textos expositivos

Page 1


TEXTOS EXPOSITIVOS

Produción dun texto expositivo

Unha vez decidido que imos a escribir un texto expositivo e seleccionado o tema, podemos pasar a traballar os coñecementos previos, pero tamén podemos comezar por establecer a finalidade, é dicir, para que imos escribir o texto, nos termos que se indica máis abaixo. O traballo iníciase con todo o grupo, paso a paso e modelando como facemos os adultos ó escribir un texto. Posteriormente, pasaríase á elaboración do texto de forma individual, por parellas ... A modo de exemplo, se a proposta é escribir sobre un animal, poderiamos seguir una pauta como a que se explica deseguido. 1. Traballa-los coñecementos previos de que dispoñen sobre o contido en concreto: que saben, achegarlles información... e ir completando un cadro como o que se mostra a continuación coa información. Que sei do tema?

Anatomía

Reprodución Alimentación Hábitat

Costumes

2. Establecer unha finalidade que, se é posible, inclúa un destinatario que implique comunicación real porque isto axudará á motivación.

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


TEXTOS EXPOSITIVOS Está en relación co tipo de texto. Neste caso sería explica-lo que sabemos para comunicarlle coñecementos a outras persoas: expoñelo en clase, darlle información a alumnado máis pequeno, elaborar un libro de aula ... No caso de que xa tiveramos fixada a finalidade ó inicio como primeiro paso do proceso, aquí trataríase de pasar directamente a ir vendo que información nos pode faltar para poder escribir o texto, tendo en conta a finalidade (probablemente non será o mesmo que vaiamos a lerlle o texto a alumnado de EI que ó alumnado de 6º). Nesta fase é obvio que o alumnado precisará moita axuda por parte do adulto e, por suposto, máis aínda no caso do alumnado máis pequeno, o menos experto …

Que necesito aprender?

Anatomía

Reprodución Alimentación Hábitat

Costumes

3. Ver como organiza-lo contido, a partir dun esquema Para elabora-lo texto podemos empregar un cadro, un esquema ou un mapa conceptual incompleto que nos sirva para selecciona-los contidos que decidimos incluír, xerarquizalos e organizalos ... Un

exemplo sería o cadro que se mostra a continuación no que se iría

colocando nas casillas a información recollida de libros, vídeos, etc.

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


TEXTOS EXPOSITIVOS

Que aprendín?

Anatomía

Reprodución Alimentación Hábitat

Costumes

A partir da información que se inclúa, iríamos elaborando o texto.

Outra posible forma que podería adoptar este esquema-base do contido que queremos incluír no texto sería o que sigue:

A vaca Como é (anatomía) Como se reproduce Alimentación Onde vive (hábitat) Costumes Se se trata de explicar como se prepara un plato de comida, podería ser:

Os ingredientes...

Preparación dos ingredientes

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

o esquema

Como facemos para cociñalos


TEXTOS EXPOSITIVOS

4. Revisa-lo escrito Reler centrándose en determinados aspectos que parezan de interese prioritaria (coherencia, ortografía...), utilizando o esquema de partida. Trátase de seleccionar que corrixir, non intentar corrixilo todo, senón de darlle prioridade a algún aspecto: sei falta algún elemento, a conexión entre elementos, ortografía... Pasa-lo traballo a limpo (“editar”), lelo en EI ...

Unha clasificación de textos expositivos Ofrecemos unha clasificación de textos expositivos, en calidade de material informativo para o profesorado, por se nalgún momento pensamos que pode ser de interese ter en conta esta distinción, tanto de cara á planificación da ensinanza da produción deste tipo de textos coma de cara a proporcionarlle a nenos e nenas explicacións ó respecto, se as consideraramos precisas. De tódolos xeitos, é de ter en conta que difícilmente se encontrarán textos puros. Máis ben, dentro dun mesmo texto seguramente encontraremos diferentes tipos en función da intención e do contido.

Xeneralización

Parten dunha descrición de tipo xeral (adoita ser a idea principal) e a continuación vaise aclarando esta idea e exemplificando.

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


TEXTOS EXPOSITIVOS

Descrición xeral

Aclaración

Aclaración

Aclaración

Exemplo

Exemplo

Exemplo

Como indicadores aparecen palabras ou expresións como é /por exemplo/. Argumentación

Consiste nunha exposición que pretende convencer dunha crenza ou opinión, ofrecendo razóns a favor dunha conclusión. Tamén soen aparecer exemplos para apoia-las razóns que se dan. A idea principal é a frase que resume a conclusión do autor e da que pretende convencer. Soe aparecer de forma explícita ó principio ou ó final do texto.

Conclusión Razón

Razón

Razón

Exemplos

Exemplos

Exemplos

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


TEXTOS EXPOSITIVOS

Hai

indicadores

de

que

sigue

unha

conclusión

como

son:

polo

tanto,

consecuentemente, así que, entón, implica que, proba de que, dedúcese que, por elo, razóns polas que. Outros indican que sigue unha razón como son: porque, as razóns polas que, por, en vista de que.

Problema-solución

Plantéase un problema ó que se lle trata de dar solucións. A idea principal soe estar organizada en dúas partes: o problema (ou pregunta) e a solución (ou resposta).

Problema

Solución

Problema

Solución

Hai palabras que se utilizan indícanos o planteamento dun problema, como: o problema é, a pregunta é, a necesidade de prevenir, a investigación. Outras indican que se formulan solucións: a solución, a resposta, a réplica, a explicación, para resolve-lo problema.

Comparativo

Preséntanse semellanzas e diferencias entre feitos, ideas ..., co fin de afondar na información que se quere exponer.

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


TEXTOS EXPOSITIVOS A idea principal inclúe a información relativa ás semellanzas ou diferencias.

Relación Semellanzas

Diferenzas

Os indicadores deste tipo de textos son: a diferenza de, polo contrario, distínguese de, en contraste con, o mesmo que, parécese a, do mesmo xeito que. Causal

Plantéase algo e explícanse as súas causas, si ben temporalmente as causas son sempre anteriores ós efectos. A idea principal é a frase que inclúe tanto as causas como os efectos.

Causas

Efectos

Os indicadores adoitan ser expresións do tipo de: a causa de, ten como resultado, o desencadeante, o factor responsable, son orixinadas por. Secuencia

Describe unha serie de pasos ou feitos conectados no tempo, de forma que non se pode suprimir un sin que perda sentido todo o proceso. A idea principal ten que inclui-la secuencia temporal entre os feitos.

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


TEXTOS EXPOSITIVOS

Tema xeral Fase

Fase

Fase

Resultado Como indicadores soe haber palabras do tipo de: os paos para, as etapas, os estadios, o primeiro paso ... despois.

Clasificación

Sepáranse grupos de obxectos ou fanse clases en función de determinadas características.

Soen

aparecer

exemplos

representativos

dos

grupos

establecidos. A idea principal debe recolle-los grupos que se establecen e as súas propiedades ou características.

Grupos ou clases Trazos da clase

Trazos da clase

Trazos da clase

Exemplos

Exemplos

Exemplos

Os indicadores son do tipo de: podemos agrupar, podemos clasificar, pódense distinguir os grupos, pódense dividir.

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


TEXTOS EXPOSITIVOS

Referencias bibliográficas

-Sánchez, E. ( 1998) Comprensión y redacción de textos. Barcelona. Edebé. -Wray, D. e Lewis, M. (2000) Aprender a leer y escribir textos de información. Madrid. Morata.

Orientación - C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.