O LEITE
Entre 1 e 5 racións de lácteos ao día é a recomendación das guías alimentarias recoñecidas pola FAO e a OMS Os tipos de produtos, as súas calidades e a frecuencia de consumo son tres dos datos facilitados nestes documentos. Resumimos a súa información principal e apuntamos cales son as melloras que vemos necesarias con base nunha revisión publicada no mes de maio.
N
a actualidade hai uns 100 países con Guías alimentarias baseadas en alimentos (GABA), exemplares cuxa intención é informar das recomendacións dietéticas a nivel nacional, educar a poboación neste sentido e guiar as políticas nacionais de alimentación e nutrición, así como a industria de alimentos. Estas directrices comezaron a facerse aínda máis frecuentes a partir do ano 1992, tras a Conferencia Internacional sobre Nutrición, coorganizada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO), e a principal forma en que se promoven as mensaxes sobre a diversidade dietética e os patróns saudables nestes documentos é a través de recomendacións por
grupos de alimentos, entre os que se atopan os produtos lácteos. Este pasado mes de maio fíxose pública unha revisión destas guías a nivel mundial [*], que pon o foco, precisamente, neste grupo: os lácteos e as súas recomendacións de consumo. Segundo se apunta nesta revisión, nas diferentes guías dos países o grupo de alimentos relativo aos lácteos inclúe opcións diversas e culturalmente relevantes para as súas diversas formas: leites, queixos, iogures, quefir e demais. Aínda que o leite de vaca se recomenda con maior frecuencia nas guías de todo o mundo, varios países aconsellan alimentos lácteos doutras fontes animais, como cabras, ovellas, camelos, búfalos…, e outros resaltan a inxestión de certos produtos lácteos sobre outros (fermentados, sen pro-
cesar, enriquecidos con vitamina D, pasteurizados, probióticos…). A pesar destas diferenzas, os lácteos son recomendados cun rango de racións ao día que varían de entre 1 a 5. Na táboa 1 reflíctese un bo resumo destes consellos a nivel mundial. Na primeira das grandes áreas analizadas, África, só sete países (13 % dos países da rexión) teñen GABA e algúns están a traballar para lanzar a súa primeira edición. Os lácteos son un grupo propio de alimentos para estes países e a maioría deles recomendan a súa inxestión diaria, entre 1 e 2 veces ao día. A rexión de Asia e Pacífico comprende 17 países con estas guías (53 % do total). A maioría clasifica os lácteos como grupo propio, recomenda entre 1 e 2 racións ao día e destaca o seu contido en calcio.
16 | Vaca Pinta n.º 25 | 06.2021
vp025_esLaLeche_guiasAlimentarias_galego_sabe.indd 16
29/6/21 19:11