LIBRO COLECTIVO CANTIGAS GALEGAS

Page 1

S A G I T N A C S A G E L A G


Estimadas familias: Como ben sabedes durante este curso estamos traballando no Centro no Proxecto : “TRADICIÓN E MODERNIDADE NA MÚSICA GALEGA” Somos un pobo moi rico en creacións populares, en tradicións que configuran o noso sentir e polo tanto pensamos que é moi importante sacalas da memoria, tendo como propósito preservar a nosa música, os nosos cantos e arrolos, as nosas cantigas para afondar nas nosas raíces. Deste xeito, se así o facemos, conservaremos o noso patrimonio cultural e aseguraremos a transmisión das nosas tradicións que serverá de herdanza ás novas xeracións . Na cultura de todos os pobos é preciso saber de onde vimos para coñecer cara onde camiñamos. Se traballamos todos xuntos estamos seguros que poderemos sacar á luz moitas das cantigas, de nanas, de cantos de reis, de pequenos poemas e ditos que permanecen nas nosas memorias porque os nosos avós, os nosos veciños, os nosos país agarimosamente algunha vez foron quen de acariñarnos con elas. Propoñémosvos pois, crear un libro colectivo no que cada quen aporte o seu pequeno e gran saber e no que recollamos todas as cancións e cantigas populares que lembremos. Nas seguintes páxinas poderás escribilas e ilustralas sendo moi importante que o fagades na compaña dos vosos fillos/as. Se algunha familia sabe máis de unha, podedes utilizar as follas que estimedes tanto para redactar o texto como para facer uso da vosa creatividade ao ilustralas. Animámosvos a participar activamente preguntando as persoas máis maiores do lugar podendo incluso, se o estimades oportuno, facer algunha gravación para deleite e disfrute de todos/as. O libro estará en posesión de cada familia unha semana ao cabo da cal será devolto ao Centro para que poida continualo outra familia. No remate final faremos unha exposición de todos os traballos no Centro e sentirémonos moi satisfeitos DE CREAR UN TRABALLO COLECTIVO e de ser transmisores da nosa propia cultura. Vais pois, O NOSO AGRADECEMENTO.


TIPO DE CANTIGA: Canción de berce, Panxoliña, Cantos de Reis, Magosto, Entroido,Traballos e oficios, Maios,....

TÍTULO:

ILUSTRACIÓN:

FAMILIA:

SI

QUEN A CONTA: PROCEDENCIA:

TEN GRAVACIÓN:

NON


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.