Dramatización De
Contos
PROFESORADO DE ED FÍSICA C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO PROXECTO BOCADIÑOS DE PALABRAS
TEATRO ( DRAMATIZACIÓN DE CONTOS) EXPLICACIÓN DA ACTIVIDADE
Os alumnos de 3º nivel de primaria, realizaron unha actividade de teatro, dramatizando en grupo contos relacionados coa alimentación, nas clases de Educación Física. Para comezar dita actividade, proporcionáronselle os contos en prosa, traducidos ao galego de Pedro Pablo Sancristán: “O neno e o repolo”, “ A poción da mala vida”, “A árbore e as verduras” e “ Amigas dende a horta”. Ao mesmo tempo, formáronse os grupos de forma equitativa. A actividade consistiu en que cada grupo elaborara unha versión dramatizada do conto que se lle proporcionou, creando os diferentes personaxes, as súas intervencións e diálogos. Despois de varias correccións, o documento final pasábano a word ou a un escrito a man ( se non tiñan a outra posibilidade). Unha vez tiveron o documento final rematado, cada membro do grupo fixo un debuxo sobre el e logo elixiron o debuxo que máis gustou a maioría dos membros do grupo. Este foi usado para portada do traballo final. A última fase da actividade consistiu en traballar a interpretación dos diferentes papeis, buscar a caracterización de cada un dos personaxes, así como organizarse para a utilización doutros materiais necesarios de cara a posta en escena final. Ao final cada grupo representou o seu conto ao resto da súa clase e logo a primeiro de primaria e infantil.
O neno e o repolo Había unha vez un neno que, aínda que era moi bo e obediente, odiaba comer repolo. Sempre que tocaba comelo protestaba e enfadábase moitísimo. Un día, a súa mamá decidiu enviarlle ao mercado a comprar un repolo!, así que foi moi desgustado. No mercado, o neno tomou un repolo de mala gana, pero non era un repolo calquera. Era un repolo que tamén odiaba aos nenos. Así que despois dunha discusión gordísima, o neno e o repolo volveron a casa en silencio e enfadados todo o tempo. Pero polo camiño, ao cruzar o río, o neno escorregou, e ambos caeron ás súas bravas augas e foron arrastrados corrente abaixo. Con moito esforzo, conseguiron subirse a unha táboa que atoparon e manterse á boia. Sobre aquela táboa estiveron tanto, tanto tempo á deriva, que despois de aburrirse, terminaron falando un con outro, coñecéronse, fixéronse amigos, e xogaron a moitos xogos imposibles, como a pesca sen cana, as agachadas ou o rei da montaña. Charlando co seu novo amigo, o neno comprendeu o importante que eran as verduras como o repolo para a súa idade, e o mal que lles sentaba que sempre falasen mal delas, e o repolo deuse conta de que ás veces o seu sabor era forte e estraño para os nenos. Así que acordaron que ao chegar a casa, o neno trataría ao repolo con gran respecto, e o repolo faríase pasar por espagetti. O seu acordo foi todo un éxito: a mamá quedou sorprendidísima do ben que comeu o repolo o neno, e o neno preparou para o repolo o mellor agocho da súa barriga ao berro de que ricos están estes espagetti!
Pedro Pablo Sancristán
Personaxes: Narrador ( 2), neno, nai do neno, repolo, señora da tenda do mercado.
A poción da mala vida Pedro Pablo Sancristán Fai moitos, moitos anos, todas as persoas estaban fortes e sas. Facían comidas moi variadas, e encantábanlles a froita, as verduras e o peixe; diariamente facían exercicio e gozaban saltando e xogando. A terra era o lugar máis san que se podía imaxinar, e notábase na vida da xente e dos nenos, que estaban cheas de alegría e bo humor. Todo aquilo enfadaba terriblemente ás bruxas negras, quen só pensaban en facer o mal e amolar a todo o mundo. A peor de todas as bruxas, a malvada Caramala, tivo as máis terrible das ideas: entre todas unirían os seus poderes para inventar unha poción que quitase as ganas de vivir tan alegremente. Todas as bruxas xuntáronse no bosque dos pantanos e colaboraron para facer aquel maligno feitizo. E era tan poderoso e necesitaban tanta enerxía para facelo, que cando unha das bruxas se equivocou nunha soa palabra, houbo unha explosión tan grande que fixo desaparecer o bosque enteiro. A explosión converteu a todas aquelas malignas bruxas en seres tan pequeniños e minúsculos como un microbio, deixándoas atrapadas no líquido verde dun pequeno frasco de cristal que quedou perdido entre os pantanos. Alí estiveron encerradas durante centos de anos, ata que un neno atopou o frasco coa poción, e crendo que se trataba dun refresco, bebeuna enteira. As microscópicas e malvadas bruxas aproveitaron a ocasión e aínda que eran tan pequenas que non podían facer ningún dano, pronto aprenderon a cambiar os gustos do neno para prexudicarlle. En poucos días, os seus beliscos na lingua e a boca conseguiron que o neno xa non quixese comer as ricas verduras, a froita ou o peixe; e que só sentise ganas para comer xeados, pizzas, hamburguesas e lambetadas. E as mordidas en todo o corpo conseguiron que deixase de parecerlle divertido correr e xogar cos amigos polo campo e só sentira que todas aquelas cousas cansábanlle, así que prefería quedar na casa sentado ou tombado. Así a súa vida foise facendo máis aburrida, comezou a sentirse enfermo, e pouco despois xa non tiña ilusión por nada; a maligna poción funcionara!. E o peor de todo, as bruxas aprenderon a saltar dunha persoa a outra, como os virus, e conseguiron que o malvado efecto da poción convertésese na máis contaxiosa das enfermidades, a da mala vida. Tivo que pasar algún tempo para que o doutor Sanis Saludakis, axudado do seu microscopio, descubriu as bruxas que causaban a enfermidade. Non houbo vacúa nin xarabe que puidese acabar con elas, pero o bo doutor descubriu que as bruxas non soportaban a alegría e o bo humor, e que precisamente a mellor cura era esforzarse en ter unha vida moi sa, alegre e feliz. Nunha persoa sa, as bruxas aproveitaban calquera esbirro para fuxir a toda velocidade. Desde entón, as súas mellores receitas non eran pastillas nin inxeccións, senón un pouquiño de esforzo para comer verduras, froitas e peixes, e para facer un pouco de exercicio. E cuantos pasaban pola súa consulta e facíanlle caso, terminaban curándose totalmente da enfermidade da mala vida.
Personaxes: Narrador (2), malvada bruxa Caramala, 2 bruxas mรกis, neno, doutor Sanis Saludakis
Amigas desde a horta Lula e Lila eran dúas plantas de espinacas que naceron nun mesmo horto e foran amigas desde entón. Pasaran xuntas polos terribles fríos do inverno e os longos días de sol, e sempre se apoiaron mutuamente, en espera de chegar a aquel momento máxico con que toda espinaca soñaba: o momento de servir de comida a un neno e transmitirlle toda a súa forza. Así que cando chegou a hora da colleita, foron xuntas e felices á fábrica de preparado, e de alí á de envasado, e de alí ao supermercado, onde foron expostas nun dos mellores estantes. Ambas vían emocionadas pasar as señoras coas súas cestas, fixándose naquelas ás que acompañaba algún neno. Pasou todo un día enteiro sen que ninguén se achegase, pero xusto antes do peche, unha señora achegouse demasiado ao estante, e sen darse conta golpeou a bolsa de Lula, que caeu ao chan, xusto antes de que un dos pés da señora a empuxase baixo o andel. Ninguén se deu conta daquilo, e Lula pasou toda a noite chorando, sabendo que quedaría baixo o estante até poñerse mofenta. Lila, moi apenada, lamentábase da sorte da súa amiga, sen poder facer nada. Ao día seguinte, cando a media mañá achegouse unha señora acompañada por un neno adorable, disposta a comprar a bolsa de Lila, esta non podía alegrarse pensando na desgraza de Lula. E nun momento de tolemia e amizade, fixo un último esforzo por axudar á súa amiga da infancia: xusto cando o neno ía agarrar a bolsa, Lila sei deixou caer do estante e foi parar ao chan xunto a Lula. O neno, sorprendido e divertido, agachouse e sen darse conta colleu ambas as bolsas. Lila acabou cun par de talos rotos, pero non lle importou facer aquilo por salvar á súa amiga. E cando horas despois compartía o prato do neno con Lula, sentiuse a espinaca máis feliz do mundo por poder cumprir o seu soño xunto á súa mellor amiga. Pedro Pablo Sancristán
Personaxes: Narrador, espinaca Lula, espinaca Lila, se単ora con cesta, outra se単ora , neno,
A árbore e as verduras Había unha vez un precioso horto sobre o que se levantaba unha frondosa árbore. Ambos daban a aquel lugar un aspecto precioso e eran o orgullo do seu dono. O que non sabía ninguén era que as verduras do horto e a árbore se levaban fatal. As verduras non soportaban que a sombra do árbore lles deixase a luz xusta para crecer, e a árbore estaba farto de que as verduras se bebesen case toda a auga antes de chegar a el, deixándolle a xusta para vivir. A situación chegou a tal extremo, que as verduras se fartaron e decidiron absorber toda a auga para secar a árbore, ao que a árbore respondeu deixando de dar sombra para que o sol directo de todo o día resecara as verduras. En moi pouco tempo, as verduras estaban esmirriadas, e a árbore comezaba a ter as ramas secas. Ningún deles contaba con que o granxeiro, vendo que toda a horta se botara a perder, decidiu deixar de regala. E entón tanto as verduras como a árbore souberon o que era a sede de verdade e estar destinados a secarse. Aquilo non parecía ter solución, pero unha das verduras, un pequeno calabacín, comprendeu a situación e decidiu cambiala. E a pesar da pouca auga e a calor, fixo todo o que puido para crecer, crecer e crecer... E conseguiu facerse tan grande, que o granxeiro volveu regar o horto, pensando en presentar aquel fermoso calabacín a algún concurso. Desta forma as verduras e a árbore déronse conta de que era mellor axudarse que enfrontarse, e de que debían aprender a vivir co que lles tocaba, facéndoo o mellor posible, esperando que o premio viñese despois. Así que xuntos decidiron colaborar coa sombra e a auga xuntos para dar as mellores verduras, e o seu premio veu despois, pois o granxeiro dedicou a aquel horto e aquela árbore os mellores coidados, regándoos e abonándoos mellor que ningún outro na rexión. Pedro Pablo Sancristán
Personaxes: Narrador, árbore, 3 verduras ( cenoria, pemento e calabacín), granxeiro.