REVISTA do
CRAEGA
N.º 46 > Verán 2018
Plan estratéxico 2018-2022, 50 millóns impulsarán a produción eco galega Orballo preséntanos o “Té de Galicia”
Premios “Fai Eco do Lóxico” do Plan Proxecta
Ampla presenza da produción eco galega nas feiras do sector
Volve Ágora Verde
3 7 9 11 12 14
| | | | | |
A reportaxe A entrevista De feiras Formación Actualidade O que vai vir
CRAEGA EDITA: Craega SECRETARIO: Javier García Lozano DIRECCIÓN TÉCNICA: Manuel María Cancio Álvarez DEPÓSITO LEGAL: LU 59-2015
Establecementos colaboradores
Establecementos colaboradores
minoristas A Casa da Quenlla, SC Praza de Abastos, nave 7, casetas 227-228-229 15703 Santiago de Compostela A Coruña 696 506 800 acasadaquenlla@yahoo.es A Cesta da Saúde Ramón Cabanillas, 10 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 592 595 acestadasaude@gmail.com acestadasaude.es A Despensa do Avó Francisco R/ Mallorca, 2, baixo 27003 Lugo 982 812 284 info@adespensadoavofrancisco.com ABC de Bio R/ Padre Don Rúa, 2 36203 Vigo Pontevedra 986 117 303 info@abcdebio.es www.abcdebio.es
Ecogaliza Praza de Abastos, nave 7, locais 222-223-224 15704 Santiago de Compostela A Coruña 654 609 611 ecogaliza@yahoo.es www.ecogaliza.com Ecotenda78 R/ Venezuela, 78 15404 Ferrol (A Coruña) 881 122 675 info@econtenda78.com www.ecotenda78.com Ecotenda Verganta R/ Santísima Trinidad, 7, baixo 15200 Noia A Coruña 689 389 190 ecoverganta@gmail.com Eu Consumo Responsable R/ Santo Domingo, 4, local 5, Galería Viacambre 32003 Ourense 988 219 849 euconsumoresponsable@gmail.com www.euconsumoresponsable.es
As Cabaciñas R/ Restollal, 79, baixo 15702 Santiago de Compostela A Coruña 981 593 462 cabacias@yahoo.es
Ecotienda Orillamar R/ Orillamar, 76, baixo 15002 A Coruña 881 928 749 tienda@ecotiendaorillamar.com
Cárnicas O Xurés R/ Celso Emilio Ferreiro, 20, baixo 32004 Ourense 988 245 812 xan@carnicasoxures.com www.carnicasoxures.com
Herbolario Menta R/ Cesáreo Tizón, 25 32500 O Carballiño Ourense 988 274 123 solchasa@yahoo.es
Consumo Consciente Árbore R/ Arquitecto Pérez Bellas, 5, baixo 36203 Vigo Pontevedra 986 233 497 info@arbore.org www.arbore.org
Horta + Sá R/ Pérez Ardá, 26, baixo esq. 15009 A Coruña 981 285 021 hortaisabel@yahoo.es
D´Aldea Rosalía de Castro, 25, baixo 15701 Santiago de Compostela A Coruña 981 598 504 daldea.santiago@gmail.com Ecocentro Natureza Avda. de Galicia, 52, baixo 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 797 - 982 105 230
Horta Fresca Tenda Ecolóxica R/ Damas Apostólicas, 13, baixo (A Ramallosa) 36370 Nigrán Pontevedra 986 352 675 hortafresca.ramallosa@gmail.com La Aldea Biomarket, SL Avda. Finisterre, 25 15004 A Coruña 981 976 165 riapemon@laaldeabiomarket.com www.laaldeabiomarket.com
hostaleiros Maguz Ecolóxicos Mercado San Agustín, posto 3 15001 A Coruña 615 600 182 alfredosessa30@gmail.com
A Nosa Terra Rúa Nova, 8 27001 Lugo 982 229 235 celianeira@hotmail.com
Oibio R/ Doctor Fléming, 55, baixo 32003 Ourense 988 619 952 www.oibio.es
A Parada das Bestas Pidre, 27 27207 Palas de Rei Lugo 982 183 614 info@aparadadasbestas.com www.aparadadasbestas.com
Puro Bío R/ Bernardo González Cachamuiña, 28, baixo 32004 Ourense 988 603 773 purobio@purobio.es; jose@purobio.es Tenda Bio-Casa Xurxeira R/ Waldo Álvarez Insua s/n Praza de Abastos 36670 A Estrada Pontevedra 660 804 298 casaxorxeira@gmail.com Tenda Ecolóxica Equilibrio Avda. dos Mallos, 1 15007 A Coruña 881 898 788 - 981 242 435 equilibrio@tendaecoloxica.com www.tendaecoloxica.com Terrae Orgánica Rúa Venezuela, 76, baixo 36204 Vigo Pontevedra 986 115 550 www.terraeorganica.com terraeorganica@gmail.com Todo Bio, SL R/ Doutor Fleming, 7 B 32003 Ourense 988 251 257 todobio@hotmail.com www.todobio.com Verde Bioleta, SL R/ Pizarro, 81 36204 Vigo Pontevedra 986 493 617 - 986 113 068 vbtienda@hotmail.com
Canela Bakery Coffee Praza Maior, 6-8 27001 Lugo 982 106 604 canela@canelaba.com Coto do Rano 2 R/ Reza, 11, baixo 32003 Ourense 988 240 121 www.restaurantecoto.es info@restaurantecoto.es Fogar do Santiso Trasellas, 13, Luou 15886 Teo A Coruña 981 805 985 fogar@fogardosantiso.es www.fogardosantiso.es Restaurante Campos Rúa Nova, 2-4 27001 Lugo 982 229 743 - 982 220 284 info@restaurantecampos.es www.restaurantecampos.es
Restaurante España R/ Teatro, 10 27001 Lugo 982 242 717 - 982 229 938 info@restauranteespana.es www.restespana.com Restaurante Miramar R/ Arnela, 35 15114 Ponteceso A Coruña 981 738 039 www.miramardecorme.com Restaurante O Grelo Campo da Virxe, s/n 27400 Monforte de Lemos Lugo 982 404 701 ogrelo@resgrelo.com www.resgrelo.com Restaurante Paprica Rúa das Nóreas, 10 27001 Lugo 982 255 824 restaurantepaprica@gmail.com www.paprica.es Restaurante Porta Santiago Ronda da Muralla, 176 27002 Lugo 982 252 905 portasantiago@mundo-r.com Taberna do Labrego Camiño Real, 32, Pacios 27372 Begonte Lugo 982 398 262 tabernadolabrego@hotmail.com www.tabernadolabrego.com
A REPORTAXE >
pulsora m i , a t n u X A stinará 5 0 e d , n a l P o d para s o r u e e d s millón sector impulsar o
O Goberno e o Craega presentaron o Plan estratéxico de produción ecolóxica de Galicia 2018-2022
A
parroquia lucense de Baroncelle (Abadín) foi o lugar escollido o día 29 de maio para dar a coñecer o Plan estratéxico da produción ecolóxica de Galicia 2018-2022. Ao acto, conducido pola actriz galega Estíbaliz Veiga, asistiron un cento de persoas (autoridades, produtores e axentes do sector da agricultura ecolóxica), entre os que destacou a presenza de Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia; Francisco López Valladares, presidente do Craega; Ángeles Vázquez, conselleira do Medio Rural; Rosa Quintana, conselleira do Mar; Mercedes Rodríguez, directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica; Belén do Campo, directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, e Javier García, secretario do Craega. O encargado de facer público o Plan foi Núñez Feijóo, quen anunciou que o Goberno galego, impulsor da iniciativa, destinará 50 millóns de euros para apoiar ao sector con base en tres piares: investigación, desenvolvemento e innovación: “En total, 50 millóns de euros, nos próximos cinco anos, para apoiar a produción ecolóxica, a elaboración e a transformación, para a comercialiCRAEGA
> 3
A REPORTAXE > zación e a promoción, para fomentar estudos de investigación e para impulsar a vertebración e a organización do sector ecolóxico”, afirmou. Entre as previsións que citou Feijóo están a de acadar 230 novos contratos ata o ano 2021, que se sumarán aos 1.067 operadores certificados rexistrados en 2017, así como incrementar en 8.000 o número de hectáreas de superficie certificada de agricultura ecolóxica, chegando ás 40.000. En relación á comercialización, destacou que o Plan ten como obxectivo a creación dunha plataforma en liña de compra e venda de materias primas para apoiar os operadores na cadea de distribución de produtos, internacionalizar e ampliar o coñecemento técnico a través de programas formativos específicos. No que respecta aos consumidores, o documento recolle o fin de promover o coñecemento dos produtos ecolóxicos mediante a súa promoción no mercado interno. Tamén adiantou a creación dunha mesa da produción ecolóxica que vertebre a relación do sector coa Administración e incidiu na necesidade de apoio, para fixar a poboación no rural galego, unha prioridade na axenda do Goberno galego e na que a produción ecolóxica ten un papel capital. O presidente da Xunta rematou animando a seguir traballando conxuntamente para captar novos produtores e ampliar o seu coñecemento, fomentar a cooperación e o asociacionismo, e incrementar as axudas para os custos de certificación. Pola súa banda, Francisco López Valladares, presidente do Consello, comezou o seu discurso facendo referencia ao crecemento do sector e citou as principais liñas de actuación deste Plan. Así mesmo, solicitoulle ao Goberno galego “máis colaboración para garantir a calidade de vida dos traballadores dedicados á produción eco, que axudan a asentar poboación no rural, así como máis información para os consumidores, que saiban das vantaxes destes produtos”. López finalizou manifestando que “o Consello está a disposición da Administración para cumprir todos os obxectivos” e agradeceulle á Xunta a confianza depositada na certificación ecolóxica e no traballo do Craega. No transcurso do acto, proxectouse un vídeo divulgativo sobre o Consello e, finalmente, os asistentes foron convidados a uns petiscos elaborados polo restaurante lucense España a base de produtos ecolóxicos. 4
<
CRAEGA
A REPORTAXE >
En que consiste o Plan? O Plan estratéxico da produción ecolóxica de Galicia para o período 2018-2022 é un documento integral que define a estratexia básica para a agricultura ecolóxica desta rexión, establecendo liñas de acción dotadas economicamente. Vincula a todos e cada un dos axentes implicados na elaboración de produtos ecolóxicos. Conta con 50 millóns de euros, que se concretan en seis obxectivos específicos: > Apoiar a produción ecolóxica > Apoiar a elaboración de produtos ecolóxicos > Apoiar a comercialización de produtos ecolóxicos > Fomentar os estudos e a investigación en agricultura ecolóxica > Apoiar a organización e a vertebración do sector Incidirán estes obxectivos en 6 áreas de actuación: > Produción > Industria agroalimentaria > Comercialización e consumo > Promoción > Formación e investigación > Administración Para o seu financiamento contarase principalmente con dous fondos: o Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020 de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo e da Pesca 2014-2020.
Algunhas accións destacables > Seguir fomentando as axudas agroambientais > Apoiar a incorporación das mozas e dos mozos > Incrementar as axudas para os custos de certificación > Fomentar a implantación de empresas agroindustriais no sector ecolóxico e a adaptación das existentes > Apoiar as canles curtas de distribución e produtos de proximidade > Promover a produción de sementes e plantas de castes autóctonas en ecolóxico > Impulsar o consumo no mercado interno > Facer campañas de promoción de produtos ecolóxicos > Favorecer a presenza de produtos ecolóxicos nos eventos públicos > Fomentar a I+D+i no sector da agricultura, gandería, acuicultura e elaborados > Crear unha rede de fincas colaboradoras > Formar o persoal da Administración en materia de produción ecolóxica > Crear unha mesa de produción ecolóxica > Reforzar o control da fraude nos produtos ecolóxicos
CRAEGA
> 5
A REPORTAXE >
No transcurso do acto conversamos con algúns produtores, os cales nos deron a súa propia opinión sobre a aprobación do Plan.
A voz dos
produtores
Gonzalo Hermida, dono da firma vilalbesa Camperos Vilalba (produtora e envasadora de ovos), móstrase positivo ante a aprobación deste Plan. Considera que “a dotación económica é importante para o sector e vén sumarse á evolución dos produtores, que tamén se están adaptando ás medidas medio ambientais”, así como ao apoio do Craega, que “apoia o sector tanto no ámbito da difusión como no da certificación”.
“Se a Administración apoia o sector, a sociedade vai apoialo tamén, como é lóxico”
Como produtor cre que o que máis urxe é fomentar o consumo de produtos eco, que é “onde estamos máis verdes. Avanzouse moito nos inscritos, na produción…, pero tanto en España en xeral como en Galicia en particular aínda hai moito que andar”. Hermida mira o futuro con optimismo, pois “o crecemento é visible ano tras ano. Se a Administración apoia o sector, a sociedade vai apoialo tamén, como é lóxico”.
“O Plan é un bo punto de partida”
JOSEFA PITO CAL
Josefa Pito Cal é propietaria dunha pequena explotación de galo de carne. Como empresaria, considera o Plan “un punto de partida, un apoio grande para o sector gandeiro”. Como produtora cre que, malia ter puntos positivos, hai outros negativos que cómpre mellorar: “É importante apostar pola calidade, no lugar de pola cantidade”. A pesar de que pensa que a xente nova aínda se implica pouco e ve “pouca continuidade”, segue tendo esperanza no futuro e insiste en que este debe ser un sector que aposte pola calidade como marca diferenciadora.
Pedro Vidal Díaz é dono de Caponcito SRL (Vilalba), empresa dedicada á comercialización da carne de polo ecolóxico, e tamén se mostra satisfeito coa aprobación do Plan. Lembra que o seu proxecto empresarial naceu hai vinte anos, un momento no que levaron a cabo “unha aposta moi decidida e arriscada polo pouco volume de venda que había neste sector”; por iso agradece esta importante implicación por parte do Goberno galego para impulsalo. Mesmo así, considera que aínda que está moito máis valorado que nos seus inicios, “aínda tería que estar máis, temos que chegar máis ao consumidor final”. En canto ao futuro, ten esperanza, pois as cifras que se recollen son moi positivas e reflicten crecementos moi fortes, pero non esquece que aínda “queda moito por facer”.
6
<
CRAEGA
GONZALO HERMIDA
“Comezamos hai 20 anos, foi unha aposta moi arriscada; por iso, agradecemos esta importante implicación por parte do Goberno”
PEDRO VIDAL DÍAZ
A ENTREVISTA >
Tras o previo labor de investigación coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Orballo embárcase nunha nova aventura: a plantación e o procesado de té branco ecolóxico. Este singular cultivo, o primeiro da Europa continental, está a piques de saír ao mercado e xa teñen compradores internacionais dispostos a mercar toda a colleita, en terras de Paderne. Entrevistamos a Óscar Torres, responsable de Comunicación desta empresa, quen nos describe polo miúdo en que consiste este proxecto. foto: Xurxo Lobato
“Teremos o noso propio té, que será o Té
ORBALLO, “SABOR E COMPROMISO” Con estas dúas palabras define esta empresa situada na comarca coruñesa das Mariñas a súa filosofía, que apostou hai xa doce anos polo cultivo e pola comercialización de infusións, herbas aromáticas, especias e arroces, que chegan aos consumidores en orixinais envases, como os sobres vintage dos seus “ecoarroces” ou as caixas das súas infusións, rotuladas con divertidas mensaxes como “Tormenta, manta y menta” ou “Calma tu karma”. Non en van, o coidado do deseño é un valor engadido á calidade destes produtos gourmet, aos que se dedican a diario unha decena de empregados. Para levar adiante este labor, Orballo conta co apoio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. foto: Xurxo Lobato
de Galicia”
»
Sodes a primeira marca en explotación e cultivo de té branco ecolóxico na Europa continental. Por que vos decantastes por esta plantación? En Galicia temos unha longa tradición no cultivo da camelia. Foi introducida no século XIX e é a flor oficial da comunidade. Coñeciamos certos xardíns que estaban a comezar a facer té e outros produtos derivados destas plantas. Observando as súas posibilidades e o seu comportamento no noso terreo, decidimos preguntarnos: “Por que non un té galego?”. Entón comezamos un proxecto de investigación en colaboración coa Estación Fitopatolóxica de Areeiro para estudar cal é a variedade de Camelia sinensis que mellor se adaptase ás características específicas do noso terreo.
»
Cales son os coidados que necesita o té branco para lograr unha boa colleita? Todo o té provén da mesma planta, a Camelia sinensis. O que dá as diferentes formas de té é o procesado que se fai dos brotes (murchado, secado, tostado, fermentado...), polo que unha boa colleita depende tanto do cultivo coma do procesado da planta. A camelia necesita auga, sol e sombra nunhas proporcións determinadas. Hai zonas de Galicia que cumpren esas condicións de forma natural; fóra diso os coidados propios de calquera planta: un correcto fertilizado e a aplicación preventiva de fitosanitarios, sempre de acordo coa normativa de produción ecolóxica.
» Como se leva a cabo o procesado posterior para obter a
máxima calidade? O máis importante é controlar todos os parámetros para manter unhas condicións óptimas durante todo o proceso de transformación. Nesta etapa é onde se fixan os aromas do té, a personalidade. É un proceso de investigación proba-erro no que estamos traballando para garantir unha alta calidade no noso produto. CRAEGA
> 7
ENTREVISTA >
»
foto: Orballo
»
Que propiedades destacarías neste té? Ata o de agora fixemos probas co té branco. Trátase dun té 100 % galego cunhas propiedades organolépticas moi diferenciadas. É un té con matices doces na boca e con sabor a faba, como os bos tés brancos, de moita alta calidade, xa que é elaborado co brote e coa primeira folla, que son recollidas a man. Ao té con este tipo de selección na colleita tamén se lle chama Pai Mu Tan. Cada rexión do mundo ten o seu propio té con características específicas; en Galicia teremos tamén o noso, que será o “Té de Galicia”.
»
“Observando as posibilidades da camelia e o seu comportamento no noso terreo, decidimos preguntarnos: “Por que non un té galego?”
Cales son os principais compradores interesados no voso produto? Estannos a contactar unha chea de persoas dada a singularidade do noso cultivo. Principalmente achégase xente que consome té de xeito habitual, que entende o produto. Este tipo de persoas anda á procura de novos sabores e experiencias. Acostuman a ter unha colección na súa casa e queren completala co noso té.
<
CRAEGA
»
Cales son os vosos principais puntos de venda? Cataluña e Madrid están á cabeza na demanda deste tipo de produtos. Logo, a zona do Levante, Baleares e País Vasco son onde máis se nota o crecemento do consumo de produtos ecolóxicos.
»
Cal dirías ti que é o perfil dos vosos consumidores? Atopas xente de todos os perfís, aínda que se fixésemos unha media, serían persoas entre 25 e 45 anos, cun estilo de vida saudable con inquietudes sobre a calidade do que consomen e preocupadas por deixarlles un planeta igual ou mellor ás xeracións futuras.
»
»
Como cualificas a vosa participación nas feiras ecolóxicas? Para nós é un excelente punto para entrar en contacto co público e un bo lugar para presentar novidades, saudar a xente e coñecer a dirección que está a tomar o sector.
»
Cres que a volta ao rural é unha realidade posible e unha alternativa de futuro para as novas xeracións? Sen dúbida. Para nós é unha “oportunidade de futuro”. A maioría do cadro de persoal de Orballo é moi nova. Algúns retornaron a Galicia despois de estar en empresas máis grandes e ver que botaban algo en falta; apostamos por eles. Cremos que o traballo debe ser liberdade e responsabilidade.
Cales son os outros produtos que teñen maior éxito entre o público? As aromáticas que producimos en Galicia teñen unha calidade excepcional. Fáisenos moi difícil atopar a devandita calidade en outras partes do mundo. Pensamos que é por iso que as infusións que facemos en Orballo teñen tanto éxito. Son naturais e están cargadas de sabor. As mesturas son aptas para todos os padais, dende sabores doces ata florais intensos. Que son os “ecoarroces”? Pensando en que iamos facer cos excedentes de produción de certas aromáticas, ocorréusenos que tiñamos que innovar e ofrecer aromáticas doutro xeito. Ademais, polo tipo de vida que levamos tampouco temos moito tempo para cociñar. Xuntando estes conceptos démonos de conta de que podiamos desenvolver un produto que fose saudable, que estivese bo (con sabor) e que se cociñase en 20 minutos.
8
Chama a atención o coidado no deseño dos envasados dos vosos produtos. Pensades que é un valor engadido á hora de chegar aos consumidores? Sen dúbida. Cremos que expresa unha forma de facer as cousas. Entendemos o produto non só dende o punto da materia prima, das mesturas ou da calidade, senón tamén dende a parte estética/funcional ou tendo en conta a sustentabilidade do envase. É un proceso de deseño que involucra todas as partes da empresa e no que empregamos moitos recursos e consideramos clave á hora de lanzar un produto.
»
»
Cal é a principal ambición de Orballo de cara ao futuro? Queremos cambiar a forma de entender a terra e os montes. Queremos substituír o monocultivo dos nosos bosques por outras especies que acheguen máis valor e así xerar unha empresa sostible, respectuosa coas persoas e co medio ambiente... e niso estamos.
DE FEIRAS >
O Craega, en
BioCultura Barcelona
D
o 3 ao 6 de maio un total de catorce empresas galegas estiveron no Palau Sant Jordi de Barcelona baixo o paraugas do Craega para participar na feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable BioCultura Barcelona 2018, que este ano sopraba as 25 velas.
Os stands que representaban Galicia nesta edición foron os de Galletas Daveiga, Producto de Aldea, Galuriña, Aceites Biowak, Orballo, Mariscos Camino SL, Pecado de Outono, Conservas do Támega (Terra de Baronceli), Adegas Xangall, Froitas do Rosal, Conservas Mar de Ardora, Souto da Trabe e Sovoral Apicultura Orgánica.
Degustacións eco galegas no Salón madrileño Gourmets
G
alicia acudiu ao Salón Gourmets no IFema de Madrid, a 32.ª edición desta feira internacional de alimentación e bebidas que se desenvolveu do 7 ao 10 de maio, para promover os produtos ecolóxicos co selo do Craega e os seus beneficios dentro do programa de degustación “Galicia: 31 experiencias de calidade” no stand da Consellería do Medio Rural. Así mesmo, ata a feira viaxaron varias empresas certificadas polo Consello para visibilizar a nosa produción ecolóxica na capital española. Cómpre lembrar que este Salón é unha iniciativa moi interesante para dar a coñecer a produción ecolóxica galega, pois, tal como reflicten as súas cifras de participación, na súa última edición rexistrou unha asistencia durante os catro días de máis de 92.000 visitantes profesionais procedentes de 71 países.
CRAEGA
> 9
DE FEIRAS >
A Estrada xa ten a súa feira de
produtos eco “Ecolóxicos a mares”, en
Salimat
A
cociña con sabor a mar ecolóxico estivo presente na XXII edición do Salón de Alimentación do Atlántico, que se desenvolveu entre o 7 e o 10 de xuño. En concreto foi o xoves día 7 de xuño na aula de catas que organiza a Xunta de Galicia a través da Consellería do Mar dentro da campaña “Ecolóxicos a mares”.
Acompañada por un representante do Craega, a chef nesta ocasión foi Criselda Iglesias (tapería Lecer, Cangas do Morrazo), quen fixo as delicias dos asistentes cun menú consistente nunha tosta de xarda en cama de verduras; snacks de mexillón e verduriñas e, de sobremesa, unha torrada de iogur e galletas empoadas, acompañados de viños e sidra, todo de produción ecolóxica.
Citas quincenais de
arte e mercado eco
na praza Roxa compostelá
C
onvocada pola Asociación de Produtores Ecolóxicos de Galicia (Apega), a asociación Nonéomesmo e Santiago Centro, o Mercado Compostela Eco&Art citouse na praza Roxa de Santiago de Compostela de xeito quincenal nos meses de maio, xuño e xullo de 2018 (sábados 12 e 26 de maio; o 9 e 23 de xuño, e o 7 e 14 de xullo). Esta iniciativa incluíu unha exposición comercial de produtos ecolóxicos, que contou coa colaboración do Craega e do Concello compostelán, así como artesanía de autor e un amplo programa de actividades de lecer e formación, dirixidas ao público infantil sobre temas vinculados coa agricultura e co medio natural, actividades lúdicas, actuacións musicais e conferencias sobre a vida sá e a alimentación saudable.
10
<
CRAEGA
O
sábado 2 de xuño o concello pontevedrés da Estrada celebrou a súa VII Feira da Sidra Natural e Ecolóxica, que este ano contou coa participación de lagares nacionais (Galicia, País Vasco, Castela e León, Cantabria e Asturias) e internacionais (Alemaña, Francia, Inglaterra e Portugal). Ademais de desfrutar das degustacións desta bebida, o programa da festa completouse con diversas actividades de carácter cultural e con diferentes actuacións e concertos. Como novidade, coincidindo con esta Feira, este ano o municipio tamén organizou a súa 1.ª Feira de Produtos Ecolóxicos. Os operadores que se animaron a asistir foron Leira Doce, Amorodo, A Hora da Sancoveiga, Pecado de Outono, Terra de Baronceli, Caurelor, Paporroibo, queixería Cobibeza e Mirabel do Rosal; as tendas especializadas en produtos eco Casa Xorxeira e La Vida Verde, e a asociación Nonéomesmo, que está integrada polas marcas Sábora, Avícola Jove, Bacelos de Biobra, panadería Divina, Shiinatural, Galician Brew e Calabizo.
FORMACIÓN >
Intercambio de ideas na Coruña entre os responsables de comedores eco e os produtores
A
Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo organizou a pasada primavera unha Xornada que acolleron o Centro Cívico de Mesoiro e a Escola Infantil Municipal A Caracola, co obxectivo de mellorar a xestión do Programa “Comedores Escolares Ecolóxicos e de Proximidade”. Nani Moré e Carles Soler, da entidade Menjadors Ecològics, puxeron sobre a mesa a través de charlas e obradoiros o modelo de traballo que teñen en marcha en Cataluña dende 2013, semellante ao que levan a cabo os produtores da Asociación de Labregos Ecolóxicos de Galicia (Alega) e 15 comedores escolares da cidade e da comarca das Mariñas. Grazas a este Programa máis de 2.000 nenos e nenas da citada bisbarra coruñesa benefícianse do fomento do consumo de produtos da Reserva nos seus centros escolares. Os pratos elaborados con produtos locais baséanse principalmente no horto. Despois do seu inicio o ano pasado cuns poucos comedores, na actualidade son xa 15 os centros adheridos. Con esta formación pretenden continuar mellorando a xestión desta iniciativa e, en consecuencia, os seus resultados.
O Craega participa nunha Xornada de
InterEo
O
Craega colaborou nas xornadas formativas para a produción ecolóxica dos concellos lucenses da Fonsagrada e da Pontenova, que foron organizadas os días 13 e 19 de xuño por InterEo, Asociación para o Desenvolvemento do Territorio Interrexional, que se sitúa na contorna do río Eo. O encargado de impartir a charla na Fonsagrada foi o secretario do Consello, Javier García; na Pontenova falou o seu director técnico, Manuel Cancio. En ambas as dúas, os relatores explicáronlles ao público en que consiste o proceso de inscrición e certificación, e deron a coñecer os datos máis relevantes do sector eco. Esta iniciativa enmárcase dentro do denominado Programa Emplea Verde, pertencente ao Ministerio para a Transición Ecolóxica.
Encontro de
produción eco
na sede do Craega
O
pasado 14 de xuño o Consello organizou unha Xornada de produción, comercialización, e distribución de produtos hortofrutícolas na súa sede en Monforte de Lemos (Lugo) dirixida a produtores en ecolóxico.
O seu presidente, Francisco López Valladares, inaugurou esta actividade formativa, na que diversas empresas de distribución, cooperativas agrarias, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (Agaca) e a Administración compartiron as súas experiencias e abordaron, entre outros temas, a situación da distribución dos produtos hortofrutícolas en Galicia, posibles formas de impulsar o sector, ou a asociación ou agrupación para a comercialización, e fixeron balance das accións de promoción e dos apoios dispoñibles por parte da Administración. Os produtores asistentes tiveron a ocasión de compartir as súas impresións, ampliar coñecemento e abrir novas vías de comercialización e cualificaron o encontro de “moi proveitoso”.
CRAEGA
> 11
ACTUALIDADE DO SECTOR >
‘Fai Eco do Lóxico’
premia os mellores vídeos escolares
A
primeira edición de “Fai Eco do Lóxico”, que se inclúe no Programa “Aliméntate ben” do Plan Proxecta deu a coñecer a comezos de xuño os colexios gañadores neste concurso. Os proxectos presentados son o resultado do labor realizado polo alumnado e polo profesorado durante o curso 2017-2018, onde se abordan as actividades desenvolvidas dentro desta modalidade, cuxo obxectivo é concienciar a través do coñecemento dos beneficios dos produtos ecolóxicos, para a natureza e para nós, e fomentar unha alimentación saudable. Os centros crearon “ecohortos”, prepararon receitas con produtos ecolóxicos e ofrecéronse degustacións, aprenderon a diferenciar a etiquetaxe deste tipo de produción, traballaron nalgúns casos coas súas familias e, por suposto, divertíronse moito. Os colexios galardoados nesta primeira edición foron o CEIP plurilingüe de Lousada (Lugo) co vídeo titulado Eco documental; o CEIP Padre Cres-
12
<
CRAEGA
po (Xunqueira de Ambía, Ourense) co traballo Somos o que comemos; CEIP Rubiáns (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) co proxecto O horto de Sabela, e o CEIP Ramón M.ª del Valle Inclán (Oleiros, A Coruña) foi recoñecido polo seu vídeo O ecolóxico do aquén e do aquel. Con esta iniciativa preténdese apoiar a educación en alimentación e preservar o medio ambiente.
Que é “Fai Eco do Lóxico”? É unha modalidade dirixida aos centros educativos, impulsada polo Craega dentro do Programa “Aliméntate ben” do Plan Proxecta da Xunta de Galicia. O seu obxectivo principal é fomentar o consumo de produtos ecolóxicos a través do coñecemento dos seus beneficios tanto para a natureza como para as persoas.
Podedes obter máis información na web do Craega: https://www.craega.es/actualidade/fai-eco-doloxico/
ACTUALIDADE DO SECTOR >
A Casa Grande de Xanceda A XXX Cata de Viños e
cumpre medio século de existencia Augardentes de Galicia inclúe por primeira vez pasado 5 de xuño a Casa Grande de Xanceda conmemorou a categoría de nas súas propias instalacións, no concello coruñés de Mesía, os
O
seus cincuenta anos de vida. No acto estiveron presentes a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez; a directora xeral de Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e o presidente do Craega, Francisco López Valladares. Este operador certificado polo Craega transforma algo máis de dous millóns de litros de leite ao ano e conta cun volume de negocio duns catro millóns de euros. O seu labor de comercialización compleméntase con accións solidarias como “Que vén o lobo”, un proxecto que fomenta a prevención de ataques de lobo coa incorporación de burros e mastíns; “Educa con Malibú, ningún can sen fogar”, para a prevención do abandono dos cans, ou o proxecto “Cultiva mazás”, a través do cal promove o emprendemento rural.
Viño Ecolóxico
O
día 12 de xullo celebrouse no parador ourensán de Santo Estevo de Ribas do Sil a gala de premios da XXX Cata dos Viños e Augardentes de Galicia, organizada pola Consellería do Medio Rural en colaboración cos consellos reguladores. Este ano inaugurouse unha categoría especial para premiar os viños ecolóxicos amparados por este Consello, unha importante iniciativa que engade valor e recoñecemento a esta clase de caldos e ao labor dos seus produtores. A gañadora nesta nova categoría foi Bodega Corisca, que acadou o 1.º posto e o Acio de Ouro. O galardón foi recollido por Natalia Rodríguez, xerente desta empresa, pertencente á DO Rías Baixas, que estivo acompañada polo presidente do Craega, Francisco López Valladares, entidade que tamén tivo presenza no acto coa exposición de trípticos e produtos ecolóxicos.
Publicado o novo Regulamento da produción ecolóxica da UE
A
Nesta nova edición das Catas participaron máis de 350 marcas amparadas baixo as denominacións de orixe galegas e repartidas en 16 categorías.
mediados do mes de xuño publicouse o novo Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello sobre a produción ecolóxica, tamén chamada orgánica ou biolóxica, e a etiquetaxe dos produtos ecolóxicos [Regulamento (CE) n.º 2018/848].
Os obxectivos principais deste novo Regulamento, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2021, son favorecer a harmonización do modelo de produción da Unión Europea, mellorar a libre competencia entre os produtos europeos e os de terceiros países, previr a posibilidade de fraude e aumentar a confianza do consumidor de produtos ecolóxicos, ademais de clarificar algúns aspectos técnicos. Ao mesmo tempo, dótase ao sector dun ámbito de aplicación máis completo que o actual.
Información completa: http://www.mapama.gob.es/es/ prensa/ultimas-noticias (18.06.2018)
CRAEGA
> 13
O QUE VAI VIR >
Ágora Verde
volve ás prazas de Galicia este verán
Biofach
xa ten datas para 2019
B
iofach, un dos eventos referentes a nivel mundial da alimentación ecolóxica, celébrase anualmente xunto a Vivaness, a feira internacional do coidado persoal natural e ecolóxico. Ambas constitúen unha grande oportunidade para posicionarse no mercado, publicitarse e ampliar a carteira de contactos. Cando? Do 13 ao 16 de febreiro Onde? Núremberg (Alemaña)
A
s feiras ecolóxicas de Galicia Ágora Verde xa teñen data para este verán. A iniciativa, que chega á súa terceira edición, busca informar, concienciar e achegarlle á poboación o produto ecolóxico, dando a coñecer os seus beneficios para o medio ambiente e para as persoas. Ademais, fomenta a comercialización directa, achegando os produtores e elaboradores bio de toda Galicia aos consumidores. Ao longo das feiras poderanse degustar unha gran variedade de produtos certificados como marmeladas, froitas, hortalizas, plantas aromáticas, carne, viños e licores, conservas de peixe, mel, lácteos… entre outras cousas. Tamén haberá talleres infantís e degustacións de produto para todas as idades. Cando e onde?
» Sada: 3-4 de agosto de 11 a 22 h, avenida da Mariña
» Monforte de Lemos: 23-25 agosto, explanada da Compañía
» Viveiro: 30 e 31 de agosto e 1 de setembro, xardíns de Noriega Varela
» Lugo: 4, 5 e 6 setembro, na praza Maior
14
<
CRAEGA
https://www.biofach.de/en/exhibition-info/exhibitionprofile/exhibition-description
Taboleiro de anuncios Fragaira - Viveiro de plantas de froitos silvestres. Vendemos plantas de arando, framboesa, mora, grosella vermella e grosella negra certificadas en ecolóxico en Negreira (A Coruña). 699761644 fragaira@gmail.com www.fragaira.blogspot.com
ficados. Produtos de tempada ecolóxicos e certi saxería): men por os enví én (tam Servimos a domicilio as cest e lo rega s bono dos, pedi iculares Visitas concertadas para grupos e part , A Coruña) (Teo eiras Cach Estamos en Tras do Eixo, 25 a Dubr de horta A José Domínguez Dubra 646 413 844 Facebook: A Horta de Dubra
Venda de carne de vacún de produció n ecolóxica de raza Limusin; véndense canais e medias canais, tamén se fai o despece segundo o dese xe o cliente e pódeselle poñer no domicilio en tran sporte frigorífico para non romper a cadea de frío. Vicente Prieto Ledo 609 864 738 info@limusinatouza.com
Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería Carballada (Sarria, Lugo) 982 886 225 carniceriacarballada@hotmail.com
Alúganse 7 ha en dúas parcelas de terre o en ecolóxico dende o ano 2000, das que 9.000 m² están plantadas de maceiras para sidra. José Hermida Fernández A Graña, 27835 Roupar Xermade (Lugo) 649 428 364 an.geles@hotmail.com
Descontos do 20 % nas tari aloxamento fas de en Ecoagrotur is m o Arqueixal para inscrito s no Craega. Albá (Palas de Rei, Lugo) 982 380 251 / 629 176 03 contacto@arqu 0 eixal.com / w ww.arqueixal .com
Servimos pedidos de carne ecolóxica de tenreira envasada ao baleiro. Carnicería La Tomea (Rábade, Lugo) Jesús Dapena 982 390 355 - 607 289 806
Carmen de Socastro en de Na horta ecolóxica “Carm de os dut pro os Socastro” tem ro, ast Soc en os am Est a. tempad . uña Cor 11, concello de Rois, A ! nos Ven e coñéce om carmensocastro@hotmail.c 630 167 138
Recibimos visitas guiadas de escolares e grupos na nosa explotación ecolóxic a de Rubia Galega. Pazo de Sabadelle (Chantada, Lugo) 650 343 777
Realízanse sacrificios ecolóxicos. Matadoiro Comarcal de Sarria. San Xulián da Veiga, 27614 Luís López: 982 531 273
Granxa certificada de carne de vacún, ovino e porco celta en varios pesos. Posibilidade de servir en despeces en distintos formatos. Granxas de Lousada SC 657 103 467 sboados@gmail.com
produción de Por xubilación alúgase un viveiro de (Pontevedra). ia plantel hortícola situado en Ribadum 2 encional e conv en m 800 Dispón dunha superficie de 2 produción para a ficad certi m 400 unha superficie de conta iros, ecolóxica. Ademais da área dos invernado ca (mar a nteir cun almacén, con máquina de seme entos elem os s todo e tos men Arnabat), equipos para trata . ento ionam func seu o para s necesario 986 710 707 - 629 838 872
Véndense fabas ecolóxicas de Lourenzá, a granel ou envasadas. M.ª Josefa Leitón Ramallal 648 705 100 / 982 146 006
alizadas de cestas person Lugo, que Repartimos lo de ta no concel verdura e froi n produtos plementar co m co n de po se certificados. ou ecolóxicos os ic ám in od (Lugo) bi , A Pontenova A Panturreira 641 9 84 olz: 637 Isabel Zaera D om .c la al bh sham izaera@granja om .c la al granjashambh 650 343 777
Bo para a túa saúde, bo para o medio ambiente. Carne ecolóxica de Raza Vian esa alimentada exclusivamente con past o e leite, rica en Omega 3 e recomendable para celíacos. Poñémola na súa casa en lotes de 1/2 canal de 60 quilos envasada ao baleiro. Ecovianesa S.L. - Berrande (Ourense) 676 966 255 ecovianesa@gmail.com
castaña ecolóxica, Soutoseco: fariña de , dra. 100 % castaña feita en muíño de pe reutilizable. envasada en bote ail.com gm @ co se souto seco.soutoseco uto /so om k.c oo www.faceb
Sección gratuíta para os inscritos Para publicar os anuncios enviar a solicitude a craega@craega.es
Logotipo europeo para os alimentos ecolóxicos
Impreso en papel 100% Reciclado
Ronda M.ª Emilia Casas Baamonde, s/n Edificio Multiusos 27400 Monforte de Lemos (Lugo) Tel.: 982 405 300 - Fax: 982 416 530 craega@craega.es www.craega.es Síguenos en:
FEADER Europa inviste no rural