Falamos e lemos sobre Rosalía

Page 16

Falamos de Rosalía

23 de febreiro 2022

Xuramento de anguria. Soedade. Pensamento de pedra. Chámase berro de auga. Desamparo. Chámase olvido. E chámase arelanza. E vida e liberdade e compaña dos nosos. Chámase sono. Sorte. Lar. Saudade. Chámase choiva que lourea os froitos. Hai unha voz. Chámase Rosalía. Sete letras de laio. Saudade dunha fala ferida. Esperanza dun mundo que inda fica nun berro de liberdade. Hai unha voz. A súa. Benzoada.

BENZOADA Benzoados os tempos do infortunio que fixeron posible esa voz silandeira, Rosalía. Benzoadas todas as nordesías que asulagan teus salaios de acibro. Benzoada sexa a túa orfandade que a todos nos fire entrañablemente. Benzoada a fontela de anceios de morte que asulagou o teu vivir, a carón da máis grande das mágoas.

Equipo de Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”

15

IES “San Paio”


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.