A PÉ DE PISTA
Fotos: Afca
XXXIII CONCURSO DE GANDO FRISÓN SAN BERNABÉ. TRECEÑO (VALDÁLIGA, CANTABRIA)
Vaca gran campiona de Treceño
Canton Ami Doorsopen gaña o concurso de frisonas en Treceño A localidade cántabra retomou o pasado 11 de xuño o seu concurso, no que participaron 21 ganderías e 77 animais.
T
receño (Valdáliga, Cantabria) celebrou o seu Concurso de Gando Frisón San Bernabé 2021, o primeiro que se puido levar a cabo en Cantabria desde o inicio da pandemia. O certame estivo avalado polo xuiz catalán Pol Collell, quen se mostrou contento de poder volver a gozar dos campionatos e sinalou a gran calidade dos animais participantes, así como o gran traballo dos gandeiros, manexadores e preparadores. Canton Ami Doorsopen, da gandería El Cantón SC (Valdáliga), foi elixida vaca gran campiona do evento, tras ser nomeada vaca intermedia campioa, ademais de levar o título de mellor ubre. Este ani-
mal logrou o triunfo ante a vaca nova campiona, Cudaña Anjulieta Emilio, de Granja Cudaña (Valdáliga), e a vaca adulta campiona, La Roza Marisa Foorman, da SAT Ceceño (Valdáliga). O título de gran campiona reserva do concurso conseguiuno Llinde Wally Golddust, da SAT Ceceño, que foi elixida previamente vaca intermedia subcampiona. O premio de gran campioa de xovencas foi para a xata campiona, Llinde Arlinda Discjokey, da SAT Ceceño, que se impuxo á xovenca campiona, Gloria Jordy Antia Roja, de Gloria Holstein. Por outro lado, a gran campiona reserva de xovencas foi a xata subcam-
Llinde Arlinda Discjokey, gran campiona de xovencas
Granja Cudaña recibiu o premio ao mellor rabaño
piona, Cudaña App Haniko ET, de Granja Cudaña. Por último, o nomeamento ao mellor rabaño
recaeu en Granja Cudaña, seguido pola SAT Ceceño, Gloria Holstein, El Cantón SC e La Flor.
18 | Vaca Pinta n.º 25 | 06.2021
vp025_aPieDePista_trecenho_galego_sabe.indd 18
30/6/21 12:26