Revista do Craega 42

Page 1

REVISTA do

N

OS

CRAEGA

A

N.º 42 > Verán 2017

O mercado eco dos EE. UU., un pouco máis cerca Preto de 40 expositores no mercado eco de Santiago de Compostela

A produción eco galega, por primeira vez en BioCultura BCN

Sabor ecolóxico na VI Feira da Sidra da Estrada A III Reunión de Primavera da SGPF puxo o foco na gandería eco Volve Ágora Verde, as feiras eco do verán


3 | Reportaxe 7 | De feiras 11 | Actualidade do sector

CRAEGA

12 | Especial eleccións Craega

EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Manuel María Cancio Álvarez DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015

14 | O que vai vir 15 | Taboleiro de anuncios

Establecementos colaboradores

Establecementos colaboradores

minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es

Ecotenda Verganta R/ Santísima Trinidad, 7, baixo 15200 Noia A Coruña 689 389 190 ecoverganta@gmail.com Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com Ganadería Tierra Celta S.L. Vilar, 35, San Pedro de Baroña 15979 Porto do Son A Coruña 981 853 111 office@tierra-celta.com www.tierra-celta.com

As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es

Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es

Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com

Horno Integral Pandarán Avda. Bueu, 19 36940 Cangas do Morrazo Pontevedra 986 303 610 info@pandaran.es www.pandaran.com

Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org

Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es

D´Aldea Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230 Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com

Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com Horta Verde Tui R/ Alcalde Casal Aboi, 4 36700 Tui Pontevedra 986 600 644 ecohortaverde@gmail.com www.hortaverde.es La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com

hostaleiros Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com Ourense Bio, SL R/ San Rosendo, 9, baixo 32001 Ourense 988 604 914 ourensebio@mundo-r.com Ponte Bio Praza Arxentina 5 36160 Ponteareas Pontevedra 603 602 050 Puro Bío R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@purobio.es Recuncho Ecolóxico Mercado municipal, local exterior, 14 Praza do Concello 15100 Carballo A Coruña 687 243 375 orecunchoecoloxico@gmail.com Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terra Ecolóxica Travesía de Rianxo, 3 15009 A Coruña 881 879 299 info@terraecoloxica.com www.terraecoloxica.com Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo (Pontevedra) 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com

A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es

Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com


reportaxe

presa Xacobio, em Miami a de importador empresas 9 (E E. U U.), e nse cita en ro galegas dé e Lemos o Monforte d de maio pasado 15

O Craega organiza a primeira misión comercial inversa do ano

A

s firmas participantes puideron manter reunións individuais cos importadores para amosar os seus produtos, entre os que se presentaron castañas, licores, conservas de pescado, conservas vexetais, viño, infusións e herbas aromáticas, extractos naturais e preparados alimenticios. O acto finalizou cunha degustación de produtos ecolóxicos. O obxectivo da misión era crear novas vías de comercialización co maior mercado de alimentación e bebidas ecolóxico a nivel mundial. Ademais do evento organizado en Monforte, os importadores visitaron durante o resto da semana máis empresas certificadas polo Craega. CRAEGA

> 3


Reportaxe >

O mercado dos EE. UU. O estadounidense é o principal mercado de alimentación e bebidas ecolóxicos a nivel mundial: no ano 2015 alcanzou os 43.000 millóns de dólares. A variación porcentual do negocio respecto ao 2014 foi dun 11 % segundo a Organic Trade Association (OTA). A continuación, pódese apreciar unha comparativa cos dous

principais mercados ecolóxicos e España, que se sitúa dentro dos dez maiores mercados no que respecta ao volume de negocio, baseándose nos datos do informe A agricultura ecolóxica mundial 2017, elaborado pola Organización de Movementos Orgánicos IFOAM e polo Instituto de Investigación da Agricultura Ecolóxica (FIBL).

Cadro comparativo dos mercados de EE. UU., Alemaña e España EE. UU.

Alemaña

España

9.831.510

357.380

505.940

321.418.820

81.679.769

46.443.994

$ 18.037

$ 3.363

$ 1.193

Dólar - USD

Euro - EUR

Euro - EUR

35.782 €

8.620 €

1.498 €

Consumo per cápita

111 €

106 €

32 €

Porcentaxe s/consumo mundial de alimentación e bebidas ecolóxicas

47 %

11 %

2%

Variación anual 2014-15

11 %

11 %

25 %

2.029.327

1.088.838

1.968.570

Superficie (km²) Poboación PIB (US$ mil millóns) Moeda Tipo de cambio EUR-USD (02-06-17)

1,1217 O mercado ecolóxico

Mercado ecolóxico (millóns €)

Superficie inscrita (ha) Fontes: FIBL, IFOAM, Banco Mundial, BCE (datos 2015)

Evolución do tipo de cambio EUR-USD (05/06/2012 - 07/06/2017) 1,40 1,35 1,30 1,25 1,20 1,15 1,10 1,05 1,00 2012

4

<

CRAEGA

2013

2014

2015

2016

2017


reportaxe > A flutuación da moeda é un factor importante sempre que se comercialice cun país que presenta unha divisa diferente. No gráfico anterior (páx. 4) pódese apreciar cantos dólares equivalen a un euro nos últimos cinco anos. Como podemos observar, no ano 2014 o dólar revalorizouse, chegando a finais de 2016 ao tipo de cambio mínimo nos últimos anos (1.036 dólares por euro). O gráfico que vén a seguir ofrece unha comparativa do volume de negocio por países. A diferenza que se aprecia na tendencia do mercado americano cando se presenta individualmente é debido á flutuación da divisa. O mercado ecolóxico nos EE. UU. creceu nunha porcentaxe maior do 11 % anual durante os últimos tres anos. O mundial alcanzou a cifra de 75.000 millóns de euros en 2015, dos cales o 47 % corresponde ao mercado estadounidense. Un estudo realizado pola Organic Trade Association no que participaron 100.000 familias de 48 estados diferentes, con representación demográfica diversa sobre os hábitos de consumo alimentario, concluíu que o 82 % incluía alimentos ecolóxicos regularmente na súa dieta.

Comparativa da evolución dos mercados ecolóxicos (millóns de euros) 40.000

EE. UU. Alemaña España

35.000 30.000 25.000 20.000 15.000 10.000 5.000 0 2010

2011

2012

2013

2014

2015

Fonte: AMI, OTA, MAPAMA, IFOAM, FIBL

Evolución do mercado ecolóxico en EE. UU. (miles de millóns de dólares) 50

40

30

Mercado ecolóxico non alimentario Mercado ecolóxico de alimentación e bebidas

20

10

0 2012

2013

2014

2015

Fonte: OTA

CRAEGA

>

5


Reportaxe > Mercado ecolóxico mundial Alemaña 11 % Francia 7%

EE. UU. 47 %

China 6% Canadá 4% Reino Unido 4% Italia 3% Suíza 3%

Outros 15 %

Exportación

•  Non se permite o uso de antibióticos na produción gandeira.

Nos EE. UU. a normativa que regula os estándares da produción ecolóxica é o Departamento da Agricultura dos Estados Unidos (USDA) - National Organic Program (NOP). Desde o 1 de xullo de 2012 entrou en vigor o acordo dos EE. UU. con Europa para o recoñecemento de produción ecolóxica. Nel establécece que non é preciso dispoñer da certificación NOP para exportar o mercado estadounidense; simplemente, hai que estar certificado en ecolóxico por algún dos organismos autorizados da UE, como o Craega.

•  O viño ten que cumprir con requisitos adicionais. Podemos encontrar dúas categorías: organic wine (viño sen sulfitos) e wine made with organic grapes (viños con contido en sulfuroso inferior a 100 ppm).

Segundo o USDA, esta homologación ten certas limitacións e requisitos:

6

<

CRAEGA

•  Os animais acuáticos quedan excluídos da homologación; si están permitidas as plantas acuáticas (algas). •  Os produtos deben cumprir cos requisitos de etiquetado USDA e ir acompañados dun certificado de importación. > Máis información na páxina web da USDA: www.ams.sda.gov


de feiras  >

O Craega participa por primeira vez en

Biocultura Barcelona

A

compañado por 11 empresas, o Craega participou por primeira vez na 24.ª edición de Biocultura Barcelona, unha das feiras de referencia do sector ecolóxico a nivel nacional, celebrada do 4 ao 7 de maio no Palau Saint Jordi, en Barcelona. Tamén participaron dúas firmas máis certificadas polo Craega, que contan cunha ampla experiencia neste evento, con stand propio. Os operadores certificados que se desprazaron ata a Cidade Condal foron os seguintes:

Participación conxunta co Craega Empresa

Tipo de produto

Alicornio Organic Liquors

Augardente e licores de froitas

Casa Grande de Xanceda

Iogur, queixo e outros produtos lácteos

Cerveza Celebridade Galega

Cervexa

Celtaverde

Cárnicos

Conservas do Támega

Conservas vexetais

Corisca

Viño

Mar de Ardora

Algas, derivados e preparados alimenticios

Mel Sovoral

Mel e produtos apícolas

Mirabel do Rosal

Mirabel e derivados

Orballo

Infusións

Pecado de Outono

Castaña e derivados

Participación independente Algamar

Algas, derivados e preparados alimenticios

Porto-Muiños

Algas, derivados e preparados alimenticios

CRAEGA

> 7


de feiras  >

Éxito de asistencia e de vendas Segundo os datos da Organización, con cerca de 74.000 persoas este ano, acadouse un novo récord de asistencia, 4.000 visitantes máis e un aumento do 15 % de expositores respecto do ano pasado. A remodelación feita no Palau Saint Jordi, como alternativa á imposibilidade do traslado da localización da feira aos recintos da Fira de BCN, solucionou o problema de capacidade que tiveron o ano pasado. Este aumento é un reflexo do crecemento do sector ecolóxico nacional. Os dous primeiros días do evento tanto os expositores como a organización víronse sorprendidos pola numerosa asistencia. Os obxectivos principais das empresas galegas participantes foron realizar promoción enfocada ao consumidor final, e tamén a distribuidores, tendas, e outros axentes implicados na comercialización; reunirse cos seus clientes actuais e potenciais, e coñecer as tendencias de mercado. A maioría das empresas quedou moi satisfeita cos resultados acadados, tanto no que se refire á venda directa coma aos contactos cos diferentes profesionais asistentes á feira. Algunhas delas mesmo esgotaron o seu stock de produtos. A feira contou coa organización de 400 actividades, como charlas sobre comercialización, saúde, distintos talleres, premios e showcookings. Catro das empresas certificadas polo Craega animáronse a participar: Mar de Ardora ofreceu

8

<

CRAEGA

charlas sobre a sustentabilidade e os valores nutricionais das algas; Alicornio Organic Liquors dirixiu unha degustación de coctelería ecolóxica, e Algamar e Porto-Muiños impartiron por separado diversas degustacións dedicadas ás algas.

Vindeiras edicións As seguintes citas con Biocultura serán en Valencia do 29 de setembro ao 1 de outubro, e en Madrid do 9 ao 12 de novembro de 2017. A feira volverá o vindeiro ano a Barcelona na súa 25.ª edición.


de feiras  >

A degustación eco, presente no

Salón Gourmets de Madrid

E

ntre os días 24 e 27 de abril celebrouse en Madrid o Salón Gourmets, no que estivo presente a nosa comunidade a través da Consellería do Mar, que levou o seu posto “Espazo Degustación”. Neste stand organizáronse unha serie de showcookings cos que se busca darlles promoción aos produtos tanto do mar como da terra, algúns deles de procedencia ecolóxica. Para iso contouse coa colaboración de distintos cociñeiros galegos, que se puxeron á fronte dos fogóns e deleitaron aos asistentes cos mellores sabores dos produtos autóctonos.

O público abarrota o mercado

Compostela ECO

E

ntre o 25 e o 28 de maio, coincidindo coas festas compostelás da Ascensión, a Praza Roxa da capital galega acolleu con grande éxito de asistencia o Compostela Eco 2017, un mercado de alimentación ecolóxica certificada, que convocan por segundo ano a Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (Apega) e a Fundación Santiago Centro, coa colaboración de varias entidades, entre as que se atopa o Craega. Compostela Eco é unha exposición comercial na que teñen presenza preto de 40 produtores de proximidade, tendas, elaboradores, transformadores e envasadores. Ademais, organízanse actividades de divulgación, formación e debate sobre os beneficios do consumo eco, talleres para o público infantil e adulto, degustacións e presentacións de produtos. Así mesmo, durante eses días ten lugar a EcoGastro, unha ruta de tapas elaboradas a base de alimentos ecolóxicos certificados, promovida en colaboración coa Asociación de Hostalería de Santiago e Comarca. CRAEGA

> 9


de feiras >

Varios stands ecolóxicos na

VI Feira da Sidra da Estrada

O

pasado 3 de xuño a praza do Concello da Estrada encheuse de visitantes que non quixeron perder unha nova edición da súa Feira da Sidra. Desta volta participaron 23 marcas locais, nacionais e internacionais e reuníronse para catar a sidra estradense arredor de 3.000 persoas que conseguiron esgotar os 2.000 vasos e as 3.000 botellas das que dispoñía a organización. O sabor da sidra ecolóxica tamén se pudo catar grazas ás marcas certificadas polo Craega nos postos de Maeloc Way, Ribela e Peroja. Como complemento aos festexos, fíxose entrega a título póstumo do premio Grolo de Ouro a José María Torres y Torres, impulsor das sidrerías locais.

O Craega e a Consellería do Mar, xuntos en

Salimat

D

o 8 ao 11 de de xuño o Craega participou no 21.º Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat), a través do stand da Consellería do Mar, no que se elaboraron unha serie de catas con produtos do mar. O xoves día 8 a cociñeira Ana Portals, do restaurante Solleiros (Santiago de Compostela), ofreceu unha degustación que titulou “Un mar e terra ecolóxicos”. O domingo día 11 foi o cociñeiro Fran Sotelino, da empresa Blue Moon Catering, o encargado de desenvolver unha cata co suxestivo nome de “Galicia, un mar ecolóxico”. Ambos os dous restauradores estiveron acompañados por Javier García, secretario do Consello. Salimat tivo lugar na Feira Internacional de Galicia

10

<

CRAEGA

(Silleda) en paralelo á 40.ª edición da Semana Verde de Galicia. Neste salón danse cita os sectores de produtos alimentarios ecolóxicos, gourmet, artesáns, de calidade certificada, cárnicos, lácteos, de viños e licores, de aceites, de conservas e de pastelería e panificación, entre outros, así coma o sector da gran distribución e o da venda directa de gran consumo e gastronomía. Nesta edición Salimat seguiu apostando por potenciar o seu valor como ferramenta xeradora de negocio a través da exposición de produtos de calidade e innovadores, dun programa de actividades para coñecer e intercambiar ideas, como xornadas técnicas e showcookings, e dos múltiples encontros de compradores, orientados a ampliar mercados nacionais e internacionais.


ACTUALIDADE DO SECTOR  >

III REUNIÓN DE PRIMAVERA DA SOCIEDADE GALEGA DE PASTOS E FORRAXES

A gandería ecolóxica en Galicia, protagonista desta edición

Manuel M. Cancio (esq.), secretario técnico do Craega, nun momento da súa intervención

Acto benéfico en Monforte en apoio a Afamon e Auxilia

O

III Encontro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) tivo lugar os días 21 e 22 de abril nas localidades lucenses de Friol e de Palas de Rei e foi inaugurado por José Ángel Santos, alcalde de Friol; por Eloi Villada, presidente da SGPF, e por José Antonio Fernández, presidente do Craega. O primeiro dos intervenientes foi Manuel María Cancio, director técnico do Consello, quen falou sobre a produción ecolóxica en Galicia na actualidade. A rolda de charlas continuou con Xan Pouliquen, quen reflexionou sobre a situación e as perspectivas da produción de leite en ecolóxico; seguírono Rafael Pardo, que disertou sobre as características dos pensos, e Joan Alibés, quen centrou a súa exposición na fertilización de pradeiras na produción ecolóxica. Pola tarde houbo dous debates entre representantes de varias ganderías ecolóxicas, industrias lácteas e comercializadores de carne; ao día seguinte os participantes puideron visitar varias granxas ecolóxicas de Friol e Palas de Rei.

O

día 27 de abril tivo lugar na sede do Craega (Edificio Multiusos de Monforte de Lemos) a entrega dunha doazón benéfica en favor das asociacións Afamon Monforte e de Auxilia Delegación Lugo. Ao acto asistiron o alcalde monfortino, José Tomé; o presidente do Craega, José Antonio Fernández; a presidenta de Afamon, Estrella Rodríguez, e a delegada local de Auxilia, Sofía Pardo. Esta nova iniciativa do Consello nace co obxectivo de potenciar a participación dos operadores inscritos na enquisa de satisfacción e para axudar ao destacable labor desenvolvido por estas dúas ONG. Por cada enquisa recibida comprometeuse a contribuír economicamente con cada unha destas asociacións. Afamón procura mellorar a calidade de vida e a atención sociosanitaria das persoas afectadas pola enfermidade de alzhéimer ou outro tipo de demencias e dos seus familiares; pola súa banda, Auxilia proporciónalles soporte a persoas con discapacidade e a enfermos de longa duración de todas as idades, para que logren a súa plena incorporación á sociedade.

Almorzos eco do Craega cos medios

O

s tradicionais almorzos ecolóxicos coa prensa organizados polo Consello volveron ter lugar para darlles a coñecer os datos económicos de produción ecolóxica certificada a nivel provincial. Nos dous encontros realizados ata o momento, un na cidade da Coruña e outro na de Lugo, estiveron presentes José Antonio Fernández, presidente do Craega, e Javier García, o secretario. Na capital lucense a reunión realizouse no restaurante Paprica o día 11 de maio; un mes máis tarde, o encargado de acoller a presentación na cidade da Coruña foi Pandelino Bakery Shop.

CRAEGA

> 11


ESPECIAL ELECCIÓNS CRAEGA  >

Eleccións dos Consellos Reguladores de Galicia 2017

A

s denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas foron creadas como instrumentos para protexer e promover as producións de calidade propias de determinados territorios e son, polo tanto, elementos importantes para o desenvolvemento rural. A estes réximes de calidade habería que unir o constituído pola produción ecolóxica, o cal tamén é obxecto de regulación mediante normativa europea. A escala autonómica, a regulación destes indicativos de calidade realizouse mediante a Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega, e mediante o Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, que a desenvolve. Esta normativa autonómica establece tamén que os órganos de goberno dos consellos reguladores deben renovarse cada catro anos e que é competencia da consellería que exerce a citada tutela a realización da correspondente convocatoria, aínda que aos consellos reguladores corresponde a organización do proceso de acordo con principios democráticos e respectando as normas básicas do réxime electoral que se recollen no capítulo VI do citado Decreto 4/2007.

CONVOCATORIA 2017 Mediante a orde publicada no DOG convocáronse eleccións para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, do Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, San Simón da Costa, Cebreiro e Pemento de Herbón, dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea, Faba de Lourenzá, Castaña de Galicia, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago, Pemento do Couto e Pemento da Arnoia, e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

12

<

CRAEGA

Censos electorais para o Craega Os censos electorais foron elaborados por cada consello regulador, cos seguintes requisitos para o caso do Craega: Sector produtor: • Censo A1: constituído polos titulares de explotacións agrícolas inscritas no Rexistro de Empresas Agrarias de Produción Vexetal. Neste censo inclúense tamén os recolectores de algas. • Censo A2: conformado cos titulares de explotacións gandeiras inscritas no Rexistro de Empresas Agrarias de Produción Animal, incluídas as explotacións de acuicultura. Sector industrial: Constituído polos inscritos no Rexistro de Operadores Titulares de Industrias Elaboradoras e/ou Envasadoras. Este censo divídese en tres subcensos en función do volume de negocio anual declarado como media nos tres últimos anos naturais (2014, 2015 e 2016) perante o Consello regulador. Para as industrias de recente creación, se non tiveron actividade nalgún dos anos de referencia, calcularase o valor tendo en conta só o ano ou os anos de actividade. Os subcensos son os seguintes: • Subcenso B1: industrias cunha facturación anual de produtos controlados polo Craega igual ou inferior a 50.000 euros anuais. • Subcenso B2: industrias cunha facturación declarada igual ou inferior a 300.000 euros anuais e superior a 50.000 euros. • Subcenso B3: industrias cunha facturación declarada superior a 300.000 euros. Sector comercializador: Censo D: constituído polos inscritos no Rexistro de Operadores Titulares de Empresas Importadoras e/ou Comercializadoras.


espeCiaL eLeCCiÓNs CraeGa >

Requisitos seguidos para elaborar os censos (artigo 6 da Orde electoral) No caso dos inscritos no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), nos censos figurarán aqueles operadores que teñan o certificado de conformidade de acordo coa norma UNE-EN-ISO 17065 en vigor na data de peche do censo. Ademais, os inscritos con alta anterior ao 1 de xaneiro de 2017 deberán ter actividade durante o ano 2016, mentres que os inscritos con alta posterior a esa data poderán figurar nos censos, aínda que non tivesen actividade. Con carácter xeral, entenderase que tiveron actividade os produtores e industrias que demostren facturación de produtos ecolóxicos ou, no caso de comercializadores ou de industrias que traballen á maquía ou exerzan de intermediarios, que demostren ter fluxo de produto ecolóxico. Cómpre ter en conta o suposto dos inscritos nos rexistros de produtores dos subsectores agrícola e gandeiro do Craega que, por se encontraren as súas explotacións no período de conversión indicado polo Consello regulador, aínda non puidesen ter actividade económica dentro da denominación; neste suposto incluiranse aquelas explotacións que finalizasen o período de conversión despois do 1 de xullo de 2016.

50.000 e 300.000: Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia, 2 candidatos. Censo B3: industrias con facturación superior a 300.000: Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia, 3 candidatos. Censo D: comercializadores: Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia, 1 candidato.

AVISO IMPORTANTE Para o censo B1, industrias con facturación igual ou inferior a 50.000 euros, haberá unha mesa electoral en Monforte de Lemos, na sede do Consello (Edificio Multiusos, ronda M.ª Emilia Casas Baamonde). A través destas páxinas o Craega quere animar a todos os operadores certificados a participar no proceso electoral. O horario de votación será de 09.00 a 17.00 horas ininterrompidamente o domingo 9 de xullo.

A data de peche desta edición a Xunta Electoral proclamou as seguintes candidaturas para os distintos subcensos: Censo A1: produción vexetal e recolleita de algas: Asociación Agraria Galega, Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias-UPA. Neste subcenso elíxense 3 candidatos. Censo A2: produción animal e acuicultura: Asociación Agraria Galega, Sindicato Labrego Galego e Unións Agrarias-UPA. Neste subcenso elíxense 3 candidatos. Nos censos A1 e A2 haberá un acordo no que se reparten proporcionalmente as vogalías para as 3 asociacións agrarias. Censo B1: Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia e Unións Agrarias-UPA. Neste subcenso elíxese 1 candidato.

Revista de divulgación técnica

de Agricultura y Ganadería Ecológica ¡Suscríbete por 12 euros al año!

No resto dos censos e subcensos, ao teren soamente unha candidatura presentada, xa se pecha o proceso electoral co nomeamento dos vogais desa candidatura. Son os seguintes:

revista-ae@agroecologia.net - 961 267 122 - 682 659 349

Censo B2: industrias con facturación entre

En versión papel y digital CRAEGA

>

13


o QUe Vai Vir >

As feiras ecolóxicas Ágora Verde, de novo de ruta por Galicia

O

s postos de produción ecolóxica volverán ocupar as prazas de diversas vilas e cidades galegas grazas á segunda edición de Ágora Verde, feiras eco organizadas polo Craega nas que estarán presentes varios produtores certificados polo Consello. A primeira delas terá lugar os días 23 e 24 de xuño na praza Maior de Lugo, que contará coa participación do Concello de Lugo, da Deputación de Lugo e do Craega; as firmas eco confirmadas ata a data de peche da revista son Sovoral Apicultura Orgánica, con mel e cervexa; Ángela Föhring Emmely (May-Tanquian); Caurelor; Bubela Arte Sá, con pasta e cervexa; Producto de Aldea; Licores Ecolóxicos Alicornio; Soutoseco, con fariña de castaña ecolóxica; Pamela Pardiñas Lira, Frutos da Melhora, Candea e Miño, coa súa repostería ecolóxica, Pecado de Outono, Terras de Baronceli e Galetruck, que levará as súas hamburguesas ecolóxicas de vacún.

XIX Premios á Investigación e Defensa en Produción Ecolóxica de Ecovalia

A

Asociación Valor Ecológico (Ecovalia) convoca a décimo novena edición dos Premios Núñez Prado para a Investigación e Defensa en Produción Ecolóxica. A Organización valorará especialmente a vinculación coa temática sobre o cambio climático e sobre a produción ecolóxica. O prazo de entrega está aberto ata o 27 de outubro.

Outros lugares confirmados serán Sada (A Coruña), os días 5 e 6 de agosto, e Monforte de Lemos, aínda sen concretar datas.

Melide acollerá unha xornada sobre

forraxes e saúde animal

O

día 27 de xuño terá lugar no local multiusos do Concello de Melide a charla titulada “Produción de forraxes e saúde animal: relación soloplanta-animal”, a cargo do enxeñeiro agrónomo Chantal Philippe (Grupo MEAC). A actividade, que inclúe unha parte práctica nunha granxa ecolóxica, está organizada pola Asociación AEDA e por Xestión Agrogandeira e Natureza SL.

14

<

CRAEGA


Taboleiro de anuncios

Secundina Cost a Piñeiro (Vivei ros Ramil planta Queda aínda no de horta) viveiro algunha planta da campa de primavera (c ña ebola, tomates Preparámonos , pementos etc. agora para a ca ). mpaña de verá escarolas, pakc n (leitugas, hoi, col chinesa etc.) e de outono brócoli, coliflor (repolos, etc.). Para pode r ter unha plan moi importante ta axeitada é ter os cultivos planificados, as poderemos prog í os viveiros ramar ben as se menteiras. ramon@ceressl.c om - 986 710 70 7

ficados. Produtos de tempada ecolóxicos e certi saxería): men por os enví én (tam icilio Servimos a dom as pedidos, bonos regalo e cest iculares Visitas concertadas para grupos e part , A Coruña) (Teo eiras Cach 25 , Estamos en Tras do Eixo A horta de Dubra José Domínguez Dubra Véndense fabas 646 413 844 ecolóxicas de Lourenzá, a Facebook: A Horta de Dubra granel ou envasadas. M.ª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006 Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte frigorífico para non romper a cadea la ecolóxico. de frío. Viveiro de plantel hortíco Vicente Prieto Ledo arga. enc Facemos plantel por 609 864 738 ta hor Bio info@limusinatouza.com 981 483 312 / 669 690 212 agricolacuruxeira@gmail.com Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com

Alúganse 7 ha en dúas parcelas de terre o en ecolóxico dende o ano 2000, das que 9.000 m² están plantadas de maceiras para sidra. José Hermida Fernández A Graña, 27835 Roupar Xermade (Lugo) 649 428 364 an.geles@hotmail.com

Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur ismo Arqueix para inscrito al s no Craega. Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com

alizadas de cestas person Lugo, que Repartimos lo de ta no concel verdura e froi n produtos r plementa co m co n de po se certificados. ou ecolóxicos (Lugo) biodinámicos , A Pontenova A Panturreira 641 9 84 olz: 637 Isabel Zaera D om .c la al bh sham izaera@granja om .c la al bh granjasham 650 343 777

Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxic a de Rubia Galega. Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777

Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria. San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273

Bo para a túa sa úde, bo para o medio ambiente Carne ecolóxic a de Raza Vian es a alimentada exclusivamente con pasto e leite , rica en Omega 3 e reco mendable para celíacos. Poñémola na sú a casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasa da ao baleiro. Ecovianesa S.L. - Berrande (Our ense) 676 966 255 ecovianesa@gm ail.com

Carmen de Socastro en de Na horta ecolóxica “Carm de os dut pro os tem ro” ast Soc ro, ast Soc tempada. Estamos en . uña Cor A s, Roi 11, concello de ! nos éce coñ e Ven om carmensocastro@hotmail.c 630 167 138

castaña ecolóxica, Soutoseco: fariña de , dra. 100 % castaña feita en muíño de pe . ble za tili reu envasada en bote m soutoseco@gmail.co .soutoseco co se uto /so om k.c www.faceboo

Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería La Tomea (Rábade, Lugo) Jesús Dapena 982 390 355 - 607 289 806

óxico. Realizamos plantón hortícola en ecol tura ticul ofru hort de os curs con Asesoramento e cultivos de invernadoiro. Semilleros Penateixa 636 060 286 / 693 654 130 semillerospenateixa@hotmail.com semillerospenateixa.blogspot.com

Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de se rvir en despeces en distintos formatos . Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com

de verduras Repartimos caixas io en Santiago ecolóxicas a domicil ncellos limítrofes de Compostela e co ). Te , o, Ames e Brión (Vedra, Boqueixón ga ae Cr dra inscrita no Finca de horta en Ve compartido.com po tem miguel@

Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es


Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 530 craega@craega.es www.craega.es Síguenos en:

GOBIERNO DE ESPAÑA

MINISTERIO DE AGRICULTURA Y PESCA, ALIMENTACIÓN Y MEDIO AMBIENTE

FEADER Europa inviste no rural

Impreso en papel reciclado Maine Gloss Green

Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.