17 minute read

Entrevista a Ángel Ávila, vogal de Nutrición

ÁNGEL ÁVILA, VOGAL DE NUTRICIÓN DE ANEMBE

“Galicia produce un 44 % máis de leite cun 33 % menos de vacas, é dicir, somos máis eficientes e sostibles”

Á dilatada traxectoria profesional deste veterinario súmanse os cinco anos á fronte da vogalía de Nutrición en Anembe. Nesta entrevista fálanos, entre outras cuestións, do papel do asesor nas granxas ou das accións formativas que leva a cabo a Asociación e ofrécelles algúns consellos aos gandeiros ante a nova esixencia por parte da industria de reducir o metano nas explotacións.

Podería explicarnos un pouco o papel que desempeña a súa vogalía dentro da asociación?

Desde que asumín a vogalía de Nutrición de Anembe en 2017, o meu obxectivo é fomentarlles o coñecemento na área de nutrición aos socios de Anembe, compartindo con eles experiencias e aprendizaxes para a súa aplicación práctica no campo.

As ganderías de vacún de leite españolas son referentes a nivel mundial, tanto polas producións alcanzadas coma polo seu nivel técnico. Que importancia ten en todo isto o labor dos asesores que traballades nas granxas?

Afortunadamente, a figura do asesor/a veterinario/a experimentou un vertixinoso cambio, que avanza cara a un proceso de especialización á marxe da intervención clínica. O devandito proceso deu lugar a que agora o veterinario se converteu nun xestor integral que abrangue diversas áreas que antes non se realizaban. O labor que desempeñan os asesores e as asesoras a pé de granxa é apoiar o gandeiro/a para mellorar a eficiencia da produción de carne e de leite en diversos campos que abarcan as instalacións, confort animal, reprodución, calidade de leite, podoloxía, xestión técnico-económica ata a nutrición. Na área da Nutrición traballamos primeiro en asesorar os gandeiros para que produzan forraxes de alta dixestibilidade a un custo razoable, maximizar a produción non só en litros senón en sólidos, recriar as xovencas para que teñan o seu primeiro parto entre os 22 e os 24 meses con 620-650 kg de peso e reducir a pegada de carbono cunha nutrición proteica máis eficiente (30-35 %) e un perfil de ácidos graxos en leite máis saudable.

Á hora de asesorar asa granxas, a formación continua dos veterinarios é fundamental. Como axuda Anembe a isto?

Anembe é unha asociación aberta a veterinarios de vacún, que favorece a formación continua aos seus socios a través de seminarios, webinarios, congresos anuais etc., que permiten a actualización, o foro de intercambio de inquietudes e experiencias e a divulgación desde a asociación ao campo.

Por todos é coñecido o Congreso Anual de Anembe. Fálenos un pouco del en relación á súa vogalía.

A misión da vogalía de Nutrición, como as demais, é dar a coñecer e achegarlles aos relatores nacionais ou internacionais máis relevantes non só nos congresos de Anembe senón nas distintas actividades da asociación; a misión desta desde os seus inicios sempre foi e será a formación dos seus socios e socias.

Outra das actividades formativas de referencia relacionadas coa nutrición é a Xornada Fedna-Anembe. Como comezou e que destacaría dela?

Xorde cando se presenta a posibilidade de darlle unha maior visibilidade á nutrición de ruminantes. A intención tanto da Federación Española de Nutrición Animal (Fedna) coma da Asociación Nacional Especialistas en Medicina Bovina de España (Anembe) era a de unificar e ampliar na medida do posible todos os coñecementos que se puidesen achegar para a formación dos socios e socias que ambas as asociacións comparten.

OS ASESORES TERÁN QUE ADAPTARSE ÁS MAIORES ESIXENCIAS DOS GANDEIROS DENDE O PUNTO DE VISTA DA PRODUCIÓN DE PRECISIÓN, A XESTIÓN TÉCNICO-ECONÓMICA E A REDUCIÓN DA PEGADA DE CARBONO

A VETERINARIA, A SÚA PROFESIÓN E A SÚA PAIXÓN

Ángel Ávila é veterinario especialista en nutrición de vacún de leite desde 1988. A veterinaria non é só a súa profesión, tamén é a súa paixón. Desenvolveu o seu labor desde esa data en diferentes empresas como Coren e Leche Pascual. En 2005 comezou a súa andaina como asesor independente de explotacións de vacún leiteiro, empresas de aditivos e premix nas áreas de nutrición, manexo, instalacións e xestión técnico-económica. Desde o ano 2017 ocupa o cargo de vogal de Nutrición de Anembe.

Esta xornada celébrase todos os anos sobre o mes de novembro desde 2015; este ano tivo lugar a sexta edición o 30 de novembro, con grande éxito de participación, con 500 inscritos tanto presenciais como on-line. Nela contamos coa presenza de relatoras como Vicente Jimeno (Universidade Politécnica de Madrid), quen nos falou da eficiencia alimentaria en ceba de xatos; con Bill Weiss (Universidade de Ohio) e con Jim Drackley (Universidade de Illinois), que comentaron as novidades do sistema americano de alimentación NRC, todo iso coordinado por Sergi Casamiglia, o noso socio e profesor da Universidade Autónoma de Barcelona.

Que outras accións formativas organiza Anembe ao longo do ano relacionadas coa alimentación?

Desde o período 2014-15 vimos realizando un curso on-line de especialista en nutrición bovina, que se iniciou co meu predecesor Adrián González, e que tivo e ten unha grande aceptación por veterinarios/as en exercicio ou recentemente licenciados. Tras o curso, temos unhas clases prácticas en granxas para aplicar os coñecementos sobre o terreo. En 2019 antes da pandemia organizamos en Lugo un seminario sobre o modelo dinámico de nutrición da Universidade de Cornell (CNCPS), da man do Dr. Pedro Meléndez, da Universidade de Texas, así como webinarios neste ano 2021, que versaron sobre a nutrición en período de transición, impartido polo Dr. Fabio Lima, de Universidade de Davis (California); sobre a dixestibilidade da fibra, a cargo do Dr. Dave Combs de Wisconsin, e un webinario no que falo eu mesmo acerca da alimentación en granxas con robots de muxido.

No seu labor como asesor de granxa, que importancia lles dá ás analíticas dos distintos elementos que compoñen a ración e á xestión dos datos proporcionados polo control leiteiro e os equipos de muxido?

Desde hai dous anos traballamos con dous laboratorios de forraxes en España: Rock River, con María Hermida en Lalín, e Cumberland ValleyAlpavet en Toledo, que analizan as dixestibilidades das distintas forraxes polo método de Cornell-Dynamic CNCPS, así como o amidón en feces. Estes laboratorios permítennos coñecer as dixestibilidades detalladas de NDF, a degradación do amidón ao longo do tempo, así como aminoácidos, ácidos graxos e conservación, determinando a porcentaxe de ácido láctico, acético e butírico. Desta forma podemos asesorar con maior precisión os nosos gandeiros e gandeiras sobre a calidade das forraxes producidas na explotación ou compradas, así como optimizar a produción de leite e de sólidos. En definitiva, son unhas análises que explican “o que din as vacas”. En canto ao control leiteiro, sería como un GPS da explotación, que nos permite xestionar a gandería, identificar enfermidades, aumentar o rendemento leiteiro e observar o perfil de ácidos graxos en leite para coñecer a saúde e axustar as racións do rabaño, así como as prácticas de manexo dos alimentos da explotación. Con respecto á información de software dos equipos de muxido, o que máis utilizo actualmente é a información dos robots de muxido, que nos transfiren uns datos diarios, como son produción, calidade de leite, ruminación, peso e enfermidades.

Como ve o futuro do sector e a figura do veterinario asesor de granxa nos vindeiros anos?

Do mesmo xeito que lles digo aos meus clientes que teñen que pasar de ter unha mentalidade de gandeiro a empresario, ocorre igual co sector veterinario de vacún; os asesores da produción de vacún de carne ou de leite terán que adaptarse ás maiores esixencias dos gandeiros desde o punto de vista da produción de precisión, xestión técnico-económica e redución da pegada de carbono.

Coas novas esixencias por parte da industria de redución de metano, que consellos lles dá aos gandeiros para que non diminúa a rendibilidade nas súas explotacións?

Debemos producir máis con menos (máis leite con menos vacas). Nos EE. UU. incrementouse a produción de leite nun 30 % con 15 millóns de vacas menos. No ano 1993 Galicia producía 5,2 millóns de litros ao día con 474.000 vacas e actualmente produce 7,5 millóns de litros ao día con 33.400 vacas, é dicir, producimos un 44 % máis de leite cun 35 % menos de vacas, co cal somos máis eficientes e sustentables. Canto máis produtiva sexa a vaca, menor será a cantidade de emisións. Debemos aumentar o rendemento do leite, alimentar o animal con ingredientes con menos contido de carbono, manexar a proteína na dieta e mellorar a eficiencia global do alimento. Debemos modificar a fermentación ruminal promovendo a fermentación de ácido propiónico, as dietas ricas en amidón eazucres, e a achega de forraxes altamente dixestibles. A pegada de carbono non é unha imposición senón, pola contra, unha fantástica oportunidade para que sexamos máis eficientes e aumentemos os nosos beneficios económicos, á vez que protexemos o noso medio ambiente.

NOVE TOUROS DE XENÉTICA FONTAO, NO TOP 10 NACIONAL

As novas probas oficiais de Conafe volven colocar os touros galegos nos primeiros postos nacionais e tres dos nosos animais, COACH, MONIN e CARAMELO, reciben probas oficiais destacadas en base GTPI. Ademais, pechamos 2021 cunha gran noticia: a oferta de seme sexado increméntase na vindeira campaña grazas ao contrato da nosa entidade coa empresa americana Sexing Technologies.

AIRAS, toro Nº 1 GICO

Dominio absoluto dos touros de Xenética Fontao (XF) nos diferentes rankings nacionais, cos mellores touros para GICO, produción (kg de leite, graxa e proteína) e conformación (ubres e patas). En relación aos trazos funcionais ou de saúde e índices de mérito económico, tamén a xenética galega encabeza as respectivas listaxes. Os touros de XF reciben, así mesmo, índices destacados nas súas probas oficiais en base GTPI: COACH, con altísimas producións; MONIN, o supertipo, e CARAMELO, o touro equilibrado.

A oferta de touros con seme sexado increméntase en gran medida na próxima campaña de seme 2022 XF-Africores, grazas ao contrato en exclusiva asinado por XF coa empresa americana Sexing Technologies (ST) para sexar o seme dalgúns dos seus touros nas súas propias instalacións.

CARAMELO

BAMBAM P

9 touros de XF figuran no TOP 10 xenómico español, tres dos cales, FAVORITE, GALILEO e GAUDI (números 3, 8 e 7 respectivamente do ranking actual), son xa ben coñecidos polo sector, pois constituían o TOP 3 das pasadas probas de Conafe; nas recentes avaliacións de novembro, 6 interesantes novidades incorpóranse xunto a eles no TOP 10.

AIRAS (Adaway x Gywer) lidera o TOP 100 GICO e é o número 1 para leite e proteína do mencionado ranking. AIRAS mostra un tremendo potencial para produción, superando o 2.400 kg de leite, con 81 kg de graxa e 78 kg de proteína, ademais dunha proba de tipo moi equilibrada e con gran funcionalidade para patas e ubres, xunto con excelentes trazos de saúde. AIRAS lidera tamén as listaxes de IM€T Leite e IM€T Eco. CARAMELO (Copyright x Alcove), no posto n.º 2 do TOP 100 GICO, é unha das novidades máis interesantes destas últimas avaliacións, non soamente polo seu orixinal pedigree na familia Sandy-Valley Sapphire (rama da prestixiosa “Dellia”), de rabiosa actualidade, senón polo grande equilibrio que amosa a súa proba para os distintos trazos de produción, tipo e funcionais en ambos os sistemas, español (GICO) e americano (GTPI). A familia materna de CARAMELO está a dar individuos (machos e femias) que lideran algúns dos máis importantes rankings a nivel internacional actualmente.

CARAMELO mostra un perfil xenómico impecable, con altas producións de leite e excelentes calidades, ubres de gran calidade e tipo xeral moi destacado, con boa capacidade en xeral e grupas con moi boa anchura e perfecta colocación de isquións.

BAMBAM P (Best Benz x Hotspot P) é outra das interesantes novidades, no posto n.º 4 GICO e liderando os ranking de IM€T Pasto e IM€T Queixo, as boas producións de leite acompañadas de excelentes porcentaxes de graxa e proteína xustifican o seu liderado nestes trazos económicos. Ademais dos ubres e patas de gran calidade, BAMBAM P destaca polos seus excelentes trazos funcionais: gran facilidade de parto, fillas lonxevas, con baixos recontos celulares e alta fertilidade. Por se todo iso fose pouco, BAMBAM P é un touro acorne (50 % da súa descendencia tamén o será) e portador do xenotipo A2A2 nas betacaseínas

CADY

GRECO GALILEO

GAUDI

ADAI (Adaway x Swift) é o n.º 5 do TOP 100 GICO, mostra unha proba xenómica de alta produción de leite, con ubres e tipo xeral excelentes e trazos funcionais moi destacados. As súas fillas serán vacas duradeiras, con baixos recontos celulares, moi fértiles e de bo muxido.

ALFRED e CADY completan as novas incorporacións ao TOP 10 GICO destas últimas probas oficiais, nos postos 9 e 10 respectivamente.

CADY (Calvin x Prosperous), descendente vía materna da familia “Lila Z”, transmite altísimas cifras para produción, con moitos kg de leite e graxa, ademais de moi boas porcentaxes. Posúe morfoloxía moi correcta, con patas destacadas, xunto con excelentes trazos funcionais (en particular a súa lonxevidade, baixos RCS e gran facilidade de parto), que completan o seu perfil xenómico. O seu irmán completo tamén debuta no TOP 10 RZG en Alemaña nas probas de decembro.

Como comentabamos ao principio, os tres touros que formaban o podio ou TOP 3 das anteriores avaliacións mantéñense no TOP 10 nas últimas probas de decembro e son GALILEO, FAVORITE e GAUDI, tres fillos de Gywer (Gymnast x Lobach), o recoñecido pai de touros, que debuta tamén no n.º 11 dos touros probados alemáns por RZG.

GALILEO (Gywer x Windmill) mostra altísimas producións de leite con moi correcta morfoloxía xeral e, en particular, ubres moi apropiadas para o ordeño con robot, polo seu ideal emprazamento e lonxitude de tetos. GALILEO posúe, ademais, excelentes trazos de saúde e é portador do factor vermello (RC).

FAVORITE (Gywer x Sniper) este representante da familia “Grietje” xa liderou o ranking TOP 100 GICO no seu día (como tamén o fixo o seu irmán materno HONDO) e aínda se mantén hoxe nun digno posto n.º 3 deste. Ofrece excelentes producións de leite con tipo equilibrado e destacados trazos de saúde.

GAUDI (Gywer x Trend), membro da prestixiosa familia de vacas alemá “Mabel” (como SNOWSEN ou MERITENE), destaca polo grande equilibrio xeral da súa proba xenómica, moi balanceada para produción, tipo e trazos de saúde, converténdose nun dos máis completos fillos de “Gywer” do panorama nacional. Os seus irmáns completos gozan de gran recoñecemento en Europa e están a ser utilizados como pais de touros a nivel internacional. O seu seme sexado estará dispoñible proximamente.

OS TOUROS DE FONTAO, ENTRE OS 50 MELLORES POR GICO

KEY

SPORTING GIGABALL

CROSS

Máis aló do TOP 10, pero entre os mellores 50 touros por GICO españois, atopamos os seguintes sementais:

KEY (Soundcloud x Gymnast), que segue a amosar unha moi atractiva proba de tipo (dos poucos touros con máis de 2 puntos para tipo, ubre e patas), impecable proba de produción (con moitos kg de leite e porcentaxes positivas) e inmellorable para trazos funcionais (sobre todo lonxevidade e fertilidade de fillas).

GIGABALL (Gigabyte x Sonic), o touro máis solicitado polos gandeiros galegos na campaña pasada, con proba moi equilibrada e A2A2 para as betacaseínas. O seu seme segue comercializándose en diversos países europeos. Nesta campaña próxima de venda de seme conxunta XF-Africores estará dispoñible en seme sexado.

SPORTING RC (Starello x Gymnast), outro top seller entre os touros de XF, proba superequilibrada, altísima fertilidade contrastada e A2A2 en betacaseínas. Dispoñible proximamente en seme sexado. KARL (Berlin x Sniper), este irmán materno de KEY, ten un perfil xenómico impecable para produción, tipo e trazos de saúde, ademais é A2A2. Seme sexado dispoñible proximamente. CROS (Crown Max x Casper), touro con pedigree diferente, excelentes calidades, e ubres ideais para o ordeño en robot pola súa posición centrada nos cuartos e a súa lonxitude lixeiramente superior á media.

BENTLEY (Best Benz x Supreme) con altas producións de leite, excelentes calidades, tipo moi equilibrado, destacados trazos funcionais e A2A2.

Outros como GENUINE, GRECO, DAMIL, COTY, BIMBO, STELO, GROVE, MIRON, GWEN, STUART, COPYON ou RODEIRO (Nº 1 ubre e Nº 2 tipo do TOP 100 GICO), que se manteñen coa súa nova proba na elite nacional, ou ben HELO, DRON, BENZEMA, XUSTAS (Nº 1 en patas do TOP 100 GICO) e ONLINE, como novas incorporacións á elite dos touros españois.

CAPA VERMELLA, PRESENTE NO TOP 100

PAPPY E RODEIRO, OS MELLORES PARA UBRES E NO TOP 5 PARA TIPO

GIGI RED Mención especial tamén merecen touros de capa vermella como GIGI RED, o mellor touro vermello do TOP 100 GICO, con enorme potencial para produción e tipo moi equilibrado, e KURVERS RED, un pedigree diferente e orixinal en vermello da familia “Roxy”, cun perfil xenómico moi balanceado, e A2A2 nas betacaseínas. Ambos os touros vermellos formarán parte da oferta do seme sexado de XF proximamente. Outros touros vermellos de interese presentes na elite da raza a nivel nacional son os fillos de Solitair P: SOL P RED ou CIAM XF SOLIT. SOLSTICE RED ET, que, xunto a GIGI RED, son o tres mellores touros vermellos do TOP 100, cun nivel xenético equiparable aos touros elite de capa branca e negra.

PAPPY

Os irmáns PAPPY e RODEIRO (Palmer x Applicable x Monterey x Unix, familia “Rudolph Zip”), con ICU +3,15 e +3,05 respectivamente, encabezan o ranking español dos “1.000 mellores touros xenómicos Mace” para ubres. Ambos figuran, ademais, no TOP 5 para tipo (IGT) da citada listaxe..

COACH (Copyright x Yoda), un pedigree diferente con tremendo potencial de produción e proba moi balanceada en tipo e trazos funcionais, tanto en sistema americano (GTPI 2.836) como español (GICO 4.982). Destaca tamén nos índices de mérito económico en ambos os sistemas.

CARAMELO (Copyright x Alcove), o que para moitos é a novidade máis interesante das últimas probas españolas, non só debuta como semental n.º 2 do ranking, con GICO 5.331, senón que tamén presenta unha proba completa e balanceada para todos os trazos, sen ningunha febleza. CARAMELO mostra un perfil moi similar en sistema ame-

TOUROS DE XF CON PROBA OFICIAL AMERICANA

ricano, con GTPI 2.828. A súa familia materna (a rama “Sapphire”, da famosa “Dellia”) está de plena actualidade, dando lugar a individuos (machos e femias) de altas xenómicas no ranking canadense, sobre todo a súa nai e irmás completas, fillas de Alcove, touro probado que revalidou o n.º 1 de touros probados no Canadá nas recentes probas de decembro..

MONIN (Moovin x King Doc), este descendente da familia “Roxy” con 15 xeracións MB ou EX na súa liña materna (que comparte co touro probado e superubres HAPPY), nado e criado en Galicia, é o novo touro supertipo na oferta de XF; número 1 indiscutible para tipo entre todos os touros españois, con IXT +3,18 e tamén moi destacado en sistema americano, cun GPTAT +3,26. Extrema morfoloxía con produción en positivo, tamén en ambos os sistemas, dato confirmado polas tremendas lactacións rexistradas na súa liña materna..

MONIN ten un perfil na súa proba de tipo impecable, con tremendas estruturas, grupas moi anchas, ubres e patas excelentes e extrema angulosidade. A súa cifra de +4,66 para cualificación final en sistema americano deixa claro que dará vacas con extrema morfoloxía, e moi probablemente co “tipo de concurso”, tan desexado por algúns. MONIN corrixe tres dos trazos lineais de tipo máis buscados hoxe en día na raza frisoa: ángulo de grupa (inclinada), vista lateral de patas (lixeiramente curvas) e lonxitude de tetos (longos). MONIN é, ademais, A2A2 en betacaseínass.

MONIN, toro Nº 1 por tipo

COACH

AUMENTA A OFERTA DE SEME SEXADO NA CAMPAÑA 2022

A oferta de touros con seme sexado de XF verase incrementada notablemente na próxima campaña de seme 2022, grazas ao contrato en exclusiva para España asinado coa empresa estadounidense Sexing Technologies (ST) para realizar a sexaxe do seme nas propias instalacións de XF, por primeira vez e en total primicia e exclusividade a nivel nacional. Con iso trátase de satisfacer as demandas crecentes do sector neste produto, que, combinado coa xenómica, constitúe unha gran ferramenta para incrementar a eficiencia das explotacións.

Ademais de GERO y PALMER, que xa participaron na oferta de seme sexado na campaña pasada, incorporaranse na do ano 2022 GAUDI, GIGABALL, SPORTING, KARL, GIGI RED e KURVERS RED. Cabe destacar que 6 dos 8 touros ofertados con seme sexado para a próxima campaña 2022 son A2A2, atendendo de novo ás demandas do sector.

GAUDI GIGABALL

This article is from: