1 minute read
BENZOADA
Falamos de Rosalía
Xuramento de anguria. Soedade. Pensamento de pedra. Chámase berro de auga. Desamparo.
Advertisement
Chámase olvido. E chámase arelanza. E vida e liberdade e compaña dos nosos. Chámase sono. Sorte. Lar. Saudade. Chámase choiva que lourea os froitos.
Hai unha voz. Chámase Rosalía. Sete letras de laio. Saudade dunha fala ferida.
Esperanza dun mundo que inda fica nun berro de liberdade. Hai unha voz. A súa. Benzoada.
BENZOADA
Benzoados os tempos do infortunio que fixeron posible esa voz silandeira, Rosalía.
Benzoadas todas as nordesías que asulagan teus salaios de acibro.
Benzoada sexa a túa orfandade que a todos nos fire entrañablemente.
Benzoada a fontela de anceios de morte que asulagou o teu vivir, a carón da máis grande das mágoas.
23 de febreiro 2022
Equipo de Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” 15 IES “San Paio”