1 minute read

Marga do Val

Next Article
Celia Parra Díaz

Celia Parra Díaz

Falamos de Rosalía

23 de febreiro 2022

Advertisement

Sedenta coma un mar e no teu mar, afogada.

Ti es pra min unha callada piña de moitas primaveras agardadas onde xogaron anxos onde vibraron ás sen movelas. Sedenta coma un mar e no teu mar, afogada.

Ti es pra min a historia da meniña que ía soñando praias ata que deu marea a un ben triste mañá. Sedenta coma un mar e no teu mar, afogada.

Ti es pra min o lombo dunha sombra onde todo resulta preguntado e o paso das persoas faise lene... Sedenta coma un mar e no teu mar, afogada.

¡Ti es pra min a terra dunha tumba, cumpridamente limpa de pisadas!...

http://eutamennavegar.blogspot.com/2014/12/rosalia-ti-es-pra-min-barquina-que.html

Marga do Val (Vigo, 1964)

Ven a noite..., morre o día, as campanas tocan lonxe o tocar da Ave María.

Xa antes de se contaren séculos falaban dela En vella Mais ela ficou Mudaron os marcos os foros os portos os trabucos Ela vindo indo

Cada día camiño branco

Do herbario de follas ordenadas Do libro de rezos miúdiños Do misal de proféticas sentencias Fuxiu E anda anda

Equipo de Biblioteca e Club de Lectura “Pedra do Acordo” 18 IES “San Paio”

This article is from: