Revista do Craega 43

Page 1

REVISTA do

N

OS

CRAEGA

A

N.ยบ 43 > Outono 2017

Especial nova directiva

Francisco Lรณpez Valladares, novo presidente do Craega Presentamos a nova directiva do Consello

II ediciรณn das feiras ร gora Verde

Galicia serรก a Comunidade do Ano en BioCultura Madrid


3 9 11 13 15

| | | | |

Especial nova directiva do Craega De feiras Formación Actualidade do sector Taboleiro de anuncios

CRAEGA EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Manuel María Cancio Álvarez DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

Establecementos colaboradores

Establecementos colaboradores

minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es

Ecotenda Verganta R/ Santísima Trinidad, 7, baixo 15200 Noia A Coruña 689 389 190 ecoverganta@gmail.com Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com Ganadería Tierra Celta S.L. Vilar, 35, San Pedro de Baroña 15979 Porto do Son A Coruña 981 853 111 office@tierra-celta.com www.tierra-celta.com

As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es

Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com

Horno Integral Pandarán Avda. Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra 986 303 610 info@pandaran.es www.pandaran.com

Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org

Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es

D´Aldea Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230 Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde Tui R/ Alcalde Casal Aboi, 4 36700 Tui Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com

hostaleiros Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com Ourense Bio, SL R/ San Rosendo, 9, baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Ponte Bio Praza Arxentina 5 36160 Ponteareas Pontevedra 603 602 050 Puro Bío R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@purobio.es Recuncho Ecolóxico Mercado municipal, local exterior, 14 Praza do Concello 15100 Carballo A Coruña 687 243 375 orecunchoecoloxico@gmail.com Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terra Ecolóxica Travesía de Rianxo, 3 15009 A Coruña 881 879 299 info@terraecoloxica.com www.terraecoloxica.com Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo (Pontevedra) 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es

Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com


ESPECIAL NOVA DIRECTIVA DO CRAEGA

Constituído o novo pleno do Craega O pasado mes de xullo celebrouse o pleno constitutivo do Craega, presidido pola directora xeral da Consellería do Medio Rural, Belén do Campo, que estivo acompañada pola directora territorial de Medio Rural en Lugo, Olga Iglesias Fontal. O pleno acordou nomear novo presidente do Consello a Francisco López Valladares, quen substitúe no cargo a José Antonio Fernández, que, tras dez anos á fronte da entidade, cede o seu posto para ocupar o de vicepresidente, responsabilidade que compartirá con Rocío Freire Rodríguez.

De arriba abaixo e de esquerda a dereita: Manuel María Cancio; Álvaro Pérez-Lafuente; Rafael Pérez; Sotero Sampedro; José Antonio López; Juan Carlos Juncal; Javier García; Julio Domínguez; Luis López; José Ángel Regueiro; María Concepción Blanco; Olga Iglesias; Tomás Casquero; José Antonio Fernández; Belén María do Campo; Francisco López e Rocío Freire CRAEGA

> 3


ESPECIAL NOVA DIRECTIVA DO CRAEGA

ORGANIGRAMA DO CONSELLO REGULADOR DE AGRICULTURA ECOLÓXICA DE GALICIA (CRAEGA) NIVEL DE GOBERNO

Pleno do Craega Vogais

Comisións

Presidencia

Vicepresidencia NIVEL EXECUTIVO Dirección Técnica

Secretario/a

Comité de Certificación

Comité Consultivo

Secretaría Órgano de control Dpto. de Comunicación Dpto. de Administración Xestión de Calidade

Técnicos

NIVEL OPERATIVO

VICEPRESIDENTES Rocío Freire Rodríguez José Antonio Fernández Álvarez

» »

VOGAIS Representantes de empresas agrarias de produción vexetal José Antonio Fernández Álvarez José Antonio López Pampín

» »

Representantes de empresas agrarias de produción animal José Ángel Regueiro Real Casa Bertolo SC > María Concepción Blanco Montecelo A Rosela SC > Luis López Rodríguez

» » »

Representantes de empresas de elaboración e/ou envasado Censo C1 Celtaverde SL > Sotero Sampedro Castro

»

Censo C2 Hifas da Terra SL > Tomás Casquero Cimadevila Camperos Vilalba SL > Gonzalo Hermida Carreiras

» »

Censo C3 Leche de Galicia SA > Julio Domínguez Fernández Alibós Galicia SL > Rocío Freire Rodríguez Conservas Antonio Pérez Lafuente SA > Álvaro Pérez-Lafuente Suárez

» » »

4

<

CRAEGA

Representante de empresas importadoras e/ou comercializadoras Dime Salnés SL > Juan Carlos Juncal Piñeiro

»

Representantes das autoridades competentes Servizo Provincial de Lugo do IPA > Rafael Pérez Prados Servizo de Mercados da Consellería do Mar > Ramón Damián Fernández Conchas

» »

COMISIÓN DE GOBERNO Francisco López Valladares Rocío Freire Rodríguez José Antonio Fernández Álvarez José Ángel Regueiro Real

» » » »

SECRETARIO Javier García Lozano

»

OS

»

XESTOR DE CALIDADE Antonio Eduardo Pérez Méndez

»

DIRECTOR TÉCNICO Manuel M. Cancio Álvarez

»

N

PRESIDENTE Francisco López Valladares

A

COMITÉ DE CERTIFICACIÓN Manuel M. Cancio Álvarez Antonio Velilla de la Loma José Luis Graña Correa

» » »

COMITÉ CONSULTIVO Representante de CGCU > Celia Otero Raña Representante de Ingacal > Ana Fernández González Asociación de produtores > Guillermo Martínez Ruiz

» » »


ESPECIAL NOVA DIRECTIVA DO CRAEGA

os o Entrevistam ente do novo presid isco L. c n a r F , a g e Cra Valladares

“Tería que funcionar unha asociación de produtores ecolóxicos que vendese en conxunto”

C

ando Francisco López comezou a producir en ecolóxico, apenas eran dez os produtores certificados en Galicia. A día de hoxe son cerca de mil e, tras nove anos como vogal do Craega, dá un paso adiante na súa implicación co sector e asume a súa presidencia. Con el charlamos na súa empresa, Casa Ánxel, na que pendura o selo de certificación eco dende hai case vinte anos.

»

Por que deciden dar o paso á produción ecolóxica? Comezamos en 1999, a raíz de que un ano antes nos cobrasen a supertaxa que existía daquela pola superprodución da cantidade de leite. Entón había dúas opcións: investir en cota láctea ou reconverterse á agricultura ecolóxica, que comezaba naquel momento. Por iso decidimos darlle un valor engadido, producir menos, pero en ecolóxico.

»

Como foi a evolución do seu negocio? Os comezos foron difíciles, non había información ningunha, nós fomos das primeiras empresas en reconverternos á produción ecolóxica. Foi dar un salto de 12.000 litros a 5.000 ou 6.000; era unha cantidade moi importante, que tamén se ía notar nos ingresos. Naqueles momentos tivemos que agradecer o labor da industria láctea, que apoiou un pouco o sector, cunha sobreprima para a reconversión; pagábanos 8 pesetas nos dous anos que durou esta.

» En 2014 poñen en marcha varios invernadoiros...

En decembro fará sete anos que Casa Ánxel decidiu poñer a fábrica de queixos, entón xa estabamos asentados na produción de leite. Naquel momento a miña muller e eu constituímos unha sociedade civil e decidimos dar un paso máis adiante e apostar pola transformación do leite; unha CRAEGA

> 5


ESPECIAL NOVA DIRECTIVA DO CRAEGA

QUEN É FRANCISCO LÓPEZ VALLADARES Nacido no concello lucense de Castro de Rei, dende hai 25 anos vive en Crecente (A Pastoriza), onde rexenta xunto a súa muller, Luísa Rodríguez, a empresa Casa Ánxel, a cal conta con cen anos de tradición familiar gandeira. En 1999 deron o salto á produción de leite ecolóxico, dende hai sete anos á transformación de leite en queixo e hai catro completaron o seu negocio coa instalación de invernadoiros nos que producen tomate, berenxena, cabaciña e leituga. Foi un dos primeiros operadores que certificou en ecolóxico e é vogal por produción animal do Consello dende 2008.

parte transformabámola e outra mandabámola en líquido á industria. Logo, empezamos cunha proposta da pataca en ecolóxico; o ano pasado fixemos seis hectáreas, pero este estamos a cero, pois foi pechada a zona debido á praga da couza guatemalteca e en dous anos non a podemos producir. Entón pensamos noutras vías e montamos os invernadoiros, nos que producimos tomate, cabaciña, berenxena… e agora tamén leituga. Estamos explorando un pouco; sempre nos gustou diversificar as producións, non ter todo concentrado nunha, pois así tes a opción de tirar polo sector que mellor funcione.

»

Por que é importante que o produto que chega ás mans dos consumidores leve o selo do Craega? Ten moita importancia que o produto leve o selo. Nos anos que comezamos a xente das aldeas adoitaba dicirnos: “Non, non, é que o meu tamén é ecolóxico, é da miña horta…”, pero non ten nada que ver. Un produto certificado polo Craega significa que ese produto ten a súa trazabilidade xa dende a semente ou dende o criadeiro, e que está libre de fitosanitarios, de herbicidas, de fertilizantes químicos e doutros métodos convencionais. Na agricultura ecolóxica tes unha serie de controis que che certifican que estás consumindo un produto saudable e respectuoso co medio ambiente.

»

Cal era a súa implicación como membro do Consello antes de ser presidente? A miña elección para a presidencia xa vén de atrás. Eu xa era vogal no Consello por produción animal dende había nove anos. O presidente saínte levaba barallando dende un tempo non volver repetir e todos o tomabamos a broma, porque a verdade é que a evolución con el nes-

6

<

CRAEGA

tes anos foi moi boa: só foi crecemento, crecemento e crecemento. Non obstante, cando chegou a hora das eleccións, cumpriu o que dixo, que el non ía repetir, pois levaba dez anos e necesitaba un descanso. Entón, dos membros do Craega máis antigos, quedabamos tres. A min xa me insinuaran varias veces que me posicionase, pero ata agora era algo no que nunca pensara. A última hora e despois de convencerme, aceptei asumir o cargo da presidencia.

»

Cales son agora as súas prioridades? Neste momento estamos colaborando coa Consellería do Medio Rural na elaboración do plan estratéxico, documento que pensamos que pode trazar as liñas de actuación para o desenvolvemento da agricultura ecolóxica en Galicia. Este plan vai contar coa opinión de produtores, elaboradores, consumidores, distribución e investigación mediante enquisas e reunións cos diversos colectivos. Tamén queremos incidir na promoción. Este ano temos Biocultura, estaremos en Madrid [do 9 ao 12 de novembro]. Participaremos como comunidade protagonista de 2017 e realizaremos unha serie de actos de promoción na feira. Penso que é unha magnífica oportunidade para promover a primeira edición de Biocultura en Galicia, que terá lugar en marzo de 2018, en concreto na Coruña. Este evento ten unha longa tradición e a día de hoxe é a feira ecolóxica de referencia. Ata agora soamente abranguía de forma anual Madrid e


ESPECIAL NOVA DIRECTIVA DO CRAEGA Barcelona, e bianualmente Bilbao, Sevilla e Valencia. Agora entra Galicia. Ao meu entender, é moi interesante para os produtores termos unha feira na comunidade deste nivel. Finalmente, e xa cara ao final do ano, estamos traballando para celebrar o aniversario do Consello Regulador, dado que se cumpren vinte anos dende a súa formación.

»

Os informes do Craega reflicten datos económicos á alza ano tras ano, tanto no número de operadores coma de empresas certificadas en eco. En concreto, o sector leiteiro sitúase na cabeza… Cal cre vostede que é a razón deste crecemento? Respecto do incremento do leite, penso que o sector está a aumentar pola forte demanda que existe na actualidade. A recollida de leite eco subiu considerablemente o prezo; estamos a falar duns 10 ou 11 cts. que se están a pagar agora máis que hai dous anos. Que pasa? Houbo unha forte caída do leite convencional coa crise dos prezos, houbo xente que non podía aguantar esa situación e viu a opción da agricultura ecolóxica coma unha saída, unha alternativa… Ou pechar ou reconverterse. Eu creo que foi o que máis incidiu no crecemento do leite.

»

Pola contra, hai outros sectores, como poden ser a castaña, o mel ou as conservas, que, malia o seu crecemento, se venden na súa maioría fóra de Galicia… Isto é outro problema que hai… Neste punto temos que volver ao principio, aquí en Galicia hai moita aldea. O que vive na cidade ten algún familiar que ten horta, abastécese deses produtos e cre que está a consumir produtos ecolóxicos. Temos que incidir máis niso, non imos cambiar esta xeración, é difícil cambiarlle o chip agora, por iso temos que comezar a convencer dende abaixo, aos nenos e ás nenas… É certo que a agricultura ecolóxica tampouco é un elixir, nin che garante que vaias durar ata os cen anos por consumila. Pero, que podes mellorar? Pois podes previr enfermidades que está habendo a raíz do que comemos, sobre todo se levas unha boa alimentación dende a infancia.

»

Un dos principais impedimentos para que se consuman produtos ecolóxicos é o seu prezo. Os consumidores adoitan queixarse da súa carestía respecto dos produtos convencionais… Nese sentido tamén temos que comezar a incidir nos custos que lle aplican nos comercios a un produto ecolóxico. Se un produto convencional vale 1, porque sexa ecolóxico non ten que valer

3; no produtor non hai esa diferenza, pero logo no comercio, de cara ao consumidor, grávanlle moito. Eu creo que é un erro; de feito, cando falas co sector do comercio din: “É que eu de ecolóxico vendo 2 e do convencional vendo 20”. E eu digo: “E se tiveses un prezo razoable, no lugar de 2, igual venderías 10”. Por iso penso que habería que facer máis accións nos colexios, nas asociacións de pais… para conciencialos de que unha alimentación eco non é o dobre de cara que a convencional. Si, ten que ter un pouco máis de custo, porque a produción evidentemente é máis pequena e vai repercutir nos custos de produción, que ten máis que a convencional, pero non serían tan excesivas. Así mesmo, hai que ter en conta que o maior custo dos produtos ecolóxicos tamén é debido aos controis durante todas as súas etapas, que garanten a aplicación da normativa europea de produción eco.

» Craega leva un tempo apostando pola

súa presenza en feiras internacionais como Biocultura, Biofach en Alemaña, Sial en París… Como repercute iso nas vendas? Repercute moito. Esas feiras son o escaparate do mundo. Aí van os mellores produtos e penso que Galicia ten que estar. Hai industrias pequenas que aínda lles custa entrar, que é outro problema, as producións pequenas. En Galicia temos bos produtos e sabemos facelos, pero non os sabemos vender…

“Un produto certificado polo Craega significa que ten a súa trazabilidade, dende a semente ou dende o criadeiro, e que está libre de fitosanitarios, de herbicidas, de fertilizantes químicos e doutros métodos convencionais”

»

Pode afondar un pouco nesta reflexión? É o problema que temos os produtores de Galicia, sobre todo os ecolóxicos, porque cunha produción pequena é moi difícil chegar a outros mercados con ela, porque che van demandar máis cantidade e vanche dicir: “Si… pero se tiveses o triplo… Isto non me chega para medio

CRAEGA

> 7


ESPECIAL NOVA DIRECTIVA DO CRAEGA lineal”. Entón, non é viable abastecer algúns mercados de feito individual. Neste sentido, creo que tiña que funcionar unha asociación de produtores que venda en conxunto. Habería que poder chegar a Barcelona, a Madrid ou mesmo a Alemaña cun catálogo de 60 ou 70 produtos, todos xuntos, sexa cada un coa súa marca ou mesmo unha segunda marca en común e poder visitar unha empresa e dicirlle: “Mire, isto é o que temos en Galicia: temos mel, carne, algas, queixos, froitas, verduras, viño, castañas, pan…”. Temos moita variedade de produtos, pero hai moitos que un produtor por si mesmo non o pode ofrecer, por iso sería necesaria a unión. Ademais, como xa comentei antes, hai outro problema. Trátase da concepción que temos do “ecolóxico”. Hoxe fas unha pequena viaxe por Galicia e tes castañas pola beira da estrada, un familiar ten o seu souto e leva castañas pensando que son ecolóxicas. Isto xa non o cambias nas nosas xeracións. O que hai é que comezar por abaixo, xa que o pai ou a nai van co seu neno ou a súa nena ao comercio e diralle: “Por que non compramos este produto? É san, non é prexudicial para o medio ambiente...”. Iso animará tamén os pais a comprar e a ser consumidores.

»

Chega á presidencia cando se cumpren 20 anos da existencia do Craega. Pode facernos un breve balance da súa evolución ata hoxe? Os datos falan por si mesmos: crecer, crecer e crecer. Eu podo falar dende que estou alí como vogal, en 2008. Daquela a duras penas podíaselles pagar aos traballadores, algunhas veces mesmo con algo de atraso. Desta situación pasouse a comezar a medrar sen parar, mesmo en tempos de crise, como vivimos estes últimos anos. A agricultura eco tivo crecementos espectaculares. Este ano, segundo os datos do primeiro semestre, estamos a crecer por riba do 30 %. Eu penso que hoxe non hai ningún sector que teña estas cifras. Nós eramos oito ou nove produtores; de feito, coñeciámonos todos, porque eramos moi poucos. Hoxe somos preto de 1.000 e seguimos a medrar, porque todas as semanas estou firmando actas de novas inscricións.

»

Dende hai dous anos o Consello está a organizar as feiras Ágora Verde. Que valoración fai delas? A verdade é que tras dúas edicións pensamos que non están a funcionar o ben que esperabamos. Para o vindeiro ano darémoslle un novo enfoque co fin de lograr que se animen máis produtores e se consiga maior éxito de asistencia de público.

8

<

CRAEGA

»

“Hai que facer máis accións nos colexios e nas asociacións de pais para conciencialos de que unha alimentación eco non é o dobre de cara que a convencional”

Despois da campaña “A mar de ecolóxicos”, cal vai ser a colaboración do Craega coa Consellería do Mar? Dende o punto de vista da promoción, este ano participaremos no Programa “Aliméntate ben” dentro do Plan Proxecta, que está organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no que tamén participan as consellerías do Mar, Medio Rural e Sanidade. Trátase dun conxunto de programas que fomentan a innovación educativa mediante o desenvolvemento dun proxecto interdisciplinario dos centros. No noso Programa “Aliméntate ben” o obxectivo vai ser mellorar os hábitos alimenticios do alumnado nos centros educativos. Dentro da modalidade ecolóxica daráselles a coñecer o que é un produto ecolóxico, como identificalos e cales son os seus beneficios. O Programa desenvólvese durante todo o curso, esperamos concienciar tanto os escolares como a comunidade educativa e a familia. Ademais, existe a posibilidade de que os colexios promovan o consumo de certos produtos accedendo a un programa de axudas. Tamén contamos con esta Consellería para reforzar a presenza en Biocultura Madrid, a onde levaremos un grupo de produtores de algas, conserveiros, acuicultores e transformadores de produtos mariños. Finalmente, estamos a colaborar con eles na redacción das normas técnicas de produción acuícola de distintas especies e nas normas técnicas de recollida de algas, co obxectivo de poder solicitar a próxima acreditación destas producións coa Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).


DE FEIRAS  >

Presentación da feira en Lugo a cargo de Argelio Fernández (esq.), Lara Méndez e José Antonio Fernández

Ágora Verde volve ás prazas galegas

T

ras a súa posta en marcha en maio do ano pasado e o seu conseguinte percorrido pola xeografía galega expoñendo os produtos ecolóxicos certificados, na súa segunda edición Ágora Verde repetiu a mesma fórmula e nesta ocasión fixo paradas nas localidades de Lugo, Sada e Monforte de Lemos.

López Valladares (presidente do Consello) e José Tomé (alcalde de Monforte) foron os encargados de inaugurar a feira de Monforte

Inauguración en Lugo Lugo foi unha vez máis a encargada de abrir a xira e os días 23 e 24 de xuño celebrouse na Praza Maior do concello unha exposición de produtos ecolóxicos na que participaron unha ducia de produtores locais. Como representantes das autoridades, acudiron á feira a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o deputado provincial de Medio Ambiente da Deputación de Lugo, Argelio Fernández, e fixérono acompañados por José Antonio Fernández e por Rocío Freire, os entón presidente e vicepresidenta do Consello, respectivamente.

Paradas en Sada e en Monforte Xa entrados no mes de agosto, os días 4 e 5 a vila coruñesa de Sada acolleu a segunda destas feiras. A presentación do mercado de produtos ecolóxicos correu a cargo do actual presidente do Craega, Francisco López Valladares, e do concelleiro de Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente, Xosé Luis Suárez Becerra. Axudados polo bo tempo imperante nos últimos meses, os visitantes puideron adquirir na avenida da Mariña os produtos que ofertaban os operadores. A última destas feiras tivo lugar na capital da Ribeira Sacra os pasados 17 e 18 de agosto. Monforte acolleu na rúa do Cardenal outro destes mercados, no que estiveron presentes varios postos da comarca ata os que se achegou un bo número de persoas interesadas en coñecer máis da agricultura ecolóxica. CRAEGA

> 9


DE FEIRAS >

A misión de Ágora Verde O proxecto Ágora Verde creouse inspirado nas antigas prazas públicas gregas nas que o pobo se reunía en asemblea e se realizaban operacións mercantís. Con esta idea, o Consello organiza dende o ano pasado durante os meses de verán feiras en distintas prazas de localidades de toda a nosa comunidade nas que os produtores socios do Craega expoñen para a súa venda os seus produtos ecolóxicos e se dan a coñecer ao público. Os obxectivos son, xa que logo, informar, concienciar e, por suposto, vender. Este ano as feiras contaron coa presenza de diversos produtores certificados en ecolóxico, entre os que se atopaban a Asociación Apega, que amosou produtos dos seus asociados (Amorodo, Avícola Jove, Café Sabora, Leira Doce, Maruxas de Nata, Panadería Divina, ShiiNatural...); Licores Ecolóxicos Alicornio; Castañas Caurelor; Sovoral Apicultura Orgánica; Cervexa Ecolóxica As Galegas; Mel O Carrasco; Pecado de Outono; Terra de Baronceli; Galuriña; Herbas de Caaveiro; Producto de Aldea; Pamela Pardiñas ou Frutos da Melhora.

10

<

CRAEGA


FORMACIÓN >

O 20.º ForoAcui puxo o foco na acuicultura eco

O

s días 10 e 11 de outubro celebrouse o XX Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas ForoAcui, na Illa da Toxa (O Grove, Pontevedra). O programa desta nova edición incluíu, ademais de cinco mesas de traballo (marisqueo e pesca de baixura, acuicultura, empresa e recursos, conferencia inaugural e maxistral), un segundo día dedicado especialmente á acuicultura ecolóxica. Deste xeito, este encontro responde ao auxe da produción ecolóxica, así como a unha crecente demanda dos consumidores destes alimentos. Para abordar este tema contou coa participación do Craega e dalgúns dos seus socios.

O Club Cultiva Mazás arrinca cun curso de marketing para emprendedores

C

ultiva Mazás é un proxecto de responsabilidade de social de Casa Grande de Xanceda co que pretende fomentar o emprendemento como fórmula para loitar contra o despoboamento do rural. Dentro del nace O Club Cultiva Mazás, o cal se estreou coa convocatoria de dúas xornadas de formación tituladas “Marketing en redes sociais para proxectos ecolóxicos”, que tiveron carácter gratuíto. O encargado de impartilas foi Roberto Pérez Marijuan, especialista na materia, e as cidades elixidas nesta ocasión foron A Coruña (18 de xuño) e Vigo (25 de xuño), ambas con moi boa acollida de público.

A Asociación Mariñas-Betanzos organiza un novo curso para produtores en agricultura eco dirixido principalmente a produtores agroalimentarios, produtores en agricultura ecolóxica, emprendedores interesados en poñer en marcha unha iniciativa emprendedora no medio rural, técnicos do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) e técnicos locais de emprego.

A

sede da Fundación Juana de Vega (Oleiros, A Coruña) acolleu o curso titulado Emprendemento Rural, Recursos Locais e Cooperativismo, que se levou a cabo entre os días 11 e 15 de setembro. Organizado pola Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos, entidade xestora da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, estivo

O programa desta actividade formativa, que se desenvolveu en horario de mañá, incluíu varios relatorios en materia de cooperativismo e ecoloxía da man da produción ecolóxica, nos cales abordaron temas sobre emprendemento e cooperativismo, tendencias de consumo e oportunidades para o emprendemento ou transformados agroalimentarios e marketing. As charlas foron impartidas por distintos profesionais do sector, entre os que se atopaban Rocío Freire e Javier García como representantes do Craega. O curso completouse con varias mesas redondas e cunha formación práctica nunha horta de produción eco.

CRAEGA

> 11


FORMACIÓN >

Nova xornada da Estación Experimental do Baixo Miño sobre produción eco en horta

O

día 31 de xullo tivo lugar na Estación Experimental Agrícola do Baixo Miño (Entenza-Salceda de Caselas, Pontevedra) unha nova Xornada Formativa sobre Produción Ecolóxica na Especialidade de Horta. No transcurso da xornada o alumnado visitou as instalacións do centro, nas que puido coñecer in situ os ensaios das castes autóctonas de diferentes especies de horta, como leitugas, tomates, pementos (Guláns, Arnoia, Couto e Couto Grande), cabaza e outros traballos para poder avaliar o seu interese desde o punto de vista da AE; acceder a algunhas sementes do banco de xermoplasma e aprender as técnicas de conservación das sementes e, por último, visitar os ensaios de asociacións de cultivos en AE que se están a realizar. Esta actividade ten como obxectivo a formación de produtores en materia de agricultura ecolóxica para a mellora dos resultados técnico-económicos da explotación, o cumprimento da normativa e abordar o coñecemento das castes autóctonas.

La revista técnica de agroecología, agricultura y ganadería ecológicas

Nuevo número: ADAPTACIÓN al cambio climático con prácticas agroecológicas

Suscríbete a la revista Ae por 12€ al año www.revista-ae.es - tel: 961 26 71 22

12

<

CRAEGA


ACTUALIDADE DO SECTOR >

A Feira zamorana

Ecocultura

celebra a súa XIV edición

O

recinto feiral de Zamora (Ifeza) acolleu os pasados días 13, 14 e 15 de outubro a decimocuarta edición de Ecocultura, a Feira Hispanolusa de Produtos Ecolóxicos, que este ano recibiu o Premio Ecoelabora á transferencia/ divulgación do coñecemento e innovación da man da Sociedad Española de Agricultura Española (SEAE). Este ano Ecocultura tivo como tema principal os froitos secos e abordou outros asuntos

que representan unha oportunidade para dinamizar as economías locais de pequeno tamaño, como é o caso da produción eco. A Feira, que convocou máis de cen expositores, estivo aberta ao público entre as 11:00 e as 21:00 h cun marcado carácter profesional, e complementouse con diversas actividades paralelas, como conferencias, mesas redondas, talleres de educación ambiental e cociña, degustacións e catas dirixidas.

A Comunidade Galicia,

do Ano en

Biocultura Madrid 2017

As directoras xerais de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, reuníronse o mes de xullo con responsables do Craega e cos organizadores da Feira de Produtos Ecolóxicos e Consumo Responsable Biocultura, os cales lles trasladaron a proposta de que Galicia sexa a Comunidade do Ano na próxima feira Bio, que se celebrará en Madrid do 9 ao 12 de novembro. No encontro estiveron presentes o daquela presidente do Craega, José Antonio Fernández, a súa homóloga da asociación Biocultura-Vida Sana, Ángeles Parra, así como outros portavoces de ambas as institucións. Nesta edición o Craega ofrecerá degustacións de produtos ecolóxicos e, ademais, algunhas das empresas realizarán as súas propias charlas e degustacións. Participarán 31 operadores arroupados polo Consello: Algamar, Alicornio Organic Liquors, Alimentos Alicornio, Arqueixal, Begoña Troncoso, Bio Alacena, Biofactory, Bubela Artesá, Casa Grande de Xanceda, Castañas Caurelor, Celtaverde, Cervexa Celebridade Galega, Conservas do Támega, Corisca, Customdrinks, Galletas Daveiga, Froitas do Rosal, Galician Brew, Galuriña, Glecex, Horta do País, Kalinka Lagazos, Mar de Ardora, Maruxas, Mel Sovoral, Orballo, Pecado de Outono, Conservas Antonio Pérez-Lafuente, Producto de Aldea, Souto da Trabe e Verinbiocoop. CRAEGA

> 13


ACTUALIDADE DO SECTOR >

Medio Rural inclúe a categoría á mellor gandería ecolóxica nos Premios á excelencia de produtores de leite

N

a visita realizada a unha explotación de vacún en Santiso (A Coruña), a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, anunciou o mes de agosto a convocatoria dos Premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca que recoñecerán a excelencia do seu proceso produtivo. Entre as distintas categorías que optarán aos premios recoñeceranse especificamente as mellores explotacións ecolóxicas, que deberán estar inscritas no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, así como cumprir outras características técnicas que se detallan na convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia, 29 de agosto de 2017 (núm. 163).

O Craega viaxará a París para participar en Natexpo

O

Consello participará na Feira Internacional de Produtos Ecolóxicos Natexpo, que terá lugar en París do 22 ao 24 de outubro, acompañado de tres empresas: Dimesalnés, Global and Ecofriendly Natural Extracts (Glecex) e Mariscos Veiro. Nesta edición espérase un total de 12.000 visitantes profesionais e 650 expositores, nos que se atoparán máis de 70 países representados. Esta acción inclúese dentro do Programa “Galicia exporta organismos intermedios” do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que ten por obxectivo fomentar a internacionalización das pemes galegas. Formarán parte do programa un total de 12 operadores do Craega e incluirá a participación e a visita a tres das principais feiras do sector. Segundo datos da propia Organización, Francia é o segundo maior mercado do sector ecolóxico en Europa; en 2016 alcanzou 7.000 millóns de euros de facturación e presentou un crecemento do sector do 20 %.

14

<

CRAEGA

Xa está en marcha o Plan estratéxico de agricultura ecolóxica de Galicia

D

esde o pasado verán está en marcha o Plan estratéxico de agricultura ecolóxica de Galicia, o cal o está a elaborar unha empresa contratada pola Consellería do Medio Rural. No Plan colaboran estreitamente a propia Consellería xunto co Craega e está aberto ás achegas de todos os grupos de interese na agricultura ecolóxica, mediante enquisas que se remitiron ás persoas interesadas e mediante reunións de traballo nas cidades de Monforte de Lemos (Lugo) e de Santiago de Compostela (A Coruña).


Taboleiro de anuncios ficados. Produtos de tempada ecolóxicos e certi saxería): men por os enví én (tam Servimos a domicilio as cest e lo rega s bono dos, pedi iculares Visitas concertadas para grupos e part , A Coruña) (Teo eiras Cach Estamos en Tras do Eixo, 25 a Dubr de horta A José Domínguez Dubra 646 413 844 Facebook: A Horta de Dubra

Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte frigorífico para non romper a cadea de frío. Vicente Prieto Ledo 609 864 738 info@limusinatouza.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com

Alúganse 7 ha en dúas parcelas de terre o en ecolóxico dende o ano 2000, das que 9.000 m² están plantadas de maceiras para sidra. José Hermida Fernández A Graña, 27835 Roupar Xermade (Lugo) 649 428 364 an.geles@hotmail.com

Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur is m o Arqueixal para inscrito s no Craega. Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com

alizadas de cestas person Lugo, que Repartimos lo de ta no concel verdura e froi con produtos r ta en em pl m co n de se po certificados. ou ecolóxicos os ic ám in od (Lugo) bi , A Pontenova A Panturreira 641 9 olz: 637 84 Isabel Zaera D om .c la al shambh izaera@granja om .c la al granjashambh 650 343 777

Secundina Cost a Piñeiro (Vivei ros Ramil planta Queda aínda no de horta). viveiro algunha planta da campa de primavera (c ña ebola, tomates Preparámonos , pementos etc. agora para a ca ). mpaña de verá escarolas, pakc n (leitugas, hoi, col chinesa etc.) e de outono brócoli, coliflor (repolos, etc.). Para pode r ter unha plan moi importante ta axeitada é ter os cultivos planificados, as poderemos prog í os viveiros ramar ben as se menteiras. ramon@ceressl.c om - 986 710 70 7

la ecolóxico. Viveiro de plantel hortíco arga. Facemos plantel por enc Biohorta 981 483 312 / 669 690 212 agricolacuruxeira@gmail.com

Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadas. M.ª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006

Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria. San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

Carmen de Socastro en de Na horta ecolóxica “Carm de os dut pro os tem Socastro” astro, Soc en os am Est a. pad tem uña. 11, concello de Rois, A Cor ! nos éce Ven e coñ om carmensocastro@hotmail.c 630 167 138

castaña ecolóxica, Soutoseco: fariña de , dra. 100 % castaña feita en muíño de pe . ble za tili reu envasada en bote m soutoseco@gmail.co .soutoseco co se uto /so www.facebook.com

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de se rvir en despeces en distintos formatos . Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com

Fragaira - Viveiro de plantas de froitos silvestres. Vendemos plantas de arando, framboesa, mora, grosella vermella e grosella negra certificadas en ecolóxico en Negreira (A Coruña). 699761644 fragaira@gmail.com www.fragaira.blogspot.com

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxic a de Rubia Galega. Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

Bo para a túa sa úde, bo para o medio ambiente. Carn e ecolóxica de Raza Vianesa alimentada excl usivamente co n pasto e leite, rica en Omega 3 e recomenda ble para celíaco Poñémola na sú s. a casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasa da ao baleiro. Ecovianesa S.L. - Berrande (Our ense) 676 966 255 ecovianesa@gm ail.com

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería La Tomea (Rábade, Lugo) Jesús Dapena 982 390 355 - 607 289 806

de verduras Repartimos caixas en Santiago io ecolóxicas a domicil os limítrofes ell nc co e de Compostela ). , Teo, Ames e Brión (Vedra, Boqueixón ga ae Cr no ta cri dra ins Finca de horta en Ve artido.com miguel@tempocomp

Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es


Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 530 craega@craega.es www.craega.es Síguenos en:

GOBIERNO DE ESPAÑA

MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE

FEADER Europa inviste no rural

Impreso en papel reciclado Maine Gloss Green

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.