
6 minute read
Entre 1 e 5 racións de lácteos ao día é a recomendación das guías alimentarias recoñecidas pola FAO e a OMS
Os tipos de produtos, as súas calidades e a frecuencia de consumo son tres dos datos facilitados nestes documentos. Resumimos a súa información principal e apuntamos cales son as melloras que vemos necesarias con base nunha revisión publicada no mes de maio.
Na actualidade hai uns 100 países con Guías alimentarias baseadas en alimentos (GABA), exemplares cuxa intención é informar das recomendacións dietéticas a nivel nacional, educar a poboación neste sentido e guiar as políticas nacionais de alimentación e nutrición, así como a industria de alimentos.
Advertisement
Estas directrices comezaron a facerse aínda máis frecuentes a partir do ano 1992, tras a Conferencia Internacional sobre Nutrición, coorganizada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), e a principal forma en que se promoven as mensaxes sobre a diversidade dietética e os patróns saudables nestes documentos é a través de recomendacións por grupos de alimentos, entre os que se atopan os produtos lácteos.
Este pasado mes de maio fíxose pública unha revisión destas guías a nivel mundial [*], que pon o foco, precisamente, neste grupo: os lácteos e as súas recomendacións de consumo.
Segundo se apunta nesta revisión, nas diferentes guías dos países o grupo de alimentos relativo aos lácteos inclúe opcións diversas e culturalmente relevantes para as súas diversas formas: leites, queixos, iogures, quefir e demais. Aínda que o leite de vaca se recomenda con maior frecuencia nas guías de todo o mundo, varios países aconsellan alimentos lácteos doutras fontes animais, como cabras, ovellas, camelos, búfalos…, e outros resaltan a inxestión de certos produtos lácteos sobre outros (fermentados, sen procesar, enriquecidos con vitamina D, pasteurizados, probióticos…). A pesar destas diferenzas, os lácteos son recomendados cun rango de racións ao día que varían de entre 1 a 5. Na táboa 1 reflíctese un bo resumo destes consellos a nivel mundial.
Na primeira das grandes áreas analizadas, África, só sete países (13 % dos países da rexión) teñen GABA e algúns están a traballar para lanzar a súa primeira edición. Os lácteos son un grupo propio de alimentos para estes países e a maioría deles recomendan a súa inxestión diaria, entre 1 e 2 veces ao día.
A rexión de Asia e Pacífico comprende 17 países con estas guías (53 % do total). A maioría clasifica os lácteos como grupo propio, recomenda entre 1 e 2 racións ao día e destaca o seu contido en calcio.
Táboa 1. Resumo das recomendacións de produtos lácteos nas Guías alimentarias baseadas en alimentos por rexións
Rexión Produtos lácteos recomendados
Calidades recomendadas
Frecuencia de consumo recomendada Porcións recomendadas por produtos
África
Asia e Pacífico
Europa
América Latina e Caribe
Próximo Leste
América do Norte Leite (de cabras, camelos, vacas e ovellas), leite fermentado, mursik, amarurano, maas, wara, iogur e queixo
Leite (de vaca), iogur, queixo, callada, alternativas enriquecidas con calcio
Leite, leite fermentado, iogur, ayran, queixo, queixo fresco, requeixo, callada, xeado, bebidas de proteína vexetal, substitutos do queixo
Leite (líquido, en po; de vaca, cabra, búfalo), iogur, queixo, callada, requeixo, kumis, quefir
Leite (líquido, en po), queixo, produtos de soia, iogur, bebida de iogur (doogh), iogur colado (labneh), queixocrema, xeado
Leite (líquido, seco, evaporado), iogur, queixo, quefir, iogur xeado, soro de leite, sobremesas lácteas, bebidas de soia fortificadas e iogur de soia Fresco, fermentado, baixo en graxa, desnatado, baixo en lactosa, simple ou sen azucre, baixo en sal
Baixo en graxa, baixo en lactosa, simple ou sen azucre, enriquecido
Enteiro, baixo en graxa, sen graxa, magro, baixo en graxa saturada, baixo en sal, baixo en azucre, baixo en lactosa, sen azucre, alto contido de calcio, ácido, enriquecido en vitamina D, rico en proteínas, fermentado
Baixo en graxa, sen graxa, baixo en sal, suave, branco, pasteurizado, fermentado, probiótico, mínimamente procesado, baixo en azucre, baixo en lactosa, natural, sen sabor, sen azucre
Baixo en graxa, sen graxa, fermentado, sen aditivos, branco, baixo en sodio, natural, simple, sen sabor, sen procesar, enriquecido en vitamina D – 1-2 racións/día – 400-500 ml/día
– 1-4 racións/día – 300 g/día
– 2-4 racións/día – 250-500 ml/día – 300-450 g/día
– 1-5 racións/día – 500 ccl/día
– 1-4 racións/día • 1 cunca (250 ml) de leite ou iogur • 28 g de queixo • 30 g de requeixo • 1 cunca (150-250 ml) de leite • 100 g de leite ou produto lácteo • 30 g de leite en po • 100-200 g de iogur • 40 g de queixo • 150-200 ml de leite • 100-250 g de iogur • 200 g de quefir ou leite fermentado • 60-90 g de callada • 200 g de queixo fresco • 85-200 g de requeixo • 30-60 g de queixo curado • 2-3 rebandas de queixo • 0,5-1 cunca (200-245 g) de leite • 150-245 g de iogur • 60 g de requeixo • 34 g de callada • 20-30 g de queixo • 2 culleradas de queixo relado • 20-27 g de leite en po • 1/4 cunca de leite evaporado • 1 cunca (240 ml) de leite ou iogur • 30-60 g de queixo • 1 cunca de pudin con base en leite • 8 culleradas de labneh • 1,5 cuncas de xeado baixo en graxa • 3 culleradas de leite en po
Baixo en graxa, sen graxa, baixo en lactosa, sen lactosa, baixo en sodio, sen azucre, enriquecido – 2-3 racións/día • 1 cunca (250 ml) de leite • 175 g de iogur • 50 g de queixo
O 62 % dos países de Europa, un total de 32, teñen GABA e consideran os produtos lácteos como un grupo propio. Máis da metade das guías europeas recomendan entre 2 e 4 porcións de lácteos ao día e poñen o foco en seleccionar opcións baixas en graxa, así como alimentos lácteos fermentados e queixos.
Na rexión de América Latina e Caribe contan con guías o 88 % dos países, uns 29, e sobre o 60 % deles non os clasifican como grupo propio senón como “alimentos procedentes de animais”. A maioría recomenda produtos desnatados ou baixos en graxa, a cantidade varía de 1 a 5 racións ao día e salienta a súa inxestión para a saúde dos ósos, os dentes e os músculos.
No Próximo Leste hai tan só sete guías dispoñibles, clasifican os lácteos como grupo propio e recomendan a súa inxestión entre 1 e 4 veces ao día, con prioridade aos baixos en graxa.
Por último, en América do Norte, tanto EE. UU. como Canadá teñen Guía alimentaria baseada en alimentos, pero só EE. UU. os considera grupo propio; no Canadá encádranos dentro do grupo de “alimentos proteicos”. As mensaxes céntranse en lácteos baixos en graxa, como o iogur ou os queixos con baixo contido en sodio, e recomendan entre 2 e 3 racións ao día.
Esta análise revelou que máis do 70 % das guías conteñen mensaxes sobre o consumo de produtos lácteos, pero que xeralmente se orientan cara á información básica como as opcións recomendadas, os tamaños das porcións e a súa frecuencia de consumo.
En canto a nutrientes e saúde, a maioría céntrase na inxestión adecuada de calcio e os seus beneficios para a saúde de ósos e dentes, pero poucas van máis aló. Ademais, sorprende que se sigan nomeando as bebidas de soia ou vexetais dentro do grupo de lácteos en rexións como América do Norte ou Europa.
Quizais sexa momento de focalizar esforzos neste tipo de documentos para que non queden nunha grande oportunidade perdida para mellorar a saúde pública. Oxalá evolucionen para aliñarse mellor cos propósitos de nutrición e saúde dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas e maticen as recomendacións sobre os produtos lácteos máis aló dun enfoque tan básico.
Todos os axentes involucrados na cadea do sector lácteo, especialmente os ligados á produción, teñen esta tarefa pendente.
[*] Comerford KB, Miller GD, Boileau AC, Masiello Schuette SN, Giddens JC and Brown KA (2021) Global Review of Dairy Recommendations in FoodBased Dietary Guidelines. Front. Nutr. 8:671999. doi: 10.3389/ fnut.2021.671999