes: Propietario Fernando Calviño César Roo Maneiro Saúl Rouco Trastoy Raquel Méndez Ramos José Vega Eiras Daniel Jacobo Antonio Díaz Arias
Enderezo Vila de Cruces (Pontevedra) Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) Vilalba (Lugo) Rubiá de Valdeorras (Ourense) A Ponte de Outeiro (Lugo) Agolada (Pontevedra) Friol (Lugo)
Este ano destacou no pavillón de gandería o photocall de Porco Celta, que foi instalado para tal evento e por el pasaron numerosas persoas. Todos os que se fotografaron entraron no sorteo de varios lotes de produtos derivados da raza Porco Celta.
Dende Asoporcel queremos felicitar a todos os criadores que participaron nalgún dos dous certames celebrados dentro desta nova edición de Semana Verde Autóctonas Galegas Número 12
NOVAS PORCO CELTA
84
POSITIVO BALANCE DA NOSA PRESENZA EN SALIMAT Coincidindo coa Semana Verde, o pasado mes de xuño celebrouse unha nova edición do Salón de Alimentación Atlántico (Salimat), no que houbo unha ampla representación de operadores, tanto de produtores coma de transformadores e comercializadores de Porco Celta, xunto co resto das razas autóctonas. Pastos do Enxilde (Mazaricos, A Coruña) con carne fresca e produtos elaborados procedentes de animais da súa propia explotación de raza Porco Celta. Embutidos Hermelino (O Valadouro, Lugo), con produtos da raza Porco Celta procedentes da súa propia explotación. Soc. Coop. Galega Tres Fuciños (Carballedo, Lugo), con produtos elaborados de animais de raza procedentes das explotacións colaboradoras dos seus cooperativistas. Jamones González SLU (O Corgo, Lugo), con produtos da raza Porco Celta baixo o selo do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega).
Como novidade, este ano os operadores asistentes presentaron as súas marcas con diferentes showcooking, retransmitidos en directo e nos que todos os participantes puideron degustar diversas elaboracións de cada un deles. Todo o público puido mercar e degustar os diferentes produtos que alí se expoñían, coma o xamón, chourizo, hamburguesas e o salchichón da raza. O Salón de Alimentación do Atlántico é un moi bo espazo que actúa de axente dinamizador para adquirir novos contactos e abrir novos mercados, o que permite poñer en valor un animal criado dun xeito san e natural do que se obteñen uns produtos diferenciados e de calidade. Este evento tamén permite promover as propias marcas e dalas a coñecer entre os consumidores, amosándolles diferentes elaborados e sempre coidando a imaxe, a presentación e a trazabilidade; por iso se obtén un balance positivo en canto á participación. Podedes ver os vídeos da nosa participación na Semana Verde na web de Asoporcel: http://asoporcel.es/gl/videos/.
Atilano Anllo (Vilalba, Lugo), con diversos produtos elaborados a partir de exemplares criados na súa gandería.
O PORCO CELTA SEGUE DE PROMO NO VERÁN Os días 13, 14 e 15 de xuño o monte do Gozo de Santiago de Compostela acolleu unha nova edición do festival O Son do Camiño. O operador Pata Celta foi o encargado de ofrecerlles aos visitantes diversos produtos elaborados da raza, entre os que salientaron as hamburguesas e as croquetas. O 15 de xuño tamén estivemos presentes na XII Xuntanza de Palilleiras de Mos que se celebrou nese municipio pontevedrés. As palilleiras e demais participantes na mostra puideron desfrutar dos diversos produtos derivados da raza elaborados polo operador autorizado SCG Tres Fuciños. Finalmente, do 30 de xuño ao 6 de xullo, a nosa raza
ESTIVEMOS EN ALFOZ E FRIOL
Autóctonas Galegas Número 12
estivo presente na Pilgrim Race, unha proba ciclista que percorre dende Madrid ata Galicia en varias etapas, o que lles permitiu tanto aos participantes coma ao público en xeral descubrir diversos aspectos desta raza autóctona galega. O 20 de xullo o noso criador e operador autorizado Adrián Sixto (O Valadouro) participou nunha nova edición do Mercado Medieval de Alfoz (Lugo), cun stand moi vistoso, no que todos os visitantes puideron adquirir diversos produtos derivados da raza Porco Celta da súa propia gandería. O 26 dese mes Friol viviu unha nova edición da Rapa das Bestas e o porco galego estivo presente cun stand onde se repartiron dípticos e trípticos publicitarios.
EN XULLO, DE FESTIVAL EN FESTIVAL EN GASTRONETA! Durante todo o mes de xullo tiveron lugar multitude de eventos por toda a xeografía galega e mesmo nacional e, en moitos deles, os “festivaleiros” tiveron a oportunidade de degustar chourizos, empanadas, xamón, salchichón, croquetas e hamburguesas co selo da raza, da man dos diferentes operadores autorizados para o uso do logotipo Raza Autóctona 100 % Porco Celta: o Portamérica (Caldas de Reis), o Resurrection Fest (Viveiro), Mad Cool (Madrid), o VIII Encontro da Artesanía Tradicional e Popular (Agolada), o Ferrol Beer Festival e o itinerante Rilla na Rúa foron algúns dos festivais nos que se puido oír boa música, ao tempo que se saboreaban os produtos da nosa raza.
NOVAS PORCO CELTA
85
AGOSTO, DE FEIRA EN FEIRA…
PRODUTOS DA RAZA CELTA EN LA VUELTA
O día 18 de agosto, por segundo ano consecutivo, a parroquia pontevedresa de Piloño (Vila de Cruces) desfrutou da súa tradicional Feira do 21, na que se puideron mercar, ademais de artesanía e produtos ecolóxicos, diversos elaborados da raza Porco Celta da man dos criadores da Soc. Cooperativa Galega Tres Fuciños. Ao día seguinte foi protagonista da X Feira de Artesanía e do Porco Celta de Cortegada (Ourense),
Outro ano máis a raza Porco Celta estivo presente nunha nova edición de La Vuelta Ciclista a España, formando parte dos produtos cos que se elaboraron os aperitivos ofrecidos no stand de ... E para comer, Lugo. Os asistentes puideron degustar touciño e chourizo Celta, que se cociñaron conxuntamente coa Pataca de Galicia e a Faba de Lourenzá.
cunha degustación da que catou, encantado, o público asistente. A distinta información sobre esta raza estivo a disposición das persoas interesadas no stand informativo que se mantivo durante a feira.
…. E DE RUTA FESTIVALEIRA O mes de agosto volveu ser un bo escaparate para a nosa raza en numerosos eventos celebrados por toda a xeografía galegos. Durante ese mes estivemos nos seguintes eventos: Festival Limodre (Fene), Gulliver Fest (Narón), Beer Viveiro Fest, O Marisquiño (Vigo), Festival ArtAerorap (La Bañeza, León), Rilla na Rúa (Nigrán, Pontevedra), Festa do Emigrante (Pol, Lugo) e Ponferrada Foodtruck.
Os operadores autorizados participantes foron Pata Celta, as food truck Autga Autóctonas e Comecamiños.
MEDIO RURAL VISITA A MVMC DE CARBALLO Tamen no mes de agosto a parroquia de Carballo (Friol, Lugo) contou coa visita do conselleiro do Medio Rural, José González, que asistiu acompañado do director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Silvestre José Balseiros; da xefa territorial da Consellería do Medio Rural, Olga Iglesias Fontal, e do alcalde dese municipio, José Ángel Santos, co obxectivo de observar de primeira man o aproveitamento silvopastoral que están
a realizar os exemplares da raza Porco Celta a través da explotación extensiva da MVMC de Carballo nesa zona.
O día 27 de setembro as asociacións de razas autóctonas (Cachega, Caldega, Frieirega, Limiaga, Vianega, Capriga, Asovega, Avimós e Asoporcel), convocaron as súas asembleas xerais no Centro de Recuperación de Recursos Zooxenéticos de Fontefiz, en Coles (Ourense). As xuntanzas reuniron máis dun cento de criadores de toda Galicia que, ao longo de boa parte da mañá, debateron sobre asuntos de interese dos colectivos. A sesión foi clausurada a mediodía polo director xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros.
EXALTACIÓNS GASTRONÓMICAS DA APEHL A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) organizou, en colaboración coa Deputación de Lugo, un ciclo de Exaltacións Gastronómicas que se desenvolveron entre o 20 e o 29 de setembro, co obxectivo de fomentar os alimentos de calidade diferenciada cos distintos selos da nosa comunidade (indicación xeográfica protexida [IXP], denominación de orixe [DO] ou, no caso das razas autóctonas, 100% Raza Autóctona).
ASOPORCEL CELEBROU A SÚA ASEMBLEA ANUAL CO RESTO DAS AUTÓCTONAS
á Pataca e ao Mel de Galicia, os tres distinguidos co selo IXP. Nesta nova cita gastronómica participaron preto de cincuenta establecementos hostaleiros de toda a provincia durante toda unha semana: https://bit.ly/2XOu6u2.
Como peche da xornada tivo lugar a inauguración da exposición fotográfica sobre razas autóctonas españolas do fotógrafo José Barea, que ten como título Bestiarium. Un aperitivo a base de produtos de razas autóctonas marcou o final da sesión e posibilitou un encontro distendido entre os criadores.
Estas xornadas deron comezo cos produtos derivados da raza Porco Celta como protagonistas, acompañando aos Grelos, Autóctonas Galegas Número 12
86
NOVAS PORCO CELTA
UN SETEMBRO CARGADO DE EVENTOS O 7 de setembro o concello de Ponteareas (Pontevedra) festexou a XIII Feira Tradicional dos Remedios onde, xunto cos nosos amigos de Boaga, estivemos dando a coñecer as razas autóctonas galegas en perigo de extinción. Houbo mostra de animais vivos da explotación colaboradora de Marcelino Soto, (Ponteareas), ademais dun stand informativo.
O 27 de setembro as instalacións da explotación colaboradora Fogar do Selmo en Urdilde (Rois, A Coruña) acolleron a Festa do Porco Celta ao Forno Canario, unha xornada de exaltación gastronómica na que numerosos comensais degustaron exemplares procedentes da propia gandería, elaborados dun xeito innovador.
Os días 14 e 15 de setembro Agolada (Pontevedra) celebraba a súa I Feira da Maquinaria. Nela, ademais de poder adquirir diversa maquinaria nova ou usada, púidose coñecer máis de preto o Porco galego, que asistiu xunto con diverso gando doutras razas. Entre os animais, destacaron os exemplares da explotación colaboradora de Carmen Jacobo (Agolada), algúns deles cun peso superior aos 100 kg.
“TRAS LAS HUELLAS DEL PORCO CELTA” Este é o título do artigo técnico, firmado por Iván Rodríguez, veterinario e director técnico de Asoporcel, que viu a luz no número de setembro de Porcinews (páxinas 22-29), revista especializada en carne porcina en España. Podedes ler o artigo íntegro: https://bit.ly/2Dh5vEs.
Autóctonas Galegas Número 12
Organizada polo Centro de Investigación Forestal de Lourizán, o día 28 de setembro desenvolveuse unha xornada técnica dedicada á “crianza sustentable de Porco Celta en carballeiras e soutos galegos”, no Centro de Cultura e Biblioteca Municipal do Concello de Mondariz (Pontevedra). A xornada estivo aberta ao todo o público interesado en asistir, na que tamén houbo visita de campo a dúas explotacións colaboradoras da zona.
XORNADA EN COMPOSTELA O día 11 de outubro participamos en Santiago de Compostela nunha xornada divulgativa do proxecto titulado “Novos sistemas de manexo e implantación dun sistema de clasificación de canais de Porco Celta”, que estivo organizada pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca): https://bit.ly/2shz72v.
O PORCO CELTA DI ADEUS AO VERÁN CON MÁIS FESTIVAIS O mes de setembro volveu festexar dous dos eventos musicais máis importantes da nosa comunidade, o Caudal Fest, que se celebra á beira do río Miño na cidade de Lugo, e o Festival da Luz, en Boimorto (A Coruña). En ningún dos dous festivais faltaron diversos produtos da nosa raza, como liscos, chourizo, hamburguesas... dos que milleiros de persoas puideron desfrutar no posto habilitado polo operador autorizado Pata Celta.
DEBATE EN MONDARIZ SOBRE CRIANZA SOSTIBLE DE PORCO CELTA
A AXENDA OUTONAL DO PORCO CELTA Continuando coa axenda de ocio e cultura por toda a xeografía galega, non podían faltar os operadores autorizados para o uso do logotipo Raza Autóctona 100 % Porco Celta promovendo e dando a coñecer todos os seus saborosos elaborados derivados desta raza. Estas foron algunhas citas: a XI Feira do Queixo do Eume e Mel de Goente (A Coruña), Pontebirra. Festival da Cervexa Artesá de Pontevedra e a XXX Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes (A Coruña). Os operadores autorizados desprazados ata estes lugares foron, unha vez máis, a marca autóctona Pata Celta e a food truck Autga Autóctonas.
NOVAS PORCO CELTA
87
NOVA CITA ANUAL CON EXPOLUGO Un ano máis, dentro do programa de festas do San Froilán, concretamente os días 5 e 6 de outubro, a capital lucense acolleu unha nova edición da Mostra Gandeira Expolugo A Rural. Como é tradición, varios exemplares de gando pasearon polas rúas máis céntricas da cidade no tradicional desfile, no que participaron diversos animais das distintas razas autóctonas. Nesta edición o gran protagonista volveu ser o porco Cesáreo, que abriu a mostra e demostrou o bo manexo que ten esta raza. Ademais deste animal, o público puido ver in situ un leitón da nosa raza, propiedade da criadora Isabel Costas (Carballedo, Lugo), que chamou moito a atención dos presentes, sobre todo dos máis pequenos: https:// bit.ly/35I77nd.
RESULTADOS DO CERTAME Categoría femias reprodutoras 1.º premio: María Pena (Friol, Lugo) 2.º premio: Francisco Oca (Viveiro, Lugo) 3.º premio: Adrián Sixto ( O Valadouro, Lugo) Categoría machos reprodutores 1.º premio: José Barreira (Cospeito, Lugo) 2.º premio: Antonio Díaz (Friol, Lugo) 3.º premio: José Zapata (Castro de Rei, Lugo) Na parte alimentaria, o público tivo a posibilidade de mercar produtos da raza Porco Celta no posto do operador Tres Fuciños. Queremos agradecerlles a todos os criadores a súa colaboración e o seu esforzo!
III CONCURSO MORFOLÓXICO PROVINCIAL DA RAZA PORCO CELTA Ao abeiro da Expolugo desenvolveuse a terceira edición deste Concurso Morfolóxico na provincia de Lugo, no que participaron un total de 12 explotacións colaboradoras da provincia. O director do Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia, Cástor Rivero, foi o encargado de cualificar os caracteres morfolóxicos de cada un dos animais participantes no certame. Ademais, levouse unha reprodutora cos seus leitóns que fixo as ledicias dos cativos.
MOSTRA DE EXEMPLARES NA FEIRA DE SANTOS DE MONTERROSO
SABORES CELTA, NO ETIQUETA NEGRA GOURMET
O 1 de novembro o concello de Monterroso (Lugo) volveu colgar o cartel de completo na tradicional Feira de Santos, na que destacou a exposición de animais da raza Porco Celta, proveniente da explotación colaboradora DOD Celtas da Ulloa, do propio concello monterrosino.
A cidade de Pontevedra acolleu unha nova edición da feira Etiqueta Negra Gourmet (9-11 novembro), un evento dedicado aos produtos gourmet e delicatessen. Este espazo é, sen dúbida, un interesante punto de encontro para darlles a coñecer a raza e os seus produtos a profesionais da alimentación, restauración ou aos propios consumidores interesados.
Desfile de gando polas rúas de Lugo
Nesta edición o público puido degustar, ademais das outras razas autóctonas, a carne de Porco Celta, achegada polos criadores que forman a Soc. Coop. Galega Tres Fuciños, e nos postos dos operadores Pata Celta e da food truck Comecamiños. Autóctonas Galegas Número 12
VISITA A EXPOSICIÓN PERMANENTE NO PAZO DE FONTEFIZ COLES (OURENSE)
MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA Y ALIMENTACIÓN
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural