1 minute read

Celia Parra Díaz

Falamos de Rosalía

Por eso anque en son de festa, alegre á gaitinha se oia pensarte nesta lonxanía creba latexos, a gorxa estoupa.

Advertisement

constatamos que Galicia, ti non tes patria, ti vives no mundo soia.

23 de febreiro 2022

Celia Parra Díaz (Ourense, 1990)

Non me espriquéi cal quixera, pois son de esprincasa pouca; si grasia en cantar non teño, o amor da patria me afoga.

Dixen carballo e respondéronme eucalipto. Dixen fervenza e respondéronme encoro. Dixen muller e respondéronme labrega.

E será que non me explico ben, que non entenden a cadencia desta lingua de cumes e ondas, pero quixen falar de loita e entendéronme choros.

Prendín no tendal as palabras todas que me arrolaron dende nena para que preñen de vento e bailen o teu nome e sexan, coma ti, matrioshkas nais desdobrando un país sen lindes.

Pero será que non canto ben, que desafino de tanto amor afogándome o peito e son roncón antes de enfiar a muiñeira.

Porque me desbordan as palabras e cando dixen patria respondéronme pequena e cando dixen lingua seláronme a fala e son chorima e gardo baixo os pétalos a aspereza de tantos anos a resistir a violencia. Pero eles eles entendéronme flor.

Equipo de Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” 13 IES “San Paio”

This article is from: