Agradecementos
Un ano máis sae O Falar das Ondas para recoller parte daquelas actividades que dinamizaron un anaquiño máis a lingua galega no noso centro. Só son unhas pequenas pinceladas do que se fixo. En primeiro lugar, queremos mostrar o noso agradecemento a todo o alumnado que participou non só na elaboración da revista, senón tamén en todas as actividades que ao longo do curso se levaron a cabo. Grazas a todas e todos polo voso entusiasmo e traballo. Seguide por este camiño.
Así naceu o anuario que tivo unha boa acollida. Dende o EDL do IES David Buján non queremos deixar pasar a ocasión para agradecer o esforzo e o empeño posto por t o d o s o s departamentos, en maior ou menor medida, en favor da normalización e dinamización da lingua galega no noso centro. Sabemos do traballo que require, pero o resultado paga a pena. Para rematar queremos mostrar a nosa sincera gratitude a todas as persoas que sempre estiveron dispostas a colaborar connosco e que fixeron posibles non só as actividades de dinamización que se levaron a cabo, senón tamén que teñas nas túas mans esta revista, xa tan nosa. Moitas grazas a todas e todos.
Se tiveramos que destacar algunha das actividades, sen dúbida ningunha sería a visita de Xosé Neira Vilas. Pero houbo outras que deixaron pegada. O taller de barro tivo moito éxito. Grazas Ana. Os alumnos Feliz verán!! espérante o ano que vén. Houbo moita participación nas a c t i v i d a d e s relacionadas co Ano Celso Emilio Ferreiro.
contido O oficio dos oleiros
2
O Día da Ciencia en Galego
3
O Samaín
4
Pelos na lingua
5
Xogos populares
6-7
Cine en galego
7
Microrrelatos contra a violencia de xénero
8
Os nadais
9
Ano Celso Emilio Ferreiro
10-11
Wislawa Szymborska
12
Día de Rosalía de Castro
13
Xosé Neira Vilas
14
Visitaron o centro
15-17
Rutas Literarias polo Museo
18-19
Roteiro Rosaliano
20-21
A mocidade coa Nosa Lingua
22
Correlingua
23
Certame Literario
23-24
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 2
O oficio dos oleiros No primeiro trimestre fixemos una actividade moi especial e que xa conta cunha tradición no instituto: os oficios antigos. Os alumnos de 2º da ESO participamos nun obradoiro de barro, que nos impartiu Ana, una oleira de Brexo.
Comezando cos traballos de modelado
O oficio dos oleiros, un dos máis antigos e tradicionais, consiste en facer con barro olas, xerras, tarteiras, sellas,
cuncas, espellos... Outrora, como nos dixo Ana, era o propio oleiro quen realizaba todo o proceso que ía dende a recolleita o barro ata a venda dos produtos polas feiras. Antigamente era un oficio de gran relevancia. Na actualidade case non hai oleiros e o tipo de pezas que fan tamén cambiaron moito. Lorena Amor Pensado e Pablo Manzano
Obradoiro de barro “O oficio dos oleiros foi de importancia onde a terra daba bos barros. Na actualidade Foi perdendo presenza debido á industrialización”
O obradoiro estaba dividido en dúas sesións de 2 horas cada una. A primeira dedicámola ao modelado do barro. Nesta sesión, Ana falounos dos distintos tipos de barro,... e ensinounos pezas feitas por ela. Nesta fase é un elemento imprescindible o torno, O máis típico é o que se impulsa co pé, aínda que hai doutros tipos. Ana desprazou ata a Aula de Plástica o seu torno. Despois todos nos puxemos a modelar a nosa peza. Pero antes había que abrandar o barro. Para modelar uns empregaron o torno e outros modelaron á man. Fixemos figuras variadas como letras, reloxos, animais,
Inés Oitavén no torno
cuncas, colgantes… Para rematar a peza tivemos que repasala con auga. Despois só quedaba deixalas secar para pintalas na seguinte sesión. Despois viría o proceso de metelas no forno para cocelas. Cada alumno fixo unha ou varias pezas, que estiveron expostas na entrada do centro. Foi una actividade moi interesante, pois aprendemos moitas cousas sobre o oficio
dos oleiros, sobre o modelado, sobre o difícil que é traballar no torno ou a práctica que hai que ter, sobre a decoración das pezas... Aquí algúns liámonos cos tintes, pois non se lles vía a cor ata cocer. Pero a experiencia gustounos moito. Grazas, Ana!! Tamara Rama, Antón Alonso e Ricky Correia
XUÑO 2012
Páxina 3
Día da Ciencia en Galego VIDEOCONFERENCIA CON CARRACEDO Carracedo nos falou dende Natal, en Brasil. Carracedo é catedrático de Medicina Legal, director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC, e a súa conferencia “Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial” ía dirixida aos alumnos de 2º da ESO e aos de Bacharelato.
O día venres 4 de Novembro do pasado ano celebrouse unha videoconferencia organizada pola coordinadora galega de ENDL con motivo da celebración do II Día da Ciencia en Galego, na que participaron 97 institutos de toda Galicia, e na que Ángel
Esta actividade tiña como fin non só mostrarnos os avances que se produciron no campo da investigación xenética nos últimos anos e a súa aplicación na investigación po lic ial , se n ón tamén demostrar que toda lingua é capaz de falar sobre a ciencia, incluído o galego, e que non hai unha lingua máis apta para
isto que outra. Aínda que a súa especialidade é a medicina forense, Carracedo falou tamén de temas tan interesantes como o Pero o tema no que máis profundizou foi, loxicamente, o da aplicación dos últimos avances no estudo da xenética á resolución de crimes, el falounos de casos célebres nos que el participara, como o de Alcáser ou o de Van Haia, que deixo a disposición para que aqueles con curiosidade investiguen. E para aqueles aos que lles interese ver a conferencia, poden atopala na páxina da coordinadora galega de ENDL. Adriana Agilda
“No Día da Ciencia en Galego reivindicamos que a nosa lingua tamén é apta para a ciencia”
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 4
O Samaín O Samaín era a festa máis importante para os celtas. O ano novo celta comezaba na noite do 31 de outubro. Aquí remata o verán e comeza o inverno, pois os celtas só tiñan dúas estacións.
Algunhas das cabazas que se presentaron ao concurso
Esta é una noite moi especial. O pobo celta cría que nesta data una porta se abría e que o mundo dos vivos e dos mortos entraban en comunicación. Por unhas horas, os defuntos voltaban
ao seu fogar para quentarse e comer algo. Por iso en toda a aldea había fogueiras para ensinarlles o camiño. O Samaín é o antecedente do Halloween americano. Esta é una tradición de orixe europeo que foi levada a América polos colonizadores ingleses e irlandeses e aquí transformouse no que hoxe coñecemos. Lorena Pérez Valiño e Lucía Mesías
Concurso de decoración cabazas no instituto.
“O Samaín é una celebración de orixe celta que o cristianismo reconverteu no día de todos os santos”
Un ano máis no noso instituto celebramos o Samaín. Esta festa, que hai anos parecía un pouco esquecida, ultimamente estase a r ecuper ar . Nós tamén quixemos participar na súa recuperación. En primeiro lugar houbo una pequena exposición sobre o Samaín onde se explicaba a orixe da festa, o significado, a historia, … Pero o prato forte foi o Concurso de Decoración de Cabazas. Podíase participar de forma individual ou en parellas. Só había que decorar una cabaza e entregala no centro entre os días dous e tres de novembro. Foron
Cabaza de Jairo Posse
moitos/as os/as alumnos/as que se animaron a facer a súa cabaza. Preto de corenta foron os traballos entregados.
Todos estaban moi ben e o xurado tívoo moi difícil para decidir os gañadores. Inés Oitavén, Inés Castro e Jairo Posse
Gañadores I Concurso de Cabazas 3º Premio: 1º premio:
Jairo Pose Villar
Lía Pérez Barrán e Begoña Pérez
4º Premio:
2º Premio
Antón Alonso
Carolina González Sanz
5º premio Silvia Velo e Lucía Mesías
XUÑO 2012
Páxina 5
Talía Teatro
Pelos na lingua
Cartel da obra feito por Kiko DaSilva
O Día 11 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO do IES David Buján, convidados polo Concello, asistiron a una representación teatral que se desenvolveu no Local da Xuventude de Cecebre. Nese escenario a Compañía teatral Talía Teatro representaba a comedia Pelos na lingua que, ata certo punto, é continuación da obra anterior Bicos con lingua.
Escenario preparado para a representación.
unha serie de esqueches onde se mostran diferentes situacións da vida e distintas reaccións da xente coa lingua galega de fondo. O espectáculo resultou moi áxil e dinámico. Nesta transición fluída tiveron un papel importante os escenarios tan simplificados que empregaron. Con tres cadeiras a
compañía creou una infinidade de ambientes. O espectáculo convida á reflexión sobre a situación da lingua aquí e agora pero sen esquecer o humor e a ironía. Gustounos e pasámolo ben. Alba Iglesias Fente
un espectáculo fresco e divertido sobre a situación e a consideración do galego”
A obra, en clave humorística, centrábase nos prexuízos, no uso e abuso que está a sufrir a lingua galega. A representación, que foi maxistral, foi levada a cabo por tres actores: María Ordóñez, Artur Trillo e Toño Casais., que mudando moi poucos elementos do seus vestiario (cintos, gafas, gravatas, peiteados,…) foron representando un número realmente espectacular de personaxes que escenificaban
“Pelos na lingua,
Alumnado do IES David Buján acomodándose nas butacas da Casa da Xuventude de Cecebre.
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 6
Os xogos populares
Polo San Martiño, peóns ao camiño practicar os xogos tradicionais.
Visitando a exposición
“O xogo popular nace para satisfacer as necesidades lúdicas marcadas polo xeito de vida do pobo creador”
O 11 de novembro foi o día de San Martiño e como nos recorda o refraneiro os peóns saen ao camiño, é dicir comeza o tempo de xogar coas buxainas. Nós aproveitamos o mes de novembro para coñecer e
Moitos dos xogos tradicionais galegos son estacionais, é dicir, teñen una época determinada do ano para xogárense. Un xogo estacional por excelencia é a buxaina . De feito tamén un refrán nos indica cando é o tempo de deixar de xogar: Polo San Amaro (15 de xaneiro), peón ao tellado. Nunha economía agrícola esta tempada, dende Santos a xaneiro, é cando menos traballo hai no campo. O Departamento de Educación Física e o de Dinamización Lingüística prepararon unha pequena exposición de xogos populares,
para divulgar e conservar as iniciativas lúdicas tradicionais, onde destacaban as bonitas buxainas decoradas polo alumnado do centro. Con este motivo, os distintos grupos traballaron buscando información e preparando uns traballos sobre distintos tipos de pasatempos. Os alumnos de 3º da ESO centráronse nos xogos dinámicos (as características, regras, etc.) e os alumnos de 2º da ESO nos distintos tipos de literatura popular que dende sempre se empregaron para divertirse. (adiviñas, recitados, trabalinguas...). Todo este material expúxose. Sara Mesías de Concepción
O magosto O día 18 de novembro celebramos no noso centro o magosto e fixemos unha p e q ue n a f e s t a . Aproveitamos para pór en practicar todo o que se aprendera sobre os xogos populares. Nos distintos patios do instituto fixéronse exhibicións e competicións de xogos po pulare s. Pasámolo moi ben. Xogouse Practicando cos zancos aos zancos, á goma, á ra, á billarda, á chave, ao futbolín, ao brilé, á goma, á corda, .. Ademais se o facías ben podías gañar un premio. Tiveron moito éxito as larpeiradas. A xente divertiuse moito. Nestes xogos os alumnos de terceiro da ESO actuaron de
organizadores e xuíces de cada xogo. Foi unha xornada divertida. Pero tamén hai que dicir que as castañas que comemos estaban moi boas. Non podía haber un magosto sen castañas. David Torreiro e Javier Zas
XUÑO 2012
Páxina 7
Os xogos populares
Literatura oral O pasados mes de novembro traballamos o xogo popular e a literatura oral, porque ambos están moi emparentados. A literatura permitiu transmitir de xeración en xeración saberes, valores, … dun xeito lúdico. A imaxinación, a inventiva, a memorización póñense en acción en numerosos textos da literatura oral: as cantigas de berce, os arrolos, os trabalinguas, os recitados, os cantos dialogados… A adiviña tamén é un tipo de texto que durante anos se empregou para estimular o intelecto dos nenos ao
mesmo tempo divertían.
que
se
Os alumnos de 2º da ESO fixemos unha recollida de textos da literatura popular con esta dimensión lúdica. Con todos eles fíxose unha
exposición que acompañou aos xogos. Moi orixinais resultaron as buxainas decorados polo alumnado do centro. Antía Pedreira, Ricky Correia e Álvaro Pazos
Cantiga: Chove, chove na casa do pobre; pinga, repinga na casa de Dominga e orballa,
Cine en galego
orballa na casa da
Rematamos o trimestre cunha actividade dedicada ao cine galego. O día 20 de decembro proxectáronse no salón de actos do centro tres filmes en lingua galega. O bosque animado de Manolo Gómez e Ángel de la Cruz foi a película elixida para o primeiro ciclo. É unha das adaptacións que se fixo no 2001 da novela El bosque animado de Wenceslao Fernández Flórez. A película narra a historia dunha toupiña, Furacroios, que ten que salvar as outras toupas do bosque das poutas da señora Dabondo que quere facer un abrigo coa súa pel. Os habitantes da fraga non
humanos son os que teñen o protagonismo desta película de animación. Para o alumnado de 3º e 4º escolleuse a película de Pradolongo de Ignacio Villar onde, a través dunha historia de amor, se reflexiona sobre a relacións que mantemos co noso entorno. Para o alumnado de bacharelato proxectouse a película de Ángel de la Cruz Os mortos van ás presas, una comedia coral e costumista protagonizada por tres parellas de diferentes xeracións. Paula Tosar e Míriam Fernández
Rosaria.
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 8
25 de novembro
Día Internacional contra a Violencia de Xénero O 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia Xénero. Nesta data escribíronse microrrelatos. Aquí deixamos algúns dos máis destacados. NON É NADA, MEU REI! Os berros resoábanme nos oídos, escoitaba golpes outra vez. Agora mamá chora, coma case todos os días. Corro ao meu cuarto e collo o pequeno coello branco, o que me vai protexer e axudarme se o necesito. Escoito un último berro, di que máis nos vale estar na casa cando el volva, e a porta péchase de golpe. Saio do meu cuarto e vexo a mamá sentada, salouca en baixo coa cabeza gacha, os seus brazos están cheos de rabuñaduras. Escóitame, levanta a mirada e ao verme sorrí e di: “Non é nada, meu rei!”.
Paula Gómez Fernández, 4º B
“Esta data Chegara cedo a casa. Ela estaba ledísima! A súa irmá ía ser nai e pedíralle que fora a madriña! E el, que aplacara en parte o seu malestar diario co viño tinto, ollaba con envexa, medo tal vez, ira, como a súa posesión gozaba falando polo móbil sobre que ía ser.
conmemora o asasinato, en
Ao día seguinte, ao recuperar a consciencia, apenas recordaba o acontecido, pero as marcas do cruel cinto, das súas mans frías e da súa casa esnaquizada, recordáronlle o fatal suceso.
1960 na
Pero non volvería a ocorrer, non con ela.
República
Chamou os pais; de que aquilo acabara, se podería volver con eles mentres buscaba alguén que a mereza.
Dominicana,
Ocorreu.
das tres
E comezou... a vivir.
José Luís Represas Alemá 4º A
irmás Mirabal polo réxime de Trujillo ”
QUERIDO DIARIO …
23/09/09 Xa é o terceiro día que che escribo. Esta semana non tiven tempo nin para ver a televisión, e iso que onte botaban o meu programa favorito. E que con isto da mudanza parecemos unha familia de tolos.. Mañá comezo na escola. Estou un pouco nerviosa aínda que miña nai me di que non hai moita diferenza entre 5º e 6º de primaria, que se saquei ben o anterior curso neste non vou ter problema. Os maiores sempre din que todo o que nós temos que facer é moi sinxelo, que xa veremos cos anos ó que eles se enfrontan cada día. Eu non estou completamente dacordo. Agora teño que marchar a axudar miña nai a gardar as cousas nas caixas. Poñereime a escribir en canto poida. … 05/03/10 Hoxe ás dúas da mañá cando aínda non conseguira durmir, chegou meu pai do bar de Manolo. Unha vez máis tiven que escoitar as disputas entre el e miña nai. Eu xa estou cansa de ter que soportar as mesmas escenas dende pouco despois de mudarnos. Non sei o que pasa, non entendo por que meus pais, os que non podían estar máis dun día separados, pasan as tardes discutindo. Serán cousas de maiores... … 08/04/10 De madrugada, hai varios días, veu tía Carlota a casa para levar a mamá ó hospital. Non me deixaron vela desde entón. Din que se trata dunha simple gripe que é contaxiosa, así que nin sequera papá puido ir visitala. ...
Mar Castiella Bañales, 1º A Bach
XUÑO 2012
Páxina 9
Concurso de Felicitacións
Os nadais Un ano máis coa chegada do nadal chegou o Concurso de Nadais. Este xa é un concurso tradicional no centro. Como todos os anos o Equipo de Dinamización Lingüística en colaboración cos restantes Departamentos de linguas e o Departamento de Plástica convocaron o concurso no que había tres categorías (primeiro ciclo, segundo ciclo e bacharelato). Foron moitas as felicitación recibidas., sobre todo das dúas primeiras categorías. Da terceira non se presentou ninguén.
As bases só establecían que cada proposta debía conter unha parte gráfica e un texto que tiña que estar tamén, ou só , en lingua galega. Con todos os traballos presentados fíxose unha exposición na entrada do centro. Tamén se fixo unha presentación dixital cos traballos máis destacados que se colgou na páxina do centro. E cun dos nadais premiados, o centro, a través da páxina web, felicitou as festas á toda a comunidade educativa. Antía García Mejuto e Sonia Rouco Fernández
Exposición cos nadais presentados
Os gañadores
Lema Gañador:
Categoría A: Lucía Mesías Noelia Sánchez, Jairo Posse Martín Patiño. Categoría B Sara Mesías Sofía Torreiro Antía Mejuto Os gañadores cos seus diplomas e agasallos
Algúns dos traballos presentados ao concurso
“ O teu sorriso, o mellor adorno de nadal”
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 10
2012. Ano Celso Emilio Ferreiro lingua galegas. No IES “David Buján” sumámonos a esta homenaxe colectiva realizando diversas actividades relacionadas coa difusión e a lectura da obra de Cels o E mil io Ferreir o : exhibíronse mostras da súa poesía para achegar ao público o máis significativo da súa obra, recitáronse textos seus,...
“ O día que Galicia perda a súa lingoa, deixa de ser Galicia para ser outra cousa” (Celso Emilio Ferreiro)
O Parlamento de Galicia declarou o 2012 “Ano Celso Emilio Ferreiro”, coincidindo coa conmemoración do primeiro centenario do seu nacemento e co cincuentenario dunha das súas obras máis significativas, Longa noite de pedra. Celso Emilio é un dos escritores máis representativos do século XX, un dos grandes referentes da poesía social da posguerra e unha figura fundamental da cultura e
Algúns dos poemas ilustrados polas distintas clases
Pero a actividade na que o alumnado se implicou máis foi na elaboración dunha escolma
poética ferreiriana. Cada grupo escolleu o seu poema favorito e ilustrouno. Aquí vai unha mostra desta homenaxe ao poeta de Celanova. Sara González Míguez
XUÑO 2012
Páxina 11
21 de marzo
Día Mundial da Poesía No noso instituto celebramos o Día Mundial da Poesía con actividades centradas na poesía de Celso Emilio e Rosalía de Castro. Moitas alumnas e alumnos fixeron presentación dixitais onde se incluía un poema recitado por eles. Fixéronse video-poemas con “Irmaus”, “Eu en ti”, “O hincha”, “Asturias”,“Negra sombra”, ... que foron exhibidos ese día.
Celanova que máis lle gustaba. Despois, entre toda a clase, decidíase cal era o poema que máis gustaba para representar a aula. Este poema figura ao lado da foto do grupo no anuario. Finalmente cada clase ilustrou ese poema. Aquí móstrase esa creatividade.
Escolma ferreirina
Común temos a patria, común a loita, ambos. A miña mau che dou, coma un irmau che falo.
Alba Varela Diapositiva dun videopoema sobre “Irmaus”.
“Na
poesía tamén
se forxa un Fixemos unha antoloxía de poemas de Celso Emilio entre todo o centro. Primeiro cada alumna/o escollía o poema do poeta de
profundo vínculo entre diversidade cultural e diversidade lingüística ( Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO”
Algúns dos traballos presentados ao concurso
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 12
Wisława Szymborska Wisława Szymborska, nada en Kórnik (Polonia) o 2 de marzo de 1923 e finada o 1 de febreiro de 2012. Obtivo o Premio Nobel de Literatura en 1996. Parte da súa obra poética foi traducida ao galego por Lucía Caeiro para Edicións Positivas. Os alumnos de 4º da ESO traballaron especialmente o poema “Posibilidades”. A partir do texto da Szymborska o alumnado elaborou o seu propio poema “posibilidades”, despois, escollendo versos destes poemas, compuxemos un poema de grupo. Posibilidades Prefiro o cine. Prefiro os gatos. Prefiro os carballos á beira do Warta. Prefiro Dickens a Dostoiesvski. Prefiro que me guste a xente a amar a humanidade. Prefiro ter á man fío e agulla. Prefiro non afirmar que a razón é a culpable de todo. Prefiro as excepcións. Prefiro saír antes. Prefiro falar de outra cousa cos médicos. Prefiro as vellas ilustracións a raias. Prefiro o ridículo de escribir poemas ao ridículo de non escribilos. Prefiro no amor os aniversarios non exactos que se celebran todos os días. Prefiro os moralistas que non me prometen nada. Prefiro a bondade astuta que a demasiado crédula. Prefiro a terra vestida de civil. Prefiro os países conquistados aos conquistadores. Prefiro ter reservas. Prefiro o inferno do caos ao inferno da orde. Prefiro os contos de Grimm ás primeiras planas do xornal. Prefiro as follas sen flores á flor sen follas. Prefiro os cans coa cola sen cortar. Prefiro os ollos claros porque os teño escuros. Prefiro os caixóns. Prefiro moitas cousas que aquí non mencionei a moitas outras tampouco mencionadas. Prefiro o cero só ao que fai cola nunha cifra. Prefiro o tempo insectil ao estelar. Prefiro tocar madeira. Prefiro non preguntar canto me queda e cando. Prefiro tomar en conta a posibilidade de que o ser ten a súa razón.
Xente na ponte, 1986 (Tradución nosa da versión en castelán de Gerardo Beltrán)
Posibilidades, 4º A Prefiro galego. Prefiro azucre. Prefiro vermello sen sangue. Prefiro chegar a tempo pero sen alarmas que me desperten. Prefiro que non doa. Prefiro non preferir. Prefiro un amencer. Prefiro persuadirme. Prefiro o cantar dos paxaros. Prefiro soñar desperta. Prefiro pequenos detalles. Prefiro a música alta para evadirme dos problemas. Prefiro dous ca un. Prefiro voar que camiñar. Prefiro ser o teu presente a ser o teu pasado. Prefiro a improvisación. Prefiro a independencia.
Posibilidades, 4º B Prefiro vivir. Prefiro alegría. Prefiro o claro antes có escuro. Prefiro crer a soñar. Prefiro as cousas imperfectas pero perfectas para min. Prefiro ir de vacacións. Prefiro unha ilusión. Prefiro unha prenda con pasado que unha nova sen historia. Prefiro unha flor. Prefiro ter medo. Prefiro estar soa que mal acompañada. Prefiro as películas a un libro. Prefiro tantas cousas que non prefiro nada. prefiro ter poucos amigos antes que ter demasiados coñecidos. Prefiro o que son. Prefiro ter paciencia. Prefiro a xente alegre á depresiva. Prefiro a paz á guerra.
XUÑO 2012
Páxina 13
24 de febreiro
Día de Rosalía de Castro
Rosalía de Castro é a escritora máis representativa da lingua e da literatura galegas. A publicación do seu libro Cantares Gallegos, o primeiro escrito integramente en galego, marca o inicio do Rexurdimento, restauración do uso escrito do noso idioma e o final de séculos de silencio. A data do seu nacemento, 24 de febreiro, está recollida pola Consellería de Educación como Día de Rosalía de Castro. Este ano, que se cumpren 175 do seu nacemento, foron moitas as asociacións, concellos, … que o conmemoraron. O noso
centro tamén se sumou a esta homenaxe e organizáronse actividades que tiñan a súa o b r a e fi g ur a c o m o
centro:fixéronse presentacións dixitais dos seus poemas con recitados do alumnado, traballos de investigación sobre Rosalía e a súa obra, recitados de poemas,… Todos estes traballos foron exhibidos ese día na pantalla que hai á entrado do centro. calendario.
“Cantares
Gallegos, de Rosalía de Castro, o primeiro libro escrito viudas de vivos e mortos que ninguén consolará.
Diapositiva dun videopoema
integramente en galego, marca o inicio do Rexurdimento”
Exposición sobre Rosalía de Castro
Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!! Durante practicamente todo o mes de abril no IES David Buján exhibiuse a e xpo sició n it iner an te “Rosalía sempre viva. Viva Rosalía!!, da Fundación Manuel María.
A mostra consta de 20 paneis onde se mesturan imaxes e textos, e a través dos cales vai emerxendo toda a universalidade da fundadora da literatura contemporánea galega.
A exposición fai un percorrido pola vida e obra da escritora: a súa formación, o seu compromiso coa terra e a lingua, a súa faceta revolucionaria e feminista, a súa visión do mundo...
A exposición foi feira no 2010 pola Fundación Manuel María para conmemorar o cento vinte e cinco anos do pasamento da insigne poetisa. Fara López e Saray Boo
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 14
Visitaron o noso centro
Xosé Neira Vilas
“ As memorias de balbino nacen dunha necesidade de
Este curso tivemos a honra de ter con nós a Don Xosé Neira Vilas, un dos maiores referentes da literatura galega. Xosé Neira Vilas nace en Gres (Vila de Cruces) o 3 de Decembro de 1928. Emigra a Bos Aires con 19 anos, onde, posteriormente, realizará estudos de música,
contar como era a vida dun rapaz de aldea
comercio, xornalismo ou literatura. Casa coa escritora cubana Anisia Miranda e xuntos fundan a organización libreiro-editorial Follas Novas. En 1961 marchan a Cuba onde Neira Vilas estudiará xornalismo literario. Anos despois, funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística que dirixiu durante 22 anos. Nos anos 90 retornan a Galicia por primeira vez, onde creará na súa cidade natal, a Fundación Xosé Neira Vilas, da que é presidente. Don Xosé Neira Vilas recibiu numerosos premios e recoñecementos ao seu labor, esforzo e dedicación. Este ano, visitounos para falarnos do libro máis lido da literatura Galega, Memorias de un neno labrego, que fixo o ano pasado 50 anos da súa publicación, nel, nárranse as
aventuras de Balbino, un neno dunha aldea galega, que nos conta como é a súa vida e os problemas aos que se ten que enfrontar. Mediante unha narrativa clara e concisa, a novela amosa a realidade da sociedade galega da época. Foi unha visita entrañable que recordaremos moito tempo. Celia Bello e Raquel Gómez
Memorias dun neno labrego A novela publicouse en 1961 na Arxentina, onde o autor estaba emigrado. Segundo o seu autor, foi escrita no 1960 e nela quería contar como era a vida dun rapaz do rural naquel tempo. A obra non é autobiográfica, pero si realista. Xosé Neira Vilas publicou a obra na editorial Follas Novas, propiedade do escritor e da súa dona. A capa desta primeira edición é de Luís Seoane.
que era eu mesmo”
Sara Mesías Xosé Neira Vilas asinando libros
A visita de Neira Vilas espertou moito
XUÑO 2012
Páxina 15
Visitaron o noso centro
Andrea Maceiras O luns 27 de febreiro visitounos Andrea Maceiras, autora de Proxecto Bolboreta e Violeta tamurana, libro que forma parte do proxecto lector deste curso. A escritora foi presentada por dous alumnos de 2º da ESO Martín Patiño e Alicia, González, que lle deron a benvida e tamén nos deron unas notas sobre a súa biografía.
desvelounos algún dos segredos que agocha a obra e a súa creación. Despois viñeron a multitude de preguntas que lles fixemos. Todo era curiosidade: a cor , a barreira, a natureza, as tamuras., a escritura, a inspiración … Andrea Maceiras agasallounos coa sinatura do seu libro cunha precisa tamura violeta. Grazas , Andrea!!
A continuación tomou a palabra Andrea e
Lía Pérez Barrán e Begoña Pérez-Salvatierra
“ En Violeta tamurana hai Unha defensa da propia identidade e una mensaxe contra o racismo”
Violeta tamurana Tamurana é unha illa do Continente Perdido. É a máis especial porque nela moran as tamuras, unha espectaculares flores violetas que crecen ao pé do volcán. Todo na illa é de cor violeta tamurana. Esa cor tan espectacular tamén vai ser o motivo da súa persecución. Os luminosos desembarcan na illa para roubarlles o zume das tamuras. Pao quéreo impedir, pero esa é unha misión arriscada que require abandonar a illa, atravesar a barreira de cristal e enfrontarse aos luminosos no seu continente. É unha historia fermosa, onde afloran valores como o respecto á natureza, a nós mesmos, aos demais,... por riba de calquera diferenza. Seremos quen de sacar algunha ensinanza? Lucía Mesías Andrea asinando libros e debuxando preciosas tamuras
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 16
Visitaron o noso centro
Marcos Calveiro O luns día 5 de marzo visitou o noso centro, para ter un encontro cos seus lectores, o escritor e avogado Marcos Calveiro, autor de O carteiro de Bagdad e O pintor do sombreiro de malvas, libros de lectura para 2º e 3º da ESO. A presentación do escritor correu a cargo de tres alumnos de 3º que lle deron a benvida e fixeron un pequeno resumo da súa traxectoria literaria. Despois tomou a palabra Marcos e explicounos como xurdiran as obras. A estrutura
de O pintor do sombreiro de malvas nace a partir dunha anécdota que coñece sobre o pintor Sorolla: cando este vén a Vilagarcía co encargo de facer un cadro representativo de Galicia (A Romería). Daquela toma como axudante e aprendiz, para que o guíe pola vila, a Manuel, o fillo dun carpinteiro co que fai amizade. A partir de aquí Marcos decide aplicar a anécdota a outro Pintor: Vincent Van Gogh. Ainhoa Portos, Sara Mesías e Carlos Fernández
“ As pequenas emocións son os grandes capitáns das nosas vidas” (VIcent Van Gogh), O
pintor do sombreiro de Presentación do escritor.
malvas
O pintor do sombreiro de malvas e O carteiro de Bagdag Os dous libros teñen como protagonista a dous nenos, pero son moi diferentes. Abdulwaih é o protagonista de O carteiro de Bagdad e vive nun Iraq en guerra. O protagonista de O pintor do sombreiro de malvas, que non ten nome, vive na vila tranquila de Auvers onde o Pintor Vincent Van Gogh pasou os últimos 69 días e pintou moitos cadros.
O escritor asinando libros
Cando o autor, Marcos Calveiro, veu ao centro falounos dos dous libros. Aínda que máis sobre o do pintor. Tróuxonos nunha presentación moitos cadros que lle serviron de inspiración para os distintos capítulos do libro, que nun inicio tiña máis, e que comezou polo final. Foi algo que sorprendeu moito. Foi moi interesante a visita. Lorena Pérez e Nerea Brandariz.
XUÑO 2012
Páxina 17
Visitaron o noso centro
Manuel C. Núñez Singala Tamén veu ao noso centro para atoparse cos seus lectores Manuel Carlos Núñez Singala, autor entre outras obras de Comedia Bífida e O achado do castro. Os alumnos de 1º bacharelato asistiron ao acto. Pero os alumnos de 2º tamén tiveron a oportunidade de presentarlle os monicreques de O achado que estaban a preparar.
Vilamor. A película O pasado día 2 de Maio tivemos a sorte de contar no noso instituto coa visita de Ignacio Vilar, director de cine, que nos viña presentar a súa nova película en galego Vilamor acompañado de dous dos actores principais: Sabela Arán e Xoel Yáñez. Eles intentaron explicarnos o argumento da película dunha forma divertida, contándonos experiencias, anécdotas e incluso representándoas.Tamén contaron que pretendían dar a coñecer todas as marabillas da nosa terra, incluíndo historia, xeografía e costumes.
Puxémonos en marcha conseguindo convencer a Carla, Darianny, Andrea, Carlota, Víctor, Rubén,Torreiro, Antón e Álvaro para participar xunto connosco. Todos xuntos pensamos a idea e levámola a cabo. Foi algo estresante. Todo eran complicacións, pero ao final todo saíu ben e pasámolo en grande facéndoo. Decidimos versionar a banda sonora aproveitando que Martín, Torreiro e Antón tocan instrumentos pero antes pedímoslle permiso á compositora Zeltia Monte. Respondeunos que estaría
“ O cine galego encantada e que cando a tivésemos lista que lla ensinásemos. Entregámolo bastante xusto de tempo pero en dous días tiñamos moitísimas visitas e a verdade que nos abraiou moito. Agora estamos ansiosos por coñecer os resultados dos vídeos gañadores e desexamos poder ir aos Ancares cos protagonistas e o director. Yolanda Bestilleiro e Martín Pazos
Para promocionar esta película buscaron diferentes métodos moi orixinais como o concurso no que nos ceden o protagonismo, permitíndonos facer un vídeo duns 30 segundos no que promocionemos a película co lema “Tes que Vela” En primeiro lugar fomos a presentación da película na Coruña. Alí estivemos co director e con algúns dos actores. Algo que nos sorprendeu é que se acordaban de nós! Isto animounos máis. Iago Vilar, Sabela Arán e Xoel Yánez no salón de actos do IES David Buján
debe existir, porque temos que contar as nosas historias ao noso xeito”, reclamou Ignacio Vilar, Director de
Vilamor
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 18
Rutas literarias polo Museo Provincial de Lugo
Saída a Lugo O luns, 16 de abril, case todos os alumnos de 2º da ESO fomos todo o día a Lugo. Puxemos fin así a unha actividade que comezaramos polo mes de xaneiro. Alí visitamos a Muralla, o Centro de Interpretación e o Museo Provincial.
Alumnas e alumnos do IES David Buján ante a Museo Provincial
Contos do museo Lucus augusti era a nome romano da actual Lugo, fundada na honra do emperador Octavio augusto no século I a. C.
Antes de irmos a Lugo, tivemos que ler este libro publicado polo Museo. Está composto de catro contos de temáticas e autores diferentes (Xabier Docampo, A. Fernández Paz, Xosé Miranda e Paco Martín) cun elemento común: que se desenvolven no museo. Cada grupo fixo unha ruta diferente polo museo: a da serpe, a do paxaro, a do fantasma e a do trasno. Carmen True e Rodrigo Ramos
O museo coñecémolo facendo unha ruta literaria baseada no libro Contos do museo, que comezamos a ler en xaneiro. No centro de Interpretación, coñecemos a historia da
muralla, Patrimonio da Humanidade e dende hai pouco tempo irmanada coa Muralla China. Tamén fomos á catedral de Santa María. Xa ao mediodía, paseamos polo adarve da muralla. O tempo era fresco, pero soleado. Fomos xantar ao Castro de Viladonga. Despois puidemos visitar as escavacións e o museo deste castro tardorromano. Alicia González e Olalla Álvarez
Alumnas/os diante no pozo no claustro do Museo Provincial
O Museo de Lugo Cando o 16 de abril chegamos a Lugo repartímonos en dous grupos, pero todos visitamos as mesmas cousas. Unha delas foi o Museo Provincial que está situado no antigo convento de San Francisco e do cal aínda se conserva o claustro, a cociña e o refectorio. Divididos en catro grupos, os alumnos percorremos o museo respondendo a vinte cuestións que se
referían ao contido dos contos e ás exposicións do museo. Hai unha com pet ici ó n entre os catro grupos. Ao final, c o r r i x i m o s o s cuestionarios na sala dedicada á pintora Julia Minguillón. O grupo que máis acertou tivo un pequeno premio, un bolígrafo. Nós ademais tiñamos un premio extra, xa que a profesora vaille subir a nota aos gañadores. Foi unha visita a un museo diferente e divertida. Inés Castro, Martín Patiño e Ignacio Ruiz
XUÑO 2012
Páxina 19
Saída a Lugo
A muralla A muralla de Lugo é a fortificación mellor conservada de orixe romana. Foi construída no Século III, cando xa os bárbaros ameazaban o imperio romano. Este muro de defensa da capital dun dos conventos da Gallaecia, Lucus Augusti, perdurou completa, con escasas reformas subastanciais, ata a actualidade. O conxunto defensivo ten unha lonxitude de máis de dous quilómetros e está reforzada, para evitar os ángulos mortos, por 86 torres, das cales só se conserva algo delas de 71.
Subindo ao adarve .
Orixinariamente tiña cinco portas e abríronse outras cinco. Toda esta información, e máis, recibímola no Centro de Interpretación da Muralla, un edificio do
século XVIII en pleno casco histórico, dedicado a explicar a historia deste monumento romano en catro andares (un por época). Inés Castro, Bieito Otero e Diego Cornide
O museo está dividido en catro salas de temática e
NOVEMBRO DE
2000 A MURALLA DE LUGO FOI DECLARADA POLA
UNESCO patrimonio da
Castro de Viladonga O conxunto arqueolóxico de Viladonga está no concello de Outeiro de Rei e está composto polos restos dun castro cunha grande ocupación entre os séculos II e V d. C. A, e un museo. A escavación do castro comezou en 1971 e continúa aínda hoxe. O castro é un típico asentamento castrexo con distintos edificios, agora descubertos, e varias murallas e foxos.
O 30 DE
humanidade
Paseando por unha muralla do castro de Viladonga
cronoloxía diferente. Alí atópase toda a información sobre o castro, a escavación do me s m o, ad e ma is d e distintos obxectos e útiles atopados. Destaca unha gran maqueta que
reconstrúe o poboado no seu conxunto. Foi unha interesante visita, pois este castro é o típico poboamento castrexo e está moi ben conservando. Chloe Shurlock, Inés Castro e Rocío Míguez
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 20
Saída a Padrón e Santiago
Roteiro rosaliano O 23 de abril os alumnos de 3º da ESO fixemos o roteiro rosaliano, un percorrido que se centra en determinados sitios significativos na vida e obra de Rosalía, aínda que un pouco desorganizados.Primeiro fomos a Padrón onde visitamos a casa da Matanza, onde morreu Rosalía en 1885, e que actualmente acolle a Casa Museo. Tamén visitamos a colexiata de Iria Flavia, segundo a tradición a primeira catedral de España e en cuxo
Dediante da Casa Museo Rosalía ( A Matanza)
“ Rosalía é unha das principais responsables do
Recitando na horta da paz
Rexurdimento literario galego do
Presentación do escritor.
século XIX”
Despois xa nos trasladamos a Santiago. Fixemos un percorrido por algún sitios da cidade que están moi relacionados coa escritora: Santo Domingos de Bonaval, onde está o Panteón dos Galegos Ilustres, pero como era luns estaba pechado, o convento de San Agustiño, a rúa Altamira, a rúa da Conga, a praza de Mazarelos, a rúa do Vilar, … ata a Ferradura da Alameda. Comemos alí e tivemos tempo para dar un paseo pola Alameda e coñecer o monumento ás dúas Marías, as irmás Fandiño, e algo da súa triste vida; así como comprobar o funcionamento do banco sonoro, empregado polas parellas para se comunicaren sen estaren xuntos. Ana Rodríguez-Losada e Carmen Barbeito
No cemiterio de Adina.
Recitando na Alameda No banco sonoro
cemiterio, no de Adina, estivo enterrada Rosalía entre o 1885 e o 1991. Nos dous sitios recitáronse textos seus. Tamén tivemos ocasión de ver a tumba de Camilo José Cela que está enterrado no mesmo cemiterio.
XUÑO 2012
Páxina 21
Visita a santiago
A catedral e as súas cubertas Aproveitamos a visita a Santiago para visitar a catedral e as cubertas. Comezamos o percorrido por fóra do templo: polas súas entradas e prazas. En concreto comezamos pola praza da Praterías, despois pasamos pola porta Real, porta Santa, praza da Quintana, e entramos á catedral pola porta do Paraíso ou porta norte. Xa dentro do templo, estivemos na Corticela
Todos xuntos na praza Praterías ao crecer esta), na cripta, (unha antiga igrexa medieval no camarín do Santo, ... que ficou dentro da catedral Saímos polo Pórtico da Gloria e a fachada do Obradorio. Ana Rodríguez-Losada e Carmen Barbeito
“ A catedral é un belo exemplar románico que o tempo foi revestindo de elementos góticos, renacentistas, neoclásicos e, sobre todo,
Na tribuna da catedral
As cubertas da Catedral As cubertas da Catedral foron dende as súas orixes de granito, por iso non se lles denomina tellados, porque non teñen tellas. O acceso faise dende o Pazo de Xelmírez, a Torre da Carraca, a catedral (tribuna, enriba do Pórtico da Gloria) para finalmente acabar subindo pola Torre das Campás. A visita é guiada e incita á reflexión sobre os feitos históricos e artísticos. Dende aquí as vistas son espectaculares.
Nas cubertas da catedral
Atendendo á explicación da guía coa Alameda ao fondo
barrocos”.
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 22
Certame musical
A Mocidade coa Nosa Lingua Un ano máis, o 26 de abril, celebrouse o concurso musical A Mocidade coa Nosa Lingua con participación do IES David Buján. Esta é unha iniciativa que pretende fomentar o uso do galego nas actividades de lecer. Este ano o centro organizador foi o Manuel Murguía de Arteixo e o certame tivo lugar no Centro Cívico Municipal desa localidade. Participaron cinco centros: o IES de Sabón, o Manuel Murguía, o Otero “BRétema participou coa canción A nosa
identidade, e Creig Seven con
Fase de instrucións e luz e sombra”
Pedrayo, o Monte das Moas e o noso. Os grupos do David Buján foron Brétema (Antón, Mauro, Martín Pazos, Marcos, Diego, Martín González, Álvaro e Iago) e Creig Seven (Mauro e Martín). Acompañand o a estes músicos, que tiveron unha participación moi destacada, foron os seus compañeiros de 1º de bacharelato. Pasámolo moi ben, grazas. Noraboa a todos.
Certame musical Despois das actuacións, reuniuse o xurado, c o m p o s t o p o r profesores, e alumnas e alumnos dos centros participantes e decidiron conceder os seguintes premios: 1º PREMIO: Nugalla 2º PREMIO: Brétema 3ºPREMIO: Creig Seven.
Os alumnos do IES David Buján chegan ao Centro Cívico Municipal de Arteixo
Álvaro Pazos, de Brétema, agradecendo o premio
O público invade o escenario na actuación final de Nugalla, o grupo gañador do IES de Sabón
XUÑO 2012
Páxina 23
O Correlingua O venres 4 de maio, alumnos e alumnas de 4º da ESO fomos ao Correlingua; levamos unha pancarta que fixeron en 4º B. Ao chegarmos e n c o n tra m o s m oi t o s rapaces e rapazas de distintos colexios e institutos da Coruña e parte da provincia. Fixemos un percorrido desde Riazor até a Torre de Hércules. Alí recibiunos a
presentadora da RTVG, Iria Sobrado. Fixemos xogos e cantamos. Entregaron os premios: ao manifesto, á pancarta, e ao mellor deseño. Finalmente actuou o grupo gañador do certame musical “A mocidade coa nosa lingua”: “Nugalla” do IES de Sabón (Arte ixo), regresamos ás 14:00 horas, cansados pero contentos. Alumnado de 4º PDC
Pancarta de 4º B
O Correlingua, carreira pola lingua, vénse celebrando de xeito regular Alumnas que participaron no Correlingua
Alumnado participante no Correlingua
dende o 2000
XIX Certame Literario O día 26 de maio de 2012, no IES Afonso X O Sabio, reuniuse o xurado do XIX Certame Literario, organizado polos Equipos de Dinamización Lingüística e os Departamentos de Lingua e Literatura galega dos dous institutos de Educación Secundaria do Concello de Cambre, David Buján e Afonso X “O Sabio”, e a dinamizadora cultural da Concellería de Cultura e Turismo do Concello de Cambre. Logo da correspondente deliberación, o xurado acordou propoñer a concesión dos seguintes premios: POESÍA Poesía : Categoría A (de 12 a 14 anos) 1º Premio
Sara Mesías de Concepción
Novamente
2º Premio
Lucía Mesías de Concepción
Se fose buguina de mar
O FALAR DAS ONDAS
Páxina 24
Poesía : Categoría B (de 15 a 18 anos) 1º Premio
Mª Luisa Iglesias Taboada
Dirán que nunca estivemos aquí
2º Premio
Diego Pazos Castro
Anatomía dun namorado: sete poemas mais un epitafio
NARRACIÓN. Narración : Categoría A (de 12 a 14 anos) 1º Premio
Martín Patiño Vázquez
Un futuro indesexable
2º Premio
Lorena Barrera López
Fume de Locomotora
Narración : Categoría B (de 15 a 18 anos) 1º Premio
Diego Pazos Castro
Sen título
2º Premio
Sara Vilarelle Paz
Sen título
1º Accésit
Aloxi Centeno Escala
On/off
Martín Patiño, alumno do IES David Buján, recollendo o seu premio
Os premiados no XIX Certame Literario de Cambre cos representantes municipais
XUÑO 2012
Páxina 25
Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego O pasado mes de xaneiro os alumnos/as do IES David Buján tivemos a agradable visita dun marabilloso escritor galego, chamado Xosé Neira Vilas . Durante ese trimestre todos os alumnos do instituto tivemos que ler como traballo de clase , un libro escrito por este autor, chamado Memorias dun neno labrego, a historia máis lida e traducida da literatura galega. Este famoso libro recolle as memorias de Balbino, un neno da aldea que vive na década do 1940. Transmítenos o que este rapaz sente e a súa maneira de ver o mundo.
alumnos a oportunidade de coñecer a Neira Vilas. Na visita do autor decoramos o instituto cos nosos traballos. Tamén fixemos un vídeo sobre a súa figura, que Xosé puido ver e que lle gustou moito. A reunión con este autor celebrouse no salón de actos onde, nos explicou a súa experiencia escribindo o libro e onde nos aclarou e resolveu algunhas das dúbidas que tanto estudantes como profesores tiñamos en relación co libro.
Tras ler a historia tiñamos que facer un traballo voluntario que daba aos
Foi unha experiencia moi bonita que nos deu a oportunidade de coñecer a un dos escritores máis importantes da literatura galega que ademais nos contou moitas cousas de interese e nos fixo pasar un momento moi ameno. Ao final asinounos e dedicounos o libro. Finalmente despedímonos del e démoslle as grazas por facernos pasar un momento tan agradable. Ana María Santiso Sanjurjo
“Eu son… Balbino. Un rapaz da aldea. Coma quen di un niguén. E ademais, pobre . Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa (…)”
Algúns dos traballos feitos polos alumnos de 1º ESO
Sara Mes铆as de Concepci贸n Traballo realizado para o PROXECTO ARCE