1 minute read

Concurso de San Bernabé. Treceño (Cantabria

XXXIII CONCURSO DE GANDO FRISÓN SAN BERNABÉ. TRECEÑO (VALDÁLIGA, CANTABRIA)

Vaca gran campiona de Treceño

Advertisement

Canton Ami Doorsopen gaña o concurso de frisonas en Treceño

A localidade cántabra retomou o pasado 11 de xuño o seu concurso, no que participaron 21 ganderías e 77 animais.

Treceño (Valdáliga, Cantabria) celebrou o seu Concurso de Gando Frisón San Bernabé 2021, o primeiro que se puido levar a cabo en Cantabria desde o inicio da pandemia. O certame estivo avalado polo xuiz catalán Pol Collell, quen se mostrou contento de poder volver a gozar dos campionatos e sinalou a gran calidade dos animais participantes, así como o gran traballo dos gandeiros, manexadores e preparadores.

Canton Ami Doorsopen, da gandería El Cantón SC (Valdáliga), foi elixida vaca gran campiona do evento, tras ser nomeada vaca intermedia campioa, ademais de levar o título de mellor ubre. Este animal logrou o triunfo ante a vaca nova campiona, Cudaña Anjulieta Emilio, de Granja Cudaña (Valdáliga), e a vaca adulta campiona, La Roza Marisa Foorman, da SAT Ceceño (Valdáliga). O título de gran campiona reserva do concurso conseguiuno Llinde Wally Golddust, da SAT Ceceño, que foi elixida previamente vaca intermedia subcampiona.

O premio de gran campioa de xovencas foi para a xata campiona, Llinde Arlinda Discjokey, da SAT Ceceño, que se impuxo á xovenca campiona, Gloria Jordy Antia Roja, de Gloria Holstein.

Por outro lado, a gran campiona reserva de xovencas foi a xata subcampiona, Cudaña App Haniko ET, de Granja Cudaña.

Por último, o nomeamento ao mellor rabaño recaeu en Granja Cudaña, seguido pola SAT Ceceño, Gloria Holstein, El Cantón SC e La Flor.

Llinde Arlinda Discjokey, gran campiona de xovencas

Granja Cudaña recibiu o premio ao mellor rabaño

This article is from: