
1 minute read
Cremona International Dairy Show 2021
Subcampiona de xovencas Red Holstein
Premios para España e Portugal no Cremona Fiere 2021
Advertisement
Do 26 ao 28 de novembro celebrouse o evento italiano especializado en gandería de alta rendibilidade. A mostra de gando contou con máis de 470 animais procedentes de Italia e do estranxeiro, dos cales varios exemplares españois e portugueses obtiveron galardóns.

Oevento de Italia dedicado exclusivamente á agrogandería Cremona Fiere 2021 congregou numerosos exemplares do país e do estranxeiro nunha fin de semana cheo de acontecementos. Á cita acudiron varios animais de España que obtiveron premios. Os máis destacados foron, por unha banda, o de subcampiona de xovencas Red Holstein, para Argomota AM Warrior Roxina Red, de Alberto Medina (AM) e, pola outra, a mención de honra gran campiona Red Holstein, que recaeu en Rey AM Diamondback Apple 2, de AM e Agroartime.
Ademais, outros animais conseguiron recoñecementos: Muri AM jordy Diana, de AM (2.°); Flora AM Crushtime Little, de AM (3.°); AGR Wickan Flora, de Agroartime (2.°); Viña Beemer Carly, de AM, e Gandería Rey de Miñotelo (3.°) e Argomota AM AC MM Doc Adelina, de AM, Alejandro Carral e Miguel Madriñán (5.°).
Alberto Medina tamén obtivo o terceiro posto de mellor expositor de xovencas Red Holstein e de mellor criador de vacas Red Holstein, así como o cuarto de mellor expositor de vacas Red Holstein e de mellor expositor de xovencas Holstein.
En canto á representación portuguesa, a Sociedade Agropecuária Vilas Boas & Pereira Lda conseguiu no ring italiano os seguintes galardóns: campiona de xovencas para Pereira Jacoby Alicia, mención de honra campiona de xovencas para Pereira Doc Bamba, mellor grupo de xovencas, mellor criador de xovencas e o cuarto posto de mellor expositor de xovencas.
