Mulleres na Revolución Francesa. Proposta de traballo

Page 1

IES Francisco Aguiar. Betanzos

Historia do Mundo Contemporáneo. 1º BAC

PROPOSTA DE TRABALLO.

AS MULLERES NA REVOLUCIÓN FRANCESA Sara-Alba. Posto que vos interesou máis ou menos o mesmo tema, O PAPEL DAS MULLERES NA REVOLUCIÓN FRANCESA, o que vos propoño é que fagades un traballo compartido. O tema pode ser moi amplo así que se atopades outra compañeira/o que queira participar sería benvida/o. Nel cada participante faría unha parte do e de xeito conxunto redactaríades a introducción e unha conclusión tamén común. Respecto ás características que debe ter un traballo en 1º BAC, compre ter en conta algunhas cuestións: - O traballo consiste en buscar información para desenvolver un tema. Pero esa información obtémola de diversas fontes polo que sempre debemos decir cal é a fonte que empregamos ( se coñecemos o autor/a, a páxina da que sacamos a información…). Estes datos deben poñerse ao final do traballo nunha sección que chamedes ”bibliografía” pero tamén debía ir aparecendo conforme vaiades desenvolvendo o tema. -

É moi importante que o traballo sexa voso. É dicir vos tomaredes a información de fontes pero evitade copialas, buscade as palabras para contar o que ledes. Se houber algunha frase ou párrafo que vos parece especialmente boa ou interesante, ou reflexa unha opinión persoal dun autor, transcribídea entre comiñas e citando ao seu autor/a.

-

No que respecta á presentación. A se posible escribídeo co ordenador e , se podedes entregades ou enviades o arquivo informático. Procurade coidar a redacción e incluide imaxes para ilustrar o traballo que, veredes, é moi doado encontralas sopbre este tema.

-

Se o entregades por escrito, lembrade facerlle unha portada na que se indique o título e as/os autoras, númerar as páxinas, incluir un índice e unha bibliografía das fontes empregadas, e deixar sempre unha páxina en branco ao final.

Desarrollo do contido (Podedes atopar información nas direccións indicadas ou noutras que busquedes)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.