Dende hai varios cursos, as bibliotecas dos centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria do Concello de Ames decidiron colaborar entre elas a través de varias reunión trimestrais co obxectivo de coñecer o traballo (proxectos, metodoloxías, actividades…) desenvolto. As reunións foron rotando por todos os centros educativos para así, coñecer in situ a organización de cada BE.
Leváronse a cabo varias publicacións conxuntas como as edicións de guías de suxestións de lecturas de Nadal e verán. Este curso, ademáis de publicar as guías de lectura, editamos de xeito conxunto un número especial que recolle algunas actividade salientables entre as levadas a acabo ao longo deste curso escolar.