Falamos de Rosalía
23 de febreiro 2022
Por eso anque en son de festa, alegre á gaitinha se oia pensarte nesta lonxanía creba latexos, a gorxa estoupa. constatamos que Galicia, ti non tes patria, ti vives no mundo soia.
Celia Parra Díaz (Ourense, 1990) Non me espriquéi cal quixera, pois son de esprincasa pouca; si grasia en cantar non teño, o amor da patria me afoga. Dixen carballo e respondéronme eucalipto. Dixen fervenza e respondéronme encoro. Dixen muller e respondéronme labrega. E será que non me explico ben, que non entenden a cadencia desta lingua de cumes e ondas, pero quixen falar de loita e entendéronme choros. Prendín no tendal as palabras todas que me arrolaron dende nena para que preñen de vento e bailen o teu nome e sexan, coma ti, matrioshkas nais desdobrando un país sen lindes. Pero será que non canto ben, que desafino de tanto amor afogándome o peito e son roncón antes de enfiar a muiñeira. Porque me desbordan as palabras e cando dixen patria respondéronme pequena e cando dixen lingua seláronme a fala e son chorima e gardo baixo os pétalos a aspereza de tantos anos a resistir a violencia. Pero eles eles entendéronme flor. Equipo de Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo”
13
IES “San Paio”