Secuencia didáctica para traballar os contos

Page 1

DTO ORIENTACIÓN C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


SECUENCIA DIDÁCTICA Proposta xeral 1º. Lemos con toda a clase contos con finais diferentes (Cuentos para jugar de Rodari ou outros).

2º. Analizamos con todo o grupo o contido dos distintos apartados en contos coñecidos. Empregamos para isto un cadro como o que se xunta ou outro. Unha vez rematada a análise, tratamos de inventar outros finais para os contos traballados. Isto podemos facelo dicindo entre todos propostas de finais e escribimos os seleccionados no lugar que corresponda no cadro-ficha que empreguemos.

3º. Escribimos contos toda a clase. ` Para facilitar o chegar a finais distintos, podemos emprega-la técnica do conto ó revés (Caperuchina é mala e o lobo é bo, Cincenta é unha boa peza que lle da disgustos á madrastra e lles rouba o noivo ás boas irmás, etc.) ou a técnica de introducir un personaxe que non pertence ó conto. Para guía-la produción do texto, podemos: Usar materiais impresos nos que se propoñen os pasos a seguir con apoios gráficos que recollan diferentes elementos do relato (por exemplo, quen, cando, onde, que sucede, que sucede despois, como remata) ou con indicacións escritas. Apoiarnos como guía nas funcións de Propp ou nas tramas que propón Corbett. Son guías para nós. Polo tanto, empregámolas sen que sexa necesario dicirllas ó alumnado nos termos que nós as temos. Nos últimos cursos poderíase intentar que usasen este tipo de guías, adaptándoas.

4º. Escribimos contos de forma individual. Podemos utilizar apoios e pautas como os empregados para a fase anterior. DTO ORIENTACIÓN C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


Concreción en Educación Infantil Podemos: Lerlle un conto e despois intentamos dicirlle algunha outra forma de empezar e de rematar ese conto mediante frases (temos páxinas que nos dan exemplos). Con contos que coñezan, ir dicindo

como comezan e como

rematan. Probar a ver se son capaces de identificar como comeza e como remata un conto que lle lemos. Probar a ver se son capaces de utilizar algunha das frases para empezar e rematar que lle dimos con outro conto.

Sería posible producir un conto en grupo, á vez que a persoa adulta o vai escribindo:  A modo de descrición dunha historia en debuxos.

 Seguindo as instrucións que lle imos dando en base a esquemas de distintos tipos de contos (temos para seguir as funcións de Propp ou a proposta de Corbett, pero podería ser outra a base como, por exemplo, un guión en viñetas que recolla “quen, cando, onde, que sucede, que sucede despois, como acaba”).

DTO ORIENTACIÓN C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


Concreción en 1º curso de ED. Primaria 1º. Oralmente, con todo o grupo: -

Lerlle un conto e despois intentamos dicirlle algunha outra forma de empezar e de rematar ese conto mediante frases (temos páxinas que nos dan exemplos).

-

Con contos que coñezan, ir dicindo

como comezan e como

rematan. -

Probar a ver se son capaces de identificar como comeza e como remata un conto que lle lemos.

-

Probar a ver se son capaces de utilizar algunha das frases para empezar e rematar que lle dimos con outro conto.

2º. Analizamos con todo o grupo o contido dos distintos apartados en contos coñecidos. Empregamos para isto un cadro como o que se xunta ou outro e a mestra vai escribindo.

3º. Escribimos un conto toda a clase e dámoslle máis de un final. 4º. Cara o remate de curso, podemos intentar escribir contos individualmente cunha guía visual, aínda que os relatos sexan moi curtos (inicio, algo sobre os acontecementos e como finaliza).

DTO ORIENTACIÓN C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


Concreción en 2º curso de ED. Primaria 1º. Lemos con toda a clase contos con finais diferentes (Cuentos para jugar de Rodari ou outros). 2º. Analizamos con todo o grupo o contido dos distintos apartados en contos coñecidos. Empregamos para isto un cadro como o que se xunta ou outro. Unha vez rematada a análise, tratamos de inventar outros finais para os contos traballados. Isto podemos facelo dicindo entre todos propostas de finais e escribimos os seleccionados no lugar que corresponda no cadro-ficha que empreguemos.

3º. Escribimos contos toda a clase. ` Para facilitar o chegar a finais distintos, podemos emprega-la técnica do conto ó revés (Caperuchina é mala e o lobo é bo, Cincenta é unha boa peza que lle da disgustos á madrastra e lles rouba o noivo ás boas irmás, etc.) ou a técnica de introducir un personaxe que non pertence ó conto. Para guía-la produción do texto, podemos. -

Usar materiais impresos nos que se propoñen os pasos a seguir con apoios gráficos que recollan diferentes elementos do relato (por exemplo, quen, cando, onde, que sucede, que sucede despois, como remata) ou con indicacións escritas.

-

Apoiarnos como guía nas funcións de Propp ou nas tramas que propón Corbett. Son guías para nós. Polo tanto, empregámolas sen que sexa necesario dicirllas ó alumnado nos termos que nós as temos.

4º. Escribimos contos de forma individual. Podemos utilizar apoios e pautas como os empregados para a fase anterior.

DTO ORIENTACIÓN C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


Concreción en 3ºe 4º curso de ED. Primaria 1º. Lemos con toda a clase contos con finais diferentes (Cuentos para jugar de Rodari ou outros).

2º. Analizamos con todo o grupo o contido dos distintos apartados en contos coñecidos.

Empregamos para isto un cadro como o

que se xunta ou outro. Unha vez rematada a análise, tratamos de inventar outros finais para os contos traballados. Isto podemos facelo dicindo entre todos propostas de finais e escribimos os seleccionados no lugar que corresponda no cadro-ficha que empreguemos.

3º. Escribimos contos toda a clase. Para facilitar o chegar a finais distintos, podemos emprega-la técnica do conto ó revés (Caperuchina é mala e o lobo é bo, Cincenta é unha boa peza que lle da disgustos á madrastra e lles rouba o noivo ás boas irmás, etc.) ou a técnica de introducir un personaxe que non pertence ó conto. Para guía-la produción do texto, podemos. -

Usar materiais impresos nos que se propoñen os pasos a seguir con apoios gráficos que recollan diferentes elementos do relato (por exemplo, quen, cando, onde, que sucede, que sucede despois, como remata)

ou con

indicacións escritas. -

Apoiarnos como guía nas funcións de Propp ou nas tramas que propón Corbett. Son guías para nós. Polo tanto, empregámolas sen que sexa necesario dicirllas ó alumnado nos termos que nós as temos.

4º. Escribimos contos de forma individual. Podemos utilizar apoios e pautas como os empregados para a fase anterior.

DTO ORIENTACIÓN C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


Concreción en 5ºe 6º curso de ED. Primaria 1º. Lemos con toda a clase contos con finais diferentes (Cuentos para jugar de Rodari ou outros).

2º. Analizamos con todo o grupo o contido dos distintos apartados en contos coñecidos.

Empregamos para isto un cadro como o

que se xunta ou outro. Unha vez rematada a análise, tratamos de inventar outros finais para os contos traballados. Isto podemos facelo dicindo entre todos propostas de finais e escribimos os seleccionados no lugar que corresponda no cadro-ficha que empreguemos.

3º. Escribimos contos toda a clase.

Para facilitar o chegar a finais

distintos, podemos emprega-la técnica do conto ó revés (Caperuchina é mala e o lobo é bo, Cincenta é unha boa peza que lle da disgustos á madrastra e lles rouba o noivo ás boas irmás, etc.) ou a técnica de introducir un personaxe que non pertence ó conto.

Para guía-la produción do texto, podemos. -

Usar materiais impresos nos que se propoñen os pasos a seguir con apoios gráficos ou con indicacións escritas.

-

Apoiarnos como guía nas funcións de Propp ou nas tramas que propón Corbett. Son guías para nós. Polo tanto, empregámolas sen que sexa necesario dicirllas ó alumnado nos termos que nós as temos. Con todo, pode ser de interese proporcionarlle a modo de indicación algúns elementos de Propp ou de Corbett para que escriban un texto seguíndoos. Agora ebn, segramente sexa conveniente “traducilos”-adaptalos para o alumnado.

4º. Escribimos contos de forma individual. Podemos utilizar apoios e pautas como os empregados para a fase anterior. DTO ORIENTACIÓN C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


Personaxes e Marco

Problema inicial e Accións

Personaxe principal: Problema (que sucede): Alicia

Remate

Como acaba:

Alicia durmiuse e empezou a Deuse de conta soñar que seguía a un coello de que todo fora un soño.

Outros personaxes: Coello, duquesa, outros animais, raíña

Cando ocorre a historia: Unha tarde de verán

Onde ocorre o historia: Nun bosque

Que aventuras ocorren: Foise encontrando con animais que a foron guiando. Chegou ó mundo dos naipes e a raíña de corazóns quería matala. Escapou. Espertou.

DTO ORIENTACIÓN C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO


Personaxes e Marco

Problema inicial e Accións Remate

Personaxe principal: Problema (que sucede):

Outros personaxes:

Cando ocorre a historia:

Que aventuras ocorren:

Onde ocorre o historia:

DTO ORIENTACIÓN C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

Como acaba:


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.