Educarte a tenda carlos maside

Page 1

1


2


3


ÍNDICE: 1. XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO. 2. TEMPORALIZACIÓN. 3. ELEMENTOS CURRICULARES DO PROXECTO: 3.1. OBXECTIVOS 3.2. COMPETENCIAS 3.3. ACTIVIDADES 3.4. AVALIACIÓN 4.MATERIAL E PLANTILLA DE ACTIVIDADES. 5.ACTIVIDADES REALIZADAS POLO ALUMNADO. 6. BIBLIOGRAFÍA E DOCUMENTACIÓN.

4


1.XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO Este proxecto enmárcase dentro do proxecto EDUCARTE deseñado pola Biblioteca Escolar do C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO para o curso 2016-17. Pretendemos dar resposta aos intereses e necesidades dos nosos alumnos e alumnas, baseados na cultura visual que tanto inflúe neles actualmente. Por iso, é necesario que desde a escola axudemos aos nenos e nenas a analizar e comprender as imaxes,e educar ao noso alumnado no gusto estético e no goce das obras de arte, partindo da lectura de imaxes, da expresión das súas ideas e da creación dunha opinión persoal fronte a calquera acontecemento cultural. Eleximos para o noso traballo a obra : A TENDA ,de Carlos Maside utilizándoa como canle que facilita o acceso ao noso patrimonio cultural, á súa valoración. A través da ARTE e de maneira interdisciplinar traballaremos diferentes contidos recollidos na LOMCE para 3º de E. Primaria nas áreas de Lingua Galega, Matemáticas e Expresión Artística.

5


2.TEMPORALIZACIÓN: Este proxecto realizarase durante os meses de marzoabril en sesión dunha hora semanal nas áreas de Lingua, Matemáticas e Educación Artística. 3.ELEMENTOS CURRICULARES DO PROXECTO. 3.1.Os obxectivos de E. Primaria que abrangue o proxecto contemplados na LOMCE fan referencia a : -Valores e normas de convivencia(a). -Coñecemento das linguas oficiais da Comunidade (e). -Competencia matemática(g). -Expresión artística(j). -Singularidades culturais de Galicia(o). 3.2. Competencias e estándares de aprendizaxe correspondentes: COMUNICACIÓN LINGÜÍSTICA(CCL). Bloque 1:Comunicación Oral. 

Participa nunha conversa entre iguais comprendendo o que di o interlocutor e intervindo axeitadamente.

6


Bloque 2:Comunicación Escrita(Ler).

Busca, localiza e selecciona información dun texto sinxelo.

Bloque 3: Comunicación Escrita( Escribir).   

Elabora diferentes tipos de texto (narrativo, expositivo, descriptivo). Coida a presentación dos textos elaborados (marxes,limpeza, caligrafía…) Valora a lingua escrita como medio de comunicación e expresión creativa.

COMPETENCIA MATEMÁTICA (CMCT). BLOQUE 2: Números.

Resolve problemas que impliquen o dominio dos contidos traballados empregando estratexias heurísticas de razoamento.

BLOQUE 3: Medida.  

Mide con diferentes instrumentos e elixindo a unidade máis axeitada. Resolve problemas de medida da vida real utilizando estratexias heurísticas de razoamento. Coñece e identifica diferentes corpos xeométricos e os seus elementos.

7


Interpreta e describe situacións da vida diaria utilizando o vocabulario axeitado: indica unha dirección,explica un percorrido,oriéntase no espazo.

CONCIENCIA E EXPRESIÓN CULTURAL (CCEC). BLOQUE 1 :OBSERVACIÓN PLÁSTICA.   

Describe as características dos feitos artísticos e as sensacións que as obras lle provocan. Identifica a posición dos elementos plásticos tendo en conta as técnicas espaciais. Diferencia e recoñece as diferentes texturas, liñas, formas e cores nas composicións artísticas.

BLOQUE 2: EXPRESIÓN PLÁSTICA.

Manexa material diverso nas producións plásticas explorando diversas técnicas e actividades manipulativas. Utiliza as TIC para documentarse sobre un contexto cultural e artístico.

EDUCACIÓN MUSICAL (ESCOITA):

Identifica manifestacións artísticas propias de Galicia.

8


3.3.ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS NO PROXECTO. COMPETENCIA LINGÜÍSTICA. EXPRESIÓN ORAL:DETECCIÓN DE IDEAS PREVIAS E MOTIVACIÓN DO ALUMNADO. COMPRENSIÓN E EXPRESIÓN ESCRITA: • FICHA DO CADRO • BIOGRAFÍA • DESCRICIÓN • CONTO COMPETENCIA MATEMÁTICA. • CÁLCULO • MEDIDA • IDENTIFICACIÓN DE FIGURAS XEOMÉTRICAS. COMPETENCIA ARTÍSTICA. • RECREACIÓN DE OBRAS PICTÓRICAS. Realizamos unha recreación do cadro A TENDA • AUDICIÓN DE MÚSICA POPULAR GALEGA: Fuxan os Ventos ( Terra de Soños, 2009).

9


3.4.AVALIACIÓN LINGUA: • Participar en situación de comunicación respectando a quenda de palabra e expresándose con coherencia. • Ler e comprender diferentes tipos de textos e valorar a lectura como medio para ampliar o vocabulario, fixar a ortografía correcta e como gozo persoal. • Producir textos adaptados ao nivel de formato descritivo, narrativo e expositivo, aplicando as regras ortográficasde nivel e coidando a presentación. MATEMÁTICAS: • Resolver problemas da vida cotiá adecuados ao seu nivel, reflexionando sobre o proceso e realizando os cálculos numéricos axeitados. • Coñecer e utilizar as unidades de lonxitude e operar con elas. • Identificar as figuras planas nomeando e recoñecendo os seus elementos básicos. EXPRESIÓN ARTÍSTICA: • Identificar e valorar recoñecidos autores e as súas obras máis significativas sobre todo da cultura propia. • Utilizar as TIC para a procura de información.

10


11


EXPRESIÓN ORAL: IDEAS PREVIAS • Que se representa? • Que hai? (arriba, abaixo, no centro, diante, detrás, á dereita, á esquerda…) • Que cores aparecen no cadro? • Son claros ou escuros? • Teñen raias grosas, ou finas? • É de día ou de noite? • Onde están? • Que fan? • Que olores se poden percibir? Pon un exemplo dalgún obxecto do cadro que se poda oler. • Que sons podemos escoitar? Pon un exemplo • Hai algo que se poida saborear? A que saberá? • Que cousas se poden tocar? Como será o seu tacto? • Que pensarán os personaxes deste cadro? • Que sensacións ou sentimentos che produce o cadro? Tráeche algún recordo? • Que título lle poñerías ti?

12


BIOGRAFÍA : 1. Que é unha biografía? A biografía é una narración ecrita que resume os principais feitos da vida dunha persoa.A palabra vén dun termo grego composto por bíos (vida) e graphein (escribir). Adoita comezar co nacemento da persoa e mesmo podemos remontarnos aos seus antecedentes familiares. A estructura básica dunha biografía inclúe: -Unha introducción ou presentación do personaxe. -Un desenvolvemento ou narración ordeada dos feitos máis importantes da súa vida. -Unha conclusión ou valoración da importancia do personaxe.

2Escribe en primeira persoa unha pequena biografía túa. Podes ilustrala con fotos.

3.Busca información sobre o autor do cadro, fai un resume e reescríbea. Podes acompañala cunha foto.

13


FICHA DO CADRO

TÍTULO: ………………………………………………… AUTOR : …………………………………………………………… TAMAÑO: ……………………………………………….

MATERIAL UTILIZADO……………………………….. ANO NO QUE SE PINTOU: ……………………… MOVEMENTO ARTÍSTICO AO QUE PERTENCE: ………………………………………………………… LUGAR ONDE SE CONSERVA O CADRO: ………………............................................................, TEMÁTICA DO CADRO:………………………………..

14


BIOGRAFÍA DE CARLOS MASIDE. Carlos Maside García nace o 16 de marzo de 1897 en Pontecesures (Pontevedra).Pasa a infancia e adolescencia entre a súa terra natal e Vilagarcía, a onde se traslada cando morre seu pai, e alí traballa nun almacén.No ano 1915 marcha a Madrid para realizar o servizo militar e alí descobre o mundo da caricatura.No ano 1923 realiza a súa primeira exposición individual na Coruña. No ano 1926 realiza o seu primeiro óleo , A moneca , e a Diputación de Pontevedra concédelle unha bolsa coa que amplía estudos en París. No ano 1929 volve a Madrid e alí é encarcerado por participar nun movemento revolucionario de apio á Segunda República. É liberado sen cargos e volve de novo a París, nunha segunda estadía. Ao seu regreso traballa como profesor na Escola Elemental de Traballo, e logo na Estrada, Noia e Vigo, onde realiza unha exposición cos pintores Souto e Colmeiro. Colaborou en varios xornais e publicacións: Faro de Vigo, El Pueblo Gallego, La nueva España. Tivo contacto coa xeración Nós e foi amigo de Castelao, ao que lle ilustrou o seu libro Retrincos. No ano 1936 ingresa no Partido Socialista.Dous anos máis tarde é separado da docencia, polas súas ideas políticas.

15


En 1950, é nomeado director artístico da editorial Galaxia.Maside morreu en Santiago o 10 de xuño de 1958. COMO É A SÚA PINTURA? Maside formou parte dun movemento de vangarda que florece en Galicia arredor do ano 1925 e que foron chamados Os Novos ou Renovadores: pintores, xornalistas ,escritores, grupo creado arredor do xornal El Pueblo Gallego. Nunha primeira época, o seu estilo era realista e expresionista, tiña como finalidade a reprodución o máis exacta posible da realidade.Usaba unha paleta de cores terra, tons apagados e aspecto rugoso para se aproximar á textura do granito, que consideraba a materia fundamental da arte galega.Xurden así obras como Parolando ou Cabezudo. Desde a súa estadía en París recibe a influenza das novas correntes europeas –expresionismo, fauvismo, cubismo – pero conserva as súas raíces e procura as súas fontes de inspiración na cultura tradicional galega, nas xentes do mar,do campo e do mundo obreiro e na arte popular galega dos canteiros. O tema da muller galega repítese constantemente na súa obra, pero tamén figuras de feirantes, vendedores, animais que el observaba na feira da Carballeira de Santa Susana, en Santiago.

16


ALGUNHAS OBRAS DE MASIDE

Autretrato de Masideor

Costureira.Gouache 28x35

Mercado.Óleo 100x73

Muller de camino.

Muller sentada.Óleo 70x90

Lavandeiras.

17


CALCULAMOS

1.-Busca a data na que se pintou o cadro e calcula : Data na que se pintou o cadro:_________________ Cantos anos transcorreron desde que se pintou?

2.-Busca a data do nacemento do autor e calcula: Data de nacemento____________________ Cantos anos tiĂąa o autor cando pintou o cadro?

3.-Observa as medidas que ten o cadro: Con marco:Altura= 91,50 cm; Anchura= 73,50 cm Sen marco: Altura= 69,50 cm ; Anchura= 51,50 A./ Calcula o perĂ­metro:

B./ Calcula a diferenza de altura e anchura do cadro sen marco e con marco:

18


4.Busca a distancia entre Ames e A Coruña. Distancia:_____________________ Se estamos á altura de Ordes, cantos quilómetros nos faltan para chegar? Distancia entre Ames e Ordes: _________________

SOLUCIÓN:___________________________

5.- Pepa e María van mercar lenzo para facer 2 xogos de sábanas . Precisan 8 metros de lenzo para cada xogo. Se o metro custa 13 euros, canto terán que pagar?

SOLUCIÓN:_____________________________ 19


MEDIMOS E DEBUXAMOS FIGURAS XEOMÉTRICAS. 1.- Escribe o nome da figura xeométrica que ten o cadro: _______________________________________

2.- Nomea todas a figuras xeométricas que observas: _______________________________________ ______________________________________ _______________________________________

3.- Elixe unha delas, mide coa regra e calcula o seu perímetro:

20


4.- Debuxa algunha das figuras xeomĂŠtricas que aparecen no cadro, reproducindo as sĂşas medidas:

5.- Nas figuras anteriores traza os eixes de simetrĂ­a (vermello) e as diagonais (azul):

21


22


23


24


25


26


CONTO: DÚAS COSTUREIRAS DE COMPOSTELA.

27


28


29


30


31


32


33


Enciclopedia de Galicia.Ediciones HĂŠrcules S.A. Tomo xv, Arte ContemporĂĄnea.

http://museobelasartescoruna.xunta.gal/_docum entos/actividades_documentos/tenda.pdf http://carlosmaside.galeon.com/index.html http://lembranzas1.blogspot.com.es/2016/05/car los-maside.html http://coleccion.afundacion.org/index.php?idaut or=123 https://www.letras.com/fuxan-osventos/1244033/

34


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.