XUSTIFICACIÓN Este pequeño proxecto enmárcase dentro do proxecto EDUCARTE deseñado pola Biblioteca Escolar do C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO para o curso 2016-17.
Pretendemos dar resposta aos intereses e necesidades dos nosos alumnos e alumnas. Consideramos que a contorna dos nenos e nenas é, na actualidade, unha contorna da cultura visual: televisión, anuncios, carteis pola rúa, letreiros luminosos...; un mundo de imaxes cheo de estímulos que inflúen continuamente neles. Por iso, é necesario que desde a escola axudemos aos nenos e nenas a analizar e comprender as imaxes, educalos no gusto estético e inicialos no goce das obras de arte mediante un novo enfoque das artes plásticas, un proxecto globalizador e creativo mediante o cal invítamos aos nenos e nenas a coñecer, mirar e descubrir os diferentes artistas e as súas obras, así como educalos no gusto estético e inicialos no goce das obras de arte, partindo da lectura de imaxes, da expresión das súas ideas e da creación dunha opinión persoal fronte a calquera acontecemento cultural.
Eleximos para o noso traballo as obras : “A TENDA” de Carlos Maside e “AS LAVANDEIRAS” de Manuel Colmeiro utilizándoas como canle que facilita o acceso ao noso patrimonio cultural, ao seu aprecio e valoración. A través da ARTE e de maneira interdisciplinar traballaremos diferentes contidos recollidos na LOMCE para 3º de Ed primaria nas áreas de lingua galega, matemáticas e expresión artística.
COMPETENCIAS ELEMENTOS CURRICULARES DO PROXECTO. 1.Os obxectivos de E. Primaria que abrangue o proxecto contemplados na LOMCE fan referencia a : -Valores e normas de convivencia(a). -Coñecemento das linguas oficiais da Comunidade (e). -Competencia matemática(g). -Expresión artística(j). -Singularidades culturais de Galicia(o). 2. Competencias e estándares de aprendizaxe correspondentes: COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA(CCL). •Bloque 1:Comunicación Oral. Participa nunha conversa entre iguais comprendendo o que di o interlocutor e intervindo axeitadamente. •Bloque 2:Comunicación Escrita(Ler). Busca, localiza e selecciona información dun texto sinxelo. •Bloque 3: Comunicación Escrita( Escribir). Elabora diferentes tipos de texto (narrativo, expositivo, descriptivo). Coida a presentación dos textos elaborados (marxes,limpeza, caligrafía…) Valora a lingua escrita como medio de comunicación e expresión creativa.
COMPETENCIA MATEMÁTICA (CMCT). BLOQUE 2: Números.
Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados empregando estratexias heurísticas de razoamento. BLOQUE 3: Medida. Mide con diferentes instrumentos e elixindo a unidade máis axeitada. Resolve problemas de medida da vida real utilizando estratexias heurísticas de razoamento. Coñece e identifica diferentes corpos xeométricos e os seus elementos. Interpreta e describe situacións da vida diaria utilizando o vocabulario axeitado: indica unha dirección,explica un percorrido,oriéntase no espazo. CONCIENCIA E EXPRESIÓN CULTURAL (CCEC).
BLOQUE 1 :Observación Plástica. Describe as características dos feitos artísticos e as sensacións que as obras lle provocan. Identifica a posición dos elementos plásticos tendo en conta as técnicas espaciais. Diferencia e recoñece as diferentes texturas, liñas, formas e cores nas composicións artísticas. BLOQUE 2: EXPRESIÓN PLÁSTICA. Manexa material diverso nas producións plásticas explorando diversas técnicas e actividades manipulativas. Utiliza as TIC para documentarse sobre un contexto cultural e artístico. EDUCACIÓN MUSICAL (ESCOITA): Identifica manifestacións artísticas propias de Galicia.
TEMPORALIZACIÓN
ESTE PROXECTO LEVARASE A CABO NOS MESES DE MARZO E ABRIL.
UTILIZAREMOS SESIÓNS CORRESPONDENTES ÁS ÁREAS DE LINGUA GALEGA, MATEMÁTICAS E ED. ARTÍSTICA
EXPRESIÓN ORAL: IDEAS PREVIAS • Que se representa? • Que hai? (arriba, abaixo, no centro, diante, detrás, á dereita, á esquerda…) • Que cores aparecen no cadro? • Son claros ou escuros? • Teñen raias grosas, ou finas? • É de día ou de noite? • Onde están? • Que fan? • Que olores se poden percibir? Pon un exemplo dalgún obxecto do cadro que se poda oler. • Que sons podemos escoitar? Pon un exemplo • Hai algo que se poida saborear? A que saberá? • Que cousas se poden tocar? Como será o seu tacto? • Que pensarán os personaxes deste cadro? • Que sensacións ou sentimentos che produce o cadro? Tráeche algún recordo? • Que título lle poñerías ti?
FICHA DO CADRO TÍTULO: ……………………………………………………………………………………………………………… AUTOR : ……………………………………………………………………………………………………………. TAMAÑO: …………………………………………………………………………………………………………. MATERIAL UTILIZADO………………………………………………………………………………………. ANO NO QUE SE PINTOU: ……………………………………………………………………………….. MOVEMENTO ARTÍSTICO AO QUE PERTENCE:………………………………………………….
LUGAR ONDE SE CONSERVA O CADRO: ……………….............................................. ………………………..……………………………………………………………………………………………… TEMÁTICA DO CADRO: …………………………………………………………………………………….
BIOGRAFÍA MANUEL COLMEIRO Manuel Colmeiro nace en 1901 en Chapa (Silleda), unha pequena aldea de Pontevedra, e aos doce anos emigra cos seus pais a Arxentina. A súa infancia no campo galego vai marcar a súa vida de pintor. De feito unha das súas primeiras lembranzas é de cando debuxaba na lama cunha vara mentras coidaba o gando. En Bos Aires estuda na Academia de Belas Artes. Alí debuxa bodegósns, paisaxes galegos e lembranzas da súa infancia. Moitos destes cadros foron destruídos por él mesmo. Aos 25 anos regresa de novo a Galicia e wwempeza a pintar cadros relacionados coa paisaxe da súa comarca. Marcha a estudar a Barcelona cunha beca. Alí realiza exposicións e establece importantes relacións coa intelectualidad catalá e con escritores e artistas galegos. Os seus
pintores referentes son Rembrand, Goya e Velazquez.. Na época da República relaciónase cos
intelectuais e artistas galegos do momento, os "Novos". Durante a Guerra Civil, se exilia a Arxentina, onde, en compañía doutros pintores arxentinos, realiza murais en Bos Aires. En 1948 participa na exposición de artistas españois en Brasil. Sente añoranza de Europa e instálase en París viaxando por primeira vez a España tralo exilio en 1950. Morre en 1999. A
obra
de
Colmeiro
foi
exposta
en
galerías
de
todo
o
mundo..
Entre os premios recibidos por Colmeiro está o Pedrón de Ouro (1982), o Premio das Artes da Xunta (1986) e o Premio "Celanova, casa dous Poetas" (1996).
A MIÑA PEQUENA BIOGRAFÍA Como te chamas? Nome e apelidos
Onde naciches e cando? Cantos anos tes? Onde vives? Qué curso estudos, de que nivel e en que colexio ? Como se chaman os teus pais e irmáns? Que che gusta? Escribe un recordo especial que teñas Que te gustaría ser de maior?
A temática do cadro
vaise repetir en moitas ocasións: o campo e o
mar, a través das festas e romarías, da seitura, da pesca, das tendeiras, das
panadeiras,
das
lavandeiras...
tamén
os
espidos
femininos,
enmarcados nos evocadores escenarios do campo galego. Son as nosas paisaxes. Outra característica no tocante á temática, que vai compartir cos outros artistas do grupo dos renovadores, é o predominio, case absoluto, da figura feminina. Son mulleres anónimas, de orixe humilde, mulleres das aldeas en escenas da vida cotiá, cunha fonda carga simbólica. Naquel mundo onde os homes marchaban TIÑAN QUE EMIGRAR, as mulleres levaban todo o peso do fogar. Neste sentido, os renovadores como Colmeiro están homenaxeando ás mulleres galegas, a través da súa pintura. Os azuis e os verdes intensos da súa paleta e a representación constante da muller son de novo a súa sinal a de identidade.
OUTRAS OBRAS
MERCADO
PANADEIRAS
PESCADORAS MATERNIDADE
EXPRESIÓN ARTÍSTICA Plástica: Realizamos unha recreación do cadro
Música Audición de música tradicional galega
BIBLIOGRAFÍA E ENLACES DE INTERÉS http://anosacultura2.blogspot.com.es/2011/02/colmeiro-e-laxeiroartistas-do-deza.html http://elpais.com/diario/1999/10/05/cultura/939074403_850215.html http://ceres.mcu.es/pages/ResultSearch?txtSimpleSearch=Lavandeiras&si mpleSearch=0&hipertextSearch=1&search=simpleSelection&MuseumsSea rch=MBAC%7C&MuseumsRolSearch=1&listaMuseos=%5BMuseo%20de%2 0Bellas%20Artes%20de%20la%20Coru%F1a%5D FICHA LAVANDEIRAS http://berganter.blogspot.com.es/2010/11/as-lavandeiras.html http://www.europeana.eu/portal/es/record/2058610/pages_Main_idt_12 6352_inventary_5219_table_FMUS_museum_MBAC.html http://martayefra.blogspot.com.es/2009/09/lavan.html https://asombradebouzapanda.wordpress.com/2011/12/06/a-lavandeiramensaxeira-da-morte-no-folclore-celta/